O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA Rocío Manteiga Rodríguez 1ºA Bacharelato
RESUMO: Carlota, a protagonista, tenta averiguar todo o referente á sexualidade e o sexo. Para iso escribe un diario. Ao longo do libro vai establecendo definicións, mitos e opinions propias do que é a sexualidade, como palabra, e tamén nas súas aplicación prácticas. Desenvólvense dúas situación amorosas, una referente ao sexo e outra aos sentimentos. En relación a esta situación amorosa referente ao sexo, trátanse temas como os anticonceptivos, as enfermedades de transmisión sexual, a violencia de xénero e a homosexualidade. É un libro que relata bastante detalladamente os problemas e as diversións dunha rapaza con respecto ao sexo a á sexualidade.
MOTIVOS DA MIÑA RECOMENDACIÓN: Ainda que o sexo e a sexualidade son temas que tratan de explicarse no colexio, son temas tabú, que a todo o mundo lle costa un pouco expresar. Neste libro trátanse dende un punto de vista totalmente aberto, e distinto do que estamos acostumados a oír falar. Tenta explicarse de forma amena e a través de experiencias propias. Vai dende a definición mási básica dunha palabra ata a súa aplicación práctica. Resulta entretido e doado de ler. Recomendoo porque é un tema moi aberto para rapaces e rapazas e que segue sendo tabú entre os adolescentes, sobre todo nas rapazas.