O Xogo Dos Xenes

  • Uploaded by: Carlos de Paz
  • 0
  • 0
  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View O Xogo Dos Xenes as PDF for free.

More details

  • Words: 1,260
  • Pages: 6
Introducción Este programa de simulación por ordenador forma parte dun proxecto para intentar axudar ós estudiantes a resolver mellor os problemas de xenética. O obxetivo principal é que, ante un problema, saibas que facer e porque o fas.

Materiais: Ordenador tipo PC, Windows 3.1, ou superior, programa "El joc dels gens".

Descripción da simulación. 1. Executa o programa "El joc dels gens". Na parte superior da ventana de traballo hai unha barra de menús. Os comandos máis habituais tambén poden ser activados facendo clic co rato sobre as iconas que hai inmediatamente debaixo. Se deixas quieto o punteiro sobre calquera destas iconas aparecerá unha pequena mensaxe de axuda indicando que hai a icona. De momento, fai clic no cartafol amarelo para abrir un problema de xenotipos. Selecciona o problema "Dominancia en ratonciños marróns e brancos". 2. Como podes ver, o ordenador presenta unha situación-problema que tes que resolver. a. Responde ás seguintes cuestións: •

¿Cal é o problema?



¿Cal é o carácter que diferencia a estes ratonciños?



¿Cantos xenes determinan iste carácter?



¿Cantos alelos ten iste xen? ¿Que efectos ten cada un deles?



¿Que tipo de relación establécese entre os alelos? Se se trata de dominancia, indica cal é o dominante e cal o recesivo.



¿En que parte das células dos ratonciños atópanse os xenes?

3. Para entender mellor como se relacionan os xenes do ratonciño coa súa cor, abre o formulario de manipulación xenética. Preme a opción no menú [Experiment] ou fai clic directamente na icona correspondente. El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 1/6

a. Responde ás cuestiones seguintes: •

¿Cantos cromosomas teñen as células do ratonciño?



¿Que cromosomas determinan o sexo do animal? Anota as posibles combinacións e o sexo resultante en cada caso.



Para os xenes que determinan a cor, ¿Cales son os xenotipos posibles? Indica o fenotipo que resulta de cada un deles.

Cando teñas contestado ás preguntas e entendas ben como se relacionan xenes e cor, podes pecha-lo formulario. Lembra que podes voltar a consultalo sempre que queiras. 4. Agora lembraremos como se transmiten os ratonciños os seus xenes cando se reproducen. Abre o formulario de entrecruzamento detallado (no menú [Experiment] ou facendo clic directamente na súa icona). a. Como tódolos mamíferos, os ratonciños reprodúcense sexualmente. Tendo isto en conta, responde ás seguintes preguntas: •

¿Como se chaman as células especiais que se encargan da reproducción sexual? ¿En que órganos se producen?



¿Como se chama a división que as produce? Fai un esquema indicando que había ó principio e que o remate.



Estas células reproductoras, teñen a metade de cromosomas que as outras células? ¿Cantas terán? ¿Cantos alelos terán para a cor?



¿Como se chama o proceso de fusión de dúas destas células?



¿Cómo se chama a célula que resulta? ¿Cantos cromosomas terá esta célula? ¿E cantos alelos para a cor?

Fíxate en cantas combinacións de xenotipos poden presentar os proxenitores e os seus posibles descendentes. Observa que os xenes de cada descendente obtéñense de xeito aleatorio. Cando queiras podes pecha-lo formulario. Lembra que sempre que o precises podes voltar a abrirlo.

El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 2/6

5. Xa temos recordado como se transmiten os xenes e como se relacionan coa cor dos ratonciños. Agora estamos en disposición de ver ós animais que investigaremos. Abre o formulario de hipótese, facendo clic sobre a súa icona ou seleccionando a opción [genotips] no menú [Hipótese]. Como podes ver, hai cinco ratonciños femia e cinco machos, cada un co seu nome, o seu fenotipo e un espacio para indica-lo seu xenotipo, ó lado dos cromosomas correspondentes. De momento, o valor dos xenes está como "?", pero podes cambialo cando queiras facendo clic sobre o valor do alelo ou o seu cromosoma. A continuación aparece unha táboa co nome dos animais e o seu sexo. Debuxa o seu fenotipo. Cada vez que creas saber que genotipo ten un animal, escríbeo no ordenador e eiquí nesta folla, indicando en ámbolos dous casos porque cres que teñen ise xenotipo. Fenotipo

Nome

Xenotipo

Xustificación

Cando teñas asignado tódolos xenotipos que queiras, pecha o formulario premendo [D'acord]. Lembraa que máis adiante podes volvetar a abrir iste formulario tantas veces como queiras. 6. Seguro que aínda hai bastantes animais dos que non sabes o xenotipo. A única manera de averigualo é realizar cruzamentos e observar-los resultados. Agora aprenderás a facelos. Abre o formulario de elección de proxenitores, escolle a opción [encreuar] do menú [Encreuament] ou fai clic na icona [Encreuar]. El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 3/6

Selecciona a femia e o macho que desexes cruzar, e preme o botón [Encreuar]. Isto fará que se abra o formulario de cruzamentos. Cada vez que premas o botón [Tenir fills], ises dous animais 10 ratonciños. Observa que para cada un indícase o sexo, o fenotipo e deixase un espacio para que podas poñe-lo xenotipo. Podes facer que os animais teñan tantos fillos como queiras, e cando precises contalos, o botón [Comptar] o fará por tí. Se aínda non sabes o xenotipo de algún dos proxenitores, podes usar dúas opcións máis: •

O botón [Tenir néts] permíteche cruzar o macho e a femia que elixas de entre os 12 animais que aparecen na pantalla.



O botón [Anàlisi genètica] amosarache directamente o xenotipo dos fillos. Só debes utilizar iste botón como último recurso, porque o programa terao en conta cando remates o problema.

Cando penses que coñeces os xenotipos que teñen os proxenitores, podes escribilos directamente no ordenador, facendo clic no cromosoma correspondente. Non esquezas escribilos tamén no esquema anterior, nestas follas, xustificando a túa decisión. Cando decidas rematar un cruzamento pecha o formulario co botón [Tancar]. 7. Non perdas o norte do teu obxectivo: atopa-lo xenotipo dos 10 animais. Cando os consigas todos (e os teñas escrito no ordenador e nestas follas), presenta as conclusiones da túa investigación. Isto pódelo facer seleccionando a opción [Genotips] do menú [Tesi] ou facendo clic directamente na icona correspondente. Neste intre abrirase un formulario avaliando as conclusións da túa investigación. Básicamente, poden pasar dúas cousas: •

Que acertaras tódolos xenotipos. De certo que eres un experto en xenética do ratonciño, ou casi seguro... ¿Poderías resolver outro problema máis difícil?



Que te trabucaras nalgún dos xenotipo. ¡Quedo! Aínda tes unha oportunidade. Repasa as xustificacións que tiñas escrito para os xenes dos animais errados e detecta onde te equivocaches (se é preciso fai máis cruzamentos). Despois corrixe os xenes no ordenador e no guión. Xustificando a túa decisión, e volve a presenta-las túas conclusións.

El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 4/6

Nome do patrón de herdanza: Número de caracteres:

Número de variacións:

Número de xenes:

Número de alelos distintos:

Relación entre os alelos: Características especiais (ligamento ó sexo, letal...):

Procesos. Formación de gametos por meiose. Durante a formación de gametos por meiose, os dous alelos sepáranse, de xeito que cada gameto porta un deles.

Fecundación. Durante a fecundación fusiónanse os dous gametos, cada un cun alelo da parella, de forma que zigoto ten dous alelos de cada xen.

Formación do organismo pluricelular por mitosis sucesivas. As células dun organismo pluricelular fórmanse por mitosis sucesivas a partir do zigoto. Polo tanto, terán tamén dous alelos de cada xen.

El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 5/6

Relación Xenotipo-Fenotipo. Número de xenotipos posibles: Xenotipo (1,1)

Fenotipo Variación I

Exemplo

Cruzamentos posibles. Número de cruzamentos posibles: Xenotipos (1,1) x (1,1)

Fenotipos Variación I x Variación I

Descendentes posibles 100% Variación I

Estratexias útiles.

El joc dels gens. Traducción de BioXeo.com

Páxina 6/6

Related Documents

O Xogo Dos Xenes
November 2019 19
Extin O Dos Contratos O
November 2019 28
Kompletno O Dos Napadima
November 2019 26
O Ritual Dos A
November 2019 14

More Documents from "ramiromarques"

November 2019 12
November 2019 18
Climograma
November 2019 24