Para Que Serve O Galego

  • Uploaded by: Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
  • 0
  • 0
  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Para Que Serve O Galego as PDF for free.

More details

  • Words: 288
  • Pages: 27
Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa… Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…

Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela...

Botamos aturuxos, arroutadas... e damos o colo, apertas...

Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, fatón, laranxa, amorodo...

Aos arbustos: silva, xesta, salgueiro, carqueixa, toxo...

Ás comidas: grelos, cacheira, touciño, freba...

aos insectos: vagalume, escornabois, vacaloura, cascuda...

Aos peixes: xouba, ollomol, pescada, robaliza... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ameixa...

Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, As Combouzas, As Catedrais...

Ás serras: O Larouco, A Capelada, O Eixo...

Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...

Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, A Marola...

Aos ríos: Toxa, Xallas, Anllóns...

Ás vilas: Soutelo, A Peroxa, A Picota, Montederramo, O Carballiño...

Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño...

Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, A Estantía...

Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo...

Aos monstros: O Sacauntos, O Fendetestas...

Ás vacas: A Marela, A Xeitosa, Rubia...

Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, Cigarrón...

Aos vestidos: saia, polaina...

Aos sentimentos: morriña, agarimo, ledicia...

Aos santos: A Franqueira, O Corpiño...

Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto...

Á musica: os alalás, a chouteira, a muiñeira...

Aos xogos: a billarda, a porca...

Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, os nocellos...

Aos paxaros: paporrubio, rula, pomba, carrizo...

Dispoñemos de sistemas operativos informáticos na nosa lingua…

…de telefonía móbil…

…xogos “na rede” na nosa lingua…

…xornais dixitais en galego…

…buscadores…

..e o galego ábrenos as portas a máis de 220 millóns de persoas en todo o mundo, a través da lusofonía

....e agora veñen con que para que serve o galego!

Pois é obvio...

para entendérmonos.

Related Documents

Para Que Serve Um Amigo
October 2019 15
Serve
November 2019 24

More Documents from ""