As Cidades Vocabulario

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View As Cidades Vocabulario as PDF for free.

More details

  • Words: 1,300
  • Pages: 4
As cidades Emprazamento: Espazo concreto o material no que se asenta a cidade ou o núcleo de poboación. A topografía condiciona o desenvolvemento espacial do núcleo de poboación, que pode estar localizada nun cumio, ladeira, val, etc. Situación: Localización dun punto da superficie terrestre segundo a latitude, lonxitude e altitude. Hábitat concentrado: Hábitat onde as casas e as súas dependecias están próximas unhas a outras formando un conxunto ben definido no espazo. Este tipo de hábitat repártase por todo o territorio español, aínda que é moi frecuente nas rexións de clima seco, como as mediterráneas e de clima continental seco. Pode ser pechado (compacto) ou aberto (con hortas entre as casas ou anexos). Hábitat disperso: Pequenos núcleos de poboación, con poucas casas, e situadas cerca do núcleo central tamén pequeno, e que concentra os servizos do concello. É propio das zonas con chuvias abundantes, como sucede no clima oceánico e o continental húmido. Hábitat urbano: Conxunto complexo de rúas e edificios, que para ser considerados urbanos deben cumprir unha serie de criterios que non son sempre os mesmos en tódalas partes do mundo. Estes criterios se refiren a: - O número de habitantes da cidade, que vai desde os 200 nos países nórdicos aos 30.000 en Xapón. En España teñen que superar os 10.000 habitantes - Que a maior parte da súa poboación se ocupe en actividade non relacionadas directamente co traballo no campo. - Que haxa agrupamento das vivendas. Hábitat rural: Conxunto de vivendas familiares e anexas existentes no mundo rural, e dedicadas principalmente ás tarefas agropecuarias. Son núcleos de poboación de pequeno tamaño e por tanto con baixa densidade de poboación.

Urbanización: Termo que relaciona o número de habitantes que viven nunha cidade co total da poboación do territorio. O grao de urbanización cada día é maior debido ao crecemento natural da súa poboación e sobre todo á chegada de inmigrantes dende o campo cara a cidade (éxodo rural). Área periurbana o Área suburbana: Zona intermedia, de transición situada entre a cidade e o campo, que presenta carácteres dunha e doutra. Nela mestúranse os usos, as funcións e as actividades agrícolas coas urbanas. Nesta zona prodúcese a paulatina adaptación das costumes urbana, o que implica cambios no modo de vida e nos sistemas de valores.

1

Función urbana: Cada unha das actividades socioeconómicas que desenvolven os habitantes da cidade. A maioría das actividades da cidade teñen unha proxección no seu exterior, o que xustifica a súa existencia e o seu desenvolvemento, e a súa vez aportan os recursos necesarios para a súa subsistencia. Nas cidades predominan as funcións comerciais, industrial, sanitaria, educativa, militar, etc. Área de influencia o "Hinterland”: Extensión territorial sobre a que unha cidade exerce a súa influencia, ao seren a subministradora de certos bens e servizos. Un área concreta pode estar sometida á influencia dunha ou máis cidades Metrópole: Na actualidade son as cidades que sobresaen como sedes de goberno ou pola súa actividade industrial ou comercial. Poden ter outras cidades menores baixo a súa influencia, co que se forma unha área metropolitana. Conurbación: Cidades que naceron separadas pero que debido ao seu crecemento se fusionaron como unha única aglomeración urbana, aínda que manteñen cada unha delas a súa autonomía administrativa. Xurdiron de maneira incipiente na Inglaterra do século XIX. Algúns exemplos en España son: Alcobendas-San Sebastián de los Reyes (Madrid), San FernandoPuerto de Santa María (Cádiz) Área metropolitana: Espazo no se producen estreitas relacións socio-económicas entre unha metrópole e as cidades que están baixo a súa área de influencia. En España teñen área metropolitana Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, etc. Solo urbano: Calquera terreo que estea dotado de infraestruturas como acceso rodado, abastecemento e evacuación de augas, sumidoiros, subministración de enerxía eléctrica, ou que estea situado en zonas nas que polo menos dúas terzas partes da súa superficie estean ocupadas por edificios consolidados. Solo urbanizable: Clasificación do solo que designa os terreos declarados como edificables polo Plano Xeral Municipal. Este solo pode distinguirse entre o solo urbanizable programado (o que debe urbanizarse segundo o programa do PXOUM) e solo urbano non programado (o solo pode ser urbanizado por medio da aprobación dun Plano de Actuación Urbanística). Solo rural: Superficie terrestre que esta habitada de maneira pouco densa, cunha poboación que reside en asentamentos de reducidas dimensións, e cunha pobaación ocupada maioritariamente no sector primario. Rede urbana: Conxunto xerarquizado de cidades que aseguran os servizos dunha rexión ou Estado. As cidades forman redes urbanas segundo as función que desempeñen na economía nacional ou internacional, habendo cidades de distinta categoría segundo a función que desenvolvan. As cidades principais prestan todo tipo de servizos mentres as de menor importancia teñen unha oferta máis reducida de servizos. Xerarquía urbana: Cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu tamaño e funcións, e se relacionan no 2

espazo formando unha rede urbana xerarquizada, na que as cidades de maior importancia conforman os nodos principais da rede. Plano urbano: Representación gráfica da trama urbana (rúas, edificios, parques). O estudo do plano nos permite coñecer a evolución histórica da paisaxe urbana, xa que a cidade foi medrando ao longo da historia. Plano ortogonal: É o resultado dunha planificación. As rúas son rectas e se cortan formando ángulos rectos, tendo os bloques de edificios e as prazas formas regulares. Aínda que na actualidade considerase característico das cidades máis modernas, existiu en tódalas épocas aínda que en menor medida que na actualidade. Son exemplos en España deste tipo de planos os ensanches de Barcelona e Madrid, realizados por Ildefonso Cerdá e Carlos María de Castro respectivamente. Plano radiocéntrico: As rúas parten dun punto central soe se-la praza, unha igrexa, un castelo, e se dispoñen radialmente como se fosen os radios dunha circunferencia. Este plano desenvolveuse nalgunhas cidades medievais: Son exemplos en España: Vitoria, ensanche de Tarragona o de Palma de Mallorca. Cidade histórica: Cidade que conserva importantes restos da antiguedade (romanos, medievais, renacentistas, etc..) Soen ser moi visitadas e suscitan o turismo cultural. CBD: (“Central Busness District” o Distrito Central de Negocios) Barrios dedicados aos negocios, as finanzas e o comercio. Están situados nos ensanches ou nos seus arredores, cerca das grandes vías de comunicación. Ensanche: Espazo nas cidades construídos a finais do século XIX, e durante o século XX, baixo os auspicios da burguesía a causa do crecemento da poboación nas cidades. Presentan un plano ortogonal, xa que a súa construción foi planificada, os edificios son de varios pisos, aínda que non moi altos. En España os exemplos máis destacados son os ensanches de Barcelona e Madrid. Cidade xardín: Variedade de cidade satélite caracterizada por mostrar unha grande cantidade de espazos verdes, todas as edificacións teñen o seu xardín, unha baixa densidade de poboación e cunha tipoloxía construtiva de vivendas illadas, tipo chalet ou adosados. Cidade dormitorio: Tipo de cidade satélite que posúe unha funcionalidade específica relacionada coa presenza preponderante de áreas de tipo residencial. Viven nela persoas que habitualmente realizan desprazamentos diarios ao seu lugar de traballo, situado na cidade principal. Arrabal: 1.- Barrio periférico dunha cidade. 2.- Núcleo de poboación anexa a outro de maior tamaño. Plano Xeral de Ordenación Urbana: Os Planos Xerais de Ordenación Municipal son un instrumento para o ordenación integral do territorio. Entre os seus principais cometidos está a clasificación do solo (urbano, urbanizable, non urbanizable), definir os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio (fixar os espazos libres, 3

os de equipamento comunitario, os sistemas de comunicacións, medidas de protección do medioambiente, etc.), establecer unha programación de desenvolvemento e execución do Plano, así como do período de vixencia e as circunstancias de revisión. Barrio: Mínima unidade na que se divide unha cidade. Presenta unhas características de tipo funcional e social que o singularizan e diferencian das zonas veciñas, e no que os seus habitantes teñen conciencia de pertencer a dito barrio.

4

Related Documents

As Cidades Vocabulario
April 2020 5
Cidades
June 2020 8
Vocabulario
April 2020 18
Vocabulario
April 2020 16
Vocabulario
April 2020 17