Teis é un dos máis grandes barrios de Vigo en extensión como en población con máis de 30.000 habitantes. O nome ven dos tempos dos romanos É unha parroquia costeira,que abrangue 5,80 quilómetros cadrados localizados na aba do monte da Madroa.:Theis. Actualmente exténdese dende o comezo da rúa Sanjurjo Badía polo sur e o final da Travesía de Vigo polo norte e limita con Chapela do municipio de Redondela. Por mor da industrialización do século XIX, a zona está completamente integrada xa no centro urbano, mantendo tan só as zonas verdes da Madroa, o alto da Guía e, onde se pode visitar a capilla de Nosa Señora das Neves e que ofrece unha das mellares vistas a ciudade de Vigo e o parque da Riouxa. En Teis localizáronse achados do Neolítico e restos da cultura castrexa. Non podemos esquecer por mor das construcións que fan difícil de apreciar a beleza da súa construción o Mosteiro da Visitación das Salesas Reales O mosteiro da Visitación das Salesas Reais foi proxectado en 1942 polo arquitecto Antonio Palacios e está situado no barrio da Calzada de Teis, próximo á rúa Sanjurjo Badía. O edificio é de estilo rexionalista cun certo aire medieval no que se empregan os sistemas construtivos tradicionais galegos. Antonio Palacios reflicte neste edificio a súa experiencia construtiva xa que é autor tamén doutras edificacións emblemáticas como o templo Votivo do Mar na localidade próxima de Panxón ou da actual sede do Concello do Porriño, aínda que neste caso o edificio presenta unha maior monumentalidade.
As primeiras referencias á parroquia remóntanse ó ano 1145. No século XVI sufre as invasións dos barcos do corsario inglés Drake, ó tempo que comezan a implantarse en Teis explotacións pesqueiras, que posteriormente crecerán o
se incorporar os industriais cataláns de salazón. No XIX o areal de Guixar alberga fábricas conserveiras e asteleiros. Teis foi sempre un barrio de marcado carácter obreiro debido ol establecemento nel de diversos astileiros, destacando entre ellos "Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía", que se atopa na rúa nomeado coma o séu fundador D. Enrique Lorenzo Docampo. Dentro deste barrio se asienta gran parte do porto comercial de Vigo. O sector naval de Vigo é un dos máis importantes da comarca. Os astileiros da ría son líderes na construción naval privada por facturación e tonelaxe.
No barrio funcionan diversas asociacións de veciños e o Plan Comunitario. O Plan Comunitario foi creado no 1994, coordinando distintos colectivos coa finalidade de rendibilizar os servicios da parroquia e organizar actividades en común. O clima
na Ría de Vigo é especialmente suave permitindo aproveitar a
distintas plaias que podemos atopar no mesmo barrio e no parque da Riouxa. Plaias da Cacharela, Mende e Ríos
Plaias da Punta da Guía, Lagoa e Manquita. As festas principias celébranse na primeira semana de Agosto: Nosa Señora das Neves (5 de agosto) e San Salvador de Teis (6 de agosto). O centro neurálxico está nol Mercado de Abastos, recentemente renovado como tamén a súa vía principal a rúa Sanjurjo Badía, que atraviesa o barrio de lado a lado que comunica tanto con Vigo como con Chapela como coa renovación da subida a Guía dende a nova rotonda de Sanjurjo Badía., El barrio de Teis foi escenario de conflictos laborais a principios dos anos ochenta relacionados co sector naval así como tamén máis tarde protestas por mor da instalación dunha planta empacadora de lixo. O barrio conta con varios centros de ensinanza tanto pública como privada, piscina pública, centro de saude o pabellón polideportivo entre outros servicios. Existen tamén moitas agrupación musicais que se formaron aquí, como por exemplo, o grupo de pataca'n'roll Os Vacalouras A´roda,kannon e mais mc`s da cultura hip hop como:didi-f, dikeity, zentinela, dr.valda, sheila esencia,toro mc, movements, rhasty, e moitos máis.