PASA PALABRA μετεκβαίνε λόγον Proposta de definicións de palabras gregas da 1ª e 2ª declinacións e verbos básicos para practicar o primeiro léxico grego xogando de xeito televisivo ao “Pasa palabra” Empeza por…
Α Centro da actividade comercial, social e política na cidade de Atenas (ἀγορά-ᾶς) Cando o ten un so, falamos de monarquía (ἀρχή-ης) Os filósofos gregos a buscaban, e todos deberíamos imitalos (ἀρετή-ης) Non fai falta chegar a ser un, pero un pouco de exercicio ven ben a todos (ἀθλητής-οῦ) Todos o somos, aínda que ás veces parezamos animais (ἄνθρωπος-ου) Podemos velas no ceo, certas noites (ἄστρον-ου) Adxectivo que significa a cualidade positiva por excelencia (ἀγαθός-ή-όν) O peorciño para os gregos, no senso moral e físico (αἰσχρός-ά-όν) É o que facemos co sentido do oído (ἀκούω) Tradicionalmente é o lado político progresista...( ἀριστερά-ᾶς) Traballalo é duro, pero proporciona o alimento necesario (ἀγρός-ου) Todos din, menos Remo e Abel,claro, que é fermoso ter un (ἀδελφός-οῦ) Os deuses o son (ἀθάνατος-ον) A auga o é para a vida (ἀναγκαίος-α-ον) O fai o xeneral cos soldados, e tamén o pastor cas ovellas (ἄγω) Algo abusivo, despótico ou infundado (ἄδικος-ον)
Β Espero que a fosa sexa longa e feliz (βίος-ου) Non son gregos e falan raro (βάρβαρος-α-ον) Non hai ningún tan malo do que non se poida aprender algo bó, segundo Plinio (βιβλίον-ου)
Γ Para algúns é un mal necesario (γάμος-ου) Órgano necesario para falar unha ou moitas ....( γλῶττα-ης) Traballa a terra e dá orixe a un fermoso nome de varón (γεωργός-οῦ) Nela vivimos uns seis mil millóns de ἄνθρωποι (γῆ-γῆς) Contén a gamma: é o que hai que facer coa soberbia, a pereza e a morte (φεύγω) É o que buscamos moitos xunto co amor e o diñeiro (ὑγίεια-ας)
Δ As leis, os castigos e os prezos deberían selo (δίκαιος-α-ον) A vida é o mellor deles, e hai que o leva no nome, como Dorotea (δῶρον-ου) Todos temos unha, a correcta, ou a outra, segundo os dogmáticos (δόξα-ης) É o menos malo dos sistemas políticos (δημοκρατία-ας) O conxunto dos habitantes dun lugar (δῆμος-ου) Segundo a tradición, é o lado dos conservadores en política (δεξιά-ᾶς) É o que hai que facer coa virtude, a excelencia e a paz (διώκω)
Ε Habitante da antiga Hélade (Ἑλληνικός-ή-όν) O que din que buscan os que fan a guerra (ἐλευθερία-ας, εἰρήνη-ης) Todo o que vale a pena na vida conleva algo disto (ἔργον-ου) O verbo máis usado e raro dos que son, están e existen en grego (εἰμί) Sinónimo grego de poseer ou ser dono de algo (ἔχω) O que facemos para obter unha resposta (ἐρωτάω-ῶ) Verbo que expresa a nosa vontade, os nosos desexos ou necesidades (ἐθέλω)
Ζ Seres vivos irracionais (ζῷον-ου) Contén a ζ: con este verbo te chaman en grego (ὀνομάζω)
Η Nesta estación son moi curtos (ἡμέρα-ας) Os que padecen anhedonia son incapaces de sentilo (ἡδονή-ῆς) Astro rei que nos ilumina (ἥλιος-ου) A todos nos gusta ter unha pouca, sobre todo de ánimo (ἡσυχία-ας)
Θ No seu líquido azul non hai fronteiras (θάλαττα-ης) A meta de todos nós, máis ou menos lonxana (θάνατος-ου) Atenea ou Afrodita o son (θεά-ας) Apolo e Zeus o son (θεός-ου) Característica tan esencial da nosa especie que en grego é case sinónimo de home (θνητός-ήόν)
Ι O visitamos cando estamos enfermos (ἰατρός-οῦ) Se é regalado non lle mires o dente (ἵππος-ου) O contrario de diferente/ A vida seguía así segundo Julio Iglesias (ἴσος-η-ον) Este adxectivo é o pai dun insulto (ἴδιος-α-ον) O contrario de profano en grego (sagrado)/ Pai de Xerónimo e xeroglífico (ἱερός-ά-όν)
Κ Todos temos unha mellor ou peor amueblada (κεφαλή-ῆς) É a figura xeométrica perfecta (κύκλος-ου) É a palabra que máis une en grego (καί) Antónimo de Caos (κόσμος-ου) Cualidade positiva no físico e no moral en grego (καλός-ή-όν) Cualidade negativa en grego (κακός-ή-όν)
Λ Din que é a cor da pureza, pero tamén dos leucocitos (λευκός-ή-όν) En Galicia hai moitas, que lle preguntes aos que diseñan as estradas (λόφος-ου) O que pasamos e aprendemos neste xogo (λόγος-ου) Verbo “liberador” (λύω) Para non pasar palabra hai que realizar esta acción (λέγω)
Μ Varias compoñen un πόλεμος e hainas tan famosas como a das Termópilas ou Waterloo (μάχηης) Para os partidarios da moderación, moi sensatos eles, é o mellor (μέτρον-ου) Son nove, fillas de Zeus e inspiradoras das artes (Μοῦσα-ης) Está incluído en Mesopotamia (μέσον-ου) O resultado deste xogo é ....................vocabulario grego (μανθάνω) O sodes vós, en grego (μαθητής-οῦ) Neste adxectivo o tamaño si que importa, o define (μέγας-μεγάλη-μέγα) Está dentro do microscopio (μικρός-ά-ον)
Ν A buscan desde soldados a atletas e o Che ía cara a ela sempre (νίκη-ης) En Grecia hai miles, como en Dinamarca (νῆσος-ου ἡ) Segundo unha máxima latina hai que ser esclavo delas para poder ser libres (νόμος-ου) Todo o é unha vez, ata que se fai ἀρχαῖος co tempo (νεός-ά-ον) Home novo, derivado de νεός (νεανίας-ου) Famosos desta profesión foron Popeye, o capitán Ahab ou Cristóbal Colón (ναύτης-ου)
Ξ O que ven dun lugar extraño ou quen o acolle (ξένος-ου) Contén o ξ: arma do deus Apolo pero tamén de Robin Hood (τόξος-ου) A ese lado do anfitrión séntaste se es moi importante (δεξιά-ᾶς)
Ο Se é bó, é mellor así que moito e malo (ὀλίγος-η-ον) Todos levan á Roma (ὁδός-ου ἡ) As mellores non son as bacteriolóxicas ou nucleares, senón as da razón (ὅπλον-ου) É o sitio mellor e o máis normal para vivir (οἰκία-ας)
Π Crean beleza ou desolación coas palabras, e sinten máis que nós (ποιητής-οῦ) Un tal Trasímaco que vive no campo coa súa familia e nos conta a súa vida (παιδίον-ου) Viven na polis e teñen dereitos políticos (πολίτης-ου) Atenea o é e por iso se chama así o seu templo na Acrópolis de Atenas (παρθένος-ου ἡ) De aí veñen a paleontoloxía e a paleografía, por exemplo (παλαιός-ά-όν) Se queres a paz, evita isto (πόλεμος-ου)
Ρ Seguilo é máis fácil para uns que para outros (ῥυθμός-ου) Máis vale ter maña que isto (ῥώμη-ης)
Σ É a nosa raíña, pero aínda máis dos filósofos gregos (σοφία-ας) Normalmente fai a guerra, aínda que ultimamente está (disque) sempre en misión de paz (στρατιά-ᾶς)
Τ Con boa ................., acerto a pregunta (τύχη-ης)
Todo o que empeza, ten un. (τελευτή-ῆς) Alimenta aos nenos das casas ricas (τροφός-ου ἡ) Cada día as mulleres dos países desenvolvidos teñen menos (τέκνον-ου) Cada cousa debe estar no seu (τόπος-ου) Arma do deus Apolo pero tamén de Robin Hood (τόξος-ου) Hai sete, a última o cine, pero pronto haberá que ampliar a lista (τέχνη-ης)
Υ É xunto co amor e o diñeiro o primeiro ingrediente da felicidade (ὑγίεια-ας) Algúns o son tamén fóra do escenario (ὑποκρίτης-ου) Din que é o irmán da morte (ὕπνος-ου) As montañas soen selo (ὑψηλός-ή-όν)
Φ Quen ten un, ten un tesouro (φίλος-ου) Hai que non llo ten a nada, pero un pouco axuda a conservar a vida (φόβος-ου) Caen en outono e non son pelos (φύλλον-ου) Levar en grego, igual que en latín (φέρω) O complementario de διώκω (φεύγω)
χ Cando queda pouco hai que apurar (χρόνος-ου) Macedonia ou Lacedemonia son ....................... de Grecia (χώρα-ας)
Ψ Hai quen lla vende ao diaño, pero o mellor é coidala para nós (ψυχή-ῆς) Contén o ψ: o contrario de ὁμαλός (ὑψηλός-ή-όν)
Ω Líquido irmán maior de θάλαττα (Ὠκεανός-οῦ)