Seguridade Vial

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Seguridade Vial as PDF for free.

More details

  • Words: 390
  • Pages: 5
A VOSA SEGURIDADE É A SEGURIDADE DOS VOSOS FILLOS Segundo datos de Unicef, máis de 20 mil nenos entre 1 e 14 anos de idade son vítimas mortais en accidentes de tráfico en países ricos, cada ano. A enquisa conclúe que iso se debe a que os nenos non utilizan os sistemas de seguridade ou o fan de xeito incorrecto. Para a Oficina do Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, e o Instituto Mapfre de seguridade viaria, a mellor forma para a prevención de accidentes é a educación. Con boa información e concienciación, ademais do uso de sistema de seguridade infantil, a cifra de nenos

falecidos en accidentes de tráfico podería reducirse nun 75 por cento. Os pais deben asumir que son eles os únicos responsables da seguridade dos seus fillos cando viaxan en coche.

O exemplo dos pais Os nenos aprenden por imitación de condutas, polo que é imprescindible que sexan os pais os primeiros en dar o exemplo. Se os fillos ven que os seus pais poñen o cinto, eles tamén farán o mesmo e non discutirán o uso dos sistemas de seguridade en canto entren ao coche. Hai casos en que son os propios nenos quen advirten aos

seus pais cando incumpren esta norma de tráfico. Por esta razón, é moi importante que os maiores teñan condutas o máis correctas posibles.

A responsabilidade dos pais Está comprobado nun estudo que o 30 por cento dos nenos viaxa incorrectamente protexido. Dado que os nenos pequenos son totalmente dependentes dos seus pais, cabe resaltar que son os pais os responsables de todo, e tamén pola mala utilización dos sistemas de

seguridade infantil. Nunca se debe levar a nenos menores nos teus brazos no asento dianteiro. Un neno sen sujeción adecuada, multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais. O uso de sistemas de retención infantil (cadeiras ou coxíns elevadores), reduciría en case un centenar o número de nenos mortos cada ano en España.

A conciencia dos condutores

É necesario destacar a importancia de protexer aos nenos. Que os condutores dos nenos sexan máis conscientes en canto, por exemplo, á velocidade. Está fisicamente demostrado que a unha velocidade de 60 km/h, ningún brazo é capaz de reter a un neno de 18 quilos. En caso dunha colisión frontal, o seu peso chegaría a ser de máis dunha tonelada.

Related Documents

Seguridade Vial
April 2020 8
Seguridade Laboral
September 2019 15
Salpimentado Vial
May 2020 12
Senalizacion Vial
June 2020 4
Educacion Vial
November 2019 16
Edu Vial
May 2020 15