PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DE COORDINACIÓN DO VOLUNTARIADO OBXECTIVO: Coordinar os recursos humanos coas necesidades que presente a organización. Atender ás necesidades do voluntariado. FORMACIÓN DO EQUIPO Está integrado pola Coordinadora de Voluntariado e as coordinadoras dos grupos locais e dos equipos de traballo1. A Coordinadora de Voluntariado será voluntaria da organización e terá, a lo menos, dous anos de permanencia activa na mesma. A súa función consiste en coordinar o equipo e facer seguimento das tarefas que ten encomendas. Será nomeada pola Xunta Directiva da que formará parte. MEDIOS E MATERIAIS DISPOÑIBLES Todos os recursos dos que dispón a organización ACTIVIDADES A DESENVOLVER: Formar grupos de voluntariado.
Cando se forme un novo grupo de voluntariado a coordinadora, ou a persoa en quen delegue, asistirá á reunión de constitución.
1
Grupo de voluntariado: Voluntarias/os que traballan nun lugar determinado desenvolvendo actividades. Equipo de traballo: Equipo de voluntarias/os que traballan on-line nunha tarefa concreta
Coordinar a formación dos grupos de traballo virtuais ( grupos de voluntarias que traballan on-line en tarefas concretas: tradución, elaboración e corrección de textos, prensa e comunicación, etc..)
O número de grupos dependerá das necesidades da organización
A Xunta Directiva nomeara á persoa que coordina cada equipo de traballo.
Formar ó voluntariado no coñecemento da organización.
Propoñer á Xunta Directiva as necesidade formativas expresadas polo voluntariado.
Facer seguimento dos grupos de voluntariado e dos equipo de traballo.
A comunicación cos grupos de voluntariado e cos equipos de traballo farase mediante unha conta de correo da que dispón cada grupo e equipo.
Coordinar as actividades que se realizan dos diferentes lugares e transmitir á información á Xunta Directiva.
Proporcionaranse modelos e plantillas para que os grupos e equipos informen das súas actividades.
Manter actualizado o ficheiro do voluntariado.
Unha vez ao ano farase revisión do voluntariado que permanece activo e se eliminarán do ficheiro aquelas persoas que, no período de un ano, non tiveran contacto algún coa organización.
Transmitir a información de todas as voluntarias/ os novas que cheguen á organización ao equipo de prensa e comunicación así como á Xunta Directiva. Realizar
as
Compromiso
tarefas de
recollidas
voluntariado,
no
Manual
carnet
de
do
Voluntarido:
voluntaria/o,
etc
Atender as solicitudes de colaboración como voluntarias/os.
Cando
alguén
solicite
a
entrada
na
organización
a
coordinadora de voluntariado poñerase en contacto coa persoa solicitante informándolle dos pasos que hai que dar para facerse voluntaria/o Acollida do voluntariado novo
Cando unha persoa se incorpore nova á organización recibirá unha
carta
de
benvida,
así
como
un
documento
de
compromiso de colaboración e o manual de voluntariado.
Cada voluntaria cubrirá unha ficha de alta na que ademais dos seus
datos aparezan
as súas aptitudes e a súa
dispoñibilidade.
As coordinadoras dos grupos animarán as novas voluntarias a asistir ás actividades formativas que se organicen con caracter xeral.