Conto 2008

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Conto 2008 as PDF for free.

More details

  • Words: 1,340
  • Pages: 16
En Vigo, no máis profundo da ría, está.. a illa vermella! O máis raro desta illa é que está formada dunha pedra parecida ao coral. Nela vivían as sereas, seres mitolóxicos, metade muller e metade peixe. Ata agora non tiveran contacto cos humanos. Nesta illa todo é diversión, xogo… Está gobernada por un rei sereo, chamado Diego, que

O sereo Diego vivía coa súa familia nunha vila chamada Pontus Veterus. Era moi feliz coa súa muller Carolina, que estaba embarazada. O día vinte e oito de novembro, día de san Cabaliño do Mar, naceu unha fermosa serea, chamárona Laura.

Pasaron os anos e Laura fíxose maior e moi revoltosa, pero guapa e ben feitiña, como a súa nai. Era lista e graciosa, por iso tiña moitos amigos. O seu mellor amigo era Riso, con quen compartía todo, dende o seu primeiro xoguete ata o seu diñeiro, aínda que a súa nai non lle deixara. A mascota da familia era Crusta, un cangrexo pequeno. Unha mañá de néboa, un gran barco chocou coa illa…

As sereas asustáronse moito porque nunca viran nada parecido. O rei ordernou que ninguén saíra das súas casas e enviou a Crusta para que investigase o que había dentro do barco. Crusta quedou moi sorprendido porque se encontrou con que no barco había uns seres moi estraños, diferentes das sereas. Eses seres eran humanos. Os humanos estaban preocupados porque o barco transportaba unha substancia moi perigosa e temían que se estendera polo mar.

O cangrexo, rapidamente, vai informar ao rei do perigo que lles ameazaba. De súpeto, unha humana, chamada Paula, baixa do barco e diríxese a Pontus Veterus…

Paula quería saber se había habitantes na vila porque corrían perigo.

O barco tiña un burato polo que saía petróleo que se empezou a estender polo mar. Paula asustouse cando descubriu que nesa vila habitaban sereas e sereos, e quixo falar co rei para pedirlle axuda. O rei chamou a todos os habitantes da illa para que entre todos taparan o burato e recolleran o petróleo que xa saíra e mandou recoller algas e esponxas. Coas algas taparon o burato, que por sorte non era moi grande, e coas esponxas recolleron o chapapote.

Cando por fin o barco puido marchar sen ir deixando tras el un rastro de petróleo, a tranquilidade volveu á illa. Laura paseaba unha tarde cando, de súpeto, escoitou unha bonita música, parecía unha festa; pero o son non viña do fondo do mar, senón do exterior. Laura cun pouco de medo seguiu o fío da música e o barullo. Guiada polo seu bo oído, propio dunha serea, foi dar cun barco, asomou a cabeza e como puido foi dando saltiños por unhas escaleiras que había no barco. Por fin, asomou a cabeza e puido ver o que pasaba. Estaban a celebrar unha festa de aniversario dun mozo chamado Xabier e, cando Laura o mirou... ,quedou namorada ao instante; era o mozo máis guapo e aposto que mirara xamais!

Tiña medo ou vergonza e permaneceu agochada até que Xabier foi cara ás escaleiras. No momento que el comezaba a ver a súa loura cabeleira, Laura ergueuse e presentouse. A Xabier non lle sorprendeu a súa apariencia , porque a noticia xa chegara aos seus oídos. A serea mirábao con olliños de namorada… e el decatouse do que pasaba, polo que non esperou a comentarlle que ela coñecía á súa noiva. Era Paula, a rapaza que, había un tempo, chegara á illa. Case sen palabras e convencida de que non tiña nada que facer, xa que eran moi diferentes, Laura despediuse e tirouse ao mar, Crusta seguiuna sen que se decatara. Moi triste regresou á súa illa, ese lugar que non aparecía nos mapas…, onde se atopou cunha desagradable noticia.

Laura volve triste á Illa Vermella. Cando chega, descobre que os sereos e sereas están caendo enfermos.Todos teñen grandes dores de barriga, de espalda e de cabeza. Os médicos de Illa Vermella non atopan unha solución para curar esta enfermidade estraña. Laura, que é moi lista, pensa que talvez a enfermidade se deba a aquela perigosa substancia que caíra do barco. Laura decide ir á Terra dos Humanos a buscar un remedio para esta enfermidade e vai buscar a Riso para que a axude. - Ola, Riso! - Ola, Laura !, por que tes esa voz tan triste?

-Hai unha enfermidade en Illa Vermella. -E... non hai unha menciña? -Non, temos que ir pedir axuda aos humanos. -Si,si... eu non vou. É moi perigoso..., por que non vas ti soa? -Riso, como es tan cobarde? Non ves que os teus familiares e os teus amigos están en perigo?

-Pero... teremos que pasar polo Val das Quenllas e pódennos morder. E hai barcos que poden golpearnos, hai medusas que pican e as redes dos mariñeiros poden atraparnos... teño moito medo... -Non pasará nada, levaremos á nosa mascota Crusta que nos salvará dos perigos. -Bueno, se hai que ir... irei, todo sexa por salvar aos habitantes de Illa Vermella. -Pois, imos logo á Terra dos Humanos.

Despois dun bo rato esperando na beira da praia de Samil, decidiron tirar unha cuncha á xanela. Saíu un enfermeiro da Cruz Vermella e Laura e Riso contáronlle que na súa illa todos estaban enfermos. El prestouse a ir axudar, pero non sabían cómo o ían levar ata alí. A casualidade fixo que nese intre pasara por alí o barco de Paula e Xabier, o cal Laura recoñeceu fácilmente. Despois de intercambiar saúdos e relatar o sucedido, Xabier e Paula ofrecéronse a levar ao enfermeiro á Illa Vermella e axudar en todo o que puidesen. Cando chegaron á illa, o enfermeiro examinou aos sereos e sereas, e chegou á conclusión, tal como sospeitaba Laura, de que aquela doenza víñalles do chapapote. Despois de moito investigar, descubriu que a medicina que os ía curar estaba composta por unha

Riso e Laura despedíronse das súas familias. Sempre acompañados por Crusta partiron coa ilusión de axudar a curar aos habitantes de Illa Vermella e convertirense así nos seus heroes. A viaxe estaba chea de perigos e incertezas porque pasar polo Val das Quenllas non era nada doado. Cando estaban atravesando o perigoso val, as quenllas intentaban mordelos, pero Crusta craváballe as pinzas das súas patas nos ollos, eles quedaban atrofiados e non os atacaban. Despois de dous días e dúas longas noites nadando, chegaron a unha praia cun fermoso paseo e con bonitos xardíns e piscinas. Nun letreiro puideron ler: PRAIA DE SAMIL. Ao carón do paseo divisaron unha casa cunha cruz vermella pintada no tellado.

recoller os ourizos.

Todos decidiron botar unha man: o enfermeiro preparou o material de laboratorio, Paula e Xabier foron na procura das algas e o coral e Laura e Riso, acompañados por Crusta, nadaron sen parar até a Illa da Alegría para

Durante a viaxe, Laura non deixaba de darlle voltas á cabeza. Xa tiña claro que o seu con Xabier era imposible porque notaba que estaba moi namorado da súa noiva. Só se precisaba miralos. Pero, ademais, a propia Laura estaba a cambiar. Dende que comezara todo aquel problema da enfermidade, decatárase de que o seu amigo Riso era inseparable. Estaba a sentir algo moi diferente do que sentira por Xabier, era un sentimento moito máis forte e profundo. De súpeto, decatouse… , claro! Riso tamén estaba namorado dela. Cando chegaron á illa miráronse sorprendidos por aquel mutuo sentimento. Xa ninguén os separaría. Recollidos os ourizos voltaron e unha vez preparada a medicina, os enfermos tomaron unha cullerada daquel xarope. Despois de cinco minutos de grande intensidade, os corpos dos sereos e sereas botaron estreliñas.

- Iso significa que xa están curados!- berraron Laura e Riso á vez e botáronse a rir. Semanas despois, o 28 de novembro, día de San Cabaliño de Mar, houbo dous importantes acontecementos. Na superficie da Illa Vermella, nunha preciosa capela, casaban Xabier e Paula. Nese mesmo intre, baixo as tranquilas e transparentes augas que bordeaban a illa, nunca fermosa cova rodeada de intenso e vermello coral, Laura e Riso prometíanse amor eterno.

Related Documents

Conto 2008
May 2020 9
Primeiro Conto.
May 2020 8
Kode Conto
August 2019 33
Conto Bianca
May 2020 11