Program. Tecnolox. C. 09-10

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Program. Tecnolox. C. 09-10 as PDF for free.

More details

  • Words: 6,831
  • Pages: 25
PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE TECNOLOXÍA

Ana Isabel Pousa Álvarez

ÍNDICE

1.- INTRODUCCIÓN 2.- COMPETENCIAS BÁSICAS 3.- OBXECTIVOS XERAIS DA ÁREA 3.A- OBXECTIVOS PARA OS 3 PRIMEIROS CURSOS 3.B.- OBXECTIVOS PARA 4º CURSO 4.- CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS POR CURSOS 5.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS. 6.- METODOLOXÍA 6.1.- DISTRIBUCIÓNS DE GRUPOS 6.2.- CRITERIOS METODOLÓXICOS 7.- MATERIAIS E RECURSOS 8.- AVALIACIÓN 8.1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 8.2.- PROCEDEMENTOS E MÍNIMOS ESIXIBLES 9.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN 10.- AS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 11.- PROGRAMA DE REFORZO DE MATERIAS PENDENTES 12.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 13.- ACCIÓNS PREVISTAS CO PROXECTO LECTOR 14.- ACCIÓNS PREVISTAS CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S 15.- CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

O departamento de tecnoloxía do Colexio Montesol está formado por Cristina Díaz Prego (profesora de tecnoloxía do 1º ciclo da ESO) e Ana Isabel Pousa Álvarez (profesora de tecnoloxía do 2º ciclo da ESO e xefa do departamento). 1. INTRODUCCIÓN O Real decreto 3473/2000, do 29 de decembro, aprobado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), que establece os ensinos mínimos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria, foi desenvolvido no marco das competencias atribuídas á comunidade autónoma de Galicia polo Decreto 233/2002, do 6 de xuño, que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na comunidade autónoma de Galicia e que modifica o Decreto 78/1993, que no seu momento regulou estes ensinos nesta comunidade autónoma. As ensinanzas de 1º e 3º da ESO desenvólvense en relación ao currículo establecido polo Decreto 133/2007, do 5 de xullo (DOG do 13 de xullo), no relativo ás materias de Educación plástica e visual e tecnoloxías, en relación coa entrada en vigor da nova lei de educación , LOE , para o curso académico 2007/2008. Na normativa actual, o currículo debe adaptarse ás características dos alumnos e ó contexto no que se desenvolve o proceso educativo. É dicir, o currículo debe ser un elemento máis dun proxecto educativo que responda ós intereses, ás necesidades e ós trazos específicos do contexto histórico, social, cultural e natural da comunidade autónoma, sen os desligar de contextos máis amplos —nacional, europeo e mundial— sen esquecer, no caso desta área, a súa evidente repercusión no desenvolvemento económico No aspecto metodolóxico empregaranse aqueles recursos metodolóxicos que mellor garantan a formación do alumno e o desenvolvemento pleno das súas capacidades persoais e intelectuais, sempre favorecendo a súa participación para que aprenda a traballar con autonomía e en equipo, de forma que el mesmo constrúa o seu propio coñecemento. Por iso, todos estes obxectivos forman parte do desenvolvemento integral do alumno (capacidade para coñecer, comprender e explicar) e son alcanzables a maioría deles dende calquera área, anque algúns o poden ser dun modo máis específico nalgunhas delas. En consecuencia, o proceso de avaliación das aprendizaxes do alumno debe te-las seguintes características: continua, formativa, personalizada e integradora. O desenvolvemento da tecnoloxía nos dous últimos séculos foi maior ca no resto da historia da humanidade, e introduciuse na sociedade en moitísimos xeitos. Como ademais se desenvolveron, paralelamente á tecnoloxía, diversas ferramentas que facilitan o proceso de desenvolvemento de proxectos, mecanismos e outros elementos, é necesario incluir estas ferramentas.Son especialmente as relacionadas coas novas tecnoloxías da información e cos diversos programas de ordenador que facilitan certos xeitos do desenvolvemento tecnolóxico. Esta programación está orientada para o primeiro ciclo, terceiro e cuarto curso da ESO do Colexio Montesol. 2.- COMPETENCIAS BÁSICAS En liña co concepto de currículo disposto no artigo 6 da LOE, destacan o valor das competencias básicas. A Lei, no seu artigo 26.1 (principios pedagóxicos da

ESO) determina que nesta etapa prestarase especial atención á adquisición e desenvolvemento de competencias básicas. Estas serán referente dos procesos de ensino-aprendizaxe e de avaliación (promoción, titulación e avaliación de diagnóstico ao finalizar segundo). Todo iso implica que as ensinanzas que se establecen no currículo oficial e a súa concreción nos centros han de garantir o desenvolvemento das competencias básicas polos alumnos. Os novos currículos da ESO identificaron oito competencias básicas para o conxunto da escolaridade obrigatoria. Son as seguintes: C1.- Comunicación lingüística. C2.- Matemática. C3.- Coñecemento e a interacción co mundo físico. C4.- Tratamento da información e competencia dixital. C5.- Social e cidadá. C6.- Cultural e artística. C7.- Aprender a aprender. C8.- Autonomía e iniciativa persoal. A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias finalidades: -.En primeiro lugar, integrar as diferentes aprendizaxes, tanto os formais, incorporados ás diferentes materias,como os informais e non formais. -.En segundo lugar, permitir a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes, polos en relación con distintos tipos de contidos e utilizalos de xeito efectivo cando lles resulten necesarios en diferentes situacións e contextos. -.E, para rematar, orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible e, en xeral, inspirar as distintas decisións relativas ao proceso de ensino e de aprendizaxe. Ao seren as competencias un elemento organizador van ter influencia non só nos contidos e na avaliación senón tamén na metodoloxía. A planificación das actividades complementarias e extraescolares pode reforzar o desenvolvemento do conxunto das competencias básicas. A área de tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento da competencia de interacción no medio físico, principalmente, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos, sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno no que o tecnolóxico constitúe un elemento esencial, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados. Pola súa parte, a análise de obxectos e sistemas técnicos desde varios puntos de vista, permite coñecer como foron deseñados e construídos os elementos que os forman e a súa función no conxunto, facilitando o seu uso e a súa conservación. É importante, por outra parte, o desenvolvemento da capacidade e da disposición para lograr un contorno saudable e unha mellora da calidade de vida, mediante o coñecemento e a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional.

A contribución á autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo particular que proporciona esta materia para abordar os problemas tecnolóxicos, e será maior na medida en que, a metodoloxía empregada na aula, fomente modos de enfrontarse a eles de maneira autónoma e creativa, incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepare para a análise previa das consecuencias das decisións que se toman no proceso. As diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas que se analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado; e, por último, a realización de propostas de mellora; todas elas contribúen ao desenvolvemento desta competencia, ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais, como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza en si mesmo e á mellora da súa autoestima. O tratamento específico das tecnoloxías da información e da comunicación, integrado nesta materia, proporciona unha oportunidade especial para desenvolver a competencia no tratamento da información e da competencia dixital, e a este desenvolvemento están dirixidos especificamente unha parte dos contidos. Contribuirase ao desenvolvemento desta competencia na medida na que as aprendizaxes asociadas incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas destrezas básicas asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitivo contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso, están asociados ao seu desenvolvemento os contidos que permiten localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Por outra parte, debe destacarse, en relación co desenvolvemento desta competencia, a importancia do uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de simulación de procesos tecnolóxicos e para a adquisición de destrezas con linguaxes específicas. A contribución á adquisición da competencia social e cidadá, no que se refire ás habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo no que se aborden os contidos, especialmente os asociados ao proceso de resolución de problemas tecnolóxicos, onde o alumnado ten múltiples ocasións para expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar ás outras persoas, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións practicando o diálogo e a negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara ás súas compañeiras e aos seus compañeiros. Ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia de Tecnoloxía desde a análise do seu desenvolvemento tecnolóxico e da súa influencia nos cambios económicos e de organización social que tiveron lugar ao longo da historia da humanidade. A actividade tecnolóxica, por outra parte, caracterízase polo traballo colectivo, que permite o desenvolvemento de habilidades relevantes de interacción social. O uso instrumental de ferramentas matemáticas, na súa xusta dimensión e de maneira fortemente contextualizada, contribúe a configurar adecuadamente a competencia matemática, na medida na que proporciona situacións de aplicabilidade a diversos campos, facilita a visibilidade desas aplicacións e das relacións entre os contidos matemáticos e pode, segundo como se formule, colaborar á mellora da confianza no uso desas ferramentas matemáticas. Algunhas delas están especialmente presentes nesta materia, como a medición e o cálculo de magnitudes básicas, o uso de escalas,

a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación de expresións matemáticas, referidas a principios e fenómenos físicos, que resolven problemas prácticos ou necesidades sociais. A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da adquisición de vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información. A lectura, interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e das súas estruturas formais. O uso da lingua galega nun contexto tecnolóxico (léxico específico) estende o seu ámbito de aplicación facilitando a normalización da lingua no ámbito profesional. Contribúe así, a crear un espazo tecnolóxico lingüístico propio cuxa existencia, senón imprescindible é, cando menos, necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade autónoma. Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas, reflexión sobre as relacións de causa-efecto, a contrastación nos procesos de experimentación e construción. O estudo metódico de obxectos, sistemas ou contornos axuda a desenvolver habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e valores necesarios para a aprendizaxe. A competencia cultural e artística adquírese desenvolvendo a iniciativa, a imaxinación e a creatividade na resolución das necesidades sociais e permite unha mellor apreciación das manifestacións culturais que sempre incorporan elementos técnicos. 3.- OBXECTIVOS XERAIS DA AREA Este Decreto establece, así mesmo, os obxectivos que deben consegui-los alumnos nesta área desta etapa educativa, e que, á súa vez, son instrumentais para logra-los xerais de ESO: Comprender conceptos básicos, leis elementais e modelos primarios da tecnoloxía que lles permitan interpretar, explicar e predici-lo funcionamento de obxectos e de sistemas técnicos sinxelos. 1. Resolver sinxelos problemas tecnolóxicos da vida cotiá, abordando a súa análise con autonomía e creatividade e traballando de forma ordenada e metódica para formular vías de solucións prácticas e o máis idóneas posibles. 2. Utilizar coñecementos e destrezas técnicas para o deseño, para a elaboración simulada e para a avaliación de obxectos e sistemas tecnolóxicos sinxelos, manipulando materiais, ferramentas e instrumentos con seguridade e hixiene, nun contorno de traballo agradable e productivo. 3. Expresar e comunicar ideas sobre problemas comúns e solucións técnicas en situacións habituais para o alumnado, utilizando os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario tecnolóxico adecuados para a súa documentación e formulación en soportes impreso e informático. 4. Desenvolver actitudes de responsabilidade, colaboración e tolerancia no traballo en equipo para realizar pequenos proxectos tecnolóxicos sinxelos, participando activamente na toma de decisións, na execución das tarefas e na avaliación de resultados cunha disposición aberta, flexible e de respecto. 5. Integra-los medios informáticos e as redes dixitais para a formulación de cuestións e proxectos tecnolóxicos sinxelos, utilizando os programas

informáticos e os servicios de Internet para a documentación e comunicación, á busca e a difusión da información. 6. Propiciar unha actitude de interese e curiosidade cara ás actividades e cara ás novas realizacións tecnolóxicas nos distintos traballos e profesións de distintos ámbitos laborais, motivando iniciativas de investigación sobre posibles orientacións vocacionais propias. 7. Analizar e valorar criticamente as influencias do desenvolvemento tecnolóxico sobre a humanidade e o medio ambiente, identificando as súas repercusións sobre a organización social do traballo, do tempo libre e nas actividades de diversión. 3.A.- OBXECTIVOS PARA 2 e 3º DA ESO A ensinanza da tecnoloxía nesta etapa terá coma finalidade o desenrrolo das seguintes capacidades: 1. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de xeito ordenado e metódico para analizar un problema, recopilar e seleccionar información procedente de diversas fontes, elaborar documentación, concebir, deseñar, planificar e construir obxectos ou sistemas que resolvan o problema plantexado. 2. Dispor de destrezas técnicas e coñecementos para análise, deseño, manipulación, elaboración de materiais, obxectos e sistemas tecnolóxicos. 3. Analizar obxectos para entender o seu funcionamento, coñecer os seus elementos e as funcións que desempeñan. 4. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, empregando medios tecnolóxicos, recursos gráficos, simboloxía e vocabulario axeitado. 5. Desenrrolo, interese e curiosidade cara a actividade tecnolóxica e a súa influencia na sociedade, medio ambiente, saúde e benestar persoal e colectivo. 6. Comprender as funcións dos compoñentes físicos do ordenador así coma o seu funcionamento e o xeito de conectalos. Manexar con soltura aplicacións informáticas. 7. Asumir de xeito crítico e activo o avance e aparición de novas tecnoloxías. 8. Actuar de xeito dialogante, flexible e responsable no traballo en equipo, na búsqueda de solucións, na toma de decisións e na execución das tareas encomendadas con actitude de respeto, colaboración, tolerancia e solidaridade. 3.B.- OBXECTIVOS PARA 4º CURSO 1. Capacidade de interpretar e manexar simboloxía de instalacións dunha vivenda: eléctrica, auga, saneamento. 2. Analizar e comprender o funcionamento e aplicación dun circuito eléctrico e os seus compoñentes elementais.

3. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole e o funcionamento das portas lóxicas. 4. Analizar e describir os elementos e sistemas de comunicación alámbrica e inalámbrica e os principios básicos do seu funcionamento. 5. Comprender os sistemas automáticos, os seus compoñentes e ser capaces de representalos empregando a simboloxía axeitada a sistemas eléctricos, hidráulicos, neumáticos e mecánicos. 6. Comprender as principais aplicacións das tecnoloxías hidraúlica e neumática e analizar as súas características e funcionamento destes sistemas. 7. Analizar a evolución tecnolóxica ó longo da historia e a súa relación co entorno e a repercusión na calidade de vida.

4.- SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS POR CURSOS A materia de tecnoloxía ó longo dos diferentes cursos de 2º e 3º da ESO distribuirase en diferentes bloques que non poden entenderse separadamente. BLOQUE I : Proceso de resolución técnica de problemas. BLOQUE II: Hardware e sistemas operativos BLOQUE III: Técnicas de expresión e comunicación gráfica. BLOQUE IV: Materiais de uso técnico. BLOQUE V: Estructuras, mecanismos e electricidade BLOQUE VI: Tecnoloxías da Comunicación En 4º curso, de carácter opcional, incorporanse algúns bloques que permiten avanzar nos aspectos esenciais recollidos na primeira etapa, sendo a distribución por bloques a indicada a continuación: BLOQUE I :Instalacións en vivendas. BLOQUE II: Electrónica. BLOQUE III:Control e robótica. BLOQUE IV:Neumática e hidráulica. BLOQUE V: Tecnoloxía da comunicación. BLOQUE VI: Tecnoloxía e sociedade 2ºESO PRIMEIRO TRIMESTRE TEMA 1: O PROCESO TECNOLÓXICO • A tecnoloxía resolve problemas: definición e obxectivo. Proceso tecnolóxico. Aula taller: organización, xestión e normas de hixiene e seguranza. Empresa e mercado. Publicidade e consumo: a comercialización e a publicidade do producto. Análise de obxectos.

• • • • •

TEMA 2: ESTRUCTURAS •

As estructuras e os seus tipos. • Elementos das estructuras. • Esforzos que soporta unha estructura. • Proceso de deseño dunha estructura resistente tendo en conta a necesidade que hai que cubrir. • Perfís e triangulación de estructuras básicas. • PROXECTO DA UNIDADE: Realización do Belén en papel maché. Confección de postais con papel reciclado. SEGUNDO TRIMESTRE TEMA 3: MATERIAIS E MADEIRA



Clasificación dos materiais. • A madeira. • Propiedades da madeira. • Clasificación da madeira. • Derivados da madeira. • Traballo con madeira. • Impacto ambiental e as súas solucións. TEMA 4: OS MATERIAIS METÁLICOS



Obtención de metais. • Tipos e propiedades. • Técnicas de manipulación. • Unións e acabamento. • Fabricación industrial. • PROXECTO DA UNIDADE: Decoración de cristal con virutas de alumino, cobre ou ouro. TEMA 5: DESEÑO E CONSTRUCCIÓN DE OBXECTOS



Obtención de materiais. • Tipos de industrias. • Proxecto técnico: partes. Uso de modelos e prototipos. • A fabricación: producción en serie. TERCEIRO TRIMESTRE TEMA 6: ELECTRICIDADE



Voltaxe, intensidade resistencia e as súas umidades no Sistema Internacional. • Lei de Ohm. • Materiais conductores e illantes. • Circuítos. • Xeradores,receptores e elementos de control: interruptores,fusibles, lámpadas. • Circuítos en serie e en paralelo. • Transformación da electricidade. • Enerxía eléctrica e potencia consumida. • PROXECTO DA UNIDADE: Realización de lámpadas e bolsas.

TEMA 7: O ORDENADOR E OS PERIFÉRICOS · • • • • •

A linguaxe informática. A historia do ordenador. O hardware. CPU e periféricos Instalacións dos periféricos: os controladores ou drivers Tipos de periféricos.

TEMA 8: O PROCESADOR DE TEXTOS. INTERNET •

A ofimática e a empresa. • O procesador de textos. • Aplicacións para usar Internet: os navegadores. • Buscar información na www. • As páxinas como ferramenta de comunicación.

3ºESO Proba inicial de coñecementos previos. 1º TRIMESTRE TEMA 1: ESTRUCTURAS E MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN -

Tipos de estructuras resistentes: masivas, entramadas, colgadas y estructuras de barras. Triangulación. Esfuerzos básicos. Elementos resistentes. Aplicaciones. Identificación de elementos básicos en estructuras convencionales: cimentación, soportes, vigas y forjados. Materiais de construcción

TEMA 2: MECANISMOS E MÁQUINAS -

-

Mecanismos básicos de transmisión y transformación del movimiento (polea, polipasto, palanca, ruedas de fricción, sistemas de poleas, engranajes, tornillo sin fin, sistema de engranajes, manivela-torno, piñóncremallera, tornillo-tuerca, biela-manivela, cigüeñal, leva, freno, embrague y sistemas de acoplamiento). Constitución y funcionamiento. Ley de la palanca, momento de fuerzas y relación de transmisión. Aplicaciones de los distintos mecanismos.

Visualización de 2 documentales de discovery chanel sobre a evolución do motor e grúas. Realización dun traballo individual por escrito que será exposto na clase por cada alumno/a ante os seus compañeiros sobre a “Evolución histórica de .....”

2º TRIMESTRE TEMA 3: MATERIAIS PLÁSTICOS · • • • •



A obtención dos materiais plásticos. Tipos, características e aplicacións dos materiais plásticos. Propiedades específicas. Procedementos de fabricación. Técnicas básicas para o traballo con materiais plásticos. Identificación a través dos códigos.

TEMA 4: ENERXÍA E A SÚA TRANSFORMACIÓN -

Xeración transporte e distribución. Centrais , tipos. Enerxías renovables: tipos, características e aproveitamento das mesmas.

Visualización de 6 reportaxes relacionadas coas enerxías alternativas: maremotriz, biomasa, hidraúlica, solar, eólica, xeotérmica. Proxecto: Construcción dun proxecto elexido previamente polos alumnos/as do catálogo de Traditecno, co fin de adquirir destreza no manexo das ferramentas e máquinas da aula taller, interpretación de planos, acabado dos productos e traballo en grupo. 3º TRIMESTRE TEMA 5: HARDWARE -Arquitectura básica dun ordenador - Dispositivos de almacenamento. - Sistemas de entrada e saída TEMA 6: SOFTWARE - O sistema operativo. Windows - A folla de cálculo: Utilidade, Software ofimático, Fórmulas e funcións. - Bases de datos TEMA 7: TECNOLOXÍA DA COMUNICACIÓN. INTERNET - Comunidades e aulas virtuais - A comunicación en Internet - Correo electrónico - Comunicación asíncrona - Conversa en tempo real - Páxinas web TEMA 8: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN. REDES INFORMÁTICAS -

Búsqueda de información Rede informática

4ºESO 1º TRIMESTRE TEMA 1: HARDWARE E SOFTWARE - O ordenador - A folla de cálculo en tecnología - Comunicación entre ordenadores TEMA 2: DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR - Significado de CAD, CAM, CAE. - CAD, aplicacións e tipos de programas - Programas de deseño de obxectos - Deseño gráfico TECNOLOXÍA DA COMUNICACIÓN - A comunicación - Transmisión alámbrica e inalámbrica - Redes de comunicación de datos - Principios técnicos de funcionamento de Internet 2º TRIMESTRE TEMA 4: ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA - Electrónica. Componentes electrónicos - Sistemas electrónicos - Electrónica dixital TEMA 5: INSTALACIÓNS EN EDIFICIOS - Augas de consumo e residuais - Instalación eléctrica - Instalación de gas - Instalacións de transporte - Instalacións audiovisuais Proxecto: Construcción dun proxecto elexido polos alumnos /as do catálogo de traditecno dalgún obxecto que leve incorporado un circuito eléctrico-electrónico. 3º TRIMESTRE TEMA 6: FLUIDOS (NEUMÁTICA E HIDRAÚLICA) -

Definición de fluidos Principios de Pascal e Arquímedes Empuxe Circuitos pneumáticos e hidráulicos

TEMA 7: A TECNOLOXÍA E O SEU DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO -

Perspectiva histórica do desenvolvemento tecnolóxico Fitos fundamentais na historia da tecnoloxía Modelos sociais

5- CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS. Neste apartado aplicaremos os seguintes criterios para os 3 primeiros cursos da ESO e plantexaremos outros para o 4º curso debido ó seu carácter opcional: 1. Valorar as necesidades do proceso tecnolóxico empregando a resolución técnica de problemas analizando o seu contexto, propondo solucións alternativas e desenrrolando a máis axeitada. Elaborar documentos técnicos empregando recursos verbais e gráficos. (C1, C2, C3, C4, C7). 2. Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo empregando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respeto polo medio ambiente e valorando as condicións do entorno de traballo. (C2, C3, C7, C8). 3. Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos electrónicos. Manexar o entorno gráfico dos sistemas operativos como interfaz de comunicación coa máquina. (C3, C4, C8). 4. Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de unión e rematado. (C1, C3, C5, C7, C8). 5. Representar mediante vistas (alzado, pranta e perfil) e perspectivas (cabaleira) obxectos técnicos sinxelos, empregando criterios de normalización de acotación e escala. (C2, C3, C4). 6. Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica empregando follas de cálculo e procesadores de texto. (C1, C2, C4). 7. Analizar e describir nas estructuras do entorno os elementos resistentes (vigas, pilares, zapatas, tensores, arcos,...) e os esforzos a que están sometidos (flexión, tracción, torsión, compresión e cortadura). (C2, C3, C4, C5, C6, C7, C8). 8. Identificar e manexar operadores mecánicos encargados da transformación e transmisión do movemento en máquinas. Explicar o seu funcionamento no conxunto e, no seu caso, calcular a relación de transmisión. (C2, C3, C4). 9. Valorar os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas. Empregar correctamente instrumentos de medida de magnitudes eléctricas básicas. Deseñar e simular circuitos con simboloxía axeitada e montar circuitos formados por operadores elementais. (C1, C2, C3, C4, C6). 10. Acceder a Internet para a utilización de servizos básico: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación intergrupal e publicación de información. (C4)

.

Para o 4º curso serían os seguintes: 1. Describir os elementos que compoñen as distintas instalacións dunha vivenda e as normas que regulan o seu deseño e emprego. Realizar deseños sinxelos empregando a simboloxía axeitada e montaxe de circuitos básicos e valorar as condicións que contribúen ó aforro enerxético, habitabilidade e estética dunha vivenda. (C2, C3, C4, C5, C8). 2. Describir o funcionamento e aplicación dun circuito electrónico e os seus compoñentes elementais e realizar a montaxe de circuitos electrónicos previamente deseñados cunha finalidade empregando a simboloxía axeitada. (C1, C2, C4, C8). 3. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole, relacionar plantexamentos lóxicos con procesos técnicos e resolver mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos.( C2, C3, C7, C8). 4. Analizar e describir os elementos e sistemas de comunicación alámbrica e inalámbrica e os principios básicos que rixen o seu funcionamento. (C1, C3, C4, C5). 5. Analizar sistemas automáticos, describir os seus compoñentes e montar automatismos sinxelos. (C1, C2, C3, C4, C8). 6. Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías hidráulica e neumática e identificar e describir as características e funcionamento deste tipo de sistemas. Empregar con soltura a simboloxía e nomenclatura necesaria para representar circuitos coa finalidade de deseñar e construir un mecanismo capaz de resolver un problema cotiá, empregando tecnoloxía hidráulica e neumática. (C1, C2, C3, C4, C7,C8). 7. Coñecer a evolución tecnolóxica ó longo da historia. Analizar obxectos técnicos e a súa relación co entorno e valorar a súa repercusión na calidade de vida. (C5, C6, C7, C8). 6. METODOLOXÍA 6.1.- DISTRIBUCIÓNS DE GRUPOS A continuación se nomean os grupos, as materias así como os docentes que as impartirán:  TECNOLOXÍA 2º ESO – 2 GRUPOS – Cristina Díaz  TECNOLOXÍA 3º ESO – 2 GRUPOS – Ana Pousa  TECNOLOXÍA 4º ESO – 2 GRUPOS – Ana Pousa 6.2.- CRITERIOS METODOLÓXICOS A formulación curricular desta área na Educación Secundaria Obrigatoria toma como principal punto de referencia os métodos e procedementos dos que se serviu a Humanidade para resolver problemas mediante a tecnoloxía, non en van impulsou o desenvolvemento de moi diversos aspectos das distintas civilizacións históricas dende

as súas orixes e solucionou algúns dos seus problemas (de aí a importancia dos contidos procedementais): isto é, o proceso que vai dende a identificación e análise dun problema ata a construcción do obxecto, máquina ou sistema capaz do resolver. A aceleración que se produciu no desenvolvemento tecnolóxico nas últimas décadas e o aumento do protagonismo das novas tecnoloxías condicionan a necesidade formativa nun campo no que o cidadán vai ser axente activo, xa sexa como consumidor ou productor de innovacións. A tecnoloxía xorde, así, como resultado da intersección entre ciencia e técnica e busca darlles solución ós problemas e necesidades individuais e colectivos, mediante a construcción de obxectos e sistemas técnicos que requirirán o emprego de diversos recursos. Non se debe esquecer que a tecnoloxía é un producto social, coas lóxicas consecuencias económicas, ambientais, sociais, etc., que diso se derivan, o que obriga a calibra-los seus efectos. A área de Tecnoloxía na ESO basea a súa aprendizaxe na adquisición de coñecementos e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles, ben sexa modificándoos ou creándoos, fomentando as aptitudes innovadoras na busca de solucións ós problemas existentes, así coma a sensibilidade ante o aforro e o aproveitamento dos recursos. Igualmente, os alumnos han de usa-las tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizar ou crear, analizar, intercambiar e presenta-la información. Resumidamente, debe saber facer e debe saber por qué se fai, sobre todo tendo en conta a forma tan acelerada en que se crean novos coñecementos e outros se quedan obsoletos. Por todo iso, consideremos que a formulación metodolóxico debe ter en conta os seguintes principios:  A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e para o desenvolvemento da actividade tecnolóxica.  A aplicación dos coñecementos adquiridos aumenta o seu significado ó realiza-la análise dos obxectos tecnolóxicos existentes, así coma á súa posible manipulación e transformación.  Desenvolver nos alumnos a posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais debe constituí-lo termo dun proceso de aprendizaxe que se apoia nos dous puntos precedentes.  Transmitirlle ó alumno a importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home, e que modifican dalgunha forma as condicións de vida das distintas sociedades históricas. Para conseguir esto, a proposta didáctica na área de Tecnoloxía debe basea-lo proceso de ensino-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e proxecto. O método de análise baséase no estudio de distintos aspectos dos obxectos e sistemas técnicos, para chegar dende o propio obxecto ou sistema a comprende-las necesidades que satisfán e os principios científicos nos que se basea o seu funcionamento.

O método de proxectos consiste en deseñar ou proxectar obxectos ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construí-lo proxectado e avaliar ou verificar posteriormente a súa validez. 7.- MATERIAIS E RECURSOS LIBROS DE TEXTO En 2º ESO emprégase o libro de texto Tecnoloxía 2º do Proxecto A Casa Do Saber da editorial Santillana. En 3º ESO a materia é explicada pola profesora a través de apuntes e fotocopias aínda que a programación axústase ao libro de texto correspondente ao curso de 3º ESO da mesma editorial. En 4º ESO o texto empregado é Tecnoloxía 4º Proxecto Ánfora da editorial Oxford. MATERIAL COMPLEMENTARIO 2ºESO: cola, pinceles, pinturas, plásticos,cartóns e vidrio. 3ºESO: apuntes preparados polo profesor. Libretas. Proxectos. Documentais (DVD´s). Ordenadores. Realización de proxectos mercados a empresa traditecno. 4º ESO: Libreta. Ordenadores. Proxectos. CD´s do alumno. Documentais (DVD ´s). Realización de proxectos mercados a empresa traditecno. 8.- AVALIACIÓN: A avaliación concíbese e practícase da seguinte maneira: •

Individualizada, centrándose na evolución de cada alumno e na súa situación inicial e particularidades.



Integradora, para o cal atende a existencia de diferentes grupos e situacións e a flexibilidade na aplicación dos criterios de avaliación que se seleccionan.



Cualitativa, na medida en que se aprecian todos os aspectos que inciden en cada situación particular e avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.



Orientadora, dado que lle achega ao alumno ou alumna a información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas.



Continua, xa que atende á aprendizaxe como proceso, contrastando os diversos momentos ou fases.

O proceso de avaliación ten como obxectivos: - Coñecer a situación de partida dos alumnos cando se inicia unha unidade. - Facilitar a formulación dun modelo de actuación adecuado ao contexto, en función dos datos anteriores.

- Seguir a evolución do desenvolvemento e da aprendizaxe dos alumnos. - Tomar as decisións necesarias para amoldar o deseño e desenvolvemento da nosa acción educadora ás necesidades e logros detectados nos alumnos nos seus procesos de aprendizaxe. 8.1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN: ●

Realización de probas escritas



Realización das actividades do libro de texto e doutras propostas polo profesor



Resolución de exercicios na clase ou fóra dela



Realización de traballos



Entrega dos materiais requeridos nos prazos fixados



Participación activa e comportamento axeitado na clase



Comportamento e actitude pola materia na aula



A súa atención, interese ou esforzo que amosa durante as clases ou na aulataller e aula de informática.



Capacidade de traballo en grupo

8.2.- PROCEDEMENTOS E MÍNIMOS ESIXIBLES Referente á valoración dos resultados, é dicir, cualificacións indicar que os alumnos/as e os seus pais son informados, ó comezo do curso, dos seguintes aspectos sobre a avaliación: - Realizarase unha proba escrita ó remate de unha ou dúas unidades. - Aquel alumno/a que non supere a nota de 3 nunha proba escrita, non aprobará a avaliación. - Despois das vacacións do Nadal e de Semana Santa farase un exame de recuperación ó que só se presentarán aqueles alumnos/as que teñan respectivamente a primeira ou segunda avaliación suspensa. - A libreta será revisada, polo menos unha vez ó trimestre, pola profesora e virá firmada polos pais para que coñezan o traballo do seu fillo/a na materia. - A presentación da libreta, cando as pida a profesora, é imprescindible para aprobar a asignatura. - A nota da avaliación virá dada pola media numérica das probas escritas, a nota da libreta, os traballos realizados en grupo ou de maneira individualizada e o traballo diario do alumno/a (facer os deberes, atender na clase, correxir ben os exercicios)

9.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN No proceso xeral de avaliación contemplaranse os seguintes puntos:

1.- As probas escritas constituirán o 70 % da nota final da avaliación que constarán dun total de 2 ou tres probas por avaliación, onde a nota final será a media das probas. Mediante estas probas valoramos se os alumnos acadan ou non o nivel mínimo do coñecemento da materia. As probas avalíanse nunha escala de 0 a 10: · De 1 a 4 : insuficiente · 5: suficiente · 6: ben · 7-8: notable · 9-10: sobresaínte As notas con decimais consideraranse como pertencentes ó número que as precede (6,25= ben). Estas probas poderán abarcar aqueles contidos que o profesorado estime oportuno tendo en conta o carácter continuo da avaliación, o desenvolvemento dos contidos e as características dos alumnos. Podendo variar tamén o número de preguntas nas probas. A puntuación final da proba será de 10 puntos, podendo variar a puntuación entre as preguntas da mesma. Neste aspecto, todas as probas aparecerán coa puntuación correspondente a cada pregunta na parte final de dita proba, para que os alumnos coñezan o diferente valor das mesmas. 2.- O 30 % restante da nota o conformarán: a) A actitude cívica e a participación nas clases no que se terá en conta se preguntan dúbidas, se acude co material necesario, se mostra interese por aprender, pola materia e a correcta presentación da libreta. (10%) Os profesores corrixirán as libretas dos alumnos e as avaliarán coa seguinte escala: MB, B, R, Mal. Dita corrección realizarase ó remate de cada unidade. Na corrección teranse en conta aspectos como: caligrafía, ortografía, desenvolvemento dos contidos, numeración correlativa de exercicios, corrección adecuada dos exercicios, a realización de todas as actividades e a presentación final da mesma. A participación nas clases avalíase podendo conseguir os alumnos chamadas positivas ou negativas mediante a corrección dos exercicios propostos no encerado ou oralmente e acudindo co material necesario. b) Os hábitos de traballo e esforzo na realización das tarefas e traballos propostos para cada avaliación (individuais ou en grupo), tendo en conta a capacidade de organización dos instrumentos de traballo, a colaboración nos traballos en grupo, o comportamento na aula de informática ou na aula- taller e o esforzo por realizar os traballos e rematalos nas datas propostas polo profesor/a. (20%) Dito porcentaxe sumará ou restará a nota da avaliación dependendo de se a cualificación é positiva ou negativa. 3.- Os alumnos que trala celebración da avaliación extraordinaria de setembro teñan a materia cualificada negativamente e promocionen ó curso seguinte, realizarán un plan de taballo de reforzo elaborado polo profesor do curso no que se atope o alumno e coordinado polo xefe de departamento. A nota das diferentes avaliacións así como a nota final do curso reflexará os criterios citados anteriormente.

No caso de desacordo do alumno/a coa nota obtida nalgún dos instrumentos de avaliación, así como na nota reflexada no boletín, será o profesor da materia quen atenda ditas reclamacións. Se este desacordo afectase á promoción de curso ou ciclo ou á titulación o profesor acollerase ó establecido no plano do centro e á lexislación vixente. Criterios de promoción.- Neste apartado, tanto na promoción coma no proceso de titulación a materia de tecnoloxía englóbase dentro do programa que cada curso debe superar o alumno e por tanto seguirase o criterio establecido polo centro a este efecto. 10.- AS MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A programación de tecnoloxía debe ter en conta os contidos nos que o rendemento varía claramente duns alumnos a outros, por exemplo, os relacionados coas actividades do debuxo, destreza na utilización de diversos instrumentos ou máquinas na aula taller. Neste senso a área de tecnoloxía atende á diversidade de distintos modos: - Ë esencial plantexar exercicios de reforzo e ampliación. - O desenrrolo de proxectos de distinta dificulatade tamén servirá para axeitar os contidos da área as diferentes capacidades dos alumnos. - Ë importante comprobar os coñecementos previos dos alumnos ó comenzo de cada tema. Cando se detectan algunhas lagoas nos coñecementos de terminados alumnos, proporanse actividades destinadas a subsanalas. - Os proxectos de construcción propóñense tamén en 2 niveis: por unha banda, proxectos con todos os pasos desenvolvidos que proporcionan unha guía de traballo completa; por outra banda, proxectos menos detallados nos que só se propón un problema ó alumno ó que deben dar unha resposta tecnolóxica, desenvolvendo eles mesmos o plan de actuación. - As monografías serven tanto para reforzar algúns conceptos como para ampliar outros. Son tamén un bo punto de partida para realizar o estudio de outros obxectos de interese tecnolóxico.

11.- PROGRAMA DE REFORZO DAS MATERIAS PENDIENTES DE CURSOS ANTERIORES 1.-Actividades propostas ó longo do curso: Dentro da disponibilidade do Centro procurarase atender ós alumnos con maior dificultade na aprendizaxe, atendendo á diversidade en dous niveis: na programación e na metodoloxía. Se detectamos algún caso no que un alumno non poida seguir as nosas asignaturas se falaría co titor/a e a través do cal se lle comunicaría á orientadora para que nos indicase o tipo de adaptación que habería que facer.

2.- Probas escritas convocadas: Segundo a Orde que regula o proceso de superación de materias pendentes, como mínimo serán realizadas dúas probas: unha en Maio e outra en Setembro. Non obstante, poderán ser convocadas probas parciais eliminatorias a fin de facilitar a preparación das mesmas e que serían convocadas en datas non coicidentes coas probas habituais para as avaliacións do curso vixente. En todas as probas o alumnado terá que responder a cuestións e exercicios do mesmo tipo que os que aparecen nas actividades propostas para entregar. Polo tanto, a preparación e realización das actividades debería ser suficiente para a superación das probas. Por iso recoméndase moi especialmente esta parte do proceso. Tanto as Actividades como as Probas escritas versarán sobre os contidos mínimos que aparecen recollidos na Lei, Decreto 133/2007, do 5 de Xullo (DOG 13 de Xullo de 2007), e que son obxecto de estudio nos libros de texto vixentes no centro. 3.- Criterios de cualificación segundo a materia pendente: Os criterios a seguir para que a cualificación final sexa avaliada positivamente son: Os alumnos de 3º ESO coa tecnoloxía pendente do curso anterior poden superar dita materia sempre que presenten os traballos propostos e aproben a 1ª avaliación de 3º ESO. O traballo de reforzo será preparado pola profesora que imparte clase en 3º ESO e ao longo do curso traballaranse os contidos mínimos en clases de reforzo que terán lugar os martes de 16:15 h a 17:15h a lo menos 1 martes de cada mes, sendo a asistencia voluntaria. No caso de non recuperar a materia terán que presentarse as probas extraordinarias de Maio ou Setembro. Non se plantexan medidas de reforzo para os alumnos de 4º ESO xa que no presente curso académico non hai ningún alumno coa materia pendente.

12.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Os alumnos de 2º ESO realizarán unha visita a empresa ENCE, en Pontevedra, co fin de familiarizarse co proceso de obtención e tratamento de papel para o seu reciclado, xa que na súa programación ao longo do curso traballarán e porán en práctica un taller de construcción de carpetas, postais,... con materiais reciclables. Os alumnos de 2º ESO participan na elaboración dun belén empregando materiais reciclables que exponse no vestíbulo do colexio dende princípios do mês de Decembro e participando no concurso de beléns organizado por Caixanova. Os alumnos de 3º ESO realizarán unha visita a empresa de automóbiles CITROEN en Vigo co fin de coñecer cales son as tecnoloxías empregadas no deseño e fabricación de vehículos. Ao finalizar o curso e coincidindo coas festas do colexio, todos os traballos realizados na aula de tecnoloxía polo alumnado da ESO será exposto na biblioteca do centro para que todos os alumnos, pais e profesores poidan comprobar o traballo realizado.

13.- ACCIÓNS CO PROXECTO LECTOR En todas as materias que constituen o Departamento trabállanse os seguintes aspectos: •

A elaboración de esquemas, mapas conceptuais sobre diferentes textos tecnolóxicos.



Traballos en actividades de lecturas comprensivas relacionadas cos temas dados.



Analise, síntese e obtención de conclusións a partir dos traballos realizados.

14.- ACCIÓNS CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICS O Departamento de Tecnoloxía introduce as novas tecnoloxías coas accións seguintes: •

Búsqueda de información na rede.



Uso da informática para a elaboración de traballos, e proxectos técnicos, follas de cálculo e deseño asistido por ordenador.



Emprego da calculadora para a resolución de problemas.



Visionado de documentais relacionados coas diferentes unidades.



Realización de actividades coa pizarra dixital.

15.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN Esta programación queda totalmente aberta e flexible, de forma que ao longo do curso e de acordo coa realidade educativa que nos encontremos, procederemos a : -Completala, ampliala, modificala segundo noso criterio profesional. -Realizar unha maior concreción nas unidades didácticas que se crea conveniente antes do inicio das mesmas. -Efectualas adaptacións curriculares que se crean oportunas.

AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN

OBXECTIVOS Traballáronse todos os obxectivos?

Afondouse nalgúns especialmente?

Obxectivos non alcanzados polos alumnos:

Cales:

Razón:





Grao de consecución de obxectivos:

Propostas de mellora:

CONTIDOS Traballáronse todos os conceptos?

Desenvolvéronse especialmente os seguintes:

Cales:

  Grao de adquisición de conceptos:

Propostas de mellora:

MÉTODOS E DIDÁCTICA Métodos aplicados:

Métodos máis eficaces:

Métodos menos eficaces:

Aplicación das actividades:

Utilidade das actividades:

Innovacións metodolóxicas:

RECURSOS MATERIAIS Libros de texto utilizados: Libros extracurriculares:

Razóns:



Outros materiais: Aplicación de novas tecnoloxías:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Traballouse de avaliación?

a

superación

de

Cales se traballaron en maior medida? Cales se traballaron en menor medida? Criterios de avaliación non alcanzados polos alumnos:       Grao de consecución dos criterios de avaliación:

Propostas de mellora:

todos

os

criterios

Related Documents