PROPOSTAS PARA TRABALLO DIXITAL Algunhas suxestións de tipo xenérico, que poden aplicarse desde practicamente todos os Departamentos. As guías máis recomendábeis para procurar apoio atópanse nos wikis: Ferramentasweb, Edu20 e educaredweb2
PROPOSTA 1 Presentacións de contidos elaborados polo/a profe ou Departamento. Podemos facer visíbeis, como un libro aberto na nosa páxina ou nun blogue, os documentos que queiramos subir á rede: textos longos, álbums de imaxes, presentacións realizadas en impress ou power-point, etc. Para ver algún exemplo: Caderno de lingua; CPI de Cuntis.
Unha experiencia didáctica en O peso da tiza
PROPOSTA 2 Traballo con Webquest e Secuencias didácticas. Son procesos de investigación na rede que soen motivar o alumnado. Podemos adaptar as xa elaboradas ou crear novas. Algúns exemplos: Un sistema solar en tu ciudad Enerxía positiva
Le 14 Juillet en France London Tour
Revolución industrial e sostibilidade no mundo contemporáneo Música de cine
Los retos del siglo XXI
As ferramentas e a aprendizaxe en Phpwebquest (Consellaría)
webquest.es
Recursos TIC Jerez
E para ver algunha experiencia didáctica máis concreta: Colexio Jaime Balmes (varias materias)
Les Alzines (Matemáticas; pdf)
PROPOSTA 3 Actividades para que elabore directamente contidos o alumnado. Cunha pequena guía de traballo, este pode realizar presentacións en diapositivas, mapas de conceptos, diagramas, etc. directamente na rede. Uns exemplos de resultados de producións con ferramentas web: As TIC en Plástica
Maqueta dunha vivenda (con son)
Tipos de nubes
Os xéneros xornalísticos As vangardas
Para ver algunha experiencia didáctica: As vangardas artísticas
Mobile Learning
Barroco e fútbol (tamén aquí)
Un pouco de todo no IES Averroes
PROPOSTA 4 Traballo en redes sociais. Ou o que é o mesmo: interacción comunicativa nun contorno que potencia a colaboración para desenvolver mellor diferentes traballos. Trátase de ofrecerlle ao alumnado un espazo de intercambio regrado (con caixa de recados, foro, etc.) para encamiñar os usos comunicativos en internet e para facilitarlle a resolución de determinadas tarefas. Pódense consultar, para isto, as páxinas 4 e 5 do proxecto de Equipo de Normalización (pdf). Para manexar unha rede social educativa: Ning A nosa experiencia:
Máis, aquí
Obradoiro de lingua
PROPOSTA 5 Recolleita na rede de actividades realizadas na aula ou de diferentes creacións plásticas, literarias, audiovisuais, etc. Coa intención de facer máis visíbel para toda a sociedade os resultados de propostas de creación e de traballos ou diferentes intervencións orais, ademais das propias actividades complementarias e extraescolares. Algunhas ferramentas con guía en Edublogki: vídeos e outros
Exemplos e experiencias: Música Getares
Canle segredo
Máscaras
Videocreación Tempo en boca
EQUIPO TIC do I.E.S. da Pobra do Caramiñal