Relatorios Da Ii Asemblea Nacional De Adiante

  • Uploaded by: ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Relatorios Da Ii Asemblea Nacional De Adiante as PDF for free.

More details

  • Words: 11,368
  • Pages: 40
2

II Asemblea Nacional ADIANTE

II Asemblea Nacional ADIANTE

5 0

no ano do XXXIII aniversario da caída en combate de Xosé Ramón Reboiras

II ASEMBLEA NACIONAL ADIANTE www.adiantegz.org

20 de decembro de 2008 Cangas do Morrazo GALIZA

3

4

II Asemblea Nacional ADIANTE

1

REGULAMENTO I. Do calendario 1. Os Relatorios Marco serán entregados o 30 de novembro e a Dirección Nacional encargarase de llos distribuír ás zonas nun prazo de 2 días. Os Relatorios Marco que sexan entregados fóra de prazo só poderán ser presentados como emendas dentro do punto 2.

2. A data límite de entrega das emendas aos Relatorios Marco é o 13 de decembro. As emendas que sexan entregadas fóra de prazo só poderán ser presentadas como emendas in voce na popia 2ª AN según o establecido no artigo 15.

3. A Dirección Nacional encargarase de distribuilas ás zonas nun prazo máximo de unha semana.

II. D@s asistentes 4. Poderán asistir á 2ª AN con voz e voto tod@s @s militantes de ADIANTE que teñan no momento da 2ª AN as cuotas ao día.

III. Da Mesa Presidencial 5. A Dirección Nacional fará ao plenario da 2ª AN, ao inicio desta, unha proposta de Mesa Presidencial (MP), de tres persoas: un/ha Presidente/a Moderador/a, un/ha Secretari@ e un/ha vogal. O plenario ratificará ou desbotará a proposta por maioría simple. En caso de desbotarse o plenario realizará unha nova proposta que deberá ratificar por maioría simple.

6. Ao se escoller unha MP, a Dirección Nacional dimitirá e a MP será quen dirixa e modere a 2ª AN, así como será a encargada de interpretar o presente Regulamento.

II Asemblea Nacional ADIANTE

7. Unha vez constituida a MP, esta proporá ao plenario da 2ª AN a aprobación do presente Regulamento, seguindo o estabelecido no artigo 17.

8. Do mesmo xeito, unha vez aprobado o Regulamento da 2ª AN, a MP proporá ao plenario a aprobación dunha Orde do Día (que lle será entregada pola Dirección Nacional saínte) da 2ª AN.

IV. Relatorios Marco 9. Os Relatorios Marco serán elaborados pol@s militantes encargad@s ao efecto.

10. @ propri@ relator/a será @ defensor/a do seu Relatorio. No caso dun Relatorio for feito por máis dun/ha militante, será un/ha delas/s @ encargad@ de presentalo e defendelo no plenario da 2ª AN.

V. Emendas 11. Calquera militante de ADIANTE que se axuste ao dito no artigo 4 poderá facer emendas a calquera dos Relatorios Marco.

12. A entrega das emendas axustarase ao calendario estabelecido no apartado I.

13. @ asinante dunha emenda será @ responsábel de defendela. Se @ asinante non asistir á 2ª AN, e se ningún/ha d@s militantes presentes asume a defensa da emenda, esta enténdese como decaída.

14. As emendas poderán ser á totalidade dos Relatorios Marco, parciais, in voce e transacionais.

15. As emendas in voce non excederán de 15 palabras e non poderán alterar o espírito do Relatorio. @ emendante terá que entregarlla por escrito á MP. En calquera caso, estas emendas só serán tratadas se a MP considera pertinente o seu debate e votación.

5

6

II Asemblea Nacional ADIANTE

16. No caso de existiren varias emendas a unha mesma parte do texto a súa aprobación farase por eliminación, é dicir, irase eliminando a proposta menos votada até quedar unha. Ante a proposta última aplicarase o sistema de votacións definido no artigo 17.

VI. Das votacións 17. Todos os acordos da 2ª AN tomaranse por maioría absoluta (a metade máis un), en último caso, en segunda volta, por maioría simple (máis a favor que en contra).

VII. Da elección da Dirección Nacional 18. Poderanse presentar candidaturas para a Dirección Nacional entrante até media hora antes da elección desta. A elección farase ao finalizar a aprobación de todos os relatorios e axustarase ao establecido polos novos estatutos emanados da 2ª AN.

19. As candidaturas serán abertas e votaranse segundo o establecido no punto 17.

VIII. D@s convidad@s 20. Poderán asistir aquelas persoas a título individual, sen voz nin voto, que sexan aprobadas pola Comisión Organizativa, tras proposta das asembleas de zona. Excepcionalmente a MP poderá conceder palabras ás/os convidad@s.

II Asemblea Nacional ADIANTE

2

RELATORIO IDEOLÓXICO ADIANTE somos unha organización de mozas e mozos que, pola nosa composición social, polas nosas problemáticas concretas e polos nosos intereses de clase, nos definimos como comunistas e independentistas. Sumamos á nosa teoría ideolóxica fudamental (o marxismo-leninismo) os últimos avances das loitas antagónicas contra o imperialismo e a explotación ao longo do mundo sen perder de vista a nosa singularidade nacional.

Galiza é unha nación cunha lingua, cunha cultura, cunha historia

somos unha organización de

e cun territorio propios, e como tal aspira e ten dereito á súa

mozas e mozos que, pola nosa

completa Autodeterminación. Loitamos por gobernarmos nós a

composición social, polas

nosa Terra no marco dunha República Galega independente,

nosas problemáticas concretas

soberana, igualitaria, democrática e popular, na que o poder

e polos nosos intereses de

estea ostentado pola clase traballadora. Conscientes de que a

clase, nos definimos como

loita de liberación nacional é a forma que adopta a loita de clases

comunistas e independentistas

nunha nación sen soberanía, a orientación estratéxica de ADIANTE vai cara a subversión da mocidade traballadora no camiño da independencia nacional.

Fronte aos que nos queren impor a idea falsaria da fin da historia, ADIANTE reivindica a plena vixencia dos ideais da esquerda real. Afirmamos que estas ideas que defenderon e desenvolveron Marx, Lenin, Kollontai, Che Guevara, Clara Zetkin, Reboiras etc… seguen a ser válidas e máis necesarias ca nunca. Son unha ferramenta imprescindíbel para comprendermos a nosa realidade e, o que é máis importante, indícannos como transformala.

Temos o convencemento de que esta ferramenta antagonista que estamos a erguer se ten que sustentar en toda a experiencia, análise e historia acumulada de séculos de loita popular, antiimperialista e insubmisa en Galiza e no mundo. Recollemos, xa que logo, a semente xa histórica do nacionalismo de esquerdas e do independentismo galego de clase –de raigame republicana, laica, comunista– comprometido cun cambio de carácter revolucionario para Galiza.

7

8

II Asemblea Nacional ADIANTE

Avogamos pola redistribución e reapropiación do salario e non polo traballo no contexto da precariedade. Avogamos tamén pola apropiación directa da vivenda por parte da mocidade perante a especulación do terreo e dos cuartos baleiros. A precariedade, o paro e a emigración non poden ser as alternativas para a nosa xeración e para as xeracións futuras.

ADIANTE, como xerme da futura Unión de Mocidades Comunistas da República Galega, asume como obxectivo estratéxico a construción dun estado socialista como primeiro paso cara a unha sociedade xusta e solidaria, sen explotad@s nin explotadores, sen oprimid@s nin opresores, é dicir, unha sociedade comunista, igualitaria e sen clases.

ADIANTE fai súa a causa revolucionaria da loita de liberación das mulleres. Non podemos permitir que os corpos e as mentes da metade da poboación sexan outro ben de explotación e mercadeo capitalista. Loitamos contra o modelo patriarcal de sociedade que perpetúa a opresión sobre as mulleres; contra o sexismo e a discriminación en todos os ámbitos da vida: no laboral, no persoal, no sexual etc. Pola igualdade absoluta e real entre homes e mulleres. É a obriga de todos os mozos e mozas defender posicións feministas baseadas en análises socialistas da nosa realidade.

Consideramos fundamental o respecto e a defensa das diversas orientacións sexuais dos individuos. Apoiamos as intervencións nas loitas dos colectivos de gais, transexuais, lesbianas, bisexuais e queer.

ADIANTE considérase parte da loita mundial antiimperialista e anticapitalista e como tal opómonos ao reparto e saqueo económico do mundo por parte das potencias imperialistas e dos seus monopolios financeiros.

Mostrámonos en contra dos organismos que sirven para manter a dominación imperial-capitalista, como son hoxe en día o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, o Banco Mundial, a Unión Europea e a multinacional do terror OTAN. Loitamos activamente contra as agresións de todo tipo desencadeadas polo imperialismo internacional, xa foren baixo a excusa humanitaria ou baixo a bandeira da dexenerada e antidemocrática ONU. Denunciamos tamén o papel que xogan os exércitos imperialistas e os corpos policiais ou para-policiais, instrumentos todos eles da oligarquía capitalista para a defensa dos seus intereses dentro e fóra dos estados.

II Asemblea Nacional ADIANTE

Loitamos, de xeito prioritario, contra a represión e as represalias político-xuduciais e policiais do EIE contra as entidades populares. Reivindicamos a amnistía total para tod@s @s pres@s polític@s galeg@s sen @s diferenciar, como fixo sempre o independentismo galego de clase. Marcamos como obxectivo primario a denuncia da dispersión –ilegal segundo as propias leis do EIE– d@s prisioneir@s polític@s e o seu recoñecemento como tal.

Loitamos tamén contra o Sistema Penitenciario Español e todos os Centros que se expanden polo País, incluíndo os Centros de Menores ou Prisións de Menores, paraugas baixo o que o EIE se permite todo o tipo de vulneración da súa propia legalidade e do dereito internacional: torturas físicas e psicolóxicas sistemáticas, reximes inhumanos de incomunicación, castigos corporais, provocacións á violencia, desasistencia médica e psicolóxica, cadea perpetua encuberta (condenas de longa duración), etc. Entendemos que este Sistema Penitenciario devora e engole única, exclusiva e insistentemente ás clases populares. Tentando desaparecer do escenario social a máis mínima amosega ou proba de conflictividade.

Loitamos na contra da lexislación penal, civil, administrativa, do EIE, que blinda a propiedade privada como valor superior á propia vida das persoas, e que lexitima a neutralización por parte das forzas represivas de todo movemento popular que se opón ao dominio da oligarquía, que propón modelos de propiedade comunal (caso da ocupación), e que perfora a base das clases populares utilizando como métodos as sancións económicas e a privación de liberdade e reclusión.

ADIANTE é unha organización internacionalista. Proclama a súa solidariedade con todos eses homes e mulleres que no mundo loitan polo socialismo e por liberar as súas nacións das mans da opresión e do colonialismo. Erguemos novamente o espírito da fraternidade brigadista que de sempre fixo parte do máis fundamental das organizacións do movemento operario mundial.

Tampouco se nos poden esquecer as forzas que contrarrestan o imperialismo en xeral. Por iso amosamos a nosa especial solidariedade cos pobos de Iraq, Palestina e con todos os países revolucionarios de América Latina, rexión que está a cumprir un grande papel de orixinalidade e de vangarda na loita por rematar coa besta imperialista ianqui, así como con todas as nacións sen estado do mundo. Cómpre tendermos relacións prioritarias coas organizacións da mocidade revolucionaria dos países galegófonos (Portugal, Brasil, Mozambique, Timor Leste…). Tendemos a manter tamén especiais relacións de fraternidade e solidariedade con outros movementos da mocidade que como o noso manteñan unha loita contra o Estado Imperialista Español (EIE) e en prol do socialismo.

9

10

II Asemblea Nacional ADIANTE

ADIANTE é tamén unha organización anti-racista. Debemos poñer freo a todo xesto ou brote de racismo ou xenofobia que detectemos ao noso redor, especialmente entre a mocidade traballadora, continuamente enganada e desinformada perante os fenómenos migratorios e as súas causas. Debemos incorporar a mocidade inmigrante á nosa loita pola liberación da clase traballadora e dos pobos do mundo e facernos eco da súa problemática concreta.

Galiza segue a estar sometida a un expolio e a unha dependencia económica por parte do Estado Imperialista Español (EIE), o cal exerce unha opresión política e cultural sobre o pobo galego. Toda a nosa loita está enfocada a rachar con este sometemento co fin de acadar a nosa soberanía nacional e así xestionar racionalmente os nosos recursos económicos e naturais, así como exercer unha defensa efectiva da nosa cultura e lingua nacionais hoxe en retroceso debido ás políticas da Xunta. Exercemos unha denuncia constante das estruturas políticas impostas polo colonialismo (monarquía, igrexa, constitución, estatuto, etc...).

Rexeitamos a destrución e a explotación dos recursos naturais resultantes do sistema capitalista que busca o lucro. Porque estamos fart@s de ser unha colonia onde se espolian as nosas riquezas e se destrúen os nosos montes, ríos e mares. Porque estamos fart@s de ver como no mundo o poder neoliberal espolia os recursos dos pobos. A defensa da terra e dos nosos bens ecolóxicos debe ser un eixo fundamental da nosa loita.

Defendemos a nosa Lingua e a nosa Cultura, hoxe en retroceso debido ás políticas de “bilingüismo harmónico” e o nulo interese en políticas de investigación, defensa e espallamento do noso patrimonio cultural e lingüístico por parte da anterior Xunta do Pp e tamén da actual do PsoE-BnG.

Loitamos polo que nos é propio e apoiamos a todos aqueles pobos que ven como o que lles é propio desaparece.

3

II Asemblea Nacional ADIANTE

RELATORIO POLÍTICO 3.1 ANÁLISE INTERNACIONAL Nos últimos tempos ten mudado substancialmente a situación internacional, posto que a xa coñecida como “crise do capitalismo” está a pór en xaque o modelo económico das denominadas potencias mundiais.

Non tería sentido facer unha análise da situación internacional sen ter en conta a crise actual posto que esta estaría sesgada e non poderíamos ter una visión real de cal é o taboeiro no que unha organización como a nosa debe xogar.

Esta análise dividirase en tres partes na que en primeiro lugar farase unha pequena contextualización da situación económica internacional na que nos atopamos, na segunda parte expoñerase a situación política a que nos enfrontamos e por último as alianzas estratéxicas que unha organización como ADIANTE, debe ter nun panorama internacional tan convulso e complicado para unha organización xuvenil independentista e de clase.

3.1.1. Situación económica internacional Como xa é sabido por todas e todos, estamos a vivir unha das peores crises económicas do capitalismo. Pero esta crise débese analizar un pouco máis polo miúdo para saber realmente a que nos enfrontamos.

Realmente non é unha crise se non que podemos falar de tres crises que pouco teñen que ver unha con outra máis alá de seren froito dun mesmo sistema que está a devastar o mundo:

a. Crise alimentaria:

11

12

II Asemblea Nacional ADIANTE

Durante os anos 2007 e 2008 produciuse unha suba dos prezos dos alimentos a nivel mundial provocando unha crise alimentaria nas rexións máis empobrecidas do mundo, ademais de inestabilidade política e revoltas populares en varios países.

Nos países desenvolvidos supuxo un incremento das taxas de endebedamento xunto cun aumento das familias en situación de pobreza.

Entre os motivos que se barallan para esta situación son as precarias colleitas en varias partes do mundo, aumento da demanda, a nivel mundial, dos biocombustíbeis en países desenvolvidos e a crecente demanda pola mal chamada “clase media” nos países emerxentes do continente asiático.

O aumento do prezo do petróleo supuxo un aumento dos fertilizantes e o custo do transporte dos produtos. Aínda que na actualidade cun prezo moito máis baixo o prezo dos alimentos non sufriu un descenso equiparábel.

Esta situación non é senón culpa dun sistema no que nunha parte do mundo se tira a comida e noutra non hai para comer. As zonas máis afectadas por esta situación non son outras que os países subdesenvolvidos, especialmente africanos, e as xentes pertencentes ás clases populares que residen no resto do mundo. b. Crise enerxética:

No sistema capitalista até os produtos enerxéticos se enfrontan ao mercado, é dicir, aplícaselle a lei da oferta e demanda. Dende o comezo da guerra imperialista que EEUU está a levar a cabo en Afganistán e Iraq o prezo do petróleo non parou de subir posto que a inestabilidade no mercado fai que se especule con el.

O aumento de consumo dos países emerxentes asiáticos, froito dunha imitación do consumo de EEUU e Europa, fai que esta situación se agravase e a inestabilidade e consecuentemente a especulación fose maior.

c. Crise do capital financeiro:

Por último, atopámonos co “rebentón” da burbulla inmobiliaria, que no canto de afectar só ao sector como todos anunciaban, afectou á totalidade da sociedade, xa que esta precipitouse coas

II Asemblea Nacional ADIANTE

chamadas hipotecas lixo, que non estaban baseadas noutra cousa que na especulación do sector inmobiliario. Cando o prezo da vivenda cae os bancos non poden recuperar o valor do préstamo e á súa vez aquelas organizacións que invertiran nestas entidades financeiras vense afectadas como unha pandemia que o contaxia todo.

Esta crise vese incrementada polo sustento das economías na espiral do consumo, consúmese se se produce (traballa) e prodúcese se hai consumo.

Esta crise é máis activa nos países membros dos circuítos capitalistas pero non é allea a ninguén, xa que cando hai unha enfermidade ou se pon en corentena ao enfermo ou todos nos contaxiamos.

Chama a atención que diante deste panorama se siga intentando “reinventar” algo que a vista de calquera analista externo está fracasado.

3.1.2. Situación política internacional Xunto con esta situación económica debemos analizar a situación política, da que podemos dicir que se pode clasificar en tres grandes grupos de Estados: os do centro capitalista, os da súa periferia e aqueles con nula ou escasa introdución no circuito internacional do grande capital. Como toda clasificación arriscámonos a caer na simplificación e neste caso non se nos debe escapar que no seo de cada un destes grupos podan convivir modelos ás veces mesmo diverxentes se ben é certo que no principal comparten moitos trazos comúns. Porén, seméllanos a fórmula máis acaida e operativa para analizar a situación política internacional.

Nos países do centro capitalista, e salvo contadas e honrosas excepcións, a esquerda real está desaparecida do panorama institucional. A falta de iniciativa ou impotencia ante un sistema apodrecido fixo agromar no campo anticapitalista certas respostas tanto no plano teórico como no práctico baseadas no espontaneismo das “novas multitudes” chamadas a romper a orde mundial. Hoxe, e pese á espectacularidade de moitas das súas accións e de certo eco mediático, este(s) movemento(s) está(n) condeado(s) ao fracaso diluíndose coma un azucariño nun vaso de auga. Se non hai organización non existe movemento real. A toma do poder segue sendo unha esixencia para a destrución da opresión e da explotación.

En Europa occidental estamos a sufrir unha criminalización sen precedentes da esquerda real encabezada polo Estado español ilegalizando, para tentar que desaparezan, aqueles movementos

13

14

II Asemblea Nacional ADIANTE

non domesticados e con fondas raíces populares, como no caso da esquerda abertzale. De igual xeito en Chequia vense de ilegalizar as xuventudes comunistas e no veciño Portugal desde o goberno “socialista” estase tentando rematar coa Festa do Avante, o máis grande evento político e cultural comunista de Europa, posto que cada ano máis comunistas acuden, acudimos, á Quinta da Atalaia a celebrar uns días de convivio internacionalista, de ricos debates, formación e información, de festa e alegría para finalmente bailar a carballesa, auténtico himno do Avante e orixinaria a unha e outra banda da raia, que alguén trazou, entre Galiza e o norte de Portugal.

A situación é máis complicada para as organizacións independentistas de esquerdas que buscamos o recoñecemento dun dereito elemental recollido nos tratados internacionais, a autodeterminación, xa que nos vemos sometidas a unha dupla represión. Porén, existen casos curiosos onde dependendo de que nación ou presunta nación se fale este dereito é visto como tal ou non -os exemplos témolos preto, Cosova ou Osetia- segundo conveña ou non aos intereses xeoestratéxicos das potencias imperialistas.

Todo indica, por outra parte, que estamos asistindo ao inicio do declive de EEUU como principal potencia imperialista dende hai décadas. Cunha economía en clara decadencia, coa súa potencia militar empantanada en Iraq e Afganistán e con escasas posibilidades de sair vitoriosos e por outro lado, e tras os dous mandatos de G. W. Bush, cunha perda de credibilidade internacional sen precedentes. Frente a certa progresía inxenua ou declaradamente cínica dende ADIANTE entendemos que non foi casual, pois, a recente elección de Barak Obama como novo presidente de EEUU, nun intento desesperado da oligarquía ianqui por dar unha nova imaxe para preservar os seus vellos privilexios. Porén debemos ser coidadosos e non subestimar a forza da primeira potencia imperialista do planeta pois por unha banda conta con múltiples estados aliados e por outra é difícil que a curto prazo outra potencia poda ocupar o seu lugar.

No grupo dos países da periferia atopamos certa diversidade, dende países con Estado propio a nacións aínda sen Estado, desde países cun enorme potencial demográfico, económico e/ou militar a pequenos países, etc. En calquera caso, aqueles que gozan de independencia nos máis dos casos non pasa dunha soberanía formal, vinculadas como están as súas clases dominantes a intereses estranxeiros reproducindo o esquema de dominación colonialista. Moitos deles están nunha situación cada vez máis agonizante, posto que a crise alimentaria aféctaos directamente. Existe temor, por parte das potencias do centro capitalista a que estes países pasen a ser emerxentes e a sostenibilidade do sistema rache. No capitalismo non podemos ser todos iguais

II Asemblea Nacional ADIANTE

pois o planeta non pode soportar un nivel de consumo mundial igual ao estadounidense ou ao europeo.

Por outro lado o movemento popular en moitos destes países está abrindo un novo ciclo da loita revolucionaria, nalgúns casos mesmo chegando ao poder gobernos nacional-populares de claro contido socializante. O caso paradigmático podería ser a nova Venezuela que tras o triunfo bolivariano está abrindo camiño á etapa socialista na súa revolución.

Aqueles países con nula ou escasa introdución no circuito internacional do grande capital que ficaron tras a caída do muro antifascista de Berlín nunha delicada situación rodeados pola ofensiva imperialista souberon resistir e asisten agora ao novo rexurdir da loita obreira e popular a nivel internacional. O facho que durante anos portou Cuba foi recollido por Venezuela, Bolivia ou Ecuador. Estase enfrontando dun xeito aberto ao sistema capitalista mundial, presentando alternativas como pode ser o ALBA ou unha reunión paralela ao recente cumio de Washington. A reanimación das ferramentas empregadas para manter o capitalismo a raia (cumio dos países non aliñados, Federación Sindical Mundial, Federación Mundial da Xuventude Democrática), axudan a poñer en común distintas experiencias e manifestan de maneira nítida que outro mundo é posíbel.

Por último debemos falar dun caso moi particular polas repercusións que pode traer a medio prazo: a República Popular Chinesa. Todos os analistas pronostican que en poucos anos, de seguir as tendencias actuais, alcanzará a EEUU e posibelmente o superará no terreo económico e militar. Desde a súa instauración o 1 de outubro de 1949 fixo un esforzo enorme en superar o feudalismo e o colonialismo e na construción do socialismo baixo a dirección do Partido Comunista de Mao Zedong. Porén, e como xa demostrou a experiencia da URSS, o socialismo non é irreversíbel. E en China @s comunistas tiveron unha severa derrota tras a morte de Mao en 1976. Desde aquela China foi adoptando progresivamente o camiño do capitalismo. Hoxe en día, China está case plenamente inserida no circuito capitalista. Con todo, a rivalidade inter-imperialista está aberta e a oligarquía ianqui intenta por todos os medios evitar a futura superioridade de China no taboeiro internacional: o exemplo do Tibet é paradigmático de como o imperialismo maniobra pretendendo romper e cercar o gran país asiático.

15

16

II Asemblea Nacional ADIANTE

3.1.3. Alianzas estratéxicas de ADIANTE no panorama internacional

Dentro desta panorámica mundial temos que ter claro que a unión fai a forza, polo que a nosa Organización non pode navegar soa nun mar de incertidumes, debemos tentar traballar unidos para tentar solucionar as problemáticas comúns ás que temos que facer fronte.

ADIANTE, dende o seu nacemento, ven facendo un traballo continuado de solidariedade internacionalista, esta laboura débese de ver complementada co noso ingreso nos ámbitos de participación internacional que nos son naturais. É certo que a esquerda española ten vetado, a nivel internacional, en numerosas ocasións a distintas organizacións pertencentes ás nacións sen Estado da Península, pero este feito non pode dar lugar a resignarnos a non ser visíbeis a nivel internacional.

Do mesmo xeito que se están a xerar iniciativas en todos os ámbitos da loita debemos crealas no eido da mocidade. Exemplos como a Federación de Sindicatos de nacións sen Estado sinalan o camiño e que se non nos valen as ferramentas existentes podemos crealas.

3.2 ANÁLISE NACIONAL As galegas e os galegos temos unhas características nacionais propias que nos fan sentir, a unha parte do noso pobo, pertencentes a unha Nación: Galiza. Unha nación europea sen Estado propio, pero con unha realidade non equiparábel a outras nacións sen Estado da Europa, isto é, a dependencia colonial e a nosa desestruturación nacional; na lingua, na economía, culturalmente, na política, territorialmente, etc.

Pasados máis de 25 anos desde que á Galiza lle fora outorgada o marco autonómico, vemos como os nosos sectores estratéxicos (agro, gandeiría, pesca, recursos naturais e industriais) non só non experimentaron unha mellora senón que están en crise e tocados de morte.

A autonomía ademais de ser un pequeno remedio aos grandes males da nosa nación, sempe estivo xestionada por forzas reaccionarias e españolistas, defensoras de intereses alleos á Galiza e ás suas clases populares.

Atopámonos agora con unha Galiza desestruturada económica, social e culturalmente. Unha Galiza que ano a ano vai perdendo falantes na sua lingua propia, con un rural abandonado e

II Asemblea Nacional ADIANTE

condenado a morte, unha nación cos seus sectores produtivos nunca orientados cara as nosas necesidades e sen planificación algunha, e unha Galiza en crise tamén identitaria e sen aparente relevo xeracional da sabedoría e cultura populares dos nosos avós e avoas.

O 2005, ano “histórico” no que se producíu a fin da era Fraga e a derrota da dereita máis extrema e españolista, e que levaba case que desde 1936 no poder, supuxo ademais a novidade de ser a primeira vez na que o nacionalismo ía formar parte do goberno con 4 consellarías da Xunta (e coa Vicepresidencia).

A avaliación destes case 4 anos de goberno bipartito na Xunta, a pesar de darse algún acerto, non pode ser moi optimista.

Precisamente as consellarías en mans nacionalistas tocaban competencias básicas que permitían comezar a reorientar unha nova política autonómica destinada a paliar dita desestruturación na industria, no campo cultural, en medio rural ou en política social.

Mais séguese nas mesmas. Nunca se albiscou a posibilidade de facer políticas públicas destinadas á creación e distribución da riqueza nacional, nunca se plantexou unha planificación de políticas valente, de choque contra a crise nacional (estrutural) que levamos anos padecendo, ou, se se quer, rupturista coa liña de administracións anteriores, pois, despois de todo seguen a chamarse nacionalistas. Pola contra, déronse políticas dubidativas e cobardes en áreas e sectores vitais para Galiza. Pódense pór algúns exemplos: o concurso eólico, no cal nunca se contemplou, por parte de quen se autodenomina de esquerdas, a creación dun ente público (de todas as galegas!) ou cando menos de participación maioritariamente pública para a xestión destes recursos. Ou a complicidade nacionalista co Plano acuícola, que supón o enterramento de millóns de metros cadrados da nosa costa. Ou a “cidade da cultura”, con unha xestión continuadora da “administración Fraga”. Ou a crise no sector leiteiro, onde a consellaría de medio rural optou por unha política de “laisser-faire” co beneficio claro do empresariado fronte aos e ás gandeiras. Estes son só algúns dos moitos exemplos de políticas mediocres durante estes 4 anos.

3.2.1 Situación política

O PP na Galiza, a pesar de non dirixir a Xunta, segue a manter un enorme poder grazas á conservación da rede caciquil que aínda posúe. Todo parecía indicar que, tras a fuxida de Fraga Iribarne a Madrid, o PP na Galiza ía ser o escenario de cruentas batallas polo poder, mais o vello

17

18

II Asemblea Nacional ADIANTE

dinosaurio deixou herdeiro, reorientándose este cara unha estratéxia máis centralista afastada do rexionalismo imperante até entón. (Vexase por exemplo as diferentes plataformas baixo o paraugas do PP como Galicia Bilingüe, con un discurso público reaccionario e españolista ao que xa non estabamos acostumados no campo da lingua). O que non lle vai impedir seguir, segundo os inquéritos, na oposición.

En canto á sucursal do PSOE na Galiza parece a candidata máis fiábel para desbancarlle ao PP a súa hexemonía, incluso en parte do rural, grazas á planificación e construción da súa propia rede deintereses caciquís e empresariais. Así o demostran diversas manobras e accións que xa levan anos practicando en concellos que gobernan (e co-gobernan), e que co apoio das “súas” consellarías chegaron a perfeccionar e mesmo a superar ao vello “estilo” de xestión dos conservadores na Galiza.

Nas eleccións autonómicas do 2009 todo parece indicar que nada vai cambiar. Isto é, reeditarase o pacto entre PSOE e BNG, do cal, a priori as dúas forzas saen reforzadas dos 4 anos de goberno bipartito, mais co liderato indiscutíbel do PSOE, que xa é capaz de disputarlle ao PP, cando menos nos inquéritos, a hexemonía electoral na Galiza.

O nacionalismo autonomista, liderado pola dirección nacional do BNG, e tras manter “o tipo” nas eleccións estatais de 2008, cada vez parece máis comodo no papel que lle tocou interpretar. Dá a impresión de que ano a ano renuncia a un principio político-ideolóxico fundacional. Mais, até chegar a onde?

É xustamente agora, e a pesar de que xa leva moitos anos sufrindo merecidas críticas, cando se están a dar dentro do BNG, e despois de moito tempo, importantes movementos críticos coa dirección e coa estratexia do binomio quintanismo-upg. Mais, estas alternativas internas até onde van chegar? É unha incognita, mais estaremos atentas/ os.

O independentismo galego actual caracterízase pola fragmentación e a desconfianza entre as diferentes organizacións. A plataforma pola autodeterminación Causa Galiza foi unha nova mostra disto, e así desde o primeiro día foi campo de batalla entre as diferentes “faccións”. Ao igual co que xa acontecera coas Bases Democráticas Galegas.

II Asemblea Nacional ADIANTE

Xa parece unha utopía falar da unidade de acción no independentismo, por non falar doutro tipo de unidades máis avanzadas e de maior alcance. Propostas houbo, mais sempre desde o oportunismo e protagonismo duns ou desde o aventurerismo doutros.

Semella un erro querer construir a casa polo tellado ou acelerar procesos que aínda non madureceron o suficiente. O correcto sería unha primeira aproximación entre as diferentes bases sociais do nacionalismo soberanista e de esquerda. Acercamento que só pode ter lugar co incremento das interaccións entre as diferentes organizacións nas suas accións e actividades.

Sabemos de sobra que a día de hoxe o discurso soberanista non é capaz de chegar a todas as clases populares da nación, e xa non digamos á mocidade. Sen embargo, diante desta realidade cómpre buscar novas fórmulas. Construindo un espazo de acción común con aqueles sectores do nacionalismo soberanista cos cales compartamos maior afinidade.

Neste sentido é de ter en conta a aparición de novos sectores da mocidade nacionalista decididos a defender e reclamar a independencia e o socialismo para Galiza. A realidade nacional é a que é, e neste complexo contexto é no que as mozas e mozos de ADIANTE imos desenvolver a nosa loita e acción. No campo máis político, no sindicalismo, no ensino, na loita das mulleres contra o patriarcado, na defensa da lingua, no ecoloxismo ou no asociacionismo, por pór algúns exemplos nos que ADIANTE xa está a traballar.

Sempre achegando a nosa visión e interaccionando co pobo, pois sen este e á marxe del nunca se poderá conquerir a nosa liberación nacional e social.

3.3 PROGRAMA TÁCTICO DA MOCIDADE COMUNISTA E INDEPENDENTISTA DE GALIZA ADIANTE somos unha organización revolucionaria cunha matriz ideolóxica baseada no materialismo histórico, polo que nos dotamos dun programa táctico fundamentado en análises marxista-leninistas acordes aos intereses obxectivos da mocidade asalariada, desempregada e estudante da clase obreira da Galiza do século XXI. Temos o noso Programa Mínimo na construción da República Democrática Galega reunificada e independente, e o Programa Máximo na toma do Poder pola clase traballadora e os seus aliados no camiño da sociedade igualitaria e sen clases e do Comunismo.

19

20

II Asemblea Nacional ADIANTE

Pola súa vixencia e actualidade reafirmamos completamente as análises e os puntos estratéxicos e tácticos que aprobamos na nosa Asemblea Nacional PROGRAMA TÁCTICO DA MOCIDADE COMUNISTA E INDEPENDENTISTA DE GALIZA       

Avantar co Movemento obreiro Pola reconstrución do Movemento estudantil independentista Camiñando cara un lecer alternativo, sustentábel e libre de consumismo Dereitos e liberdades para a mocidade traballadora Unha aposta clara pola formación e a comunicación Contra a represión á mocidade e contra as torturas Pola construción dun MLNG de clase

Constituínte (ANC) de outubro de 2004 nos eidos en que os dividimos daquela: Muller, Movemento obreiro, Movemento estudantil, Lingua, Ecoloxía, Sexualidade e Drogas. Naquela ANC, ADIANTE elaborou unha liña política xuvenil patriótica e de clase, tanto no plano estratéxico como táctico, o suficientemente completos como para servir de base para a nosa loita durante anos. Debemos, iso si, readecuar os obxectivos do noso programa táctico para ter un guieiro actualizado na nosa acción política diaria. Polo tanto, nos

próximos anos traballaremos por desenrolar, como guieiro da nosa acción, tanto o programa táctico da ANC de 2004 como o desta II Asemblea Nacional.

3.3.1 Avantar co Movemento obreiro As invasións de países para saquear os seus recursos, o peche de fronteiras e o internamento da xente migrante pobre en campos de concentración, a perda de dereitos da clase traballadora, a fin da negociación colectiva pola individual traballador/a-patrón/oa, o globo sonda das 65 horas de traballo semanais, o recruecemento da represión político-xudicial contra a disidencia e os movementos de liberación nacional de carácter socialista –logo liberadores da maioría social-, os ataques ás mulleres da clase operaria, etc… son os síntomas do que xa estamos a padecer: a crise global do capitalismo. Polo tanto, un capitalismo histérico e hostil. Polo tanto, un capitalismo que bota man –coma en crises anteriores- do seu rostro máis violento e punitivo: o fascismo.

Xa aconteceu antes. Os libros de historia do capitalismo queren ocultar tanto as causas como as consecuencias do acontecido, queren censurar tanto aos milleiros de proletarios, comunistas e antifascistas, que pasaron a coitelo á súa besta nazi-fascista; que semella que as cousas acontecen porque si, que xurden de repente.

II Asemblea Nacional ADIANTE

Na década de 20 do século XX foi unha das primeiras veces nas que o sistema estivo namorado de si mesmo, encantado de se coñecer. Tanto brinde ao sol levou á primeira grande crise deste sistema inxusto e criminal. Os inversores guindándose polas fiestras dos seus despachos ou a xente dos países máis ricos do mundo facendo grandes colas para comer unha taciña de feixóns foi unha foto que despois colleu cor. Xa nos 70 a crise do petróleo finalizou co artificial Estado do Benestar que os países capitalistas crearan para frear o avance do socialismo real.

Hoxe, xa no século XXI, ningún broker se vai suicidar. Xa aprenderon a botar man do Estado cando as cousas lles van mal, para que novamente sexamos a clase obreira quen paguemos os seus escesos imperial-capitalitas. Aprenderon a botar man outravolta da súa face máis escura e punitiva, pero hoxe non temos un movemento comunista e obreiro internacional coesionado para esmagala. O capital deulle poder á socialdemocracia para dividilo e desartellalo. Lembremos a etapa felipista no EIE. Ollemos o bipartito da Xunta rematando coa vaga mobilizadora que rematou co fraguismo caciquil.

Dende a reforma política do réxime emanado do xenocidio comezado no 1936, malchamada “transición”, a nova clase dirixente da oligarquía monopolista puxo un especial interese en desartellar o movemento obreiro, e nomeadamente á mocidade traballadora organizada.

As continuas traizóns do sindicalismo maioritario, deixándose comprar polo Estado Imperialista Español (EIE) por medio de subvencións millonarias, ten callado na crecente desconfianza do proletariado nacional en se organizar nas centrais sindicais.

Dende ADIANTE debemos tender pontes de colaboración mútua co sindicalismo nacional declase, que rexeita os “pactos sociais” e a financiación allea ás/aos súas/seus afiliad@s, co obxectivo de traballar e realizar campañas conxuntamente.

A nosa aportación debe de ir alén da simple afiliación e asistencia ás asembleas sindicais, debemos loitar pola redución do tempo semanal de traballo sen que isto implique unha perda de dereitos e de poder adquisitivo, traballar organizando á mocidade para exixir o inmediato peche das empresas de tráfico legal de escrav@s chamadas ETT´s, así como loitar pola desaparición dos contratos temporais e de fin de obra.

Unha Organización como a nosa, comunista e independentista, debe tamén implicar á mocidade traballadora desempregada, tan esquecida polas centrais sindicais, no movemento obreiro e nas

21

22

II Asemblea Nacional ADIANTE

asembleas de traballadores e espallar entre a clase obreira a idea da independencia nacional de Galiza como necesidade básica para a mellora das nosas condicións de vida.

Apoiaremos ao sindicalismo nacional de clase na reivindicación dun Marco Galego de Relacións Laborais que, entre outras necesidades básicas, prohiba as diferenzas nas condicións contractuais entre a mocidade e o resto dos traballadores, entre mulleres e homes, e que pule tamén pola prohibición das horas extra que non sexan voluntarias e pola remuneración completa do traballo en prácticas.

Non debemos esquecer tampouco a nosa oposición radical á promoción do exército imperialista e dos corpos policiais e parapolicias entre a mocidade galega por se aproveitar da situación de precariedade total da xuventude, por ser ferramentas antigalegas e antiobreiras de violencia colonial, polo trato degradante ás mulleres (máis dun 50% sofren acoso sexual) e por non ser saídas laborais dignas, honradas, nin desexábeis.

3.3.2. Pola reconstrución do Movemento estudantil independentista

Cada mudanza de goberno no EIE e na Xunta colonial avanza máis e máis no camiño da destrución do ensino galego, público, democrático e de calidade. A elitización e privatización selvaxe do ensino vai acompañada da entrada de bancos e empresas nos centros para adaptalos ás súas necesidades mercantilistas.

A loita estudantil debe ser un eido de traballo fundamental para unha organización xuvenil revolucionaria como a nosa. Temos moi clara a nosa táctica nesta frente, porque nunca nos desviamos da liña histórica do MEG que vai dende ERGA até as masivas loitas contra a LOU nas que xermolou ADIANTE, pasando por EI, organización na que comezaron a militancia independentista de esquerda moit@s membros e ex-membros da nosa Organización. Así, para a Formación Profisional ADIANTE exixe a ampliación da oferta de ciclos formativos tanto de FP como de Formación Ocupacional, en quendas vespertinas e nocturnas, que os módulos que requiran obradoiros non sexan de máis de 15 persoas, desdobrando os que supereneste número e o control público de todas as actividades formativas de FP, xa que calquera convalidación debe facerse desde unha avaliación obxectiva.

II Asemblea Nacional ADIANTE

Queremos unha Formación Profisional enraizada no seu propio medio, promotora do equilibrio ecolóxico, do benestar social e da compensación das desigualdades por razón de grupo social, etnia ou sexo, unha Formación Profesional que teña unha dimensión educadora en coñecementos e valores necesarios para desenvolver no mundo laboral e sobre todo, que as prácticas empresariais non sexan un xeito gratuito de substituír persoal.

Para o Ensino Medio ADIANTE exixe potenciar a calidade do sistema educativo en termos de xustiza escolar, garantindo ao alumnado un logro aceptábel de todos os fins da educación básica (obrigatoria), estabelecer os medios oportunos para potenciar a escola pública, estabelecer os mecanismos axeitados para reforzar políticas de prevención e accións específicas sobre o fracaso escolar desde que o alumnado entra no sistema educativo, fomentar valores como a responsabilidade social, solidariedade, participación..., e introducir como materias transversais a cuestión de xénero, a educación sexual, a información sobre as drogas e o consumo consciente e responsábel.

ADIANTE reivindica que no Ensino Universitario ten que ser gratuito tanto as matrículas, o material, así como a residencia nas distintas cidades universitarias, axeitado ao tecido social e produtivo galego, cun maior fincapé nas prácticas e axeitamento das mesmas, e libre á hora de elixir a carreira, posto que a selección debe ser a posteriori, no propio ensino e non antes.

Así mesmo, defendemos a eliminación da práctica da exclusión no ensino, xa que o acceso ao saber, entendido tanto no senso máis amplo así como no máis técnico, debe ser universal. Debe reverter socialmente e beneficiar ao enteiro do pobo. Refugamos polo tanto a práctica dos examespeneira que baixo a ficción do igualitarismo, deixan fóra do ensino superior a amplos sectores do estudantado. A 2ª Asemblea Nacional aproba a constitución da Comisión Nacional de Traballo Estudantil (CNTE) de ADIANTE, unha consigna da ANC de 2004, que agora se torna en imperativo tras a fusión do GREI e ADIANTE neste curso 2008-2009.

Dende a CNTE debemos pular polo rexeitamento completo nas aulas e nas rúas do Proceso de Boloña e de todos os movementos que tendan a destruír o ensino igualitario, popular, gratuíto e de calidade, pola completa erradicación da relixión en todos os centros de ensino, por ravenar as gadoupas dos grupúsculos galegófobos enquistados entre sectores do profesorado e das AMPA´s e polo fomento dun ensino laico e que fomente o espírito crítco e o debate.

23

24

II Asemblea Nacional ADIANTE

Cómpre exixir tamén o inmediato cese da financiación directa ou indirecta dos centros privados con cartos públicos, o ensino integramente en idioma galego na CAG e nas comarcas galegas baixo outras administracións autonómicas e pola democratización dos órganos de goberno dos centros e o fomento do estudantado na toma de decisións a través das asembleas de estudantes.

3.3.3. Camiñando cara un lecer alternativo, sustentábel e libre de consumismo A alienación, o consumismo e o control social son armas importantísimas para o sistema imperante. Para o EIE, a mocidade que lle interesa debe funcionar como autómatas, mercar un telemóbil novo cada dous meses, traballar doce horas diarias para tunear os seus veículos, mercar compulsivamente nos macro-centros comerciais, fanatizarse polos resultados dos equipos españois nos deporte-negocios maioritarios, inxerir comida-lixo… O importante é que produzan moito, gañen pouco e que gasten todo. Por iso se criminaliza á mocidade que se sae do seu guión, rebelde, antisistema, que protesta e que pensa por si mesma, dun xeito crítico e construtivo.

Un colectivo de militantes, simpatizantes e colaboradoras/es revolucionari@s como é ADIANTE vai loitar por ofrecer alternativas a esta vida de autómatas podutoras/es-consumidoras/es que nos ofrece o imperial-capitalismo. Alternativas como a reivindicación do carrís-bici cos percorridos completos en vilas e cidades, como a oposición á produción e venda de alimentos transxénicos, como a loita contra a chegada do AVE e por un transporte ferroviario ecolóxico e sutentábel, ou pola gratuidade dos medios públicos de transporte para @s menores de 35 anos, sexan tanto asalariadas/os, desempregadas/s como estudantes.

3.3.4. Dereitos e liberdades para a mocidade traballadora Non poden faltar no noso programa táctico uns puntos esenciais para os dereitos específicos da mocidade como sector nidiamente etario da sociedade galega.

Un dos grandes problemas para a mocidade é a imposibilidade do acceso a unha vivenda propia para se poder emancipar e desenvolver dignamente. A especulación, apoiada polas distintas administracións e as súas corrutelas, é a causa principal deste problema. Por iso ADIANTE vai loitar por mobilizar a cada vez máis sectores da mocidade da clase traballadora na exixencia da dotación de vivendas dignas, libres de lucro para as inmobiliarias e sen trabas para @s demandantes e no desenmascaramento d@s especuladores e d@s súas/seus cómplices de

II Asemblea Nacional ADIANTE

veludo. Non podemos aceptar esmolas, micropisos nin microcréditos que tan só tapan pero non solucionan o problema, debemos ademais loitar contra os abusos das inmobiliarias e caseir@s nos réximes de aluguer á mocidade. O programa táctico de ADIANTE reivindica tamén a maioría de idade aos 16 anos con todos os dereitos, que a sanidade pública cubra os tratamentos de desintoxicación das persoas enganchadas a diversas adiccións e a eliminación da distinción de xénero en todos os documentos oficiais.

3.3.5. Unha aposta clara pola formación e a comunicación

A 2ª Asemblea Nacional de ADIANTE fai unha clara aposta pola máis ampla formación política, teórica e práctica da súa militancia e base simpatizante. Xa o faciamos no intre da nosa fundación. Na nosa ANC subliñabamos a necesidade dunha “Formación técnica: que permita a calquera moz@ de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), alí onde estea (na súa parroquia, comarca, localidade, instituto, centro de traballo...) dinamizar a asociación de veciños, o clube deportivo, a plataforma contra os incendios, etc...” e dunha “Formación político-ideolóxica: que permita saber globalizar e contextualizar calquera conflito, que saiba diferenciarse do radicalismo estético así como do oportunismo electoralista, etc…”. Se hai catro anos, cuns cadros máis veteranos e formad@s, era unha necesidade, terao de ser máis agora que ADIANTE conta cunha militancia máis nova en idade e con menos experiencia política.

Cómpre pór en andamento o boletín de formación e debate interno Outubro como ferramenta precisa para o intercambio de coñecementos entre @s membros da nosa militancia e células de colaboradoras e colaboradores. Formación técnica, política, teórica e histórica alicerzada no materialismo histórico, no marxismo-leninismo e na traxectoria do independentismo de clase e do movemento comunista internacional. E tamén debates sobre distintos temas que interesen a tod@s @s que facemos parte de ADIANTE. Outra pedra angular serán os Seminarios de formación, nos que persoas destacadas do independentismo de clase e dos movementos populares ofrezan os seus coñecementos e experiencias á miltancia xuvenil que un día collerá o seu relevo. Debemos destacar tamén como ferramentas de formación ás publicacións dixitais do portal Estoutras, un portal que está a despregar un traballo teórico de grande magnitude e importancia acorde cos nosos postulados ideolóxicos.

25

26

II Asemblea Nacional ADIANTE

A nivel externo ADIANTE seguirá a enriquecer a listaxe dos Cadernos de formación xuvenil da Embate Editora, dos que xa contamos con tres coleccións ben delimitadas: a Colección Alicerces, a Colección Ferramentas e a Colección Debates.

O noso voceiro nacional Embate leva dende 2005 desenrolando unha misión de comunicación entre ADIANTE e a súa base social de grande importancia. Malia a importancia dos medios dixitais, no noso País o acceso a internet aínda é moi minoritario, daí a importancia de manter un órgano de papel e que se dá de balde na man como é o Embate.

Puntual na súa saída, plural nos seus contidos, aberto para quen queira participar, atractivo no seudeseño, o Embate é un dos maiores logros na curta traxectoria da nosa Organización. Agora debemos traballar por consolidar o Embate, mellorar a súa imaxe e aumentar a súa tiraxe e áreas de distribución.

3.3.6. Contra a represión á mocidade e contra as torturas Co regreso do PsoE ao goberno español, as medidas represivas, punitivas e político-xudiciais contra a clase traballadora, a mocidade obreira e os movementos de liberación nacional (MLN´s), non só non diminuíron, senón que están a chegar a cotas que nos retrotraen vinte anos atrás. A chegada de Rubalcaba ao Ministerio de Interior procedente dos gobernos que nos ´80 promoveron os GAL, ou o plano do goberniño da Xunta de crear un corpo policial ao estilo da Ertzaintza da CAV ou dos Mossos d´Esquadra de Catalunya, agoiran un panorama moi escuro.

A día de hoxe, d@s case 20 prisioneir@s polític@s galeg@s dispersad@s polas prisións de exterminio do EIE, máis dunha cuarta parte son menores de 35 anos. Alén diso, en todas as nacións e pobos que nos atopamos sometidos baixo o xugo do EIE estanse a tornar abafantes as medidas represivas contra a mocidade anticapitalista e antifascista. No caso de Euskal Herria, chégase a un estado de excepción similar ao pior dos que se sufriron durante os 40 anos de réxime preborbónico.

Esta situación exixe rachar co muro de silencio que, coa complicidade dos medios de comunicación empresariais, está a erguer o EIE. Non pretendemos interferir nas competencias sectoriais das entidades anti-represivas e polos dereitos civís actuantes en Galiza, pero como organización

II Asemblea Nacional ADIANTE

xuvenil si que debemos denunciar e informar sobre todos estes abusos e agresións á mocidade asalariada, estudante e desempregada da clase obreira. ADIANTE debe informar nas rúas, fábricas e centros de ensino, cos medios que as nosas posibilidades nos permitan, sobre todas as violacións dos dereitos humanos que o EIE comete decote sobre o pobo galego, en xeral, e a mocidade da nosa clase, en particular.

Así mesmo, ADIANTE reitera as posturas da Dirección Nacional desde a nosa fundación: a exixencia da desaparición do tribunal de excepción Audiencia Nacional, o recoñecemento de tod@s @s pres@s polític@s galeg@s anti-capitalistas sen distinción, o desenmascaramento dos medios de comunicación como cómplices da tortura, o procesamento d@s torturadores/as, o traslado á Galiza e fin da dispersión, a liberdade das persoas presas con enfermidades e a amnistía total.

3.3.7. Pola construción dun MLNG de clase

Dende unha organización xuvenil comunista e independentista como ADIANTE non podemos obviar a nosa ligazón cunha base social e simpatizante que compartimos con outras entidades (políticas, sindicais, culturais,…) cos nosos mesmos obxectivos. Co documento “Convenio bilateral de libre vinculación entre a FPG e ADIANTE”

(ver ANEXO) que lanzamos tras a nosa Iª

Conferencia Nacional,demos un primeiro paso para a construción dun Movemento de Liberación Nacional Galego (MLNG) obreiro, popular e de clase.

Agora cómpre seguir camiñando nesta dirección e seguir artellando unha necesaria coordinación e unidade de acción ente as entidades que temos unha traxectoria, programa estratéxico e fins comúns.

Desde ADIANTE debemos promover políticas de colaboración entre organizacións cun mesmos obxectivos. A 2ª Asemblea Nacional de ADIANTE insta á nosa Organización a tomar iniciativas para crear unha Coordinarora da Esquerda Independentista (CEI) coas organizacións políticas, sindicais e culturais afíns no camiño da construción dun MLNG de clase, coesionado e popular.

27

28

II Asemblea Nacional ADIANTE

4

RELATORIO ORGANIZATIVO Estatutos de ADIANTE TÍTULO I: De ADIANTE Art 1 ADIANTE, como organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, é unha entidade xuvenil marxista-leninista de carácter unitario, autónoma, soberana e de cadros militantes, que abrangue a diversidade de problemáticas da mocidade traballadora galega dende unha perspectiva de liberación nacional e de clase e que ademais impulsa e fai parte do movemento xuvenil galego tendo como horizonte estratéxico a construción dunha República Galega independente e socialista. Art 2 A militancia en ADIANTE, como sector máis xove do independentismo galego de clase, é incompatíbel coa participación en calquera xesto ou acto de xenofobia, racismo, sexismo, individualismo, soberva, discriminación por orientación sexual, ou calquera outra actitude ou expresión que entre en contradición cos principios ideolóxicos da Organización. Art 3 ADIANTE ten como campo de actuación prioritario o territorio nacional galego, é dicir, a totalidade das comarcas galegas, tanto as incluídas na comunidade autónoma (CAG) como as de Eo-Navia, As Ibias, O Berzo, A Cabreira e Seabra. Así mesmo, ADIANTE actuará tamén alí onde houber poboación galega.

Art 4 ADIANTE, como ferramenta de organización e loita da mocidade asalariada, desempregada e estudante da clase obreira, ten ademais como horizonte o de ser un dos xérmolos da futura Unión de Mocidades Comunistas de Galiza, organización xuvenil unitaria, revolucionaria e democrática da tamén futura República Galega liberada, igualitaria e solidaria.

II Asemblea Nacional ADIANTE

TÍTULO II: Das relacións co partido comunista Art 5 Como organización xuvenil completamente soberana, as relacións de ADIANTE co partido comunista e revolucionario de Galiza estarán reguladas polo documento chamado “Convenio bilateral de libre vinculación entre a FPG e ADIANTE” (ver ANEXO) emanado da Iª Conferencia Nacional de ADIANTE de novembro de 2007, e aprobado e ratificado polo Comité Nacional de ADIANTE e polo Comité Central da FPG.

TÍTULO III: Da militancia

Art 6 Poderán ser militantes de ADIANTE todas aquelas persoas que, solicitando a entrada en calquera dos Comités de Zona, acepten os presentes Estatutos e os demais textos congresuais da Organización e se comprometan coa súa liña de actuación. Non poderá pertencer a ADIANTE calquera persoa que supere os 35 anos e/ou pertenza a outra organización política xuvenil de ámbito nacional. Se un/ha militante que ostenta unha responsabilidade na Organización supera o límite máximo de idade, poderá seguir militando até, como máximo, a finalización do plenario do seguinte Congreso Nacional.

Art 7 Son dereitos das/os militantes: a) Participar de xeito activo, crítico e construtivo nos debates da Organización, na súa actividade e na toma de decisións mediante o seu voto. b) Participar na elaboración e posta en práctica da liña política decidida nos órgaos competentes. c) Ser informada/o dos acordos tomados así como das súas actividades. d) Elixir e ser electa/o para calquera cargo. e) Ser defendida/o ante calquera caso de represión pola súa militancia en ADIANTE, en particular, e no independentismo galego de clase, en xeral. f) Recibir e conservar o carné da Organización. g) Expresar abertamente as súas opinións e discrepancias a nivel interno.

Art 8 Son obrigas das/os militantes: a) Empregar sempre a lingua galega e coñecer e defender a cultura nacional. b) Aplicar e defender a liña de actuación da Organización. c) Cumprir e velar polo cumprimento igualitario dos presentes Estatutos por e para toda a militancia.

29

30

II Asemblea Nacional ADIANTE

d) Participar nas reunións dos organismos aos que pertenza, xustificar a súa ausencia e realizar as tarefas que asuma voluntariamente. e) Contribuir ao sostemento económico da Organización mediante o puntual pago das cuotas e domiciliar o pago das mesmas cara a Caixa Nacional no caso de ser asalariado/a e ter máis de 18 anos de idade. f) Actuar con discreción no tocante aos acordos e decisións da Organización. g) Dar a coñecer ao Comité Nacional un enderezo de correo electrónico operativo e confidencial coa finalidade de intercambiar información co/as compañeir@s e recibir as convocatorias e as actas da Organización.

Art 9 Sancións: en caso de se incorrer nalgunha falta contra a Organización ou a súa militancia, poderanse adoptar as seguintes sancións: a) Crítica e advertencia. b) Censura con destitución do cargo e apartamento da Organización dun mes a tres meses. c) Expulsión de ADIANTE. Art 10 A respecto destas sancións observaranse as seguintes normas: a) Todas as sancións terán de ser decididas colexiadamente polo Comité Nacional. b) Nunca poderá ser decisión persoal de ningun/ha militante ou membro do Comité Nacional. c) Estas sancións poderán ser recurridas perante o Comité Nacional e, en último caso, ante o Congreso Nacional ou Conferecia Nacional.

TÍTULO IV: Organización interna: funcionamento e representación

Art 11 ADIANTE basea o seu funcionamento na participación e no compromiso da/o militante, na democracia interna e na unidade de acción, de maneira que: a) Recoñécese a igualdade de todas/os as/os militantes. b) Recoñécese o exercicio do voto libre na toma de decisións. c) As decisións tomaranse froito do debate e do consenso da maioría e deben ser aceptadas por toda a militancia. d) As/os militantes asumirán responsabilidades dentro da Organización.

Art 12 A estrutura organizativa de ADIANTE básase en 2 niveis:

II Asemblea Nacional ADIANTE

a) A nivel de zona a través de células de militantes chamadas Comités de Zona ou de núcleos de base chamados Células de Apoio. b) A nivel nacional a través das estruturas plenarias Congreso Nacional e Conferencia Nacional, e da estrutura executiva Comité Nacional.

Capítulo I: A Nivel de Zona a) Comités de Zona

Art 13 ADIANTE divídese en Comités de Zona. Será o Comité Nacional o que aprobará a nova creación de Comités de Zona, que como mínimo deberá contar con tres militantes.

Art 14 A célula de cada Comité de Zona intégrana todas/os as/os militantes desa localidade ou zona. Art 15 Cada Comité reunirase periodicamente, como mínimo 1 vez ao mes, para valorar o traballo realizado, elaborar o seguinte e propor máis temas que tratar. Para que unha reunión estea validamente constituída deberán estar avisadas/os a totalidade das/os militantes e terán que asistir, coma mínimo, tres.

Art 16 Levantarase acta de todas as células dos Comités de Zona, sendo a/o encargada/o ben un/ha militante fixa/o elixida/o pola célula, ou ben farase de xeito rotatorio, neste último caso a/o militante encargada/o deberá custodiar a totalidade das actas até a seguinte xuntanza. Nas actas deberá constar, como mínimo, a data da reunión, as/os asistentes, orde do día e as conclusións. Estas actas poderán ser reclamadas polo Comité Nacional en calquera momento e deberán ser entregadas nun prazo máximo de 7 días.

Art 17 Cada Comité de Zona ten autonomía para centrar o seu traballo en cada zona sempre dentro do respecto aos presentes Estatutos, aos principios político-ideolóxicos de ADIANTE e á liña de actuación marcada polo Comité Nacional.

Art 18 En cada Comité de Zona unha persoa encargarase das cuotas que achegará cada militante. Destas cuotas cada Comité de Zona entregará a porcentaxe que estime o Comité Nacional á conta da Caixa Nacional. Estes fondos dirixiranse a campañas nacionais ou se fose preciso e aprobado

31

32

II Asemblea Nacional ADIANTE

por ¾ das/os membros do Comité Nacional, cederase parte a Comités de Zona de nova creación ou aos xa existentes cando así o solicitaren. Art 19 A totalidade dos Comités de Zona terán representación no Comité Nacional.

Art 20 O Comité Nacional estabelecerá as condicións materiais suficientes para facilitar a participación activa da militancia e d@s colaboradoras/es na acción da ADIANTE cando estas/es non poidan constituír ou integrarse nun Comité de Zona.

b) Células de Apoio

Art 21 As Células de Apoio son núcleos de base que poderán ser de dous tipos: a) Formados por militantes de ADIANTE que na súa zona non cumpran os requisitos mínimos ou non teñan a infraestrutura suficiente para organizar un Comité de Zona. Terán un/ha representante no Comité Nacional como os demais Comités de Zona. b) Formados por simpatizantes ou colaboradoras/es de ADIANTE que desexen traballar coa Organización sen asumir un compromiso firme con ela. Neste caso, o Comité Nacional avaliará e decidirá se unha Célula de Apoio pode contar cun/ha membro na mesma, con voz pero sen voto.

Capítulo II: A Nivel Nacional a) Congreso Nacional

Art 22 O Congreso Nacional é o máximo órgano de decisión de ADIANTE. Estará formado por toda a militancia da Organización.

Art 23 O Congreso Nacional reunirase en plenario con carácter ordinario cada dous anos, convocado cunha antelación de 3 meses polo Comité Nacional.

Art 24 O Congreso Nacional reunirase en plenario extraordinario cando así o solicitar as ¾ partes da militancia ante o Comité Nacional.

Art 25 O Congreso Nacional estará suxeito ás seguintes normas: a) No caso de Congreso Nacional ordinario os relatorios terán de ser elaborados e distribuídos un mes antes da súa celebración. No caso de Congreso Nacional extraordinario terá de haber un

II Asemblea Nacional ADIANTE

documento previo para ser discutido pola militancia sobre os temas a tratar neste Congreso Nacional. b) Vótase o Regulamento do Congreso Nacional elaborado polo Comité Nacional saínte. c) O Comité Nacional dimite unha vez iniciado o Congreso Nacional. d) Vótase unha Mesa Presidencial do Congreso Nacional e as súas decisións serán asumidas pola militancia. e) Todas as votacións no Congreso Nacional serán a man alzada. Art 26 O Congreso Nacional elixirá as/os militantes que se encargarán das secretarías fixas do novo Comité Nacional. b) Conferencia Nacional

Art 27 A petición do Comité Nacional ou das ¾ partes das e dos militantes convocarase a Conferencia Nacional para tratar un tema en concreto. Art 28 A Conferencia Nacional terá rango de Congreso Nacional monográfico e nel só poderá ser tratado o tema para a que foi convocado.

c) Comité Nacional

Art 29 O Comité Nacional encargarase de coordenar o traballo dos Comités de Zona a nivel nacional, co fin de que ADIANTE siga os principios acordados nos seus Congresos Nacionais. Coordenará tamén as campañas nacionais e alí se tomarán as decisións que afecten á Organización no seu conxunto. Art 30 O Comité Nacional, como máximo órgano de decisión entre Congresos Nacionais, levará acabo o programa e as liñas estratéxicas e tácticas aprobadas polo Congreso Nacional.

Art 31 O Comité Nacional reunirase periodicamente, como mínimo 1 vez ao mes.

Art 32 O Comité Nacional estará formado por un mínino de 5 membros fix@s, dos cales 2 serán responsábeis das seguintes 2 secretarías obrigatorias: a) Secretari@ de Organización e Finanzas. b) Secretaria das Mulleres.

33

34

II Asemblea Nacional ADIANTE

Ademais dunha persoa representante de cada Comité de Zona ou de cada Grupo de Apoio formado por militantes, persoa que será elixida pola célula correspondente. Art 33 A/O Secretari@ de Organización e Finanzas terá como funcións, alén das que lle encargue o Comité Nacional: a) Ostentar a representación pública e a portavocía de ADIANTE en todos os ámbitos e establecer os contactos e relacións externas que aprobe o Comité Nacional con outras organizacións de dentro ou de fóra de Galiza. b) Convocar, moderar e tomar acta das reunións do Comité Nacional e do Secretariado Permanente e manter informadas ás células dos Comités de Zona sobre as decisións tomadas. c) Levar as finanzas da Organización, presentar informes semestrais e xustificar ante o Comité Nacional os movementos das contas da Caixa Nacional e da Caixa de Resistencia. d) Coordinarse co/as responsábeis de finanzas dos Comités de Zona e actualizar o censo de militantes.

Art 35 A Secretaria das Mulleres terá como funcións, alén das que lle encargue o Comité Nacional: a) Erradicar os comportamentos sexistas dentro da Organización entre todas/os as/os militantes e achegar a perspectiva de xénero e feminista nas campañas e posicionamentos de ADIANTE. b) Propoñer e coordinar campañas específicas para as mozas da clase obreira, así como atender as propostas do resto da militancia na frente de loita antipatriarcal. c) Representar a ADIANTE en reunións ou foros de plataformas feministas ás que sexa convidada ou que impulse a Organización achegando posicionamentos revolucionarios, nacionais e de clase.

Art 34 O Comité Nacional, na súa totalidade, terá como funcións: a) Enviar notas de prensa aos medios sobre os posicionamentos de ADIANTE aprobados polo Comité Nacional, convocar e acudir a roldas de prensa ou entrevistas se for preciso e organizar a hemeroteca e o arquivo de imprensa. b) Dirixir e coordinar o Consello de Redacción do voceiro nacional EMBATE e velar pola súa correcta distribución. c) Propoñer e planificar campañas e mobilizacións, así como atender ás propostas da militancia. d) Planificar a acción de ADIANTE nas loitas sectoriais (sindical, estudantil, cultural) aportando posicionamentos revolucionarios, nacionais e de clase, así como coordinar a intervención da militancia noutras estruturas organizativas nas que participen. e) A edición e saída do material, propaganda e publicidade da Organización e definir a liña propagandística e visual de ADIANTE.

II Asemblea Nacional ADIANTE

f) Organizar as xornadas ou seminarios de formación interna, elaborar os materiais precisos e facerllos chegar a toda a militancia. g) Editar o boletín de formación interna OUTUBRO. h) Editar os “Cadernos de formación xuvenil”. i) Distribuir a organización territorial de ADIANTE creando ou reordenando os Comités de Zona.

Art 35 O Comité Nacional poderá crear novas secretarías no seu seo sempre que considerar preciso.

Art 36 O Comité Nacional poderá cooptar a aquelas/es militantes que considere precis@s para o seu correcto funcionamento e crear novas secretarías. Así mesmo, tod@ secretari@ poderá contar coa colaboración de outr@s militantes de ADIANTE para a levar a cabo a súa responsabilidade concreta. Estes militantes poderán ser membros do Comité Nacional, con voz pero sen voto.

Art 37 En caso de que o Comité Nacional decida crear algunha comisión específica, esta contará tamén cun/ha representante no mesmo, con voz pero sen voto. Art 38 As/os secretari@s de zona encargaranse de informar do traballo levado a cabo por cada Comité de Zona, levarán ao Comité Nacional as propostas da súa célula, e comunicarán ás células as decisións do Comité Nacional. Art 39 Calquera membro do Comité Nacional poderá asumir algunha das funcións doutr@ secretari@ nacional a petición do Comité Nacional.

TÍTULO V: Simboloxía, nome e publicacións. Art 45 O nome da Organización é ADIANTE, em maiúsculas. Ocasionalmente irá acompañado coa identificación organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, en minúsculas. Na propaganda de ADIANTE deberá ir sempre o enderezo web embaixo do nome da Organización.

Art 46 ADIANTE asume como propios o Himno Nacional Galego que forman as catro primeiras estrofas do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal e A Internacional, himno do internacionalismo proletario, na súa versión traducida ao galego.

35

36

II Asemblea Nacional ADIANTE

Art 47 A militancia de ADIANTE ten total liberdade para empregar a normativa ortográfica do noso idioma que desexar tanto a nivel interno coma en artigos de opinión propios. A nivel externo e en textos ou documentos oficiais da Organización empregarase a normativa de concordia de 2003. Utilizarase tamén unha linguaxe non discriminatoria.

Art 48 ADIANTE adopta coma propias a Bandeira da Patria, símbolo da nosa loita pola liberación nacional, e a bandeira vermella coa fouce e o martelo dourados, símbolo do comunismo internacional. Así mesmo tomamos como propio o escudo de Galiza deseñado por Castelao.

Art 49 O logotipo de ADIANTE é unha fouce vermella aberta cara a esquerda cunha estrela vermella sobre banda azul no centro e a lenda adiante embaixo ou á esquerda.

Art 50 O Voceiro Nacional de ADIANTE ten por nome EMBATE e a súa periocidade e liña editorial será marcada polo Comité Nacional. A web nacional é www.adiantegz.org e estará baixo o coidado dun/ha membro do Comité Nacional. O Comité Nacional proporá a publicación interna do boletín deformación e debate OUTUBRO e a externa dos “Cadernos de formación xuvenil”. Puntualmente editarase dende os Comités de Zona a folla voandeira de carácter axitativo e informativo co cabezallo ADIANTE e a simboloxía oficial da Organización.

DISPOSICIÓN FINAL

Correspóndelle ao Comité Nacional, no intervalo entre dous Congresos Nacionais, a interpretación dos presentes Estatutos.

II Asemblea Nacional ADIANTE

5

ANEXO CONVENIO BILATERAL DE LIBRE VINCULACIÓN ENTRE A FPG E ADIANTE INTRODUCIÓN

A Frente Popular Galega (FPG), partido comunista e independentista galego, e ADIANTE, organización da mocidade revolucionaria galega, malia ser organizacións soberanas e autónomas, suscriben voluntariamente o presente documento bilateral como marco político de relacións e vinculos entre elas perante o feito obxectivo de seren respectivamente as organizacións política e xuvenil do independentismo galego de clase e de teren ambas as dúas uns obxectivos estratéxicos e tácticos, así como uns principios ideolóxicos e políticos, similares ou moi próximos e enmarcados no proxecto histórico do movemento nacional-popular galego.

REGULAMENTO

1. O partido comunista de liberación nacional FPG –fundado o 25 de Xullo de 1988- recoñece a ADIANTE –fundada o 9 de Outubro de 2004- como a organización que defende o seu mesmo ideario no ámbito xuvenil e respecta a súa completa independencia organizativa.

2. A FPG garante a presenza de militantes de ADIANTE nos seus órgaos de dirección (Comité Central, Comité Executivo e Comités Comarcais) sempre que estas/es militen tamén no partido comunista, con tal de conseguir unha mellor coordinación entrambas organizacións.

3. A FPG comprométese a non criar baixo ningún concepto ningunha organización sectorial, comisión ou calquer outro tipo de grupo xuvenil. Porén, a FPG recoñece a exclusividade de

37

38

II Asemblea Nacional ADIANTE

ADIANTE na elaboración dos programas de política xuvenil en todas as eleccións e campañas, sempre de acordo coas liñas básicas do programa electoral ou táctico da FPG.

4. ADIANTE traballará pola expansión e consolidación da FPG ao longo de Galiza e viceversa, especialmente aló onde unha das organizacións non teña implantación e a outra sí. Aliás, os organismos da FPG colaborarán na expansión e consolidación de ADIANTE, sempre en coordinación co seu Comité Nacional.

5. ADIANTE e a FPG compartirán a infraestrutura loxística e humana da que dispoñan. ADIANTE aportará para o pago dos locais en aluguer sempre que poida, tendo en conta a menor capacidade económica da militancia xuvenil.

6. A FPG situará militantes de ADIANTE nas listas de todas as eleccións, sempre en base á proporcionalidade destes en cada ámbito territorial. Así se garantirá a presenza moza nas listas e que o programa de política xuvenil sexa exposto polos/as que o elaboraran. Tamén se aplicará este punto cando a FPG se presente en coalición con outros partidos ou colectivos.

7. ADIANTE comprométese a non competir en ningún comicio electoral e a actuar sempre neste tema en base á liña política xeral e a dinámica electoral aprovada pola FPG.

8. Ningún/ha militante ADIANTE poderá ir integrada/o en ningunha outra lista electoral que non sexa promovida ou apoiada pola FPG nin facer parte doutra organización política que non sexa a FPG.

9. Toda/o militante da FPG que teña menos de 35 anos deberá ser militante ou, cando menos, colaborador/a de ADIANTE a nivel nacional e/ou na célula mais próxima.

10. En caso de autodisolución dunha das dúas organizacións, o seu patrimonio (siglas, denominación e logotipo incluidos) pasará directamente ás mans da outra. DISPOSICIÓNS FINAIS

1. Calquera modificación deste Regualmento terá que ser ratificada polo Comité Nacional de ADIANTE e polo Comité Central da FPG.

II Asemblea Nacional ADIANTE

2. A renuncia unilateral deste Regulamento do Convenio requerirá a aprovación dos dous máximos organismos de dirección.

3. Neste caso, antes dun ano, deberase ter consensuado e ratificado un novo redixido do presente Regulamento do Convenio.

39

40

II Asemblea Nacional ADIANTE

Related Documents


More Documents from ""

Boletin 01 Cpa
October 2019 42
August 2019 6
Indoamericanismo Parte1
August 2019 11
August 2019 19