Unidade 5

  • December 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Unidade 5 as PDF for free.

More details

  • Words: 737
  • Pages: 2
UNIDADE DIDÁCTICA Nº 5 : Debuxo de Obxectos. Proporcionalidade e Escalas. 1.- Inserción da Unidade no Currículo.- Segundo o Decreto 233/2.002 de 6 de Xuño corresponde o Bloque II. Técnicas de expresión e comunicación gráfica e o VIII. Actitudes, valores e normas. Tamén co Bloque V. Tecnoloxías da información. 2.- Contexto.- IES de Centro Urbano, con ESO, Bacharel e EPA, diúrno e nocturno. 2º ESO, 25 alumnos, 2 repetidores, 3 inmigrantes hispanos. 3.- Xustificación da Unidade Didáctica.- Contribúe a que os alumnos acaden os obxectivos de etapa: 3, 4 e 7. Impártese no 1º trimestre en 5 sesións. Xustifícase pola necesidade de empreñar as técnicas de representación para expresar ideas e como linguaxe universal de comunicación da tecnoloxía. Considero que esta U.D. debe ser tratada de forma independente porque o alumnado presenta dificultades na representación no referente ás proporcións dos debuxos, planos, bosquexos… 4.- Obxectivos específicos 1) Expresar ideas técnicas a través de gráficos e debuxos. 2) Utilizar programas de deseño gráfico para expresar ideas. 3) Representar diferentes obxectos nun mesmo espazo, mantendo a proporcionalidade. 4) Saber seleccionar a escala adecuada aos obxectos a representar. 5) Valorar a importancia do debuxo como modo de expresión e comunicación na área de tecnoloxía. 5.- Contidos 1) Soportes e instrumentos de debuxo. 2) Proporcionalidade. Escalas. Selección de escala. 3) Programa de tratamento de imaxes. Aplicación Paint. 4) Aplicación da proporcionalidade a debuxos de diferente tamaño. 5) Valoración da expresión gráfica como modo de comunicación. 6) Gusto pola limpeza e orde na presentación dos traballos. 6.- Actividades Nº

ACTIVIDADES

SESIÓNS

1

Exposición, mostra e análise de soportes (láminas, folios, papel pautado, papel vexetal), tamaños (A4, A3, A2) e intrumentos de debuxo (lápices -H13, 2H, 3H-, lápices de cores, rotuladores, gomas, compás, regra, escuadra, cartabón, transportador de ángulos, escalímetro). Anotación no caderno das ideas clave (ángulos). Representación de obxectos: a tamaño real (bolígrafo), a escala metade (libro), a escala dobre (goma de borrar) escribindo a escala ao lado dos debuxos 1:1, 1:2, 2:1. Representación de obxectos seleccionando a escala: encerado, mesa profesora, porta, ventá. Parafuso, cravo, chincheta, clip, martelo, serra, formón. As medidas grandes aportoas eu, as pequenas tómanas os alumnos. Poñer a escala aos debuxos. Realización tríades de debuxo de obxectos de diferente tamaño nun mesmo espazo (a man alzada): armario taller, libro, goma. Banco traballo, martelo, cravo. Taburete, trade, parafuso. Explicación das principias funcións do Paint. Debuxar con Paint dous obxectos nun mesmo espazo, mantendo proporcionalidade. Debuxos a escoller polo alumno/a.

1

3 4

2 5 6

RECURSOS

Útiles debuxo Papel Caderno 0,5 1

1 0,5 1

Obxectos Folios brancos Útiles de debuxo Aula inf. Aula inf.

7

Proba escrita xunto coas 2 unidaddes didácticas seguintes, onde avaliarei os obxectivos desta unidade.

Total sesións

5

7.- Metodoloxía.- Aplico os principios propostos na programación: Ppio. de Motivación: Ponse de manifesto ao presentarlles obxectos manipulables, o feito de ter que representalos anímaos moito (Act. 2,3,4). Tamén se senten moi motivados ao debuxar co ordenador. Decaen ante a dificultade de manter as proporcións que lles esixo. Ahí é cando teño que aplicar o: Ppio de Individualización, animando a intentalo de novo e a que participen nas titorías especiais. Ppio de Anticipación, dase de forma automática grazas á experiencia que teñen pola área de EP e V. Ppio de Actividade Selectiva: está presente en tódalas actividades polo seu carácter práctico. Utilizo o Método Expositivo e tempo breve na introducción da unidade didáctica e na Act.5 (uso do Paint). 8.- Interdisciplinariedade.Moi relacionada coa área de EP e V en case tódalas actividades. 9.- Temas transversais.Pouca transversalidade, aínda que se pode incidir na Ed. Ambiental no aspecto de non desperdiciar papel. 10.- Atención a Diversidade.Actividades de Reforzo: Repetición de exercicios: proporcionalidade e escalas (especialmente 1:2 e 2:1) con novas propostas. Uso de titorías. Actividades de Ampliación: Representación de obxectos a escalas algo máis complexas: 2/3, 3/4. Presentar un mapa e adiviñar a distancia entre localidades. 11.- Criterios de Avaliación 1) Comprender adecuadamente os conceptos de escala. 2) Representar obxectos mantendo a proporcionalidade. 3) Presentar os debuxos con orde e limpeza. 4) Manter os útilies de debuxo de forma correcta. 12.- Instrumentos de Avaliación 1. Observación de actitudes, hábitos e comportamento................................................. 15 % 2. Caderno e debuxos en folios con orde, limpeza e tarefas corrixidas………………… 15 % 3. Utilización adecuada de útiles de debuxo e de programas informáticos.................... 30 % 4. Proba escrita............................................................................................................... 40 % 13.- Bibliografía.- Libros de 1º e 2º ESO, Ed. Oxford, Anaya, SM.

Related Documents

Unidade 5
December 2019 21
Unidade 5-5
May 2020 4
Unidade 5-4
May 2020 6
Nvu Unidade 5
April 2020 8
Unidade 5-2
May 2020 7
Unidade 5 1
May 2020 8