Inserción de arquivos de texto no blog No traballo desta semana imos colocar arquivos de texto. Hai varios servizos para facelos de forma parecida a que usamos co Slideshare para as presentacións. Por exemplo podes usar: •Issuu - http://issuu.com/ •Scribd
- http://www.pdfcoke.com/ •Yudu - http://www.yudu.com/ Tés que darte de alta nestes tres servizos. A forma de facelo é un pouco distinta según a páxina. Tés que empezar buscando un enlace etiquetado como “sign up” ou similar, cubrir os datos, esperar que te envíen unha mensaxe ao correo para confirmar a conta e xa está. Hai que subir nas tres páxinas o arquivo que creaches no exercicio dos formatos de audio (busca botón “upload” ou similar). Fai un artigo no blog poñendo un dos textos incrustado (busca o código “embed”) e enlaces aos outros dous. No artigo debes comentar os problemas que tiveches no manexo dos tres servizos e decir cal deles prefires, explicando as razóns. Cando remates mándame un correo cunha captura de pantalla do artigo. Ten que estar feito antes do luns 25 de maio.