A través do TFG avalíanse ... Seleccione unha: a. As competencias transversais b. As competencias específicas, propias da titulación c. As competencias específicas e transversais d. As competencias específicas e as informacionais
Pregunta 2 Texto da pregunta Cal das seguintes afirmacións é correcta segundo o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de Grao e fin de Máster na USC? Seleccione unha: a. Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización. Non facelo suporá a cualificación de "suspenso" na convocatoria b. Todas as respostas son correctas. c. A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos na guía docente da materia, que estarán vinculados á consecución das competencias da titulación e das competencias transversais. d. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción e presentación e defensa do traballo.
Pregunta 3 Texto da pregunta Para elaborar o Traballo de Fin de Grao, dispoño dunha normativa propia da USC? Seleccione unha: a. Si, existe o “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de Grao e fin de Máster na USC”. b. Non, as normas para a realización do TFG serán ditadas polo titor do mesmo de acordo co alumno. c. Non, réxense simplemente pola Guía docente da materia. d. Si, existe o “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de Grao e fin de Máster na USC” e tamén unha normativa ou regulamento para cada titulación.
Pregunta 4 Texto da pregunta
Ser "competente en información", significa .... Seleccione unha: a. Acadar os coñecementos, habilidades e actitudes que nos permitan facer un uso creativo, crítico e seguro das TIC para participar na sociedade b. Acadar os coñecementos, habilidades e actitudes que nos permitan buscar, analizar e seleccionar información no catálogo e na web c. Acadar os coñecementos, habilidades e actitudes que nos permitan buscar, seleccionar, organizar e comunicar a información facendo un uso creativo, crítico e seguro das TIC d. Acadar os coñecementos, habilidades e actitudes que nos permitan seleccionar, organizar e comunicar a información eficazmente
Pregunta 5 Texto da pregunta A cal destes servizos ofrece acceso directo a Páxina Web da Universidade de Santiago de Compostela "www.usc.es"? Seleccione unha: a. Á páxina da biblioteca. b. Ao Campus virtual. c. Ao correo electrónico. d. As tres opcións anteriores son certas.
Pregunta 6 Texto da pregunta A túa tarxeta TUI e o teu rexistro de usuario permítenche acceder aos servizos en liña seguintes: Seleccione unha: a. Calquera servizo en liña da biblioteca. b. Todos os servizos en liña referentes a préstamo de libros impresos ou electrónicos. c. Modificación de datos persoais, renovación de préstamos, creación de listaxes cos resultados dunha busca, gardar favoritos, valoración dos documentos lidos, solicitude de documentos existentes noutros centros da BUSC. d. Petición de artigos de revista de fóra da BUSC así como de fotocopias de revistas da BUSC.
Pregunta 7 Texto da pregunta
As túas credenciais institucionais (enderezo electrónico do dominio rai.usc.es máis a contrasinal) son necesarias para: Seleccione unha: a. Unicamente solicitar artigos de revistas de fóra da BUSC, fotocopias de revistas da BUSC e libros en préstamo interbibliotecario. b. Calquera servizo en liña da biblioteca: renovación de préstamos, reservas de documentos, etc. c. Solicitar artigos de revistas de fóra da BUSC, libros que se atopan na biblioteca doutra facultade da USC, libros en préstamo interbibliotecario. d. Solicitar artigos de revistas de fóra da BUSC, fotocopias de revistas da BUSC, libros en préstamo interbibliotecario, levar en préstamo libros electrónicos, solicitar novas adquisicións.
Pregunta 8 Texto da pregunta Con respecto ás bases de datos dispoñibles na BUSC, cales podes consultar a través do servizo SIR coas túas credencias institucionais? Seleccione unha: a. Só a WOS e Annual Reviews b. Só SCOPUS e IOP(Institute of Physics) c. Só DOAJ, por ser de acceso aberto. d. SCOPUS, WOS, IOP entre outras ...
Pregunta 9 Texto da pregunta Para unha primeira aproximación ao tema do teu traballo de investigación precisas consultar o libro seguinte: Construcción de estructuras de madera de Luis Angel Basterra Otero , publicado en 2009. Como o consegues? Seleccione unha: a. Como non está na miña biblioteca, solicito a súa compra. b. Consulto o catálogo Iacobus e localizo o libro (está na Biblioteca Intercentros de Lugo); emprego as miñas credenciais institucionais para pedilo directamente en préstamo intercentros picando en solicitar e, cando me avisen, recólloo na miña biblioteca. c. Consulto o catálogo Iacobus e localizo o libro (está na Biblioteca Intercentros de Lugo) e comprobado que se trata dun libro de préstamo curto, só me queda a opción de ir á dita biblioteca para poder collelo en préstamo.
d. Consulto o catálogo Iacobus e localizo o libro (está na Biblioteca Intercentros de Lugo); emprego os meus datos da TUI para pedilo directamente en préstamo intercentros picando en solicitar e, cando me avisen, recollereino na miña biblioteca.
Pregunta 10 Texto da pregunta Na túa busca bibliográfica atopas un artigo da revista Reviews in Inorganic Chemistry de 2010 que queres consultar. Como debes facer? (Antes de contestar... consulta o catálogo da Biblioteca) Seleccione unha: a. Busco no catálogo da BUSC e comprobo que a revista en papel está dispoñible na Biblioteca de Farmacia, entón solicito a súa adquisición e asi consultala sin ir a Farmacia b. Busco no catálogo da BUSC e comprobo que a revista en papel está dispoñible na Biblioteca de Farmacia, polo que pido a revista por préstamo intercentros. c. Busco en Pórtico/SFX, máis a revista non está dispoñible, polo que pido o artigo no enlace Artigos de revistas de fóra da BUSC. d. Busco no catálogo da BUSC e comprobo que a revista en papel está dispoñible na Biblioteca de Farmacia polo que pido o artigo no enlace Fotocopias de Revistas da BUSC.
Pregunta 11 Texto da pregunta Segues a túa busca bibliográfica e atopas un artigo da revista electrónica Environmental Technology de 2013 que che interesa. Para contestar a esta pregunta debes consultar Pórtico/SFX Seleccione unha: a. Consultando en Pórtico /SFX, observas que só están accesibles os artigos da revista publicados entre 2008 e 2012. Pides o artigo que che interesa a través do enlace Artigos de revista de fóra da BUSC. b. Consultando en Pórtico /SFX, observas que non están accesibles os artigos dese ano. Pides a adquisición do número da revista na que se publica o artigo que che interesa a través do enlace Novas adquisicións. c. Podes consultalo porque a biblioteca está subscrita á revista. d. Non podes consultalo porque a biblioteca non está subscrita á revista.
Pregunta 12 Texto da pregunta Noutra busca bibliográfica atopas un artigo da revista electrónica "Synthesis and reactivity in inorganic, metal-organic and nano-metal chemistry" publicado en 2012, podes acceder ao artigo directamente? Para contestar a esta pregunta debes consultar Pórtico/SFX Seleccione unha: a. NON, consultando en Pórtico /SFX, observo que a revista en cuestión só está dispoñible até 2011, pido o artigo a través do enlace Artigos de revista de fóra da BUSC. b. Si, consultando DOAJ (Directory of Open Access Journal) https://doaj.org, observo que esta revista en cuestión está dispoñible c. Si, consultando en Pórtico /SFX, observo que ese ano en cuestión está dispoñible a través do enlace Taylor & Francis Journal Complete d. Ningunha das respostas anteriores é correcta.
Pregunta 13 Texto da pregunta En WOS atopas tamén a referencia dun libro que che interesa pero non está no catálogo da BUSC. Seleccione unha: a. Decido pedir o libro por préstamo interbibliotecario no enlace Libros en préstamo interbibliotecario. b. Decido solicitar a compra do libro no enlace de Novas adquisicións, xa que é a única alternativa. O persoal da biblioteca avaliará a miña petición. c. Decido pedir a reprodución do libro enteiro no enlace Artigos de revista de fóra da BUSC. d. As respostas "a" e "c" son correctas.
Pregunta 14 Texto da pregunta Para pedir un artigo dunha revista non existente na colección da BUSC debes: Seleccione unha: a. Saber en que biblioteca doutra universidade está o artigo en cuestión. b. Picar no enlace “Artigos de revista de fóra da BUSC”, identificarte coas túas credenciais institucionais e reencher o formulario electrónico.
c. Picar no enlace “Artigos de revista de fóra da BUSC”, identificarte cos datos da TUI e o teu rexistro de usuario e reencher o formulario electrónico. d. Non podes pedir un artigo dunha revista non existente na BUSC, só o persoal docente e investigador pode pedilos.
Pregunta 15 Texto da pregunta Se precisas pedir varios artigos de revistas de fóra da BUSC, canto che custará este servizo? Seleccione unha: a. Consulta as tarifas na páxina web da BUSC. Verás que actualmente este servizo é gratuíto para os membros da Comunidade Universitaria dentro dunhas limitacións (25 documentos máximo por estudantes de Grao e ano). b. O prezo pode ser moi alto, ata 30 € por artigo. c. Debes falar co teu titor/director, explicárache o que debes facer para o pago destes artigos. d. Como estás a preparar o teu TFG, este servizo é totalmente gratuíto, podes pedir tantos artigos como queiras.