Ponencia

  • Uploaded by: Gabriel Torrente Rodríguez
  • 0
  • 0
  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Ponencia as PDF for free.

More details

  • Words: 6,349
  • Pages: 27
C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

PONENCIA POLITICA “Bases de Actuación Política para unha Galicia de Tod@s” Ponente Relator: Gerardo Conde Roa Raquel Arias Román Rodríguez Pedro Arias 1

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

SUMARIO: 1.-Introducción 2.-Retos da modernidade territorial 3.-Benestar e política social como cerne 4.-Acción política, ideas e principios

2

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

1.- INTRODUCCIÓN 1.-Galicia mantivo, especialmente dende mediados do S. XIX unha constante loita pola súa identidade como pobo con maior ou menor intensidade. Non se tratou nunca dunha loita entendida como confrontación entre dúas faccións diferentes, senón como unha loita, a veces contra si mesma; a veces contra poderosos adversarios interiores, pero en definitiva, aínda cando se preservou e séguese preservando un sentimento inequívoco de pertenza á

nación

española, unha vontade de afirmación diferencial cubriu sempre como un sutil manto, todo o devir do último século e medio de Galicia. Unha concreción clara deste feito foi o plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, celebrado en 1936 que concretaba nun instrumento xurídico articulado o que serian unhas institucións galegas perfectamente estruturadas. A realidade é que só ata que a Constitución de 1978 deu a posibilidade no seu título VIII de artellar unha configuración do Estado no que moitas das aspiracións do autogoberno de Galicia que se foron manifestando, tal e como se indicaba ó longo de moitos años, Galicia non ten posibilidade de establecer unha estrutura de goberno propia. Elo supuxo que Galicia ao longo destes últimos anos e de forma singular por impulso dos Gobernos do PP, accedeu a cotas de autogoberno cada vez máis importantes, dentro do desenrolo do citado Título VIII da Constitución Española. Na actualidade, unha vez iniciando o proceso de reforma dalgúns estatutos de autonomía,

plantexase a

posibilidade de que, Galicia, a través dun amplo acordo poida acceder a un marco estatutario actualizado que serviría, no só para mellorar a acción de goberno, aproximando ao cidadán a administración, senón para que Galicia continuase desenrolando a súa personalidade como Comunidade Autónoma, nacionalidade histórica, tal e como se dixo no espléndido marco da Constitución Española de 1978.

3

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

2.-Ao longo deste proceso, foron moitos os esforzos realizados, pero é necesario dar un novo impulso que permita completar o proceso e colocar a Galicia nunha posición que, como nacionalidade histórica que é, permita, a través

dunha

reforma

estatutaria

consensuada,

poñer

punto

final

á

estruturación de Galicia como unha entidade xurídico-constitucional completa e totalmente perfilada nas súas competencias. 3.-Dende este punto de vista, o discurso de investidura do Presidente Feijóo tivo destacadas mencións ao futuro que, como compromisos de goberno, nós respaldamos como partido. En efecto, manifestaba o Presidente Núñez Feijóo no seu discurso de investidura que: “unha gran maioría de galegos entenden que a pertenza de Galicia á democracia española é unha garantía da súa autonomía, que ademais reforzan vínculos humans, culturais e económicos que se remontan aos mais remotos tempos da Historia”. Existe unha idea forza que ven resumir dunha maneira clara o pensamento do noso partido en materia de autogoberno e que o Presidente recolle no seu discurso, “o autogoberno non é un fin, senón un medio que nos procura unha mellor xestión dos asuntos públicos”. Esta cuestión clave, desgraciadamente non foi entendida así polos nosos adversarios políticos, quenes en ocasións non dubidaron en utilizar o autogoberno, non para a mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, senón como un elemento de confrontación e defensa de intereses partidistas, que afortunadamente, como vimos nas últimas eleccións, non merecen o respaldo do pobo galego. 4.- É preciso lembrar, igualmente aquí, as tres liñas de actuación que o Presidente se comprometeu a seguir no seu

discurso de investidura, en

materia de autogoberno. 1.- A primeira delas relativa á reforma do marco estatutario e competencial 2.- As relativas ás institucións do noso autogoberno e a súa reforma 3.- As relativas ás relacións institucionais e á acción exterior de Galicia.

4

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

5.- De todo elo procede subliñar unha frase, que no propio discurso de investidura

é

clave

para

entender

o

noso

pensamento

e

o

noso

posicionamiento sobre a lealdade constitucional: “Unha reforma estatutaria – sinala o Presidente no seu discurso de investidura - que, recordo, terá que respectar a legalidade constitucional, tanto na letra como no espírito da Constitución

de

1978,

e

polo

tanto

no

conxunto

do

bloque

de

constitucionalidade que inclúe a xurisprudencia do Tribunal Constitucional”. 6.- É, pois, esencialmente conforme co noso pensamento político, que exista unha plena e acorde forma de integración co marco constitucional, do cal non só non nos temos alonxado nunca, senón que, en mais dunha ocasión fomos os seus defensores máis firmes e convencidos. 7.- Un aspecto fundamental do futuro que o noso partido plantexa á sociedade é o relativo á lingua galega, aspecto este que non debe de converterse nun elemento de confrontación, antes ao contrario, debería ser, como así foi durante os gobernos do Partido Popular, un elemento de cohesión e de convivencia pacifica entre os galegos. Neste senso dúas son as palabras que deben marcar o eixe de actuación de cara ao futuro: diálogo e liberdade. 8.- Porque o noso idioma nos caracteriza, nos enriquece e constitúe un dereito de todos os galegos, sen exclusións, independentemente de calquera opción partidista e das estratexias políticas. Estamos convencidos de que se equivocan quenes queren facer do galego un instrumento de imposición e se equivocan tamén os que consideran a lingua propia como algo subalterno ou marxinal. Este exemplo debe servirnos para ter unha conciencia clara do que queremos dicir ao falar de autogoberno para todos, sen exclusións e sen imposicións.

5

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

9.- En definitiva autogoberno, decisión sen imposicións externas en materias que son da nosa propia competencia, capacidade para decidir en aqueles aspectos que o marco constitucional nos outorga ou nos outorgará no futuro, capacidade para autorregularse, para achegarse aos problemas reais da xente cos instrumentos xurídicos axeitados, coñecemento próximo e inmediato das necesidades do noso pobo, e ao mesmo tempo, compromiso de eficacia no desenvolvemento da laboura de goberno que tales instrumentos poderán poñer nas nosas mans. 10.- Dende este punto de vista esta ponencia quixo centrase nalgúns aspectos que, vistos dende esta perspectiva xeral do autogoberno nos permiten abordar nos vindeiros meses de goberno como fundamentais, porque é un principio básico do Partido Popular de Galicia que o autogoberno é cousa de todos, de todos os galegos e galegas, de todos os que se senten galegos, dos galegos do exterior e dos do interior, sempre que teñan por obxectivo mellorar as condicións obxectivas de vida do noso pobo a través das súas institucións de autogoberno. 11.- Nesta ponencia quixemos analizar algúns deses aspectos, aínda, como é evidente, outros moitos poderían ter sido obxecto de estudo, pero entendemos que nos retos da modernidade territorial, e no benestar e a política social e nas ideas e os principios de actuación que informan a nosa acción política, pode atoparse o modelo axeitado que nos permita facer de Galicia a terra próspera, solidaria e aberta que todos soñamos dende sempre.

6

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

2.- RETOS DA MODERNIDADE TERRITORIAL 12.- O territorio ten adquirido nos últimos anos un protagonismo crecente na acción pública. A súa ordenación, potencial de desenvolvemento, valores paisaxísticos e ambientais, integración e complementariedade funcional, etc., son variables de cada vez máis transcendencia política. 13.- Nos inicios do século XXI se asíste a un reforzamento das políticas públicas respecto ó territorio. As grandes transformacións sociais, económicas, culturais e espaciais derivadas da globalización, necesariamente deben levarnos a propoñer novas fórmulas de interpretar e xestionar o territorio na súa concepción máis ampla. Máxime, nun momento como o actual marcado por un escenario de profunda e recente crise económica. 14.- Se a finais do século pasado referencias políticas como a Carta Europea de Ordenación do Territorio de 1982, a Conferencia de Río de 1992, na que se asenta o principio da sustentabilidade, ou a Carta de Aalborg de 1994, base para a elaboración das Axendas 21, foron sustento para ás políticas territoriais; nesta década inicial do século XXI a Estratexia Territorial Europea de 1999, o Convenio Europeo da Paisaxe do 2000 ou a Estratexia a favor do Desenvolvemento Sostible de 2001, revisada en 2006, convértense nos documentos marco das políticas públicas europeas nesta materia. 15.- A liña de acción política do PP de Galicia ten que partir necesariamente destas premisas, adecuando os seus principios e determinacións ás singularidades da nosa realidade concreta. A tal efecto organízase esta exposición partindo de dous grandes principios:

7

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

16.- TERRITORIO, AXENTE ACTIVO. O territorio non é só o soporte sobre o que as persoas e a sociedade civil desenvolve a súa vida cotiá, senón que é tamén un axente activo que repercute de xeito directo na calidade de vida e no potencial de desenvolvemento da cidadanía. 17.- GOBERNANZA TERRITORIAL. O territorio é marco para a organización dos servizos públicos e de definición dos ámbitos de gobernanza local. A administración territorial e local debe enfocarse cara ós novos retos que se propoñen: mobilidade, sustentabilidade, xestión da paisaxe, ordenación urbanística e territorial, etc. TERRITORIO, AXENTE ACTIVO. 18.- Galicia configúrase territorialmente como unha cidade única, estruturada a partir dun sistema urbano policéntrico que é necesario cohesionar social, económica e territorialmente. Organízase a partir de dúas grandes áreas urbanas de natureza metropolitana, A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra; dunha cidade que sirve de nexo intermedio entre elas, Santiago de Compostela; e de dúas cidades interiores que desempeñan unha función de polos de equilibrio, Lugo e Ourense. Compleméntase cunha nutrida rede de pequenas cidades ou vilas, que desempeñan un papel de núcleos intermedios formando un sistema urbano intermedio de gran vitalidade. E, xa por último, cóntase cun enorme número de asentamentos de natureza rural. Faise preciso favorecer a integración e complementariedade do conxunto do sistema urbano, mellorando a mobilidade e conectividade, co fin de facilitar un acceso en pé de igualdade ós servizos e ás oportunidades que Galicia ofrece como conxunto. A complementariedade das potencialidades e recursos das cidades, así como a progresiva integración rural-urbano deben ser apostas de futuro para mellorar a calidade de vida dos galegos, favorecer a competitividade dos nosos sectores económicos estratéxicos e fomentar un maior equilibrio territorial.

8

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

19.- Territorio, medio ambiente e paisaxe son un patrimonio cultural de todos os galegos. A acción de goberno entenderá que os seus valores sociais e culturais deben complementarse coas necesarias intervencións levadas a cabo, articulando as medidas de protección e integración necesarias. Entendendo tamén que tales variables son estruturas vivas que evolucionan de modo parello coa sociedade, e que a corto prazo son xa axentes activos para o logro dunha maior calidade de vida e un desenvolvemento socioeconómico máis equilibrado e integral. 20.- A acción de goberno en materia territorial debe fundamentarse na planificación, na coordinación interadministrativa e na integración das distintas políticas sectoriais que interactúan no territorio. A ordenación do territorio, o urbanismo, a paisaxe e a sostibilidade ambiental e as distintas accións sectoriais deben coordinarse dun xeito efectivo á fin de axilizar as tramitacións administrativas, reducir a burocratización e lograr unha maior eficiencia e eficacia da acción pública. Neste senso prestarase atención preferencial á aprobación prioritaria das

Directrices

de Ordeación

doTerritorio e do Plan do Litoral, e se iniciará a elaboración dos instrumentos contemplados na lexislación paisaxística. 21.-A sostibilidade e o carácter finito dos recursos naturais, débenos levar a un uso responsable dos mesmos e a unha planificación territorial transversal acorde co anterior. A acción política en materia paisaxística e ambiental, así como en materia urbanística-territorial, deben organizarse partindo do principio da sostibilidade ambiental e social, favorecendo en todo momento unha participación efectiva dos cidadáns e dos axentes sociais nos procesos de planificación e de elaboración dos diferentes instrumentos paisaxística.

9

contemplados

na

lexislación

territorial,

ambiental

e

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

22.- A práctica urbanística adquirirá co goberno do PP un carácter estratéxico, entendéndoa como unha responsabilidade compartida entre os concellos e a Xunta de Galicia, requiríndose desta unha maior implicación durante os procesos de redacción do planeamento xeral. Faise preciso favorecer mecanismos de cooperación e coordinación entre ambos niveis administrativos, á fin de reducir os tempos de elaboración do planeamento, e así prestar un apoio efectivo ós concellos, especialmente ós de maior complexidade urbanística. A disparidade da base municipal fai que en Galicia convivan concellos con moi diferentes tamaños, problemáticas e funcionalidades, co que se debe tender a adecuar os diferentes instrumentos de planificación a cada realidade municipal concreta. 23.- A práctica urbanística debe atender a solucionar as demandas sociais e a conseguir un maior desenvolvemento comunitario. A corrección de déficits infraestructurais e de dotacións; a consecución de espazos libres

e

sistemas xerais; o acceso á vivenda, a rehabilitación de áreas degradadas, polígonos residenciais, núcleos rurais singulares ou cascos históricos; a eficiente xestión dos usos do solo; o desenvolvemento das actividades produtivas; a preservación dos recursos naturais, ou entre outros factores, a potenciación da calidade paisaxística, son ideas forzas que o PP impulsará dende o planeamento municipal. 24.-

O

desenvolvemento

urbanístico

precisa

dunha

simplificación

burocrática, dunha maior participación da cidadanía e dun cumprimento estrito da legalidade. Esta debe ser unha palanca para compatibilizar o desenvolvemento económico e a preservación dos recursos territoriais, e non un freo para as iniciativas impulsadas pola sociedade civil, velando sempre pola seguridade xurídica.

10

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

25.- O goberno do PP entende que a educación e a sensibilización en materia territorial e ambiental é o mellor garante para o futuro. A promoción de contidos formativos e unidades didácticas, así como de actividades de sensibilización social en materia ambiental e urbanístico-territorial serán prioritarias. GOBERNANZA TERRITORIAL. 26- As estruturas territoriais son cambiantes e dinámicas. A acción de goberno debe percibir e identificar os cambios territoriais e axustar os órganos de xestión político-administrativa ás novas realidades dun modo progresivo, co fin de que as estruturas de gobernanza respondan á base social e funcional sobre a que actúan. 27.- As relacións interadministrativas Xunta de Galicia-Concellos deben basearse no respecto institucional e na cooperación. O incumprimento do Pacto Local na pasada lexislatura ten sido unha irresponsabilidade que é necesario reparar. 28.- A modernidade territorial na cal Galicia se está a instalar de xeito progresivo implica o deseño de novos entes multinivel de xestión pública, coa finalidade de integrar na prestación dos servizos colectivos ós diferentes niveis administrativos e liñas sectoriais da administración. Vinculados a esto o Goberno do PP manterá unha aposta decidida polas diferentes fórmulas de asociacionismo municipal (consorcios, áreas metropolitanas, mancomunidades, etc), que deberán incardinarse cos instrumentos

de

planificación

recollidos

na

lexislación

territorial

e

paisaxística de Galicia. Elo, sen perxuizo de seguir avanzando sobre a base do consenso xeral, e sobre a posibilidade de futuro de integración de concellos.

11

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

29.- O PP entende a necesidade de adecuar de xeito progresivo as estruturas de xestión pública ó actual modelo demográfico, territorial e económico. As transformacións derivadas da intensificación do proceso de urbanización nos últimos anos (crecemento poboacional das áreas urbanas, concentración das actividades produtivas, incremento da mobilidade individual e disociación do lugar de traballo-residencia dun número crecente de persoas, etc.) deberán acompañarse dunha adecuación das estruturas de gobernanza, co fin de dar unha resposta eficaz e eficiente ás novas necesidades formuladas. 30.- O goberno do PP apostará de xeito decidido por unha autonomía municipal efectiva, e non só nominal. Para iso se prestará especial atención aos problemas de financiamento municipal, á fin de reducir a dependencia das arcas municipais das actividades vencelladas coa construción. Acompañarase este empeño dunha redefinición competencial e dunha maior corresponsabilidade fiscal. Así mesmo se entenderá que os concellos son unha parte fundamental da estrutura do Estado, abrindo á participación dos entes locais, fronte ó neocentralismo autonómico do bipartito, o deseño daquelas políticas que directa ou indirectamente lles afecten. 31.- O deseño dos novos ámbitos de gobernanza territorial verase apoiada pola reforma da LALGA. A clasificación funcional dos concellos, de modo coordinado coas políticas territoriais, a fin de adecuar as liñas de acción política a cada realidade espacial concreta, así como a redefinición dun catálogo de servizos e competencias serán, ademais doutras cuestións, claves para a xestión da modernidade territorial.

12

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

32.- As deputacións provinciais reforzarán, debido ó despoboamento das áreas de máis forte ruralidade, o seu papel de entes subsidiadores dos pequenos concellos. Así mesmo desde o PP apóstase por profundizar no seu protagonismo de asesoramento e de oferta de servizos técnicos (novas tecnoloxías, urbanismo, sostibilidade, etc) ós concellos. Urxe tamén unha redefinición e un axuste competencial coa Xunta de Galicia, co fin de evitar duplicidades e lograr un modelo de gobernanza máis eficaz e eficiente.

13

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

3.-BENESTAR E POLÍTICA SOCIAL COMO CERNE 33.- Só as sociedades que son capaces de acadar grandes e amplos acordos sobre as prioridades da súa acción política son capaces de superar os retos e as dificultades conxunturais e acadar maiores niveis de benestar para tódolos seus membros. 34.- Sen renunciar ás ideoloxías e ós ideais que representan, estas non poden constituírse en murallas insalvables para o entendemento dunha sociedade que comparte valores e que ten problemas compartidos que resolver. 35.- O Partido Popular de Galicia deberá afondar na atención ás persoas, porque lle é propio e básico. Será o principal eixo político do noso partido e dos seus gobernos. Os nosos mozos e mozas, as nosas mulleres e os nosos maiores serán obxecto dun traballo e interese específico, co fin de asegurar o mellor futuro para o noso país. 36.- O Partido Popular é capaz de aunar as distintas sensibilidades desta sociedade e non contrapoñelas de forma excluínte xa que a construción harmónica dun país con futuro é o que todos os galegos e galegas desexamos. As sociedades modernas, e Galicia o é, sofren múltiples embates que propician a disgregación social, por iso dende o Partido Popular fixámonos como obxectivo traballar para acadar unha cohesión efectiva. 3.1.- COHESIÓN INTERXERACIONAL 37.- Galicia e os galegos fixémonos a nós mesmos, grazas ó traballo e ó esforzo dos nosos maiores, sobre todo os que máis precisan como os que sofren situación de dependencia. A Cohesión interxeneracional debe ser un obxectivo irrenunciable tanto para o benestar dos maiores como para o futuro dos máis novos.

14

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

38.- O Partido Popular é consciente de que ten que contar cos nosos maiores, a súa experiencia é necesaria para abordar o futuro da nosa terra. A atención para eles é un pago ó seu inestimable traballo por Galicia e os galegos. A atención sociosanitaria e a aplicación da lei de dependencia é un obxectivo irrenunciable para o Partido Popular, así como o desenvolvemento dunha rede de atención primaria á dependencia de ámbito municipal 39.- Consideramos prioritario a creación dunha rede de atención especializada de residencias e de centros especializados de referencia para toda a comunidade autónoma, tanto para enfermos de alzheimer , como para persoas con discapacidades psíquicas. 3.2.- PACTO POLA EDUCACIÓN 40.- Unha sociedade moderna e que busca o compromiso e a igualdade ten que centrarse na atención aos discapacitados, tanto no eido da integración educativa como social e a cobertura das súas necesidades vitais, como elemento fundamental de cohesión social. 41.- Estamos obrigados a involucrarnos na educación e no benestar da nosa infancia, porque da súa preparación e da súa educación en todos os ordes da vida dependerá que saiban e poidan darlle continuidade histórica o noso país. Unha educación en igualdade e en liberdade, onde o respecto e o esforzo marquen a axenda diaria, e no que haxa un consenso para por en marcha un PACTO SOCIAL POLA EDUCACIÓN. 42.- Este consenso debería cristalizar na aprobación dunha Lei da Educación non Universitaria de Galicia, que permita adaptar o noso sistema educativo ás necesidades do noso país.

15

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

43.- A nosa lingua forma parte da sociedade de xeito sólido e invariable. O noso idioma é responsabilidade de todos e patrimonio común. A nosa lingua non pode distanciarnos, ten que enriquecernos. A convivencia amable entre as nosas linguas, o galego e o castelán, é o noso obxectivo, ao mesmo tempo que reclamamos unha educación trilingüe para asegura-la competitividade dos nosos mozos.

3.3.-XUVENTUDE, UN PATRIMONIO DE FUTURO 44.- A mocidade non é patrimonio de ningunha forza política, nin liña ideolóxica. Compre percibir a realidade plural das demandas da xuventude e planificar políticas propias encamiñadas ó fomento da responsabilidade, da formación en valores humanos e cívicos e da cualificación profesional. 45.-Para o Partido Popular de Galicia a mocidade é un sector estratéxico, e apostará polos mozos e mozas de Galicia, xa que constitúen o futuro, o futuro de calquera país, o futuro de calquera sociedade. Coa xuventude, non se xoga, non se fan experimentos e non se utiliza. Creemos nos nosos mozos e mozas galegos xa que son o motor do cambio social. 46.-A acción política do PP vai manter un vencellamento constante coa organización Novas Xeracións, entendendo esta como un viveiro de futuros políticos e como un marco de fomento do respecto mutuo, do debate de ideas e de visións de futuro para todos. 3.4.- IGUALDADE EFECTIVA, NON NOMINAL 47.-Traballaremos arreo para dar cumprimento non só a un imperativo legal senón, sobre todo, a unha obriga ética: avanzar cara unha sociedade na que a igualdade entre os homes e as mulleres sexa unha realidade.

16

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

48.- A igualdade plena, efectiva entre mulleres e homes é unha tarefa pendente, non das mulleres, senón de toda a sociedade, e que beneficia ó conxunto dos cidadáns. 49.- O futuro de Galicia pasa, indiscutiblemente pola equiparación real e non só legal entre mulleres e homes. É o correcto dende o punto de vista ético, o obrigado dende o punto de vista xurídico; e o desexable dende o punto de vista familiar e social. 50.- As accións encamiñadas á igualdade deben ser transversais e ter en conta ós homes para garantir a súa efectividade, facéndoos partícipes dun novo e necesario modelo de sociedade, tanto na toma de decisións que impliquen a igualdade das mulleres con respecto dos homes, como nos procesos de formación e concienciación. Así é preciso , por exemplo, que nos cursos sobre políticas

de

igualdade

participen

tamén

homes

e

fomentar

a

corresponsabilidade integral entre xéneros. 51.- Dende o Partido Popular consideramos que a reforma do mercado laboral, sobre todo no referente á flexibilidade de horarios é imprescindible para esa corresponsabilidade, ó igual que o establecemento de horarios máis racionais que faciliten a conciliación sen mermar a produtividade, e dun compromiso de establecer axendas que impliquen a conciliación, de xeito que as reunións de traballo non se fagan máis aló da xornada laboral establecida. 52.- As necesidades e prioridades dos homes e as mulleres son distintas, por iso é imprescindible que na acción de goberno teña cabida o punto de vista feminino, de xeito que todos, homes e mulleres, nos sintamos cómodos na sociedade que nos tocou vivir.

17

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

53.- Por iso comprometémonos a rexeitar publicamente accións que contradigan a igualdade real e efectiva, como o incumprimento do principio de “a igual traballo, igual salario”, impedindo que estas empresas poidan acceder ás axudas publicas. 54.- Por outra banda, é obxectivo prioritario do PPdeG que ningunha muller teña que renunciar á súa maternidade por un conflito familiar, laboral ou social. Cremos que é imprescindible apoiar á muller no seu dereito máis íntimo con todo tipo de medidas (formación, información, económicas, de amparo social...). 55.- Para o Partido Popular toda violencia de xénero é unha das peores lacras da sociedade que esixe unha política de “tolerancia cero” por parte das autoridades. 56.- O Partido Popular considera necesario a creación dun Plan Integral de Sensibilización, prevención e tratamento da violencia de xénero, coa coordinación e apoio entre as distintas institucións (Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e Concellos) 57.- A igualdade representa un reto a conquerir que atopa a súa base principal na loita pola liberdade individual. O respecto cara o diferente así como vertebrar unha imaxe na cal se visualice a diversidade como unha fortaleza social e non como un ataque, representan un dos principais valores que pode promover quen defenda a liberdade como valor último e a igualdade como fundamento dun Estado de Dereito.

18

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

3.5.- FORMACIÓN EN IGUALDADE 58.-Liberdade e igualdade foron e son as principais bandeiras que o Partido Popular enarborou como piares entorno ós que construír o conxunto das súas accións políticas. No obstante, en multitude de ocasións non se soubo externalizar de xeito claro para a cidadanía esta mensaxe de que a igualdade é unha conquista que só nace coa pre-existencia da liberdade 59.- A formación en igualdade confire a cada persoa unha mellor posición dende a que exixir unha medida de dignidade, recoñecendo os dereitos das persoas máis aló de calquera que sexa a súa orientación sexual, idade ou raza. 60.- Nese marco de igualdade condenamos toda discriminación por motivo da orientación sexual. É primordial garantir a liberdade de todos na elección das súas opcións de vida e na súa plena realización persoal, con plena igualdade de dereitos, sexa cal sexa a súa orientación sexual. 61.- Para unha vida en igualdade é imprescindible unha educación en igualdade, e esta ten que darse tanto no colexio como nos fogares 3.6.-A FAMILIA, PEZA ANGULAR DA SOCIEDADE 62.- A familia é o cerne da sociedade. A súa definición ten adquirido nas últimas décadas novas dimensións que é necesario identificar e respectar. Desde o PP implementaranse accións políticas específicas que de modo directo e indirecto (centros de día, escolas infantís, etc.) se encamiñen a mellorar a calidade de vida das familias e por extensión do conxunto da sociedade.

19

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

63- Como é sabido, España é, no contorno da Unión Europea, o país que menos apoio público outorga ás familias. Por iso dende o PPdeG reclamamos unha nova política de apoio ás familias galegas, mediante a constitución dun Consello Galego de Política Familiar e unha Lei de apoio ás familias galegas, que trate de xeito integral todas as posibilidades de apoio e axuda que dende as administracións se poidan facilitar.

4.- ACCIÓN POLÍTICA, IDEAS E PRINCIPIOS 64.- O maior erro da política tradicional estriba no menosprezo das ideas, das teorías, os valores e as concepcións sobre a persoa, os fenómenos e a sociedade. Os humans somos seres “sapiens”, dotados de linguaxe, empatía, capacidade de creación e visión complexa do presente, o pasado e o futuro. En definitiva, de pensamento, capacidade intelectiva, de actuar e anticipar as consecuencias dos nosos actos. En tal facultade radican as claves da sociabilidade, do ben e do mal, do acerto e do erro, do progreso, o estancamento e a decadencia. 65.- A política é a organización da convivencia, cuxo devir histórico –entre a civilización a barbarie- ben coñecemos. Unha democracia é un sistema de vertebración da vida social que ansía a paz perpetua, entre persoas e pobos; e que sistematiza o seu funcionamento sobre a base do libre diálogo e opinión dos seus membros individuais. 66.- O entendernos na historia universal e enfocarnos con lucidez na nosa historia particular, ten que ser una tarefa permanente, que ademais de permitirnos entender mellor as claves do noso tempo, resulta crucial para dar sentido á acción política de futuro. Porque o presente é un momento máis da historia.

20

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

4.1.- MEMORIA DE GOBERNO 67.- Ningunha sociedade pode resistir este estado de provisionalidade permanente, de ahí que a primeira idea, o primeiro principio, o primeiro valor, a prioridade da práctica de goberno da nova Xunta de Galicia é o da vontade de aproveitamento de todo o que no pasado fixeron outros gobernos con valor social, cívico e probado. 68.- O PPdeG amosou o seu apoio, durante a pasada lexislatura, a prácticamente a mitade das iniciativas do goberno bipartito.

Debe ser

coherente coas súas actitudes no pasado, ser coherente con aquilo ao que deu a súa aprobación, manter unha liña de continuidade consigo mesmo. E incluso respectar, aínda tendo estado en desacordo, o que na práctica real tivo uns efectos socialmente aceptables.

4.2.- A REFERENCIA CONSTITUCIONAL E ESTATUTARIA 69.- Os criterios para enxuizar a herdanza recibida, así como para enfocar o desenrolo do Programa Electoral e dos principios e compromisos do Manifesto, non poden ser outros que os contidos na Constitución e no Estatuto de Autonomía. Criterios que foron asumidos explícitamente polo Presidente Alberto

Núñez

Feijóo

nos

seus

discursos

de

investidura.

A Constitución Española de 1.978 é o gran documento garantía da Liberdade. Onde se recoñecen os dereitos para exercela e facela posible; onde se explicitan as garantías que constitúen a salvaguarda dos cidadáns. 70.- Así como o marco que lexitima e outorga poderes ás Comunidades Autónomas, para o seu autogoberno responsable e fomento propio do desenrolo económico, social e cívico.

21

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

71.- A Constitución é unha verdadeira porta aberta que permite a cada partido político exercer o seu modelo, a súa oferta de goberno á cidadanía, con amplas márxenes de acción. Para que, sen renunciar aos principios inspiradores básicos, poida desenrolar especificamente o seu programa electoral propio. A mesma filosofía básica se desprende do Estatuto de Autonomía, que, dentro das competencias que lle son propias, -exclusivas ou compartidas-, permite a cada opción política desenrolar especificamente o seu propio programa e compromisos electorais. 4.3.- LIBERDADE 72.- Un principio fundamental no ideario filosófico e político do PP é o da liberdade. Liberdade entendida nun sentido múltiple, como facultade de elexir as pautas de estar na vida, de optar polos compromisos sociais, de emprender proxectos e materializar iniciativas, de elixir modelos de servizos, de facultar o desenrolo das aptitudes diferenciadas que laten no tecido social común. 73.- Liberdade tamén como preservación do respecto ao ser diferente, ao pensar distinto, ao actuar de xeito propio; á liberdade negativa que teorizou de forma maxistral e xa clásica, Isaiah Berlin. O PP é o partido que pon maior fincapé no exercicio da liberdade, o que asume mais referencias da tradición reformista; galega, española e internacional.

74.- De ahí que entenda a intervención estatal, autonómica, provincial ou municipal, de maneira subsidiaria, regrada e contida. Disciplinada ao desempeño do que son servizos de natureza pública, non divisibles na súa prestación privada, de natureza claramente colectiva. E aos que trata de improntar unha xestión capaz, competente, eficaz e consciente de que todos os recursos do sector público, administrativo ou colectivo, proveñen dos impostos, taxas e demais contribucións do sector civil.

22

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

4.4.- COHESIÓN E EQUIDADE 75.- Como colectivo aberto ao desenrolo do pensamento científico e social, o PP entende, constata e comproba que non todos os cidadáns nacen nas mesmas condicións. Que sí son iguais en dignidade e dereitos, pero que o azar, as circunstancias e os avatares da vida, propician maiores vantaxes a unhas persoas que a outras. Que os orixines da potencial desigualdade son numerosos e de causas diversas. E que o propio desenrolo da vida en sociedade, o azar da sorte –que di a sabiduría popular- provoca desigualdades sen razón nin función. 76.- O PP é un partido que admite, recoñece e fomenta o progreso persoal, a distinción, o recoñecemento e a diferenciación, baseado no mérito, o esforzo, o bo facer e a utilidade demostrada polo rendemento e a vontade de superación personal, que entende fecunda e produtiva para o progreso común. 77.- O sentido profundo da solidariedade humana, da comprensión mutua, da empatía natural entre as persoas, nos leva a postular a axuda, o cuidado e a protección dos mais desfavorecidos, dos mais débiles, dos menos afortunados. De todos aqueles que por nacemento, condición ou avatares, non puideron acadar os recursos, apoios ou soportes do vivir, que dende o sentido común natural todos entendemos que deberan alcanzar. 78.- Tal é o noso sentido da conquista da cohesión social; un consenso, un acordo social implícito, compartido, que incluso non necesitara ser explicitado por ser de interiorización xeral. Case unha costume, un dato, un orzamento do actuar que se da por descontado. Cohesión social que se da dende o sentido da equidade profunda, dende a valoración das persoas.

23

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

79.- E que no plano político se desdobra en políticas de Cohesión Territorial, do actuar nos territorios distintos onde viven as persoas, e que no plano práctico puideran supoñer diferenzas persoais reais. De ahí a proposta básica do programa do PP do entendemento da Galicia territorial como un espazo único, de iguais servizos e dotacións equivalentes. 4.5.- A CRISE E AS SOLIDARIEDADES 80.- A crise económica ten un impacto desigual; sendo un desafío xeral que de non atallarse decididamente acabará por rachar todo o edificio económico e social, nas súas fases de extensión afectará de xeito desigual a distintos grupos, sectores e compoñentes da sociedade. 81.- Inicialmente está impactando sobre as persoas traballadoras do sector construción, en particular dos empregados con contrato precario. Tamén aos distintos autónomos ligados ao sector. Pero inmediatamente se traslada a outras ramas de actividade, materiais de construción, mobles, equipamentos, etc. E nun proceso de caída do emprego e descenso de inversións, comeza a xeneralizarse o descenso dos ingresos e as demandas a todos os sectores de actividade. Con especial incidencia nos de maior volume de gasto. É o que se comproba continuamente en distintos sectores de actividade e emprego. 82.- E como transfondo un peche de expectativas de incorporarse ao mundo laboral para numerosos sectores da xuventude. Ao igual que para os inmigrantes de baixa cualificación. Pero hai grupos profesionais con maior capacidade comparativa para resistir os impactos actuais da crise; como os empregados fixos das administracións públicas; os ocupados estables de sectores con menores descensos de demanda e os que traballan en actividades reguladas e de difícil substitución.

24

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

83.- É por elo que as políticas públicas deben orientarse de forma polivalente e moi sensible á selectividade relativa do impacto social da crise, e a fomentar a solidariedade, xenerosa e responsable, entre todos. 84.- O PP sempre considerou que a mellor política global é a de fomento, as estratexias de recuperación e creación de novo emprego asentadas nun modelo económico diferente. Pero iso non exclúe que tamén se propoña atender aos grupos máis afectados a curto e medio prazo, ao tempo que desprega unha batería de políticas sectoriais específicas para facilitar o sostén e a reconversión das actividades mais afectadas que poderán requerir reaxustes de futuro. 85.-

Esta

política,

definible

como

de

solidariedade

estratéxica,

consecuencialista e de búsqueda da efectividade, será unha preocupación prioritaria dos gobernos do PP. Que non é unha política de declaracións buenistas, senón unha estratexia madura, rigurosa e responsable do actuar social.

4.6.- A RECONSIDERACIÓN DOS VALORES 86.- O presente se explica por un grave descoido dos valores que fundamentan unha sociedade civilizada, humanizada e próspera. En gran medida se relaxou o sentido da Doazón, do actuar sen principios fortes, sen ideas de permanencia. Cando o manter pautas e criterios supostamente idealistas non era mais que un reflexo da experiencia, unha manifestación da intelixencia dos pobos e as civilizacións perdurables. Só as sociedades que introduciron valores mais aló do poder, do intercambio, da forza e o despotismo, foron capaces de crear algo novo, de facer historia, de fundar sociedades complexas capaces de aproveitar a creatividade masiva dos individuos que as compoñen.

25

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

87.- Sen valores reais se carcomen os edificios institucionais, se desnaturalizan as palancas de progreso da sociedade; se alteran as bases das convivencias – social, familiar, amistosa e a propia identificación persoal- e como a economía, ao igual que a política, é relación cos demais, afúndese a confianza e toda posibilidade de proxecto común. 88.- É por elo que o PP se preocupa, ten sempre como referencia irrenunciable a cosmovisión dos valores das sociedades modernas de construción democrática e liberal, e a mellor herdanza ilustrada dos deberes e dereitos humanos, da tradición e costumes populares fértiles. Da verdadeira e probada experiencia da vida.

4.7.-

INNOVACIÓN

E

VANGUARDISMO.

COMPETENCIA

E

PROFESIONALIDADE 89.- Como organización para a representación da sociedade, así como axente de vertebración colectivo, o PPdeG obrígase a incorporar as mellores prácticas sociais

para

desempeñar

as

súas

funcións

propias.

Debe procurar liderar e apoiar todo o que de maneira fecunda, creativa e audaz salga do seo da sociedade. E ser él mesmo un partido líder que se anticipa aos problemas, que detecta os cambios, que vela pola permanencia dos valores, que recoñece os problemas ao seu primeiro síntoma de emerxencia. Non debe esperar nin quedarse detrás da sociedade; senón que debe ser parte dinámica e de vanguardia de todos os seus frontes.

26

C.O.C. XIV CONGRESO Ponencia Política 29/04/09

90.- O valor da competencia no tempo, segundo as claves deste mundo potencial de oportunidades, nos que Galicia, como o resto de España, están inmersas, debe ser recoñecido en todo o seu potencial. A profesionalidade non é só unha técnica de xestión; é unha filosofía do actuar, do ser realmente responsable, da vontade de eficacia para cumprir as funcións que nós mesmos e os demais, nos encomendamos e nos delegan. 91.- E como toda institución, como a mellor organización, ten que entenderse como unha forza de persoas, agregado de individuos creativos, diferentes pero cunha filosofía existencial común. Aberta e libre, responsable, creativa, respectuosa, leal e sensible. Un partido son os seus militantes, os seus simpatizantes, colaboradores e votantes; destinado a propiciar, a defender dende o seu ser como parte- o ben común de todos. 92.- O momento que atravesamos, a decepciónante experiencia destes 5 últimos anos e a consciencia das graves ameazas que pesan sobre a sociedade galega, como no conxunto de España, deben facer que, nesta conxuntura histórica que se torna nun verdadeiro reto colectivo, extraiamos o mellor de nós mesmos. 93.- Debemos devolver ao noso pobo os froitos da nosa acción que se corresponden coa xenerosa confianza que se nos depositou.

27

Related Documents

Ponencia
October 2019 57
Ponencia
April 2020 41
Ponencia
April 2020 39
Ponencia
May 2020 41
Ponencia
May 2020 42

More Documents from ""

Actividad 8.docx
December 2019 75
Draft.docx
May 2020 14
May 2020 17
December 2019 29