Modelo De Oficio

  • Uploaded by: Iván Méndez López
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Modelo De Oficio as PDF for free.

More details

  • Words: 437
  • Pages: 5
Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Oficio

Introdución É unha comunicación escrita que emite un organismo e que está integrada na tramitación dun procedemento. Serve, por tanto, para comunicar información oficial a outras administracións, a organismos ou á cidadanía. Existen dous tipos de oficios: 1 Os oficios internos está dirixidos entre órganos da mesma organización ou entre esta e o funcionariado ao seu servizo. 2 Os oficios externos informan sobre procedementos entre o Concello e a cidadanía. Trátase, por tanto, dun documento de transmisión.

1

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

2

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Estrutura Cabeceira Titulo. O título dos oficios é opcional e consiste, cando se usar, en resaltar o tipo de documento de que se trata, OFICIO, neste caso en maiúsculas. Identificación do destino. A identificación do destino farase de xeito diferente a depender do tipo de oficio. Nun oficio dirixido a unha persoa particular (externo) a identificación debe aparecer na parte superior do documento após o título e debe conter o nome e os apelidos, o enderezo, o código postal e a localidade. Nun oficio dirixido a un cargo público, a identificación deberá facerse na última liña do texto en letra grosa ou en maiúsculas. Referencia. Se o documento constanse de referencia, porase despois do destinatario e antes do saúdo Asunto. Pode incluírse unha breve indicación sobre o que se trata no oficio, precedida da fórmula Asunto:

Corpo do texto Saúdo. O saúdo nos oficios é opcional e só se debe incluír naqueles que se dirixan a unha persoa. Corpo. Os oficios, polo xeral, son documentos monotemáticos en que se debe procurar a máxima

concisión e clareza. A súa extensión debe

reducirse, por tanto, a un parágrafo ou os estritamente necesarios para desenvolver o tema. Neste último caso, a estrutura do documento debe seguir a orde lóxica, con introdución, desenvolvemento e conclusión. Despedida. Igual que o saúdo, a despedida é opcional mais só debe aparecer en correlación á primeira.

3

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Peche Canto ao peche, temos tamén dúas formas de indicalo, segundo se tratar dun oficio externo ou interno. No primeiro dos casos, se o oficio consta de saúdo e de despedida, asínase logo desta e, a continuación poranse o nome e os apelidos e mais o cargo. Por último, nun parágrafo á parte, escribirase o lugar e a data. Nos oficios internos e, por tanto, sen saúo nin despedida, a estrutura do peche será a seguinte: o lugar e mais a data do oficio, o cargo da persoa que asina o documento, a rúbrica e, por último, o nome e os apelidos da persoa que asina.

4

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

5

Related Documents

Modelo De Oficio
April 2020 14
Modelo De Oficio (2)
August 2019 34
Modelo De Oficio
May 2020 5
Modelo Oficio 2015.docx
October 2019 16
Oficio
May 2020 42
Oficio
April 2020 38

More Documents from ""

November 2019 94
May 2020 52
Evaporadores.docx
May 2020 44