Revista Brazadas Cnpontevedra N2

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Revista Brazadas Cnpontevedra N2 as PDF for free.

More details

  • Words: 9,351
  • Pages: 39
Revista do Club Natación Pontevedra | Número 2 | Xuño 2008

Líderes dos Campionatos Galegos

Ascenso do C.N. Pontevedra á División de Honra

REVISTA DO CLUB NATACIÓN PONTEVEDRA ANO II Nº 2 | XUÑO 2008 EDITA Club Natación Pontevedra C.G.T.D. Estadio da Xuventude C/Fernando Olmedo s/n Horario: L-V 17:15 - 20:15 Tel./Fax:: 986 84 38 33 Móbil: 607 72 39 80 [email protected] [email protected] www.cnpontevedra.com COLABORADORES Sergio Bethencourt Iglesias Mónica Escalona Palacios Fernando Rodríguez González Javier de Sáa Iglesias Iván Solla Lengvenis Rosi Toucido Dios Juan José Vázquez Rial EDICIÓN E DESEÑO Marta Glez. Piñeiro www.trocate.com

IMPRESIÓN Entretementos Play, S.L. DEPÓSITO lEGAL PO 439-2007

Os artigos firmados expresan a opinión do autor.

sumario Saúdo do presidente

3

O ascenso do C.N. Pontevedra á División de Honra

4

Presentación da sección de Waterpolo

6

Recortes de prensa

11

Medalleiro e logros da sección de Natación 12 Biomecánica e a súa relación coa técnica e natatoria (Parte I)

14

Marcas históricas do C.N. Pontevedra

21

Entrevista a Javier Gómez Noya

22

Recortes de prensa

25

Fotografías

26

Adestramento da forza en categorías inferiores 27 con material alternativo Recortes de prensa

32

Fotografías

33

IV Campus de Actividades Acuáticas Ciudad de Pontevedra

34

Ata o vindeiro número...

36

3

Saúdo do presidente Juan José Vázquez (Sesé)

Foi un momento de alegría o celebrar o pasado xuño de 2007 o 20 aniversario da fundación do noso Club con gran parte dos compoñentes do mesmo e as súas familias, nunha cea na cal procedemos á entrega do primeiro exemplar da nosa revista. Coa publicación deste segundo número despedimos a temporada 2007-2008 cuns magníficos resultados deportivos. O pasado 24 de maio, por primeira vez na súa historia, o Club Natación Pontevedra conseguiu o ascenso á división de Honra da Liga Galega de Clubs de natación, o que pon de manifesto a excelente calidade dos seus nadadores e cadro técnico. Fíxose posible un gran obxectivo, fixado

con antelación. A nivel individual, as nosas nadadoras continúan cultivando éxitos a tódolos niveis, incluídos campionatos de España. En relación coa sección de Waterpolo, cremos que a tempada 2007-08 estase demostrando xa o magnifico crecemento experimentado en todas as categorías, como o demostran os recentes campionatos galegos conseguidos polos Infantiles e os Alevíns. Tal e como se ve, ambas seccións están experimentando un afianzamento e logros deportivos que ata a data non se conseguiron no noso Club. Desde estas páxinas novamente reitero a solicitude de colaboración por parte de

máis pais no que a traballo a nivel directivo refírese. Recentemente incorporáronse á directiva varias persoas, aínda que estimamos que con máis axuda o traballo que supón organizar as competicións e desprazamentos sería máis levadío. A miña felicitación persoal e a dos demais compañeiros de directiva a tódolos deportistas do club e ó cadro técnico do mesmo por facer posible estes logros e novamente o noso especial agradecemento a tódolos familiares e demais empresas e particulares, eles fixeron e fan posible o día a día do noso Club.

4

O ascenso do C.N. Pontevedra á División de Honra Fantástico resultado do Club Natación Pontevedra na terceira e última xornada da fase de ascenso á División de Honra da Liga de Clubs que lle permite estar a próxima tempada na máxima categoría da natación Galega, por primeira vez na súa historia. O equipo do Natación Pontevedra co seu adestrador e director técnico, Sergio Bethencourt, desprazouse á Piscina Municipal de Caranza en Ferrol. Aínda que con algunhas baixas, a gran entrega de tódolos nadadores permitiulle conseguir 148 puntos e a segunda praza fronte ao seu rival directo: o Club Fluvial de Lugo (con 128 puntos). Nesta ocasión como nas anteriores xornadas o Club Natación Ferrol obtivo o primeiro posto con 164 puntos. A emoción mantívose ata esta

última xornada polo empate en puntos de clasificación respecto o Fluvial de Lugo Nesta derradeira xornada destacamos o gran papel alcanzado polo equipo feminino, sobre todo nas probas de relevos 4x100 libres conseguindo o primeiro e segundo posto e nas probas individuais de 200 libres, 50 braza, 100 estilos, 200 bolboreta, 50 libres, e 100 costas.

O equipo estivo composto na última e decisiva xornada por: Telmo Calle, Pablo Expósito, Javier Paciencia, Rubén Oubiña, Daniel Otero, Adrián Veiga, Anxo Martínez, Eugenio Novas, Martín Tenorio, David Revilla, Julio Martínez, Arantxa Tomé, Silvia Caneda, Cristina García, Thais Golobardas, Sheila Silva, Silvia González, Raquel Rascado, Alba Tomé, Miren Vicente e Myriam Vieitez.

5

6

Presentación da sección de Waterpolo do Club Natación Pontevedra 2007/08 Javier de Sáa Iglesias

A presente tempada comezou o 9º ano dende que o Club Natación Pontevedra creou a súa sección de waterpolo (en setembro de 1998), polo que a vindeira tempada teremos que celebrar o 10º aniversario con algún acto especial. O que comezou coma un "equipo de amigos" para que os ex-nadadores non abandonasen a actividade acuática e continuasen no club, hoxe en día está completamente consolidado, cunha estrutura organizada e unha boa base con numerosos deportistas nas categorías inferiores. Actualmente o Club Natación Pontevedra é o club galego con maior número de licenzas de waterpolo en activo, con máis de 50 deportistas, xa que conta con xogadores de tódalas categorías, dende benxamíns ata absolutos, participando, ata a data, en tódalas competicións oficiais organizadas en Galicia de tódalas categorías. Un éxito desta

tempada é que nas categorías inferiores non houbo ningunha baixa con respecto á tempada pasada, ademais de que hai novas incorporacións en tódalas categorías. Entre estas incorporacións, hai que salientar, entre outras, as do equipo absoluto, co nadador do club Telmo Calle e o xogador internacional (de Colombia) Jorge Arias, que viu a vivir a Vigo e "fichou" polo noso equipo. Os adestramentos dos equipos de waterpolo están repartidos en dúas piscinas: benxamíns, alevíns e infantís adestran en Campolongo, mentres que os cadetes, xuvenís e absolutos fanno no C.G.T.D., piscina que o club pontevedrés emprega para xoga-los partidos como local dende hai dúas tempadas. Unha tempada máis seguimos coa dificultade de adestrar en 2 ou 3 rúas, o que ven sendo medio campo de xogo, pero lonxitudinalmente

(imaxinade a un equipo de fútbol ou balonmán adestrando en medio campo dividido ao longo. Impensable neses deportes). Pola contra, este ano conseguimos máis tempo para adestrar cos maiores (cadetes ata absolutos) no C.G.T.D., grazas a que gañamos una rúa máis durante unha hora ó día. Este incremento empeza a dar os seus froitos no rendemento dos xogadores. O primeiro obxectivo da sección de waterpolo do Club Natación Pontevedra segue sendo promociona-lo waterpolo na cidade, para que tódolos mozos de Pontevedra coñezan este deporte e teñan a posibilidade de practicalo. Para que esta promoción do waterpolo sexa realidade, o Club Natación Pontevedra non descansa en participar e organizar actividades de waterpolo. Nesta tempada que xa está a piques de rematar (2007/2008) o club pontevedrés

7

participou nas seguintes competicións de waterpolo (en gran parte delas como organizador) con moi bos resultados, mellorando os da tampada pasada en tódalas categorías: Liga galega absoluta masculina: aínda por rematar, coa 3ª praza case asegurada e con opcións de subcampionato, a falta de 3 partidos. O equipo absoluto experimentou una gran progresión este ano grazas ao esforzo e dedicación dos xogadores. Coa volta dalgún xogador ao equipo, a boa preparación física dos xogadores e unha gran mellora táctica, o noso equipo xogou plantándolle cara aos mellores, perdendo só 3 partidos ata o momento. Liga galega xuvenil: 3º clasificado. A pesar de contar con só 3 xogadores xuvenís, os pontevedreses fixeron unha boa tempada. Liga galega infantil: 3º clasificado. Os numerosos xogadores da base do C.N. Pontevedra puideron disfrutar do waterpolo xogando os partidos de liga sen importar a clasificación, xa que o importante nesta categoría é que todos

participen. Copa galega absoluta masculina: 3º clasificado. Copa galega xuvenil: 4º clasificado. Campionato galego cadete de inverno: 3º clasificado. Campionato galego cadete de verán: 3º clasificado. Campionato galego infantil de inverno: 1º clasificado. Campión galego. Campionato galego infantil de verán: non xogado ata a data. Campionato galego alevín de inverno: 1º clasificado. Campión galego. Campionato galego alevín de verán: 1º e 3º clasificado, coa participación de 2 equipos do clube. Campión galego. I e II Torneo de Pretemporada da Asociación Galega de Waterpolo, en Santiago de Compostela e Pontevedra, cos equipos infantil e absoluto. Campionato de España de Waterpolo Infantil por Federacións Territoriais, en Málaga, do 13 ó 16 de marzo de 2008. O C.N. Pontevedra estivo representado polos xogadores Pablo Seoane, Guillermo Atienza e Javier Portas, xunto co adestrador Javi de Sáa, na

selección galega infantil de waterpolo. O C. N. Pontevedra estivo representado na V Copa de España de Waterpolo Open +40 con 5 xogadores e un técnico formando parte da Selección Galega Absoluta 25 de Waterpolo, os días 1, 2 e 3 de Maio de 2008 na piscina do INEF (A Coruña). O club organizador (Asociación Coruñesa de Waterpolo) e o equipo fundador e promotor (Real Canoe) invitaron á FEGAN á participación nesta edición cun combinado de xogadores galegos senior maiores de 25 anos, entre os que estaban os pontevedreses Juan Rodríguez, Pablo Rodríguez, Juanjo Vázquez, Carlos Ramírez (Willy), Juan Virel e Javi de Sáa. San Silvestre de Pontevedra. O equipo de waterpolo non só se move na auga, o que quedou demostrado coa participación (o 31 de decembro de 2007) duns 20 xogadores na popular carreira de San Silvestre de Pontevedra, que organizou un ano máis (esta foi a edición XXIV, o que fai que sexa a proba deste estilo máis antiga de toda Galicia) a Sociedade Ximnástica.

8

Ademáis de participar en todos este torneos de waterpolo, o C.N. Pontevedra organizou as seguintes actividades de promoción nesta tempada 2006/07: III Campus de Actividades Acuáticas, na piscina Municipal de Campolongo durante todo o mes de setembro de 2007. Os maiores de 8 anos puideron iniciarse no waterpolo durante unha semana do campus. I Festival de Escolas de Waterpolo da Asociación Galega de Waterpolo, o 1 de marzo de 2008, na piscina Municipal de Campolongo, no que participaron uns 100 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, que pudieron disfrutar do waterpolo durante toda a tarde, de balde. Consistiu nunca serie de partidos en 3 campos de xogo, con equipos de 5 xogadores, coa participación das escolas de waterpolo da Asociación Coruñesa de Waterpolo, do Club Waterpolo Santiago e do Club Natación Pontevedra. O festival estivo organizado en colaboración coa Asociación Galega de Waterpolo. No mes de xuño de 2007 celebráronse a II e III edición do festival en Santiago e Coruña coa participación dos nosos nenos e nenas. Creación dun blog en internet da sección de Waterpolo (waterpolopontevedra.com) , que xa conta con máis de 20.000 visitas dende que se creou no mes de xullo de 2007. Foi o primeiro blog de waterpolo galego. Grazas ó blog temos contactos con equipos de fora de Galicia e ademais conseguimos que algúns xogadores ingresaran no equipo. Campionatos Galegos de Waterpolo: o noso club organizou ata o momento 4 dos 7 campionatos galegos de waterpolo celebrados esta tempada: Infantil, Alevín e Cadete de Inverno, e o Cadete de Verán. Concentracións da selección galega de waterpolo infantil e cadete. Grazas á colaboración do C.G.T.D. de Pontevedra, a nosa

piscina recibiu á selección galega de waterpolo infantil que participou no Campionato de España, en 4 das 5 concentracións preparatorias que a FEGAN organizou e á selección galega cadete que participou nunha concentración do Plan Nacional de Tecnificación co adestrador da selección nacional Antonio Aparicio. Seleccionador nacional de waterpolo. Na primeira das concentracións da selección galega infantil de waterpolo, o 12 de xaneiro de 2008, o noso club recibiu a Rafa Aguilar, seleccionador nacional de waterpolo, que participou no Seminario de Waterpolo da FEGAN e nun adestramento cos pequenos. Esta tempada pódese resumir como moi exitosa para o waterpolo pontevedrés, xa que deportivamente os resultados foron os mellores dos últimos anos ou, por que non, da súa breve historia. Isto queda patente cos 3 títulos de Campión Galego conseguidos: Campión Galego de Waterpolo Infantil de Inverno, Campión Galego de Waterpolo Alevín de Inverno e Campión Galego de Waterpolo Alevín de Verán. Os resultados dos máis pequenos, que no último campionato galego participaron con dous equipos, logrando ademáis a medalla de bronce, demostran que a nosa canteira xa funciona, o que asegura un bo futuro. Os cadetes e xuvenís tiveron una melloría froito do incremento do tempo e espazo para adestrar, xunto a que teñen o privilexio de adestran xunto con xogadores que levan ata 9 anos xogando a waterpolo e que lles transmiten a súa experiencia. Se todos os que teñen esta oportunidade souberan aproveitala, con máis esforzo e compromiso co equipo, moito mellor nos iría. Aínda así os resultados foron moito mellores que a tempada pasada. Un

exemplo é o debut de varios cadetes e un infantil co equipo absoluto en partidos oficiais. Os maiores volveron este ano a disfrutar do waterpolo, estando sempre en loita cos primeiros clasificados, gañando partidos a calquera rival e loitando ata o final nas 3 únicas derrotas da tempada fronte ás 8 victorias conseguidas ata o momento (a falta de 3 partidos para o final) e con grandes goleadas. A gran mellora na faceta defensiva influiu para que este ano conseguiramos moi bos resultados. Parte de culpa destes resultados foi a numerosa plantilla coa que contamos, tendo en ocasións una loita por entrar na convocatoria. A mistura de veteranía (todavía contamos con 5 xogadores que comezaron coa fundación da sección fai 9 anos) e xuventude (con xogadores xuvenís que gañaron a titularidade no primeiro equipo) fixo que a experiencia duns e a boa condición física doutros se complemente á perfección. O bo é que todavía temos moita marxe de mellora, superando as nosas estatísticas partido a partido. Todavía podemos seguir medrando se continúa o traballo serio e mellora a colaboración dos pais e nais coas actividades organizadas polo club e un maior compromiso. Nesta faceta, hay que destacar a incorporación de Paco Seoane e Maribel Tavares á directiva do club para axudar a traballar polo waterpolo xunto co veterano Fernando Rodríguez "Malecho". En canto ó apartado deportivo, o Director Técnico de Waterpolo do C.N. Pontevedra segue sendo Javi de Sáa, por terceiro año consecutivo, aínda que xa leva como técnico do club dende o 2002. Esperemos que os éxitos deportivos e persoais dos membros do noso club sigan chegando e continuemos en progresión.

9

PLANTILLA ABSOLUTA DE WATERPOLO DO CLUB NATACIÓN PONTEVEDRA CARLOS RAMÍREZ FERRO "WILLY"

DAVID HERNÁNDEZ DORADO

PABLO RODRÍGUEZ IGLESIAS

ROBERTO ACUÑA REY

TELMO CALLE FACAL

Data de nacemento: 24/02/1980

Data de nacemento: 23/09/1985

Data de nacemento: 18/12/1980

Data de nacemento: 08/02/1988

Data de nacemento: 27/08/1983

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Vigo

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 2 Demarcación: Porteiro Gorro nº: 1 Procedencia: Anos no CNP: 2 ENRIQUE GARCÍA ORDÓÑEZ

Tempadas: 0 Demarcación: Extremo Gorro nº: 2 Procedencia: Waterpolo RCN Vigo Anos no CNP: 0 JUAN VIREL DE LA SOTA

Tempadas: 9 Demarcación: Extremo Gorro nº: 3 Procedencia: Natación Anos no CNP: 15 JUANJO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ

Tempadas: 4 Demarcación: Lateral Gorro nº: 3 Procedencia: Natación Anos no CNP: 4 ÁNGEL VILLAFRANCA ÁLVAREZ

Tempadas: 0 Demarcación: Extremo Gorro nº: 4 Procedencia: Natación Anos no CNP: 10 VÍCTOR PÉREZ RODRÍGUEZ

Data de nacemento: 19/09/1986

Data de nacemento: 13/11/1979

Data de nacemento: 01/07/1980

Data de nacemento: 17/01/1987

Data de nacemento: 27/05/1986

Lugar de nacemento: Sevilla

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 2 Demarcación: Central Gorro nº: 5 Procedencia: Anos no CNP: 2 ALBERTO LÓPEZ PENIDE

Tempadas: 9 Demarcación: Central-Boia Gorro nº: 5 Procedencia: Natación Anos no CNP: 9 ADRIÁN GARCÍA SUÁREZ "PITU"

Tempadas: 9 Demarcación: Central Gorro nº: 6 Procedencia: Natación Anos no CNP: 19 ALEJANDRO BREA LÓPEZ

Tempadas: 5 Demarcación: Boia Gorro nº: 7 Procedencia: Natación Anos no CNP: 5 JUAN RODRÍGUEZ IGLESIAS

Tempadas: 2 Demarcación: Extremo Gorro nº: 8 Procedencia: Natación Anos no CNP: 10 JORGE ARMANDO ARIAS ESTRADA

Data de nacemento: 27/06/1979

Data de nacemento: 30/01/1988

Data de nacemento: 20/02/1985

Data de nacemento: 18/12/1980

Data de nacemento: 05/01/1984

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Cádiz

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Antioquia (Colombia)

Tempadas: 9 Demarcación: Lateral Gorro nº: 10 Procedencia: Natación Anos no CNP: 19 MARIBEL GUTIÉRREZ MATILLA

Tempadas: 5 Demarcación: Lateral Gorro nº: 10 Procedencia: Natación Anos no CNP: 5 RAÚL GÓMEZ VILLAVERDE

Tempadas: 3 Demarcación: Extremo Gorro nº: 11 Procedencia: WUCA Cádiz Anos no CNP: 3 FAUSTINO SEOANE SÁNCHEZ "TINO"

Tempadas: 9 Demarcación: Extremo Gorro nº: 12 Procedencia: Natación Anos no CNP: 15 MANUEL VIDAL GARCÍA

Tempadas: 0 Demarcación: Boia Gorro nº: 12 Procedencia: Polo Acuático Antioquia Anos no CNP: 0 JAVIER DE SÁA IGLESIAS

Data de nacemento: 24/08/1982

Data de nacemento: 31/05/1971

Data de nacemento: 19/01/1966

Data de nacemento: 24/09/1989

Data de nacemento: 22/10/1980

Lugar de nacemento: Zamora

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 2 Demarcación: Lateral Gorro nº: 12 Procedencia: Anos no CNP: 2

Tempadas: 1 Demarcación: Porteiro Gorro nº: Procedencia: Anos no CNP: 1

Tempadas: 0 Demarcación: Porteiro Gorro nº: Procedencia: Anos no CNP: 0

Tempadas: 4 Demarcación: Boya Gorro nº: Procedencia: Anos no CNP: 4

Tempadas: 9 Demarcación: Adestrador Procedencia: waterpolista Anos no CNP: 19

10

PLANTILLA XUVENIL-CADETE DE WATERPOLO DO CLUB NATACIÓN PONTEVEDRA ADRIÁN FERNÁNDEZ NOVEGIL

PABLO SEOANE GIL

CLAUDIO RIVADULLA VARELA

SARA ASTOR MOLERO

XABIER GONZÁLEZ RAZQUIN

Data de nacemento: 14/12/1990

Data de nacemento: 04/01/1994

Data de nacemento: 15/03/1991

Data de nacemento: 31/05/1993

Data de nacemento: 17/12/1992

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 3 Demarcación: Porteiro-Boia Gorro nº: 1-8 Procedencia: Anos no CNP: 3

Tempadas: 3 Demarcación: Porteiro Gorro nº: 1-8 Procedencia: Natación Anos no CNP: 4

CARLOS TOMICO PÉREZ

MIGUEL MONTOJO MALVAR

Tempadas: 1 Demarcación: Lateral Gorro nº: 2 Procedencia: Natación Anos no CNP: 1 RAÚL TOURIÑO ANDRADE

Tempadas: 3 Demarcación: Extremo Gorro nº: 2 Procedencia: Anos no CNP: 3 PABLO ASTOR MOLERO

Tempadas: 3 Demarcación: Extremo Gorro nº: 3 Procedencia: Anos no CNP: 3 SUSANA GÓMEZ FREIJO

Data de nacemento: 16/02/1992

Data de nacemento: 02/04/1992

Data de nacemento: 07/05/1990

Data de nacemento: 19/04/1992

Data de nacemento: 17/02/1991

Lugar de nacemento: Ourense

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Friburg (Suiza)

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 1 Demarcación: Extremo Gorro nº: 4 Procedencia: Anos no CNP: 1

Tempadas: 3 Demarcación: Lateral-Boia Gorro nº: 5 Procedencia: Natación Anos no CNP: 3

GUILLERMO ATIENZA TUÑAS

DAMIÁN POUSEU PAZ

Tempadas: 3 Demarcación: Lateral Gorro nº: 6 Procedencia: Natación Anos no CNP: 3 BRAN TOURIÑO ANDRADE

Tempadas: 3 Demarcación: Extremo-Lateral Gorro nº: 7 Procedencia: Salvamento Anos no CNP: 3 ALEJANDRO PÉREZ PÉREZ

Tempadas: 2 Demarcación: Extremo Gorro nº: 9 Procedencia: Natación Anos no CNP: 2 MIGUEL ABELEDO LEAL

Data de nacemento: 12/04/1994

Data de nacemento: 24/09/1993

Data de nacemento: 12/08/1993

Data de nacemento: 14/09/1993

Data de nacemento: 25/11/1992

Lugar de nacemento: Vigo

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Friburg (Suiza)

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 2 Demarcación: Boia Gorro nº: 9 Procedencia: Natación Anos no CNP: 2 NOELIA SUÁREZ OGANDO

Tempadas: 2 Demarcación: Central Gorro nº: 10 Procedencia: Natación Anos no CNP: 2 MARTÍN GONDARÍZ GARCÍA

Tempadas: 3 Demarcación: Extremo Gorro nº: 11 Procedencia: Natación Anos no CNP: 3 MIGUEL VILLAVERDE CAMPOS

Tempadas: 2 Demarcación: Extremo-Lateral Gorro nº: 12 Procedencia: Anos no CNP: 2 YESSICA MÁRQUEZ BARCALA

Tempadas: 2 Demarcación: Central Gorro nº: 13 Procedencia: Salvamento Anos no CNP: 2 JAVIER DE SÁA IGLESIAS

Data de nacemento: 19/05/1993

Data de nacemento: 17/12/1993

Data de nacemento: 08/05/1993

Data de nacemento: 11/09/1993

Data de nacemento: 22/10/1980

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Lugar de nacemento: Pontevedra

Tempadas: 1/2 Demarcación: Extremo Gorro nº: Procedencia: Natación Anos no CNP: 5

Tempadas: 0 Demarcación: Extremo Gorro nº: Procedencia: Salvamento Anos no CNP: 1

Tempadas: 0 Demarcación: Extremo Gorro nº: 13 Procedencia: Anos no CNP: 0

Tempadas: 1 Demarcación: Extremo Gorro nº: Procedencia: Natación Anos no CNP: 5

Tempadas: 9 Demarcación: Adestrador Procedencia: waterpolista Anos no CNP: 19

PLANTILLA INFANTIL- ALEVÍN DE WATERPOLO DO CLUB NATACIÓN PONTEVEDRA Guillermo Atienza Tuñas Román Filgueira García Ramón Lalinde Gutiérrez Miguel Pérez Mariño Javier Portas Suárez Pablo Seoane Gil Inés Ástor Molero Yago Barros Masenlle Marina Casado Santiago Anxo Costa Suárez Xoan González Rázquin Alberto Quintá Taboada Mauro Rivas Tavares Luis Rodríguez Gil Andrés Villaverde Emilio José Barros Alejandro Couñago Joaquín Méndez Alfonsín Patricia Blanco Graña Susana Casal Rodríguez David Rey Rodríguez Martín Sobrado Iglesias

11

12

Medalleiro da sección de Natación Tempada 2006-07 e inicio da tempada 2007-08 CAMPIONATOS GALEGOS 06-07 ABSOLUTO INVERNO VERÁN IDADE G-4 INVERNO VERÁN IDADE G-3 INVERNO VERÁN IDADE G-2 DE VERÁN

OURO

PRATA BRONCE TOTAL

6 2 6 4

4 2 2 1

30 2 3 1

40 6 11 6

1 0 3

1 0 0

3 0 0

5 0 3

22

10

39

71

3

2

2

7

3

2

2

7

5 4 5 11

4 2 8 6

4 2 9 6

13 8 22 23

25

20

21

66

2 0 0

2 0 1

0 1 1

4 1 2

TOTAL

2

3

2

7

TOTAL

52

35

64

151

CAMPIONATOS GALEGOS 07-08 CAMPIONATO ABSOLUTO INVERNO CAMPIONATO JUNIOR INVERNO CAMPIONATO INFANTIL INVERNO

TOTAL CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPIONATO PROVINCIAL. PONTEVEDRA

TOTAL TROFEOS TROFEO HQR DIPUTACIÓN OURENSE FLORENTINO AMISTADE DE PONTEAREAS

TOTAL CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE INVERNO SABADELL CAMPIONATO DE ESPAÑA OPEN DE CÁDIZ ABSOLUTO DE VERÁN BARCELONA

13

Logros máis importantes da tempada da sección de Natación —Xógase a fase de ascenso á División de Honra con posibilidades de logralo. Como mínimo quedámonos en Primeira División. —Aumento considerable do número de licencias en categorías inferiores G-0, G-1, G-2 e G-3. —Cinco nadadores conseguiron marcas mínimas para os Campionatos de España en Barcelona, Madrid, Sabadell e Cádiz —Terceiro posto no Campionato Galego Absoluto de Inverno e de Verán e conseguir marcas mínimas para o Campionato de España Infantil, Junior e Absoluto de Inverno e Verán. Sexto posto no Campionato Infantil de Inverno. —Seis medallas de ouro nos Campionatos Absolutos de Inverno e Verán, incluso o

récord galego absoluto en 50 mariposa en piscina de 25 metros e 50 metros e seis récords de idades en 50, 100 e 200 mariposa. —Dúas nadadoras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.), as dúas externas. —Dous nadadores infantís na selección galega. Dous

nadadores junior na selección galega. Unha nadadora na selección galega absoluta. —Dúas medallas de ouro e dúas de prata nos Campionatos de España Infantil de Inverno celebrados en Sabadell. Dúas medallas (unha de prata e outra de bronce) nos Campionatos de España Absoluto de Verán en Barcelona.

14

Biomecánica e a súa relación coa técnica e natatoria (PARTE I) Sergio Bethencourt Iglesias

Nas últimas décadas o estudo para a mellora da técnica nos diferentes deportes, serviu para que sexamos testemuñas de progresos ás veces espectaculares nos resultados deportivos de calquera disciplina. A ciencia que se encarga de estudar estes fenómenos é a biomecánica. Xa que logo, existe unha estreita relación entre a mellora da técnica deportiva por unha banda e as características biomecánicas por outra (Hochmud 1988). O coñecemento destas relacións no campo do adestramento deportivo é fundamental para a acertada investigación biomecánica, a cal levaranos a aplicar tales resultados para facer progresar o ensino e o adestramento nos diferentes deportes .A Biomecánica Deportiva, como ciencia experimental, introdúcese cada día máis e apoia sistematicamente coas máis variadas investigacións cada unha das ramas do deporte. Segundo o dicionario: Bio: é prefixo ou sufixo grego que significa vida. Mecánica: é o estudo dos movementos dos obxectos e das forzas que afectan a devanditos movementos. As leis da mecánica, permítennos predicir fenómenos tan diferentes como os movementos dos satélites, os movementos dos animais e a forza e estrutura tanto de sistemas vivos como artificiais. As leis da mecánica que se aplican tanto a átomos e moléculas, permítennos interpretar os fenómenos de calor e temperatura, as teorías atómicas e nucleares ou as propiedades dos fluídos, como pode ser a auga. Xa que logo, a Biomecánica (de bio e mecánica) é o estudo das forzas mecánicas nos organismos vivos. Aínda que existen moitos tipos de forzas, os efectos producidas por estas descríbense mediante as tres leis xerais do movemento formuladas por Isaac Newton (1643-1727): -Principio de inercia.

-Principio de masa. -Principio de acción e reacción. Como unha segunda e máis próxima definición, poderiamos afirmar que é unha ciencia teórica que ten como finalidade o estudo das leis que rexen os movementos do corpo humano na práctica deportiva ou a vida cotiá. No noso caso estariamos ante un caso moi particular: as relacións mecánicas no home e a súa interacción cun medio fluído: a auga. A biomecánica incide directamente nos aspectos relativos á técnica, intentando mellorala e adecuala ás capacidades individuais por medio da procura dun modelo ideal; esta é posiblemente a área científica que máis axudou a evolucionar na preparación e posterior rendemento dos nadadores de competición. Xunto á condición física, a técnica é o factor máis importante que determina o resultado deportivo, sendo o primeiro que o deportista desenvolve na súa vida deportiva. Grazas ao estudo da biomecánica púidose analizar e avaliar de forma individualizada tódalas características técnicas dos deportistas para consecuentemente aumentar o seu rendemento. Pero non soamente debemos falar do rendemento en canto á natación de competición, todo o referido a calquera actividade desenvolvida no medio acuático estará baseada nas leis físicas propias de devandito medio. Xa que logo, debemos de profundar no coñecemento e aplicación de devanditas leis, para conseguir os mellores resultados. A natación é un deporte único porque nel os atletas compiten e ao mesmo tempo están suspendidos no medio líquido. A auga ofrece menor resistencia á propulsión que a que presentan as superficies sólidas nas que se desenvolven os atletas que traballan sobre o chan. Pero esta

presenta unha resistencia ao avance moito maior aos movementos do nadador cara adiante, xa que é 1000 veces máis densa que o aire. Polo tanto, é lóxico comprobar que a eficacia na natación sexa inferior a calquera outro deporte. A mellora de devandita eficacia a través dunha técnica adecuada é tan importante como o propio adestramento fisiológico. A mellora de devandito rendemento débese á habilidade dos nadadores para xerar forza propulsiva, reducindo ao mesmo tempo a resistencia que a auga exerce cando choca contra o corpo do nadador durante o seu desprazamento cara adiante. MEDIOS QUE UTILIZA PARA A ANALISE E AVALIACIÓN DA TÉCNICA. Os medios para o estudo e avaliación biomecánica encamiñados a conseguir un progreso na técnica e o rendemento non son uniformes. Xa que durante moito tempo o método empírico foi o máis utilizado correntemente cando se trataba de aprender, utilizar e avaliar técnicas, o que deixou ao descuberto dous inconvenientes principais, a pesar da súa contribución importante ao coñecemento: O moito tempo que se tarda en analizar e avaliar unha técnica. A posibilidade de caer en conclusións subxectivas, apresuradas ou mal adaptadas. Con todo, os coñecementos científicos xurdidos normalmente do método experimental permiten gañar un tempo precioso grazas a que as explicacións científicas axudan a resolver o problema exposto, apoiándose ademais nunha tecnoloxía cada vez máis sofisticada. Para poder intervir nunha técnica (por exemplo, ensinala ou corrixila) antes de nada hai que ser capaz de analizala de forma suficientemente precisa, pero tamén

15

suficientemente obxectiva. Os medios a utilizar son moi variados, pero é importante indicar que o proceso do estudo biomecánico no campo da natación está relativamente atrasado con relación a outros deportes como o atletismo, en que o seu estudo é máis sinxelo. O medio acuático dificulta a utilización de instrumental para a análise, o cal pódese usar directamente en terra. A utilización de películas e vídeos aumentou o noso coñecemento da mecánica natatoria. Por exemplo, ata que un estudo de Brown e Counsilman de 1971 demostrou que os nadadores estaban realizando traxectorias diagonais diversas, os adestradores da época aconsellaban aos seus deportistas empuxar a man e o brazo directamente cara atrás. As medicións do centro de gravidade convertéronse nun instrumento de diagnóstico moi preciso, analizando cada toma de película o que acelerará toda a información. O vídeo velocímetro (que permitiu que os adestradores se beneficiasen da combinación das tecnoloxías da televisión e os ordenadores), a dinamometría para a medición das forzas aplicadas polos nadadores, os métodos de investigación da mecánica muscular... son algúns dos métodos que se aplican no estudo biomecánico dos nadadores. Por desgraza, este tipo

de medios non están ao alcance de todo o mundo, polo que nos deberemos conformar con estar un pouco ao día sobre aquelas investigacións, exercicios, etc. que nos poidan axudar a mellorar a técnica e con iso os resultados dos nosos nadadores. CONCEPTO DE TÉCNICA Meinel defínea como o proceso racional, é dicir, adecuado e económico para a obtención dun alto resultado deportivo. Canto máis perfecta é a técnica menos enerxía é necesaria para obter un resultado óptimo. BOA TÉCNICA = ALTA EFICACIA A técnica, xa que logo, deberá ter as características do deporte en cuestión, seguir as leis da biomecánica e variar en función das peculiaridades individuais (Arellano 1990 ). PROCESO DE ADQUISICIÓN TÉCNICA A execución dun xesto deportivo seguindo un modelo técnico alcánzase por medio dun proceso de aprendizaxe e adestramento no que se ensina a automatizar devandito xesto, executándoo do xeito máis parecido posible ao modelo ideal (Arellano, 1992). Este proceso pódese dividir en distintas fases, tal como (Starosta, 1991) describe; (ver Figura 1). Figura 1: Fases da mellora

cualitativa na técnica deportiva I. Técnica elemental: base estrutural do movemento. O principiante reproduce dunha forma aproximada o modelo. II. Técnica estándar: obtida da análise de multitude de deportistas. O atleta trata de executar o movemento tal e como se describe nos manuais, películas, vídeos, competencias ou adestramentos observados, etc., que explican como executar o movemento. O deportista pode chegar a este nivel de execución con autoaprendizaje, intentando reproducir os modelos técnicos mostrados polos diferentes medios de información citados antes. Considérase o nivel máis alto do deporte recreativo, o seu fin non é a competición de alto nivel. III. Técnica individual: adaptada ao deportista. Desenvólvese en deportistas de niveis medio e alto. É necesaria a participación dun adestrador ou profesor na maioría dos casos. O deportista adéstrase para participar en competencias reglamentadas de niveis medio ou alto. IV. Técnica de campión: síntese adecuada dun deportista no proceso de aprendizaxe dunha técnica deportiva coas súas características individuais (Arellano, 1992). En atletas pouco dotados o proceso finalizará coa fase II. A adaptación ao modelo foi adecuada e como resultado se obtiveron éxitos

16

en competencias de alto nivel. V. Técnica óptima: definición do modelo. Analízanse as características do atleta e especifícanse os compoñentes motrices da técnica concreta de maneira que se pode orientar o modelo ás características persoais de cada deportista (Víctor Doria 2003). FACTORES QUE AFECTAN Á TÉCNICA Especialidade deportiva: a natación é un deporte considerado como cíclico, onde para conseguir resultados debe primar a economía da enerxía. Nivel de preparación física: algúns dos movementos técnicos na natación non poden realizarse con corrección se non se ten unha boa preparación física, sobre todo forza e flexibilidade. Por isto mesmo cando se traballa con idades temperás, en que as calidades físicas non están desenvolvidas plenamente, o traballo técnico debe ter un enfoque moi distinto ao dun nadador maduro.

Diferenzas individuais: o modelo técnico exhibido para cada deporte sofre diferentes cambios cando o deportista intenta adaptar as súas peculiaridades tanto físicas como psicolóxicas ao mesmo, podendo chegar a modificar esta técnica completamente. O modelo coñécese como a técnica e a adaptación representa o estilo. Un deportista de alto nivel non varía aquilo que é primordial nunha técnica concreta, só introduce nesta a súa propia personalidade, carácter, anatomía e fisiología. Cando un deportista resolve ou mellora algún aspecto ou técnica concreta e esta solución é adoptada por mais atletas, o estilo creado por devandito deportista pode chegar a converterse nunha nova técnica (tal e como ocorreu no seu día coa aparición da volta americana, as saídas en buraco na natación ou o salto de altura tipo Fosbury en atletismo). Sexo e idade: se temos un grupo de nadadores cunha boa preparación física, non atoparemos diferenzas entre a preparación e a técnica exhibida entre homes e mulleres, unicamente aquelas relacionadas coa flotabilidad e a maior ou menor resistencia que presenten ao avance na auga. En canto á idade pódese conseguir un dominio básico da técnica aos sete anos. Nos nenos o dominio técnico debe ser

anterior ao traballo de adestramento da condición física. Ao chegar a puberdade o nadador experimenta un gran desenvolvemento en todo o seu corpo, o que traerá como consecuencia unha perdida na técnica por ser os brazos, pés, mans, etc. de maiores dimensións que as que tiña uns meses antes. Con todo, esta situación é meramente temporal sempre que o deportista se fixe no traballo técnico en todo momento, pola contra poden fixarse erros que co tempo teñen difícil solución. BIBLIOGRAFÍA: -Doria da Terga, Eugenio Víctor. (2003 ) O emprego da análise biomecánica na práctica deportiva; a súa estreita e lóxica relación coa técnica deportiva. -Arellano Raúl. (1992) Novas tecnoloxías e evolución da técnica (Cursos de ciencias aplicadas ao deporte) Universidade Antonio Machado, Baeza, España. -Arellano Raúl. (1990) Natación COE, Madrid. -Klaus Reischle. (1993) Biomecánica da Natación, Ed. Gymnos Madrid. -D. L. Costill, E. W. Maglisco, A. B. Richardson. (2001) Natación, Ed. Hispano Europea Barcelona. -Chollet Didier. (2003) Natación deportiva, Ed. Inde Barcelona. -Navarro Valdivieso, F., Oca Gaia, A., Castañón Castañón, F.J. (2003) O Adestramento do Nadador novo. Ed. Gymnos Madrid.

Categoría absoluta

Categorías G3 y G4

Categorías G3

Categorías G1 y G2

Escuela de Actividades Acuáticas

Equipo absoluto

Equipo juvenil

Equipo cadete

Equipo infantil

Equipo alevín

21

Marcas históricas do C.N. Pontevedra Femininos PROBA

TEMPO

DATA

NADADORA

LUGAR

PISCINA

1500 LIBRES 800 LIBRES 400 LIBRES 200 LIBRES 200 COSTAS 200 BRAZA 200 BOLBORETA 100 LIBRES 100 COSTAS 100 BRAZA 100 BOLBORETA 50 LIBRES 50 COSTAS 50 BRAZA 50 BOLBORETA 100 ESTILOS 200 ESTILOS 400 ESTILOS 4x50 LIBRES 4x50 ESTILOS 4x100 LIBRES 4x100 ESTILOS 4x200 LIBRES

18:32.01 9:34.34 4:36.40 2:10.79 2:27.22 2:50.42 2:21.53 1:00.64 1:08.62 1:18.42 1:03.46 28:25:00 32.12 35.18 28.90 1:10.69 2:30.66 5:20.51 1:51.85 2:08.97 4:05.20 4:40.60 8:59.55

25/11/2000 30/12/200 23/04/1994 02/02/2007 25/11/2006 01/03/2008 02/02/2007 02/02/2007 09/03/2007 20/02/2000 02/02/2007 09/03/2007 24/11/2007 04/02/1994 02/02/2007 30/04/1994 17/07/1994 07/07/1994 28/12/2007 05/05/2007 02/02/2007 28/12/2007 02/02/2007

ANDREA DURÁN ANDREA DURÁN PAULA CARBALLIDO CRISTINA GARCÍA MYRIAM VIEITEZ CRISTINA GARCÍA MIREN VICENTE MIREN VICENTE RAQUEL RASCADO ELENA JABOIS MIREN VICENTE RAQUEL RASCADO RAQUEL RASCADO ANA DAVILA MIREN VICENTE LUCIA MEIRIÑO LUCIA MEIRIÑO LUCIA MEIRIÑO C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA

PONTEVEDRA SANTIAGO CORUÑA SANTIAGO XOVE LUGO (FLUVIAL) SANTIAGO SANTIAGO SABADELL SANTIAGO SANTIAGO SABADELL LUGO (FLUVIAL) FERROL SANTIAGO SALAMANCA MURCIA LOGROÑO SANTIAGO CARBALLO SANTIAGO SANTIAGO SANTIAGO

25/M 25/E 25/E 25/E 25/M 25/M 25/E 25/E 25/E 25/E 25/E 25/E 25/M 25/E 25/E 25/E 50/E 50/E 25/E 25/M 25/M 25/E 25/E

Masculinos PROBA

TEMPO

DATA

NADADOR

LUGAR

PISCINA

1500 LIBRES 800 LIBRES 400 LIBRES 200 LIBRES 200 COSTAS 200 BRAZA 200 BOLBORETA 100 LIBRES 100 COSTAS 100 BRAZA 100 BOLBORETA 50 LIBRES 50 COSTAS 50 BRAZA 50 BOLBORETA 100 ESTILOS 200 ESTILOS 400 ESTILOS 4x50 LIBRES 4x50 ESTILOS 4x100 LIBRES 4x100 ESTILOS 4x200 LIBRES

17:11.82 9:18.86 4:20.14 1:56.44 2:16.75 2:26.09 2:11:41 53.81 1:02.35 1:07.33 59.17 24.95 28.93 30.99 26.26 1:01.57 2:14.99 4:46.02 1:43.83 1:55.07 3:52.65 4:15.00 8:24.04

12/11/1994 20/01/1996 01/07/1995 18/02/1996 10/05/2008 30/12/2000 18/05/1996 08/06/1996 08/05/1999 28/12/2000 28/02/1998 25/11/2000 20/01/2006 19/02/2006 25/11/2000 02/02/2007 13/01/2007 02/02/2007 28/11/2000 25/03/2006 30/06/1995 24/03/2007 29/12/2000

ALBERTO LÓPEZ ALBERTO LÓPEZ ALBERTO LÓPEZ ALBERTO LÓPEZ DANIEL OTERO LUIS FONTÁN ALBERTO LÓPEZ ALBERTO LÓPEZ MATEO TORRES LUIS FONTÁN ALBERTO LÓPEZ ALBERTO LÓPEZ MATEO TORRES IVÁN VÁZQUEZ ALBERTO LÓPEZ TELMO CALLE TELMO CALLE TELMO CALLE C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA C.N. PONTEVEDRA

SANTIAGO NARÓN OURENSE BARCELONA CAMPOLONGO SANTIAGO PONTEVEDRA PONTEVEDRA PONTEVEDRA SANTIAGO PONTEVEDRA SANTIAGO VALLADOLID PONTEVEDRA SANTIAGO CARBALLO SANTIAGO VIGO PONTEVEDRA OURENSE VIGO SANTIAGO

25/M 25/M 50/M 25/E 25/M 25/E 25/M 25/M 25/M 25/E 50/E 25/M 25/E 25/E 25/M 25/E 25/M 25/E 25/M 25/M 50/E 25/M 25/E

22

Entrevista a Javier Gómez Noya Iván e Óscar Castro Toucido e Ismael Vieitez Porto, nadadores do Club Natación Pontevedra e triatletas.

Unha tarde máis. Como tódolos días, dirixímonos á piscina a realizar os adestramentos de natación. Pero hoxe non é un día máis nin unha tarde máis, hoxe temos que realizar un traballo para a revista do club. Hoxe imos entrevistar ao noso ídolo, Javier Gomez Noya, primeiro español gañador dunha copa do mundo de Tríatlon.

Tódalas noites soñamos con poder, xa non gañar, senón en poder chegar a facer marcas para competir ao seu nivel nese deporte tan marabilloso que nos rouba tanto tempo ao cabo do ano e dános tantas satisfaccións. Temos a sorte de que adestra na nosa cidade e na nosa piscina, a sorte da gran humildade que posúe e saúdanos, fálanos e dános consellos, facéndonos sentir que non é un ídolo senón un amigo. Xa estamos na piscina, papel e lapis en man. Imos durante un intre a preguntarlle todas esas cousas que non nos atrevemos normalmente e dás que nós, aprendices de triatleta, así como

outros deportistas, podemos aprender moito. Cales foron os teus comezos no deporte? Empecei como futboleiro e aos 11 anos empecei como nadador ata conseguir un bo nivel. No ano 1998 realicei o meu primeiro tríatlon (un tríatlon olímpico, aínda que agora mesmo está prohibido facer olímpicos ata os 18 anos). Gustoume, dábaseme ben e empecei a adestrar ao tríatlon en serio. Algunha vez pensaches en ser o mellor do mundo? Si, penseino. Faiche ilusión desde neno e sempre soñas con conseguilo, estar aí arriba velo lonxe, pero aos poucos vaste achegando.

23

Como planificas unha competición? Tódolos adestramentos diríxense a esa data para intentar chegar nas mellores condicións posibles. Logo céntrome na competición, no circuíto e nos meus adversarios. Non penso noutra cousa. Como te alimentas antes dunha competición? Levo todo o anos unha dieta sa e variada. Céntrome en non cambiar a miña alimentación, que eses cambios son os que si poden afectar. As comidas que

realizo antes de competir dependen moito da que hora do día sexa a competición. Cal é a parte que máis che gusta do tríatlon? E da natación? Do tríatlon, o ambiente que se produce nunha competición importante. E sobre todo a xente que che apoia. Da natación, cando nado ben e rápido mellorando as miñas marca. Cando eras pequeno como facías para compaxinar o deporte e os estudos? Con moito esforzo e sacrificio. Dobraba natación ás 6 da mañá, logo ía a clase todo o día ata as 8, ía adestrar de novo ata as 10... Organizándome dábame tempo a todo. Cales pensas que son as partes fundamentais do adestramento? O máis fundamental para

min é o sacrificio, a capacidade de sufrimento, as ganas e sobre todo que che guste, que goces co que fas. Cal é a túa próxima meta? Pois está claro que a miña próxima meta é a Olimpíada, os xogos olímpicos son o soño de todo deportista, aínda que tampouco me como o coco. Cal é ou teu adestramento diario de natación? No inverno non nado máis de 4.000 metros ao día, pero quento e pronto me paso a nadar duro, a realizar as miñas series. A maior parte é adestramento de calidade. Que tanto por cento lle dás a cada deporte no tríatlon? Doulle un 30% á natación porque a natación non che vai a facer gañar pero si pode facerte perder. Un 20 % á bicicleta, aínda que tamén depende do circuíto, e para rematar un 50% á carreira

FOTOGRAFÍA: Javier de Sáa

Cal é o deporte que menos che gusta e que máis che custa adestrar? E ou que máis che gusta? A natación sempre é un pouco máis aburrida, xa que non é de aire libre , levo nadando toda a vida e abúrreme un pouco. O deporte que máis me gusta é a carreira a pé, cando corro rápido e a bo nivel.

24

a pé porque é onde se decide todo. Como distribúes en porcentaxe de adestramento cada deporte en cada época do ano? No inverno, ata febreiro, céntrome na natación un 30%, outro 30% á carreira a pé e 10% de ciclismo. No verán, coas competicións, un 20 á natación, o 40% en carreira a pé e outro 40% en ciclismo.

Como neutralizas os nervios antes dunha competición? Nas competicións importantes os nervios non me afectan, máis ben motívanme. Como consegues manter a concentración adestrando só nun traballo duro? Xa estou afeito. Antes custábame máis. Aínda que non sempre adestro só, sobre todo en bicicleta e carreira a pé normalmente saio con máis xente.

Acabamos a entrevista con moi bo sabor de boca, sabendo que o noso mellor triatleta, aparte de excelente deportista é mellor persoa pola súa humildade e sinxeleza. Está facendo crecer o noso deporte e dándoo a coñecer en toda España, deixándonos o camiño aberto para seguir facendo o que máis nos gusta: o tríatlon. Por todo iso e por facernos gozar tanto na Copa de Europa celebrada en Pontevedra. Desexámoslle que nestas Olimpíadas cumpra o seu soño subindo ao podium, pero sobre todo, que goce desa experiencia por todos nós. Sorte e grazas.

25

26

27

Adestramento da forza en categorías inferiores con material alternativo. Exemplo práctico en natación e waterpolo

Isaac Rodríguez Ignacio* e Javier de Sáa Iglesias**. Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Universidade de Vigo. Adestradores Superiores de Natación. * Adestrador do grupo infantil de natación do Club Natación Pontevedra tempada 06/07. ** Director Técnico de Waterpolo do Club Natación Pontevedra.

As dificultades económicas que gran parte dos clubes deportivos "modestos" de España ou Galicia presentan debido á dificultade de conseguir ingresos por falta de patrocinadores ou polas poucas subvencións que reciben de entidades públicas impide que poidan desenvolve-la práctica deportiva en boas condicións. Esta falta de cartos conleva que en ocasións non se dispoña do material preciso para o adestramento non específico, como poden se-las máquinas de musculación ou os pesos libres. Para solucionar dalgunha maneira esta falta de material, xa sexa de forma permanente ou

temporal, presentamos unhas ideas para poder adestra-la forza en categorías inferiores con material que non supoña ningún gasto económico e de fácil adquisición. Mostramos un exemplo práctico de como no Club Natación Pontevedra atopamos unha solución para poder adestra-la forza xeral con deportistas de base de waterpolo e natación. Non pretendemos inventar nada novo, pero si que os novos técnicos que empezan a adestrar en clubes de base teñan unha ferramenta máis de traballo ó seu alcance.

1.- FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA Actualmente xa case ninguén dúbida dos beneficios que un programa de mellora da forza pode aportar ó rendemento final do deportista en practicamente tódalas disciplinas deportivas. Tamén existe unha práctica unanimidade no aspecto de comezar este adestramento (ou máis ben esta iniciación ó adestramento) con deportistas de categorías inferiores mediante xogos e actividades auto-cargadas para ir progresando conforme o seu avance biolóxico cara a un programa máis sistematizado e complexo para incrementar esta cualidade básica.

28

Neste apartado centrarémonos, en primeiro lugar, en realizar un revisión sobre as definicións de forza e tipos da mesma que nos amosan diferentes autores parar ir pouco a pouco concretando hacia o traballo en categorías inferiores. 1.1.- DEFINICIÓN DE FORZA E MANIFESTACIÓNS DA MESMA Poderiamos defini-la forza como a capacidade de producir tensión que ten un músculo ou grupo de músculos ó contraerse ou activarse, grazas á formación de pontes de actina e miosina. Se o vemos dende o punto de vista da física definimos a forza como a capacidade do músculo para producir un cambio nun corpo (acelerándoo ou freándoo) ou mantelo inmóbil. Agora ben, o que interesa no deporte é manifesta-la forza nun tempo dado, normalmente moi curto. Así poderiamos definila forza como "a máxima tensión manifestada polo músculo nun tempo dado" (Badillo e Gorostiaga, 1995).

Navarro (2003) define a forza como "a cantidade de tensión producida por un músculo nun momento dado". Tamén mostra diferentes factores que interactúan entre si para controlala durante a contracción, así temos: -As adaptacións neuronais. -As influencias hormonais. -O fluxo bioquímico. -E a forma de recrutamento das fibras musculares. Como vimos, estes dous autores coinciden en que a forza é a tensión producida polo músculo. Nós ampliámola un pouco máis; a forza é a tensión producida polo músculo en resposta a una descarga eléctrica motivada polo intento de vencer unha resistencia exterior. Como resultado desta tensión o músculo pode alongarse, acurtarse ou permanecer coa mesma lonxitude. En función disto terémo-las diferentes accións musculares que expoñeremos no seguinte parágrafo. 1.2.- ADESTRAMENTO DA FORZA EN CATEGORÍAS

INFERIORES Nos últimos anos o tema do adestramento da forza en nenos foi gañando máis adeptos entre o corpo dos adestradores das diferentes disciplinas deportivas, parece ser que unha boa idade para o coñecemento deste tipo de preparación situaríase a partir dos 8-10 anos. Ata os 12 anos os nenos deben facer exercicios variados e pouco específicos (Ramírez e Forteza, 2005). Según I. Román (citado por Ramírez e Forteza, 2005), para o traballo da forza con nenos recomendase o seguinte: -Débese atende-la musculatura extensora da columna. -Empregar exercicios globais. -Dirixi-los exercicios ó desenvolvemento da forzavelocidade e a forza-resistencia. -Empregar exercicios que conleven grandes grupos musculares, responsables das posturas e dos membros inferiores. -Non empregar exercicios onde haxa que empregar unha forza excesiva ou máxima.

29

García Manso e cols. (1996) dannos unha serie de obxectivos a perseguir mediante o traballo de forza en nenos e mozos: -Lograr un desenvolvemento muscular harmónico. -Conseguir unha boa postura corporal. -Consegui-la adecuada adaptación muscular que nos permita eliminar riscos de lesións. -Crea-las bases que permitan no futuro acceder ó alto rendemento deportivo. 2.- MATERIAL E MÉTODO No noso caso, o material que empregamos para o traballo da forza de base en categorías inferiores no Club Natación Pontevedra, con nenos e nenas de natación e waterpolo

(categorías alevín ata xuvenil) poderiamos denominalo "material de fabricación propia ou materiais e recursos alternativos de uso cotián" seguindo a clasificación de López (1999); "materiais non convencionais" seguindo a Bernal e Bernal (2002); ou "material de usos varios alleos ó ámbito das actividades físico-deportivas", da clasificación de Jardi e Rius (1990). O material empregado no noso traballo (foto 1) é o seguinte: - Garrafa de plástico de 5 litros (foto 2): no noso caso empregaremos garrafas de auga mineral cun volume de 5 litros. -Botella de plástico (foto 3): empregamos botellas de plástico de auga mineral, de diferentes volumes: 0,5 litros, 1 litro, 1,5 litros e 2 litros.

-Cubos de plástico, denominado tamén balde ou barreño (foto 4), cheo de auga. -Tuberías de PVC (policloruro de vinilo) (foto 5): enchémolas de area e tapámo-los seus extremos con tapóns e cinta adhesiva, obtendo os pesos que queiramos en función da cantidade de area e a súa lonxitude. -Corda e mangueira (foto 2): empregamos unha corda recuberta por un anaco de mangueira como asas para algunhas garrafas. O seu obxectivo é facilita-lo agarre. - Auga da piscina: tendo en conta que o noso traballo desenvólvese na "praia" da piscina, temos facilidade para enche-las botellas, garrafas ou cubos sen ter que desprazarnos e sen ningún gasto. A auga será

Tabla 1. Material empregado no adestramento da fuerza en categorías inferiores.

Foto 1

Foto 2

Foto 3

Foto 4

Foto 5

30

o elemento empregado para cargar de peso o noso material. Hai que ter en conta que 1 litro de auga equivale a 1 kilogramo. 3.- RESULTADOS A continuación exporemos unha serie de exercicios que serven como exemplo do traballo de forza con botellas ou garrafas de plástico, cunha explicación dos músculos principais que interveñen en cada un (ver tabla 2). 4.- CONCLUSIÓNS Cos datos obtidos da revisión de catálogos de material deportivo, puidemos concluír os seguintes resultado -Un par de pesas de vinilo (ou mancuernas) de 1,5 Kg. poden custar como mínimo 8,45 € (7,29 € + IVE), mentres que dúas botellas de auga de 1,5 litros custan unha media de 0,50 €. -Un balón medicinal de 5 Kg. custa como mínimo 26,13 € (22,53 €+ IVE), mentres que unha garrafa de auga de 5 litros custa unha media de 0,45 €.

-Unha barra lastrada de 2 Kg. custa como mínimo 14,78 € (12,74 € + IVE), mentras que unha tubería de PVC custa 1 €/metro, e a area coa que se enche non custa nada. Se queremos conseguir un equipo de material para poder traballar en circuíto cos nosos deportistas, calculamos o seguinte material (ademais de tapices e algún balón medicinal): -10 garrafas de 5 litros -14 botellas de auga (de diferentes volumes) -2 barras lastradas (tubos de PVC) de 1 Kg. cada unha. Este material ten un prezo total de 13,5 €. Se en lugar do material alternativo tivésemos que facer unha compra de

material convencional por catálogo, necesitariamos 10 balóns medicinais de 5 Kg. (261,3 €) e 7 pares de mancuernas ou pesas de vinilo de 1,5 Kg. (59,15 €), ademais de 2 barras lastradas de 2 Kg. (29,56 €), o que suporía un custo total de 350,01 €.

31

Unha vez feito o estudo comparativo entre un material e outro, podemos clasifica-las seguintes vantaxes e desvantaxes á hora de emprega-lo material alternativo que propoñemos 4.1.- VANTAXES Económico: as dificultades económicas que teñen os clubes deportivos modestos, como é o noso caso, impiden que non se poida acceder a calquera material necesario para a práctica do deporte. O material empregado no noso traballo (botellas e garrafas de auga) practicamente non nos custa nada, xa que é material que os propios deportistas traen das súas casas, e que non o compran expresamente. A auga que empregamos para cargalas de peso tampouco nos custa cartos nin se desperdicia, pois é auga collida directamente da piscina e ó rematar devolvese, polo que tamén se recicla. Outro material, como as cordas, barras lastradas ou cubos custan pouco diñeiro. Conséguese en pouco tempo: un inconveniente da compra do material por catálogo é que entre que decides que material precisas ata que o consegues pode pasar un largo período de tempo (incluso meses), xa que hai que solicitalo á xunta directiva, eles estudan o orzamento, buscan prezos para consegui-lo máis económico, fan o pedido á empresa elixida, esta tarda en face-lo envío e despois dun longo tempo chega ó lugar da práctica deportiva (no noso caso, a piscina). Fácil de repoñer: en caso de que unha botella de plástico se rompa, axiña se pode conseguir outra para repoñela. Gran variedade: entre o

material que empregamos podemos atopar botellas de plástico de 0,5 l., 1 l., 1,5 l. y 2 l., garrafas de plástico de 5 l. (5 Kg.), barras lastradas de 1 Kg. 4.2.- DESVANTAXES O obxectivo do noso traballo non é tratar de repoñelo material deportivo como as mancuernas, balóns medicinais ou barras lastradas polo material alternativo, senón que buscamos unha alternativa á falta de recursos materiais. Por suposto, o material convencional (Bernal e Bernal, 2002) ou de adquisición (López, 1999) é o máis adecuado para o traballo da forza porque está ergonómicamente deseñado para iso, como por exemplo os agarres das mancuernas, ó contrario das botellas, que se deben seleccionar segundo a súa forma, xa que se teñen un diámetro moi ancho poden ser difíciles de agarrar; ou os balóns medicinais, que poden ser empregados para lanzamentos, mentres que as garrafas non se poden lanzar, xa se romperían e non rebotan, ou os cubos de plástico, que en exercicios nos que haxa movementos moi rápidos p o d e n perde-lo seu contido.

5.- BIBLIOGRAFÍA

- Bernal, J. A. e Bernal, M. A. (2002). Juegos y deportes con material alternativo. Sevilla: Wanceulen Editorial Deportiva. - Delavier, F. (1998). Guía de los movimientos de musculación. Descripción anatómica. Barcelona: Paidotribo. - García Manso J.M., Navarro Valdivielso M. e Ruiz Caballero J.A. (1996). Bases teóricas del entrenamiento deportivo. Principios y aplicaciones. Madrid: Gymnos Editorial. - González Badillo J.J. e Gorostiaga Ayestarán E. (1995). Fundamentos del entrenamiento de fuerza. Aplicación al alto rendimiento deportivo. Barcelona: INDE Publicaciones. - Jardi, C. e Rius, J. (1990). 1000 ejercicios y juegos con material alternativo. Barcelona: Paidotribo. - Kraemer W. e Häkkinen K. (2006). Entrenamiento de la fuerza. Barcelona: Hispano Europea. - López, M (1999). Material alternativo en educación física. 20 sesiones de juegos con material de uso cotidiano. Barcelona: Editorial Praxis. - Navarro Valdivielso F., Oca Gaia A. e Castañón Castañón F.J. (2003). El entrenamiento del nadador juvenil. Madrid: Gymnos Editorial. - Ramírez Farto E. e Forteza de la Rosa A. (2005). Teoría, metodología y planificación del entrenamiento deportivo. De lo ortodoxo a lo contemporáneo. Sevilla: Wanceulen Editorial Deportiva.

32

33

34

IV Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra O luns 1 de setembro de 2008 dará comezo o IV Campus de Actividades Acuáticas Cidade de Pontevedra, que por cuarto ano consecutivo será organizado polo Club Natación Pontevedra .

Sergio Bethencourt na parte de natación e Javier de Sáa na de waterpolo. Ademais contará coa axuda dos adestradores do corpo técnico do club: Pablo Expósito, Alejandro Brea Lopez e Tote Barroso.

O Campus terá lugar na piscina Municipal de Campolongo durante todo o mes de setembro (do 1 ao 30), de luns a venres, en horario de 16:30 a 18:00 h.. Este Campus estará coordinado por

Os nenos e nenas participantes tamén se verán acompañados dalgúns xogadores de waterpolo e de nadadores do Club, cos que compartirán experiencias.

Esperamos que a inscrición sexa un éxito, como en anos anteriores. A última edición chegou a cerca do centenar de nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 e 14 anos. O Campus estruturarase en 3 grupos: Un grupo de iniciación, que engloba aos máis pequenos (entre 4 e 8 anos), á súa vez dividido nun grupo para os que non saben nadar, co obxectivo

35

de familiarizar aos pequenos co medio acuático e ensinarlles a desprazarse pola auga sen axuda. Un segundo grupo para os pequenos que xa sabían nadar, pero que aínda non están en idade de competir. A estes ensinaránselles os principios básicos da natación. O terceiro grupo será o de perfeccionamento, para os nenos e nenas de entre 7 e 14 anos que xa dominan o medio acuático, cuxo obxectivo é ensinarlles a nadar os diferentes estilos de natación, así como as nocións básicas do waterpolo e o salvamento acuático. Ademais das sesións de piscina, o grupo de perfeccionamento contará con

sesións de teoría de forma amena, mediante vídeos e presentacións de computador, filmacións para corrixir erros e traballo de prevención de lesións fose da auga.

Celebrarase o final do Campus cun festival na Piscina Municipal de Campolongo con todos os nenos e nenas que participen durante todo o mes de setembro.

36

Ata o vindeiro número... No que seguiremos con novos artigos, fotos, marcas obtidas e historias do mundo da natación pontevedresa e do noso Club. Calquera suxestión ou achega que queirades facer será benvida. Verémonos na nova tempada. O Campus de Iniciación e Perfeccionamento vén tras o

verán e marcará como sempre o inicio da actividade do Club... Esperamos que empecen nel novas promesas para o futuro da natación pontevedresa. Imos demostrar que chegamos á División de Honra da natación galega coa intención de quedarnos, intentaremos conseguir máis éxitos en tódalas

categorías de waterpolo pero, sobre todo, gozaremos da experiencia do deporte. Como sempre, a volta suporá empezar de novo con máis adestramentos nas piscinas de Campolongo e o C.G.T.D. e ir ás competicións por toda Galicia e España. ¡Animo! Alí estaremos nós e alí vos esperamos.. Agradecementos: A todos os deportistas, nadadores e waterpolistas que son a razón da existencia do Club; aos técnicos e directivos que fan que o Club funcione e siga adiante e aos pais que coa súa confianza e apoio nutren todo o proxecto deportivo que hai detrás do noso Club. Grazas aos patrocinadores e o seu apoio económico e aos que achegaron as súas ideas e o seu traballo facendo posible editar a nosa revista.

Turismo de Pontevedra

Related Documents

Revista Ndsbr N2
October 2019 12
N2
June 2020 47
N2
December 2019 59
N2
June 2020 41