Roal Dahl

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Roal Dahl as PDF for free.

More details

  • Words: 600
  • Pages: 2
“Se pensas chegar a algures na vida, tes que ler moitos libros.”

Roald Dahl(1916-1990) Nado o 13 de setembro de 1916 no País de Gales, na localidade de LLandof, onde asentaran os seus pais de orixe norueguesa por motivos de negocio. Foi o único fillo varón da numerosa familia do segundo matrimonio do seu pai que morreu, xunto cunha irmá, cando Roal tiña tres anos. As traxedias familiares repitiranse posteriormente tamén cos seus propios fillos. Pero Dahl é un autor para a gargallada e o sorriso por vía da complicidade cos nenos e a irreverencia contra os adultos: “os pais e os mestres son o inimigo”. A súa propia experiencia escolar non foi de todo satisfactoria, se descontamos as visitas á fábrica de chocolates veciña: Cadbury’s, en Repton, Derbyshire. O seu primeiro traballo levouno a África e unha vez alí, con 23 anos ao comezo da II Guerra Mundial, alístase na Royal Air Force (RAF) e combate como piloto nos combates aéreos no deserto e no Mediterráneo oriental. Foi ferido e como eivado retirado da fronte, enviado aos EEUU, comeza a escribir. Aínda que non saibamos que el está detrás, é case imposible descoñecer algo da obra de Roal Dahl porque o seu nome vai asociado ao cine. A súa primeira invención foron os Gremlins con guión para a Disney. E ao longo da súa traxectoria, colaboración con Alfred Hitchcok ou mesmo guións un para o personaxe James Bond. Asemade, foi a adaptación das súas obras ás pantallas o que fixo coñecido en todo o mundo. As bruxas,

Matilda

e

agora

en

carteleira

Charlie

e

a

fábrica

de

Case todos os seus libros para rapaces son recoñecible polas ilustracións de Quentin Blake Catálogo da biblioteca do IES As Mariñas http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Bitácora da biblioteca http://biblioteca.acelblog.com

chocolate.

Obras dispoñibles na biblioteca Matilda En galego e castelán. O que máis lle gusta á nena Matilda é ler, aínda que os libros sexan unha rareza na súa casa e todos a traten como un bicho raro por iso. Na escola descóbrese a súa intelixencia en forma de superpoderes que aprende a empregar. Sobre todo contra a horríbel señorita Trunchbull, directora-dictadora do centro, pero tamén tía da súa doce profesora Honey. A narración deixa ao descuberto con grandes doses de divertimento o comportamento das persoas so preocupadas da aparentar e ter cartos.

Charlie e a fábrica de chocolate En galego e castelán O pobre Charlie Bucket vive ao carón da fábrica do señor Wonka. Dela saen lambonadas incribles como os caramelos e chicles eternos, xelados que non se derreten... pero o que ocorre dentro é un misterio. Só cinco afortunados que atopen algún dos boletos dourados na chocolatinas poderá entrar. Dentro saberás quen son os Oompas-Loompas e moitas doces tentacións... Só Charlie mantén a compostura e terá a súa recompensa.

As bruxas En galego Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual.

Autobiográficos Boy (relatos de infancia) En castelán Relatos independentes de anécdotas infantís do autor. El mesmo afirmou que non se trataba exactamente dunha autobiografía. Explica que son cousas do tempo da escola e mocidade: Algunhas son divertidas. Outras son magoenta. Hainas desagradables... Todas son verdade.”

Voando só En galego Conta a experiencia como traballador dunha compañía petroleira na actual Tanzania e as súas memorias bélicas da II Guerra Mundial. Piloto dun caza das RAF en combate contra os avións alemáns no deserto africano ata ser ferido nun terrible accidente.

Máis El Superzorro.

Danny, o campión do mundo.

Muá, muá

Related Documents

Roal Dahl
October 2019 14
Dahl
August 2019 14
Eric Dahl
October 2019 15
Cenefas Roald Dahl
October 2019 12
Roald Dahl - The Land Lady
November 2019 7