XLVII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO” de Campo a Través REGULAMENTO O vindeiro sábado, día 14 de marzo de 2009, a partires das 11'00 horas en Doniños, celebrarase o XLVII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO” de Campo a Través, co patrocinio do Patronato Municipal de Deportes do Concello de Ferrol e o control do Comité Territorial de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexerase polas normativas da F.G.A. e R.F.E.A. CATEGORÍAS Veterano masculina Veterana feminina Senior masculino Senior feminino Promesa masculina e feminina Júnior “ “ Xuvenil “ “ Cadete “ “ Infantil “ “ Alevín “ “ Benxamín “ “
1968 1972 1969-1986 1973-1986 1987, 1988 e 1989. 1990 e 1991. 1992. 1993 e 1994. 1995 e 1996. 1997 e 1998. 1999 e 2000.
Establecerase unha clasificación individual en tódalas categorías. Outorgaránselles medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría e sexo. A entrega de premios terá lugar ao longo da competición segundo a organización vaia dispoñendo dos resultados. Nas inscricións farase contar nome, apelidos e ano de nacemento, así como tamén o club o que pertence. Enviaranse ao fax da Delegación de Atletismo de Ferrol (teléfono-fax: 981370600,Email:mailto:
[email protected] é na páxina Web:fgaferrol.blogspot.com) ou, tamén, ao Patronato Municipal de Deportes (teléfono: 981 94 42 00, fax: 981 94 42 08), antes das 20:00 horas do mércores 12 de marzo. Os dorsais retiraranse ata 30 minutos antes de cada proba, recordando que a organización non proporcionará os imperdibles. Os atletas da competición escolar da zona de Ferrol competirán co mesmo dorsal.
Horario: