Normas Ranking Club Tenis Negreira

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Normas Ranking Club Tenis Negreira as PDF for free.

More details

  • Words: 338
  • Pages: 1
NORMAS DO RANKING DO CLUB TENIS NEGREIRA 1.- Poderá participar quen queira. 2.- Todos os partidos xogaranse ó mellor de tres sets, coas normas da federación galega de tenis (pódense consultar en www.fgtenis.net). 3.- Nos comezos do Ranking ordenaranse os participantes pola súa clasificación nas ligas recentemente rematadas. Os participantes non clasificados ou novos quedarán situados no último lugar e por orde de inscrición. 4.- Cada xogador poderá retar como máximo ós CINCO xogadores que estean por riba del no Ranking. Se gaña, ocupará o lugar que tiña o xogador retado, desprazando ó perdedor ó seu posto. Se non gaña, queda no lugar onde estaba. 5.- Se o partido o gaña o xogador mellor clasificado, este subirá un posto, máximo un por semana, agás os dez mellores, que manterán a súa posición. 6.- O xogador que durante 1 mes non acepte retos, baixará un posto, dous no segundo mes, tres no terceiro... e así sucesivamente (excepto lesión, caso no que manterá o posto durante tres meses). Do mesmo xeito, o xogador que non acepte tres retos sen causa xustificada, descenderá un posto no Ranking. 7.- Os resultados deben comunicarse polo gañador do partido mediante: a) Comentario do resultado na propia páxina web (preferiblemente). b) mensaxe de texto ó telefono do coordinador da páxina. 8.- A páxina web actualizarase todos os Luns. Introduciranse os resultados por orde cronolóxico de aviso dos partidos xogados. Os resultados non comunicados na semana en que se xogou o partido non se terán en conta. 9.- No transcurso da actualización do Ranking, no caso concreto de que un xogador ó ascender ou descender de posición á praza do seu contrincante, esta xa estea ocupada por outro xogador, (exemplo perdeuna ou gañouna nesa mesma semana), ocupará a inmediatamente inferior no caso de ascenso, e a superior no caso de descenso. 10.- O Ranking do xogador manterase toda a semana (de luns a luns) independentemente dos partidos xogados na mesma. 11.- A organización poderá en calquera momento modificar estas bases para o bo desenvolvemento do Ranking.

Related Documents

Tenis
May 2020 26
Tenis
June 2020 20
Ranking
November 2019 32
Ranking
August 2019 47