AADD de Galicia
FEDERACIÓN DE SERVIZOS
A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SECTOR DA SEGURIDADE PRIVADA Os sindicatos CIG e CCOO de Galicia, despois do éxito das accións sindicais e manifestacións realizadas nas pasadas semanas, temos que seguir na mesma liña de reivindicacións, polo que imos a realizar unha concentración nacional, aproveitando a entrega de mencións honoríficas de seguridade privada que se vai levar a cabo este ano en Ourense, no Auditorio Municipal, Rúa da Canle. De momento non hai ningunha noticia da patronal que indique a súa intención de sentarse a negociar, polo que debemos seguir incidindo na acción sindical sen descanso, cada vez con mais insistencia e forza, tan só isto pode levarnos a desbloquear as negociacións, dada a actitude de prepotencia e soberbia que encontramos nesta patronal. Debemos darlle unha mostra do descontento existente no sector, transmitindo a existencia do conflito a sociedade. A nosa é unha profesión necesaria e de risco, e polo tanto así debese tratar e remunerar, temos que seguir loitando por un convenio xusto e con dereitos. Os beneficios millonarios das empresas de seguridade son escandalosos, todo a costa dos traballadores/as, agora coa desculpa da crise económica pretenden conxelarnos os salarios, ou retrotraernos os salarios do 2004, mentres seguen incrementándose as contas de resultados das empresas, cunha media de subida nos contratos dos clientes para este ano por riba do 3,5%,non repercutíndose nos salarios dos traballadores. Esta situación ten que mudar, non podemos seguir permitindo o acontecido nos últimos anos, hai que loitar e facer valer os nosos dereitos para conseguir un convenio digno acorde coa nosa profesión, non podemos seguir perdendo poder adquisitivo.
CONCENTRACIÓN NACIONAL DE SEGURIDADE PRIVADA
Día: Mércores 18 de marzo de 2009 Hora: 11:30 Horas Lugar: Auditorio Municipal Rúa da Canle – Ourense Autobús as 09:15 horas Pontevedra (Pavillón Municipal de Pontevedra) Autobús as 09:45 horas Vigo (CIG-Gregorio Espino, 43) Autobús as 08:00 horas Ferrol (Praza de España) Autobús as 09:00 horas A Coruña (Edificios Sindicais) Autobús as 10:00 horas Compostela (Edificios Sindicais)
Convenio de Seguridade Digno e con Dereitos Concentración Nacional de Traballadores/as Día: Mércores 18 de marzo de 2009 Hora: 11:30 Horas Lugar: Auditorio Municipal Rúa da Canle – Ourense Autobús as 09:15 horas Pontevedra (Pavillón Municipal de Pontevedra) Autobús as 09:45 horas Vigo (CIG-Gregorio Espino, 43) Autobús as 08:00 horas Ferrol (Praza de España) Autobús as 09:00 horas A Coruña (Edificios Sindicais) Autobús as 10:00 horas Compostela (Edificios Sindicais)
SEGURIDADE PRIVADA EN LOITA CONVENIO COLECTIVO XA