O Pereiro De Aguiar

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View O Pereiro De Aguiar as PDF for free.

More details

  • Words: 1,581
  • Pages: 12
acción

dVerán’09

ACTIVIDADES

Dos 18 aos 35 anos

1

INTRODUCIÓN Dende a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no marco da Campaña de Verán 2009, queremos presentarvos unha serie de actividades de tempo libre específicas para vós, que cremos que poden ser do voso interese. Os desprazamentos ata as instalacións correrán pola vosa conta. Os que posuades o carné xove ou carné máis teredes un desconto do 25% sobre os prezos establecidos neste folleto. Os que posuades o título de familia numerosa teredes un desconto do 50% sobre os prezos establecidos neste folleto. Ambos descontos non son acumulables.

RESERVA DE PRAZAS Só podedes reservar dúas prazas. A reserva podédela facer a partir do 9 de marzo, por teléfono nos servizos de xuventude das delegacións provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Unha vez que fagades a reserva da praza tendes un prazo de 48 horas, contando dende o día seguinte a aquel no que fixerades a reserva, para:

n Facer efectiva a cota de participación, segundo as instrucións que se comunicarán no momento de facer a reserva da praza. n Presentar, no servizo de xuventude correspondente ou por correo electrónico ou fax específico de cada actividade: z

Xustificante do pagamento da cota.

z

Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras.

z

Fotocopia do carné xove ou carné máis, de ser o caso.

z

Xustificante da condición de familia numerosa.

De non presentardes a documentación no prazo de 48 horas perderedes o dereito á praza.

DEVOLUCIÓN DE COTAS Só se devolverá a cota de participación en caso de suspensión da actividade.

3

ÍNDICE

Curso de mergullo recreativo .............................................................................7

Multiaventura .....................................................................................................8

Rutas de achegamento ao kaiak de mar ....................................................... 10

Travesía en embarcacións tradicionais ........................................................... 12

O noso mar desde a cuberta........................................................................... 13

Aloxamentos .................................................................................................... 14

5

GANDARÍO (A Coruña)

CURSO DE MERGULLO RECREATIVO Este curso de mergullo, Acuc Open Water Diver (mergullador de augas abertas), formaravos e permitiravos descubrir con seguridade fondos mariños dunha profundidade de ata 25 metros, acompañados doutro mergullador da mesma ou semellante titulación, en calquera parte do mundo. Nas clases teóricas desenvolveranse os coñecementos que, primeiro nunha piscina e despois no mar, vos permitirán coñecer mellor e controlar o medio no que nos imos introducir: a física, a fisioloxía, táboas de descompresión, primeiros auxilios, etc. A incorporación ao albergue será ao longo do primeiro día, a partir das 18:00 horas.

APUNTAMENTO: é imprescindible que saibades nadar e que acheguedes un certificado médico (facilitarásevos o modelo)

CÓDIGO

DATA

COTA

151001

1 - 15 agosto

200 €

TELEFONO: 881 881 240 FAX: 881 881 237 CORREO: [email protected]

7

O PEREIRO DE AGUIAR (Ourense)

MULTIAVENTURA Neste programa estaredes en pleno contacto coa natureza e coñeceredes o voso contorno a través de actividades de acción e aventura.

Equipamento necesario: Teredes que vir provistos de roupa de baño, útiles de aseo persoais, cantimplora, botas, mochila pequena, saco de durmir, lanterna, bolsas de plástico para a roupa sucia, pantalón curto, chándal (recomendable), algunha peza de abrigo e choiva (recomendable), calcetíns e calzado de descanso (tenis).

8

O PEREIRO DE AGUIAR (Ourense)

Actividades: CÓDIGO 321001: Ruta en kaiak polo canón do Sil, ruta en quads, ruta en bicicleta de montaña, tiro con arco e veladas. CÓDIGO 321002: Esquí náutico, ruta en kaiak no río Miño, escalada en rocódromo, tiro con arco, paint-ball e veladas. CÓDIGO 321003: Excursión á Serra de San Mamede, raid de orientación, ruta a cabalo, ruta en bicicleta de montaña, escalada en rocódromo, tiro con arco e veladas. CÓDIGO 321004: Ruta en kaiak no canón do Sil, ruta en quads, ruta en bicicleta de montaña, escalada en rocódromo, tiro con arco e veladas. CÓDIGO 321005: Esquí náutico, ruta en kaiak no río Miño, escalada en rocódromo, tiro con arco, paint-ball e veladas. CÓDIGO 321006: Ruta en kaiak polo canón do Sil, ruta en quads, ruta en bicicleta de montaña, tiro con arco e veladas.

CÓDIGO

QUENDAS

COTA

321001

9 - 12 xullo

100 €

321002

16 - 19 xullo

100 €

321003

23 - 26 xullo

100 €

321004

30 xullo - 2 agosto

100 €

321005

6 - 9 agosto

100 €

321006

13 - 16 agosto

100 €

TELEFONOS: 988 386120 - 988 38 61 18 FAX: 988 38 61 19 CORREO: [email protected]

9

14

SA

A RÍ

DE

OU AR

3

5

4

A RÍ

2

7

A DR E V TE N PO E D 12

A RÍ

8 11

10

6

15

O 9 IG V DE 13

1 SOUTOMAIOR 2 O GROVE 3 PEDRAS NEGRAS 4 A ILLA DE ONS 5 PORTONOVO 6 CANGAS 7 BUEU 8 ALDÁN 9 NIGRÁN 10 MOAÑA 11 LIMÉNS 12 ILLAS CÍES 13 BAIONA 14 AS SINAS

10

15 VIGO

1

Rías Baixas (Pontevedra)

RUTA DE ACHEGAMENTO AO KAIAK DE MAR Equipamento necesario: Cómpre que traiades lentes de sol, viseira, roupa de baño, chancletas con peche ou fanequeiras, saco de durmir e esteira, chuvasqueiro lixeiro, lanterna, cantimplora e crema solar de factor alto. Esta actividade de aventura, con campamentos en diferentes portos e illas, está orientada para os/as que queirades vivir a navegación recreativa polas Rías Baixas en Kaiak de mar. Pretendemos que ademais de divertirvos, coñezades e gocedes da nosa xeografía e cultura mariña mesturando a navegación con outras actividades de tempo libre.

Apuntamento: É necesario saber nadar.

RUTA SUR: Desenvolverase pola ría de Vigo, pasando por Soutomaior, Moaña, Cangas, Illas Cíes, Baiona, Nigrán e Vigo.

CÓDIGO

DATA

COTA

361001

13 - 22 xullo

160 €

Aloxamento: Itinerante, albergues xuvenís, campings e pavillóns polideportivos

TELÉFONOS: 986 817 080 - 986 817 780 FAX: 986 817 082 CORREO: [email protected]

11

Rías Baixas (Pontevedra)

TRAVESÍA EN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Equipamento necesario: Traede lentes de sol, roupa de baño, chancletas con peche ou fanequeiras, saco de durmir e esteira, roupa cómoda, material hixiénico completo, toallas, chuvasqueiro, lanterna, cantimplora, crema solar de factor alto, gorra e pinzas da roupa. Esta tamén é unha proposta para todos e todas os que vos sintades atraídos e atraídas pola aventura no mar e queirades gozar da navegación recreativa en dorna polas Rías Baixas. Acamparedes en diferentes portos e illas e achegarédesvos á nosa xeografía e á nosa cultura mariña, navegaredes polas mañás e polas tardes organizaremos actividades de tempo libre.

APUNTAMENTO: É necesario saber nadar.

RUTA NORTE: Desenvolverase polas rías de Arousa e Pontevedra, pasando polas Sinas, O Grove, Pedras Negras, A illa de Ons e Portonovo.

RUTA SUR: Desenvolverase polas rías de Pontevedra, Aldán e Vigo, pasando por Bueu, Aldán, Illas Cíes, Cangas e Moaña.

CÓDIGOS

DATAS

COTA

361002

23 - 30 xullo

160 €

361003

6 - 13 agosto

160 €

Aloxamento: Itinerante, albergues xuvenís, campings e pavillóns polideportivos

TELÉFONOS: 986 817 080 - 986 817 780 FAX: 986 817 082

12

CORREO: [email protected]

O Grove (Pontevedra)

O NOSO MAR DESDE A CUBERTA Equipamento necesario: Os participantes teredes que ir provistos de útiles de aseo persoal, toallas, roupa de abrigo, calzado deportivo, gorro, protección solar e saco de durmir. Tres días de convivencia nun barco clásico ao longo do mar de Galicia permitirán a promoción do voluntariado ambiental, da igualdade, da solidariedade e da cooperación. Transmitiranse actitudes positivas de cara á conservación do patrimonio natural, cultural e especialmente respecto ao medio mariño, á biodiversidade e á etnografía marítima. Para isto usaremos a ferramenta do idioma galego e do léxico marítimo, así como os coñecementos sobre os fondos mariños, as aves e os cetáceos, expoñendo a xestión e conservación dos recursos naturais e pesqueiros. Ao longo dela poderedes coñecer nocións de navegación e vela para a navegación nas augas abertas da plataforma e nas rías, diferentes artes de pesca, identificación de cetáceos e aves mariñas. A incorporación ao barco será o venres antes das 20:00 horas e a saída, o domingo a partir das 16:00 horas. CÓDIGOS

DATAS

COTA

361004

16 - 19 xullo

100 €

361005

30 xullo - 2 agosto

100 €

361006

6 - 9 agosto

100 €

361007

13 - 16 agosto

100 €

361008

20 - 23 agosto

100 €

361009

27 - 30 agosto

100 €

361010

3 - 6 setembro

100 €

Aloxamento: Itinerante, albergues xuvenís, campings e pavillóns polideportivos

TELÉFONOS: 986 817 080 - 986 817 780 FAX: 986 817 082 CORREO: [email protected]

13

1

2

1 ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO 2 ALBERGUE DE ORDELLES

14

ALOXAMENTOS

ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO (BERGONDO) DATOS XERAIS: Recinto de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xove, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos, cuartos colectivos de 2, 4 e 6 camas e cafetería.

ACCESO: Está a 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos. Autobuses dende A Coruña a tódalas horas. ENDEREZO: Albergue Xuvenil Gandarío. 15167 BERGONDO (A Coruña) TELÉFONO: 981 791 005

ALBERGUE XUVENIL ORDELLES (O PEREIRO DE AGUIAR) DATOS XERAIS: Situado na zona da Ribeira Sacra, preto do Canón do Sil, de gran riqueza paisaxística e medio ambiental, con gran desenrolo turístico. A instalación conta con cociña, comedor, aseos, duchas e unha área recreativa exterior. Aloxamento en cuartos múltiples. ACCESO: A 7 km de O Pereiro de Aguiar (capitalidade do Concello), este á súa vez atópase a 14 km de Ourense, pola estrada comarcal Ourense-Pobra de Trives ( C-536), e no km 12 desvío sinalizado á esquerda para o Albergue. Autobuses dende Ourense. ENDEREZO: Ordelles. O PEREIRO DE AGUIAR (Ourense). TELÉFONO: 988 614 923

15

Related Documents