Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural

  • July 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Libro Completo Cultura Tradicional Desenvolvemento Rural as PDF for free.

More details

  • Words: 111,438
  • Pages: 332
Cultura tradicional e desenvolvemento rural

Cultura tradicional

e desenvolvemento

rural

Edición co Patrocinio de

Coa participación da UNIÓN EUROPEA

Proxecto cofinanciado polo FEDER

Xavier Simón Fernández

e

Xabier Prado Orbán (eds.)

Cultura tradicional e desenvolvemento rural

Patrocinio da edición

Edición a cargo de

Xunta de Galicia Universidade de Vigo Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán

Deseño

seteseoitodeseñográfico

Imprime

Artes Gráficas Diumaró

ISBN-13

978-84-611-2829-7

ISBN-10

84-611-2829-X

Depósito Legal

VG-1078-2006

Este libro foi impreso en papel ecolóxico.

Índice Presentación

11

Edelmiro López Iglesias. Director Xeral de Desenvolvemento Rural

Limiar Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

13

Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Introdución 01

O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

35

Rosario Álvarez Cao

02

A cultura tradicional galego-portuguesa

43

Álvaro Campelo

03

O Intanxible Común

47

Francisco Fernández Rei

04

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

51

Manuel Cao Fernández

05

Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

57

Xerardo F. Santomé

06

Arte, Creación, Vida

61

Antón Patiño

07

A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

63

Xosé C. Sierra Rodríguez

08

Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

71

Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

09

O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

77

Xavier Simón Fernández

A candidatura do Patrimonio Inmaterial (PI) galego-portugués como obra mestra da humanidade 10

Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

87

Suso de Toro

11

Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán

89

12

Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

93

Xosé L. Méndez Ferrín

13

Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

97

Xabier Prado

14

Ponte…nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

101

Santiago Veloso

15

As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

103

Luísa Márquez

16

A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e das súas potencialidades económicas

105

Jorge Rodrigues Gomes

Institucións, axentes e PI 17

O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

111

X.M. González Reboredo

18

Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego

115

Ana Estévez

19

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível: o Patrimonio Inmaterial do Mundo Rural

119

Abraão Veloso

20

Xermolos na recuperación do patrimonio

123

Alfonso Blanco Torrado

21

Cando o museo está dentro da escola

127

Secundino García

22

A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

131

Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

23

Achegas ao perfil humano do emigrante galego

135

Xosé Lois García

Manifestacións de PI: a cosmovisión 24

A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

141

Secundino García

25

¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional

145

Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

26

A agricultura tradicional como opción de futuro

147

Xoán Carlos Carreira Pérez

27

Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

151

Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

28

Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense José Luís Vaz Fernández

155

29

A galiña piñeira

159

Xan Ramón Díaz Saavedra

30

Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

161

Xosé Represas Giráldez

31

Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

165

Emilio Louro Lamela

32

Agora ou nunca. A talasonimia

169

Xosé Lois Pilar Pedreira

33

As embarcacións fluviais como recurso

173

Xosé Manuel Vázquez

34

As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

177

Inma Peniza

Manifestacións do PI: o universo artesán 35

A tradición, un patrimonio para o futuro

187

José Antonio González Fernández

36

Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

191

Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

37

As olerías de Sober: unha experiencia

195

Tomás López González

38

Os derradeiros batáns de Galicia

199

Manuel Suárez Suárez

Manifestacións do PI: o universo lúdico-festivo 39

O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

207

Antonio Reigosa

40

O patrimonio lúdico galego

209

Lois Pardo

41

Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

213

Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

42

Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

221

Nieves Barrera; Marisol González

43

Os músicos da Limia

227

Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

44

Chegou o Entroido

231

Xosé Manuel Atanes

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais 45

Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante Anxo Fernández Ocampo

239

46

A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

245

Antonio Reigosa

47

Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

247

Hortensia Bautista Fernández

48

A regueifa no mundo actual

251

Pinto de Herbón

49

Educación ambiental a través dos contos tradicionais

255

Papaventos. Escola Ambiental

50

Dinamización cultural na parroquia de Proendos

259

Alfonso Campos; Manuel Falagueiro

Territorio, patrimonio e desenvolvemento 51

As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

267

Xosé Manuel Souto González

52

Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

273

Ramón López Rodríguez

53

A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

277

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

54

A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

285

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

55

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

289

Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

56

A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

295

Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

57

Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

299

Xosé Mª Tobío Iglesias

58

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

303

Ramiro Martínez Carballosa

Transmisión e difusión do PI 59

Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense

311

Xerardo Feijoo; Lois Pardo

60

O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

315

Loli Gutiérrez

61

Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

319

Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

62

Estiño: un pouco de historia

323

Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

Relación de autoras e autores

326

Presentación

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), na 32ª reunión da súa Conferencia Xeral celebrada en París no ano 2003, aprobou a Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. En novembro de 2005 a Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues concorreu á Terceira Proclamación de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, buscando o recoñecemento das tradicións orais de ambos países. Daquela, pese ao esforzo dos promotores da candidatura, non se acadou tal consideración. As sociedades rurais tradicionais son portadoras dun gran patrimonio de carácter oral e inmaterial. Pénsese, sen ir máis lonxe, nas tarefas vinculadas ao ciclo agrario. Todas elas incluían unha forte carga cerimonial: cantigas, danzas, traxes... Pénsese tamén nas lendas populares pero tamén na cultura (cerimonia) do viño e tamén no aproveitamento tradicional da enerxía dos ríos. Agora, boa parte destas expresións atópanse nunha situación de vulnerabilidade. Son moitas máis, porén, as expresións e manifestacións inmateriais comúns entre Galiza e Portugal: a primeira delas a lingua. A nosa forma de relacionarnos os uns cos outros e co mundo, e que nos confire identidade. Patrimonio Inmaterial é tamén a nosa forma de nomear o que nos rodea e os lugares nos que vivimos. A toponimia, polo tanto, tamén forma parte dese excelente capital que temos que resgardar do esquecemento. É neste contexto no que é pertinente a definición de accións de salvagarda que buscan garantir a viabilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial. As accións deben traballarse cun enfoque participativo posto que os verdadeiros protagonistas, os portadores, son os homes e mulleres do medio rural. Non obstante, cómpre deixar moi claro que para a Consellaría do Medio Rural non estamos falando só de pasado, senón sobre todo do futuro. A tarefa colectiva que esta Consellaría pretende liderar nos próximos anos é a de construír un medio rural galego vivo adaptado ás novas condicións do século XXI, e un dos seus alicerces (tamén no plano socioeconómico) ten que ser a conservación renovada e a posta en valor do patrimonio natural e cultural herdado do pasado. En consecuencia, non se trata só de salvagardar senón que as actuacións deben dirixirse de modo preferente a identificar oportunidades e novas alternativas de produción e consumo de produtos rurais. Neste sentido, valores sociais e ambientais tradicionais, adecuadamente postos ao día, poden axudar a dar resposta aos problemas de despoboamento e abandono que caracterizan hoxe o noso medio rural. O patrimonio cultural –o material e inmaterial- é un dos recursos do que poden nacer iniciativas de emprego para os mozos; unha materia prima que pode ser motor e xeradora de riqueza e benestar e, por iso, cómpre prestarlle atención crecente. Finalmente, no mundo actual, convivindo co excepcional desenvolvemento das canles de comunicación, existe unha evidente necesidade de actualización de enfoques e usos dos patrimonios locais inmateriais, co que xorden, tamén aquí, novas formas de cooperación, hoxe aínda maioritariamente exercidas a través de canles institucionais. A presente publicación pon de manifesto a extraordinaria riqueza do noso patrimonio inmaterial e, sobre todo, que este patrimonio está vivo, que evoluciona e que quere crear un futuro propio. Este será o mellor recoñecemento que poda acadar. Edelmiro López Iglesias Director Xeral de Desenvolvemento Rural Consellaría do Medio Rural Xunta de Galiza

Limiar

Cultura tradicional e desenvolvemento Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Esta pequena achega ao estudo e dinamización do patrimonio inmaterial galego e, por extensión, do noroeste peninsular, é o resultado da vinculación no tempo dun conxunto de axentes, movementos sociais, institucións e organismos públicos así como de persoas a nivel individual. O vínculo vén establecido polos promotores da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á proclamación pola UNESCO como Obra Mestra da Humanidade que, malia non ter recibido ese recoñecemento, abriron novos campos de batalla nos que continuar a loita pola defensa e posta en valor do noso PI. O soporte material e institucional desta publicación vén dado pola coincidencia de obxectivos entre aquela iniciativa e o proxecto “Cantata” do arco atlántico europeo, como se explicará máis adiante. É esta unha publicación mestiza no sentido de dar entrada a autores e colectivos que participan non en función do seu recoñecido prestixio, vara de medir predominante na ciencia normal, senón en función de estaren afectados, en diferentes medidas, polo proceso de recuperación e valorización do patrimonio inmaterial galego-portugués. Así, entre os autores encontramos científicos consagrados, pequenos aprendices de científicos, portadores e portadoras, axentes de dinamización social, mestres, políticos e artistas, utilizando diferentes formatos como entrevistas, textos formais, contos e outros. Esta publicación, xa que logo, encádrase dentro do novo paradigma científico denominado ciencia posnormal. Neste novo paradigma, ademais de dar importancia ás persoas, independentemente da súa valía científica, o obxectivo non é “acertar de forma exacta” na diagnose do problema analizado, pois recoñécese a existencia de incertezas ineludíbeis. Por outra parte, cando enfocamos un problema desde esta perspectiva colócase en primeiro lugar os compromisos ou valores dos axentes implicados máis que os feitos obxectivos, tal e como se fai na perspectiva científica. Neste sentido cómpre sinalar que de acordo coa perspectiva da UNESCO, o enfoque do patrimonio inmaterial está centrado nas persoas (os denominados “portadores”) e nas súas comunidades. Ademais todos os autores deste libro coinciden na preocupación polo estado actual do noso patrimonio inmaterial en todas as súas esferas; é dicir, manifestan explicitamente a existencia dun grave problema e o seu compromiso a traballar a prol da súa

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

defensa. Dito doutro xeito, o que está en xogo é moito: eis outra das características dos problemas posnormais. Neste sentido, o cambio político na Xunta de Galicia é observado como unha moi boa noticia para a defensa e valorización do PI pois o novo goberno cre na natureza do problema e comprométese a fondo na súa salvagarda. Porén, a resolución dos problemas posnormais non é algo exclusivamente técnico nin pode depender da vontade política específica deste ou de calquera outro goberno. A calidade das estratexias de resolución para a defensa e posta en valor do PI ha de medirse a través dunha cada vez maior participación e compromiso de leigos e expertos. Por outra parte, o conxunto de traballos que fan parte desta obra colectiva non pretenden sentar cátedra e ser unha referencia absoluta no ámbito da cultura tradicional, especialmente no que ten que ver cos procesos de valorización. Máis ben, queren ser o punto de partida para un debate rigoroso, pausado e transparente, sobre as posibilidades que existen para definir novos sistemas de intercambio social, económico e ecolóxico que consideren oportuno tomar como alicerce a cultura tradicional propia. É dicir, a perspectiva que nos moveu a xuntar esforzos non é tanto a adoración da cultura tradicional como unha fin en si mesma na que os autores deste libro sexamos as “estrelas” senón, sobre todo, tomar a cultura tradicional no seu conxunto, e cada unha das súas manifestacións particulares, como un medio útil para alcanzarmos maiores niveis de desenvolvemento. No noso país, durante décadas, ducias de persoas e colectivos traballaron a prol da cultura tradicional realizando un labor, en moitos casos de “salvación nacional”, poucas veces recoñecido e valorado no seu xusto punto. Sen querermos atribucións que non nos corresponden, gustaríanos que este libro fose ollado como un pequeno recoñecemento ao traballo de todos e todas eles e elas. O libro témolo estruturado nunha parte introdutoria e oito partes, que brevemente comentamos de seguido, destinadas a facer un percorrido por diferentes aspectos vencellados co PI. Queremos recalcar que a idea condutora de todas as achegas é que o PI pode ser un dos alicerces para definirmos estratexias de desenvolvemento que dean resposta a algúns dos problemas máis graves aos que se enfronta o mundo rural galego, entendido este de xeito amplo incluíndo, xa que logo, tamén ao mundo mariñeiro.

Introdución A idea motriz desta publicación de ser un compendio de iniciativas que resulten nunha chamada á acción participativa a prol da salvagarda do PI como unha contribución ao desenvolvemento sustentábel, xustifica de por si a inclusión dun apartado específico de carácter netamente introdutorio, a modo dun “compendio de introducións”. Cada un desde a súa particular perspectiva persoal, profesional ou institucional, os diferentes autores ofrécennos unha visión sintética deste vasto universo conceptual e ideolóxico. Rosario Álvarez Cao, desde a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, marca os aspectos máis salientábeis desa iniciativa denominada Cantata que tenta pular pola valorización de distintos aspectos do patrimonio inmaterial. Esta proposta, cuxas experiencias están espalladas ao longo do libro, serve para amosar un dos camiños, o institucional, que serven para traballar a prol do patrimonio inmaterial. A dimensión transnacional do PI fica nitidamente clara co texto de Álvaro Campelo. A visión deste investigador, redactor da parte portuguesa do dossier presentado á UNESCO, é moi interesante para o obxectivo fundamental desta publicación. Non en van, Campelo apela a “investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defe14

Limiar

sa do ambiente” e a “fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmos abertos ao mundo” co obxectivo de sermos “herdeiros dignos da cultura que recebemos e participantes neste mundo globalizado”. Neste mesmo sentido exprésase Francisco Fernández Rei nese artigo con título tan suxerente (“o intanxible común”) que fora escrito para alimentar o proceso da Candidatura. Fernández Rei coida que as tradicións orais han ser recuperadas, revitalizadas e transmitidas pois deste xeito “os galegos e os portugueses (e tamén os estremeiros) que habitamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribuiremos a afianzar a nosa identidade común neste xeira globalizadora e uniformizadora”. O papel que o patrimonio inmaterial pode ter, como elemento de dinamización socioeconómica, para as comunidades galega e do norte de Portugal fica sobranceiramente explicitado no artigo de Manuel Cao Fernández, desde a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (CTGNP). Cómpre sinalar tanto o rol que a CTGNP tivo durante o proceso da candidatura como as súas intencións actuais para apoiar iniciativas orixinais que tenten avanzar no proceso de valorización do patrimonio inmaterial. O traballo de Xerardo F. Santomé introduce a polémica rigorosa arredor dos procesos de mercantilización do patrimonio inmaterial, un aspecto salientábel que non debemos esquecer. Santomé apunta que “detrás da meirande parte dos intentos de actualización e modernización (do PI) existen intereses particulares soterrados: intereses que van desde a busca de prestixio social e profesional ata os económicos, como fin última, e pasando polos políticos”. Neste sentido atrevémonos a apuntar, para o debate, o comentario da Sra. Concha de Luneda, que se reproduce no texto do gaiteiro de Xistra: “A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importante é conservalo, que é o máis ghrande que temos”. O texto de Antón Patiño vai nesta mesma liña, cando sinala que “a endogamia acrítica, o ensimesmamento compracente e folclórico nun ruín oficialismo populista foron deica agora as consignas e as coordenadas básicas da actuación política co relación á cultura” Demandando “vitaminas de autoestima” e facéndose eco das palabras de Uxío Novoneyra, o pintor, neste libro escritor, sinala que as cuestións clave son “preservar e conservar, inventar e transmitir”. Para convertermos en circunstancial o “déficit de visionarios” que padece a nosa terra, Patiño demanda arte, creación e vida, triloxía que ha servir, no caso particular do PI, para construírmos novos escenarios esperanzadores para o noso país. Ao duplo obxectivo de sinalar apuntamentos críticos do que levamos feito ou deixado de facer e camiños para a valorización do PI, en especial no que se refire ao papel dos museos etnográficos, destínase o texto de Xosé Carlos Sierra. O traballo conxunto de Iván Area, Anxo Ocampo, Xabier Prado Orbán e Xavier Simón Fernández vai na liña creativa ao deseñar liñas mestras para avanzar no proceso de salvagarda do PI. Resulta moi interesante a sistematización realizada neste texto en relación co proceso de salvagarda ao distinguiren as fases de comprensión, intervención e recomposición que veñen resumir moi acertadamente os pasos necesarios para o tan necesario proceso de valorización do PI. A introdución finaliza cun texto de Xavier Simón Fernández no que se sinalan as grandes oportunidades existentes para construírmos novas alternativas de produción e consumo de produtos rurais cos alicerces do sistema agrario tradicional. Sen excluír os avances tecnolóxicos, nin moito menos, Simón apunta que o sistema agrario tradicional, base na que se desenvolveu durante centurias a nosa cultura tradicional, ten valores sociais e ambientais que poden dar resposta aos actuais problemas de despoboamento e abandono dos recursos produtivos. 15

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

A candidatura O Manifesto “Un Patrimonio Para o Futuro” escrito por Suso de Toro e asinado por trece persoas de prestixio nacional e internacional no mundo da cultura, manifestando que o Noroeste da Península Ibérica “é unha esquina da Europa que non é lugar de paso, senón un recipiente no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado” resalta que “aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis profunda”. Perspectiva que coincide coa de Xosé Luís Méndez Ferrín, no texto elaborado por Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández, cando di “pódese dicir que estamos a falar dunha cultura europea no máis amplo sentido do termo” cando nos referimos á cultura galego-portuguesa. Por outra parte, os asinantes do Manifesto salientan a necesidade de esculcar, estimar e respectar o propio patrimonio cultural devecendo pola súa proclamación pola UNESCO pois iso mellorará a calidade de vida e será unha marca de identidade aquí e “en todo o mundo a través das persoas e países nos que fai parte da súa identidade”. Esta visión que parte do local pero que está situada no mundo, ocupando un espazo simbólico e tamén material, foi un punto de partida acertado que explica o éxito da candidatura, malia no ter alcanzado o recoñecemento. O romance do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, traballo realizado conxuntamente por un portugués, Jorge Santos Silva, e un galego, Xabier Prado Orbán, foi realizado como complemento da Árbore do Patrimonio, feita por un alumno dunha Escola Asociada á UNESCO, Pablo Prado, no que se resumen os principais elementos da cultura tradicional común en formato de banda deseñada. O proceso de candidatura iníciase, de feito, moito antes do mesmo coñecemento polos promotores da existencia de tal posibilidade diante da UNESCO. De xeito paralelo, as Escolas galegas da Rede Internacional de Escolas Asociadas á UNESCO, por unha parte, e Ponte… nas Ondas!, Asociación cultural da que forman parte centros de ensino galegos e portugueses, poñen en marcha iniciativas que conflúen en iniciativas comúns previas, como explica Xabier Prado no seu artigo, e levan a un traballo conxunto de 4 anos de preparación da candidatura e busca de adhesións. Ponte… nas Ondas!, en palabras do seu Presidente Santiago Veloso, coa presentación da Candidatura “culminou un ciclo de 11 anos que, lonxe de pecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galega e portuguesa para compartir e ofrecer unha actividade innovadora e creativa”. Innovar e Crear, eis dous verbos necesarios para a defensa da cultura tradicional e a súa posta en valor. Unha vez máis, como escribe Luísa Márquez, a actividade previa e innovadora das Escolas UNESCO, mobilizando durante tempo a comunidade educativa en Redes Internacionais de Escolas que defenden os Dereitos Humanos e pulan pola aprendizaxe intercultural e a protección do medio ambiente, foi un insumo fundamental no resultado final da candidatura. Outro tanto podemos dicir das Escolas asociadas en Ponte… nas Ondas!: vencellando a escolares de fala galega en moitos países do mundo con actividades participativas de formación e diversión foron construíndo, creando, a dimensión internacional asociada ao noso patrimonio inmaterial presente no proxecto de candidatura finalmente deseñado. Esta sección do libro finaliza co traballo de Jorge Rodrigues Gomes, autor da primeira formulación do concepto de cultura tradicional galego-portuguesa para a Candidatura á UNESCO, na cal aportou tamén o seu traballo de investigación encol das xergas gremiais do noroeste peninsular como elemento inmaterial por excelencia. Rodrigues propón no seu artigo unha reflexión sobre a importancia e o interese que ten para a Galiza o achegamento ao mundo cultural da lusofonía. 16

Limiar

O proceso iniciado polos promotores ten outra virtude que cómpre salientar: iniciado desde o mundo educativo público foi quen de alcanzar un elevado nivel de participación de axentes, portadores, investigadores, comunicadores, educadores e, en xeral, cidadáns conscientes, e institucións, xerando un certo nivel de participación horizontal que xerou aprendizaxe mutua e deixando pouso suficiente para que o traballo a prol do PI bula e ince as mentes e espazos de traballo e compromiso de moitos e moitas galegas. Se o agromo da candidatura foi o resultado dun proceso plural e participativo, e por iso foi un éxito, o traballo que se queira desenvolver a partir deste momento tense que mover neses parámetros. É necesario dar cabida a todos os que teñan algo que dicir, desde os leigos aos expertos, e cómpre abrir novos ámbitos para facilitar a participación permanente na diagnose e avaliación de oportunidades en relación ás accións de salvagarda do PI.

Institucións, axentes e PI Neste senso, este libro foi concibido como un medio que permita facer constar o papel desenvolvido polos axentes sociais, independentemente do seu carácter ou ubicación, na defensa e salvagarda do PI. Xosé Manuel González Reboredo, redactor da parte galega do dossier presentado á UNESCO, como membro da Sección de Antropoloxía Cultural do CCG fai un recoñecemento do traballo previo feito polos principais “folkoristas e etnógrafos” e relaciona as principais actividades que se teñen realizado a prol do PI. Cómpre sinalar que González Reboredo chama a atención sobre a necesidade de que os axentes de desenvolvemento rural valoren no seu xusto punto o valor da cultura tradicional pois “algúns (dos seus) elementos poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos, comerciais, de agricultura ecolóxica ou de cohesión social”. A vinculación entre cultura tradicional e desenvolvemento convértese, como diciamos, no eixo condutor desta publicación. Que fagamos mención dunha única institución pública, o CCG, que se dedica á investigación antropolóxica, non quere dicir que non existan outros Centros que teñan esa función. Os Departamentos universitarios son, sen dúbida, un lugar común onde se realiza investigación deste tipo mais cómpre salientar que poucas veces se dá o paso adiante de vincular etnografía, cultura tradicional e desenvolvemento social. No cumio institucional traballando a prol do PI está o Museo do Pobo Galego (MPG). Ana Estévez amósanos como o MPG traballa, principalmente, no eido da difusión do patrimonio inmaterial cando, acertadamente, sinala que os aspectos inmateriais do noso patrimonio “están unidos de forma inextricábel aos oficios, os saberes, as prácticas de toda orde polo que se atopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo (do MPG)”. A autora tamén sinala como, desde 2003, o MPG, en colaboración coa Fundación Antonio Fraguas, puxo en marcha un estimulante Proxecto Didáctico que leva o nome do ilustre Antón Fraguas e ten como propósito ”alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementos do noso acervo cultural”. Nesta xeira da difusión do PI do noroeste peninsular, introducimos nesta parte do libro o traballo de Abraão Veloso, do Museu Agrícola de Entre Douro e Minho, co obxectivo de amosar as semellanzas entre as iniciativas de recompilación na Galiza e no Norte de Portugal. Veloso gaba o proceso da candidatura e chama a “atenção para o facto de todos os patrimónios nas suas componentes materiais e imateriais serem uma maisvalia para o Noroeste Peninsular, e necessitarem de ser protegidos e valorizados; Patrimônio genético animal e vegetal; Património gastronómico; Património paisagístico; Patrimonio cultural; 17

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

etc.; etc”. Sinala, por outra parte, as singularidades patrimoniais que posúen as comunidades campesiñas do norte portugués (xestión da auga, razas autóctonas, vezeiras etc.) para seren elementos dunha nova estratexia de valorización. Nestas dúas últimas experiencias a difusión do PI prodúcese, en xeral, cando os visitantes acoden ás súas dependencias. Os nenos e nenas, mozos e mozas e cidadáns e cidadás en xeral acoden aos museos para apreciar o que alí nos queren amosar. Unha experiencia que reverte este fluxo é a desenvolvida polos mestres e mestras do CEIP Mosteiro de Caaveiro, na Capela. Esta iniciativa, que Secundino García, Director do referido Centro de Ensino, dá en chamar “Cando o Museo está dentro da Escola”, é mostra da presenza de actividade a prol do noso PI desde ámbitos ben diferentes aos comentados anteriormente. Ademais, xunto con outras experiencias que aparecen ao longo deste libro e que na actualidade se vinculan arredor da Universidade Rural Galega (URG), amosan o compromiso brutal de moitos galegos e galegas pola defensa do noso PI cando as “condicións institucionais” non só non freaban as forzas modernizadoras chegadas a través do mercado senón que, na meirande parte dos casos, miraban para outro lado. O título do traballo de Secundino García reflicte claramente como é o CEIP da Capela: o seu interior é un museo no que podemos ollar unha inxente colección de pezas, distribuídas en diferentes seccións, que mostran os moitos e diversos coñecementos que os nosos devanceiros precisaban para a supervivencia: o cultivo dos cereais, a fabricación do pan, as produtoras de téxtiles, os carboeiros e moitos outros “artistas”, como son denominados no texto que comentamos. Esta iniciativa ten como alicerce que “o presente e o futuro constrúense sobre o pasado”, así que o proxecto escolar do CEIP Mosteiro de Caaveiro contempla a colección reunida como un referente de aprendizaxe permanente do seu alumnado: a tradición popular, a análise das súas formas e a súa evolución integradas na escola. Esta vinculación entre iniciativas sociais e localidade tamén está presente na iniciativa de Xermolos de dinamización cultural na vila de Guitiriz e, en xeral, na Terra Cha. Loitando 30 anos pola defensa da cultura propia, cóntanos Alfonso Blanco Torrado, un grupo de mozos, daquela, conseguiu pór en valor unha parte dos coñecementos tradicionais, como foron as iniciativas cooperativas arredor dos canteiros da Terra Cha, e contribuíu á conservar algunhas das máis fondas manifestación do noso patrimonio inmaterial. Tal é o caso das sucesivas Mostras de Artesáns de Instrumentos Tradicionais ou da máis recente Casa das Palabras, lugar onde “se garda, con toda devoción a cultura oral que foi definindo o rumbo desta colectividade, a través da palabra transmitida xeración tras xeración”. Blanco Torrado fai un apelo ao poder da palabra pois “é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxergando toda esta vida”. A palabra, e o diálogo que se establece mediante ela, é unha das armas de transformación social máis potentes das que dispomos os seres humanos. Durante moito tempo, ao longo da nosa historia, houbo pouco diálogo entre as partes e si demasiada abdicación e imposición de modelos e condutas que pouco tiñan que ver coa propia lóxica de desenvolvemento. Este é o punto de partida que leva ao inicio das actividades da Universidade Rural Paulo Freire (URPF), tal e como amosan Miguel Teixido e Xavier Briset no seu artigo: “O modelo de desenvolvemento imposto significou, e significa, para o medio rural a desaparición de aldeas, de servizos de proximidade, de servizos culturais, de escolas, de transportes, de actividades, de paisaxe, da VIDA......”. Esta iniciativa ten como principal fin a recuperación urxente da memoria colectiva, facendo un exercicio participativo de historia oral onde fiquen recollidos os coñecementos, sensacións e sentimentos ou experiencias dos portadores, co gallo de crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento do Territorio. Finalmente, Teixido e Briset sinalan que a iniciativa da URPF persegue “xerar unha dinámica de 18

Limiar

autoestima para un mundo que foi sempre incomprendido pola cultura urbana, a pesar de ser exemplo de adaptación respectuosa ao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios, exemplo de autosuficiencia, de esforzo para sobrevivir a pesar das adversidades, exemplo de resistencia ante a agresión e exemplo de tolerancia”. Finaliza este epígrafe co texto de Xosé Lois García quen, desde unha perspectiva mobilizadora e progresista sinala que “a emigración galega non deixa de ser un dos patrimonios máis distinguidos que cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes” logo de presentala como “un invento opresor por parte do Estado centralista que nos levou a unha grande desfeita sen precedentes”. O emigrante galego, sinala García, non se integrou na terra de destino senón que se adaptou. Como proba diso sinala a construción ao longo e ancho do planeta de tecido asociativo “onde Galiza tiña o seu respiro, espiritual e material” (cómpre mencionar neste intre a inmensa cantidade de adhesións á Candidatura que, no seu día, chegaron desde todas as partes do planeta). Non esquece o autor, finalmente, a contribución da emigración á construción dunha Galiza progresista e lembra os “centos de escolas rurais que se construíron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes”. Ben é certo que esas infraestruturas non foron suficientes para que o noso pobo se sentise orgulloso do seu nin para que se criasen estruturas educativas que pularan por sistemas de aproveitamento dos recursos en función da nosa dotación, dos nosos coñecementos e das nosas necesidades. Tiñamos unha parte, moi mellorábel, a infraestrutura, pero fallaba a superestrutura: o sistema educativo fora construído segundo parámetros alleos. Nis as crenzas, nin as lendas, nin a historia que se contaba, nin a lingua que se utilizaba naquelas Escolas do franquismo impulsadas polos emigrantes respondían aos procesos e prácticas sociais propias do pobo onde se desenvolvían. En ámbitos máis técnicos e profesionais inzaban, tamén, os sistemas de aprendizaxe que pouco ou nada tiñan que ver cos procesos produtivos que, desde tempo remotos, viñan transformando fisicamente o espazo aproveitado e fundado polos galegos e galegas.

A Cosmovisión Canto máis atrás percorramos a Historia dun pobo máis elementos específicos e singulares toparemos. Mentres as forzas colonizadoras do mercado ficaron afastadas do mundo rural máis fácil era ollar procesos, prácticas sociais ou medios culturais específicos de cada espazo. Cada pobo tiña a súa propia cosmovisión, é dicir, en cada momento histórico os pobos desenvolveron prácticas produtivas sobre o cosmos (o espazo aproveitado polos homes), tanto agrarias como doutra natureza. Á análise deste ámbito do patrimonio inmaterial dedicamos o epígrafe cuxo comentario encetamos neste intre. O primeiro texto, escrito por Secundino García en calidade de Presidente da URG, tenta explicar a xénese e obxectivos desta recente pero dinámica iniciativa. O texto enfronta dúas visións da cultura: a “cultura con maiúsculas”, a cultura dominante, e a “cultura do pobo, unha cultura milenaria expresada nunha fala que se conservou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros”. García pon o acento principal nas “xentes posuidoras desa cultura que se forxa na experiencia da vida”. Así, os SABERES destas xentes, traducidos a un Banco de Saberes, son o alicerce para construír unha nova xeira para a sociedade actual e as xeracións futuras. Queren, deste xeito, e mediante a participación aberta de todas e todos, contribuír a parar ese “auténtico etnocidio” ao que está sometida a particular cosmovisión dos galegos e galegas. A este mesmo obxectivo queren contribuír Rosa Pascual Abal e Puri Pérez Leirós cando berran o NON SEN ELAS!. As autoras detectan un “proceso de invisibilización” das 19

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

contribucións das mulleres nos estudos clásicos sobre a cultura tradicional malia o recoñecemento unánime do seu papel central na súa reprodución. Logo de criticar a ciencia convencional sinalan que non podemos deixar á marxe ás mulleres cando definimos estratexias de desenvolvemento para o rural galego, “pois esa sabedoría resúltanos imprescindíbel para poder afrontar, con posibilidades de éxito, os problemas do presente, na construción dunha sociedade máis xusta, máis rica e tolerante”. Logo da lectura do seu texto estamos en disposición de resaltar a idea, cada vez máis estendida e compartida, de que o sentido feminino é máis conservacionista, máis solidario e pacifista do que é o masculino. Coidamos que poucos galegos fixeron tanto por resaltar a importancia dos SABERES e o papel das mulleres no sistema agrario tradicional como fixo o xeógrafo francés Abel Bouhier nesa obra posnormal, adiantada, por certo, ao tempo onde agroma a ciencia posnormal, titulada La Galice. Xoán Carlos Carreira Pérez acerta ao referirse ao autor francés cando sinala que “demostrara claramente a tremenda eficacia dunhas prácticas agrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis”. Carreira Pérez, dando mostras da profunda retranca do galego, quizais mamada da relación directa cos campesiños da súa terra, exprésase do seguinte xeito cando fala da sustentabilidade: “que concepto máis vangardista que xa era practicado polos nosos avós.…”. Pulando pola reconstrución do sistema agrario tradicional, como xeito de superar os graves problemas aos que se enfronta o rural, Carreira Pérez apunta que, ao igual que o que contamina debe pagar, o que preserva (a paisaxe, a biodiversidade, a cultura...) debería cobrar. Esta controversia, froito da consideración, ou non, de que o diñeiro pode, ou non, solucionar algúns dos nosos problemas, non fica resolta no texto. A continuación, desde A Porqueira, o lugar onde “desapareceron eses carballos maxestosos que gardaban as historias que contaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que os cortaron”, Pilar Penín e Eloi Davila cóntannos a súa historia vital arredor do descubrimento da profunda relación e da comunicación permanente que se establece entre o labrego e a natureza. Alianza coa natureza, por unha parte, e paciencia, pola outra, eis dous dos ingredientes fundamentais da cosmovisión predominante no noroeste peninsular. Eloi e Pilar, membros da Asociación Labregos Daiquí, auténticos innovadores sociais cuxo principal valor foi, e segue a ser, pór en contacto directo os produtores cos consumidores (recordando o espírito das feiras tradicionais) loan as virtudes agroecolóxicas da agricultura tradicional da Baixa Limia e amósannos o xeito moderno de sobrevivir á modernización e ao crecemento económico, industrializadores da natureza e mercantilizadores da vida. Son eses procesos de mercantilización os que usurparon, aló polos anos 40, aos veciños e veciñas os montes comunais, eses latifundios presentes no país do minifundio para pór en marcha unha silvicultura de monocultivo que arrasou, de xeito definitivo, o proceso de transformación que estaba a producirse no noso agro desde principios do século XX. Xosé Represas Giráldez ocúpase, no seguinte texto, da análise das potencialidades actuais do monte comunal. A propiedade comunal e os sistemas de manexo con ela asociados son, sen dúbida, unha das compoñentes diferenciadoras do patrimonio inmaterial galego portugués, xa extinguidas na inmensa maioría do territorio europeo. Represas sinala, acertadamente, a función de servizo social que veñen desempeñando moitas CMVMC e recalca, ao longo do seu traballo, a papel innovador das actuacións de moitas delas. A posta en valor desta parte do noso PI pódese conseguir, segundo Represas, mediante o aproveitamento enerxético de todos os recursos do monte que ata agora non teñen sido obxecto de valorización. A súa experiencia, con todo, lévao a ser cauto na proposta pois temos exemplos recentes que amosan como as CMVMC teñen sufrido unha nova usurpación dos seus recursos. Trátase da proliferación de aeroxeneradores polos montes galegos, tanto comunais como privados, que 20

Limiar

serven aos intereses especulativos das transnacionais “grazas á normativa que permite utilizar a declaración de utilidade pública para este negocio privado”. Con todas as reservas que quixeramos facer, temos que crer no valor absoluto que esta parte do noso patrimonio inmaterial debe ter no deseño de novas iniciativas que rachen as tendencias negativas ás que está sometido o rural galego. Do mesmo xeito, unha parte importante do acervo xenético propio resultado da milenaria interacción dos labregos e labregas co seu entorno, as razas animais, está chamada a desempeñar un papel decisivo na superación daquelas tendencias. É o caso das dúas experiencias gandeiras que incorporamos a continuación. En primeiro lugar, José Luís Vaz Fernández móstranos como resulta posíbel conxugar tradición popular e desenvolvemento social. Ourense, esa terra galega berce de tantos e tantos caciques, é tamén a provincia galega onde máis razas autóctonas de vacún se teñen conservado. Nada teñen que ver coas novas castes de razas superprodutoras de leite ou carne homoxénea. Son as cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa, auténticos prodixios da sincronizada coevolución dos nosos antergos co entorno natural do que formaban parte. A experiencia cooperativa da que nos dá conta Vaz amósanos o xeito de compatibilizar desenvolvemento socioeconómico con beneficios ambientais resultado da posta en valor do PI. Pero a cousa non fica aí. Sería doado, quizais, caer nas gadoupas das grandes áreas comerciais e dos distribuidores ao groso. Vaz Fernández e o seu equipo, porén, buscan compatibilizar o prezo xusto ao produtor co prezo xusto ao consumidor mediante a “venda directa” (outro exemplo que replica a filosofía das feiras tradicionais). Este sistema, sinala o autor, “permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéranos da escravitude de non ter un canal comercial de ‘alto rendemento’”. Eles foron uns verdadeiros innovadores ao combinaren todo o comentado coas máis modernas técnicas de conservación dos alimentos. Non é para rir, nin para desprezalos cando afirman que “somos auténticos xardineiros da natureza e merecemos o recoñecemento social polo noso labor, que incide moi positivamente nas arcas públicas e na saúde dos nosos consumidores”. A outra experiencia de manexo da biodiversidade animal está nos seus comezos pero non por iso resulta de menor interese, moito menos cando nos últimos temos ollamos a presenza no noso sistema alimentario de crises sanitarias constantes. Son múltiples os factores que inciden na gripe aviaria, por exemplo, pero algúns apuntan á homoxeneización das cabanas e á industrialización dos procesos como a causa principal. Pois ben, iniciativas como a que pretende conservar a galiña piñeira son merecentes de todo o noso respecto e apoio por responderen a lóxicas de supervivencia e non de maximización do beneficio monetario. A iniciativa da Fundación ACIVEGA, como parte do proxecto que abrolla arredor da URG, responde ás mesmas pautas que outros dos traballos incluídos neste libro: recuperación dos nosos saberes e remobilización dos recursos dispoñíbeis para facer fronte ás tendencias desagrarizadoras e á homoxeneización dos patróns de consumo e produción. Os tres últimos traballos que fan parte deste epígrafe tentan responder a outros aspectos referidos á cosmovisión galega. Trátase de procesos vencellados aos recursos acuáticos, tanto mariños como do interior. Podería semellar, a un lector pouco informado, que a problemática da que se pretende dar conta neste libro se cingue exclusivamente ao mundo rural interior. Nada máis lonxe da realidade. Emigración, envellecemento, deterioro da base local de recursos, imposición de novos, e alleos, modelos de aproveitamento son comúns ao mundo mariñeiro e ao mundo labrego, tan difíciles de deslindar, por certo, no caso das vilas mariñeiras do Barbanza ou da Costa da Morte. Emilio Louro Lamela, Milucho, amósanos no seu traballo como reacciona a comunidade mariñeira de Lira, en Carnota, diante daqueles problemas. MARDELIRA é un proxecto 21

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

de desenvolvemento sustentábel que pretende mellorar a calidade de vida da comunidade de base e “recuperar a autoestima dos pescadores” pondo en valor “o senlleiro valor do patrimonio cultural da pesca artesanal”. Coa participación de 3 Confrarías máis puxeron en marcha a “comercialización directa” dos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal e do marisqueo e “cos seus propios criterios e visión” os mariñeiros autolimitaron zonas de pesca para actuaren a xeito de Reserva Mariña co obxectivo de “restauración do equilibrio do ecosistema costeiro e conservar os recursos para conservar os pescadores”. As actuacións deseñadas por estes auténticos enxeñeiros do patrimonio inmaterial compleméntanse cun Taller de Pesca, con fins educativas e de difusión da cultura que lles é propia, cun Programa de Turismo Mariñeiro. Esta última iniciativa, sinala Milucho, supón unha "importante inxección de autoestima para os patróns ao poder participar como actores principais neste proxecto”. Ollamos, xa que logo, a existencia de máis semellanzas que diferenzas entre os mundos rural e mariñeiro. O Prestige feriu de morte os ecosistemas costeiros, ennegreceu os corazóns dos mariñeiros e mariscadoras e encheu de tristura o peito de todos os galegos. O espallamento masivo de aproveitamentos hidroeléctricos na terra dos mil ríos, pola súa banda, cortou a cultura das ribeiras e contribuíu o deterioro do noso PI. Xosé Manuel Vázquez fai unha reflexión interesante neste sentido. As embarcación fluviais eran entendidas na cultura das ribeiras como medios para a supervivencia, por seren elementos vinculados á actividade pesqueira, así como medios de transporte. Cos encoros que “cortaron a riqueza natural manifestada na pesca fluvial” e cos pasos elevados, as embarcacións fluviais perderon, maioritariamente, a súa función social. Vázquez, sabedor destas circunstancias, aposta pola “ocupación de tempo libre como única alternativa de futuro para as barcas de río”. Logo de facer mención ás diferentes actividades de difusión das embarcacións fluviais realizadas en Galicia nos últimos anos finaliza o seu artigo sinalando que o novo uso proposto desde Barcas do Minho “axuda a entender a natureza e a historia dos núcleos da ribeira, posibilita as relacións sociais arredor do río, engade un símbolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xera unha nova memoria colectiva”. A zona do Río Miño onde se conservan as pesqueiras tamén está inzada de historias remotas sobre noites de pesca, contrabando e balbordo desde os primeiros días de Xaneiro ata ben entrada a primavera. Inma Peniza lémbranos no seu artigo a historia pasada e presente das famosas pesqueiras e dos sistemas de pesca empregados e chama a atención sobre os perigos presentes que ameazan a súa supervivencia. Unha vez máis, os intereses das multinacionais da electricidade que pretenden construír “tres minicentrais no tramo libre do río Miño entre Frieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular”. Cómpre salientar que estamos diante dunha manifestación do noso patrimonio inmaterial que amosa unhas características singulares. Referímonos ao sistema de pesca que combinaba construcións tradicionais, as pesqueiras ou pescos, con redes fixas altamente selectivas que garantían a constante reprodución das especies fluviais cobizadas. Non é pequena e insignificante esta característica cando observamos na actualidade un progresivo deterioro da riqueza pesqueira do Río Miño. Durante centos de anos, os nosos antepasados aproveitaban sustentabelmente os ecosistemas, coevolucionando os sistemas sociais e os sistemas naturais. Esta cosmovisión está a ser destruída e substituída polo interese do beneficio económico no curto prazo imposto polo vixente sistema capitalista. A nosa riqueza material e inmaterial xa non responde, maioritariamente, ás necesidades de supervivencia das comunidades de base senón a intereses alleos e espurios que operan en todas as partes do mundo nesta fase de globalización capitalista. Neste epígrafe do libro quixemos pór en evidencia as oportunidades ao noso dispor e as experiencias que colectivos e persoas veñen desenvolvendo para reverter esa tendencia. 22

Limiar

Cangadas ao mesmo carro camiñan outras manifestacións do patrimonio inmaterial galego que, como veremos, padecen dos mesmos síntomas. A partir de agora ocupámonos de reflectir neste limiar as razóns que nos levaron a telas en conta. Como diciamos antes, non pretendemos ser exhaustivos senón simplemente deixar constancia dunha mostra do traballo silencioso, e poucas veces recoñecido, de moitos homes e mulleres que cren nun futuro diferente.

O universo artesán José Antonio González Fernández, Toño o Cesteiro, é un deles. Considérase un “aldeáncesteiro” que obtén produtos útiles para a vida cotiá, verdadeiro obxectivo do artesán tradicional, mediante os materiais e técnicas comunmente utilizados polos seus devanceiros. Toño o Cesteiro, porén, milita na primeira liña de defensa do noso patrimonio ligando sempre artesanía con modelos de vida pois considera que manter vivas as pezas e as súas historias vitais permitirán definir“unha industria ecolóxica, barata, sostible, que aproveita uns recursos que hoxe arden a cotío por mor do descoido do noso agro e que nos identifican como pobo.” Finalmente, cómpre salientar o vencellamento entre arte, amor e supervivencia presente nas labouras cotiás da Galiza tradicional. Velaí unha proba “o meu cestiño de verga / que vai á mesa do rei. / Miña alma por ti morre, / a túa por min non sei”. Xunto cos cesteiros, outros artesáns da cultura tradicional eran os oleiros. Hai en Galiza moitos tipos diferentes de olerías. Nós incorporamos neste libro un exemplo dos máis particulares: as olerías de Sober, caracterizadas por utilizaren roda baixa e por presentaren as súas pezas de cor negra. Tomás López González é o encargado de nos amosar as características desta olería. Cóntanos como se introduce no mundo da artesanía logo de volver da emigración e como se vai recuperando un xeito de traballar uns barros (chamados farabullán e correúdo) que pola metade do século XX tiñan desaparecido. O oleiro de Gundivós, finalmente, analiza o futuro da olería de Sober pondo o acento na necesidade de impulsar a “artesanía etnográfica” fronte á “industria da olería”. Hoxe en día, na Galiza, encontramos algúns exemplos similares aos de Toño o Cesteiro e Tomás o Oleiro de Gundivós. Xentes teimudas que, aproveitando os poucos graos de liberdade que deixa o actual modelo de consumo, traballan con materiais localmente dispoñíbeis para facer pezas con sabor tradicional. O que xa non podemos oír, que nós saibamos, en ningunha parte de Galiza son os roncos e inenterrompidos brouquidos dos mazos dos batáns. A actividade dos bataneiros e bataneiras é só coñecida polas testemuñas orais de homes e mulleres como Estrela Lema, a “derradeira bataneira de Galicia”. Manuel Suárez Suárez amósanos no texto o xeito que tiñan os batáns, ou folóns, de traballar para completar a elaboración dos tecidos. A artesanía téxtil era unha das máis estendidas polo noso país. Non en van temos que pensar que a materia prima que se requiría proviña de aproveitamentos agrarios ou gandeiros que eran parte da vida cotiá de todas as nosas Parroquias. Rocas, teares e folóns existían por todos os contornos da nosa xeografía. A recuperación da cultura popular no Condado, pero especialmente a vencellada coas fibras e co mundo téxtil, é a principal tarefa que desenvolven Ilda Amoedo e Rafa González. A través da entrevista realizada por Xabier Prado, Ilda e Rafa cóntannos como chegan a este mundo, unha vez máis logo da emigración, e como van construíndo, con moito sacrificio e traballo, un pequeno patamal onde amosar, difundir e transmitir o amplo conxunto de coñecementos tradicionais na comarca do Condado. Coidamos merecente de ser salientada a parte máis reivindicativa do seu discurso cando falan da situación económica que padecen aqueles que queren manter 23

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

a esencia da artesanía tradicional sen renunciar a unha digna calidade de vida. Como sinalan, o problema non é que non haxa medios para apoiar estas iniciativas senón que “están mal encamiñados”. Toño, Tomás, Manuel e Ilda e Rafa son unha mostra de resistencia popular fronte ao imperialismo dos plásticos e da homoxeneización industrial que enche as casas dos habitantes deste planeta de cousas pouco útiles, escasamente duradeiras e cun claro valor de dominación. A supervivencia da artesanía popular axúdanos a dispor de vimbios “que nos farán máis capaces de nos enfrontar o inevitable esgotamento do petróleo e de colaborar activamente na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro”, como nos conta Toño, o Cesteiro de Lobeira.

O lúdico festivo Do mesmo xeito cá artesanía, o universo lúdico festivo do noso patrimonio inmaterial tenta reverter a orde establecida. Non podemos entender doutro xeito a idea que nos transmite Antonio Reigosa en relación co Proxecto Galicia Encantada: “escribindo coa boca e lendo cos oídos”, ese xeito de pór en valor a “literatura de tradición oral, a primeira literatura que existiu”. A web da fantasía popular de Galicia quere ser un instrumento para o traballo dos escolares “que poderán aprender como dous mundos, aparentemente incompatíbeis, o das tradicións e a modernidade, se enriquecen mutuamente”. Os xogos tradicionais son outro dos elementos que conforman o universo lúdico festivo do noso patrimonio inmaterial. Lois Pardo amósanos a potencialidade transformadora dos xogos tradicionais ao facer un pequeno percorrido pola xénese de Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional. Unha vez máis fica manifesto o papel central dos ensinantes na defensa e promoción do PI. Por outra parte, na liña que move a esta publicación, cómpre sinalar o afastamento das “visións nostálxicas” ou da “recuperación museística” para subliñar que os xogos populares “conforman un punto de reunión e de comunicación interxeracional”. Elemento de comunicación inter e intraxeracional como ningún outro é, sen dúbida, a música. Como sinalan Area Carracedo e Carpintero Arias, alén dun xeito de expresión cultural, a música foi “unha escusa para favorecer a relación entre mozos e mozas dunha aldea ou aldeas veciñas”. A comunicación intraxeracional mediante a música ten esmorecido paseniñamente, como sinalan os autores, pola caída en desgracia dos seráns, foliadas e polavilas como consecuencia, fundamentalmente, da chegada da radio e da televisión. No que atinxe ao papel da música tradicional como nexo entre xeracións, os autores atrévense a apuntar algúns elementos que permitan retirala do “zoolóxico” para reasentala novamente “no espazo natural propio para o seu desenvolvemento”. Ese espazo ten mudado, sinalan Area e Carpintero, consonte foi cambiando a sociedade galega: éxodo rural, crecemento urbano, envellecemento da poboación, etc.., polo que as estratexias de valorización da música tradicional han estar adaptadas a estas novas circunstancias. O artigo que comentamos conecta perfectamente coa liña central deste libro cando apunta a conexión entre música tradicional, patrimonio inmaterial e desenvolvemento socioeconómico: a promoción e difusión das manifestacións lúdico-festivas do rural e o pulo por novos mercados para os produtos artesanais han xerar rendas que axuden a fixar poboación no campo. Os ranchos de Reis son unha desas manifestacións musicais que requiren de promoción e difusión para que sirvan tanto á súa propia valorización como ao pulo do desenvolvemento do rural. Non en van, como sinalan Marisol González e Nieves Barrera, na entrevista realizada por Xabier Prado, arredor dos ranchos de Reis cabería traballar durante todo 24

Limiar

ano na recuperación e deseño dos traxes tradicionais, na recuperación e aprendizaxe da música e dos bailes, etc.. De recuperación e comprensión do patrimonio musical limián é do que nos falan Iván Area e Cástor Castro no seguinte artigo. Fronte aos intereses harmonizadores e deturpadores da tradición musical da Deputación de Ourense coas chamadas “Escolas de Gaita”, os autores sinalan un conxunto de iniciativas (Catálogo de Músicos da Limia; Día do Orgullo Gaiteiro…) encarreiradas a dignificar os saberes e coñecementos dos músicos tradicionais. Malia recoñeceren inicialmente o sobranceiro traballo de recompilación feito por numerosos colectivos, conclúen o seu artigo facendo fincapé na necesidade “dun especial esforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como no da protección, antes de abordar de xeito efectivo políticas de recomposición”. A Limia, terra de músicos e, especialmente, terra de Entroido. Xosé Manuel Atanes fai un sinxelo percorrido vital polo amplo significado do Entroido limián. O seu artigo ten o valor da non caducidade: podería estar escrito hai douscentos anos ou neste inicio do século XXI. O Entroido limián tradicional, máis alá dos intentos por convertelo nunha simple representación de máscaras, resistiu á modernización festiva. Agora, os cambios políticos teñen que pór os medios para que o traballo anónimo de Pantallas, Peliqueiros e tantos outros seres, sirvan de elemento para a dinamización socioeconómica do noso país. O Entroido galego, coa súa riqueza e diversidade local, ten potencialidade suficiente para converterse nun foco de atracción de turistas cuxas rendas poden axudar ao desenvolvemento de diversas bisbarras galegas.

As prácticas textuais Anxo Fernández Ocampo, autor do primeiro dos textos que incluímos neste epígrafe comeza por desmitificar o concepto de oralidade ou literatura oral propoñendo o de “prácticas textuais” por ser máis amplo ao recoller os produtos tradicionais independentemente da canle utilizada e pór énfase na natureza social das manifestacións do PI. O autor aposta, ademais, pola necesidade de “compartir metodoloxías de salvagarda” entre os elementos materiais e inmateriais do patrimonio e recalca a necesidade de superarmos o clixé do carácter estático das prácticas textuais. Finalmente, Fernández Ocampo chama a atención de evitarmos o risco “de seguir entendendo a patrimonialización das prácticas textuais unicamente como recolleita e difusión de formas literarias populares”. De facérmolo deste xeito, “a identidade local é secuestrada para ser convertida en peza doutro sistema, o cal non contribúe a que o habitante perciba as posibilidades interpretativas que lle ofrecen as súas propias prácticas” e, polo tanto, o PI, e as súas compoñentes, perderían o potencial transformador do mundo rural, verdadeiro valor á luz do texto de Fernández en liña co pensamento que move ao conxunto desta obra. A ese mesmo obxectivo contribúe a innovadora proposta da Revista Oral da que nos fala Antonio Reigosa no seguinte artigo. Fronte aos formatos tradicionais e, en moitos casos academicistas, de revistas culturais que pretenden a dinamización sen a participación activa do lector, no caso que nos presenta Reigosa ráchase a diferenciación entre creador e lector, sendo o mesmo suxeito no mesmo momento do tempo. A experiencia vén ilustrada co caso do número monográfico destinado a divulgar e apoiar a candidatura da tradición oral galego portuguesa. Sinala Reigosa que a fórmula da revista oral é “moi útil e efectiva para a divulgación cultural… pois todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar” e pode servir para achegar a nosa cultura tradicional a todos, especialmente aos máis novos. A este mesmo fin téntase contribuír coa experiencia da improvisación oral nas aulas de varios centros 25

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

públicos do Condado, como nos relata Hortensia Bautista Fernández no seguinte texto. Logo dunha diagnose negativa sobre a evolución do uso do galego, en todos os ámbitos, na súa Comarca de influencia un grupo de mestres e mestras apostaron por incentivar o papel activo dos mozos e mozas no proceso de recuperación dos diferentes elementos da nosa cultura tradicional utilizando a improvisación oral como ferramenta de traballo. Un mestre da improvisación oral é, sen dúbida, Pinto de Herbón a quen Xabier Prado entrevista no seguinte texto. Dando mostras da súa xenialidade, e, como non, das súas dotes para a improvisación, o Pinto déixanos xoias inéditas como aquela que di “O mundo da tradición/ o global xa non atura/ O moderno hoxe en día /é a defensa da cultura”, que podería servir de resumo da loita contra dos procesos de homoxeneización e industrialización do salvaxe capitalismo da actual fase da globalización, un dos eixos que moven o conxunto de participantes nesta obra colectiva. Creatividade e participación tamén encontramos na experiencia educativa de Papaventos reflectidas nas páxinas do seguinte artigo deste epígrafe que comentamos. A dilatada experiencia destes educadores busca “espertar e sobre todo motivar a atención escolar sobre temas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre a necesidade de mantelos vivos”. Non é, como podería ser pensado nun principio, unha experiencia cerrada na nosa propia cultura, malia ser esta o punto de partida. Entre as súas experiencias queremos salientar a dos “ContoSolidarios” en colaboración coa ONG “Bicis Pola Paz”, cuxa razón de ser son “proxectos de contacontos para falar das desigualdades sociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a través de personaxes doutras culturas”. Quixemos resaltar esta entre as numerosas actividades desenvolvidas por este colectivo nos seus 16 anos de existencia cando, nestes momentos, abren novas portas ao impulso do mundo rural galego participando no proxecto da URG. Finalmente, Alfonso Campos e Manuel Falagueiro, en entrevista realizada por Xabier Prado, cóntannos o seu xeito de traballar a prol da recuperación da tradición oral local da Parroquia de Proendos, en Sober. Malia faceren unha diagnose negativa do percorrido parroquial das últimas 5 décadas e pensaren na imposibilidade de que Proendos, como tantas outras Parroquias, recupere o balbordo da súa mocidade, Alfonso e Manuel son un exemplo a seguir no traballo de recuperación das tradicións, dos contos, das lendas, das cantigas e da música tradicional. Todas esas “prácticas textuais”, utilizando o concepto proposto inicialmente neste epígrafe por Fernández Ocampo, teñen que ser recompiladas malia non termos, individual ou colectivamente, claro cales serán os espazos socioculturais e xeográficos en cuxa estratexia de desenvolvemento han xogar aquelas prácticas un papel activo.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento Como vimos dicindo ao longo deste Limiar, non cremos naquela visión que olla o patrimonio, material ou inmaterial, como algo estático con valor museístico. Máis ben cremos na visión do patrimonio como dinámico e compoñente do desenvolvemento. Neste epígrafe, precisamente, presentamos un conxunto de textos que renden tributo a esta necesaria perspectiva. Por unha banda dous textos que sentan as bases teóricas do que se dá en chamar dinámicas territoriais de desenvolvemento, o texto de Xosé Manuel Souto González, e a máis ampla estratexia de desenvolvemento sustentábel, o texto de Ramón López Rodríguez. O traballo de Souto, enclavado no que el chama a mercadotecnia territorial, e aplicado ao Eixo Atlántico, chama a atención sobre “os recursos potenciais que poden facilitar o dinamismo económico, social e cultural” así como sobre “os produtos territoriais específicos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou potenciali26

Limiar

dades de localización de actividades que permitan ensarillar as áreas urbanas e os medios rurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización”. En concreto, Souto sinala que a “marca” do Eixo Atlántico é “o territorio da pedra, da auga e da saudade”. Os traballos desenvolvidos por Cantata, aos que nos referimos posteriormente, encádranse perfectamente neste proxecto de desenvolvemento construído cos recursos localmente dispoñíbeis e diferenciadores, marcadores do territorio. Mais a estratexia de mercadotecnia territorial tenta ir máis alá do deseño participativo das potencialidades de desenvolvemento, ficando encadrada dentro dunha estratexia máis ampla que se chama desenvolvemento sustentábel. O traballo de López Rodríguez, tentando fuxir do non recomendábel dogmatismo conceptual, tan común neste ámbito, tenta sentar algunhas das bases xenéricas do novo modelo de desenvolvemento, por outra parte unha constante na meirande parte dos textos que conforman este libro. Entre elas cómpre salientar: compatibilidade co medio ambiente, incompatibilidade coa pobreza, coa fame, coa ignorancia, coas guerras e coa carencia de dereitos humanos. Por último, e unha vez máis, o autor resalta o papel fundamental das estratexias educativas participativas para a transformación dos actuais modelos de vida. Entre os insumos dese proceso está, como non, o patrimonio inmaterial local, as súas diferentes manifestacións. Ao deseño de estratexias de desenvolvemento inzadas no territorio e nos recursos locais están dedicados os restantes traballos que conforman este epígrafe do libro. Son, xa que logo, experiencias de desenvolvemento local realmente existentes que tentan pór en liña de acción recursos e coñecementos. Por unha banda, Rosario Álvarez Cao e Arturo Revilla Bonnin sitúan ao lector no eixo recursos acuáticos/desenvolvemento local cando se ocupan, nos dous primeiros traballos, de amosar a potencialidade de xerar rendas locais dinamizando ese recurso tan abundante na terra dos mil ríos. Nas súas propias palabras, “é necesario recoñecer os valores sociais, culturais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidas e, baixo criterios de sostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte do noso patrimonio material e inmaterial”. Tanto no Ribeiro, “ese mundo de auga e viño”, como nas terras do Eume, berce de innumerábeis enxeños de aproveitamento colectivo da forza da auga para producir electricidade, os autores apostan por iniciativas que permitan atraer turistas que desfrutando daqueles valores contribúan a que agrome unha nova xeira no rural galego, ata agora mergullado nunha nefasta dinámica de despoboamento e modernización sen moito sentido. A este obxectivo está dedicado o Proxecto Cantata do que forman parte Rosario Álvarez Cao e Guadalupe Fernández Bouza, autoras do artigo sobre a valorización dos produtos tradicionais da comarca da Ulloa. Neste traballo amósase a potencialidade que ten o conxunto e a diversidade de valores e recursos dispoñíbeis nunha zona xeográfica concreta para definir estratexias de desenvolvemento. Así, a comarca da Ulloa dispón de “riqueza natural nas súas paisaxes…; singular legado monumental....; unha arquitectura popular…; rutas e camiños…; diversidade económica e gastronómica asentada nos recursos tradicionais....” e tenta “recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adaptalos ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar ao futuro, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental para manter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega”. Eis un exemplo de como podemos pensar o futuro en base ao pasado tendo en conta o presente. Este é o mesmo criterio que se segue na definición da ruta das aldeas vitivinícolas medievais na comarca do Ribeiro, no texto que asinan Rosario Álvarez Cao, Luis Cohen, Arturo Revilla e Ana Suárez. A idea que move aos autores compatibiliza perfectamente ca idea xeral desta obra colectiva pois a cultura vitivinícola desta comarca 27

Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

ourensá “constitúe unha riqueza e diversidade patrimonial que merece ser coñecida e que pode aportar novos vieiros ao desenvolvemento local partindo do seu coñecemento e valorización”. É dicir, deseñando produtos con “marca territorial” xeramos novas oportunidades de emprego que producirán rendas que han complementar as “rendas normais” derivadas da actividade agraria de tal xeito que poremos os alicerces para contrarrestar as tendencias modernizadoras que tan malos resultados están a levar ao agro galego en xeral, e ao Ribeiro en particular. A vencer esas dinámicas tamén están destinadas iniciativas de marcado carácter territorial como as desenvolvidas desde as comarcas do Ulla e do Umia, segundo nos conta Xosé María Tobío Iglesias no seguinte texto que forma parte deste epígrafe. A creación da Marca de Calidade ULLAUMIA pretende ir máis aló dunha simple marca comercial pois os promotores cren nela ”como un motor de desenvolvemento rural, a través dun proxecto de Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comarca e que se fundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respecto medioambiental das empresas ou entidades que os producen ou realizan”. Unha idea innovadora e con entidade para se converter en motor do desenvolvemento local nestas dúas comarcas. Este epígrafe finaliza cunha pequena referencia a outra iniciativa con base territorial. Trátase do traballo presentado por Ramiro Martínez sobre o Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”. Se nas Comarcas máis achegadas aos centros urbanos existen problemas de despoboamento e de “fracaso vital” que dicir das zonas de montaña onde xunto ás condicións de vida máis duras aparece a maior ausencia de servizos colectivos de calidade (sanidade, ensino, transporte e unha longa restra de carencias). É neste contexto onde desenvolveu e desenvolve o seu traballo o CDR, tal e como nos conta Ramiro. A validez da súa experiencia fica demostrada pola súa propia lonxevidade (case 20 anos) e tamén polos folgos para continuar a traballar polo desenvolvemento local no futuro máis próximo. De feito, esta iniciativa é parte tamén da URG.

Transmisión e difusión do PI Moitos dos artigos que foron presentados previamente fálannos de experiencias que cumpren, de xeito indirecto, a función de difundir e transmitir o patrimonio inmaterial galego-portugués. Neste último epígrafe incluímos unha breve referencia a 3 experiencias concretas de difusión que se realizaron co gallo da candidatura. Lois Pardo e Xerardo Feijoo apuntan as principais liñas da Mostra realizada en Ourense. Pola súa banda, as outras dúas experiencias tentaron amosar como a cultura inmaterial galego-portuguesa non finaliza coa delimitación xeográfica e administrativa. As zonas de fronteira son zonas de mestura de valores propios e alleos, que dan lugar a manifestacións particulares. Loli Gutiérrez cóntanos a experiencia do occidente asturiano mentres que Marisa Cela e Héctor M. Silveiro documentan o traballo desenvolvido no Bierzo para a difusión do patrimonio inmaterial. Finalmente, neste epígrafe de difusión e transmisión do patrimonio inmaterial incorporamos a experiencia do Colectivo Pedagóxico de Estiño. Unha vez máis, a comunidade educativa galega traballando a prol do PI. Nesta xeira coa elaboración dun calendario que reflicte aspectos, persoas, eventos ou oficios vencellados á cultura tradicional galega: desde os ditos, a nosa memoria colectiva, a música, as festas, as herbas máxicas, os oficios, as lendas, os animais do monte e así ata 27 motivos diferentes que deron lugar a outros tantos almanaques ilustrativos do noso patrimonio inmaterial. 28

Limiar

Conclusión Agardamos que os textos que conforman este libro, e que serán de libre disposición na páxina web: webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion, sexan un estímulo para o necesario traballo que colectivamente debemos desenvolver na defensa e valorización do noso PI. A idea que move aos autores dos traballos que aparecen neste texto non é, porén, negar calquera valor a aquilo que non sexa resultado da interacción secular dos galegos e galegas entre si e co entorno natural. Non é iso. Debemos estar abertos a outras formas de cultura pero non debemos perder o noso. A defensa do indíxena, do particular, do propio ha ser o punto de partida que dea lugar á mestizaxe das culturas. Calquera outra iniciativa que non comece pola valorización do propio e chegue á exaltación do alleo só pode ser cualificada como un proceso de colonización. Nestes tempos da globalización económica, política e cultural semella ir contracorrente cando un pobo reivindica o seu, o que lle é propio, os elementos da súa cultura. Non importa que camiñemos para alá cando case todos veñen cara acó, se o que impulsa o noso movemento é a necesidade de darmos pasos firmes na reconstrución da base social e económica do noso país. Existen feitos indiscutíbeis que dan solidez a unha iniciativa contracorrente como esta. Por unha banda, a constatación do fracaso do modelo de modernización económica do agro impulsado fortemente desde a década dos sesenta do século XX. Fracaso que se observa na continua perda de poboación nas zonas rurais así como na progresiva redución da renda dispoñíbel. Fracaso, por outra banda, que vén explicado, orixinariamente, pola inadaptación do modelo de modernización ás condicións estruturais do agro galego, alén da posta en marcha de políticas agrarias por gobernos cuxo xeito de pensar pouco tiña que ver coas especificidades da nosa economía rural. Só desde a disidencia seremos capaces de contribuír a que haxa no noso país esperanzas dun desenvolvemento diferente, fincado nos nosos recursos, nos nosos saberes e nas nosas necesidades. Os traballos que son parte deste libro queren, nada máis, contribuír ó inicio do debate.

29

01 09

Introdución

01

O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

02

A cultura tradicional galego-portuguesa

03

O Intanxible Común

04

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

05

Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

06

Arte, Creación, Vida

07

A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

08

Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

09

O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

Rosario Álvarez Cao

Álvaro Campelo

Francisco Fernández Rei

Manuel Cao Fernández

Xerardo F. Santomé

Antón Patiño

Xosé C. Sierra Rodríguez

Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

Xavier Simón Fernández

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína Rosario Álvarez Cao

1. Preocupación institucional pola cultura. UNESCO e Unión Europea Na Conferencia Mundial sobre políticas culturais celebrada en México en 1982, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO, define a cultura como o “conxunto de trazos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afectivos, que caracterizan unha sociedade ou un grupo social. Ademais das artes e as letras, a cultura engloba os modos de vida, os dereitos humanos fundamentais, os sistemas de valores, as tradicións e as crenzas”. O labor desenvolvido por esta Organización no ámbito da cultura e do patrimonio é intenso e continuo, inclusive na posta en marcha de instrumentos xurídicos para axudar aos Estados a brindar unha mellor protección á cultura en todas as súas formas. A definición da UNESCO foi retomado polo Consello de Europa na Declaración europea sobre os obxectivos culturais, na 4ª Conferencia de Ministros Europeos da Cultura en Berlín en 1984. Pero sería a raíz do Tratado de Maastricht en 1992, cando a cooperación cultural pasa a ser unha competencia máis da Unión Europea, que ata ese momento funcionara sobre unha base esencialmente económica. O artigo 151 de dito tratado sinala que a Unión deber contribuír “á expansión ou completo desenvolvemento das culturas dos Estados membros no respecto da súa diversidade nacional e rexional, potenciando o patrimonio cultural común”. A Unión Europea é consciente de que a posta en valor do inmenso patrimonio histórico e cultural que posúen todos os Estados membros pode ser un motor de cohesión e desenvolvemento local e reforza a identificación da poboación co seu territorio e a súa cultura. Para isto hai que partir do coñecemento deste rico e diverso patrimonio e, por suposto, protexelo e salvagardalo para evitar o perigo de instrumentación e de sobrecarga. A Unión actúa impulsando accións directas e indirectas neste senso. O programa da Unión de maior significación neste ámbito é Cultura 2000 que engloba programas anteriores de menor importancia orzamentaria e moi específicos (Raphael –para temas de patrimonio–, Arianne –temas literarios– e Caleidoscopio –para as artes vivas). Crear un espazo cultural común fomentando o diálogo cultural e o coñecemento da historia e do patrimonio común, a creación, a difusión da cultura dos pobos europeos e a mobilidade dos artistas e as súas obras, as novas formas de expresión cultural e o papel socioe-

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

conómico da cultura, é o principal obxecto deste programa. Pero a súa importancia radica tamén en que considera que o concepto de cultura inclúe a cultura popular, a sociedade da información e o emprego e a cohesión social, polo que integra a dimensión cultural nas decisións con impacto estes elementos. No marco da política rexional, as Iniciativas Comunitarias cofinancian accións que abordan a dimensión e cooperación cultural. LEADER+ aborda a creación de redes de cooperación que experimentan novas formas de valorización do patrimonio natural e cultural. O IFOP (Instrumento financeiro de orientación da pesca) apoia proxectos culturais. URBAN potencia a recuperación do patrimonio material das cidades e vilas. INTERREG III concentra os seus esforzos en potenciar a cooperación entre Estados, entre rexións e entre zonas limítrofes. É indubidable que a cultura e o patrimonio cultural se converte en apostas dos organismos, das organizacións internacionais e da propia sociedade, e que ten efectos estruturantes no ámbito da cohesión social e do desenvolvemento rexional grazas a unha implicación significativa dos Fondos Estruturais e de programas comunitarios. Trátase de crear un verdadeiro “espazo cultural europeo”, aberto tamén aos países candidatos, cun importante papel nas relacións da Unión co resto do mundo. A preocupación pola cultura queda patente na proposición que presentou, en outubro de 2005, a Comisión sobre a decisión do Parlamento Europeo e do Consello para declarar 2008 como “Ano Europeo do Diálogo Intercultural”.

2. O Proxecto Cantata Cantana é un exemplo de aposta polo patrimonio cultural como motor de desenvolvemento territorial e de cooperación entre países. Está cofinanciado pola Iniciativa Comunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico. Comezouse a implementar en abril de 2005 e está previsto o seu peche en marzo de 2008. O Xefe de Fila do proxecto é Denbighshire County Council –Condado de Denbighshire– (Gales-Reino Unido) e o restantes socios son: Clare County Council –Condado de Clare– (Shannon-Irlanda), Communauté de Communes du Poher –Mancomunidade de Municipios de Poher– (Bretaña-Francia), Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Galicia-España), Câmara Municipal de Montemor-o-Velho –(Portugal). 36

Introdución

Países e organismos socios de Cantata

A. Antecedentes A súa xestación iníciase co remate dun proxecto anterior no ano 1998, PLEIADES, cofinanciado tamén pola Unión Europea a través do Artº10 do FEDER, relativo ao desenvolvemento económico de índole cultural, no que algún dos socios participaran; é dicir, existía un traballo xa desenvolvido, un coñecemento mutuo entre os participantes, unha experiencia de cooperación, e o convencemento de que aínda había moito que aprender uns dos outros e entre todos. Houbo ademais un labor continuado do Condado de Denbighshire (Gales) e Condado de Clare (Irlanda) no senso de desenvolver un turismo singular que contribuíse a valorizar o patrimonio destas rexións. Clare foi consciente, a partir de diversos estudos e da propia realidade, de que tiña que manter a súa competitividade como destino turístico tanto no contexto nacional como europeo, diferenciándose das grandes iconas turísticas da zona (Acantilados de Moher, Dolmen de Poulnabrone, Castelo de Bunratty) e ofrecendo ao visitante experiencias típicas da súa rexión e auténticas: música, paseos pola costa, pesca, baile…, ou sexa, cultura, modos de vida, natureza. Baixo este criterio, puxo en marcha o proxecto LIVETHELIFE co obxectivo último de crear unha estratexia de márketing e marca que permitise vender o produto “Clare” como un todo no mercado. Nesta estratexia había dous puntos clave: o papel da comunidade local como punto único de venta e as novas tecnoloxías. Tras varios estudos o resultado foi o desenvolvemento dunha metodoloxía innovadora na que a participación da poboación local xogaba un papel clave para identificar mercados potenciais; identificar produtos “auténticos” locais comercializables; identificar as necesidades locais de formación e adquisición de capacidades; desenvolver o produto. A experiencia do Condado de Clare, serviu de base para formular un proxecto de cooperación europea entre rexións do espazo atlántico no eido do desenvolvemento territorial tendo como elemento común a valorización do patrimonio cultural propio, e tomando este como punto de partida para definir unha oferta turística “xenuína”, sostible, orientada ao mercado e xestionada pola comunidade local. O concepto LIVETHELIFE parecía transferible e podería enriquecerse con achegas doutras rexións. O Condado de Clare contactou, no ano 2002, con organismos doutros países para analizar a posibilidade de definir un proxecto conxunto que puidese contar coa aprobación da Unión Europea. A convocatoria de INTERREG III B Espazo Atlántico abriu a porta desta posibilidade con éxito e o novo proxecto denominado Cantata foi aprobado pola Comisión. O acrónimo Cantata responde a Celtic Authentic Niche Tourism Advancing The Atlantic Area, Impulso do Espazo Atlántico Promovendo un Turismo Celta e Xenuíno. Confinanciado por INTERREG III B Espazo Atlántico, encádrase na Prioridade D (Reforzo e promoción da identidade atlántica na globalización) e na Medida D-2 (Creación de produtos turísticos atlánticos).

B. Obxectivos e metodoloxía O obxectivo de Cantata, dun xeito resumido, é conseguir unha distribución sostible e equilibrada da actividade turística nas rexións atlánticas desenvolvendo a capacidade da comunidade e promocionando servizos e atraccións turísticas xestionadas localmente, mediante a creación de accesos á cultura local para os visitantes. 37

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

As investigacións recentes evidencian que os visitantes son cada vez máis inmunes á excesiva carga de márketing e se senten decepcionados coas súas experiencias turísticas. Nun mercado sofisticado, o visitante converteuse nun entusiasta de “chegar a coñecer o real”, coñecer a xente real e desfrutar da experiencia interesante que reflicte a frescura, a singularidade e o dinamismo dunha cultura, o calor xenuíno da xente e un sentido de pertenza ao lugar que visitan. No Espazo Atlántico a miúdo ocorre que un pequeno número de atraccións turísticas convencionais atraen a maioría das visitas. Isto supón non só unha concentración dos impactos negativos, senón tamén que os beneficios derivados desde o punto de vista económico, social e cultural non se distribúan equilibradamente, privando da oportunidade de desenvolvemento a espazos dotados de gran potencial. Cantata pretende incidir na rectificación desta situación, común en todas as rexións atlánticas participantes, movendo aos visitantes desde estes centros turísticos de masas ás áreas máis periféricas e menos desenvolvidas, e promovendo experiencias auténticas e xenuínas para os visitantes, que fortalezan e promocionen a cultura e as singularidades locais. Evidentemente todo esto baixo criterios de respecto, sostibilidade e calidade no ámbito cultural e medioambiental. Así pois os obxectivos xerais de Cantata son: ❙ ❙ ❙ ❙

Distribuír aos visitantes máis homoxeneamente nunha área dada, minimizando os impactos do turismo e equilibrando os beneficios económicos e sociais no territorio. Atraer máis visitantes e fidelizar a demanda. Incrementar a duración da estancia e a calidade da experiencia turística. Xerar repetición de visitas cara a un turismo sensible medioambiental e culturalmente.

Na metodoloxía de traballo as comunidades locais desempeñan un papel fundamental, Elas son os “informantes”, son os “actores” e os responsables á hora de construír e mellorar a capacidade local, de “recoñecer” e poñer en valor a súa cultura, de sentirse orgullosos dela, da súa rexión, dos seus modos de vida, de incrementar a conectividade, de definir e deseñar propostas para ofertar ao visitante transmitíndolle ese orgullo ao tempo que se reforza a identidade local. De aí que o proxecto non tería sentido se non se implican organismos, asociacións, entidades locais, empresarios e actores turísticos. Eles participan a través dos workshops e grupos de traballo comarcais. Pola metodoloxía de traballo e pola filosofía subxacente no proxecto, Cantata non busca un enfrontamento de culturas, nin crear unha “cultura para o turismo” senón que pretende crear un lugar de encontro no que o visitante consiga identificar e compartir o verdadeiro sentido do lugar que visita e haxa un encontro xenuíno coa poboación. Esta idea non resta credibilidade ao produto turístico; máis ben ao contrario, dótao de “alma” e constitúe a súa razón primeira. Todo isto tense que reflectir nunha mellora do márketing a partir da investigación de mercado e dos workshops. O intercambio de coñecementos e de know-how entre os socios do proxecto fortaléceno e enriquéceno porque hai unha variedade histórica, económica e cultural rexional aínda que existen elementos comúns entre todas as rexións participantes. A competitividade colaboradora permite conectividade, aumento da conciencia e promoción dunha cultura de diversidade: unha aproximación común con solucións aplicadas localmente. O esquema básico do modelo é: consultar, investigar, identificar carencias, identificar necesidades, tratar as carencias en canto a provisións, realizar accións prácticas e compartir información. 38

Introdución

C. Comarcas Cantata en Galicia En Galicia estase a implementar Cantata nas comarcas do Eume, O Ribeiro e A Ulloa. Trátase de comarcas rurais cunha grande potencialidade en canto aos recursos que posúen e relativamente próximas ás cidades importantes de Galicia. Todas elas contan con organismos e organizacións que traballan polo desenvolvemento turístico do territorio e pola revalorización dos seus recursos e constitúen ámbito de intervención de programas de desenvolvemento rural (PRODER, LEADER+, AGADER) que se reforzan con Cantata. En total, 18 concellos, preto de 60.000 habitantes e unha superficie de 1.364,3 km2. Montañas e vales, ríos e embalses, paisaxes espectaculares, patrimonio cultural variado e rico, atractivos turísticos indubidábeis, espertar dun incipiente turismo, tecido empresarial apoiado nos recursos endóxenos e, sobre todo, vontade social por desenvolver o territorio e potenciar o que lle é propio...., son todos eles trazos que identifican cada unha das tres comarcas. Dúas son as estratexias de actuación: 1. Atraer os fluxos turísticos que reciben as cidades galegas e zonas costeiras, –as máis visitadas–, cara ás tres comarcas, situadas relativamente próximas a ditos espazos. 2. Animar aos excursionistas –máis de 4 millóns– procedentes doutras rexións españolas e do norte de Portugal a visitar e pernoctar nas comarcas Cantata; incidirá, sen dúbida, na súa estrutura socio-cultural e económica. Tras un primeiro estudo do territorio definíronse as principais liñas temáticas nas que se pode traballar para deseñar produtos turísticos. Estas liñas están intimamente relacionadas coa cultura de cada comarca, coa súa historia e co seu patrimonio cultural. No Eume a liña principal é a natureza, o parque natural Fragas do Eume, complementándose co patrimonio arquitectónico (mosteiros, igrexas, castelos) e coa industria da enerxía. No Ribeiro a cultura do viño tómase a priori como o eixo central, complementada coa cultura sefardí, a gastronomía –presente tamén nas outras comarcas-, o patrimonio histórico e arquitectónico, e a auga no referente a ríos, balnearios e mares interiores. A Ulloa, atravesada polo Camiño Francés a Santiago, tómao como eixo de actuación principal unido ao patrimonio histórico-artístico e á agroindustria, reforzando a presenza 39

01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

de producións tradicionais como o queixo e derivados e concedendo un espazo ás novas producións (framboesas, espárragos trigueiros, ovos ecolóxicos...).

D. Actuacións acometidas Seguindo a metodoloxía de traballo definida no proxecto, as accións que se acometen englóbanse nos seguintes ámbitos: investigación, creación de grupos de traballo, promoción, comercialización e intercambio de experiencias. Ata o momento o traballo centrouse na investigación, na creación de grupos de traballo e na promoción. Na fase de investigación realizouse un diagnóstico do territorio e un estudo do mercado turístico, a través de entrevistas e enquisas motivacionais. A entrevista a actores da industria local deu como conclusións que os empresarios son conscientes da necesidade de coñecer e valorar os recursos das súas comarcas, partindo da súa identificación dos mesmos nun traballo conxunto; a necesidade de cooperación entre as pequenas empresas turísticas para achegarse competitivamente ao mercado; e a necesidade de definir estratexias conxuntas de comercialización en cooperación coa administración. O concepto Cantata foi avaliado moi positivamente. Coa enquisa motivacional realizada aos turistas pretendeuse coñecer as opinións e as actitudes dos visitantes sobre a comarca visitada. A procedencia é fundamentalmente Galicia, resto de España (Madrid, Barcelona, norte de España), un 8% do estranxeiro, e maioritariamente de ámbitos urbanos. A maioría destes visitantes que viaxan coa familia ou coa parella, reservan directamente ou viaxan sen reserva e os aspectos que máis valoran das comarcas son: a paisaxe, a natureza, a xente, a gastronomía, as praias fluviais e o mar. É salientable que unha das fontes de información máis habitual é internet. Entre os aspectos que se considera necesario mellorar están a sinalización –que segue sendo unha materia pendente–, os aspectos medioambientais e de accesos, a organización de actividades turísticas que complementen unha oferta e proporcionar máis información sobre os recursos locais. O fomento da cooperación entre as empresas do sector pasa por un traballo conxunto dos técnicos cos empresarios, por iso se crearon grupos de traballo que, ademais de constituír un foro para coñecerse e compartir información, supoñen unha actividade formativa. Neste senso organizáronse dúas xornadas dirixidas por técnicos especialistas en turismo. En novembro de 2005 tiveron lugar as Xornadas “Cooperación empresarial en turismo a nivel local” en cada unha das comarcas. Os obxectivos principais destas foron: Animar e incentivar as comunidades locais e cooperar e concienciar a poboación cara ao deseño de produtos turísticos. En febreiro de 2006 celebrouse un seminario obradoiro para “Deseño e creación de produtos turísticos”, orientado ao deseño de produtos turísticos comarcais, á busca de canles de comercialización e á promoción dos produtos. Destacar que a asistencia a ámbalas dúas xornadas foi moi nutrida nas tres comarcas Cantata e que serviron para que os empresarios sexan máis conscientes dos seus recursos, do potencial que lles brinda o territorio, da necesidade de colaborar e cooperar e de establecer unha metodoloxía de traballo e, finalmente, de que eles deben ser os actores principais do desenvolvemento turístico das súas comarcas. O traballo está iniciado. A participación de empresarios turísticos e axentes culturais das comarcas é un feito; os recursos están aí, a man; as ilusións están motivando á acción. 40

Introdución

Agora queda continuar a liña de traballo emprendida e arriscar na aposta polo desenvolvemento territorial. O obxectivo final non se poderá acadar se non se implican activamente todos os axentes: empresarios, Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal, Grupos de acción local, Mancomunidade do Ribeiro, Oficinas de turismo e Centros de Iniciativas Turísticas, Centros Comarcais, etc., e, por suposto, a propia Administración Autonómica a través, neste caso, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (Cª do Medio Rural) e coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo (Cª de Innovación e Industria).

E. Resultados esperados O principal resultado será conseguir a articulación da actividade turística no desenvolvemento socioeconómico do medio rural e da economía comarcal. Para logralo poñeranse no mercado produtos turísticos comarcais deseñados a partir do traballo desenvolvido ao longo dos anos de implementación do proxecto, que reforcen a identidade e a singularidade de cada comarca e constitúan unha oferta “auténtica” e xenuína para os visitantes. En primeiro lugar fomentar un sentimento de orgullo nas comunidades locais polo propio é unha das bases non só para deseñar os produtos senón tamén para dotalos da calidade que precisan para competir nun mercado global. Os resultados xerais que esperamos do proxecto sinálanse a continuación: ❙ ❙ ❙ ❙

❙ ❙ ❙

Desenvolvemento do potencial das comarcas e territorios implicados para ofertar experiencias turísticas diferenciadas e culturalmente auténticas. Desenvolvemento dun turismo equilibrado no Espazo Atlántico. Intercambio de coñecementos a nivel transnacional a través de seminarios para identificar métodos e mercados para o turismo. Promoción da identidade do Espazo Atlántico e da especificidade e peculiaridade local como atracción para os turistas a través dun márketing fortalecido e de compartir o coñecemento. Mellora da calidade a través do fortalecemento da confianza, competencia e conectividade no produto local a través de workshops e o intercambio de información. Mellora do uso das novas tecnoloxías na industria turística a través do uso da páxina web do proxecto. Abrir o potencial para o márketing conxunto e posibles futuras accións.

A demanda do mercado polo “auténtico” abre camiños para poñer en valor o “auténtico” de cada territorio e conseguir que a identidade territorial sexa un factor de benestar social e de desenvolvemento económico, en suma, un capital de desenvolvemento.

Bibliografía Formulario de candidatura do Proxecto Cantata Información Oficial da Unión Europea Información UNESCO

41

02 A cultura tradicional galego-portuguesa: da descoberta das especificidades à necessidade da relação Álvaro Campelo

Junto ao célebre anúncio publicitário “a tradição já não é o que era!”1, poderíamos acrescentar: “a cultura já não é o que era”. De facto, o conceito de cultura, aparentemente consensual e perceptível por todos, de tanto uso, a propósito e a despropósito, tem-se revelado problemático para suster uma reflexão desapaixonada e coerente. A suposta “naturalidade da cultura” enferma da condição paradoxal em que se afirma. Se tudo é cultura, nada é cultura! No entanto, se olhamos para a cultura como o resultado de processos históricos que sedimentam uma particular forma de estar e interpretar o mundo, onde esse resultado expresse tanto os consensos como as contradições e complexidades de interacção entre os actores sociais, e destes com o espaço ecológico, com os recursos tecnológicos herdados ou criados e com os discursos simbólicos que suportam a todos, então teremos uma visão aproximada do que é a cultura de uma comunidade. Se a palavra tradição tem na sua raiz o significado de acto ou efeito de transmitir, a cultura é, de alguma forma, sempre tradicional, porque nascemos dentro de um espaço cultural preexistente, transmitido, herdado, que traduz o que «aparece» como novo, que delimita regras e normas de acção e interpretação. A cultura encerra em si mesma um discurso de constrangimento e de possibilidades a que os actores sociais se sujeitam no seu quotidiano. Mas sendo ela o resultado de processos históricos, ela está sujeita à mutação da própria história e à dinâmica que esta impõe aos sentidos presentes nos acontecimentos. E é na relação estabelecida entre o estável, e permanente dos processos sociais, e as mutações e reinterpretações próprias da sua dinâmica, que se situa a problemática da identidade cultural, outra das invenções supostamente pacíficas. O questionar no presente o significado e papel da cultura tradicional advém do facto das mutações sociais e económicas serem na contemporaneidade de tal ordem que os sentidos do tradicional aparecem como «não-sentidos», ou como desfasados do campo da acção social. O que está em causa é a relação que estabelecemos com o que nos foi transmitido, com os conteúdos, práticas e sentidos que informaram o espaço onde os nossos antepassados interagiram. O corte estabelecido com essas práticas e sentidos causado pelas rápidas e profundas mutações do século XX, particularmente da segunda metade, fez com que o «tradicional» adquirisse um sentido negativo, algo estranho e sem particular interesse para os

1

Spot publicitário do whisky JB.

02 A cultura tradicional galego-portuguesa: da descoberta das especificidades à necessidade da relação

dias de hoje. Outras vezes, a «cultura tradicional» apresenta-se como um objecto a proteger e a guardar em alguma gaveta do acervo da memória museológica. O destino é a contemplação estética e saudosista. Fascina-nos o arcaico que encerra e o exótico que nos transporta para o mistério e o inacessível, porque estranhos aos nossos sentidos. Ora a «cultura tradicional» deverá ser algo de diferente. Ela, nas suas múltiplas formas, pois escapa a toda a homogeneização que se lhe queira impor, apresenta-se como um conjunto de experiências onde os costumes, os valores, os modos de ser, as crenças, as expressões artísticas, as ideias e acções do quotidiano se sedimentaram em saberes e artes de fazer, imprescindíveis na compreensão de qualquer comunidade. A cada momento do quotidiano, a cada acontecimento extraordinário, a cada provocação do social e do ecológico, a memoria cultural é activada em relações de sentidos, explícitos e implícitos, que organizam e governam o comportamento. Criada e alterada na imprevisibilidade da história, na relação com diferentes interlocutores, num diálogo íntimo e desafiante com o espaço ecológico, a cultura tradicional comunica-nos essa própria história do saber, da capacidade da negociação com o diferente. Muito longe de ser algo de uma rigidez fixista, ela fornece a sábia capacidade de olhar para o tempo com o distanciamento da experiência, ao mesmo tempo que vê nele os sinais da mudança, para os quais tem o espaço de compreensão e de inovação necessários. Ao falarmos da cultura tradicional galego-portuguesa, queremos salientar todo um património cultural que partilhamos, que nos foi comunicado (que faz parte da nossa tradição), e que se apresenta para nós como o espaço de construção de uma identidade múltipla e complexa, mas que fornece as referencias suficientes para nela reflectirmos os sentidos comuns do passado, do presente e, sobretudo, do futuro. Neste Noroeste Peninsular partilhamos um espaço ecológico, saberes e práticas que, independentemente de qualquer simulação ou imposição identitária, reconhecemos como familiares. O ‘ar de família’ com que os sentimos e os partilhamos, informam uma maneira de estar no mundo, de nos relacionarmos com o novo e diferente, de tal forma visível e operante, que transportamos para outras terras e paragens esse modo de vida tão singular em variadíssimas expressões artísticas, que agora fazem parte do nosso património imaterial. É indiscutível que qualquer proposta de desenvolvimento no mundo contemporâneo deverá ter em conta a realidade e o discurso da globalização. Mas esta globalização não se fará sem o reforço e a singularidade das expressões locais. O desafio não está na imitação ou na diluição do particular e local. Está sim na afirmação deste, enquanto saber local, enquanto expressão de uma história particular que oferece ao mundo globalizado a sua especificidade, a riqueza das variadas e originais formas com que lidou com os constrangimentos e as oportunidades da história e do espaço ecológico. O local é o espaço dos problemas sentidos. Ao saber acrescentamos a emoção e é na conjugação de ambos que se reforça a crença na capacidade de mudar o mundo e de ser interveniente na história. A nossa cultura tradicional é a expressão dessa riqueza e é nela que estamos dispostos à negociação de uma partilha generosa. A nossa cultura tradicional galego-portuguesa é um manancial de oportunidades para o mundo, depois de ser a razão e o sentido das nossas práticas e saberes. 44

Introdución

Nenhum desenvolvimento se fará nas comunidades locais, num mundo globalizado, se os actores sociais dessas comunidades não descobrirem primeiro a riqueza dos seus saberes e a capacidade deles serem uma mais-valia nas relações mundializadas. O desenvolvimento faz-se pela capacidade de cada região encontrar um «lugar» entre as redes que definem as relações económicas, culturais e politicas da globalização. E esses lugares nascem ora da capacidade induzida pelas estratégias politicas e económicas daqueles que detêm o poder económico e politico, ora pela capacidade com que as comunidades de uma determinada região têm de valorizar e destacar a especificidade da sua cultura tradicional e nela construir estrategicamente as razões e papeis que invocam para se afirmarem incontornáveis nessas redes da globalização. A memória cultural e a experiência de uma região, longe de serem obstáculos à inovação, devem tornar-se a base de um saber e de uma capacidade de renovação e de descoberta. Essa capacidade reforça-se pelo sentimento de pertença. A cultura tradicional dá-nos essa pertença e essa segurança num mundo em constante mutação. Ao longo dos tempos a nossa cultura, nas suas variadas expressões, foi criativa e Sábia na forma como dialogamos com o nosso espaço e como nos posicionou nos variados locais para onde o dealbar da mundialização nos levou. Nas montanhas, nos vales e nas margens do oceano desenvolvemos o engenho e a arte da sobrevivência. Nos continentes para onde partimos levamos esse engenho e arte de fazer e estar. Nesta época da globalização, depois de darmos mundos ao mundo, temos a partilhar a arte da relação, da capacidade de lidar com o diferente, o saber de encontrar nas dificuldades a razão para a acção, uma espiritualidade fundada no dom da natureza e na graça da partilha. Estes e outros sentidos que informam a nossa cultura tradicional apresentam-se como o legado sobre o qual trabalhamos e criamos agora mundos novos e para os quais queremos convocar todos os que queiram entrar neste diálogo. Olhar para a nossa cultura tradicional é olharmos e preocuparmo-nos com a arte do saber, a arte da criação, a arte da construção sábia de uma relação eficaz e respeitadora com os outros e com a natureza. Alguém poderia dizer que muitas outras culturas tradicionais podem oferecer o mesmo! Mas haverá alguém que possa contestar ser esta uma das marcas mais distintivas da nossa região, uma forma de estar que se distingue na maioria das nossas expressões culturais e na nossa história? Investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defesa do ambiente; fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmos abertos ao mundo; definirmos uma politica de acolhimento ao diferente, partilhando aquilo que herdamos como a nossa história particular; e assumirmos que temos uma história e recursos criativos que nos capacitam para ultrapassar todo o tipo de fronteiras, são as acções que se nos impõem se queremos ser herdeiros dignos da cultura que recebemos e participantes neste mundo globalizado.

45

03 O Intanxible Común Francisco Fernández Rei

Moi probablemente o vindeiro 25 de novembro a UNESCO declare Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade o inmenso patrimonio intanxible común a Galicia e ás comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora, que compartimos cos portugueses miñotos e trasmontanos. Ese día será o triunfo dunha candidatura de base, impulsada desde outubro do 2001 pola asociación escolar “Ponte... nas Ondas!” e polas Escolas asociadas á UNESCO, que no seu posterior camiñar foi contando co inequívoco apoio de diversas asociacións e institucións galegas e portuguesas e tamén co apoio de asociacións e entidades do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas. Son testemuña de que cando chegou a esta Academia Galega, ao Museo do Pobo e ao Consello da Cultura un escrito das asociacións impulsoras no que se daba información e se solicitaba a adhesión, os respectivos plenarios foron totalmente receptivos. E tamén lembro que, cando hai un par de anos, Santiago Veloso veu a Cambados a unha asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para informar desta candidatura á UNESCO, a xente da Federación acabou facéndoa súa e volcouse totalmente nela, polo que cando esa Federación acordou editar unha revista, Ardentía, o primeiro número dedicouno integramente ao patrimonio inmaterial dos ríos e dos mares da Gallaecia. Pase o que pase o 25 de novembro, o intenso labor feito para divulgar e acadar a candidatura da tradición oral galaico-portuguesa nunca será traballo perdido. E non teño ningunha dúbida de que moitas persoas continuarán a ser portadoras das múltiples manifestacións dese patrimonio. Ás dúas beiras do Miño e da raia seca haberá xente que seguirá a mergullarse na tradición oral para devolvernos historias de vida de galegos e portugueses, cos seus xeitos de falar; e seguiranse a recoller coplas e cantigas populares, regueifas e romances, contos reais ou fantásticos e lendas, así como a gran riqueza léxica e fraseolóxica relacionada cos oficios, cos labores do campo e do mar e co variado ciclo das festividades anuais. Na comarca do Ulla vibrarán cos xenerais e en Salcedo de Brollón co seu oso, na Terra de Lemos cos compadres e comadres, en Laza cos peliqueiros e en Verín cos cigarróns, no Salnés cos choqueiros e coas comparsas, como tamén se vibrará en tantos lugares onde haxa manifestacións parateatrais encadradas no ciclo do Entroido. En Vilafranca do Bierzo os rapaces volveranse vestir con “cañaveiras ou mazandois”, que cortarán na mesma mañá do primeiro de maio, para así festexaren o maio-mozo, o úni-

03 O Intanxible Común

co exemplar vivo dos moitos maios humanos galegos noutrora existentes. E en Ourense, en Pontevedra e noutros lugares farán maios figurativos, que terán forma de barcos en vilas mariñeiras como Marín ou Vilagarcía. Nos dous costados da ría da Arousa e na ría de Pontevedra, o derradeiro día do mes de abril, –e sempre antes do sol baixo, tal como dicían os vellos–, volveranse poñer ramos de xesta nas portas das casas e nos coches, como antes se poñían nos carros tirados por animais. E con estes “maios” a xente do Salnés e lugares veciños estará a transmitir unha milenaria tradición da Gallaecia, que un Concilio de Braga prohibiu no séc. VI, á vez que Martiño Dumiense ou Bracarense denunciaba iso como culto propio de seres infernais. En todos os lugares da Gallaecia acenderanse cacharelas na noite de San Xoán; e cando sexa día, moitos madrugarán para lavarse co orballo e coas augas que recenden a fiúncho, a menta, a poexo e a tantas plantas recollidas nos lameiros. En Lubián, entre a Portela da Canda e do Padornelo, o 8 de setembro festexarán o seu patrón San Mamede coa recuperada tradición do “carro enfeitado”, que inzan de flores e vexetación e que logo pasean por toda a vila coa xente detrás bailando, cantando e bebendo, ata deixaren o carro no adro da igrexa. Ese rito do carro “afeitado”, que é como din os vellos portelaos, seguramente é unha tradición precristiá, como deben selo tantas festas e ritos que tamén o 8 de setembro (ou arredor del) se celebran en Muxía e en Rianxo, en Amil e no Cebreiro, na Saínza e na Franqueira e noutras parroquias onde hai ese día festa dedicada á Virxe. Na Galicia da beiramar estas festas coincidirán coas grandes mareas vivas (e as grandes secas) do equinoccio de outono: son as “mareas dos lagares” de Cambados, que marcarán o comezo da vendima; e son as “lagarteiras” de setembro da batida costa de Valdoviño, esas mareas tan areladas polos percebeiros por descubriren pedras sempre cubertas polo mar. E na Galicia rural, estas festas marcarán o comezo da primavera de outono, que é como de xeito tan poético os labregos da Terra Cha e de tantas outras terras galegas denominan a estación do ano que vai da vendima á castañeira de Otero Pedrayo. Alá “por Santos”, en Sárdoma e noutras parroquias rururbanas de Vigo os rapaces furarán “cabasas” para meter velas acesas dentro, que colgarán das ponlas das árbores que rodean os camiños para asustar as rapazas; e en Cambados furarán “calacús”, que é como se chaman as cabazas no Salnés, aínda que hoxe xa non se poñan nas fontes para “darlle unha impresión ás mulleres e ás mosas que ían buscar aghua”. Polo San Martiño, por todos os lugares, faranse magostos, á vez que os trompos irán para o camiño, para logo polo San Amaro volveren ao faiado. En Chantada e noutras partes da cunca do Miño seguirán recuperando e estudando os batuxos e outras barcas de río, de igual xeito que en Lanhelas e noutros lugares do alto Minho portugués farán o mesmo cos carochos e coas masseiras, derivacións estas da “bruta” e fermosa ghamela da Guarda. 48

Introdución

Nos meses de verán, desde Ferrol a Vila do Conde, camiño da desembocadura do Douro, faranse encontros e regatas a vela de embarcacións tradicionais aparelladas ao xeito tradicional; e asemade estudarase o patrimonio inmaterial dos mares (e dos ríos) da Gallaecia, non cunha visión saudosista e folclórica dun mundo que se foi, senón para valorizar a herdanza recibida, engadíndolle novas e frutíferas achegas desde o traballo mariñeiro de hoxe e de mañá. E cando chegue o vindeiro 17 de maio e a Academia Galega estea a homenaxear na Coruña ou en Sada (ou nestas dúas vilas) a Manuel Lugrís Freire, ese mesmo día, un ano máis, a Escola de Navegación Tradicional da Cultural “Dorna” da Illa da Arousa botará ao mar as dornas aparelladas con vela de relinga (a popular vela “de cuadro”) para facer unha travesía pola ría da Arousa en honra de Manuel Antonio, de Xaquín Lorenzo e de toda a xente que poetizou e estudou o mar. E no verán, e ata ben entrada a primavera de outono, os patróns desa Escola seguirán aprendéndolle a velear en dorna e en lancha xeiteira a quen estea interesado na cultura marítima, á vez que lle transmitirán o léxico e os saberes mariñeiros que eles mesmos aprenderon (e seguen a aprender) no libro salgado do mar e no contacto diario cos vellos patróns. Pase o que pase o vindeiro 25 de novembro, estas accións e moitas outras que se continuarán a facer ás dúas beiras do Miño, do Sil e do Eo e ás dúas beiras dos portos de Pedrafita e da Canda son unha garantía para que o inmenso caudal das tradicións orais galegas e portuguesas se recupere, se revitalice e se transmita para gozo noso e das vindeiras xeracións. E deste xeito os galegos e os portugueses (e tamén os estremeiros) que habitamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribuiremos a afianzar a nosa identidade común neste xeira globalizadora e uniformizadora. *Este texto leuse no acto de presentación da Candidatura á UNESCO da Tradición Oral Galego-Portuguesa, que se celebrou na Coruña o 9 de novembro do 2005, no salón de actos da Real Academia Galega. Publicouse no nº 594 da Revista das Letras, de 17 de novembro do 2005, no especial Patrimonio que une, dedicado ao patrimonio inmaterial común ás dúas beiras do Miño.

49

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa Manuel Cao Fernández

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, polo feito de ser unha proposta de carácter transnacional, presentaba unhas particularidades moi específicas. A principal particularidade era a necesidade de creación dun organismo internacional conxunto que asuma a función de coordinación das administracións e institucións dos países participantes na iniciativa así como de representar esta mesma a tódolos efectos ante a UNESCO. No caso da candidatura galego-portuguesa dita función foi asumida, no seu día, por un organismo xa existente e que encaixaba perfectamente dentro dos parámetros establecidos pola UNESCO: A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (CTG-NP).

A posta en marcha da Comunidade de Traballo A apertura de relacións institucionais entre Galicia e o Norte de Portugal data dos anos oitenta, máis especificamente da integración de Portugal e España na anterior Comunidade Económica Europea, posteriormente U.E., cando foron acordadas as primeiras posicións comúns en seminarios conxuntos. Do incremento das relacións entre as dúas rexións resultou a necesidade de crear unha estrutura que favorecese a continuidade, coherencia e intensificación da cooperación transfronteiriza. A resposta a esta necesidade foi a base para a sinatura do Acordo de Constitución da CTG-NP o 31 de Outubro de 1991. O Acordo Constitutivo foi executado ao abeiro do Convenio Marco Europeo para a Cooperación Transfronteiriza entre Comunidades e Autoridades Territoriais do Consello de Europa de 1980. O Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, foi actualizado o pasado 24 de Febreiro de 2006, debido á necesidade de adaptalo ás disposicións do Tratado Hispano-Portugués de Cooperación Transfronteiriza entre Entidades e Instancias Territoriais de 3 de outubro de 2002, coincidindo coa asunción da Presidencia da CTG-NP por parte do Presidente da Xunta de Galicia. A Presidencia da CTG-NP recae alternativamente sobre o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) de Portugal. No momento de redactar o dossier da Candidatura, a Comunidade de Traballo estaba presidida polo Presidente da CCDR-N.

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

A estrutura da CTG-NP A estrutura orgánica da CTG-NP está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, o Consello, o Comité de Coordinación e o Secretariado. O Consello, órgano plenario da CTG-NP, está constituído por Comisións Sectoriais e Territoriais compostas por diferentes representantes da Administración Rexional e Local das dúas marxes da fronteira. Todas elas teñen xogado un papel importante na presentación de proxectos de cooperación conxuntos que teñen contribuído en gran medida ao achegamento e permeabilización da fronteira entre as dúas rexións. Actualmente, a CTG-NP está integrada por 172 institucións galegas e portuguesas. A composición do Consello estrutúrase en 10 Comisións Sectoriais(Agricultura, Medio Ambiente, Educación, Dinamización Económica, etc.) e 5 Comisións Territoriais (4 Comunidades Territoriais de Cooperación e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, asociación das 18 principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal).

A esencia da CTG-NP: a cooperación transfronteiriza Trátase dunha institución de carácter bilateral para o fomento da cooperación transfronteiriza que ten como grandes obxectivos os seguintes: a) Tratar asuntos de interese común no ámbito da cooperación transfronteiriza; b) Formular propostas de cooperación entre as entidades e instancias territoriais que a integran, mediante a concertación de iniciativas e a adopción de decisións, impulsando a súa posta en práctica e efectuando o seu seguimento; c) Preparar estudos, plans, programas e proxectos en que se concerten actividades conxuntas no ámbito da cooperación transfronteiriza, especialmente os que sexan susceptibles de cofinanciamento estatal, comunitario ou internacional; d) Promover formas de relación entre estruturas, axentes e entidades públicas e privadas interesadas, que poidan contribuír ao desenvolvemento da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal ofrecéndolles, co respecto da súa respectiva autonomía, un marco permanente de encontro e colaboración; e) Executar as tarefas previstas para este tipo de estruturas (comunidades de traballo) no Programa España-Portugal da iniciativa comunitaria INTERREG ou calquera outro instrumento aceptado polo Reino de España e a República Portuguesa que o substitúa; f) Impulsar a creación de organismos de cooperación transfronteiriza con ou sen personalidade xurídica e, de ser o caso, establecer mecanismos de cooperación entre estes e a Comunidade de Traballo; g) Fomentar a colaboración e a cooperación con outros organismos que teñan por obxectivo ou que se ocupen de cuestións de cooperación transfronteiriza; h) Exercer as demais actividades que lle sexan atribuídas por instrumentos internacionais relativos á cooperación transfronteiriza. En resumo, os obxectivos da CTG-NP levan ao intercambio de información, ao traballo cooperativo e á resolución de cuestións de mutuo interese, tratando de obter o máximo beneficio posible en función dos recursos materiais e inmateriais dispoñibles. O ámbito de actuación cooperativa da CTG-NP é multisectorial, abranguendo aspectos relacionados cos sectores económicos máis importantes (agricultura, pesca, turismo), coas infraestruturas (transportes e comunicacións), co desenvolvemento social (sanidade, ensino) e cultural (patrimonio), co desenvolvemento sustentable (medio ambiente, recursos naturais, ordenación do territorio) así como coa cooperación no ámbito das Admi52

Introdución

nistracións Locais e Rexionais. A cooperación transfronteiriza no ámbito da CTG-NP ten tamén como obxectivo estratéxico impulsar o desenvolvemento económico mediante a xeración de emprego en base á Investigación e Desenvolvemento (I+D) realizado por todos os axentes dispoñibles, públicos e privados. Dende principios dos noventa, caracterizados por un incremento na interdependencia e a solidariedade entre rexións, a CTG-NP ten desempeñado un papel de coordinación estrutural do desenvolvemento común destas dúas rexións do Espazo Europeo. A práctica da cooperación entre espazos achegados, histórica e xeograficamente, como son Galicia e o Norte de Portugal, ten promovido actividades e proxectos específicos, entre os que cómpre salientar: ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Promoción da posta en marcha de infraestruturas de conexión fronteiriza (estradas de conexión fronteiriza, pontes internacionais, etc.); Pulo ao Parque transfronteirizo Gerês-Xurés; Impulso da recuperación das bacías hidrográficas dos ríos Miño, Limia e Támega; Aposta polos saneamentos e abastecementos de augas en zonas fronteirizas; Creación do Fondo de Capital Risco Galicia-Norte de Portugal; Impulso de proxectos de apoio á internacionalización das PEMES; Creación do Servizo Eures Transfronteirizo de apoio a traballadores transfronteirizos; Pulo a Programas sociais de apoio e reinserción de toxicodependentes e de menores conflitivos; Rehabilitación de monumentos históricos fronteirizos; Creación do Mapa turístico da Eurorrexión; Posta en marcha de iniciativas de cooperación no ámbito do I+D entre Centros Tecnolóxicos en Universidades; Xeración de información estatística da Eurorrexión; Posta en marcha do CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), entidade na que participan as 6 Universidades públicas da Eurorrexión e aberta ás iniciativas sociais e institucionais. Etc.

Como xa foi comentado, a CTG-NP tivo no seu momento un papel activo a prol da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués a obra Mestra da UNESCO e que espera seguir tendo tal e como manifestaron, na recente cimeira eurorrexional, os presidentes da Xunta de Galicia e da CCDR-N como a súa vontade de continuar apoiando o proceso iniciado coa presentación da citada candidatura da cultura tradicional galego-portuguesa.

A Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas á proclamación de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO e a CTG-NP A CTG-NP interesouse na iniciativa da Candidatura practicamente dende o seu inicio, participando nas diferentes reunións celebradas para a constitución da súa Comisión de Coordinación. Unha vez iniciados os traballos de preparación do dossier requirido pola UNESCO, e de acordo coa Guía oficial destas institución para as candidaturas multinacionais, fíxose imprescindible a designación dun organismo coordinador de carácter supranacional (a experiencia doutras candidaturas anteriores indicaba que en moitos casos se recorría ao establecemento dun organismo “ad hoc” para este propósito). Dadas as características da propia CTG-NP, esta encaixaba perfectamente dentro dos requirimentos da UNESCO, polo que dende o principio, e tras consultas coas persoas responsables en Galicia e Norte de 53

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Portugal, acordouse que sería a Comunidade de Traballo a institución supranacional que respondese pola Candidatura ante a UNESCO, e pola coordinación das actividades de promoción levadas a cabo dende todos os axentes institucionais e sociais. O propio dossier da candidatura, cofinanciado pola CTG-NP, e presentado ante a UNESCO recolle nestes termos a participación da CTG-NP: ❙ ❙

Organismo responsable pola coordinación de todos os Organismos e Comunidades Implicadas (Apartado G do dossier). Institución responsable do Plan de Xestión do Patrimonio Inmaterial (Apartado 4 a)

A promoción da candidatura pola CTG-NP Froito do seu compromiso a CTG-NP, xunto cos promotores da candidatura, organizou unha serie de actos de promoción dela. Entre eles cómpre salientar:

1. Acto de presentación en Porto, principal cidade da Rexión Norte A CTG-NP encargouse de organizar un acto institucional na cidade de Porto para presentar a candidatura, que estivo presidido polos responsables da Eurorrexión ao máis alto nivel, o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da CCDR-N, xunto co Ministro das Cidades do Goberno portugués. Con motivo da celebración deste acto, a CTG-NP editou uns dípticos informativos sobre a Candidatura que serviron como material promocional en sucesivas oportunidades.

2. Acto central da promoción internacional da candidatura Da mesma forma, a CTG-NP, xunto coa Asociação de Municipios do Vale do Minho, organizou na vila fronteiriza de Melgaço o que sería o primeiro e máis importante acto de visibilización dos elementos da Candidatura: o I Encontro de Portadores das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, acto que contou coa presencia da Ministra de Cultura de Portugal para a súa inauguración. Durante tres días, do 3 ao 5 de xuño do 2005, sucedéronse en Melgaço exposicións, animación de rúa, demostracións artesanais, obradoiros de xogos tradicionais e debates sobre a cultura tradicional común. Polas tardes podíase desfrutar de exemplos de gastronomía popular galega e do Norte de Portugal, e cada noite celebrábase un Encontro de Portadores da Oralidade Galego-Portuguesa, que por primeira vez permitiu contemplar nun mesmo escenario mostras de cultura tradicional de raíz ao longo do ciclo festivo anual, como os pauliteiros de Miranda, os ranchos de Reis de Guláns e de Salceda, os boteiros de Vilariño de Conso e a serração da velha de Afife, cantigas de traballo do liño e do millo, así como elementos culturais de características similares como os cantos de pandeiro galegos e de adufe portugueses, e dun xeito especial a actuación conxunta da regueifa galega e o canto ao desafío de Portugal como mostra da forza e viabilidade da comunicación mutua incluso no marco das expresións culturais máis tradicionais.

3. Edición de publicación promocional A CTG-NP editou unha Revista promocional da Candidatura, na que se reflectiron os seus principais compoñentes, as razóns que xustificaban a presentación da candidatura, así como o Plan de Salvagarda adxunto no dossier a modo de garantía e compromiso ante a UNESCO de que a cultura tradicional sería protexida, estudada, conservada e promovida dende todas as institucións e entidades participantes. 54

Introdución

O papel da CTG-NP no impulso futuro da cooperación a prol do Patrimonio inmaterial galaico-portugués. A Comunidade de Traballo de acordo cos obxectivos para os cales foi constituída contempla, entre as súas liñas de actuación, a posta en valor do patrimonio cultural común a portugueses e galegos. Esta posta en valor terá un papel importante na posta en marcha de iniciativas para dinamizar a vida sociocultural e rendibilizar ao máximo as potencialidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Trátase, polo tanto, de recuperar e salvagardar o pasado co ollar posto no futuro. A riqueza cultural e etnográfica atesourada nestas terras corre un perigo de desaparición debido ao inexistente relevo xeracional, pero pola mesma razón o esforzo colectivo para que non morra permitirá dotar as novas xeracións dun importante recurso inmaterial de cara aos desafíos do futuro. Neste senso, os plans de salvagarda deberán contemplar a participación dos portadores e das comunidades correspondentes, xa que non se trata de musealizar a cultura tradicional como unha lembranza fosilizada e nostálxica do pasado senón de procurar descubrir o valor engadido que o patrimonio cultural pode aportar ás actividades produtivas e aos produtos resultantes delas, cunha clara finalidade de desenvolvemento sustentábel e endóxeno. A CTG-NP ten unha vontade clara de cooperación internacional dende a súa constitución. Ás moitas iniciativas desenvolvidas ao amparo desta institución, cabería sumar un campo de traballo interesante e de futuro: a promoción da cultura común, especialmente do patrimonio inmaterial e intanxible, ese que non existe senón no seo de cada persoa e non se manifesta se non é na vida e nas relacións dunha colectividade. Por esta mesma razón tamén é a medida da vitalidade dun pobo, e por iso dende a Comunidade de Traballo se lle concede un papel fundamental na configuración da identidade colectiva das persoas e comunidades que constitúen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial proxectado pola Universidade de Vigo sintoniza nalgúns aspectos con obxectivos da CTG-NP tanto pola súa metodoloxía participativa, con presenza dos sectores sociais comprometidos coa defensa da cultura común, como por liñas de acción de dinamización sociocultural no ámbito local e de potenciación dos aspectos comúns na cultura tradicional da Eurorrexión para a súa posta en valor co ollar posto no futuro. De acordo co novo réxime de funcionamento da CTG-NP é posible, coa invitación do seu Presidente ou Vicepresidente, participar como observadores nas xuntanzas do seu Consello, representantes das respectivas administracións públicas e dos organismos hispano-portugueses de cooperación transfronteiriza, de servizos públicos, de sectores económicos, sociais e culturais públicos e privados, de institucións universitarias e centros de investigación, así como expertos, que teñan competencias ou un interese relevante nas materias que sexan debatidas. Esta apertura da CTG-NP á participación social pode constituír un mecanismo de apoio a algunhas das actuacións do Plan de Salvagarda e á propia dinámica de funcionamento do tal. 55

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Tamén están constituídas dentro da CTG-NP Comisións sectoriais que teñen como función o estudo dos asuntos relativos ás materias obxecto de cooperación da Comunidade de Traballo, as cales de forma directa ou indirecta afectan ao ámbito de actuación do Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial: ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Desenvolvemento económico. Transportes e comunicacións. Agricultura, ambiente, recursos naturais e ordenación do territorio. Pesca. Sanidade e asuntos sociais. Desenvolvemento local. Administración rexional e local. Educación, formación e emprego. Investigación científica e universidades. Cultura, patrimonio e turismo.

A promoción da cultura nun único país dentro destes parámetros non é tarefa doada, e moito menos se falamos dunha cultura transfronteiriza, pola necesidade de coordinación permanente de innumerables actuacións e medidas promocionais e de salvagarda necesarias. É aquí onde o papel da CGT-NP podería contribuír á concreción dalgunhas das actuacións previstas no Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, polas súas atribucións na coordinación das actuacións das dúas Administracións, pola dinámica de traballo cos axentes sociais en ámbitos multisectoriais e pola experiencia da coordinación do proceso da candidatura transnacional e da súa presentación ante a UNESCO. A cultura común de Galicia e o Norte de Portugal presenta características que a converten nunha quintaesencia de cultura paneuropea, como se manifesta nesta mesma publicación: irlandeses e demais pobos célticos, italianos, alemáns, franceses, escandinavos e ingleses deixaron aquí algunha marca da súa cultura nos sucesivos avatares históricos, e aínda hoxe poden recoñecerse en moitas manifestacións culturais tradicionais do Noroeste peninsular. A necesidade crecente de construción dunha cultura europea plural e integradora pode encontrar un referente nas actuacións de investigación, salvagarda e promoción que se leven a cabo. Por outra parte, a diáspora de galegos e portugueses fixo que a nosa cultura común poida ser hoxe un referente de primeira magnitude para millóns de persoas dos cinco continentes, como se analiza nun artigo desta publicación. Esta presenza cultural internacional conta coa CTG-NP, organismo central na proxección internacional da Eurorrexión, como un dos avais para a súa consolidación e posta en valor. A UNESCO, organismo de cooperación internacional por excelencia, contempla sempre con sumo interese as iniciativas de cooperación transnacional no ámbito cultural. As actividades promovidas neste senso dende a CTG-NP poderán ser presentadas como exemplo de boas prácticas para outras zonas a través da colaboración con ese organismo internacional.

56

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial” Xerardo F. Santomé

“Estes querían saber máis ca vós, eh?” Así concluía o señor Xosé despois de que aquel grupo de xoves da Coruña rematara a súa “recolla”. Permítanme que comece relatando unha desas vivencias que marcan un antes e un despois e que provocan dúbidas e fan mudar certos enfoques no teu traballo: Xa hai uns anos. Nunha aldea calquera da provincia de Pontevedra. Alí estabamos compartindo cos veciños unha desas festas “cuasi-improvisadas” como son as chocolatadas ou as castañadas. As pandeiretas xa levaban un tempo impoñendo o seu ritmo e os seus cantos. Pouco a pouco ían aparecendo máis veciños e máis amigos de Vigo e doutras zonas. O señor Xosé tomaba un viño connosco. A el achegáronse tres xoves que se presentaron como integrantes dun grupo folclórico da Coruña e que querían falar co noso anfitrión, quen de xeito natural púxose a cantar e a responder a todas aquelas preguntas perfectamente estudadas e formuladas. Transcorrido certo tempo, Xosé sentencia: “e xa está, había moito máis pero agora non me lembro”. Aqueles dous rapaces e a súa compañeira despedíronse agradecendo aquel momento tan marabilloso e contentos polo acadado na súa xornada de recolla. Fiquei estrañado daquel comportamento do meu amigo, pois eu sabía que el atesouraba bastante máis do que contara. Sinto un cobadazo nas miñas costas que me esperta do meu asombro e que me fai xirar: alí estaba un sorrinte Xosé que me di: “estes querían saber máis ca vós, eh?”. Moito me fixo miolar aquela sentencia. De seguro que un grupo folclórico da Coruña ampliou o seu repertorio pero a min deixoume “tocado”. ¿Que e canto había de certo no que Xosé me contara tempos atrás? Se eu non me decatara de nada estraño naqueles rapaces... ¿ que é o que o fixo comportarse daquel xeito? ¿Que é o que motivou a escolla de trato preferencial cara min? ¿Isto acontece dun xeito xeral con todos os paisanos e paisanas de Galiza? Dende hai un feixe de anos continúo a visitar aldeas, a conversar cos veciños, a organizar diferentes tipos de eventos e a colaborar en foros e publicacións; pero dende aquel entón, non sei si equivocadamente, someto todas as informacións que recibo ao que eu considero “dúbida razoable”, converténdome nun mero transmisor aberto a calquera tipo de colaboración. E baseándome en todas estas experiencias coido que na meirande parte dos intentos de recuperación do noso patrimonio inmaterial camiñamos cara un puro e simple materialismo que se manifesta en diferentes vertentes que progresivamente se van dando tan-

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

to nos comportamentos dos “etnógrafos” (a maioría de carácter afeccionado) coma dos organismos ou entidades que os amparan e organizan todo tipo de actos baixo o epígrafe de ser “reflexo fiel”. E o que aínda é máis grave: os nosos portadores tamén comezaron a aplicar un materialismo moi particular nos seus comportamentos ante estes etnógrafos e acontecementos. Chegado a este punto de escepticismo teño que clarexar que son consciente de que os meus razoamentos están baseados case exclusivamente en experiencias persoais referentes ás expresións de tipo folclórico e que considero que o camiño andado dende fai unhas décadas resultou moi positivo para o fortalecemento das nosos propios sinais de identidade; pois se cadra doutro xeito nin sequera tratariamos destes temas nos termos nos que estamos a falar. E volvendo aos estudos e acontecementos que na actualidade estamos a realizar en nome da recuperación e da exaltación do noso patrimonio inmaterial, quixera que considerasemos algúns erros fundamentais que nos están encamiñando cara uns intereses que eu catalogaría de “materialismo apatrimonial” por canto que as motivacións e os resultados nos levan precisamente a todo o contrario do marcado previamente nos obxectivos (no caso de que nalgún intre os houbera). Se por patrimonio dun pobo entendemos “os bens ou conxunto indivisible de bens herdados dos pais ou dos devanceiros que deben ser transmitidos ás novas xeracións” (e que non poden ser vendidos, engadiría eu nestes momentos nos que andamos), ¿quen somos nós ou con que dereito nos apropiamos destes bens e os seus medios de transmisión para proveitos particulares? Porque non nos enganemos, detrás da meirande parte dos intentos de actualización e modernización neste senso existen intereses particulares soterrados: intereses que van dende a busca de prestixio social e profesional ata os económicos, coma fin último, e pasando polos políticos. Vexamos pois algúns exemplos: Algúns medios de comunicación, incluídas certas canles de televisión pública, ofertan programas onde mesturan aparicións de “portadores” de avanzada idade con intérpretes musicais doutras xeracións e culturas nun sen fin de variedades para acadar o obxectivo teórico de dar a coñecer a nosa cultura máis ancestral a través das novas técnicas de comunicación. Ninguén dubida dos aspectos positivos que isto poida ter, pero coido que son máis os perigos e as achegas negativas para o noso patrimonio inmaterial; pois o certo é que detrás disto existe un dobre obxectivo agochado: por unha banda, o ser número 1 de audiencia, conscientes de que o seu público potencial é netamente rural e de determinadas idades polo que a achega de conceptos de tipo cultural non resulta un factor aconsellable, e, pola outra banda, abaratar ao máximo posible os gastos de produción. ¿Por qué non se lle paga de igual xeito a estes portadores e portadoras cás estrelas modernas? ¿Non ocupan o mesmo ou máis tempo televisivo? E sobor de todo, existe neste tipo de programacións un pretexto de xustificación dos entes públicos cara á nosa propia cultura, como o demostra que non existan espazos televisivos especializados nos temas que nos ocupan. Co tempo adicado xa abonda para argumentar que se tamén se fala do noso. Está moi de moda o recibir no teu e-mail ou no teu telemóbil mensaxes do tipo: “este sábado pola noite serán en tal sitio. Pásao”. Que curioso: cando comprobas o remitente da mensaxe sempre coincide con persoas que exercen de mestres ou directores de grupos folclóricos que se caracterizan por “cantar e bailar tradicional de recollida”. Ese día acodes ao lugar da cita e, se es coñecido por tocar algún instrumento, es recibido por ese tipo de persoeiros que xa che asignan o lugar e a orde na que tes que realizar a túa interpretación. ¿Por que lle chamarán serán e non festa, troula ou calquera outro nome? ¿Onde irán aqueles seráns e festas con razón de ser: ao remate da faena, na homenaxe ao santo, etc? Os de agora só teñen de natural o seren celebrados en contextos e ambientes rurais pero moito temo 58

Introdución

que se non acoden os amigos da cidade cos seus puntos de baile e os seus cantos doutros lugares de Galicia, estes seráns non acadarían o éxito e a repercusión que merecen. Outro aspecto positivo que posúen é que realmente cobren as lagoas e as carencias nas programacións de lecer que para eses lugares deberían realizar os Concellos e as asociacións de tipo cultural vidas a menos nos derradeiros anos. E falando deses persoeiros e grupos folclóricos, ¿por qué nas súas actuacións e folletos publicitarios sempre argumentan ser ou pretender ser “reflexo fiel”? Iso tamén o fan as outras agrupacións nas que aínda aguantan certos “survivals” da antiga Sección Feminina e que non son catalogadas coma “autenticamente tradicionais” (das que é mellor non falar). ¿Non son capaces de admitir que as súas accións son simplemente un espectáculo folclórico baseado nas interpretacións artísticas que realizan a partir das conversas e gravacións cos portadores? Resulta sorprendente escoitar falar a moitos dos integrantes destas formacións sobre o que é tradicional e o que non é tradicional. Coido que algo esconde todo isto porque ¿a que vén o de realizar unha vez ao ano unhas “xornadas de portas abertas”? ¿Para amosar aos pobres ignorantes e incultos cidadáns do que saben e gardan coma se foran os gardiáns do tesouro? ¿É que nalgunha das súas visitas aos pobos ou aldeas atoparon algunha porta pechada? Eu non. E como di a ben querida e admirada Concha de Luneda: “A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importante é conservalo, que é o máis ghrande que temos”. Pero moito me temo que isto non vai con algúns, Sra. Concha; se non ¿a que vén tanto misterio? Outro dos exemplos máis aberrantes do “materialismo apatrimonial” atopámolo nese falso agradecemento que temos que dar os galegos a determinadas estrelas actuais da denominada música folk. Estamos fartos de que se nos tache de desagradecidos cara “fulanito de tal”, pois grazas a el e algún que outro máis a gaita chegou a estar onde está, ou cara “fulanita de cual” porque vende moitos discos cantando cunha pandeireta e sen eles e elas o noso país e a nosa música popular no tería o recoñecemento e o prestixio que agora ten. Pois..., mal nos vai se temos que depender dos produtos do márketing moderno e non sei se non estariamos máis a gusto co noso e sen a súa achega desmesuradamente interesada a prol da imaxe pública e das vendas discográficas. Considero que precisamente son eles e elas quen teñen que agradecer a moitas xeracións de portadores que gardaron e transmitiron os seus coñecementos. E máis..., algúns destes ilustres contemporáneos deberían pedir perdón por abusar, por faltar ao respecto e enganar aos nosos maiores; pois non tiveron nin teñen escrúpulos en convidalos aos seus estudios de gravación para despois non respectárlle-lo seu traballo empregando nas súas edicións discográficas aquelas partes e fragmentos que máis lles interesan para un produto final que ademais lles serve para xustificar que tamén basean o seu traballo nas informacións de auténticos portadores. Se realmente o obxectivo das súas colaboracións é o de basearse nas achegas dos músicos tradicionais ¿a que vén o de gravar por separado en diferentes salas para despois desprezar algunha das interpretacións e escoller o que máis interesa? ¿que sentido ten escoitar cantos de señoras que nada teñen que ver no ton nin no ritmo co que a estrela moderna está a interpretar? Iso non é respectar nin transmitir ás novas xeracións a nosa música popular, simplemente é abusar e actuar polo interese particular. 59

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

Ata o de agora expuxemos varias situacións nas que se dan algúns dos intereses camuflados, pero... ¿existe algún outro exemplo no que estean presentes todos os tipos de interese? ¿Dáse algún exemplo que poida ilustrar ou amosar o estado máis puro de “materialismo apatrimonial”? Si, e se cadra desgraciadamente máis dun; pero ímonos deter un pouco, porque non merece máis atención nin publicidade, no que está a acontecer en Galiza, e dende xa fai uns anos en Asturies e Portugal, co asunto das gaitas marciais e as bandas modelo escocés que dende a capital ourensá se impoñen dun xeito estratexicamente planificado e apoiado por determinados persoeiros políticos e por aqueles organismos oficiais nos que estes teñen cancha. Nin sequera me vou parar en pormenorizar naqueles tipos de interese que resultan extremadamente obvios, pois en todo o que rodea ás popularmente coñecidas coma “gaitas tricornias” existen os de tipo económico (importación de instrumentos e accesorios, subvención astronómicas, etc.), os de prestixio particular (un director que se permite o luxo de escoller os foros onde debater e expor os seus puntos de vista...) e os de falsa representatividade corporativista (falar en nome doutros colectivos pero sen telos en conta á hora de tomar decisións...); pero, sobor de todo, existen dous elementos fundamentais que marcan a aquelas actividades que levan ao “materialismo apatrimonial”: o trasfondo político e a ruptura da cadea de transmisión. O apoio desmesurado e insolidariamente inxusto que dende determinados estamentos oficiais reciben estas manifestacións resulta máis que sospeitoso, porque... ¿é ou non é sospeitoso que se outorgue case a totalidade do orzamento adicado á cultura popular soamente a un determinado proxecto deixando a outros sen unha asignación mínima?, ¿non será que con este apoio tamén estaremos controlando e manipulando vontades con resultados electorais ao noso favor?. O cualificativo de “apatrimonial” débese traducir coma “todo aquilo que vai en contra do patrimonio” e non hai cousa máis apatrimonial que actuar ou promover actuacións que leven consigo a ruptura da cadea de transmisión, inventando ou introducindo factores que poden contaminar e confundir as novas xeracións, provocando dúbidas que no transcorrer dos anos poidan chegar a ser considerados como orixinarios e autóctonos da nosa cultura popular. Entón... ¿cómo teriamos que considerar as gaitas marciais e toda a parafernalia que as envolve? Non queda outra solución que consideralas como un elemento puramente apatrimonial porque están a contribuír a que nun futuro non moi lonxano, cando novas xeracións recorran aos portadores, estes terán que transmitir inconscientemente unhas vivencias e experiencias aprendidas a partir da introdución de factores erróneos como son, entre outros: o considerar que a gaita galega sempre tivo unha morfoloxía de tipo escocés e perviviu nun ambiente militar e, como tal, ser considerada coma un símbolo dun pobo hostil. Nada máis lonxe da realidade. Pero non imos rematar de maneira pesimista. E para concluír diremos que non todo foi, nin ter por que ser, negativo. Debemos continuar traballando coa intención seria e firme de que o noso patrimonio inmaterial ten futuro. Para iso soamente temos que intentar que ese sexa o noso verdadeiro e único obxectivo real, sen falsos envoltorios, aínda que tamén se poidan acadar paralelamente outro tipo de intereses. Sirvan de exemplo os primeiros festivais que, na década dos oitenta e primeiros anos dos noventa, se organizaron con participación activa dalgúns dos nosos portadores: colectivos coma Xacarandaina, a A.F.I. Berce cos seus “Encontros de Músicos Tradicionais” ou a “A Buxaina” co seu “Homenaxe ao Gaiteiro”, entre outros, foron quen de investir os seus ingresos económicos por actuacións artísticas en organizar orixinais espectáculos para amosar que había outros xeitos de ver o noso folclore nuns momentos históricos onde Galiza precisaba dun reforzamento nos seus sinais de identidade.

60

06 Arte, Creación, Vida Antón Patiño

A actividade cultural e artística cumpre un papel decisivo na configuración aberta da identidade dun país. O imaxinario colectivo vai recoñecerse en moitas achegas senlleiras da creación individual. Artellando un proceso de devolución, correspondencia e interacción. A arte como feito social, onde son centrais os aspectos simbólicos (mesmo intanxibles) deica acadar unha decisiva irradiación no eido colectivo. Existe un patrimonio inmaterial (que vai adxuntar unha chea de referentes das diversas facianas e perspectivas da creatividade humana). A fonda pegada da innovación e da reinvención. Todos estes aspectos teñen como é ben sabido mesmo unha dimensión económica crecente. Economía e cultura son de feito polaridades complementarias no desenvolvemento dos países máis avanzados. Ben o saben moitos prestixiosos economistas cando teiman no concepto de “capital social” con relación ós aspectos vencellados á educación e a formación das novas xeracións. O milagre económico de países como Irlanda (que tantas semellanzas garda co noso) ten o seu segredo máis nidio no apoio á cultura, á educación e á creatividade (dende o eido musical ao cinematográfico: deica abranguer á totalidade do tecido produtivo). Un país que consegue exportar a súa cultura ten gran parte do camiño andado. Neste sentido con respecto a Galiza está case todo practicamente por facer. A endogamia acrítica, o ensimesmamento compracente e folclórico nun ruín oficialismo populista foron deica agora as consignas e as coordenadas básicas da actuación política co relación á cultura (con moi contadas excepcións). O cambio en Galiza de feito tería para se materializar que incidir de xeito decisivo na cultura e na educación. Para non lle ter medo á palabra futuro e mirar para adiante sen complexos. Vitaminas de autoestima para poder compensar as eivas e atrancos derivados da profunda anomia antropolóxica que vive o país dende hai décadas. A necesidade de contemplar expectativas dun horizonte de esperanza e mellora social. Galiza ten un importante patrimonio artístico tanto no eido histórico coma no contemporáneo. Xorde dende un fértil palimpsesto onde cada estrato cultural vai amosar as claves da época. Hai xa anos que Galiza vive un novo rexurdimento cultural no ámbito poético e literario, nas diferentes fasquías das artes plásticas, na música, na arquitectura. O remuíño das xeracións. Un ecoar de imaxes, ideas, palabras, sons, volumes, formas e cores a xeito de calidoscopio para poder visualizar a impronta do pulo creador. Metáfora, viaxe e metamorfose. Grazas á iniciativa individual e ás inquedanzas renovadas de fatos de artistas e creadores que sen medios e con moi escaso apoio foron quen de vertebrar

06 Arte, Creación, Vida

novos espazos de sensibilidade. Logrouse neste tempo a creación dalgúns centros e museos de arte que actúan esencialmente como caixas de resonancia mediática, mantendo unha programación de calidade. Cómpre salientar positivamente o desenvolvemento do “ecosistema” e infraestuturas de mediación artística cunha importancia crecente do labor das fundacións vencelladas ás diferentes entidades e institucións. Xerando unha rede de actividades de divulgación, de espallamento de actitudes receptivas cara ó feito artístico. Consolidouse a obra de artistas de varias xeracións e tamén avanzou parcialmente o estudo e redescuberta da nosa vangarda histórica. O triplo consello do poeta Uxío Novoneyra segue a ser a clave de todas estas cuestións: preservar e conservar, inventar e transmitir. A lúcida mensaxe do gran poeta do Courel é o mellor programa e a máis convincente análise de base arredor da cultura. Unha cultura de intensidade na procura de novos vieiros de expresión. As esculcas mergullándose na autenticidade da creación. Novos signos que viaxan dende o raizame cara ó contacto con novas formas de vida. O evolucionar dos cumes de expresividade: a metamorfose creadora. A árbore viva da cultura e da arte como naquela fermosa viñeta que debuxara Luís Seoane vai ter unha chea de novas ponlas. Que medran con zume anovado. Facer unha síntese da vitalidade da escena non é doado en poucas liñas. Efervescencia creativa, as fumegantes fábricas da imaxinación que seguiron a funcionar dende a eclosión resistente do antifranquismo deica ós recentes episodios de loita pola liberdade e dignidade. Arte e liberdade forman de sempre un binomio inseparable. Compañeiras de viaxe a facer dinámicas propostas. Os complexos procesos da chamada mundialización ou globalización representan hoxe unha inédita encrucillada histórica. Neste sentido cómpre fuxir na arte de mimetismos baldeiros e da superficial apropiación de propostas alleas. A estandarización dentro dos parámetros estéticos da chamada “sociedade do espectáculo” coa incesante reificación da parafernalia do consumo. O triunfo arreo do “realismo capitalista” na autocelebración da lóxica do capital e da alienación humana no estrañamento colectivo. Xa o artista Torres García facía no seu tempo distingo entre a pulsión internacional (dun falso cosmopolitismo) e a dinámica universal que toda obra de arte auténtica ten. O cerne de toda obra poderosa vai expresar a raíz universal da arte. A radicalidade vén ser (na vertixe das verbas cara a súa intrahistoria) a raíz da orixe. O núcleo ético e mítico que expande á obra deica acadar o acougo comunitario. Vivencia que ten moito de transpersoal e sobrepasa de feito tódalas lindes ou barreiras que se lle queiran poñer. Hai “déficit de visionarios” dicía hai pouco en Santiago de Compostela, o teórico da imaxe (e da percepción) Romá Gubern. “O pragmatismo e a especialización tenden a eclipsar a loucura creativa, esa galaxia mental imaxinaria, que é a dos xenios. Coido que estamos cun déficit de visionarios”. Neste senso a precipitación e o oportunismo son moeda corrente. O que Walter Benjamin chamaba “a moeda devaluada do actual”. O reto hoxe en día dende Galiza segue a ser como ofrecer unha perspectiva de seu ó noso momento histórico (cheo de incertezas e complexidade). Como mirar o mundo de xeito anovado dende a atalaia da Fisterra europea. O dobre compromiso que artistas coma Luis Seoane ou Reimundo Patiño no seu momento souberon manter. Mesturando de xeito moi fermoso: arte, creación e vida. 62

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico Apuntamentos breves e reflexión crítica Xosé C. Sierra Rodríguez

Achegamento previo Todos os patrimonios son, en boa medida, etnográficos, porque a etnografía fai a descrición dos trazos culturais que significan e caracterizan a identidade dun pobo ou dunha comunidade concreta. Hai tamén, conseguintemente, unha etnografía urbana e vilega e unha etnografía industrial e obreira. Debemos, polo tanto, facer a revisión crítica dos nosos etnógrafos e folcloristas e superar as súas eivas teóricas e metodolóxicas, fillas do tempo no que traballaron e do contexto científico baixo o que actuaron.

Parroquia de Velle (1936). Un achegamento inédito, daquela, á comprensión etnolóxica da vida rural A obra máis rica conceptualmente dos nosos etnógrafos –da autoría de López Cuevillas, Xaquín Lorenzo e F. Hermida (1936)– é Parroquia de Velle. Nela hai unha conexión entre territorio, prácticas económicas, perfís sociais e universos simbólicos, ámbitos todos eles sobre os que se delimita e articula a dimensión inmaterial da cultura. Unha comunidade (Velle) situada na contorna dunha cidade (Ourense) convive con ela e participa das dinámicas de cambio que afectan conxugadamente aos espazos rural e urbano. O ferrocarril incide sobre a comercialización dos caldos nun territorio vitícola e o labrego penetra na cidade confrontando a súa lóxica campesiña coa racionalidade operaria que se configura nunha sociedade mercantil e pequenoburguesa que crea formas mixtas de ‘obreiro-labrego’. Con anterioridade (primeiro tercio do s. XX) autores non recoñecidos formalmente como etnógrafos –Prudencio Rovira, Alfredo Vicenti, García Ramos, Nicolás Tenorio ou Valeriano Villanueva– escribiron sólidos textos xurídicos, xornalísticos e agronómicos de indiscutible interese etnográfico e dotados da dimensión social (inmaterial) que demandamos hoxe do coñecemento etnolóxico. É esa tradición social a que procede recuperar para enunciar unha idea de patrimonio rural (etnográfico) que facilite respostas solventes e imaxes ilustrativas sobre as dúas nocións chave neste debate: a noción de patrimonio (rural) e o concepto de tradición.

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Patrimonio Cómpre incidir na idea divulgada pola moderna antropoloxía de que o patrimonio cultural é unha construción social. Son a sociedade, as institucións ou o mundo académico os que lle atribúen recoñecemento social e valor cultural a un fenómeno concreto. Polo tanto, sen unha comprensión adecuada dos procesos de activación patrimonial dificilmente artellaremos accións e políticas sobre a función social do patrimonio cultural dotadas de sentido e de eficacia. Non é difícil entender que un muíño ‘per se’ non ten un valor cultural para os protagonistas históricos do ‘vello complexo agrario’; igualmente o segador a Castela non rende culto á fouce da que dependía para realizar o seu labor, nin a tecelá ao tear que lle fixo perder vista ao tempo que progresaba a súa artrose. Consecuentemente, a asignación de significados e valores culturais –a monumentalización– dos produtos materiais das culturas do traballo é unha acción promovida por axentes alleos á experiencia vivida polas comunidades campesiñas. As prácticas sociais e institucionais ligadas á patrimonialización das culturas do traballo (etnográficas) deben negociar cos protagonistas da memoria social a súa implicación no complexo proceso que outorga rango cultural a fenómenos sen recoñecemento cultural previo. O muíño é só un soporte, o seu valor patrimonial reside na memoria do muiñeiro, da súa xente, dos seus veciños e clientes, e da comunidade que se apropia gradualmente do seu potencial emblemático. A defensa e protección deste soporte xorde porque esa edificación se converte na imaxe representativa das lembranzas que queremos conservar e transmitir. Pero sen elas esta edificación pasa a ser un elemento afásico e silente, irrecoñecible para uns e transformado por outros nun espacio novo, desvencellado totalmente da realidade social que lle deu vida e orfo dos seus densos e complexos significados: substituímos a súa significación como lugar de memoria pola de fito ‘monumental’, apto só para o consumo do visitante ou do turista e amnésico para a lembranza dos descendentes dos homes e mulleres que construíron, utilizaron, xestionaron e arranxaron, material e simbolicamente, este enxeño hidráulico.

Tradición Cómpre tamén utilizar con máis precisión a noción de tradición. Atribuímos frecuentemente esta expresión ao “pasado’ ou ao ‘antigo’, a todo aquelo que non participa dos valores e signos do presente. Contrariamente, a tradición (trado=pasar) é o que chega vivo ao presente e o que informa o noso xeito de ser actual. A modernidade nunca pode existir fóra da tradición. Por tal motivo a comprensión dos valores que a tradición traslada constitúen o mellor instrumento para unha doada comprensión da noción de innovación. É necesario tamén desfacer a oposición ambigua e falaz entre tradición e progreso ou entre tradición e modernidade. A tradición como resorte crítico da acción innovadora demanda que o patrimonio herdado sexa ademais compartido. Deste xeito a tradición procura a súa asunción polo suxeito colectivo que converte o patrimonio recibido en mecanismo de cohesión e identidade, e a identidade –manexada como canle para a produción de estratexias– abre novos e variados camiños para utilizar o patrimonio cultural como nutriente e para viabilizar a identidade que o patrimonio promove como unha identidadeproxecto, no sentido dado a esta expresión polo sociólogo Manuel Castells. Os saberes, actitudes, predisposicións e acentos que a tradición traslada ao presente desvelan, doadamente filtrados, horizontes nidios e visibilidade para as navegacións vindeiras e portos de abrigo para a cabotaxe dos programas e proxectos que inician a súa singradura. 64

Introdución

Activacións patrimoniais. Unha reflexión obrigada Concibida a noción de patrimonio cultural como un todo complexo e diverso e descrita a parcela etnográfica como unha dimensión específica daquela noción, procede acoutar a idea de patrimonio rural e facelo no marco etno-histórico ao que remite a tradición do mundo rural. Son as formas de existencia colectiva, o territorio como base das condicións materiais desta existencia, os espazos de ocupación e asentamento, os recursos que se mobilizan, os coñecementos que se transmiten, os valores e as crenzas que se comparten e a lingua sobre a que se establece a comunicación e a través da que se manifesta, percibe e reproduce o capital simbólico as parcelas que conforman o predio etnográfico rural. O universo da produción –combinación de recursos, técnicas, utensilios, individuos e produtos–, a suma de comportamentos, prácticas e relacións para a reprodución social e o complexo de signos, imaxes e interpretacións que configuran a dimensión inmaterial da cultura perfilan, no ámbito rural e nos territorios delimitados por actividades agrarias, o que entendemos, na literalidade etnográfica, por patrimonio rural. Pero este patrimonio rural participa da trama complexa de relacións que definen, como noción ampla e diversa, o patrimonio cultural; pois as comunidades campesiñas das sociedades complexas viven en interacción continua e crecente coas comunidades urbanas e coa vida das vilas e cidades. As experiencias desenvolvidas entre nós durante os últimos catro lustros para poñer en valor cultural e social o ‘patrimonio rural’ adoeceron de dúas eivas fundamentais, Por unha banda do reducionismo conceptual que identificaba patrimonio etnográfico e patrimonio rural. Este reducionismo deriva: ❙ ❙ ❙ ❙

da concepción que tiñan do feito etnográfico os etnógrafos e os folcloristas do pasado, incluídos os autores do SEG e os mestres de Nós. da asimilación entre arqueoloxía e etnografía, nun complexo esquema que relacionaba pasado e primitivismo como compoñentes identificadores do ‘rural’. da consolidación desta identificación no campo da museística das normativas de protección dos bens culturais, que fixan xuridicamente tal identificación.

Pola outra dun mecanismo de reparto de patrimonios, asentado sobre as causas indicadas e promovido e sancionado polos poderes públicos e pola difusión mediática desta cuestión. O mecanismo de reparto de patrimonios favorece a atribución de ‘singularidade’ etnográfica aos patrimonios subalternos –entre nós os ligados ás manifestacións da vida rural– e permite ao espazo local monumentalizar elementos físicos e folclóricos que as tendencias desagrarizadoras e descampesiñizadoras desactivan como ámbitos da produción económica ou da reprodución social e introducen no espazo de oportunidades dunha economía terciaria. O patrimonio cultural rural “monumentalizado” esquece o seu significado como parte central da memoria social do noso pobo e como factor crítico para artellar un discurso etnográfico coherente das culturas do traballo na Galiza contemporánea.

O Museo etnográfico. Reflexións para unha musealización necesaria Non lograremos unha comprensión doada dos relatos etnográficos e da realidade social agraria que se desenvolve en Galicia dende finais do s. XIX ata hoxe se non encadramos estes relatos no tránsito de saída da economía propiamente campesiña e no de entrada nas relacións capitalistas de produción, como ten indicado certeiramente Raúl Iturra. 65

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Iso é o que debemos demandar aos expertos en historia, antropoloxía-etnografía, patrimonio cultural e museoloxía: unha concepción e descrición de patrimonio cultural rural determinada polas análises que a ciencia social e, moi singularmente, a antropoloxía, o folclore (revisado á luz das novas metodoloxías), a historia e a xeografía proporcionan. Tamén a socioloxía, a economía e a politoloxía teñen moito que dicir para comprendermos ‘etnograficamente’ a noción de patrimonio rural que coidamos cientificamente pertinente e socialmente necesaria. Se a sociedade campesiña galega pode e debe ser descrita e interpretada consonte aos parámetros científicos propios das ciencias sociais, debemos igualmente enunciar o patrimonio etnográfico dende a disciplina etnolóxica/antropolóxica. O museo, parafraseando a Namer, é unha institución e un espazo orientado a organizar as prácticas de memoria. Certamente, pero antes foi, e segue a ser, un conservatorio, un lugar para acoller e preservar o patrimonio que recoñecemos e dignificamos como tal. A museoloxía etnográfica (necesariamente antropolóxica) e os museos etno-históricos non atravesaron aínda o rubicón do pasadismo, do arqueoloxicismo e do ruralismo na súa versión máis estancada. Só a experiencia do Museo do Pobo Galego, o traballo crítico interno de centros como o Museo Etnolóxico con sede en Ribadavia, a experiencia iniciada de musealización territorial en Allariz, os modestos ensaios de museo-obradoiro do Museo da Limia (Vilar de Santos), ou a renovación museográfica parcial do museo da Fundación Liste de Vigo permiten a penetración en Galicia dunha renovación etnomuseolóxica modesta, que non foi quen de dar o salto cualitativo necesario. O mapa cultural de Galicia precisa revisar, con criterios teóricos solventes e mediante accións programáticas transversais, o seu sistema museístico. E no interior deste sistema cómpre delimitar o papel dos museos etnográficos, asumindo que a disciplina que debe alimentar o seu discurso museolóxico é a antropoloxía social. As tramas socioculturais que atribúen ao traballo e ás colectividades que o organizan e transforman un valor cultural orienta o labor dos museos etnográficos como lugares nos que se acolle a memoria social das comunidades rurais e/ou urbanas, que lembran o vivido dende a experiencia presente. A etnografía narra feitos e experiencias dos grupos, interpolando as vivencias das figuras coñecidas coas das figuras anónimas da colectividade. O patrimonio que os museos recollen, documentan e estudan debe operar na museoloxía etno-antropolóxica como un elemento de mediación para interpretar, comprender e debater sobre os significados e os sentidos (sempre inmateriais) da cultura. O museo etnográfico debe manexar as súas museografías para transmitir á sociedade as imaxes do que permanece e do que cambia –etnografía procesual– e para ofrecer o seu espazo como un foro de reflexión sobre a realidade que recibimos e sobre a percepción que construímos do porvir como proxecto e esperanza. O museo, como foro para a comprensión, a análise e o debate ofrece unha linguaxe (a museográfica) para divulgar e socializar a realidade da que trata. O patrimonio que o museo acumula e manexa é unha ferramenta que proporciona o potencial sintáctico para 66

Palletas. Fotografía de Alba Vázquez Carpentier.

Introdución

facer un relato articulado e coherente do fenómeno musealizado. Galiza precisa do/s museo/s etnográfico/s para trasladar a imaxe da sociedade rural no seu devir xeográfico e na súa singularidade como ecosistema que modelou, dun xeito propio e diferenciado, a base territorial sobre a que se adaptaron historicamente as comunidades agrarias. Pero o museo etnográfico ten ademais outra función: a de ser un espazo didáctico para ensinar as analoxías que a historia presenta para comprendermos o presente, explicar o pasado e olfactear criticamente o futuro. O museo etnográfico pode e debe ilustrar o xogo de contradicións e complementariedades que operan no agro e como a adaptación do campesiñado á economía de mercado e ás relacións sociais de produción capitalista acontece, dende finais do s. XIX ata hoxe, a través da combinación dos dispositivos de competencia e intercambio (‘modernos’) cos mecanismos de cooperación e reciprocidade (‘tradicionais’). Formulamos unha idea de museoloxía etnográfica, que traballe cunha visión procesual (etnohistórica) do patrimonio rural, capaz de mostrar o potencial innovador do espazo territorial agrogandeiro e a versatilidade para a adaptación e a innovación das xentes do agro.

¡Non se recibe dó! Os museos autodenominados ‘etnográficos’ e moitas das celebracións e escenificacións (performances) ‘etnográficas’ que foron medrando nos últimos quince anos entre nós constitúen autenticas expresións de dó nas que se idealiza a Arcadia perdida. Os museos creados ou os recintos etnográficos restaurados son parroquias ausentes de veciños, que non aparecen, nin traballan, nin se asocian, que tampouco emigran ou retornan. A vida social e familiar non se conta, o sufrimento e a morte tampouco e nada sabemos do seu matrimonio, de cómo parten a herdanza, como venden os froitos e produtos que cultivan e que causas os levan a deixar as súas casas ou a abandonar o traballo da terra. Nestes recintos, os obxectos acumúlanse e o tear é agora unha peza tan monumental como silente e a tecedeira xa non conta as horas de soidade e fatiga. Devandoiras, fusos e rocas nada lembran da condición feminina e unha máquina de coser, colocada nun estaribel ou nunha vitrina, esquece falar da resposta da muller diante da penetración no agro do diñeiro e das modificacións que provoca a xeneralización da economía monetaria nas familias campesiñas. Estas musealizacións contribúen a manter a fenda entre patrimonio e memoria social, xeneralizada polas activacións patrimoniais orientadas só ao ‘formato’ turístico. Pero o museo etnográfico ten unha obriga cultural esencial: a de establecer un diálogo entre as formas de existencia social e material herdadas e os dispositivos e trazos que modelaron a nosa identidade colectiva. Galiza precisa actualizar o seu modelo etno-museolóxico e configurar un mapa racional de museos etnográficos, nos que a comarca sexa o marco delimitador das musealizacións posibles. Pero a concepción de museo etnográfico que se precisa debe utilizar o patrimonio rural baixo tres parámetros concretos: ❙ ❙ ❙

comprensión do territorio e da transformación histórica das paisaxes. elaboración dun relato procesual (etno-histórico). interpretación do patrimonio como un conxunto de elementos físicos e simbólicos que, de maneira inseparable, tecen unha tradición e delimitan un perfil identitario. Os obxectos, o traballo, a organización social, as crenzas, a festa, a música e o canto, ou propia expresión oral constitúen un sistema de relacións que o tempo modela, fixa e cambia.

Asistimos ao paradoxo de celebrar, mediante variadas ‘performances’, a cultura agraria que esmorece, sen utilizar a etnoloxía e o patrimonio etnográfico rural como campo de 67

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

reflexión e posicionamento fronte ao que acontece. Os museos que promovemos, os muíños, fornos, pendellos, adegas e outras edificacións que restauramos, ou as mallas, fiadeiros, regueifas ou desafíos que representamos producen máis o efecto de festa-funeral ou de laio polo paraíso perdido que de auténticas operacións de memoria social para activar unha acción cultural reflexiva e educativa. É lexítimo aproveitar este patrimonio para o visitante ou turista, pero é igualmente lexítimo e aínda máis necesario explicalo historicamente e interpretalo antropoloxicamente para orientar un porvir incerto á marxe da compresión e reactivación do sector primario. Invitamos a todos á reflexión e, conseguintemente, ao debate necesario.

Referencias bibliográficas de interese ARIAS VILAS, F. (1992) “Aspectos xerais e particulares do tema museolóxico en Galicia: os museos comarcais”. Coloquios Galegos de Museos. Consello Galego de Museos. Santiago de Compostela. BRAÑA, F. e MARIÑO, E. (1999) “Trama y urdimbre. Género y gestión patrimonial en Vilar de Santos”. En Las Identidades culturales de la modernidad. Homenaje a la generación Nós. VIII Congreso de Antropología. FAAEE-AGANTRO. Santiago de Compostela CARDESIN, J. M. (1992) Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (s. XVIIIXX): Muerte de unos vida de otros. M.A.P.A. Madrid. CASTELLS, M. (1999) La era de la información: Economía, sociedad y cultura. Vol, II: El poder de la Identidad. Alianza Editorial, S.A. Madrid COSTA VÀZQUEZ MARIÑO, L. (2001) “Música e galeguismo: estratexias de construcción dunha cultura nacional galega a través do feito musical”. En González Reboredo (coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía (1719 abril, 2001). DURÁN, J. A. (Ed.) (1984) Aldeas, Aldeanos, y Labriegos en la Galicia Tradicional. Alfredo Vicenti, Prudencio Rovira, Nicolas Tenorio. Mapa-Xunta de Galicia. Madrid. FERNÁNDEZ PRIETO, L. (1992) Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939. Ed. Xerais de Galicia. Vigo. GODELIER, M. (1973) Racionalidad e irracionalidad en economía. Ed. Siglo XXI. México GONDAR PORTASANY, M. (1993) Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nósoutros. A Nosa Terra. Vigo GONZÀLEZ REBOREDO, X. M.. (1999) “Antecedentes históricos de las fiestas tradicionales”. En Las fiestas. De la antropología a la historia y la etnografía. Centro de Cultura Tradicional. Diputación Provincial. Salamanca. GROBA GONZÁLEZ, X. (1999) “O estudio da música tradicional galega e o canto de tradición oral”. En Galicia. Antropoloxía. Edicións Hércules. A Coruña. ITURRA, R. (1988) Antropología económica de la Galicia rural. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. JAMIN, J. (1998) “Faut-il brûler les musées d’ethnographie?” Gradhiva, 24. KIRSHENBLATT-GIMBLET, B. (2004) “Le patrimoine immateriel et la production métaculturelle du patrimoine”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222. LOIS GONZÁLEZ, R. C. e PIÑEIRA MANTIÑÁN, M. J. (1998) “Os espacios construídos en Galicia: persistencias da cultura labrega despois do proceso de urbanización”. En Castro Seixas, Pereiro Pérez e Mota Santos (Coords.) Cultura e Arquitectura. Incursións antropolóxicas no espacio construido. Ed. Lea. Santiago de Compostela. 68

Introdución

LÓPEZ IGLESIAS, E. (1997) “Crise da agricultura tradicional e formación do agricultor. As mudanzas experimentadas polo agro galego na segunda metade do s. XX”. En O feito diferencial galego, I. Historia, vol, 2. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. LÓPEZ CUEVILLAS, F., LORENZO FERNÁNDEZ, X. e FERNÁNDEZ HERMIDA, V., (1936) Parroquia de Velle. Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela. LORENZO FERNÀNDEZ, X (1962) Etnografía. Cultura material. En Historia de Galiza, dirixida por R. Otero Pedrayo, vol. II. Ed. Nós. Buenos Aires. MANJERI, D. (2004) “Le patrimoine matériel et immateriel: de la différence à la convergence”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222. MENDEZ, L. (2003) “Galicia, región de Europa: dimensiones europeistas del imaginario culturalista de la Xunta”. RAS (Revista de Antropología Social), 12, Universidad Complutense. Madrid. MOORE, W. B. (1987) “Connecting the Past with the Present, Reflections upon Interpretation in Folklife Museums”. En P. Hall e Ch. Seemann (eds.): Folklife and Museums. Selected Readings. The American Asociation for State and Local History. Nashville, Tennessee. MORENO, I. (1999) “Globalización, ideologías sobre el trabajo y culturas del trabajo”. AREAS, Revista de Ciencias Sociales, 19. NAMER, G. (1987) Mémoire et société. M.Klincksieck. Paris. PEREIRO PÉREZ, X. (2001) “Reflexão sobre a Antropologia na Galiza de Hoje”. Etnogáfica, 5. POMIAN, K. (1996) “Les musées d’ethnographie dans l’Europe d’aujourd’hui”. En Rencontres européennes des musées d’ethnographie 1993 / European meeting of ethnography and social history of museums 1993. Musée National des Arts et Traditions PopulairesÉcole du Louvre. Paris SIERRA RODRÍGUEZ, X. C.. (2000), “O patrimonio etnográfico. Procesos de patrimonialización en Galicia” En González Reboredo (Coord.), Galicia. Antropoloxía. Edicións Hércules. A Coruña. — (2001). “O patrimonio cultural e os museos, instrumentos para a construcción e a representación das identidades. Notas sobre (e dende) Galicia”. En González Reboredo (coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía. — (2003) “Museos e desenvolvemento. Experiencias e itinerarios en Galicia”. En Museos: construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego de Museos. Santiago de Compostela. SOUTELO VÀZQUEZ, R.. (1999) “«Eu non tiña oficio, era labrego». Identidade, representación e memoria na Galicia rural, 1890-1960”. Actas do V Congreso Internacional de Estudios Galegos/Akten des 5. Internationalen Kongresses für Galicische Studien. Universidade de Tréveris/Universität Trier, 1997. Trier. STEENBERG, A. (1966) Dansk Folkmuseum. History and activities. København VEILLARD, J.-J. (1983) “Le Musé de Bretagne: musée d’identité térritoriale?”. En Quels musées, pour quelles fins aujourd’hui? La Documentation française. Paris. VERGO, P. (1993) The New Museology. Reaction Books Ltd. Londres. VILAR ÁLVAREZ, M. (2003) “Patrimonio, museos, memoria e identidade en Galicia”. En Museos: construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego de Museos. Santiago de Compostela. VV.AA. Imaxes de Galicia: Fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo). Arquivo do Reino de Galicia-Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xunta de Galicia. A Coruña

69

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán; Xavier Simón Fernández

1. Introdución O proxecto de accións de salvagarda do PI en Galiza que se discute a continuación pretende ser un punto de partida para o traballo. Os nosos presupostos de partida, que a converten nunha simple proposta pendente de debate e discusión, son os seguintes: 1. O patrimonio inmaterial componse dun repertorio de prácticas sociais transformables que actualizan a representación da cultura. A súa salvagarda depende esencialmente da participación, da creatividade e da súa materialización polos membros das comunidades que o producen e manteñen. 2. Todo instrumento referente ao patrimonio cultural inmaterial debe facilitar, estimular e protexer o dereito e a capacidade das comunidades de seguir interpretando o seu patrimonio cultural dotándose das súas propias modalidades de conservación, ordenación e previsión de futuro. 3. Os elementos culturais propios compartidos e o diálogo fomentan a creatividade xeral, sempre que se garanten o recoñecemento da singularidade e os intercambios equitativos. 4. Pódese tirar un rendemento social efectivo velando pola posibilidade de reproducir os significados, as condicións que o fixeron posible e as competencias necesarias para a creación, interpretación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial, tratando ao mesmo tempo de non perpetuar modelos de desigualdade. 5. As iniciativas destinadas a promover os usos sociais contemporáneos do patrimonio cultural inmaterial deben fundarse en principios como o respecto aos dereitos humanos universalmente aceptados, a equidade e o seu carácter duradeiro e o respecto de todas as formas culturais e sociais que, á súa vez, respectan as demais.

2. O proceso xeral de salvagarda Cómpre sinalar que a salvagarda é referida ás medidas encamiñadas a garantir a viabilidade do patrimonio cultural inmaterial, comprendidas a identificación, documentación, investigación, preservación, protección, promoción, posta en valor, transmisión -basicamente a través de ensino regrado e non regrado- e revitalización deste patrimonio nos seus distintos aspectos. Neste sentido tórnase importante contemplar as comunidades como os

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

espazos onde o patrimonio se expresa. Por este motivo, preténdese a definición dun plan de desenvolvemento socioeconómico e cultural do territorio, para o cal se definirán unha serie de accións de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. A salvagarda concirne cada un dos cinco ámbitos nos que habitualmente se divide o patrimonio cultural inmaterial (UNESCO), a saber: 1. Tradicións e expresións orais, incluídos os usos lingüísticos como vehículo do patrimonio cultural inmaterial, 2. Artes do espectáculo, 3. Usos sociais, rituais e actos festivos, 4. Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo, 5. Técnicas artesanais tradicionais. Esta clasificación é puramente operativa, pois o proxecto ha ter en conta que moitas prácticas sociais patrimonializables se entretecen no medio ou por fóra desta clasificación. Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado, incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valorización require da incorporación dunha visión participativa, sendo os chamados “portadores” os axentes principais no proceso de recuperación. Faise necesario, xa que logo, introducir ferramentas de investigación que faciliten a súa real participación. Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa negar o da visión científica. As estratexias de intervención que pretendan valorizar o patrimonio cultural inmaterial deberán buscar a confluencia de todas as fontes de coñecemento. Na actualidade, son as formas e os saberes que darán lugar a un mundo rural sustentable os que corren perigo de se perder. Así as accións que se deben encetar para alcanzar este obxectivo non poden ser postergadas. A antedita atomización do coñecemento tradicional afecta directamente os colectivos que traballan en cada un dos seus campos. É moi frecuente observar persoas que dedican esforzos considerábeis ao estudo dalgún campo, con pouca ou ningunha relación con compañeiros que dedican os seus esforzos a outros saberes. De feito, a propia clasificación en cinco ámbitos pode conducir a un minifundismo no estudo. O feito de crear unha estrutura de coordinación ten, entre outras, a finalidade e obxectivo de tentar que as accións de traballo non se desenvolvan unicamente dun xeito vertical para cada un dos ámbitos, senón que haxa traballo horizontal entre todas e cada unha delas. Máis aínda, a división artificial do patrimonio en material e inmaterial xa supón un atranco que a metodoloxía de traballo terá que superar. Na definición das accións de salvagarda séguese un proceso que está subdividido en tres fases que dun xeito sistemático aparecen recollidas na Táboa 1: Comprensión, Intervención e Recomposición. Táboa 1: Fases do proceso de salvagarda. Salvagarda 1. Comprensión

Etapas e conceptos de salvagarda Identificación

2. Intervención 3. Recomposición

Documentación

Investigación

Protección Promoción

Transmisión

Difusión

Cada unha das tres fases divídese nunha ou varias etapas, sen orde preestablecida. Na primeira fase, estudarase o metabolismo das prácticas e a sintaxe dos procesos asociados ao patrimonio cultural inmaterial. Dita fase está dividida nas tres etapas sinaladas. Na fase de intervención preténdese propoñer unha dimensión xurídica ás medidas de salvagarda pro72

Introdución

postas. Finalmente, na fase de Recomposición, definiranse todas e cada unha das medidas encamiñadas a garantir a viabilidade do patrimonio cultural inmaterial mediante propostas participativas que sirvan para que os valores do inmaterial se convertan en piares fundamentais dun plan de desenvolvemento socioeconómico e cultural.

2.1. A Fase de Comprensión Para todos e cada un dos ámbitos de traballo proponse desenvolver durante os primeiros meses de traballo un proceso de documentación e identificación, requirindo: 1. Recoñecemento das persoas, dos colectivos, asociacións e organismos que traballen a prol da defensa do coñecemento considerado tradicional e/ou sexan portadores. 2. Identificación e contacto cos investigadores referentes neste campo. 3. Acceso a fontes documentais e localización de todo tipo de información, en calquera tipo de soporte, que sirva para os propósitos marcados. Deste xeito será posible localizar aos axentes que poidan participar activamente durante todo o proceso. A inercia xerada desde a candidatura presentada pola Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte... nas Ondas!” e a rede de Escolas Asociadas á UNESCO servirá para axilizar este importante proceso. Logo desta fase, comezarán a funcionar seminarios participativos e abertos nos que participarán os axentes detectados e nos que se determinarán as liñas mestras de traballo. Os seus principais obxectivos serán: 1. Definir o estado da cuestión. 2. Establecer ámbitos estratéxicos de actuación. 3. Marcar as liñas globais de desenvolvemento tanto na fase de Comprensión como na fase de Recomposición. 4. Crear un Grupo de Traballo. No cuarto mes comezarían a traballar os Grupos de Traballo, nun número que dependerá do ámbito de actuación. Como exemplo sinalaremos que o ámbito da cosmovisión se xebraría en dous posíbeis grupos: un para o ámbito marítimo-fluvial e outro para o agrario. Os Grupos de Traballo, que contarán cos membros necesarios para o desenvolvemento das tarefas, terán que deseñar a estratexia global de Comprensión, Intervención e Recomposición do coñecemento tradicional. En relación á fase de comprensión, as tarefas do Grupo de Traballo son: 1. Definir os tipos de portadores e o camiño ou camiños para chegar onda eles. 2. Complementar a identificación e documentación previa. 3. Deseñar as necesidades de investigación e encargarse de realizala ou encomendar a pesquisa precisa. 4. Manter constantemente unha perspectiva holística que teña en conta os estudos realizados nas comunidades veciñas, engadindo novas interpretacións que alimenten a comprensión dos fenómenos inmateriais propios. Como resultado desta primeira fase, o Grupo de Traballo acharase en disposición de realizar unha diagnose rigorosa sobre a situación na que se encontra o patrimonio cultural así como de definir as principais Accións de Salvagarda no seu ámbito. Entre outros, ha de ser quen de respostar ás seguintes cuestións: 1. Caracterización dos portadores: número, actividade, localización xeográfica, etc. 2. Censo dos espazos que reproducen a estrutura asociada aos coñecementos tradicionais: graos de presenza, definir estrutura e función, zonificación, etc. 73

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

3. Definición de Accións de Salvagarda: amplitude da acción, suxeitos participantes, relación con outras accións/áreas, etc. 4. Definir marcos xerais que guíen as accións de valorización do coñecemento tradicional. Táboa 2: Proceso de Documentación e Identificación. Dous primeiros meses

Terceiro mes do Proxecto

Documentación

Seminario Participativo

Formación

Identificación

Liñas mestras

Grupos de Traballo

Diagnose

Axentes potenciais Seminarios de formación

Cuarto mes do Proxecto

Seminarios de formación

2.2. A Fase de Protección Na fase de Protección as tarefas do Grupo de Traballo consistirán en deseñar medidas activas que favorezan a conservación do patrimonio cultural inmaterial. Neste sentido ábrense polo menos dous camiños diferentes: a prevención do dano, coa conseguinte responsabilidade do causante, ou o impulso das iniciativas que conserven o patrimonio cultural inmaterial.

2.3. A Fase de Recomposición A fase da Recomposición ou Remobilización do patrimonio, finalmente, busca a súa posta en valor mediante accións que o transmitan, o promocionen e o difundan de maneira participativa. Isto é, a súa inserción en procesos de desenvolvemento que contribúan positivamente a garantir as necesidades sociais. Neste marco, o Grupo de Traballo terá asignadas, entre outras, as seguintes tarefas: 1. Propoñer a patrimonialización dun repertorio de elementos culturais inmateriais. 2. Contribuír a definir, de xeito participativo, as estratexias que permitan alcanzar modelos de desenvolvemento que, a partir do patrimonio cultural inmaterial, garantan condicións de vida dignas así como o uso sustentable dos recursos naturais e sociais. 3. Elaborar programas informativos e de comunicación. Contidos para amosar na Plataforma Global de Difusión do Patrimonio cultural inmaterial e noutros medios. 4. Propiciar acordos entre partes que beneficien a conservación e valorización do patrimonio cultural inmaterial. 5. Introducir información nas bases de datos da Plataforma Global de Difusión do Patrimonio cultural inmaterial. 6. Pór en marcha programas formativos en estudo, conservación e valorización do patrimonio cultural inmaterial. 7. Elaborar programas de divulgación nas Escolas de Ensino Primario e Secundario (unidades didácticas; actividades extraescolares, etc.). 8. Elaborar programas de promoción do patrimonio inmaterial nas asociacións de veciños, nos centros culturais, etc. 9. Elaborar unha Oferta Global de Produtos e Servizos derivados do patrimonio cultural inmaterial, asociada a unha nova marca. 10. Establecer Redes Sociais de Intercambio Urbano-Rural: feiras de produtos artesanais, de produtos agroecolóxicos; granxas escola; excursións para recoñecer a biodiversidade de ecosistemas e a diversidade de coñecementos, etc. 74

Introdución

11. Establecer Redes Sociais de Intercambio Galiza-Comunidades de Emigrantes. 12. Propiciar, de xeito preferente, a transmisión dentro da comunidade cultural portadora. 13. Definir Mostras do Patrimonio Inmaterial. 14. Definir Encontros de Portadores. 15. Organizar Congresos Científicos e Seminarios Abertos. 16. Crear exposicións itinerantes que combinen diferentes compoñentes do patrimonio cultural inmaterial. 17. Crear Roteiros Agroecolóxicos que reproduzan o ciclo agrario. 18. Crear Roteiros Festivos, construídos a partir das diferentes manifestacións do patrimonio cultural inmaterial galego no universo do lecer, vinculados preferentemente co Turismo Rural.

3. O Plan/Programa de Accións de Salvagarda As accións de salvagarda específicas, ou un conxunto ordenado delas, que dean lugar a programas ou propostas de intervención na conservación, defensa e valorización do patrimonio cultural inmaterial, serán sometidas ao seguinte proceso: 1. 2. 3. 4. 5.

Recepción de propostas de salvagarda. Xeración de propostas de salvagarda. Exame da viabilidade das propostas de salvagarda. Formulación das propostas de salvagarda. Supervisión do desenvolvemento de todas e cada unha das propostas que se executen.

O desenvolvemento do proceso de salvagarda, recollido na Táboa 1, que ha realizar o Grupo de Traballo mediante as tres fases sinaladas en cada un dos ámbitos, non conduce necesariamente a solucións concretas e fáciles de pór en práctica. Neste punto converterase en relevante o esforzo de coordinación exercido desde cada ámbito e desde a coordinación xeral. A súa importancia require da posta en marcha de espazos participativos de discusión que permitan aquelar axeitadamente os resultados parciais de cada ámbito. Malia ser posible a posta en marcha de estratexias individualizadas para a conservación dunha única compoñente dun único ámbito, a valorización do patrimonio cultural inmaterial hase entender de forma conxunta. Táboa 3: Coordinación para as accións concretas por ámbitos. Ámbito 1

Ámbito 2

Ámbito 3

Ámbito 4

Ámbito 5

Comprensión

Comprensión

Comprensión

Comprensión

Comprensión

Intervención

Intervención

Intervención

Intervención

Intervención

Recomposición Recomposición Recomposición Recomposición Recomposición Cord. Cord. Cord Cord Acción i1 Acción i2 Acción i3 Acción i4 Acción i5 Acción j1

Acción j2

Acción j3

Acción j4

Acción j5

Acción k1

Acción k2

Acción k3

Acción k4

Acción k5

Outras accións...

Outras accións...

Outras accións...

Outras accións...

Outras accións.

As posíbeis accións ou conxunto de accións encamiñadas á defensa e valorización do patrimonio cultural inmaterial requiren de sinerxías con diferentes espazos. Entre elas cómpre sinalar: 1. Adoptar unha política xeral encamiñada a realzar a función do patrimonio cultural inmaterial na sociedade e a integrar a súa salvagarda en programas de planificación do futuro. 75

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

2. Propoñer estruturas de funcionamento locais que garantan a autosostibilidade das accións. 3. Considerar os espazos xeográficos veciños como un mesmo sistema no cal se recoñecen variantes das prácticas sociais comúns, principalmente mediante a análise de estudos alí realizados. 4. Adoptar as medidas de orde xurídica, técnica, administrativa e orzamentaria axeitadas para: a) Favorecer a creación ou o fortalecemento de institucións de formación en xestión de patrimonio cultural inmaterial, así como a transmisión deste patrimonio nos foros e espazos destinados á súa manifestación e expresión. b) Garantir o acceso ao patrimonio cultural inmaterial, respectando ao mesmo tempo os usos consuetudinarios polos que se rexe o acceso a determinados aspectos de dito patrimonio. c) Crear institucións de documentación sobre o patrimonio cultural inmaterial e facilitar o acceso a elas. d) Garantir a pervivencia das comunidades e os seus sistemas produtivos adaptados ás circunstancias do mundo actual. Nos programas de valorización do patrimonio cultural inmaterial, por outra parte, ha ter un rol determinante o ámbito educativo. Neste senso, tentarase por todos os medios asegurar o coñecemento, o respecto e valorización do patrimonio cultural inmaterial na sociedade, en particular mediante accións encamiñadas aos ámbitos profesional, social e educativo: 1. Programas educativos, de sensibilización e de difusión de información dirixidos ao público xeral. 2. Programas educativos e de formación específicos nas comunidades e grupos interesados. 3. Actividades de fortalecemento de capacidades en materia de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, e especialmente de xestión e de investigación científica. 4. Medios non formais de transmisión do saber. 5. Promover a educación sobre a protección de espazos eco-xeográficos fundamentais para a memoria colectiva. 6. Manter ao público informado das actividades realizadas, das políticas culturais do inmaterial, e en concreto das ameazas que pesan sobre determinadas prácticas sociais ou procesos.

76

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro Xavier Simón Fernández Universidade de Vigo

Até hai pouco tempo, as bases enerxética, agraria, pesqueira, gandeira, forestal e de produtos transformados da economía galega eran o resultado da combinación dinámica do que hoxe damos en chamar coñecementos tradicionais coas condicións ambientais específicas dos ecosistemas apropiados. O proceso de apropiación da natureza, inicio do metabolismo social, realizado mediante os coñecementos dispoñíbeis, e as técnicas asociadas, explica a conformación específica da sociedade galega nas décadas previas ao avance da modernización. Paralelamente á dinámica da economía galega, baseada na apropiación dos recursos naturais renovábeis mediante o coñecemento tradicional, agromaban distintas manifestacións culturais asociadas coa súa base material e enerxética (actividades lúdicas asociadas co ciclo agrario, por exemplo) ou coa dinámica social propia de sociedades agrarias (música, romarías, cantigas, seráns,....). Aquela Galiza xa é parte da historia. Durante os últimos trinta anos, o modo de vida vinculado co predominio do coñecemento tradicional foi progresivamente substituído polas distintas formas nas que se manifestan as forzas da economía global de mercado, que colonizan espazos xeográficos pero tamén ámbitos culturais, impoñendo modos de vida. Este proceso, deixar atrás o tradicional e abarcar o moderno, iniciouse en Galiza cando en Holanda, Reino Unido e outros países europeos xa apareceran os primeiros indicios da eventual insustentabilidade do modelo moderno. A pesares do retardo, as políticas agrarias comezan a facer os seus efectos transformando a base produtiva do agro galego, deixando atrás as estratexias de supervivencia mediante o policultivo e abrazando a especialización e a venda completa da produción. Nos sectores máis especializados mellorou a Renda Agraria. Mentres isto ocorría, as remesas dos emigrantes europeos e do resto do Estado contribuían a financiar un proceso de modernización demasiado acelerado e, finalmente, declarado fracasado, no sentido de que o modelo implantado estaba eivado para dar resposta ás necesidades de fortalecemento da pequena produción familiar, daquela principal axente do campo galego. Esas políticas agrarias son as que pretendían reducir severamente a poboación activa na agricultura. E abofé que o conseguiron: Galiza pasou en 30 anos de 500.000 a 170.000 empregos na agricultura. O que era ollado como un obxectivo desexábel, compartido tamén pola maioría da intelectualidade, trouxo novos e serios problemas derivados do abandono dos recursos naturais e dos ecosistemas, da perda de unidades produtivas, da perda das varieda-

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

des propias, derivados, en fin, da destrución da base enerxética e material da economía galega tradicional. Ao mesmo tempo esmoreceron as outras manifestacións culturais asociadas con aquel mundo vivo, diverso e dinámico que constituía a sociedade galega tal e como estaba configurada antes do avance da modernización A hipótese que se manexa nesta publicación, e da que dan mostra moitas das xenerosas contribucións recollidas, é que definir estratexias de intervención, construídas de xeito participativo en base ao tradicional, que concedan oportunidades de asentamento e ocupación do espazo rural hase converter en punto de partida do Plan Global de Salvagarda e Valorización do Patrimonio Inmaterial (véxase o artigo anterior). A valorización do coñecemento tradicional, como compoñente do PI, ha render tanto para atallar o abandono crecente como para desintensificar as experiencias máis industrializadas. Efectivamente, semella que as unidades produtivas intermedias moi intensivas que pasan por problemas de rendibilidade e que non teñen medios, e moitas veces forzas, para un novo investimento topan na extensificación unha saída económica e tecnicamente viábel. Ademais, moitas estratexias de manexo de recursos derivadas do coñecemento tradicional están cargadas dunha racionalidade ambiental que garante en maior medida a conservación da base de recursos e dos ecosistemas. Este valor adicional, moitas veces esquecido, concede á agricultura galega oportunidades únicas para converter a produción de bens e servizos de elevada calidade ambiental nun referente, nunha marca que axude a reconducir o proceso de desenvolvemento.

O valor dos coñecementos tradicionais Os portadores e portadoras almacenan información sobre o funcionamento dos sistemas naturais, sobre os principais arranxos estruturais, sobre a organización das unidades produtivas e as mellores opcións de cultivo segundo as características dos predios que se van ocupar. Coñecen, tamén, unha ampla variedade de cultivos así como plantas silvestres ademais de seren uns facendeiros bastante ben dotados para o manexo do gando. A base do modelo do coñecemento tradicional é a experiencia persoal, a dos portadores e portadoras, desenvolvida nunha localidade. Refírese ao concreto e ao práctico mediante unha visión globalizadora, no sentido de non estar reducida a unha “disciplina”, de incorporar coñecementos diversos. Ao contrario, a base do modelo do coñecemento moderno agroma da xustificación obxectiva e universal, refírese ao abstracto e ao teórico, sendo impersoal e especializada. Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado, incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valorización require da incorporación dunha visión participativa: arredor dos portadores e portadoras xirará o proceso de recuperación e posterior valorización. A posta en valor do coñecemento tradicional crearía novas oportunidades de emprego e renda e, ao mesmo tempo, contribuiría a fortalecer ao rural galego, no sentido de facer ao noso modo de vida máis resistente fronte a presións ou perturbacións externas. 78

Introdución

Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa, neste caso, negar o da visión científica. Máis ben, as estratexias de intervención que pretendan valorizar o PI han buscar a confluencia das dúas fontes de coñecemento (véxase o artigo nº 28). Non se trata de substituír un imperialismo científico por outro tradicional. Porén, na actualidade, son as formas e os saberes que darían lugar a un mundo rural sustentábel, os que corren perigo de se perder para sempre. Cómpre encetar inmediatamente o camiño dirixido a evitar perdas irreversíbeis.

Caracterizando a estratexia de valorización Como diciamos, moitas das achegas que aparecen nas páxinas desta publicación van encamiñadas a pór en valor o PI. Isto significa ir alén da súa conservación estática en museos. Significa, fundamentalmente, definir estratexias globais de apropiación/produción/consumo e satisfacción de necesidades que, edificadas a partir da dotación local de patrimonio material (construído e natural) e inmaterial (síntese dos coñecementos tradicionais e científicos) doten a sociedade galega de capacidade propia para reaccionar cando estea sometida a presións ou perturbacións. Isto é, estratexias que permitan que a sociedade galega avance no camiño da sustentabilidade. Unha condición necesaria da sustentabilidade é a viabilidade socioeconómica. No caso que nos ocupa, podemos dicir, deixando á marxe as eivas derivadas da estrutura economicista das decisións económicas, que aquela viabilidade hase conseguir, estruturalmente falando, reconstruíndo o sistema agrario tradicional e pulando pola redución de custos monetarios externos como principio de xestión. A continuación sinalamos, de vagar, algúns dos elementos que son parte da estratexia de valorización: 1. O sistema agrario tradicional é complexo: a complexidade debe ser manexada, non eliminada nin ocultada. A complexidade como característica da agricultura tradicional obsérvase no elevado número de subsistemas que a conforman, no número elevado de especies animais e vexetais manexadas e na gran diversidade de prácticas produtivas existentes. A complexidade da agricultura tradicional galega pode ser ollada tanto dentro das unidades produtivas como a través do espazo. Isto é, a diversidade de formas de organización do espazo agrario, así como a diverxencia nas condicións ambientais, configurou subsistemas agrarios diversificados ao longo e ancho do territorio galego. A maior complexidade dos sistemas agrarios trae como beneficio social unha maior estabilidade. 2. Máximo aproveitamento da terra dispoñíbel mediante unha elevada diversidade de prácticas, cultivos e sistemas de manexo. As terras de cultivo sempre foron o elemento relativamente escaso na agricultura galega. A terra era mobilizada de forma permanente cando as súas aptitudes así o permitían, dando lugar a unha agricultura moi intensiva. O factor que se intensificaba era, claro, o máis abundante, a forza de traballo. Esta agricultura intensiva era altamente diversa: diversidade de especies (alto número de especies), xenética (variabilidade da información xenética intra e inter especies), vertical (aproveitamentos en diferentes niveis), horizontal (distintos patróns de distribución de organismos), estrutural (elevado número de nichos, papeis tróficos… na organización dos sistemas) funcional (complexidade nas interaccións entre subsistemas) e, finalmente, diversidade temporal (heteroxeneidade nos cambios cíclicos nos sistemas). O máximo aproveitamento da terra dispoñíbel mediante estratexias diversas conduce a beneficios tales como: fortalecemento do sistema fronte ás pragas, mellora da fertilidade da terra e, polo tanto, dos rendementos, alta capacidade para facer fronte a perturbacións… 79

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

3. No sistema agrario tradicional os procesos eran cíclicos, reproducindo a “normal” ciclicidade dos procesos naturais, o que permitía viabilizar as estratexias de supervivencia asociadas. Tal é o caso do sistema de fertilización imperante na agricultura tradicional: o complexo monte/cultivo/prado permite que o monte, coa axuda dos sistemas de aproveitamento directo dos recursos forraxeiros, se converta no principal subministrador de biomasa que os animais van descompor nas súas cortes para incorporar en forma de esterco ás terras de cultivo, sen necesidade de acudir ao mercado. Neste “ciclo da fertilidade” o obxectivo era repor a fertilidade extraída coa colleita. Outro exemplo da ciclicidade, moi relacionado co anterior, era a ausencia de residuos, tal e como os entendemos agora, no sistema agrario tradicional. 4. A apropiación do monte era o centro sobre o que xiraba a reprodución do sistema agrario tradicional. Xunto coa función sinalada no punto anterior, o monte tamén cumpría outras funcións: producía pasto natural para o gando (vacún, ovino ou caprino que se alimentaba a dente nos pastos comunais das parroquias); era a fonte enerxética principal (economía da leña); eventualmente tamén contribuía á alimentación humana (as estivadas, práctica que, por certo, incorporaba unha lóxica ecolóxica que garantía un uso non destrutivo do recurso); etc. Fronte a esta natureza multifuncional e de máximo aproveitamento, na xestión do monte galego observamos dous procesos contrapostos: especialización na produción de madeira de ciclo curto xunto coa recente función de produción de bioelectricidade e, por outra banda, abandono progresivo das superficies a monte que ou ben non encaixan naquela estratexia especializadora ou ben sofren de problemas estruturais (o principal, o gran partillamento do monte privado). Os resultados dunha estratexia como esta son ben coñecidos: incendios reiterados como consecuencia do abandono e concentración en poucas mans das rendas derivadas do aproveitamento especializado do monte. Para corrixir estes problemas é necesario recuperar a multifuncionalidade do monte e reintegralo nas unidades produtivas ben para cumprir funcións específicas no seu proceso produtivo ben como xeradoras de renda que fortalezan os procesos de asentamento no rural. En relación con isto, gustaría de mencionar o caso dos parques eólicos: produción de rendas no mundo rural por axentes alleos que foxen do rural e non permiten reverter a tendencia ao despoboamento. 5. Presenza de tecnoloxías rexenerativas, isto é, tecnoloxías que conservan os recursos existentes na unidade produtiva (nutrientes, predadores, auga, solo,...) e introducen novos elementos que incrementan aqueles recursos, substituíndo os recursos externos. Estas tecnoloxías son, en xeral, tecnoloxías multifuncionais. É dicir, a súa posta en marcha xera beneficios favorábeis en varias compoñentes dos agroecosistemas. Como exemplos, pódense citar os seguintes: a. Os abonos verdes. Foron utilizados desde sempre na agricultura tradicional galega. Tal é o caso do cultivo dos “altramuces”, unha leguminosa que permite mellorar a fertilidade do solo aumentando os nutrientes. Pero ademais, os “altramuces” reducen a posibilidade de erosión, axudan á fixación de auga e son un posible hábitat para organismos benéficos para os cultivos. b. A utilización de barreiras naturais, coñecidas en Galiza como sebes, beneficia a ausencia de erosión e serven, así mesmo, de nicho para organismos benéficos. c. O manexo de variedades e razas autóctonas. Os beneficios derivados son: aproveitamento gratuíto de biomasa autóctona que evita incendios; redución das doenzas e pragas padecidas polos cultivos e os animais que converte en ocasional o gasto monetario derivado dos tratamentos veterinarios; etc. 80

Introdución

6. Construíndo novos ámbitos para o intercambio. Calquera estratexia que pretenda transformar o estado actual do sistema agrario galego debe ser consciente da escasa presenza que os intereses dos produtores teñen nos mercados. Máis ben ocorre todo o contrario: as diferenzas entre os prezos percibidos polos produtores e os prezos pagados polos consumidores alcanzan cifras escandalosas. Por outra parte, as actuais pautas de consumo e condicións de mercados, impulsadas polo avance do neoliberalismo, favorecen os procesos de concentración e homoxeneización da produción. Nesa estratexia sempre perden as agriculturas familiares de pequena ou mediana escala, como as galegas. No sistema agrario tradicional encontramos, tamén, algúns aspectos relacionados con este elemento: as feiras, semanais, mensuais ou anuais que se celebraban por todo o noso país son unha mostra útil dun sistema que vinculaba produtores e consumidores locais (malia ser o sistema agrario tradicional aquel que produce case todo o que consome e consome case todo o que produce). Estes sistemas de intercambio de produtos (alimentos, remedios, insumos, capital.....), servizos (lecer, música, contadores de historias....) e información dannos pistas sobre cal debe ser o punto de partida. Necesitamos imaxinación e compromiso para definirmos eses novos ámbitos de intercambio que desempeñen o papel requirido dentro da estratexia global de valorización do PI. Desenvolver estratexias nas que estes elementos, xunto a outros, conformaban o cerne da reprodución social foi o realizado durante centos de anos polos nosos devanceiros: deseñaban estratexias de manexo que permitían a supervivencia familiar e comunitaria, sen pór en risco severo a capacidade produtiva dos agroecosistemas. Paralelamente a estas estratexias de supervivencia material desenvolvíanse outras manifestacións culturais (contos, lendas, festas, músicas, etc.) que eran mostra do “estilo de vida” tradicional, na súa compoñente festiva e lúdica. É certo, por outra parte, que as carencias materiais, e os conflitos, estaban sempre presentes e que as condicións de vida non eran, nin moito menos, as axeitadas. Porén, en termos de ocupación do espazo e de respecto ou manexo dos condicionantes impostos polos ecosistemas apropiados, os sistemas tradicionais deseñados polos labregos e labregas pódennos ser útiles na actualidade. Curiosamente, eses son, agora, algúns dos principais problemas que afronta o agro galego: a desocupación do espazo, mediante o xurdimento do denominado barbeito improdutivo, e, en segundo lugar,o deterioro da base material e ambiental do rural mediante, fundamentalmente, os incendios forestais. O proceso de recuperación, investigación e salvagarda do coñecemento tradicional servirá, potencialmente, para construír un futuro diferente para o mundo rural galego. Un futuro no que teñamos o espazo ocupado mediante sistemas de apropiación dos ecosistemas que garantan a súa supervivencia. Un futuro onde os sistemas de produción contribúan a pechar os ciclos mediante tecnoloxías rexenerativas. Finalmente, os novos procesos de desenvolvemento avanzarán na medida en sexamos capaces de xerar novas estruturas de intercambio de produtos e servizos.

10 16

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

10

Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do patrimonio inmaterial galego-portugués

11

Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

12

Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

13

Candidatura de patrimonio inmaterial e desenvolvemento rural

14

Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

15

As escolas UNESCO e o desenvolvemento

16

A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e das súas potencialidades económicas

Suso de Toro

Jorge Santos Silva e Xabier Prado Orbán

Xosé L. Méndez Ferrín

Xabier Prado Orbán

Santiago Veloso

Luisa Márquez

Jorge Rodrigues Gomes

10 Un patrimonio para o futuro:

manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués Suso de Toro

O punto máis avanzado de Europa, no noroeste da Península Ibérica, onde os suevos estableceron o primeiro reino dentro do Imperio Romano, foi sempre un lugar habitadísimo. Anteriormente aquí floreceu unha cultura céltica, a cultura dos castros. É unha fin do mundo onde chegaron sucesivas vagas de pobos e persoas que aquí chegaban e ficaban, pois non podían continuar alén do mar, aquel mar onde morría o sol cada tarde. É unha esquina da Europa que non é lugar de paso, senón un recipiente no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado. A cultura deste lugar está marcada pola contradición entre a terra e o mar: o continente eurasiático e o océano Atlántico. Pola terra chegaron sempre dende Oriente vagas culturais, o bronce, o ferro, Roma, os suevos, o Sacro Imperio..., polo mar tamén chegaron os gregos e romanos mais sobre todo por el viaxaron e comerciaron os poboadores deste noroeste peninsular. O ser un “Finisterrae” pouco comunicado, fixo que aquí durasen máis tempo os ciclos históricos, a Historia viviuse aquí ralentizada. En moitos sensos a cultura propia do noroeste é unha síntese da civilización romana, as mesmas falas desta zona están aínda moi perto da súa orixe romana, e tamén conserva como un eco antropolóxico as raíces do mundo xermánico europeo que levantou no seu tempo o mundo feudal e perdurou aquí até nós como unha cosmovisión na cultura popular. Foi a este noroeste a onde chegou, a través do Camiño de Santiago, a torrenteira da cultura europea dende Carlomagno até a Reforma e Contrarreforma. Aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis profunda. O que aínda permanece conservado alén do seu tempo histórico é para nós parte tamén deste tempo contemporáneo que vivimos adultos e nenos. Son precisamente os nenos e nenas o centro do proxecto que apoiamos. O proxecto é antes de nada estimular a estima polo patrimonio cultural rico e complexo que herdamos e tamén estimular a curiosidade por coñecer aos veciños por riba de fronteiras. O respecto por un propio e o recoñecemento dos demais. E sobre este propósito de educar xeracións que saben vivir no seu tempo sendo leais co seu pasado queremos que o mundo enteiro, a través da proclamación pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, recoñeza AS TRADICIÓNS ORAIS GALEGO-PORTUGUESAS. Unha rica literatura de tradición oral, a cultura marítima que mantivo os vínculos entre ambas as comunidades e o espírito comunitario presente nas actividades agrarias tradicio-

10 Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

nais e as variadas expresións lúdicas, festivas e de lecer. Todos estes ámbitos engloban unha cultura común que satisfai as condicións establecidas pola UNESCO: ser unha cultura aínda viva mais en perigo de desaparición e enraizada nunha tradición con manifestacións de excelencia. Conseguir esta proclamación vai permitir a posta en valor da cultura tradicional, que aquí ten unha densidade enorme, como factor de dignificación, orgullo e marca de identidade. Terá efectos positivos no desenvolvemento endóxeno e sustentábel por todo o territorio onde se expresa esta cultura. A cultura nacida neste territorio, con esta proclamación, será motivo de orgullo en todo o mundo a través das persoas e países nos que fai parte da súa identidade. Asinantes do Manifesto: Federico Mayor Zaragoza, Ignacio Ramonet, José García, José Saramago, Manu Chao, Manuel Dios Diz, Manuel Rivas, Mário Claudio, Nélida Piñón, Ramón Chao, Suso de Toro, Uxía, Vasco Graça Moura

88

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán

Señoras e meus señores: dun modo pintoresco, vouvos contar a historia da Candidatura á UNESCO

Como se fosen as follas dunha árbore ornamental, contarei as Tradicións da Galiza e Portugal

Culturas do mar… e do agro… do saber tradicional, das Festas e Romerías, da Literatura Oral

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

Auga que nos liga ao río, lava o corpo ao suar, rega o millo, leva o barco e pon a aceña a rodar.

Se do traballo da terra ao longo do ano falamos, falamos do agro e do monte onde todos axudamos

Unindo as dúas beiras, corre o Miño para o mar, levando a nosa Dorna, de Vela triangular

Rapar e ferrar cabalos, nos montes comunitarios, son actos só de palabra sen precisar de notarios

Leva redes e outras artes que nos permiten pescar, meixón, salmón e lamprea, e troita sempre a saltar

Fican as espigas núas aos golpes dos malladores pola forza, ritmo e xeito de que eles son portadores

Ás praias chega o sargazo, para as terras adubar, collido por sargaceiros que danzan para o festexar

Para enganar o cansazo, na altura das labradas, cántanse coplas alegres nas gargantas afinadas

E o carro de bois, xunto á praia, é o mesmo que vai chiar, cargadiño de millo ou cestos de vendimar.

Co pretexto das colleitas e das vendimas, hai danza. xúntanse ranchos de xente, da casa e da veciñanza

Por iso, aquí nestas bandas, hai unha mestura sen par: o pescador labra a terra e o labrador vai ao mar

90

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Hai que saber, p´ra ensinar, o aprendido dos avós; hai que facer, p’ra mostrar, a arte que hai en nós.

Temos xogos populares temos festas romerías, celebradas nestas terras trescentos sesenta días.

Os tecidos que vestimos de la e liño, fiados, suman arte e natureza se lle xuntan os bordados.

Para un vira, a concertina… muiñeira…gaita afinada; para cantar, o adufe; os bombos p’ra treboada

Tecen as redes os homes… os palillos as mulleres… artesáns de mans perfectas, peritos nos seus mesteres.

Caretos e peliqueiros son os reis do Carnaval celebrado na Galiza e norte de Portugal

Teñen falas ben estrañas os afiadores ambulantes, cesteiros, pedreiros, telleiros e até mesmo os feirantes.

A cantar nas noites frías, Nadal e Reis celebrados e o traballo con flores nos Maios ornamentados.

Pérdense no po da Historia, sempre da mesma maneira, os cestos, canastas e pipos feitos de vime ou madeira

A pretexto dos vikingos, en Catoira hai romería; en Viana vai ao mar a Senhora D’Agonia.

De barro, collido á terra, a ola feita na roda e a tella cocida ao Sol, nunca pasarán de moda.

Ao ar libre fanse xogos: se a puntería non falla, bilros, chaves e billarda son parecidos coa malha.

91

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

En común, 1 Patrimonio que para nós é seguro: Teremos que preservalo se o queremos Para o Futuro Se o SABER dun ancián é riqueza milenar ficaremos ben máis pobres se non o podemos gardar É un saber que é Herdanza de Todos…por Tradición. a conservar na Terriña ou no lar da Emigración.

Antes do Libro, xurdido na Idade Medieval, xa a Cultura era servida na Literatura Oral. Esfolladas e lareiras motivos p’ra namoricos: é o fogo, ao pé da estopa… sexan beijos, sexan bicos Mitos e lendas…iguais, nas marxes que o Río lava: comeza o conto o Minhoto… vén o Galego que o acaba. Os cruceiros son comúns… As rezas son defumadas Afife: Serran a Velha… Na Galiza: as Queimadas… A regueifa na Galiza, desgarrada en Portugal, e o repente no Brasil improvisan por igual.

92

Iso apréndese na escola do A,B,C, ou da Vida, que é preciso, ao Patrimonio, conservalo…dar guarida… Produtos tradicionais feitos na terra, co’amor por ser unha Obra Mestra teñen moito máis valor E é tamaña a riqueza que coñecemos, agora, que temos de compartila cos turistas, cos de fóra. Por iso, este Patrimonio que queremos de Verdade, deixará de ser só noso, para ser da Humanidade Da Candidatura, o inicio será igualiño ao final: Viv’as “Tradicións Orais da Galiza e Portugal”

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa Texto elaborado a partir dunha conversa de Xosé L. Méndez con Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández

Ferrín

A cultura galego-portuguesa é o resultado da adaptación do pobo ás condición naturais e históricas, así como das influencias recibidas do exterior. Estas influencias foron resultado dos contactos que galegos e portugueses mantiveron con outros pobos. Por unha banda a través da colonización e da emigración, sobre todo ó continente americano, e por outra polo contacto coas culturas europeas ó longo da historia, tanto polas sucesivas invasións coma polo comercio ou intercambios culturais. Como resultado disto último, pódese dicir que estamos a falar dunha cultura europea no máis amplo sentido do termo. A cultura castrexa pódese considerar debida a achegas indoeuropeas e celtas sobre unhas poboacións anteriores. Asóciase a cultura castrexa co concepto cultural e simbólico do “filociclismo” ou preferencia polos conceptos cíclicos fronte aos lineais (as casas, os adornos, as propias murallas reflicten esta característica cíclica, relacionada tamén co ciclo anual e cunha certa maneira de ser). En relación cos celtas, existen unhas claras relacións de carácter ambiental con países como Irlanda ou a Bretaña Francesa, como é o caso curioso do “toxo”, planta que é común e moi abundante en Irlanda, Bretaña e a Gallaecia, e case inexistente noutros territorios de climas semellantes. A palabra Samaín é gaélica, e polo tanto de orixe celta, e dende hai 30 anos é utilizada por asociacións galegas que buscan revitalizar unha festa tradicional, a dos calacús. Este nome é prerromano. Na Bretaña existen topónimos moi similares a outros galegos moi arcaicos, como é o caso do “Caurel”. En relación con Irlanda, nun antigo libro en gaélico existe unha referencia a Breogán como heroe fundador procedente da Península, o que foi considerado un referente simbólico polos nacionalistas galegos como Pondal. O Himno Galego refírese a Galiza como o territorio orixinario deste heroe. A influencia de Irlanda na música folclórica é enorme, existindo actualmente moita cooperación e algunhas influencias mutuas. Cando chegaron os romanos, existía neste territorio un pobo denominado “Callaiki” nos arredores do actual Porto (a palabra “Porto Callaiki” deu orixe ao nome de Portugal).

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

Dadas as analoxías culturais entre estes “Callaiki” e os pobos tamén celtas cos que se tiñan relacionado anteriormente (Galos, Gálatas), os romanos tenderon a denominalos “Gallaechi”, nome que mantiveron cando posteriormente conquistaron todo o territorio. A Gallaecia pódese considerar equivalente á rexión de cultura castrexa, aínda que como provincia romana tense estendido máis alá. A Gallaecia, debido a esta forte unidade cultural e natural preexistente, é a única provincia de todo o Imperio Romano que sobreviviu con ese nome, ademais da Britannia (neste caso por outras razóns, xa que é unha illa). A cultura da Gallaecia, o mesmo que a italiana, francesa, etc., forma parte da Romania (territorios abarcados no seu momento polo Imperio Romano). A lingua pertence a ese conxunto de orixe latino, existindo evidencias dun substrato anterior á romanización. O carro era un elemento común en todo este vasto territorio do Imperio, e perviveu en moitos lugares antes da construción de estradas. Existe, nun museo ao lado de Oxford, un carro dunha tipoloxía idéntica ao carro galego-portugués. O mesmo acontece co arado romano, de estrutura arcaica e uso universal no Imperio. O hórreo, coa estrutura de graneiro sobre pés, era común ao norte da Península, e a través da Gascuña estendíase ata territorios da Imperio tan afastados como a actual Eslovenia. Dentro deste vasto conxunto, a tipoloxía do hórreo galego é moi específica e mantén unha orixinalidade e identidade características. Considéranse produtos de contribución romana o viño (pois as poboacións prerromanas bebían sidra ou hidromel), e tal vez a castaña (algúns teñen dito que a abundancia de castiñeiros ao redor das minas de ouro das Médulas é o resultado das necesidades alimenticias do gran continxente de escravos que alí traballaban). Os suevos eran unha tribo xermánica procedente dos bosques de carballos nas ribeiras do Danubio da actual Eslovenia,. O seu rei Hermerico, a principios do século IV, cruza no ano 405 o xeado río Rin cos vándalos e alanos, entrando na Galia. Pasan os Pirineos, e instálanse a partir do 409 no sudoeste da península (Lusitania). No ano 411 xóganse ás tabas as provincias romanas da Península, e correspóndelles aos suevos o Convento Bracarense (a Gallaecia). A partir do 420 consolídase o seu reino como o 1º reino constituído en Europa sobre territorio do Imperio Romano, co nome de “Gallaecia Regnum”, no que sucedeu un proceso de mestizaxe coa poboación galaico-romana existente. A ausencia de referencias a este mesmo permite supor que non tivo un carácter traumático. Hermerico (do cal se cita a anécdota de que reinou 2 veces) abdicou por enfermidade no ano 438. O seu fillo Requila “O Conquistador” (438-448) expande os territorios do reino. Os sucesivos reis suevos mantiveron relacións co reino visigodo de Aquitania, o dos vándalos do norte de África, cos restantes reinos peninsulares e incluso co Imperio Bizantino, privilexiando sempre as relacións N-S (de feito, a súa entrada na Gallaecia produciuse dende o sur). Requiario (448-456), é derrotado polos visigodos nos Campos Páramos de Astorga, e o primeiro reino suevo remata coa caída da capital, Braga, e a morte do rei. Os visigodos instalan guarnicións no territorio, o cal non impide a formación dun segundo reino suevo, no cal destacan como dirixentes Cararico (572-582) e Miro (550-559). Finalmente, o rei visigodo Leovixildo derrota aos suevos na batalla de Órbigo, aínda que o reino da Gallaecia seguiu mantendo poder e funcionando como tal, o que é evidenciado, entre outros feitos, pola cuñación de moeda en cecas propias. A lingua galega pódese dicir que é unha creación sueva, xa que anteriormente falábase o latín vulgar común a todo o Imperio Romano. 94

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Existen numerosos nomes de orixe xermánica, como os rematados en –il ou en –iz e moitos outros, ata chegar a xuntar o 99% dos topónimos de orixe xermánica de toda a península. Isto evidencia a súa existencia antes do 711, xa que as persoas de orixe xermánico que chegaron durante os séculos de loitas contra os musulmáns se repartiron por toda a península. Os topónimos xermánicos proceden na súa maioría de nomes de persoas, como é o caso de Mondariz (Vila de Munderico), Gondomar (Vila de Gundemaro), Guitiriz (Vila de Witerico), Allariz (Vila de Aliarico), etc. Un documento excepcional, as Parochiales de 572, testemuña da organización territorial en parroquias e freguesías, que perviviu ata hoxe. O monte comunal asóciase co que os historiadores do Dereito denominan Dereito Xermánico en contraposición ao Dereito Romano, que contempla exclusivamente a propiedade individual e patriarcal. A pervivencia do monte comunal durante séculos, ata que finalmente foi recuperado pola presión do nacionalismo, evidencia unha implantación maior que noutras áreas peninsulares onde tamén existía. Na actual Alemaña máis do 20% dos montes son tamén de carácter comunal, coa diferenza de que están asociados a unha cultura do “bosque” con connotacións positivas (a batalla do Bosque Teutónico foi a que garantiu a independencia dos xermanos en relación co Imperio Romano). As relacións coa actual Francia foron sempre moi intensas, como testemuña a existencia en Santiago do barrio do Franco, que era onde residían os franceses. O Camiño de Santiago foi sempre de ida e volta, existindo influencias recíprocas. O Códice calixtino é escrito por un francés (Aymeric Picaud). Os xograres provenzais mantiveron relacións de influencia mutua cos trobadores galaicos, que desenvolveron modelos propios (as cantigas de escarnio e maldicir, por exemplo). A existencia dun poema provenzal no que se loan as “altas ondas do mar” é outra mostra da influencia recíproca. Desde a actual Escandinavia, de acordo a Staffan Moerling, profesor sueco na escola Naval de Marín, chegaron influencias no que se refire á construción de embarcacións tradicionais como a dorna. As táboas da dorna están montadas unhas por riba das outras, nunha estrutura coñecida en castelán por “tingladillo” e en galego por “escarba”, palabra 95

12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

esta que corresponde cun vocábulo sueco que designa a mesma estrutura, existente tamén nos “drakkars” vikingos. A Romaría Vikinga de Catoira foi establecida polo “Ateneo do Ullán”, por iniciativa de Faustino Rey Romero, propietario da fábrica Cedonosa e a participación de personalidades como o propio Borobó.

96

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural Xabier Prado Orbán

A valorización da cultura tradicional é un requisito para garantir a súa supervivencia no futuro. O aproveitamento sustentábel dos recursos, o respecto e coñecemento profundos do medio ambiente, a biodiversidade, o traballo e a propiedade comunitarias, formas específicas de lecer, artesanía, as expresións orais e a cosmovisión non deberían estar condenadas a seren substituídas por formas culturais alleas baixo un suposto concepto de modernidade. A cultura tradicional galega está intimamente ligada ao modo de vida rural, e os seus portadores son as persoas máis vellas. De aí a necesidade de transmitir os saberes aos máis novos, xerando neles o interese polas súas raíces, así como de conseguir unhas condicións de vida dignas para evitar o despoboamento do mundo rural. A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á proclamación pola UNESCO como Obra Mestra da Humanidade é unha iniciativa nacida no mundo educativo con vontade de contribuír á salvagarda dos saberes tradicionais. Cando as Escolas Asociadas á UNESCO fomos coñecedoras do proceso establecido pola UNESCO (a iniciativa de Juan Goytisolo, con quen contactamos persoalmente) para a presentación de candidaturas de Patrimonio Inmaterial, comprendemos que esa podería ser unha vía para contribuír a salvagardar a nosa cultura tradicional. A UNESCO privilexia a presentación de candidaturas multinacionais para fomentar a cooperación internacional, perspectiva que abriu a posibilidade de presentar ao mundo o feito da pervivencia no noroeste da Península Ibérica dunha cultura tradicional común dende épocas remotas. Esta cultura tradicional foi posteriormente espallada polo mundo constituíndo un referente para toda a lusofonía. Na xénese deste concepto interveñen varios proxectos das Escolas Asociadas que merecen unha breve explicación: ❙

Ruta do Escravo: Proxecto de carácter triangular entre Europa, África e América no que se trata de quebrar o silencio secular sobre un período oculto da historia no cal mais de 40 millóns de africanos foron trasladados á forza en barcos europeos ás colonias americanas para traballar o resto da súa vida como escravos. Este feito histórico tivo consecuencias na conformación do mundo actual, como as teorías racistas sobre a inferioridade das persoas de cor negra, a mestizaxe cultural de moitos países americanos e a presenza de elementos africanos nas artes (Música, Plástica, etc.).

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural





As escolas galegas entraron neste proxecto a pesar da posición do Goberno español, que negaba ter participado na trata negreira transatlántica. Patrimonio nas mans dos xoves: Proxecto internacional que trata de sensibilizar aos escolares da importancia de valorar e preservar o patrimonio cultural do seu contorno, como unha forma de contribuír á preservación a nivel mundial. As escolas galegas desenvolveron de forma especial a súa actividade no campo específico do patrimonio inmaterial, que ten características diferenciadoras que o fan especialmente atractivo no noso país: ser un patrimonio vivo, que vai coas persoas (en contraposición aos monumentos, que permanecen inmutábeis e no mesmo lugar sempre). Estas persoas poden ser obxecto de atención preferente nas aulas, e en gran parte tamén nas propias familias dos alumnos (valorización do papel dos avós). Por outra parte, existe na Galiza unha enorme riqueza de tradición oral que corre gravísimo perigo de desaparición, algo que as escolas poden contribuír a evitar. Proxecto Atlántico: Iniciativa xurdida das escolas galegas como alternativa ao Proxecto Mediterráneo, un dos proxectos-faro da UNESCO no que as escolas do sur da Europa e norte de África participan no sentido de recoñecer afinidades culturais e ambientais, realizando actividades de defensa do medio ambiente, intercambios culturais, publicacións conxuntas, etc. No Proxecto Atlántico, as escolas galegas e portuguesas manifestan a súa vontade de contribuír a un desenvolvemento sustentábel dentro do marco de referencia do Océano Atlántico, elemento xeográfico de primeira orde á hora de procurar referentes culturais, ambientais e históricos para o noso país.

O proceso de proxección social dos proxectos das Escolas Asociadas á UNESCO, que xa tiña producido experiencias interesantes no campo de actividades específicas como a celebración do Día da Paz, no que se ten contado coa colaboración de Concellos e Asociacións locais, deu un paso adiante no caso do proxecto da Ruta do Escravo. Promovéronse actividades de sensibilización cara á presenza crecente de inmigrantes africanos e latinoamericanos, relacionándoa con fenómenos migratorios anteriores de galegos e portugueses, denominándoos “Camiños de Ida e Volta”. Na procura de alianzas que se fixo necesaria para levar adiante o traballo, recibiuse un apoio total por parte da Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal e das escolas portuguesas participantes no proxecto. Na mesma liña, as escolas galegas propoñen ao colectivo de escolas participantes no programa Ponte…nas Ondas! incorporar a Ruta do Escravo como tema de traballo no ano 2001. As escolas UNESCO de Portugal achegaron toda a información de carácter escrito, dado que este feito histórico forma parte importante dos programas educativos en Portugal. A Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal convidou as escolas galegas a un espectáculo teatral específico sobre a trata negreira en Porto, e a participación de escolas UNESCO de Portugal, Brasil, Angola e Mozambique permitiu darlle ao programa de radio escolar unha dimensión transatlántica, así como tratar un tema específico de relevancia social. Esta liña de incorporación de proxectos da UNESCO ás actividades de Ponte… nas Ondas! continuou no ano seguinte co ofrecemento da información sobre o Patrimonio Inmaterial que permitiu facer o traballo de preparación dos programas no ano 2002. A oportunidade de contribuír a canalizar os traballos de promoción do PI na dirección dun desenvolvemento rural sustentábel (dada a énfase concedida pola UNESCO ao papel dos portadores e ao mantemento do modo de vida das súas comunidades) situaba este proxecto, ademais, en consonancia cos obxectivos incorporados no Proxecto Atlántico por parte das Escolas Asociadas á UNESCO. 98

A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

O positivo da experiencia, e o contacto directo establecido polas Escolas UNESCO coa División de Patrimonio Inmaterial da UNESCO, permitiron contemplar a posibilidade de promover unha candidatura conxuntamente coa Asociación Ponte...Nas Ondas!. Desde as escolas da Rede PEA-UNESCO recolleuse a información necesaria, realizando un material audiovisual que serviu como elemento promocional durante os anos seguintes, en que se realizaron toda clase de contactos con asociacións e institucións. Seguindo sempre as orientacións da UNESCO, as escolas promotoras consideraron necesario contribuír a xerar unha actitude positiva no conxunto da sociedade de cara a garantizar un futuro para a cultura tradicional. Neste sentido, foi fundamental o apoio recibido ao longo dos catro anos de xestación e promoción da candidatura por parte das Asociacións de Montes Comunais, Asociacións e Institucións Culturais, Centros educativos, Concellos e Deputacións que foron gradualmente apoiando a candidatura, merecéndose destacar a contribución decisiva do Consello da Cultura Galega na materialización do dossier, da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal na publicación da revista, e de AGADER na realización de traballos de campo e na posta en marcha da páxina web da candidatura, www.opatrimonio.org. O mundo universitario reaccionou de forma positiva ante esta iniciativa. Proba diso é a participación do CEER (Centro de Estudios da Eurorrexión) na Comisión Promotora da Candidatura, a declaración institucional da Universidade da Coruña en favor do Patrimonio Inmaterial e da candidatura, a colaboración de profesores da Universidade de Santiago en actividades de promoción do PI (reflectido en varios artigos desta publicación), e a presentación do Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial pola Universidade de Vigo. Tamén participaron no proceso a Universidade de Trás-Os-Montes (UTAD) a través do profesor Américo Nunes Peres, a Universidade do Minho co profesor Paulo Rodrigues (directivo da Associação de Sociologos do Alto Minho, unha das entidades promotoras da candidatura), a Universidade do Porto mediante o apoio prestado polo profesor Augusto Santos Silva (actualmente ministro en Lisboa), e incluso a Universidade de Belo Horizonte (Brasil) a través dos textos enviados polo profesor Andityas Soares de Moura en relación coa presenza da cultura galega no Brasil. Os apoios de personalidades do mundo da cultura foron tamén relevantes, como foi o caso dos redactores do texto do dossier, os profesores Álvaro Campelo, director do Centro de Antropologia Aplicada de Porto, e Xosé Manuel González Reboredo do Consello da Cultura Galega, dos fotógrafos Gualberto Boa-Morte e Víctor Vaqueiro, de Carlos Núñez (logotipo e ideas para a campaña de promoción), Felipe Senén (textos sobre simbolismo), Eloy Lozano (no video presentado finalmente ante a UNESCO), e os intelectuais asinantes do Manifesto en favor do PI redactado por Suso de Toro. Despois de catro anos de promoción da candidatura ante unha desesperante atonía gobernamental, o cambio de escenario político producido con motivo da entrada do novo Goberno da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2005 permite dedicar os 3 meses previos ás proclamacións das Obras Mestras do PI pola UNESCO a unha campaña de información e sensibilización na sociedade, actividade á que se dedicou a Asociación Ponte…Nas Ondas! co apoio das Consellerías de Cultura e Educación, da CRTVG e de Turgalicia. As Escolas UNESCO, nese intre, consideran interesante potenciar a liña de traballo de relacionar a candidatura co desenvolvemento rural, que durante todo este tempo tiña estado implícita no proxecto. Pretendeuse ofrecer un punto de confluencia para as múltiples iniciativas en defensa da nosa cultura existentes por toda a xeografía e na emigración. Recibiuse o apoio para iso das Consellerías de Desenvolvemento Rural, de Industria e da Secretaría Xeral de Emigración do novo Goberno. 99

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

Resultado desta actuación son o Plan de Salvagarda do PI e esta publicación, que foi realizada grazas a contribucións de moi diversos ámbitos que coinciden na defensa do mundo rural e da cultura tradicional. Estas aportacións veñen reflectidas nos artigos correspondentes, e aquí faise tan só unha breve explicación do proceso no que se foron xuntando vontades, coa intención de dar unha visión optimista de cara ao futuro. Os primeiros contactos nesa dirección foron feitos coa Universidade de Vigo, a través do profesor Xavier Simón Fernández, do Departamento de Economía Aplicada, quen recolle estas ideas e as incorpora a unha proposta de revitalizar o mundo rural a partir da valorización da cultura tradicional. Posteriormente contactouse cos promotores da Universidade Rural Galega, unha vez comprobada a coincidencia de obxectivos coa mesma. O traballo do Consello da Cultura Galega, as actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego, a incorporación da defensa do PI dentro do Plan Estratéxico do Eixo Atlántico, a revista oral O Pazo das Musas realizada polo Museo Provincial de Lugo e na que o protagonismo é das persoas portadoras do PI, ou a loita tenaz das asociacións culturais de Santiso do Eo, no Occidente Asturiano, e do Seminario de Estudios Bercianos, na comarca do Bierzo, pola defensa da súa identidade mediante a realización de Encontros de Portadores, son só algunhas das moitas iniciativas que pretenden potenciar o papel da cultura tradicional na dinamización do mundo rural. Por último, a colaboración coa candidatura e a defensa do PI do Seminario Galego de Educación para a Paz, da Asociación Galego-Portuguesa de Educadores/as pola Paz, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, da CIG-Ensino e da propia Consellería de Educación amosan a importante contribución que pode facer o mundo educativo a asegurar un futuro para os saberes tradicionais mediante a transmisión ás xeracións máis novas. Todas estas iniciativas non constitúen máis que unha pequena mostra do potencial existente na nosa sociedade para poñer en valor a cultura tradicional. Nese sentido, pensamos que se deben planificar estratexias axeitadas para a dinamización do mundo rural unificando forzas e vontades, e cunha perspectiva de optimismo a pesar do lastre das políticas de desertización territorial e cultural que leva sufrido o noso país. A vitalidade do tecido social aínda é impresionante, o estado do paciente é crítico mais aínda mantén todas as súas constantes vitais, polo que urxe unha medicación axeitada.

100

14 Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro Santiago Veloso Troncoso

A experiencia de comunicación Ponte... nas Ondas! realizada desde hai máis de 11 anos ten demostrado as potencialidades que unha iniciativa nacida nesta parte do territorio é capaz de desenvolver atendendo as posibilidades propias. Desde o ámbito educativo, Ponte... nas Ondas! foi quen de implicar a sociedade galega e portuguesa nun proxecto común, na defensa e posta en valor do seu patrimonio cultural común. A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués presentada á 3ª proclamación das Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade constituíu un acontecemento histórico sen precedentes na historia das dúas comunidades. A cultura galego-portuguesa, esa marca de identidade que conforma a cosmovisión de galegos e portugueses, foi posta en primeiro plano da actualidade e levada á UNESCO para o seu recoñecemento mundial. Pero, tal vez, o máis importante deste proceso, que arrancou no ano 2001 a raíz das primeiras proclamacións, teña sido a implicación de colectivos e institucións na toma de conciencia da existencia deste patrimonio compartido. O labor desenvolvido por Ponte...nas Ondas! como asociación coordinadora de todo este proceso supón xa un precedente importante para as relacións futuras entre Galiza e Portugal. É evidente que o protagonismo é dos galegos e portugueses, das comunidades que se implicaron na transmisión e preservación deste patrimonio ao longo da historia e nese sentido sentímonos orgullosos de pertencer a unha cultura milenaria que soubo manter a súa unidade esencial a pesar da separación política dos dous pobos. A experiencia de Ponte...nas Ondas! nace da necesidade de estender pontes de comunicación entre esa cultura común que permanece viva por riba das fronteiras. Crendo na condición de arraianos e sendo transfronteirizos fomos quen de poñer en valor esta privilexiada situación, non só xeográfica senón tamén cultural e humana. A ponte que une polas ondas desde o ano 1995 as dúas beiras do Miño ten demostrado e evidenciado a necesidade de comunicación entre galegos e portugueses, e non só no ámbito educativo, como foi a primeira intención desta experiencia. A incorporación activa dos xoves ao traballo cos medios de comunicación e especialmente a un medio de comunicación como é a radio, cunha clara finalidade educativa e a chegada das novas tecnoloxías enriqueceron e agrandaron as potencialidades iniciais. Se a isto lle engadimos unha presenza constante do mundo da cultura e dos medios de comunicación, chegamos á fórmula que deu o éxito a esta actividade: educación + medios de comunicación + novas tecnoloxías + cultura = Ponte... nas Ondas!

14 Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

E é no ámbito de dinamización cultural onde a intensidade da experiencia se ten centrado nos últimos anos. A acollida de proxectos multiculturais da UNESCO como a A Ruta do Escravo ou o Patrimonio Inmaterial permitiu levar ás aulas e tamén á xornada de radio interescolar un contido cultural transversal, propiciando a realización de actividades culturais como exposicións, ciclos de conferencias, proxeccións, concertos, etc. O traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués permitiu que este fose posto en valor, non só nas aulas senón tamén na sociedade. Concertos como a Mostra da Oralidade GalegoPortuguesa xuntaron arredor da experiencia a un amplo abano representativo da nosa cultura e de Portugal. A presenza de escritores, investigadores, etnógrafos, artistas, músicos e xornalistas configuran unha dinámica que realza o traballo dos xoves e os implica directamente na cultura, nos medios e nas novas tecnoloxías. A xestión de todo o proceso da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués por parte da Asociación Ponte... nas Ondas! demostrou a capacidade dun equipo de profesorado capaz de transmitir á sociedade e ás institucións a confianza nun proxecto común. O proceso, modélico desde o punto de vista da UNESCO, cualificado de “boa práctica”, constitúe un exemplo singular de traballo con este patrimonio, pioneiro no mundo e seguindo as directrices da Convención do Patrimonio Inmaterial aprobada pola UNESCO no ano 2003 que outorga ao sistema educativo un papel destacado na protección e na transmisión deste patrimonio ás novas xeracións. Se a experiencia en si mesma de Ponte... nas Ondas! resulta innovadora e singular, novas facetas teñen sido desenvolvidas. A última, o proxecto Meniños Cantores, un traballo editado xunto co estudo Casa de Tolos que se concretou nun libro-disco-dvd e que constitúe un bo exemplo sobre a necesidade de abordar o patrimonio inmaterial coas novas xeracións. A experiencia de Ponte... nas Ondas! cumpriu neste ano 2005 once anos e culminou esta traxectoria coa presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial GalegoPortugués. Un ciclo que, lonxe de fecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galega e portuguesa, para compartir e ofrecer, unha actividade innovadora e creativa.

102

15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento Luísa Márquez Rodríguez

¿Quen somos? A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO (PEA) é unha organización internacional que agrupa ao redor de 8.000 escolas de todos os niveis educativos, dende infantil ata universitario, e que ten presenza nos cinco continentes. É unha rede única, comprometida en promover os ideais da UNESCO, a educación internacional e a calidade desta, partindo da premisa de que “a educación é o motor do desenvolvemento”. Todas as escolas comparten valores e obxectivos comúns, servindo de laboratorios para a innovación educativa mellorando os contidos, os materiais educativos e os seus enfoques, nos seus catro temas de estudio principias: ❙ ❙ ❙ ❙

As preocupacións mundiais e o sistema das Nacións Unidas Os Dereitos Humanos e a Democracia A aprendizaxe intercultural A protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible

A existencia desta rede permite ás escolas superar as barreiras económicas, políticas, sociais ou lingüísticas establecendo acordos coa UNESCO que lles facilita os recursos necesarios e impulsando o establecemento de parcerías e programas de solidariedade entre as diferentes escolas.

Accións para o desenvolvemento A Rede-PEA promove a participación das súas escolas en proxectos faro e proxectos piloto, Ruta do escravo, O Patrimonio nas mans das e dos xoves, Linguapax, Atlántico, YouthExchange, que serven para reforzar os catro piares da aprendizaxe para o século XXI: ❙

Aprender a facer



Aprender a coñecer



Aprender a ser



Aprender a vivir xuntos

15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

A experiencia da Candidatura de Patrimonio Inmaterial A existencia previa de dous destes proxectos, “O Patrimonio nas mans das e dos xoves” e o “Atlántico”, levou ás Escolas Asociadas a converterse, xunto coa Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte… nas Ondas!”, en promotoras da Candidatura a Obra Mestra da Humanidade do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués iniciando os contactos coa división de Patrimonio Inmaterial da UNESCO por recomendación de Juan Goytosolo, nese momento presidente do xurado internacional. Durante todo o proceso as Escolas Asociadas asumiron un forte compromiso na conservación, difusión e protección dese Patrimonio Inmaterial, abrindo as súas aulas aos portadores, recompilando as falas particulares, aprendendo os vellos oficios, montando exposicións e participando xunto coas escolas do outro lado do Atlántico no programa de radio “Ponte... nas Ondas!”. As Escolas Asociadas, ademais, impulsamos a celebración de dous Encontros ao redor do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Un no mes de febreiro do 2005 en Santiago, o II ENCONTRO GALEGO que reuniu a 300 estudantes dende infantil ata bacharelato e 35 mestres e mestras. O segundo, no mes de xullo, o XVIII ENCONTRO ESTATAL DA REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS reuniu en Pontevedra a 153 escolas das 17 Comunidades Autónomas e tivo como eixo central o “Patrimonio Inmaterial”. O proxecto “Atlántico”, ademais, serviulles ás Escolas Asociadas para ampliar o ámbito de estudo dese Patrimonio, xa que o seu traballo de recuperación da memoria da emigración abriu unha nova perspectiva. Xunto cos homes e mulleres viaxaron a través do Atlántico as tradicións, a música e as danzas, os saberes tradicionais e o imaxinario popular, conformando un fondo cultural común entre as dúas beiras do océano que se converteu nunha ponte intercultural que permitiu a preservación e difusión dese patrimonio inmaterial. A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO permite desenvolver iniciativas de promoción exterior e teñen unha compoñente de interese cultural, de respecto mutuo, de multiculturalismo, que contribuiría a connotar positivamente o turismo en prol do patrimonio e axudaría a converter a cultura tradicional en motor de desenvolvemento.

104

16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e as súas potencialidades económicas Jorge Rodrigues Gomes

Nas linhas que seguem tencionamos expor brevemente as conseqüências positivas das relaçons da cultura galega com a chamada Lusofonia, focando dous aspectos, o da identidade e o da oportunidade. A identidade é o reconhecimento do que alguém, neste caso umha comunidade, é, e as conseqüências que dela se derivam. A identidade galega é historicamente equívoca, como a de todos os povos forçados a integrar-se numha cultura alheia, fruto do conflito entre umha identidade espontánea e umha identidade impingida, quer dizer, entre o que o povo é na sua manifestaçom cultural quotidiana e o que se lhe di que é ou que deve ser. Conseqüência deste conflito é o menosprezo da identidade objectivamente própria e a alienaçom que supom o distanciamento desta e a identificaçom com formas culturais alheias. A identidade estabelece-se sempre face aos “outros”, isto é, existe-se como colectivo humano porque se percebe diferente a outras comunidades, dependendo do grau de diferenças a integraçom nuns grupos ou noutros. A percepçom da diferença pode estabelecer um “estranhamento” ou um “reconhecimento” em relaçom com outros grupos culturais próximos. A cultura portuguesa é, em geral, pouco conhecida entre a populaçom galega, mas quando se descobre manifesta-se sempre um sentimento de identificaçom, como se pode verificar nos intelectuais galegos que desde o século XIX se comprometêrom com a defesa da cultura pátria. Dado que a cultura portuguesa é umha cultura reconhecida e valorada, presente como um elemento de referência no sistema cultural internacional, a semelhança que a galega apresenta com ela é umha característica que por si própria tem valor normalizador. Tem sido discutido o maior ou menor grau de identidade da cultura tradicional galega com a portuguesa, mas nom essa identidade, salientada por toda a intelectualidade galega que ao longo dos séculos XIX e XX criou o sistema cultural galego contemporáneo (Eduardo Pondal, Manuel Murguia, Joám Vicente Viqueira, Antom Vilar Ponte, Vicente Risco, Castelao, etc.). Quanto a elementos concretos que a efectivam podemos citar, apenas como exemplo, o reconhecimento administrativo da freguesia em Portugal, reinvindicado na Galiza historicamente e ainda hoje nom realizado; a vitalidade de manifestaçons do património oral comum como os cantos ao desafio ou regueifas em Portugal, quase desaparecidos na Galiza; a recepçom natural que os produtos culturais galegos como a música, o cinema e a literatura podem ter em Portugal devido à compreensom lingüística. Neste

16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e as súas potencialidades económicas

último ponto podemos fazer um pequeno comentário: os cantores/as galegos/as tenhem um mercado limitado e, quase reduzido a Galiza, visto que no Estado Espanhol nom som facilmente aceites por questons lingüísticas, assim a ausência de cantores/as galegos/as nos meios de comunicaçom estatais, rádio e televisom, é absoluta; talvez estes cantores/as deveriam dirigir os seus esforços de difusom no mercado através do mundo lusófono. O segundo ponto da nossa reflexom sobre a importáncia da Lusofonia em relaçom com a cultura galega é a “oportunidade”. Além de ser um elemento de reforço da identidade tamém significa oportunidades de desenvolvimento material. A proximidade cultural com o mundo Lusófono pode concretizar-se numha vantagem competitiva nas relaçons económicas e sociais com umha parte do mundo que oferece um mercado potencial de mais de 220 milhons de pessoas e somam um Produto Interno Bruto (PIB) de 669.541 milhons de dólares, 1,83% do PIB mundial, com presença nos cinco continentes através de oito países entre os que destaca o Brasil, como futura potência mundial emergente (junto com a China e a Ìndia); neste sentido, em pouco tempo estamos a ver como se estabelecem acordos de cooperaçom regional entre os países da América do Sul com o Brasil como centro, e como a diplomacia brasileira toma iniciativas cada vez mais autónomas em partes tam distantes como o Oriente Asiático (aliança estratégica com a China, cooperaçom com Timor, etc.), sempre com a vista posta nos países lusófonos da África. A releváncia e potencialidade desta área observamo-la tamém em dados como o de Angola ser o segundo produtor de petróleo da África sub-sariana e principal fornecedor da China suplantando a Arábia Saudita na liderança das relaçons petrolíferas com o gigante asiático. A identidade cultural continua a ser, como é natural, um valor nas relaçons internacionais, e supom um segundo poder, após o enconómico, que coloca em vantagem aos países que a partilham, e assim temos o exemplo do mundo árabe ou dos países hispano-americanos. Galiza encontra-se precisamente relacionada com duas grandes áreas, a lusófona e a hispano-americana, podendo servir de ponte entre as duas do ponto de vista cultural, geográfico e mesmo económico. Potenciar a identidade galega é potenciar a proximidade cultural com um mundo que pode receber a Galiza nom como se fosse mais um país estrangeiro, mas como um parceiro que partilha interesses comuns. As relaçons históricas com Portugal, mas tamém com o Brasil, surprenderiam a qualquer cidadá/ao desinformado e devem ser divulgadas e aproveitadas como umha prova da naturalidade com que se devem assumir futuras relaçons. Convém igualmente acabar com mitos e tergiversaçons históricas que predisponhem as mentes das pessoas em sentidos errados. Um primeiro passo seria o estudo e divulgaçom da história do reino da Galiza e a sua profunda relaçom com Portugal. Resumindo as ideias expostas, a Lusofonia pode significar um reforço e revalorizaçom da cultura tradicional galega, e umha vantagem competitiva nas relaçons internacionais que a Galiza deveria aproveitar.

106

17 23

Institucións, axentes e PI

17

O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

18

Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego

19

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

20

Xermolos na recuperación do patrimonio

21

Cando o museo está dentro da escola

22

A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

23

Achegas ao perfil humano do emigrante galego

X.M. González Reboredo

Ana Estévez

Abraão Veloso

Alfonso Blanco Torrado

Secundino García

Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

Xosé Lois García

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia Xosé Manuel González Reboredo

Galicia mantivo entre o século XIX e os últimos decenios do século XX unha cultura tradicional da que nos quedan numerosas lembranzas e documentos. Os folkoristas e etnógrafos da nosa terra, e algún foráneo, dirixiron a súa mirada a esta nosa realidade sociocultural de maneira constante, con nomes como M. Murguía, N. Tenorio, V. Risco, F. Bouza-Brey, A. Fraguas, X. Lorenzo, X. Taboada, etc. A eles habería que engadir as novas e anovadoras achegas de antropólogos aínda en activo. O labor destes estudiosos foi, en ocasións, de carácter individual, mais en moitas outras levouse a cabo no seo de institucións como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudios Galegos “P. Sarmiento”, ou, nas últimas décadas, nas universidades galegas e museos como o Museo do Pobo Galego. Grazas a este continuado e diverso labor contamos hoxe cun corpus de información sobre o que era, e en certas ocasións moi puntuais aínda segue a ser, a cultura dos nosos labregos, artesáns e mariñeiros. Entre as institucións que dedicaron medios humanos e materiais ao coñecemento das nosas formas culturais tradicionais, ou ás comunidades situadas nos lindeiros da Galicia administrativa, é de salientar a levada a cabo polo Consello da Cultura Galega, institución contemplada no noso Estatuto de Autonomía coa encomenda de estudar e difundir o noso patrimonio cultural, así como asesorar en asuntos que se refiran a ese patrimonio. Dende o ano 1985 o Consello conta con Sección de Antropoloxía Cultural, a cal desenvolveu unha actividade que amosarei de maneira sintética.

1. Estudos de comunidades situadas nos lindeiros do territorio da Galicia actual A sección aprobou no ano 1989 un plan a longo prazo de estudo daquelas comunidades que, situadas inmediatamente despois das fronteiras administrativas de Galicia, teñen, por continuidade xeográfica, por relacións sociais e por vínculos históricos, numerosos trazos compartidos ou coincidentes cos característicos da nosa terra. Nun primeiro intento, varias licenciadas universitarias dirixidas polo profesor X. A. Fernández de Rota, levaron a cabo unha breve investigación de campo nas localidades de S. Antolín de Ibias (Asturias), Oencia e a Cabreira Baixa (León), Porto de Sanabria (Zamora) e Beça (Portugal), tratando

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

de descubrir, en liñas xerais, as semellanzas coas localidades galegas próximas e os niveis de identidade manifestados polos seus veciños. Como era oportuno ampliar esta visión con outros investigadores, galegos ou foráneos, que enriquecesen o debate mediante ideas, conceptos ou datos, decidiuse convocar dous simposios dedicados ao tema dos Lindeiros da Galeguidade. O primeiro tivo lugar en xullo de 1990 en dúas localidades do oriente galaico, O Cebreiro e Pobra de Navia, e unha administrativamente leonesa, Vilafranca do Bierzo. O segundo levouse a cabo no ano seguinte, con xornadas en Verín (Ourense), Chaves (Portugal) e Lubián (Zamora). En conxunto, participaron nestes simposios investigadores de Asturias, Galicia, Portugal, Castilla-León e outros países, o que enriqueceu o debate sobre o tan difícil tema das zonas situadas nos límites administrativos e culturais, que presentan formas de cultura común e relacións sociais constantes, mais os seus habitantes manteñen unha difusa e cambiante identidade segundo as circunstancias. Os ensaios anteriores foron complementados con posterioridade mediante investigacións máis demoradas, e de maior calado. Botando man do vello método de estudo de comunidades, levouse a cabo, primeiramente, un traballo de campo nas localidades do val do río Ancares, na vertente leonesa da serra deste nome, nos anos 1993 e 1994. Nun segundo momento, nos anos 1999 e 2000, programouse un novo estudo do val de Fornela, no curso alto do río Cúa. O tema dos lindeiros da galeguidade segue aberto no seo da Sección, e posiblemente en anos vindeiros programaranse novas xeiras de traballo nunha liña de investigación que require constancia e innovadoras perspectivas.

2. Reedición de textos que conteñen informacións sobre a cultura popular galega do pasado Unha segunda liña de actuación centrouse na reedición, ou recuperación no caso de estar inéditos, de escritos de interese etnográfico feitos en tempos pasados, pois neles temos datos para unha etnohistoria de Galicia e para contrastar coas realidades que pode recompoñer o etnógrafo no presente. Dentro desta actividade, a primeira obra que viu a luz foi a Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, de A. García Ramos, obra editada orixinariamente en 1912. En anos diversos foron aparecendo outros textos, como as respostas á enquisa do Ateneo de Madrid sobre nacemento, casamento e morte (1901-1902), a Memoria da pesca da sardiña de J. Cornide (1774) e o libro de B. Rodríguez Santamaría Los pescadores del Norte y Noroeste de España (1916). 112

Institucións, axentes e PI

3. Convocatoria de simposios de Antropoloxía Dende o momento da súa constitución, e consonte as misións encomendadas por lei ao Consello da Cultura Galega, a Sección de Antropoloxía Cultural asumiu a responsabilidade de convocar encontros nos que se abordasen temas antropolóxicos de especial interese, tratando de combinar as novas de investigadores do país galego coas de antropólogos da península, de Europa e de América, co obxectivo de poder contrastar puntos de vista e metodoloxías de análise. Os sete simposios convocados ata o presente versaron sobre “Identidade e Territorio” (1988), “Folklore, Etnografía, Literatura Oral” (1992), “Romarías e Peregrinacións” (1993), “Tecnoloxía Tradicional” (1994), “Medicina popular e Antropoloxía da Saúde” (1995), “Antropoloxía Mariñeira” (1997) e “Etnicidade e Nacionalismo” (2000). Neles participaron, con relatorio, un total de 68 investigadores de Galicia, 42 de España e Portugal, 19 doutros países de Europa e 3 de América.

A xeito de remate Amosei de maneira sintética o que os antropólogos vencellados ao Consello da Cultura Galega fixeron nos dous últimos decenios. Mais non rematarei estas liñas sen advertir que o mundo tradicional galego está sendo sometido a fondos cambios dende hai tres décadas, e tamén a unha fonda desagrarización que fai que moitas das construcións, aveños de labranza, embarcacións, formas de sociabilidade ou valores e crenzas estean desaparecendo de maneira ás veces vertixinosa. Como sinala un estudioso do patrimonio etnográfico andaluz, Salvador Rodríguez Becerra, a cultura tradicional foi vivida polos avós e coñecida polos pais, pero os netos xa non a coñecen. Prodúcese así unha indesexable ruptura co pasado que é preciso corrixir. Por iso os gobernos, ou as institucións encargadas da formación e información dos cidadáns, deben de tratar de recuperar “lugares da memoria”, ou “tempos da memoria”, para que os galegos e galegas se reconcilien co seu pasado e o asuman como punto de partida na construción dun futuro de benestar. Neste labor os axentes de desenvolvemento rural teñen un papel importante, pois os intentos de frear esa abusiva desagrarización da nosa terra contan na cultura tradicional con algúns elementos que poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos, comerciais, de agricultura ecolóxica ou de cohesión social. Penso, neste aspecto, que o traballo levado a cabo pola Sección de Antropoloxía Cultural do C. C. G., reflectida en publicacións que citarei a seguir, pode serlles de utilidade.

Bibliografía Cito aquí as publicacións nas que se recollen os estudios, reedicións e simposios feitos no seo do C. C. G. e aludidos neste escrito.

1) Lindeiros da galeguidade: X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (dir.).- Nos lindeiros da galeguidade. C.C.G., Santiago, 1990. X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (Coords.).- Lindeiros da galeguidade I. Actas do Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1991). X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA/ X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Coords.).- Lindeiros da Galeguidade II. Simposio de Antropoloxía. C.C.G., Santiago, 1993. 113

17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ C. GONZÁLEZ PÉREZ.- Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares. C.C.G., Santiago, 1996. X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ L. COSTA VÁZQUEZ-MARIÑO/ C. GONZÁLEZ PÉREZ. Nos lindeiros da Galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela. C. C. G., Santiago, 2002.

2) Edición ou reedición de textos antigos: A. GARCÍA RAMOS.- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega. Madrid, 1912. Edición Facsímil do C.C. G. Introdución de A. FRAGUAS. X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Superv.).- Nacemento, casamento e morte en Galicia. Respostas á Enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902). C. C. G., Santiago, 1990. J. CORNIDE.- Memoria sobre la pesca de la sardina. Madrid, MDCCLXXIV. Ed. Facsímil. C. C. G., Santiago, 1997. Edición e estudo de F. CALO LOURIDO. B. RODRÍGUEZ SANTAMARÍA.- Los pescadores del norte y noroeste de España. Ed. Facsímil do orixinal de 1916. C. C. G., Santiago, 2005. Introdución de F. CALO LOURIDO. ‘

3) Actas de simposios de Antropoloxía: X. M. GONZÁLEZ REBOREDO / X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA.- Actas do simposio internacional de Antropoloxía “Identidade e Territorio”. C. C. G., Santiago, 1990. A. FRAGUAS/ X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).Actas do Simposio de Antropoloxía in memoriam F. Bouza-Brey. C. C. G., Santiago, 1994. A. FRAGUAS / X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).Romarías e peregrinacións. Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1995. A. FRAGUAS FRAGUAS/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords).- Tecnoloxía tradicional: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica. Actas do simposio internacional de Antropoloxía in memoriam X. Lorenzo. C. C. G., Santiago, 1996. X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Coord.).- Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actas do simposio internacional en homenaxe a D. Antonio Fraguas. C. C. G., Santiago, 1997. F. CALO LOURIDO (Coord.).- Antropoloxía mariñeira. Actas do simposio internacional in memoriam X. Filgueira Valverde. C. C. G., Santiago, 1998. X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (coord.).- Actas do simposio internacional de Antropoloxía “Etnicidade e Nacionalismo”. C. C. G., Santiago, 2001.

114

18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego Ana Estévez

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, por un Padroado que aglutina a boa parte das institucións e persoas que traballan a prol da cultura en Galicia. Constitúese así, a partir dunha iniciativa civil e sen ter titularidade de ningunha das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. É o primeiro museo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abranguer e relacionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada. En 1993, por decreto da Xunta de Galicia, é recoñecido como “ centro sintetizador dos museos e coleccións antropolóxicas de Galicia”. Dende a súa apertura, boa parte da actividade da institución oriéntase cara a difusión. Na actualidade, as actividades do Museo atenden á demanda dunha diversidade de público que vai dende os cativos en idade escolar até os profesionais e/ou especialistas. Todos eles teñen cabida á hora de planificar e xestionar os recursos cos que o Museo conta. Dende a organización de cursos e congresos ata as actividades para grupos escolares, todo no Museo está orientado a facilitar elementos de referencia e integración, a través das diferentes mostras da cultura da propia comunidade. Moitas das actividades desenvolvidas teñen relación directa cos aspectos intanxibles da cultura, co chamado patrimonio inmaterial. Hai que ter en conta que ditos aspectos están unidos de forma inextricable aos oficios, os saberes, as prácticas de toda orde polo que se atopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo. Pero ademais a apertura da sala denominada A sociedade, memoria e tradición, completou o repertorio das salas permanentes cunha presentación máis conceptual e suxestiva dos elementos intanxibles da cultura tradicional: a casa e as relacións familiares, a propiedade e o sistema de herdanza, os traballos e os días, as idades, as festas... En moitas ocasións, o patrimonio inmaterial é o elemento central de moitas das actividades realizadas. Nesta liña, o Museo ten desenvolvido diversas accións ao respecto, entre as que cabe destacar: Exposicións temporais producidas polo Museo nos últimos anos, como “ O Entroido” ou “Enredos e Ixolas”; traballos de investigación con recollida de materiais e montaxe de vídeos sobre o cultivo e transformación do liño, os cabaqueiros do Baixo Miño, ou o entroido de Vilariño de Conso; xornadas como as dedicadas á cultura popular na escola, en colaboración

18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego

coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega centradas, en dúas ocasións, na música e na tradición oral; a constitución da Sección de Etnomedicina, que integra a profesionais da Antropoloxía e da Medicina. Dentro do seu traballo de saúde mental e desenvolvemento comunitario, realizou a gravación de prácticas curativas tradicionais no Concello de Carballo. Un apartado especial merecen os seguintes proxectos: ❙



Recupera-la tradición oral: un proxecto interactivo museo-escola. En 1994, o Museo do Pobo Galego presentouno á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A metodoloxía do traballo procuraba introducir un elemento de sistematización nos traballos que, de forma espontánea e como froito do interese dalgúns profesores e centros, se viñan desenvolvendo. A actividade constou de catro sesións teóricas, celebradas nas dependencias do Museo do Pobo Galego, e un semestre dedicado ao traballo de campo, no que participaron profesores e alumnos. A última fase do traballo consistiu na ordenación e clasificación polo Museo da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selección e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica e a ulterior formación dunha base de datos para fins de investigación. O Proxecto didáctico Antonio Fraguas que vén desenvolvéndose dende o ano 2003, é unha iniciativa conxunta da Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museo do Pobo Galego. O proxecto, encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia, ten o propósito de alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementos do noso acervo cultural. Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino secundario. En cada unha delas elíxese un proxecto, para desenvolver durante o seguinte ano lectivo, cunha dotación económica dedicada integramente á realización do proxecto, coordinado polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego.

O Museo do Pobo Galego tamén desenvolve o seu labor divulgativo dende a práctica editorial, publicando diversos traballos de investigación, elaborando unha serie didáctica sobre etnografía galega ou levando a cabo a recuperación e difusión de textos fundamentais da nosa cultura. En toda esta actividade a consolidación dun Departamento de Educación e Acción Cultural, no ano 1990, significou un avance significativo na procura dun Museo como espazo de encontro e de participación no que é a propia comunidade a que define o que é relevante. A relación coa cultura popular nun contexto de normalidade, na que non sexa presentada como subalterna, pretérita ou exótica senón como unha ferramenta útil de comprensión do presente e de construción de futuro. Nesta dedicación a establecer programas de actividades para o público non especializado, consolidouse o uso dos aspectos intanxibles da cultura no traballo de adaptación ás 116

Institucións, axentes e PI

características dos distintos colectivos que o conforman e aos cambios socioculturais producidos nos últimos anos. Escolares, turistas, maiores, familias, colectivos de diversa índole con características propias e, en ocasións, ben diferentes atenden e entenden o achegamento á cultura popular como expresión dos logros dunha colectividade pero, e por iso mesmo, susceptible de sufrir unha selección e reflexión crítica pola súa parte. Visitas monitoradas, obradoiros, materiais didácticos e de consulta, accións formativas... en todas estas actuacións, tanto dende o DEAC como dende o resto dos departamentos do Museo, esforzámonos por trasladar os conceptos, os procesos sociais e un xeito de ver os obxectos non tanto polo seu interese formal como por ser elementos significativos da cultura representada. En xeral pretendemos transmitir a interrelación dos distintos aspectos que conforman o sistema sociocultural e a súa evolución.

117

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível: O Património Imaterial do Mundo Rural Abraão Veloso

O Museu Agrícola de Entre Douro e Minho foi inaugurado em Março de 1989 depois de três anos de intenso trabalho de recolha por todo o noroeste de Portugal. Está instalado em Vairão-Vila do Conde no antigo assento de lavoura de uma quinta de finais do século XIX. As construções e as colecções relativas ao vinho, milho, leite, linho, alfaias agrícolas etc… bem como o centro de documentação são elementos muito importantes para uma melhor compreensão da agricultura minhota e de sua evolução. Para uma melhor compreensão deste território e dos seus habitantes aqui deixo também as palavras sábias do Prof. Eugénio Castro Caldas infelizmente já falecido: Em maré de recordações tenho aqui de prestar homenagem ao Dr. Ernesto Veiga de Oliveira, Fernando Galhano (infelizmente já falecidos) e Benjamim Pereira pelo seu apoioinestimável na fase crucial da instalação do Museu. Benjamim Pereira continua a honrar-nos com a sua amizade e com o seu apoio. A recolha e conservação do património rural móvel, a conservação do património construído, a montagem da exposições e a comunicação com os mais diversos públicos, em especial com o público escolar têm constituído as principais áreas de actividade do Museu que também se tem apresentado fora de portas com diversas exposições visando promover o mundo rural e as suas potencialidades. As presenças mais significativas O Minho, a Terra e o Homem aconteceram em Lisboa na FIL-EXPO, Mostra do Mundo Rural e no Centro Comercial BragaParques em Braga no evento “Tradições” coordenado pelo Museu D. Diogo de Sousa e que envolveu diversos Museus da Região. Neste percurso tenho a salientar até pelas responsabilidades acrescidas a integração em 2004 do Museu na Rede Portuguesa de Museus. A equipa que tem desenvolvido este projecto sente que se pode ir mais além e que quer o percurso já efectuado quer o facto do Museu pertencer à Direcção Regional de Agricultura de Entre Douro e Minho –que detém um papel muito importante no desenvolvimento rural da Região– permitem prever um Museu mais actuante a nível da Região. O Museu, além de contribuir para preservar o passado, vai cada vez mais contribuir para a leitura e a valorização do mundo rural dos nossos dias e dos seus produtos.

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Nesse sentido estão actualmente em reformulação algumas das suas exposições permanentes. É também com esse objectivo que o Museu e a Direcção Regional de Agricultura de Entre Douro e Minho tem apoiado desde o primeiro contacto a candidatura “A Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do Meio Natural” a Património Imaterial da Humanidade. Em abono da verdade tenho a dizer que a temática Património Imaterial-Um Tesouro Invisível não poderá ser mais oportuna pois permite chamar a atenção para o facto de todos os patrimónios nas suas componentes materiais e imateriais serem uma mais valia para o Noroeste Peninsular, e necessitarem de ser protegidos e valorizados; Património genético animal e vegetal; Património gastronómico; Património paisagístico; Património cultural; etc… O desenvolvimento do nosso território obriga-nos a identificar todas as potencialidades e a aproveitar e valorizar as suas complementaridades. A Candidaturam “A Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do Meio Natural” a Património Imaterial de Humanidade é pois benéfica pois numa primeira fase obriga a olhar para o território com mais cuidado visando identificar património imaterial ainda vivo, de excelência e com riscos de extinção para que esses aspectos sejam proclamados, defendidos e valorizados. A tecnologia tradicional do linho e o artesanato são aspectos a realçar no nosso Património Imaterial. No Museu está já em marcha a reformulação do tema linho com uma nova exposição permanente numa perspectiva que vai do património imaterial constituído pelos saberes e tradições orais dos agricultores e artesãos ao património material constituído pelos utensílios e equipamentos utilizados na tecnologia tradicional, pelas inovações tecnológicas e pelos produtos provenientes do artesanato do linho. Para a reformulação e montagem desta exposição “Linho-As Voltas da Tecnologia-O Som das Tradições”, será determinante a participação dos agricultores e artesãos para a identificação no território de práticas culturais, canções, lendas, etc…, ligadas ao linho. No final será interessante a realização de um seminário Galaico-Português sobre o tema “Tecnologias e Saberes do Mundo Rural-Do Património Imaterial ao Património Material” Esta viagem pelo património imaterial proporcionado em parte por esta candidatura permite chamar mais uma vez atenção para o facto do Património Imaterial se preservar, e se transmitir através das pessoas e que quando uma aldeia é abandonada só fica património material e mesmo esse correndo sérios riscos de degradação e desaparecimento. Assim a defesa do espaço rural e do seu património imaterial passa pela fixação das populações que só se consegue através da criação de emprego e de condições de vida digna de todos aqueles que por opção pretendem manter-se no espaço rural. A preser O Minho, a Terra e o Homem vação do nosso património imaterial passa pela compreensão das pessoas, das suas ambições e expectativas, dos seus modos de vida e das tecnologias utilizadas, passa também pelo aperfeiçoamento das competências e pela criação de novas competências que possibilitem novas fontes de receita e de riqueza e que diminuam dessa forma o risco de despovoamento, de concentração das populações nas sedes dos concelhos ou ainda no pior dos cenários de sua emigração para as grandes cidades, para o litoral ou para o estrangeiro. A identificação, compreensão e valorização das experiências de sucesso quer a nível individual quer a nível associativo, será também importante como factor motivador para o mundo rural. 120

Institucións, axentes e PI

Esta perspectiva leva-me a procurar identificar prioritariamente aspectos do nosso Património Imaterial que possam constituir elementos valorizadores de um pacote de turismo rural, ecológico e de qualidade. E aqui identifico, a conquista, o aproveitamento e a gestão da água feita ao longo dos séculos de forma sábia pelos nossos agricultores, para mover os mais diversos mecanismos ou para a rega das suas propriedades. Como será interessante explicar a um turista nórdico como ocorreu a socalcação do território, como foi feita a conquista de água com os seus milhares de quilómetros de minas, poças, levadas construídas depois da introdução do milho e mantidas século após século até aos nossos dias através de um associativismo de base das populações. Explicar-lhe que esses sistemas mantêm-se funcionais nos nossos dias e que os custos de manutenção desses regadios são calculados em função da quantidade de água de rega e da frequência das regas. Como poderá ser valorizador do nosso território chamar a atenção para alguns desses sistemas de rara beleza arquitectónica a par de outros de grande simplicidade e pragmatismo. Naturalmente tudo isto acompanhado pela nossa gastronomia regada com um bom vinho verde tinto ou branco produzido nos mesmos socalcos construídos para a cultura do milho. De facto parece-nos que os nossos regadios tradicionais podem e devem ser trazidos para a ribalta. A conquista de água é algo de muito caro para o noroeste peninsular. Em muitas regiões a manutenção destes regadios é uma questão de sobrevivência da agricultura e logicamente de manutenção de pessoas no tecido rural. Mas na nossa divagação pelo território o que dizer das vezeiras, uma forma de cooperação agropastoril secular em que o pastoreio colectivo dos animais é assumido rotativamente pelos proprietários em função do número de animais que possuem? Ligadas as nossas raças autóctones, caprinas, bovinas e equinas existem outras práticas verdadeiramente únicas no contexto europeu que merecem ser realçadas. Mais uma vez temos de referir que o desaparecimento destas práticas e desta forma de organização social arrastará consigo um maior despovoamento das zonas rurais e que pouco restará para esses territórios… que apesar de tudo tem muito para oferecer. Produtos de qualidade, beleza paisagística, flora rica e variada, hospitalidade das populações. Mas também é certo que muita da valorização destes aspectos não depende das populações aí residentes. No âmbito desta candidatura o Museu Agrícola de Entre Douro e Minho vai procurar dar o seu contributo nomeadamente na identificação e registo destes e de outros aspectos do nosso Património Imaterial para dessa forma permitir a sua maior visibilidade perante a opinião pública. A proclamação esperada de “A Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do Meio Natural” como Património Imaterial da Humanidade virá com certeza potenciar acções visando, preservar e valorizar este Tesouro Invisível. 121

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Ser Minhoto ”... Ser minhoto é ser Celta; Castrejo Galaico, pouco Lusitano; mais Suevo do que Visigodo; nada Mouro. Aragem do Atlântico sobre o Mediterrâneo. Do berço de Portugal, não da colónia. Se perguntar se e bem ou mal, julgo que é apenas tal e qual: mais enxada do que charrua, mais regadio do que sequeiro, mais prado do que pousio, mais trabalho do que terra...”

122

20 Xermolos na recuperación do patrimonio Alfonso Blanco Torrado

Experiencias e actividades desenvolvidas por Xermolos Dinamización cultural na vila de Guitiriz Neste momento cando está a xurdir a Universidade Rural Galega, Xermolos quere achegar a súa maduración grazas á cultura tradicional que a inspirou ata aquí, conscientes de que o traballo conxunto de todos estes colectivos abre un novo horizonte. Cando abrollaron naquela primavera política e cultural que eran os comezos da transición (1976), os máis remisos miraban de esguello unha asociación cultural e xuvenil que apostaba pola nosa identidade, e alcumárona coma “os do pobo”. Estaban a acertar, porque era a orixe do seu ser e facer. En moitas xeiras foron descubrindo a sabedoría do pobo, fronte aos que a desprezaban como incultura, ou a marxinaban nunha segunda clase, como algo menos refinado. Este alleamento e ignorancia impedíalles gozar da creación máis orixinal que medraba no seu contorno; ata perderan a memoria do seu. Xermolos, recoñecéndose e medrando neste leito, foi acadando con tensión a súa verdadeira personalidade. A primeira imbricación foi o idioma, nunha vila que como apuntou o analista da Galiza rural, Benxamín Casal, padecía un certo alleamento no uso cotián dun castrapo fóra de lugar. Xermolos detectouno nas manifestacións dalgúns veciños vilegos, incapacitados a cotío para expresar os sentimentos e as emocións nun idioma que non era o propio, pero fronte a esta alienación eran depositarios dunha cultura inconmensurábel, a da transmisión oral: cantigas, ditos populares, oficios, romaxes, etc., que comunicaban o seu auténtico sentir e reflectían toda a simboloxía da vida deste recanto da Terra Cha. Á par que convocaban cursos para estudar a lingua (esa estrutura ou son que define a personalidade do pobo), tamén fixaban por escrito ou en coreografías e escenificacións as lendas, oficios, festas, que ían recollendo con risco de desaparición, na escolla “As Raíces”, e pensando nos máis novos, difunden algunhas en cómic. Nesta universalización da cultura, reforzouse a programación para coñecer o máis noso nos cursos de Educación de Adultos e na Escola Social Rural que funcionaron ao longo de varios anos: idioma, costumes, arte popular..., con relatorios e visitas a espazos simbólicos da zona. Atacaron ese desprezo polo propio descubrindo aos escritores da comarca que coa súa obra fortalecen a lingua e a cultura, e rescataron do esquecemento ao poeta de Guitiriz,

20 Xermolos na recuperación do patrimonio

Xosé María Díaz Castro, con recitais e estudos dunha poesía que foron capaces de transmitir coma un camiño para coñecerse mellor coa forza emocional da lírica. Asumiron que este legado estivera xermolando e medrando nunha paisaxe, nunha terra, nun xeito de poboación: a Chaira, e cos “Encontros da Terra Cha”, cada ano, foron penetrando na obra de escritores, artesáns, músicos..., que deron lugar a dúas colleitas: “Guieiros”, mergullándose na súa obra para sentirse membros desta colectividade, e “Letras Chairegas”. Neles tamén hai unha reivindicación da gastronomía da zona, coma unha actividade a salvagardar. Na liña de difundir a nosa literatura popular, publicaron “Panxoliñas” e “Novena a Santa Isabel de Outeiro de Rei” do escritor Manuel María. Neste proceso de identificación dos veciños co amplo caudal da súa cultura atopouse un filón máxico na arte da improvisación dalgúns deles, verdadeiros versificadores: desafíos, parrafeos, combates verbais..., cos que se busca a participación activa na celebración do Martes de Entroido, na praza, non só proclamando o “Sermón de Entroido”, tamén construíndo romances sobre acontecementos sociais coma o Casón, política local, etc., algúns xa herdanza de xeracións anteriores. Xermolos ten a teima de arrincar as festas estacionais (Nadal, Entroido, San Xoán...) da deturpación do consumo. Co “Entroido na Rúa” mobiliza a persoas e grupos para que traballen durante semanas na confección de traxes, comparsas, cantigas, máscaras, nunha liña de recuperación da tradición. O Nadal, non é a “cabalgata” estereotipada, é un “nacemento” vivo nos cubertos da feira de Parga, reivindicando esta arquitectura abandonada, representando oficios: fiadoras, lavandeiras, zoqueiros, etc., e mesmo formando un grupo de investigación e recolleita de “panxoliñas”, “reis”..., que están a perderse. Algúns anos a mocidade foi cantar estes “reis” por varias parroquias, converténdose en axentes activos, dando novo pulo a unha tradición que estaban a recibir dos avós.

Para estimar o patrimonio hai que coñecelo Neste crecemento a asociación foi tomando consciencia de que para protexer o patrimonio, hai que coñecelo e investigalo. Fíxose un achegamento aos artesáns e publicaron varios cadernos sobre estes artistas. E nas edicións de Xermolos hai traballos sobre as mallas, feiras, lendas recollidas nas parroquias, cultivo do liño, San Xoán..., e tamén se serviu doutras canles como as coreografías e representacións de romaxes, procesións, fías, etc. Organizan todos os anos a Mostra de Artesanía coma un espazo do Festival de Pardiñas, “Feira e Festa da Música e da Arte”, e convocan sesións de estudo nos seus talleres con especialistas e con persoas interesadas en descubrir estas verdadeiras tecnoloxías e saberes que son un sinal da riqueza e relevancia da nosa cultura. Xermolos sentiu sempre unha especial predilección pola música tradicional, non só na súa escola, tamén dando a coñecer os instrumentos e a súa interpretación. A través dos concertos do Festival de Pardiñas, xa na 26 edición, e da Mostra de Artesáns de Instrumentos que é cada ano unha oportunidade para coñecer mellor a música da man dos obradoiros máis importantes do país, grazas á organización da Asociación de Gaiteiros Galegos. Este espazo achega exposicións, concertos, seminarios sobre instrumentos, danza, etc., abertos e buscando a participación de todos. Froito desta sensibilidade foi nacendo en Pardiñas un 124

Institucións, axentes e PI

manancial de creación arredor do taller do músico Sito Carracedo, investigador e artífice de gaitas de varios países de Europa, e tamén de libros como “A palleta maldita”, o primeiro método de afinación, traducido a varios idiomas. Este evento cultural supón unha chamada a centos de forasteiros que visitan Guitiriz neses días, supoñendo un incremento económico, un motivo para dar a coñecer esta comarca, e o taller de gaitas atrae ao longo do ano a estudosos mesmo doutros pobos. No labor de fixación destas manifestacións tradicionais en soportes perdurábeis para non perdelas, e pensando na mocidade, este colectivo viu a necesidade de dinamizalas a través de canles de produción e comercio, axeitadas a estes tempos, nese reto de unir tradición e modernidade. Buscáronse e interpretáronse danzas tradicionais desta comarca, pero tamén se abriron alcobas e rescatáronse traxes da zona e mesmo se fixeron cursos e estudos con mestres artesáns sobre os de faena e os de festa, para confeccionalos, permitindo a algunha muller adicar horas e recursos para acadar unha mellora na estabilidade económica. Un grupo percorreu as parroquias buscando, debuxando e clasificando vestimenta antiga que aínda se conserva nas casas. Esta asociación non só inventou un festival para dar a coñecer a música de raíces e outras, tamén loitou porque as parroquias recuperasen o sentido orixinal das romaxes, achegando os grupos de gaitas, danzas, teatro e demais actividades de Xermolos ás festas patronais.

Dinamizando o patrimonio Publicaron cadernos sobre os canteiros da Terra Cha, pero tamén organizaron cursos para mozos, desempregados, mulleres..., e así recuperar un oficio que estaba a perderse. Algúns seguen a traballar na cantería coma vocación da súa vida en empresas ou en talleres propios, outros montaron, co apoio de Xermolos, a cooperativa “Arxina”, coma canle de busca de mercados. Neses anos pasaron ducias de mozas e mozos por esta formación ocupacional, e creouse unha autoestima social e artística da cultura da pedra a nivel da Chaira, dende hai séculos un dos recursos económicos fundamentais destas terras de Parga. Sen esquecer a recuperación do patrimonio artístico en labores de construción de fontes, cruceiros, esculturas, ou conservación como a restauración do Santuario de Bascuas, agora convertido en mostra de cultura e arte relixiosa popular. En varias salas hai vestixios das crenzas, mesmo precristiás, como o culto aos mortos: unha estela romana ou representacións escultóricas da Santa Compaña, o culto á auga, lume..., tamén referencias da relixiosidade popular unidas á cultura labrega e a celebracións coma o San Marcos no tempo das sementeiras con bendición dos campos. Xermolos tamén loitou pola restauración de edificios exemplares: a reitoral de Mariz agora convertida nun espazo de recolleita de ferramentas e útiles antigos. Neste eido, Xermolos redobrou o seu esforzo, publicando achegas sobre lápidas romanas, arte románica..., deseñando roteiros, remarcando os monumentos naturais e artísticos que cómpre coñecer e conservar. Para isto ten lugar cada ano o Congreso Cultural da Terra Cha no que hai un achegamento ao patrimonio da comarca, con conferencias e visitas de campo. Mesmo tomando conciencia da calidade da cultura labrega dende o neolítico con testemuñas como as mámoas tan estudadas pola Asociación e que mostran a vixencia de séculos dunha sabedoría popular que dá sentido á vida e á morte. 125

20 Xermolos na recuperación do patrimonio

A estas alturas da súa evolución Xermolos puido deseñar un espazo coma fogar e lugar de encontro, cos seus sinais de identidade, a “Casa das Palabras”, convencidos de que a palabra é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxergando toda esta vida. Aquí garda, con toda devoción, a cultura oral que foi definindo o rumbo desta colectividade, a través da palabra transmitida xeración tras xeración, en lendas expresadas en murais dun xeito plástico por artesáns chairegos en barro, pedra..., ou a través de gravados. Tamén a outra palabra, a escrita en tinta viva co pulso e o ritmo do corazón do poeta de Guitiriz, Díaz Castro, así como as dos seus amigos e críticos literarios: Iglesia Alvariño, Otero Pedrayo, Manuel María, Novoneyra..., e, en fin, a comunicación verbal que está a socializar e facer pobo neste momento. Tecendo a vida cotiá, pero tamén actividades como a “Escola da memoria”, un tempo de comunicación de experiencias vitais e singulares, no sentido de que entregaron a súa existencia á comunidade, o mesmo có “Taller de creación”, que é a achega dos máis novos. Sempre co concurso de sabedores e especialistas sobre estes coñecementos e saberes acumulados no medio do pobo.

126

21 Cando o museo está dentro da escola Secundino García

No ano 1981, co gallo de conmemorar o “Día das Letras Galegas” montouse no C.E.I.P “Mosteiro de Caaveiro”, da Capela, a Iª Mostra do Libro Galego. Coa finalidade de ambientala pedíuselles aos alumnos que trouxesen das súas casas “obxectos antigos”. A idea tivo unha grande acollida achegándose ao redor dunhas 50 pezas. Isto levounos a pensar que, dado o interese amosado polos nenos e a boa disposición dos pais, esta experiencia non debería rematar aquí. Guiados por un certo sentido da oportunidade envióuselles ás familias unha circular na que se lles manifestaba a idea de ampliar a Mostra e facela permanente. De novo a resposta foi moi favorable grazas a que pais, mestres, veciños en xeral... pero sobre todo os nenos e as nenas, se converteron en auténticos buscadores de tesouros vellos por faiados, alpendres, palleiras, casas abandonadas,... e, as máis das veces, en salvadores de pezas que pasaran a durmir o sono do que xa non ten valor de uso ao tempo que ían descubrindo o seu pasado recente. A colección foi medrando pouco a pouco ata chegar ás aproximadamente 1.000 pezas diferentes coas que conta na actualidade. A maior parte foron recollidas na área de influencia do Colexio (A Capela, Soaserra...). Todas foron doadas desinteresadamente. As pezas están distribuídas en seccións polos corredores e o comedor do colexio. Seccións como as adicadas a: enredos e a escola antiga; a lareira; o pan (a sega, os muíños e o forno); paxes e cestos; traballo nas fragas (o soutelo, as foias de carbón, a casca...); oficios: tecelá, costureira, cantorleiro, zapateiro, carpinteiro, zoqueiro, follalateiro, ferreiro, canteiro... e labregos. O conxunto permite facernos unha idea bastante aproximada de como era a vida no mundo rural e do porqué desa vida pasada. Na súa maioría son obxectos saídos das mans anónimas dos nosos labregos que, cando as faenas do campo eran máis liviás –no inverno, principalmente– fabricaban as súas ferramentas e utensilios. Son auténticas obras de arte; destacan pola súa subxectividade, de aí que sexa moi difícil atopar dúas pezas idénticas aínda que representen o mesmo obxecto. Estes artistas anónimos souberon sempre concederlle ás súas obras unha individualidade que a produción en serie xa ten desterrada; unha individualidade na que se combina en perfecta harmonía unha singular beleza coa máis estrita funcionalidade do obxecto. Ao mesmo tempo que o seu enxeño, o seu saber... sorpréndenos a perfecta compenetración que ao longo da historia mantiveron estes artistas descoñecidos co seu contorno.

21 Cando o museo está dentro da escola

En resumo, esta colección permítenos achegarnos a unha cultura tradicional milenaria, que comeza a desaparecer cando se incrementa o comercio e se mercan obxectos fabricados en serie; co que tamén se inicia a desaparición de moitos oficios e actividades. Unha testemuña que se vai borrando coa memoria dos máis vellos. Unha das principais características desta colección vén dada pola relación dos escolares con ela, que non son as que habitualmente se dan no visitante ocasional ao uso: a de observador pasivo. Desde un principio se procurou que o seu papel non se reducira a aportar pezas; a súa colaboración foi moi importante no proceso que vai desde a recepción da peza ata que pasa a ser exposta (recollida de información, inventario, catalogación...). Aínda que os novos alumnos se acostuman, tras un primeiro e breve período de estrañeza, coa inevitable indiferenza do cotián a aqueles obxectos que invaden os corredores e esquinas do colexio, o proxecto seguiu sempre enxertado na vida didáctica do Centro. Tamén eles, os alumnos novos, polo tanto, acabaron por establecer unha relación activa con el (labores de limpeza e conservación, elaboración de fichas, campañas de recolleita de pezas, atención visitas escolares...). Quizais por iso todos consideran que as pezas da colección son algo propio, algo que lles pertence, polo que as respectan, as coidan e as valoran. Sentimento que se fai extensible aos “maiores” que senten con orgullo que aquelas cousas súas cobraron importancia nas mans do nenos ao se converteren en nobres pezas de Museo. Amais das actividades relacionadas directamente co seu funcionamento o Museo xerou un senfín de actividades paralelas; en consonancia cun dos principios básicos do Centro: un ensino contextualizado e en galego. Unha escola que vive en contacto coa realidade e o medio no que se desenvolven os nenos, para que o coñezan en todos os seus aspectos (xeográfico, socioeconómico, cultural...), o valoren e se sintan protagonistas afectivos del. Entre outras podemos destacar: ❙ Traballos de recompilación e estudo das variadas mostras da literatura popular de tradición oral (refráns, lendas, contos...) recollidas logo na revista escolar Xenar ou en libros como O refraneiro do ano (1989) ou Lerias na Parañeira (1999). ❙ Traballos de investigación –a partir das achegas dos nosos maiores– sobre diferentes seccións do Museo: oficios, tradicións...; traballos que se recolleron en monográficos como: Os muíños da Capela, Os canteiros de Cabalar, Miña nai foi tecelá... ❙ Recuperación dos Xogos tradicionais. A partir da sección adicada aos enredos e do traballo de campo Brinquedos (1981) no que se recollían os xogos de antes e os sistemas de sortes da zona organizamos os “Encontros do Xogo Popular”. Esta experiencia permitiu recuperar para a escola xogos como: o chantón, o peón, os chancos, a mariola, as lombas, as bólas, o cinto,.... ❙ Recuperación de tradicións perdidas que se incorporan á programación de actividades paralelas: o soutelo (a castañada), celebración do Entroido... Deixando á marxe a curiosidade, o bonito ou decorativo que poida ter esta colección etnográfica e o seu recoñecemento como experiencia pioneira no eido do ensino, o seu ver128

Institucións, axentes e PI

dadeiro valor vén determinado pola consecución dos obxectivos que se marcaron desde un principio: ❙

Apertura da escola á realidade circundante, integrando na vida escolar a tradición popular da zona. ❙ Fomentar a comprensión do presente, descubrindo a importancia do pasado. ❙ Comprensión, por comparación, da evolución sufrida nas formas de vida e o que representan os procesos de industrialización e mecanización do campo. ❙ Descubrir e valorar o propio patrimonio cultural. Estes mesmos obxectivos –amais doutros que non se poden acadar desde un colexio– son os que nos moveron a participar na creación da U.R.G. Tamén hai que recoñecer que son innumerables as necesidades e carencias desta Colección; a maioría inherentes á súa peculiaridade: falta de persoal (todo depende do voluntarismo) e dun financiamento mínimo; edificios e instalacións inadecuadas que carrexan unha montaxe asimétrica, amoreamento de pezas, deficientes condicións de conservación, falta de seguridade, freo ao enriquecemento con máis fondos... Por todo isto e pola perda dos alumnos “maiores” da antiga E.X.B (os auténticos motores durante dúas décadas da colección) no ano 2001 creouse xunto co Concello e o movemento asociativo da Capela o “Padroado do Museo Etnográfico da Capela”. O seu principal obxectivo é o de reubicar e ampliar a colección en espazos máis axeitados. Así na primavera do 2006 inauguraranse –tralas obras de restauración– a Casa do Pazo (adicado á casa rural) e o Parque Etnográfico do Sesín (os traballos na Fraga). En fases posteriores se ampliarase esta Rede de Museos con outros proxectos. “O presente e o futuro constrúense sobre o pasado”

22 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

Antecedentes Os avatares sufridos polo medio rural nos últimos anos, especialmente a partir da segunda metade do século pasado, conlevaron unha profunda transformación nel. Transformación que tivo aspectos positivos pero tamén moitos negativos. O modelo de desenvolvemento imposto significou, e significa, para o medio rural a desaparición de aldeas, servizos de proximidade, servizos culturais, escolas, transportes, actividades, paisaxe, VIDA... Todo isto está a levar por diante prácticas culturais, oficios, tradicións, etc., en definitiva toda unha cultura popular, un coñecemento baseado en moitos casos nunha experiencia práctica de anos. O feito de que estes coñecementos/tradicións non foran contemplados polos novos modelos de desenvolvemento provocou, nalgúns casos, o rexeitamento daquilo que representa a cultura popular rural, o que conleva o rexeitamento do propio, perda de autoestima... Tal e como se recolle no convenio1; “Ao mesmo tempo existe unha sabedoría local-rural que permitiría fortalecer outros modelos de desenvolvemento, que parten do propio, recuperando o coñecemento local e revalorizando o respecto cara a terra, auga, sementes (biodiversidade) alimentos e persoas, tendo presente a diversidade cultural. Para iso é necesario crear unha entidade que por unha banda non deixe esquecidos saberes populares, e por outra os difunda e os perfeccione, para coñecemento das persoas que formamos parte desta sociedade e de xeracións futuras. A creación da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE (URPF) permitirá a promoción dun espazo educativo que ofreza instrumentos de formación vinculados aos novos retos que presenta a sociedade, e que permita a transmisión dos coñecementos rurais dende unha recuperación e construción do local, cumprindo as seguintes funcións: ❙ ❙

1

estar ligada ao desenvolvemento local/global estar ligada a unha forma de educación permanente das persoas adultas”

Fai referencia ao convenio asinado polas entidades de desenvolvemento rural para desenvolver o proxecto da URPF. As comarcas participantes figuran na páxina seguinte.

23 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

O Proxecto A construción da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE é o resultado dun proceso participativo que se inicia no ano 2002 a partir do 3º FORO POR UN MUNDO RURAL VIVO, convocado pola PLATAFORMA RURAL. En 2003 nove asociacións que traballan no eido do desenvolvemento rural firman un convenio de colaboración para desenvolver o proxecto da URPF en cadansúa comarca: Sierra Francia-Sierra de Béjar, Riaza-Duratón, Tierra de Campos, Vega Valdavia en Castilla y León, Sierra del Segura, La Manchuela, la Manchuela Conquense en Castilla la Mancha, Serranía de Ronda en Andalucía e a Asociación EuroEume no marco do Eume aquí en Galicia. A partir deste momento constitúese a Universidade Rural Paulo Freire do Eume en Abril de 2004. Conscientes de que nas últimas décadas estamos perdendo o noso patrimonio inmaterial así como os nosos protagonistas anónimos, que aínda son capaces de relacionarnos coa tradición a diferenza doutros lugares de Occidente, convócase un concurso público, a través da Iniciativa LEADER que xestiona EuroEume, para a realización dun Estudo sobre a Memoria Histórica e Oral dos Concellos de Cabanas, Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior, todos eles na provincia de A Coruña. Para iso, recolleranse documentos conservados nos diversos arquivos, publicacións, bibliografía e material publicado na prensa relacionado co territorio, elementos icónicos (fotos, postais, documentais, cine e vídeo afeccionado), fornecerase unha relación de expertos coñecedores das realidades do Eume, así como unha serie de entrevistas efectuadas aos portadores da memoria colectiva (Historia Oral; persoas que desexen transmitir os seus coñecementos, sensacións, sentimentos ou experiencias vencelladas ás súas vivencias en relación co territorio). Con todo iso preténdese crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento do Territorio. Dito Fondo deberá permitirnos coñecer o pasado para poder interpretar o presente e planificar o futuro, e para a súa elaboración valorábase especialmente o carácter participativo da actuación e a implicación da poboación local na investigación.. Toda esta información servirá de base para a propia URPF do Eume, que deberá darlle continuidade aos traballos aquí iniciados, con novas investigacións, aproveitando os recursos para o seu proxecto educativo, musealizacións, etc. Así, unha vez adxudicada dita licitación a Los Ocho Mares, e co proxecto avanzado, xa dispoñemos a día de hoxe (a espera de rematar esta primeira fase a finais do ano 2006), dunha base de datos provisional, con máis de 400 entradas bibliográficas, de traballos publicados sobre temas vinculados ao noso territorio. Estamos realizando o baleirado da hemeroteca, localizando noticias publicadas sobre a comarca ao longo do século XX. Dispoñemos de información dos fondos arquivísticos con documentación que nos afecta, dende a Idade Media. Localizamos importantes coleccións de fotografías, vídeos gravados e películas filmadas e avanzamos nun listado de expertos sobre algún tema transcendente para o coñecemento do noso territorio. Un aspecto clave deste proxecto é a creación dunha videoteca que conteña as gravacións, realizadas en vídeo dixital, daquelas persoas que podemos considerar como portadoras da memoria colectiva, dispoñendo xa de 64 horas gravadas a 77 protagonistas, estando previsto incrementar significativamente estas cifras. Con toda esta información, que quedará a disposición de calquera investigador ou veciño interesado, e con certo apoio, estaremos en condicións de musealizar os seus contidos permitíndonos, co apoio de medios audiovisuais e tecnoloxía 3D, a reconstrución da vida 132

Institucións, axentes e PI

da comarca durante o século XX. Dividindo a centuria nunha primeira etapa na que se representaría dende o complexo calendario agrícola ata o mundo das crenzas, costumes, oficios, alimentación, vivenda, organización humana, industrialización, enerxía, comercio, escapados, emigración, sanidade, feiras… todo o conxunto da sociedade precapitalista que termina na década dos 50 desprazada pola economía industrial. Dende ese momento ata o presente trataríase da evolución e adaptación á nova realidade. Coa súa musealización e divulgación conseguiremos poñer en valor o noso PATRIMONIO INMATERIAL, xerando unha dinámica de autoestima para un mundo que foi sempre incomprendido pola cultura urbana, a pesares de ser exemplo de adaptación respectuosa ao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios, exemplo de autosuficiencia, de esforzo para sobrevivir a pesares das adversidades, exemplo de resistencia ante a agresión e exemplo de tolerancia. Esta historia está por contar e contarana os seus protagonistas, non para deleite nostálxico senón para impedir o proceso de aculturización, facilitando que estudantes, veciños/as, visitantes e xeracións futuras poidan dispoñer de información e documentos de primeira man, fundamentais para participar creativamente na cultura Universal. ¿Onde temos un continente á medida destes xigantes? Se eles son o corazón da Fraga, sen dúbida nun lugar como o Mosteiro de Caaveiro estarán moi a gusto.

133

23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego Xosé Lois García

Durante séculos falouse moito dos diversos perfís do emigrante galego desde varios parámetros sociais, económicos, culturais e de integración e desintegración. Pero foron moi poucas as achegas en encadrar ese outro perfil, bastante esquecido, como é o sentimento pola matria de nacenza ou o conflito existencial que verificamos no cambio de pasar de ser unha persoa indiferente (aceptando o molde de silencio imposto na Galiza desde os solemnizados Reis Católicos, os da “Doma y Castración del Antiguo Reino de Galicia” –como deixou constancia o cronista Zurita) a ser súper sensíbel coa realidade persoal e existencial. Este tránsito non se debe a unha manifestación saudosa ou a un recurso que procura unha estabilidade determinada ao asumir unha nova realidade en terra allea. Neste contexto é onde comeza a ser crítico coas causas e coas fins pretendidas sobre o éxodo galego polas clases dominantes da Galiza. É ben sabido que a emigración galega, esa enorme pantasma que sempre nos afastou das nosas propias realidades e convivencias, historicamente, foi un invento opresor por parte do Estado centralista que nos levou a unha grande desfeita sen precedentes. Cando observamos aquela emigración galega levada á Alpujarra granadina, en tempos de Felipe II, recrutando unha serie de homes de oficios e súas familias para poboar aquelas ermas terras. Desde aquí verifícase todo un mosaico de actitudes administrativas co fin de alienar e empobrecer Galiza por medio de levar braceiros galegos a lugares moi concretos co fin de beneficiar as arcas do Estado opresor. Este comportamento foi unha constante desde Felipe II ata o réxime franquista. Se tivésemos que facer un estudo sociolóxico e paralelamente outro psicolóxico decatariámonos de que o perfil máis axeitado, grosso modo, do emigrante galego en calquera dos hemisferios onde se atopou e atopa ofrécenos unha característica e uns trazos moi particulares de conciencia sobre o seu país de orixe. O amor e a paixón polo seu ente nativo cómpre non confundilo cunha simple saudade cando a súa conciencia supera tódalas emocións posíbeis que poda lembrar do seu pasado por moi abstractas que estas sexan. E neste transvase, de territorio físico e de nomenclatura humana, o emigrante comeza a percibir un novo estado de conciencia comparativa, entre as diversas frecuencias que hai entre o país nativo e o pais de recepción. Esta conciencia dinámica non disimula nin oculta as dúas realidades, ao marxe do emocional que lle pode resultar manter o seu espírito no lugar nativo que perfilou e glorificou a súa personalidade.

23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego

O espírito de materializar unha acción determinada en pro de Galiza, por parte do emigrante galego, sempre o convocou a resistir e a emanciparse cos atributos que lle deron idiosincrasia ao seu ser. Isto resúltanos sorprendente cando detectamos o perfil xeneral do emigrante galego que saíu da súa terra, semianalfabeto ou analfabeto total, só aspirando a superar a súa subsistencia. Mais por isto, non chegou a integrarse senón a adaptarse. Eu mesmo, como emigrante en Cataluña desde hai corenta anos, nunca me sentín un integrado e si un adaptado, malia a falar e escribir en catalán. Para integrarse hai que desintegrarse do perfil orixinario e isto non é un dogma ou unha simple metáfora, é unha contundente realidade. Os emigrantes galegos, pola súa incontinencia ruralista, malia dicir que se integraban nunca o fixeron, o problema é que non tiveran conciencia da súa adaptación nin son conscientes do que significa integración e adaptación. Por iso é que as relacións dun adaptado, como é todo emigrante galego, non son de renuncia ás súas orixes. E pode que a crítica sexa obxectiva ou subxectiva pero os dous conceptos sempre estarán centrados baixo ese perfil de sentimento pola terra nativa. Galiza sempre aparece detrás desa grande tea de fondo no gran teatro dramático e emocional. Pode que as emocións afoguen ese sentido do ridículo que o outro, o receptor, faga da súa forma de ser, e se converta nun crítico de si mesmo e do outro. Sen dúbida, aquí pode comezar o gran reto de descubrir ou teorizar sobre o seu país e os seus referentes. Cando o Estado centralista coidaba que o efecto emigratorio ía converter aos emigrantes nun amoado de filloas ou desintegrarnos, aqueles labregos e mariñeiros condenados ao éxodo, perfilaron en terras foráneas grandes concursos e centros de non asimilación, onde Galiza tiña seu respiro, espiritual e material, en lonxincuas terras. Aquí vemos como a adaptación tomándolle o pulso á integración venceu a esta. Todos eses centros asociativos que o emigrante galego ergueu no seu país de acollida, veñen a ser o buque insignia desa práctica constante de construír unha Galiza progresista e, deste prodixio, saíron propostas na emigración que foron efectivas na nación galega, como a fundación da Real Academia de Lingua Galega, o himno galego, a bandeira e centos de escolas rurais que se construíron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes. Do negativo que ten a emigración para Galiza, como sangría, os emigrantes, partindo de moi diversas concepcións, aportaron ideas innovadoras fronte ao estático poder omnímodo dunhas forzas opresivas e intermediarias do Poder centralista que se lucraron dos agraviados emigrantes. Mais o emigrante non pensou nunha Galiza idealizada ou suxerida pola súa propia saudade, foi extraordinariamente coidadoso en aportar, coa súa crítica e súa práctica, recursos humanos que conforman ese ideario de transformación e lexitimación da nosa personalidade histórica. Non cabe dúbida de que a emigración galega non deixa de ser un dos patrimonios máis distinguidos e cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes. Todo un perfil de autenticidade galega malia aos contrastes e as renuncias que se poidan detectar nalgúns dos casos. Evidentemente estamos falando dun perfil asimétrico e de tantas continxencias desiguais, pero dunha grandiosa mobilidade que cómpre rescatar e integrar a unha Galiza que comeza abrir portas ao seu futuro.

136

24 34

Manifestacións de PI: a cosmovisión

24

A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

25

¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional

26

A agricultura tradicional como opción de futuro

27

Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

28

Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense

29

A galiña piñeira

30

Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

31

Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

32

Agora ou nunca. A talasonimia

33

As embarcacións fluviais como recurso

34

As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

Secundino García

Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

Xoán Carlos Carreira Pérez

Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

José Luís Vaz Fernández

Xan Ramón Díaz Saavedra

Xosé Represas Giráldez

Emilio Louro Lamela

Xosé Lois Pilar Pedreira

Xosé Manuel Vázquez

Inma Peniza

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes Secundino García

Conxunto de coñecementos, literarios, históricos, científicos ou de calquera outra índole que se teñen como froito da instrución e da experiencia; esta pode ser unha definición do que se entende por CULTURA. En xeral, a CULTURA é unha manifestación moi restrinxida: dar unha conferencia, escribir un libro, pintar, ir ao teatro, ter unha carreira… ter unha grande información sobre un tema determinado. Todo iso non é en exclusiva cultura aínda que é cultura. Pero, para todos, é a CULTURA con maiúsculas, a do poder económico, social; é a cultura que se asocia coa escola, a da universidade; a que todos queremos para os nosos fillos. Pero á par desta cultura dominante hai outra cultura esquecida, que non aparece –ou pouco– nos libros da escola, que case sempre foi refugada e non é aceptada como tal polos posuidores da cultura con maiúsculas e mesmo polos portadores desta propia cultura. Unha cultura que se identifica co pobo, unha cultura que se manifesta en todo o que rodea ao home: nas súas crenzas, ritos, usanzas sociais, costumes… Unha cultura que ten fartura de caracteres distintivos que a individualizan e son visibles desde moi antigo, probablemente desde que os primeiros seres humanos chegaron a estes vales. Se lles preguntasemos ás pedras pulimentadas do paleolítico, aos símbolos de orixe castrexa, ás técnicas e instrumentos agrícolas conservados desde os romanos, ás lendarias covas onde os mouros gardaban os seus tesouros, aos estilos xurídicos vixentes desde a Idade Media, ás pequenas aldeas, aos procesos artesanais e oficios tradicionais, ás diferentes manifestación da literatura de tradición oral, aos diferentes espazos xeográficos…. contestaríannos cun alto, forte e carraxento SI; que existe unha cultura milenaria expresada, en primeiro lugar, nunha fala común que é o noso maior sinal de identidade, unha fala –dito sexa de paso– que se conservou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros. Esta cultura chámase popular porque é do pobo; pero o pobo é xente, polo tanto todo home ou muller é posuidor desta cultura que se forxa na experiencia da vida. Persoas que nalgún caso ata son iletradas, que pisaron pouco a escola, que non pasan das catro regras, que… pero que saben: ollar o ceo, dos ciclos da natureza, das árbores e dos paxaros; persoas que gardaron os segredos dunha forma de vida máis equilibrada e sostible; persoas que se guiaron por un sistema de valores baseado en ter sempre “a honra do nome por

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

espello”; persoas que aprenderon vivindo a vida; persoas que lle transmitiron aos seus fillos os seus saberes sen necesidade de infraestrutura formativa ningunha. Mais esta CULTURA sobreviviu principalmente no mundo rural; nas aldeas espalladas e moi a miúdo reducida ás humildes lareiras… a pesar dese movemento uniformante iniciado hai máis de 500 anos. Este movemento actuou con maior ou menor peso segundo as circunstancias históricas e foi paseniñamente afondando nas diferentes xeracións ata producir un auténtico drama; conseguir que as xentes vivan en oposición teimosa e constante coa propia historia, as propias tradicións e co mesmo marco xeográfico… É agora, no transcurso das últimas décadas –en pleno proceso de globalización– cando o drama se está a facer máis intenso e extenso favorecido polos cambios radicais que se produciron no medio rural. A expansión industrial e o mercado empézanlle a comer terreo ás formas de vida da aldea; moitos trebellos son substituídos por modernas máquinas iniciándose así a desaparición paulatina de moitos oficios e actividades e polo tanto de moitos saberes, artes e costumes tradicionais. Estes cambios levan non só á perda dun gran acervo cultural que se vai borrando paseniñamente coa memoria dos máis vellos senón que tamén están a producir unha grande crise no mundo rural actual; o despoboamento coa conseguinte falta de renovación xeracional; as poboacións máis novas xa non están a vivir no mesmo medio no que o fixeron os seus avós ¡Un auténtico etnocidio¡ Pola contra hai moitas persoas, asociacións, entidades que, conscientes desta desfeita, están traballando con moita creatividade e teimosía para tentar subverter esta tendencia negativa. Un grupo delas (Asociación EuroEume, A.D.R Ancares, Preescolar na Casa, Colectivo Estiño, Xermolos, C.E.I.P Mosteiro de Caaveiro…). comezamos a xuntarnos desde hai un ano para tentar poñer en valor o traballo das persoas e grupos que están a desenvolver en Galiza proxectos e accións que favorezan o recoñecemento e dignificación tanto do mundo rural actual coma da súa historia. Este horizonte esixe a creación dun ente que, por un lado, non permita que se esquezan os saberes populares e, por outro, os difunda e os perfeccione dándolles un valor engadido para coñecemento da sociedade e xeracións futuras. Isto é o que pretende ser a UNIVERSIDADE RURAL GALEGA (U.R.G); unha organización: ❙ EFICAZ, coa estrutura, orzamento, medios e profesionais axeitados para levar a cabo os traballos necesarios para acadar eses obxectivos. ❙ PLURAL, na que poidan converxer diferentes opcións políticas e ideolóxicas en aras duns mínimos comúns orientados fundamentalmente por logros concretos no eido da etnografía, da cultura e do desenvolvemento rural. ❙ LIGADA esencialmente a proxectos de base de animación e de desenvolvemento rural e realizacións concretas culturais e etnográficas. Así a U.R.G márcase como obxectivos xerais: 1. Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais do mundo rural. 142

Manifestacións de PI: a cosmovisión

A. Realizando un Banco de saberes que sirva de recurso achegado para utilizar polos distintos ámbitos da sociedade e centralizado nun lugar físico, nun enderezo concreto… B. Artellando o Banco de saberes en función da utilidade que para a sociedade rural teña o seu saber (saúde, vestido, construción, alimentación, lecer, cultura…) de xeito que se poida ofertar un servizo de coñecemento para os propios sabedores e de orientación para a sociedade en xeral. C. Ofertando un servizo de mediación entre as posibilidades dos sabedores e os interesados nas aprendizaxes. D. Organizando un amplo fondo bibliográfico e documental a partir dos recursos que se atopan espallados por domicilios, asociacións… que queiran sumarse á iniciativa. E. Organizando unha oferta formativa anual animada e xestionada pola propia U.R.G directamente ou en colaboración con algún outro grupo. F. Organizando anualmente a Feira dos saberes. 2. Colaborar e poñer en valor canta iniciativa de recollida, conservación e difusión das tradicións rurais que se atopan espalladas por Galicia. A. Elaborando un censo de todas as persoas e grupos que en Galicia están a traballar no eido da conservación e recuperación de usos e costumes rurais. B. Colaborando na publicidade e coñecemento das actividades destas persoas e grupos. C. Elaborando o diagnóstico da situación deste sector: problemas, carencias, expectativas. D. Organizando anualmente, sempre en colaboración con algún dos grupos implicados, un foro sectorial (agricultura, lecer, cultura…) de intercambio e debate. 3. Favorecer todo o tipo de actuacións que dignifiquen e melloren a vida no mundo rural galego. A. Poñendo en marcha un observatorio da realidade no que se analicen as actuacións que se están a levar a cabo no mundo rural e se fagan propostas en consecuencia. B. Elaborando o censo de todos os grupos que están a levar a cabo proxectos de desenvolvemento no mundo rural. C. Elaborando un dossier pedagóxico no que se conte o máis salientable das experiencias de desenvolvemento. D. Elaborando un sistema de intercomunicación que posibilite a circulación e o intercambio de información. E. Celebrando un encontro anual para debater a problemática, perspectivas, metodoloxías… no mundo rural. 4. Axudar á consolidación dunha organización eficaz, ampla e aberta en todos os sentidos do termo que posibilite a consecución dos obxectivos anteriores. (Desenvolvemento da U.R.G.). A. Consolidando e potenciando todo o labor feito. B. Organizando unha boa campaña que posibilite chegar á práctica totalidade de grupos que están a traballar polo mundo rural de xeito que podan sumarse ao proxecto. C. Consolidando e favorecendo unhas boas condicións do servizo así como un bo equipo técnico. 143

24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

A criatura xa naceu (IV A); agora unha comisión está a traballar para que dea os seus primeiros pasos (IV C); logo farase o posible para que todos (IV B) camiñemos xuntos polo vieiro da recuperación (I) e posta en valor (II) do saber tradicional cara a un desenvolvemento equilibrado do mundo rural (III). Se xa queres sumarte á iniciativa podes contactar con: C.D.R. Ancares: Ramiro 982.364560 - [email protected] C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro: Secundino 981. 459022 /459133 [email protected] Xosé C. Figueroa 686783800 - [email protected]

144

25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

En todas as culturas a importancia das mulleres na construción e transmisión dos elementos constituíntes do patrimonio tradicional é indiscutible. Ademais de compartir a maioría dos traballos produtivos e de contribuír na elaboración do patrimonio inmaterial (crenzas, costumes, ritos, etc.) algúns aspectos tan significativos como o referido á saúde da familia, aos remedios caseiros, ao coñecemento das plantas e aos seus diversos usos, ao coidado dos animais, á educación dos nenos e nenas en crenzas e valores, á organización do espazo doméstico, etc., teñen un marcado carácter feminino, cando non son ámbitos exclusivos das mulleres. En Galiza esta importante presenza feminina viuse reforzada polo feito da emigración, que no tránsito do século XIX ao XX e nas décadas centrais do XX, foi protagonizada maioritariamente por varóns e deixou nas mans das mulleres toda a carga de sostemento, coidado e responsabilidade da familia e do seu contorno. A pesares da súa relevancia como creadoras de cultura atopamos nos estudos, exposicións, etc., que se veñen realizando sobre aspectos da cultura tradicional, escasas referencias ás contribucións das mulleres e detectamos un proceso de invisibilización das mesmas. Se ben é certo que a cultura tradicional é claramente patriarcal e discrimina e aínda explota as mulleres, non obstante recoñece a importancia do seu traballo e o papel da muller é, nel, moi visible. Por que entón esta presenza non se reflicte en moitos estudos e por que campos importantes da cultura, tradicionalmente femininos, están perdéndose da memoria colectiva? A nosa interpretación é que a difusión das ideas propias da sociedade liberal, industrial e urbana que dividiron a sociedade en dúas esferas, a pública, a dos varóns, e a privada, a das mulleres, confinadas no espazo doméstico, e o ideal burgués feminino de “anxo do fogar” limitado a súa función como nai e “descanso do guerreiro” favoreceron a desvalorización do seu traballo e da súa achega á cultura. Esta visión permanece hoxe en día e conforma a nosa mirada, influíndo sobre o enfoque co que nos achegamos a realidades diferentes, favorecendo neste caso a ocultación do papel das mulleres, que non obstante, era recoñecido na súa comunidade. Esta ocultación ten consecuencias de gran calado, xa que non é só unha carencia que pode resolverse engadindo un pequeno apartado aquí ou alá, é pola contra unha distorsión da memoria histórica que pretendemos recuperar e transmitir. Non se trata só dunha cuestión de facer xustiza ao labor das mulleres, a cuestión é que non nos podemos permitir perder por ignorancia ou prexuízos esa acumulación de coñecementos, esa sabedoría que nos

25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional

resulta imprescindible para poder afrontar, con posibilidades de éxito, os problemas do presente, na construción dunha sociedade máis xusta, máis rica e tolerante. O campo de traballo é polo tanto moi amplo, levará tempo e sumar esforzos e non queremos rematar sen apuntar algunhas propostas, para ir comezando... É urxente recoller as testemuñas das mulleres sabedoras, portadoras de coñecementos, para que estes non se perdan coa súa desaparición. Con esta información poderíamos: ❙ elaborar pequenas biografías daquelas mulleres máis representativas ❙ elaborar catálogos de usos tradicionais de herbas, costumes, etc. ❙ elaborar pequenas monografías sobre aspectos concretos. Tamén é importante involucrar aos rapaces e rapazas dos centros de ensino medio das comarcas na recollida e tratamento desta información, co asesoramento e supervisión do profesorado experto en técnicas de tradición oral, para facer as novas xeracións conscientes do valor deste patrimonio e tamén do seu propio valor como transmisores. Debemos facer chegar ás entidades, concellos, departamentos universitarios, asociacións culturais, etc., é dicir a todos aqueles que traballan, investigan e ou difunden este tipo de coñecementos, a importancia de seren rigorosos e darlles aos axentes a presenza que lles corresponde, é dicir, non se pode facer estes traballos sen contar coas mulleres, non sen elas! Non sen elas porque son creadoras e portadoras dun patrimonio, que por levar a marca de “elas”, a marca de mulleres, foi, é, infravalorado e polo tanto retirado dos circuítos relacionados co ben considerado, co valor económico, social, etc. Renunciar a todo este patrimonio é renunciar polo tanto á unha parte da nosa identidade, a unha parte da nosa Historia.

Que propostas de acción se poden desenvolver ou se están a desenvolver nestes momentos? As mulleres como portadoras, conservadoras e transmisoras de patrimonio nos anos da emigración cara América. ❙ Recollida de receitas. ❙ Recollida de remedios, enxertos, etc. utilizados na agricultura. ❙ Recollida de oficios realizados polas mulleres. ❙ Biografías de mulleres das distintas zonas de Galicia. ❙ Recollida de rituais, cerimonias, etc.

146

26 A agricultura tradicional como opción de futuro Xoán Carlos Carreira Pérez

En máis dunha ocasión temos escoitado que un país, Galiza neste caso, debe aproveitar as súas vantaxes comparativas. Poñer en valor, como se di agora, a agricultura tradicional é sen dubida actuar neste camiño. Moitas veces a reivindicación de conservar os nosos bosques, o noso patrimonio etnográfico, a nosa paisaxe, a nosa agricultura, a nosa gandería faise dende unha perspectiva conservadora (máis que conservacionista). Con todo, hai outra visión que pode unir a valorización das practicas agrícolas tradicionais coa modernidade e o futuro. Galicia ten perdido en certo xeito o tren da modernidade no sector agroalimentario, agás na pesca. Temos fracasado no formulación dun potente sector agroindustrial tanto no sector do leite como no da carne e en case que todas as producións agrícolas agás excepcións. Hoxe a nosa Produción Final Agraria achégase a un monocultivo do leite e da carne de vacún mais exportamos materia prima sen transformar, de moi pouco valor engadido, mentres importamos dende queixos a conservas vexetais.O mesmo podemos dicir do noso desenvolvemento económico nos termos máis aceptados na economía oficial. Porén, aquilo que pode ser considerado un fracaso pode ser tamén unha vantaxe comparativa. O modelo de intensificación xeradora de excedentes, o modelo de gandería e agricultura industrial que quedou duramente cuestionado coa crise das “vacas tolas” pode que teña os días (ou anos ou decenios) contados no noso contorno xeográfico. Por iso aqueles soutos que non foron destruídos grazas ao atraso económico, e que seguen poboando aínda unha parte importante das nosas serras orientais, pode que agora sexan un ben estratéxico dende o punto de vista económico. O mesmo poderiamos dicir da nosa agricultura tradicional. Nun contexto de reconversión ou evolución cara unha produción respectuosa co medio e garante de calidade e seguridade alimentaria, chamémoslle ecolóxica en sentido amplo, a pervivencia aínda das prácticas de agricultura tradicional en Galicia pode ser unha vantaxe comparativa. Non vou insistir nos aspectos positivos destas prácticas da agricultura tradicional, outras persoas poderán fala diso mellor ca min. Con todo, se cadra ten interese lembrar algunha sen ser exhaustivo: ❙

A importancia da fertilización orgánica e os seus beneficios sobre o solo fronte aos excesos da fertilización mineral parecen hoxe evidentes.

26 A agricultura tradicional como opción de futuro

A existencia de sebes que serven de refuxio a fauna que serve para controlar pragas pode facer que mesmo agradezamos que en algures non chegaran as concentracións parcelarias e determinadas prácticas de reordenación da propiedade. A utilización de variedades autóctonas, se aínda estamos a tempo de conservalas e recuperalas, pode permitir unha oferta de produtos diferenciados recolleitados en temporada. En todo caso a concepción da agricultura tradicional como unha posíbel vantaxe comparativa de Galiza significa reflexionar sobre algunhas cuestións que me atrevo a formular aquí sendo consciente de que non deixan de ser unha herexía mesmo no meu campo ideolóxico, aínda que sabedor tamén de que apenas houbo avances sociais e científicos que non naceran nunha herexía. A primeira reflexión que me fago e vos fago é de se o minifundio segue a ser, no século XXI, un problema para o desenvolvemento agrario de Galicia. A máis moderna das agriculturas oficiais é hoxe a chamada “agricultura de precisión” e/ou a “rega por goteo” que discrimina as labores, a rega e tratamentos que hai que dar, etc., en función non xa da parcela senón de cada parte da parcela. Os tractores guiados por GPS e demais avances poden cambiar mesmo as doses de tratamentos, aboamento, densidade de semente, etc., segundo por onde estean a traballar. Claro que estamos falando de parcelas de centos de Has nunha agricultura altamente tecnificada. Mais pensando un pouco ¿non resposta o minifundio a unha adaptación ao medio ademais dunha necesidade social que levaba á división da propiedade? ¿Non é o minifundio en Galiza en certa maneira unha agricultura de precisión, feita iso si a base dun enorme esforzo e traballo humano? Xa que logo, non valerá a pena coñecer por que se dividiu o territorio do xeito que se fixo ao longo de tantos anos? ¿non será reconvertíbel nunha “agricultura de precisión” á galega e polo tanto un punto de partida para coller o sendeiro da modernidade dando un salto no tempo? En relación co anterior non teño claro se debemos seguir cifrando as nosas esperanzas de desenvolvemento agrario no sector lácteo e gandeiro e/ou na constitución dun potente grupo agroalimentario galego neste sector. Dada a evolución, os cambios nos hábitos de consumo (co avance da alimentación baseada ou máis orientada cara os vexetais), dados os problemas de saúde que xera unha alimentación que produce taxas alarmantes de obesidade, ¿non será o momento de apostar estratexicamente, de novo, pola produción agrícola agora dende unha perspectiva ecolóxica en sentido amplo, tomando a dianteira neste terreo nun mercado que vai seguir expandíndose sen parar nos próximos anos? A terceira das reflexións ten que ver cos avances de I+D+i no sector agrario. ¿Non será máis útil recoller o que os labregos e labregas investigaron (si, investigaron ou experimentaron, como queirades) a través dos tempos e que até de agora desprezamos como atraso? Tivo que ser un estranxeiro, Abel Bouhier, quen demostrara claramente a tremenda eficacia dunha prácticas agrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis. Este saber aproveitar o medio de xeito sostíbel (que concepto máis vangardista que xa era practicado polos nosos avós) pódese perder na próxima década se non facemos un esforzo investigador para recollelo dunha xeración a punto de desaparecer, mais ¿convenceremos a alguén de que isto é realmente investigación, desenvolvemento e innovación? Outro aspecto que se está poñendo en cuestión é propio concepto de agricultura., A agricultura tradicional (e aquela pola que entendo debemos apostar no futuro) xera riqueza paisaxística, descontaminación de solos e augas, etc. como parte do propio proceso produtivo e está, en certa maneira, indisolubelmente unida a el. Porén, non é remunerada. Salvando as distancias que toda comparación ten, poderiamos dicir que é como se os produtores/as de leite tivesen que regalar os becerros que xorden como parte indispensábel do seu proceso produtivo porque aparecen inevitábelmente “sen querer”. Porén, eu non 148

Manifestacións de PI: a cosmovisión

teño dúbidas en que os/as labregos/as deben ser remunerados/as polo sociedade xa que resultados consubstanciais do propio proceso produtivo se converten hoxe en bens sociais de enorme valor. Hai varias formas de remunerar esta función social da agricultura tradicional, dende unha renda básica parcial para aquelas persoas que practiquen determinado tipo de agricultura, até a valoración do que supón o respecto do medio e da paisaxe e a conservación de recursos naturais. Por exemplo no Plan Zonal Agro-Ambiental do Parque Nacional da Peneda Gerês, avalíase cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de utilizar especies locais, cultivar e gardar as sementes en cantidade suficiente para nova sementeira, proporcionar sementes para o Banco Nacional de Germoplasma Vegetal, etc. Tamén se avalía por exemplo cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de mantemento do cultivo en socalcos, incluíndo recuperación de muros de soporte en mal estado de conservación e mantemento dos que estean en bo estado, etc. O mesmo día que escribo este artigo, o xornal recolle o traballo de Albino Prada que confirma a intuición que eu xa tiña sobre a dispoñibilidade dos galegos e galegas a pagar pola conservación do medio e en contía nada desprezábel, superior mesmo aos doutros países. Non hai pois desculpa para que os poderes públicos non afronten este tema cunha opinión pública tan favorábel como amosa o estudo. A ultima reflexión refírese á agricultura a tempo parcial ou simbiótica en termos máis propios dos economistas galegos. Sempre foi considerada como unha agricultura de segunda orde que en nada axudaba á modernización porque non permitía unha profesionalización axeitada, paso indispensábel para a modernización e intensificación da produción agraria. Mais, ¿segue a ser válido esta análise nun contexto onde moitos labregos e labregas de tempo parcial son precisamente os depositarios/as daquilo que hoxe debemos valorizar? ¿Segue a ser válida hoxe esta valoración da agricultura a tempo parcial cando os seus “defectos” implícitos poden ser hoxe vantaxes? En todo caso, da importancia económica deste tipo de agricultura (que probabelmente non recolle axeitadamente o a metodoloxía de cálculo do PIB) dannos idea estes datos: o número de persoas que están inscritas na Seguridade Social Agraria en Galicia son 57.000, a Poboación activa agraria estímase en 117.000 persoas e as Unidades de Traballos para obter a Produción Agraria estímanse en 194.000. ¿Quen se ocupa da produción agraria? Será ben que deteña as reflexións e as preguntas aínda que quedan algunhas máis. Tan só unha ultima cuestión final. Non hai dúbida (polo menos para min) de que estamos ao remate dunha crise agraria. A reconversión agraria xa chegou ou está a punto de chegar ao final. Cumpríronse, por desgraza, as previsións daqueles que denunciabamos os posíbeis efectos de determinadas políticas agrarias. Mais precisamente por iso deberiamos ollar a realidade tal cal, ver as posibilidades que nos ofrece o que agora temos, non o que poderiamos ter se hai trinta anos a política agraria tivera seguido outro camiño. E aquí é onde, dende o meu punto de vista, xorde a necesidade de saír da crise con novas formulacións nas que aparece o enorme valor da agricultura tradicional, con todo o seu saber secular, as súas practicas sostíbeis, os vellos-novos produtos, o seu papel na conservación do medio e da paisaxe, a súa xeración de actividades económicas auxiliares (turismo rural, sendeirismo, pesca, produción artesanal, etc. non terán éxito sen este tipo de agricultura). Mais para apostar por este novo camiño cómpre non perder tempo, porque apenas nos quedan uns anos para evitar que se perdan de xeito irreparábel saberes, prácticas, produtos, variedades, paisaxe...

149

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

Moitas veces as ideas preconcibidas e os prexuízos cara o pasado non nos deixan analizar e apreciar o saber facer daquelas xentes. Todos estamos afeitos a oír dicir que a labranza de antes era todo miseria, unha agricultura de subsistencia da que se malvivía. Educáronnos así, estudamos as modernas técnicas menosprezando a cultura popular. Co tempo deixamos de ser tan arrogantes e empezamos a fixarnos nos pais e nos veciños cando traballan na horta ¿Que segredo gardan os maiores nas súas mans que as sementes parece que xa van nacendo antes de tocar a terra? Tradicionalmente había un aproveitamento racional da terra e dos recursos naturais. O labrego era un observador do entorno e coñecía perfectamente o seu lugar, asignándolle un uso determinado a cada zona. O monte tiña moita importancia, había terreo herdativo e comunal, e abastecía de leña, madeira, estrume de mellor calidade que o da veiga, pedras, pastos para o gando, centeo... e dende logo, polo valor que supuña, non ardía. Nas terras de labranza distinguíase entre: ❙ ❙ ❙



Prados; para pastos e herba seca. Hortas; con verza negra. Nabás; que eran de regadío e nunca folgaban, había unha sucesión continua de cultivos. Na primavera sementábase millo que podía levar asociado fabas e cabazos. En agosto, despois xa dunha sacha do millo, sementábanse nabos e cando nacían sachábase entre eles e sementábase o centeo. Unha vez recollido o millo podían recollerse os nabos e por último a ferraña, que se segaba para o gando. Estercábase, arábase e volvía empezar o ciclo. As leiras; nas que se alternaban dous cultivos. A calidade da terra marcaba tres grandes zonas, de mellor a menor, destinguíanse leiras de patacas/centeo, leiras de millo/centeo, leiras de centeo/barbeito. Seguían unha pauta curiosa á hora de rotar os cultivos que reflectía o tipo de organización social; o pobo era un clan, todos sementaban o mesmo cultivo no lugar que ese ano tocaba. Non facía falla falalo, xa estaba establecido de antigo e todo o mundo sabía que as patacas este ano van nas caldas e o centeo na praza do Barreiro. Isto era extrapolable a moitos traballos e costumes, marcando un ritmo e unha sintonía entre os labradores e no entorno no que vivían; había harmonía

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

Esta organización co parcelamento desaparece. As sementes eran gardadas dun ano para outro, e recollidas en boa lúa. Estas sementes que pasaban de xeración en xeración eran seleccionadas dos mellores exemplares, estaban adaptadas perfectamente ás condicións climáticas do lugar e tiñan unha maior resistencia ás enfermidades e insectos cos que convivían, converténdose así, ano tras ano, en variedades rústicas, duras e resistentes que non presentaban practicamente problemas no seu cultivo. Abonábase con esterco provinte das cortes dos animais e dos camiños que se estraban con estrume. A laboura, que se realizaba con animais ou manualmente, respectaba a estrutura do solo e non provocaba as compactacións do solo que aparecen actualmente o empregar maquinaria pesada. A existencia de sebes, regatos, paredes de pedra, arboredo, e de toda a fauna que atopaba abrigo e alimento neles, permitía manter un equilibrio do ecosistema, favorecendo enormemente os cultivos. O cultivo non se impuña sobre a natureza senón que coexistía con ela. Estes sistemas eran pechados e autosuficientes porque non había desperdicios, todo tiña a súa utilidade, onde a agricultura e a gandería eran actividades complementarias, non se entendía unha sen a outra. Estas formas de traballar non só non contaminaban senón que preservaban o entorno, mantiñan a paisaxe e salvagardaban as especies animais e vexetais. A partires da revolución verde, nos anos sesenta, este panorama cambia rapidisimamente acentuándose a industrialización do campo. O labrego pasa a ser “empresario agrícola”, un operario que explota a terra, valorando unicamente a rendibilidade. Este proceso industrializador provoca unha serie de problemas: ❙ O uso indiscriminado de pesticidas; estas sustancias son moi contaminantes para o medio ambiente e moi nocivas tanto para a saúde do labrego como dos consumidores. ❙ O labrego perde o control das sementes; xa non se gardan dun ano para outro senón que se mercan na tenda, xeralmente variedades híbridas que non están adaptadas ao lugar, polo que son máis susceptibles a enfermidades e pragas, incrementándose así o uso de pesticidas. As multinacionais que controlan as sementes limítanse a sacar ao mercado unhas poucas variedades comerciais, co que unha grande parte das variedades que existían desaparecen. ❙ Establécense grandes monocultivos onde un único agricultor, cun bo parque de maquinaría, fai todo o traballo. ❙ O solo deixa de ser importante e pasa a ser un mero soporte para as plantas, non se considera como o ser vivo que é, no que se acolle unha grande cantidade de vida xeradora de fertilidade. Por iso o uso de pesticidas mata toda a vida canta hai e se reduce a fertilidade natural da terra. Esta falla de respecto pola terra (uso de agroquímica, labouras inadecuadas, non aportar adubos orgánicos…) leva co tempo á desertización. ❙ Os agricultores deixan de ser autosuficientes para pasar a depender das multinacionais que os abastecen de sementes, produtos fitosanitarios, maquinaria… perdendo tamén o control dos prezos das súas colleitas Todos estes problemas derivados da industrialización da agricultura conducen ao despoboamento do rural e á aglomeración nas cidades, cos conseguintes problemas sociais. Os agricultores que quedan non ven claras as perspectivas de futuro e cada ano salta algunha crise alimentaria, que non son máis que avisos que indican que isto non vai ben. Ante este panorama rexorde a agricultura biolóxica como unha alternativa; non é volver ao pasado senón que recolle esa verdadeira sabedoría popular, froito da experiencia, e adáptase ao noso tempo, aproveitándonos para iso das modernas técnicas e dos coñecementos actuais. 152

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Os nosos pais, e a maioría dos galegos, o último que queren para os seus fillos é que sexan labregos. Nós somos Pilar e Eloi, vivimos na aldea de Reboreda no concello de Porqueira. Estudamos e traballamos durante algún tempo na cidade e démonos conta de que non era o que nós buscabamos. Decidimos entón volver para a aldea. Levamos seis anos cultivando hortalizas usando métodos de agricultura biolóxica, aínda que os nosos comezos foron con agricultura convencional, producindo para unha cooperativa flores en invernadoiro e hortalizas ao aire libre. Nun principio era cómodo seguir as directrices de cultivo que nos marcaban e ter asegurada a venda das producións. A agricultura convencional baséase en facer tratamentos preventivos sistematicamente con agroquímicos, cada semana aplicabamos varios centos de litros de funxicidas, insecticidas, herbicidas... Son produtos moi tóxicos e aínda que os empregabamos con luvas e máscaras empezamos a ter problemas de saúde. A raíz disto decidimos non usar máis este tipo de produto pero isto levou a que os nosos cultivos non cumpriran os criterios de calidade convencionais. Agora sabemos que facer agricultura biolóxica non só consiste en non empregar produtos químicos de síntese, senón que é máis ben un conxunto de actuacións: abonar correctamente cada planta, aplicar preventivamente infusións, maceracións e xurros de plantas, elixir variedades rústicas e adaptadas o lugar, fomentar a biodiversidade, pór sebes de plantas silvestres, contemplar as rotacións de cultivos e asociacións de plantas que se beneficien mutuamente, sementar nas épocas apropiadas... Era normal que os caraveis empezaran a ter problemas sen lle manter esa burbulla aséptica que conseguían as fumigacións. Ao ser un monocultivo favorecíase que se estendesen as pragas, son plantas seleccionadas para que produzan moito con adubos químicos pero extremadamente delicadas e inapropiadas para o cultivo biolóxico. Durante estes anos fomos a cursos, buscamos información en libros, visitamos outros agricultores para que nos contaran a súa forma de traballar, pero o máis importante é levar á práctica estes coñecementos facendo probas e experiencias na túa horta, porque hai unhas leis xerais pero cada agricultor ten que ver que é o que lle dá resultado nas súas circunstancias particulares. Para facer unha agricultura respectuosa co medio ambiente é imprescindible aliarse coa natureza, intentar coñecela e seguir os seus ritmos. Se se ven uns cantos bichiños, non hai que alarmarse e ir correndo á tenda fitoagraria máis achegada para que nos dean un veleno, deberiamos ser pacientes e esperar porque cando se fomenta a biodiversidade na horta permítese a convivencia de distintas especies e establécese un equilibrio entre a posible praga e os seus depredadores. Un ataque de pulgón pode ser controlado por depredadores como a xoaniña, a cadela dos frades..., por parasitos, como a avespa que pon o seu ovo dentro do pulgón… Se ben, como último recurso, podemos empregar insecticidas e funxicidas de orixe natural. A paciencia é outra das virtudes que ten que cultivar o agricultor, e digo paciencia, non resignación. Non hai que declararlle a guerra á natureza e ter a sulfatadora cargada apuntando a todo o que se mova. Temos que ser observadores e se unha planta non vai ben teriamos que preguntarnos que é o que fixemos mal (sementar en mal momento, por unha variedade que non se adapta, abonar demasiado...). Para conseguir a saúde das plantas a nosa función pódese resumir en intentar manter ese equilibrio natural que se ve mermado cando o único que intentas é producir a toda custa. De todas formas temos moita variedade de hortalizas, non arriscamos todo a unha carta, se algunha falla é unha mágoa pero non é unha catástrofe. Isto tamén nos favorece á hora de vender porque ofertamos variedade. Vendemos o máis directamente posible, eliminando intermediarios, así nós obtemos un mellor prezo e ao consumidor resúltalle máis barato. Estamos dentro dunha asociación 153

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

“Labregos Daiquí” da Carballal (Rairiz de Veiga). Alí María e Manuel encárganse de centralizar a produción de varios labregos, e por outra banda recollen os pedidos dos consumidores e fan o reparto semanal. A forma de certificar que os produtos son biolóxicos é a través de aval do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. No noso caso, o non estar inscritos no Consello Regulador, é importante que teñamos un contacto persoal cos nosos consumidores para establecer unha relación de confianza. Cultivamos a terra nunha zona onde se fixo a concentración parcelaria cuadriculada e lambida, así que cambiou moito o entorno. Onde antes a xente dicía que tiña nabás (que levaban millo, ferraña e nabos), as leiras, os prados, as hortas, agora son todo parcelas, xa no hai regatos retortos senón canles dereitas de formigón, e onde antes era húmido agora é seco e viceversa. Desapareceron eses carballos maxestosos que gardaban as historias que contaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que os cortaron. Está un pouco todo patas arriba, aínda que a maioría da xente está contenta co cambio. Por iso na parcela onde temos os invernadoiros plantamos unha sebe de salgueiros, amieiros, sabugueiros, puxemos algunha que outra árbore intercalada e deixamos que medre espontaneamente algún toxo, xestas… Non sei se algún día os coñecementos que teñamos os humanos sobre o planeta nos levarán a dicir “a vida xa non ten segredos para nós”. Pero grazas a Deus por moi importantes que nos consideremos, o noso coñecemento é bastante superficial, e a vida mantense grazas a millóns de sutilezas que nós descoñecemos. Todo está en constante relación con todo, por iso unha árbore nas nosas fincas non a vemos como un estorbo á hora de laborar co tractor, senón que debaixo dela podo descansar á súa sombra, acollerá moita vida (paxaros, insectos, fungos...) que sen dúbida beneficiará dalgún xeito os nosos cultivos. As súas raíces recollerán minerais das capas profundas da terra e no outono as follas caídas alimentarana de novo. Cando chova, as raíces dirixiran a auga cara ás profundidades e non deixarán que as escorrentas marchen co solo. Son tan xenerosos que nos dan osíxeno e nos limpan o aire que respiramos, alégrannos a vista e avisan os despistados en que estación estamos. Podería xustificar a súa importancia con máis beneficios que todos sabemos e con mil que descoñecemos. Cremos na vida das aldeas, valoramos moito a relación entre os veciños e aínda que nos ven cun pouco de receo cando lles dicimos que tanta química non é boa, que todo ser vivo ten igual importancia sexa sapo, cobra, toxo, amieiro…, pero nunca dubidan en botarnos unha man cando a precisamos A nós claro que nos gustaría cambiar varios aspectos desta sociedade que menospreza a natureza e o traballo dos labradores, pero a xente está cansada de discursos, así que a nosa táctica e seguir desfrutando co que facemos, co tempo iso vaise transmitindo. Consideramos que somos uns privilexiados por poder vivir no campo deste xeito, sendo bastante autosuficientes e fuxindo así, dentro do que podemos, deste consumismo no que non nos sentimos a gusto. Participamos no proxecto da Universidade Rural Galega porque nos gustaría afondar máis nestes coñecementos populares antes de que desaparezan por non ser valorados. Animamos a todos os que teñan medo a manchar as mans a que planten, aínda que sexa no balcón da casa, unhas leitugas, uns tomates, o que máis lles guste. É unha boa terapia para combater o mal do “aquí e agora” desta sociedade do inmediato e marabillarémonos vendo como a partires dunha minúscula semente e uns poucos coidados o tempo conseguirá uns froitos que saberán a gloria.

154

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense José Luís Vaz Fernández

VERIN-BIOCOOP Sociedade Cooperativa Limitada, é unha sociedade fundada no ano 1998, froito da unión de once gandeiros con explotacións de gando vacún de leite e carne. A súa pretensión era orientar e reconverter as explotacións en unidades produtivas respectuosas co medio ambiente e coa saúde de todos. Na actualidade Biocoop está integrada por 28 socios distribuídos por toda a provincia ourensá. A zona de influencia abarca todo o ámbito xeográfico da provincia de Ourense. Podemos atopar socios nos concellos seguintes: A Veiga, Allariz, Barbadás, Blancos, Coles, Cualedro, Laza, Montederramo, Monterrei, Ourense, Quintela de Leirado, Riós, San Xoán de Río, Sandiás, Verín, Xinzo de Limia, Entrimo, Calvos de Randín e A Teixeira. Os socios agrúpanse en tres liñas de produción: ❙ ❙ ❙

Cinco gandeiros posúen ganderías de produción leiteira. Oito socios teñen explotacións intensivas de vacún: Tenreira Galega. Quince son os socios que rexentan ganderías ecolóxicas extensivas.

Biocoop ocúpase de dar unha ampla gama de servizos ós seus socios. No que atinxe ás ganderías ecolóxicas, a nosa cooperativa encárgase de subministrar o penso ecolóxico así como todo tipo de servizos en relación ó asesoramento técnico e produtivo. Outra función que cumpre a cooperativa é a de colocar os produtos ecolóxicos das nosas ganderías no mercado.

Principios xerais de Biocoop ❙



Prezo xusto ó produtor. O produtor ecolóxico asociado recibe entre un 10 e un 15% por encima dos prezos de referencia da tenreira galega suprema. Isto conseguímolo aínda sendo conscientes de que temos que competir no mercado con prezos en orixe máis baixos noutras zonas do Estado español. O noso principal aval é a calidade das nosas carnes. Prezo xusto ó consumidor. Consideramos que o prezo final da nosa carne ecolóxica non pode exceder demasiado o da carne convencional (10 – 15%), para evitar que sexa un produto de elites, só accesible ós grupos sociais de maior renda. Para conseguir este obxectivo pensamos que é necesario establecer un contrato social, que fixe unha transferencia de renda ás producións ecolóxicas, como xa está ocorrendo coas axudas medioambientais, polo labor social que desenvolvemos:

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

❙ ❙ ❙

impacto cero ou mínimo na natureza control de incendios no medio rural galego. minoración do cambio climático.

En definitiva, somos auténticos XARDINEIROS DA NATUREZA e merecemos o recoñecemento social polo noso labor, que incide moi positivamente nas arcas públicas e na saúde dos nosos consumidores.

Producindo carne con biodiversidade propia Unha das principais virtudes que, en xeral, amosa a experiencia de Biocoop é que o material xenético das nosas vacas é único e exclusivo destas terras. Non é que non valoremos o potencial produtivo que teñen outras razas senón que traballando con razas autóctonas conseguimos: reducir ó mínimo os gastos de fóra do sector ó seren razas perfectamente adaptadas ás condicións ambientais locais. Por outra parte, valorizando as razas autóctonas estamos conseguindo que ese patrimonio xenético, froito do traballo milenario dos nosos devanceiros, non se perda de forma irreversible. Alén da rubia galega, a raza autóctona máis coñecida, as ganderías asociadas en Biocoop traballan con material xenético das RAZAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN: cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa. En xeral, trátase de unidades produtivas extensivas: os animais, en estado salvaxe, están en liberdade, non pechados. Trátase pois de imitar no posible a situación natural na que se atoparían os animais se o home non interviñese, permitir que formen mandas, proporcionarlles diversidade de zonas (pasto, bosque, zonas húmidas,…) para que sexan eles os que elixan onde queren estar, deixar que se reproduzan cando consideren que é o momento óptimo, darlles sempre alimentos ecolóxicos que consumirán de xeito natural. As ganderías extensivas permiten aproveitar os recursos que ofrece a zona, axudando incluso á limpeza dos montes e polo tanto, a reducir a propagación dos incendios. Trátase de que a produción dos animais sexa respectuosa: ❙ ❙



Co medio no que se integran, para constituír un ecosistema sostible. Coa saúde dos consumidores, xa que os animais se alimentan exclusivamente de produtos ecolóxicos (pastos ós que teñen acceso, cereais e leguminosas de produción ecolóxica, millo das propias unidades produtivas e feo). Cos propios animais que integran a Unidade Produtiva, xa que hai que permitirlles que, mentres estean na gandería, se desenvolvan e se encontren o mellor posible e sen sufrir tensións, e dicir, o máis parecido a como se atoparían en estado salvaxe. Que os xatos non tomen medicamentos (antibióticos, antiinflamatorios...) ó longo da súa vida fai que a súa carne sexa de maior calidade e máis segura sanitariamente, posto que non teñen substancias nocivas acumuladas nos seus organismos.

Como resultado do manexo realizado, os animais encóntranse fortes, vigorosos, alegres e sans, o que permite que non reciban ningún tipo de tratamento medicamentoso. Está claro que para que os animais dunha gandería estean en perfecto estado, é imprescindible e case requisito único respectar a súa forma de vida. 156

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Outros elementos que caracterizan a algunhas das unidades produtivas que fan parte de Biocoop son os seguintes: ❙







A intervención dos coidadores está na procura das mellores condicións posibles para a estadía dos animais, buscando a rusticidade e pragmatismo nas construcións e tentando obter boas producións de pasto mediante a contribución de compost e xurros obtidos pola maceración de plantas en auga. A busca da autosuficiencia. A meirande parte dos complementos alimentarios que se lles proporcionan ós animais son producidos nas propias Unidades Produtivas. Cando é necesario impórtanse de fóra das unidades, pero sempre de procedencia ecolóxica certificada. Recuperación de variedades vexetais propias, como foi o caso dunha variedade rústica de centeo, orixinario da comarca da Limia. Trátase dun cereal que se sementaba no monte. O seu gran servirá de alimento para os xatos e a palla como cama do gando. As crías nacen no monte, xa que os animais están ceibes sempre. Os xatos que van ser destinados ó consumo humano maman das súas proxenitoras ata que chega o momento do sacrificio, mentres que as crías que van quedar na unidade para aumentar os seus efectivos maman ata que son destetadas polas nais.

Este tipo de ganderías proporciónalles ós animais as condicións (consultar gandería Outeiro) perfectas para que se desenvolvan fortes e sans, de xeito que non precisan de tratamentos medicamentosos.

A preparación dos produtos Os becerros que se crían nas unidades produtivas de Biocoop son comercializados a través da propia cooperativa seguindo o proceso descrito a continuación: ❙ O sacrificio lévase a cabo entre os 9 e 11 meses de idade do becerro. Ten lugar no matadoiro da Estrada – Pontevedra, que está homologado polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia). Os animais cualificados como ecolóxicos han de ser sacrificados en tempos e/ou espazos diferentes ós convencionais, para evitar todo tipo de contaxio. ❙ A maduración/transformación ten lugar nas salas de Cocarga S.L, sita en Vigo, tamén homologada polo CRAEGA. Trala matanza, o proceso de faenas comeza coa maduración dos canais (2 ºC, durante 5-6 días ) nas cámaras frigoríficas. Logo, o animal é desosado e despezado no tipo de porcións que elixiu o cliente. Tamén comercializamos canais e medios canais. ❙ O envasado. As diferentes porcións (solombo, entrecot, filetes 1ª a e 1ª b, redondo, fondue, rotti, ragout, xarrete, hamburguesas –carne picada con sal mariño groso e ourego de produción ecolóxica– e carne picada) son envasadas ó baleiro seguindo diferentes sistemas: sistema darfresh, skin ou termoformado. Esta tecnoloxía de envasado, que combina o baleiro e a micropasteurización superficial da carne, permite unha conservación óptima do produto durante 30 días e unha longa caducidade.

A venda dos produtos Para que a carne ecolóxica non resulte cara e poida chegar ó mercado a un prezo razoable (sopesando a relación calidade/prezo) é necesario pór en contacto o produtor co consumidor final, evitando no posible a intermediación comercial. Para conseguir este propósito é necesario que os gandeiros unan forzas como fixeron os gandeiros ecolóxicos asociados a Biocoop. 157

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

A cooperativa é quen organiza e vende, directamente, os xatos das súas ganderías ecolóxicas ás amas de casa, ás familias, asociacións de consumidores ecolóxicos, ás tendas e restaurantes ecolóxicos. Este sistema de venda directa permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéranos da escravitude de non ter un canal comercial de “alto rendemento”. Biocoop coloca os seus produtos en calquera punto do estado español en 48 horas mediante transporte de frío, seguindo dous sistemas de venda: ❙ ❙

Sistema darfresh: venda directa a particulares, tendas ecolóxicas, liñas de grandes superficies (por exemplo, centros de El Corte Inglés de Galicia). Canais e medios canais: venda a profesionais carniceiros, moi sensíbeis á calidade diferenciada e singular. Por exemplo, Carnicería “Gallaecia”, 100 % ecolóxica, na Coruña; “Raza Nostra” en Madrid; Equanto S. A., en Lisboa, que nos compra 6 canais semanais; alén de balnearios e casas de turismo rural en Galicia e carnicerías de Valencia e Castellón.

Sistemas de control As unidades gandeiras de Biocoop sométense ó control externo exercido polo CRAEGA. Así, as unidades son inspeccionadas dúas veces por ano, realizando analíticas de terra, auga, vexetación, alimentos, pelo dos animais, etc. O obxectivo dos controis é buscar calquera residuo de produtos non permitidos na gandería ecolóxica. Alén do control externo, os socios da cooperativa conforman unha agrupación medioambiental Biocoop, organismo de control interno que pretende, entre outras funcións, velar polo bo cumprimento da normativa ecolóxica e inspeccionar e controlar periodicamente as ganderías Para desenvolver estes labores contamos con persoal técnico capacitado: unha bióloga (Anabel Dacosta) e unha enxeñeira agrónoma (Begoña Gómez).

158

29 A galiña piñeira

(proxecto da fundación ACIVEGA)

Xan Ramón Díaz Saavedra

Na provincia da Coruña existiu sempre unha pita de tipo silvestre, aperdigada, e denominada popularmente “piñeira” que foron mellorando os habitantes da zona do concello do Piñeiro e os seus limítrofes, seleccionando exemplares que derivaron cara unha pita de tipo produtivo de aptitude cárnica e poñedora. A poboación actual desta pita silvestre veuse reducindo, ficando na actualidade nuns poucos exemplares, ao redor de 400. Endexamais se estudou, nin catalogou na súa variedade silvestre; e a selección artesá fíxose de xeito empírico e sen as precisas actuacións que se derivarían dun axeitado estudo das unidades orixinais. A pita piñeira é unha raza moi maternal: presenta unha plumaxe acastañada, mesturada con azuis e grises, nas femias, e de cor negra no peito e nos cabos extremos dos machos. O proxecto de ACIVEGA sobre a PITA PIÑEIRA ten os seguintes obxectivos: 1. Recuperar unha raza autóctona e campeira. 2. Estudar a comercialización dos seus produtos: ovos, carne e plumas. 3. Mellorar a raza e gardar a selección xenética nun banco de xenes. Co primeiro obxectivo do proxecto trátase de marcar pautas para a conservación e mellora da raza cara ao seu mantemento e recuperación. Obter datos fidedignos que permitan a utilización produtiva da pita. No segundo obxectivo preocuparémonos da produción fundamentalmente de ovos, carne e plumas para a mosca na pesca deportiva. Co terceiro obxectivo trátase de crear un banco xenético onde este material se conserve para os futuros produtores que poidan iniciarse neste sistema produtivo, e ao mesmo tempo tratar de conservar para os nosos fillos e netos unha raza galega que non debe desaparecer. Entre as iniciativas e plans deseñados para executar este proxecto establecéronse os seguintes: 1º Buscar máis espazo para desenvolver o actual galiñeiro experimental. 2º Ampliar a poboación deste galiñeiro a 100 aves 3º Construír un almacén e unha dependencia comercial cara ao produtor 4º Instalar un minilaboratorio para o control de calidade A conclusión principal do proxecto: ❙ Recuperar e darlle valor ao noso patrimonio, e é polo que estamos integrados e colaboramos co proxecto da UNIVERSIDADE RURAL GALEGA.

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único Xosé Represas Giráldez

Pasados xa máis de 25 anos do “recoñecemento legal” dos montes veciñais, que representan case a cuarta parte do territorio de Galicia. Esta forma de posesión, tan propia de Galicia e Portugal, nace coa conformación dos núcleos de poboación, sendo anterior ás institucións de poder local. Os montes veciñais foron clasificados como tales, cando a Comunidade Veciñal xa estaba inoperativa e vivía de costas ó monte, pola crise da agricultura e os costumes tradicionais, polos cambios sociais e económicos. Nesta situación, coa comunidade desorganizada e sen a utilidade e importancia que o monte tiña na agricultura tradicional, os montes que antes lles usurparan sonlles recoñecidos ós veciños, pero sen delimitar, con contratos que non se realizaron, sen planificación de ningún tipo e con escasos recursos que poder reinvestir, e sen que o Estado recoñecese todo o dano causado ás Comunidades Veciñais polos continuos ataques contra os montes veciñais dende 1835 (ano no se inicia o deseño do novo mapa municipal). Queda así frustrado o recoñecemento, por estas eivas e limitacións. O Estado ten cos montes veciñais de Galicia unha débeda histórica sen reparar, pois nunca foron indemnizadas as Comunidades Veciñais pola marxinación que sufriron na lexislación forestal española, asignando a súa titularidade ós Concellos. Ademais do “recoñecemento legal”, non houbo, ó longo destes anos, ningunha actuación significativa que de forma planificada permitise normalizar o funcionamento das Comunidades Veciñais. Unicamente cabe reseñar que na Lei Estatal de 1980, o seu artigo 14 recolle que a Administración asumirá con respecto ós montes veciñais os seguintes cometidos: deslinde e amolloamento, asegurar a conservación e integridade, divulgación e asesoramento técnico, programas de transformación e plans de investimento, realización dun plan xeral de aproveitamento de montes veciñais coas dotacións técnica, financeira e orzamentaria necesarias. Isto que podía ser parte desa indemnización, nunca foi realizado e tampouco recollido no acordo de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma.

A consolidación da comunidade e do monte veciñal A Comunidade Veciñal ten estado todos este anos nunha situación de debilidade e abandono, sufrindo ataques de diversos sectores, sendo precisa por tanto unha actuación decidida de defensa e consolidación da propiedade e da Institución.

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

A consolidación do monte veciñal vai unida á recuperación e funcionamento normalizado da comunidade de veciños, pois a transmisión de coñecemento, usos e organización que foi cortada de forma radical durante a ditadura provocou unha desvinculación case total, requirindo agora un esforzo en dous sentidos; na recuperación da Institución Veciñal e ó mesmo tempo que esta utilice o monte en función dos seus intereses no momento actual, pois só así pode preocuparse por coidalo. Para a consolidación da propiedade veciñal, é necesario completar o proceso de clasificación realizado polos Xurados no seu día incluíndo ademais dos deslindes toda a información, contratos e planimetría en canto ás ocupacións e servidumes realizadas sobre os montes antes da clasificación; é dicir de todos os negocios xurídicos realizados sen a intervención da Comunidade, como liñas eléctricas, etc. A consolidación destas propiedades cara ó futuro, precisa de diversas medidas que permitan coidar e transmitir este patrimonio, indo máis alá da parte tanxible e facilmente valorable, pois se aínda hoxe temos estas propiedades coas súas características tan ben definidas e coñecidas pola maioría dos que vivimos en áreas rurais, é sobre todo pola transmisión oral, de xeración en xeración, da forma de organización, etc., pois esta forma de posesión dos “montes veciñais” en Galicia e en zonas de Zamora, León e Asturias, así como dos “montes baldíos” en Portugal, forma parte do patrimonio cultural común que compartimos. Historicamente estiveron rexidos pola comunidade de veciños de cada parroquia, “freguesía” ou lugar, que fixaba as normas, sistemas de aproveitamento e conservacións dos montes e demais cousas “do común” como os regadíos, os muíños, as fontes, os fornos, etc., sendo esta forma de posesión anterior a calquera documento escrito. Ás veces parece que xa se ten falado moito das posibilidades dos montes veciñais, da súa orixe, da súa importancia, por se-los grandes latifundios galegos que representan máis do 22% do territorio galego e que pertencen por igual ós veciños de cada parroquia ou lugar, pero máis alá dunha breve referencia neste sentido, para máis da metade dos galegos que xa viven nas cidades e grandes vilas, resulta en boa parte descoñecido o funcionamento e forma de organización.

A función social do monte veciñal no século XXI A evolución e funcionamento actual de aproximadamente o 40% do total de comunidades clasificadas que teñen unha actividade regular é debido ó interese dun bo grupo de comunidades e tamén polo voluntarismo de moitos directivos, reorientando as funcións que deben cumprir os montes para os veciños e a sociedade no século XXI, atendendo ás demandas de tipo social, cultural, formativo, de realización de obras de interese parroquial, etc. Grazas a este esforzo, xa podemos falar de experiencias innovadoras que teñen resultado moi ben valoradas polos veciños e que están a guiar a función social que cumpren hoxe as comunidades. Unha xestión adecuada dos recursos pode reportar outros beneficios directos para os veciños, donos dos montes veciñais, e tamén poden axudar a compensar marxinacións e desvantaxes, con respecto ós que viven en vilas e cidades, por dispoñer sobre todo dun maior número de servizos próximos. 162

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Un exemplo das posibilidades dun mellor aproveitamento dos recursos dos montes témolo nos restos de cortas, rareos, podas e árbores sen aproveitamento para madeira que antes se utilizaban para leñas e que agora quedan nos montes, todo isto que coñecemos como biomasa forestal, representa un 25% da madeira que producen os nosos montes e que agora está incrementando o risco de incendio. Resulta, cando menos chocante, que importemos petróleo, cada vez máis caro, para producir calor e que teñamos ó lado das nosas casas este recurso sen aproveitar.

Posibilidades de innovación a curto prazo Hoxe en día é posible estender, no medio rural, a instalación de pequenas caldeiras que queimen madeira en lascas, para dar calor a casas ou edificios públicos, como xa sucede noutros países de Europa, coa mesma comodidade que se utiliza o gasóleo e ó mesmo tempo o diñeiro quedaría todo no país, sen pagar facturas de importación de petróleo e cun aforro do 40% dos custes para os veciños. Este exemplo de innovación, no seu desenvolvemento inicial, precisa da implicación da administración, ademais da participación directa dalgunhas comunidades de montes. Este tipo de accións, permite cumprir simultaneamente, con diversos obxectivos, pois crea emprego, diminúe o risco de incendios, axuda a coidar os montes, recupera un aproveitamento tradicional pero adaptado ó momento actual, aporta melloras medioambientais, fixa poboación, é compatible con outros traballos estacionais no medio rural, etc. Como toda acción innovadora, precisa dun tempo para superar os atrancos iniciais, pero, pola experiencia durante anos, noutros países de Europa, resulta viable a nivel técnico e económico, só é necesario establecer un sistema estable de subministro de lascas achegado ás áreas de consumo, para competir cos derivados do petróleo en condicións de maior comodidade para os veciños consumidores, garantindo ó mesmo tempo un aforro de custes, que cada ano será maior, ofrecendo ó mesmo tempo poucas dúbidas cara ó futuro. Iniciativas deste tipo só poden saír do interese das comunidades de montes, de propietarios particulares agrupados ou da administración, porque a súa maior riqueza está nos beneficios sociais que crea, máis que na marxe de beneficio da actividade. Todo o contrario do que sucedeu nestes anos cos aproveitamentos eólicos nos montes, que si contaron con elevados investimentos empresariais pero ignorando a propiedade e sen que os beneficios deste recurso repercutan alí onde se aproveitan. Mediante unha xusta compensación, cunha renda anual dunha porcentaxe sobre a facturación, evitariamos a expropiación do recurso eólico dos nosos montes que foi o que ó final sucedeu, grazas á normativa que permite utilizar a declaración de utilidade pública para este negocio privado. Os aproveitamentos dos recursos enerxéticos dos montes, permiten valorar outras fontes de posibles ingresos, permitindo uns maiores beneficios para os veciños e achegando recursos para recuperar os montes para acadar unha xestión sostible deles. Durante estes anos tamén se teñen dado iniciativas empresariais, por parte dalgunhas comunidades, para xerar emprego e participar no aproveitamento e transformación dos recursos dos seus montes, mais estas iniciativas chocaron coas limitacións legais da nor163

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

mativa vixente dende 1989 que limita a capacidade xurídica das comunidades de montes veciñais en man común. Para un novo impulso dos montes veciñais, ademais de consolidar a propiedade e a Institución Veciñal; valorar as súas potencialidades e divulgar os seus valores culturais, medioambentais e paisaxísticos; apoiar, a súa xestión sostible aportando beneficios sociais ós veciños, a innovación no aproveitamento dos seus recursos, precisa ademais de modificacións legais, que permitan actuar ás comunidades de montes con plena capacidade xurídica no momento actual, para non ter limitadas as súas posibilidades, garantindo ó mesmo tempo as características da propia figura xurídica.

Centro de Documentación e Divulgación dos Montes Veciñais Mais a pesares desta enorme riqueza e patrimonio coa que en diversos aspectos contan os montes veciñais, bótase en falla a creación dun Centro de Documentación que permitise recompilar toda a documentación histórica que está moi dispersa sobre montes veciñais e que ó mesmo tempo servise como centro de referencia para divulgar a importancia social, cultural e económica das comunidades de montes na sociedade galega.

164

31 Desenvolvemento local e patrimonio Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable Emilio Louro Lamela “Milucho”

Traballo na confraría desde o ano 1989 e nos últimos anos, desde o ano 2000, estamos a desenvolver unha serie de iniciativas pioneiras en Galiza e nalgúns dos casos, mesmo no Estado Español, que teñen como nexo común a posta en valor do coñecemento tradicional dos pescadores para artellar un futuro mellor para o sector Hai un dato curioso que resaltar na miña biografía, nacín o 25 de febreiro do ano 1966 en Lariño, parroquia veciña de Lira. Esta data coincide cun feito histórico salientable como foi o naufraxio dunha fragata da armada española chamada “Ariete” e no que grazas ó comportamento heroico do pobo de Lira se salvaron os 167 tripulantes da embarcación. En sinal de agradecemento o Almirante Nieto Antúnez xestionou a construción da primeira rampla e o dique de abrigo do porto de Portocubelo, onde antes era un porto natural. Polo tanto podemos falar de que a evolución moderna do porto de Lira produciuse a raíz do referido acontecemento histórico. A coincidencia fixo posible que unha persoa veciña nada nesa mesma data acabara vinculada e traballando na Confraría de Pescadores de Lira. O termo SOLIDARIEDADE en Lira escríbese en maiúsculas. No 1966 grazas ó apoio desinteresado de toda unha vila, e pondo en perigo as súas propias vidas, salvaron a tódolos mariños do “Ariete” (de aí que no escudo do Concello de Carnota apareza o de “Moi Humanitario”). No 2002 hai outro feito inesquecible para toda Galiza pero moi en concreto para Carnota e de forma moi especial para Lira. Estou falando da catástrofe provocada polo “Prestige”. O chapapote procedente dese barco maldito no seu deambular errático ó longo de toda costa castigou de forma moi especial a comunidade pesqueira na que teño a honra de traballar. Falamos de que Lira se converteu na zona cero biolóxica. Trinta e sete anos despois do naufraxio do Ariete, Lira foi receptora da maior mostra de solidariedade que se lembra no Estado Español. Era a gran marea branca, que acudiu, para salvar o noso mar. Máis de 90.000 voluntarios fixeron posible que unha pequena comunidade pesqueira recuperara o ánimo e se puxera a traballar para reverter unha situación que apestaba a chapapote e, unha vez máis, a emigración. Esta circunstancia foi un dos desencadeantes para que os pescadores que compoñen a comunidade de Lira, especialmente sensibilizados pola situación de catástrofe ecolóxica vivida, pensasen en buscar fórmulas para buscarlle unha rendibilidade a actividade pesqueira e que se concienciase na importancia que ten o respecto ós recursos mariños e ó medio ambiente.

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

Lira é unha pequena poboación do concello de Carnota ubicada no límite da Costa da Morte. A poboación de pouco máis de mil habitantes está marcada historicamente pola emigración. Máis do 35% da poboación activa vive directamente da pesca artesanal e o marisqueo polo tanto podemos dicir que é unha zona altamente dependente da pesca. Desde a confraría de pescadores de Lira detectamos como nos últimos anos había un abandono progresivo da actividade pesqueira. Máis da metade dos mariñeiros ou mariscador@s están por riba dos 51 anos e tan só o 26% ten menos de 25 anos de idade. Polo tanto estamos a falar dunha clara falta de relevo xeracional principalmente porque non se considera rendible a actividade pesqueira. Unha vez detectada esta situación entre un grupo de colaboradores da confraría e xente do propio sector pesqueiro elaboramos un diagnóstico da situación e puidemos relacionar unha serie de problemáticas do sector que cremos que impiden o seu desenvolvemento (desestruturación sectorial, malas prácticas de pesca, escaseza de recursos, sobreexplotación, deficiente comercialización, impacto “Prestige”, previsible recorte dos fondos U.E. a partires do 2007…) Diante deste diagnóstico pensamos en buscarlle solucións a estes problemas incidindo fundamentalmente en 3 áreas de actuación (ECONÓMICA, BIOLÓXICA E SOCIO-CULTURAL), interrelacionadas entre si e buscando sinerxías entre elas: ❙ ECONÓMICA Era preciso acometer unha serie de melloras infraestruturais e de servizos no porto e mellorar a comercialización. Iso logrouse coa dotación do porto da maior parte dos servizos que precisabamos (servizos de carnadas, combustible, varadoiro, casetas de usuarios, nave de comercialización, loxística propia e poxa automática) e creando unha empresa de comercialización directa xunto con outras 3 confrarías e a achega de capital de investidores privados. Lonxanet Directo S.L. encargase de facer chegar directamente do produtor ó consumidor final os produtos procedente da pesca artesanal e o marisqueo coas máxima garantías de frescura e calidade, nun servizo urxente de transporte (menos de 24 horas a calquera punto da península), garantindo en todo momento a trazabilidade do produto. A posta en funcionamento deste sistema de venda supuxo que o mariñeiro se decatase de que se vendemos ben podemos pescar mellor. ❙ BIOLÓXICA A iniciativa do propio sector ten presentada unha proposta diante da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para establecer unha zona de Reserva Mariña de Interese Pesqueiro (RMIP) ou Área Marítima Protexida (AMP) como unha ferramenta que axude a racionalizar de maneira sustentable as prácticas de explotación dos recursos delimitando unha zona que quede protexida da pesca indiscriminada e doutros usos deportivos ou de ocio con impacto ambiental negativo e creando 2 zonas de reservas integrais que permitan a recuperación dos ecosistemas mariños, tendo como obxectivo a restauración do equilibrio do ecosistema costeiro e conservar os recursos para conservar os pescadores No caso da RMIP ou AMP fronte a outras AMPs do Estado que foron implementadas dende as dife166

Manifestacións de PI: a cosmovisión

rentes administracións, a de Lira foron os propios pescadores os que a propuxeron. Pero ademais, no deseño da área empregouse o propio coñecemento dos pescadores, foi construída cós seus propios criterios e visión: ubicación, tamaño, localización, reservas integrais, zonificación doutros espazos e sobor de todo como xestionala no futuro. ❙ SOCIO-CULTURAL Neste campo púxose en marcha un proxecto que se denomina “Mardelira” que pretende dar a coñecer á sociedade o senlleiro valor do patrimonio cultural da pesca artesanal, a complexidade do mundo da pesca e do mar e dinamizar socialmente o contorno do porto, coa presenza de novos actores (nenos, mestres, turistas) coa fin de recuperar a autoestima dos pescadores integrando no Proxecto todas as xentes do mar, a poboación laboralmente activa e non activa da pesca (profesionais pescadores, xubilados e mariscadoras). Mardelira, amosa o mar, as tradicións, a historia e as lendas desta vila cos ollos dos mariñeiros. O fundamento do Proxecto Mardelira é a xeración dun modelo de desenvolvemento apoiado na pesca sustentable. O proxecto consta de 2 áreas de actividades: un taller de pesca e un programa de turismo mariñeiro. ❙



O taller de pesca está orientado a nenos en idade escolar con rutas temáticas guiadas vinculadas ó mundo da pesca e o mar. A oferta das rutas aínda que incorpora un pormenorizado inventario dos bens patrimoniais do concello e dos limítrofes, está artellada arredor do patrimonio pesqueiro. Nelas amósanse recursos tanxibles e intanxibles do patrimonio natural e cultural (espazos naturais, embarcacións, aparellos, instrumentos para a confección de artes de pesca, casetas de pescadores, historia de naufraxios, lendas…) Unha caseta de pescadores do século XIX rehabilitada para este proxecto (Caseta de “Pepe do Cuco”), é utilizada como pequeno centro cunha exposición permanente sobre a historia de Lira, mediante paneis explicativos, utensilios de pesca restaurados, artes de pesca en desuso… expresivos da adaptación da actividade pesqueira tradicional ós tempos. O Turismo Mariñeiro vai destinado a aquelas persoas que desexen vivir unha xornada de pesca con mariñeiros deste porto como unha proposta de turismo activo nunha costa como é a Costa da Morte. Esta actividade ofrécese como unha experiencia de transmisión de coñecementos e valores da cultura da pesca tradicional. Durante a xornada de pesca o patrón eríxese como guía da actividade pesqueira e vai expoñendo en alto o seu pensamento, transmitíndolle o importante caudal de información e de coñecementos de que dispón. O turista poderá presenciar como se realiza a actividade laboral dun pescador, coñecer de primeira man as súas inquedanzas, dificultades e a propia fala mariñeira. Desde a embarcación pódese apreciar o perfil da costa, dos baixos, observar aves e cetáceos… A Actividade de Turismo Mariñeiro preséntase como unha experiencia mutua entre pescadores e turistas. Os primeiros, cunha alteración mínima da súa rutina, gozan dunha nova relación espontánea, pero planificada. Os segundos intégranse nun medio social e natural para eles descoñecido e sorprendente.

No tempo que levamos desenrolando este programa podemos detectar a importante inxección de autoestima que supón para os patróns poder participar como actores principais neste proxecto. En definitiva, en Mardelira rescatamos a memoria oral, a pequena historia desta comunidade de pescadores, rescatamos e interpretamos aqueles elementos vencellados ó mar 167

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

como o espazo portuario, as actividades pesqueiras, as artes, as especies, os antigos almacéns de salga, os barcos… O coñecemento tradicional que teñen os pescadores sobre o ecosistema costeiro emprégase na voz dos propios pescadores, comunicándoo en interacción cos usuarios que participan no proxecto de turismo mariñeiro. Os destinatarios deste coñecemento etnográfico son a sociedade en xeral e, sobor de todo, os nenos coa finalidade de que, de adultos, a experiencia de ter pasado por Lira os faga máis sensíbeis e receptivos ó mundo do mar e os pescadores. Os actores que transfiren este capital cultural son os propios pescadores, mariscadoras e xubilados do mar. Esta é a nosa forma de converter a etnografía en patrimonio. Pero dentro do eido socio-cultural a confraría de Pescadores de Lira tamén participa dunha Rede de Comunidades Pesqueiras Artesanais polo Desenvolvemento Sustentable (RECOPADES) que foi constituída en Lira o 19 de novembro do 2004, e onde participamos inicialmente catro comunidades pesqueiras (La Rocha-Uruguai, Puerto Madryn-Arxentina, Illa de Hierro-Canarias e Lira-Galiza) neste ano 2005 nunha xuntanza celebrada en Ushuaia a rede incrementouse con comunidades pesqueiras de Chile, Brasil e outras de Arxentina. No caso de RECOPADES a única forma de enriquecer e mellorar a nosa cultura propia é coñecendo as realidades sociais, culturais e económicas doutros pobos que como nós viven e dependen da pesca. Esta cremos que é a maneira de compartir problemas e cooperar na súa resolución. Abríndonos ós demais, seguiremos aprendendo e mellorando a nosa realidade cultural. Despois de todo o exposto consideramos que as distintas iniciativas nas que estamos inmersos se encadran no campo da cultura pesqueira e o desenvolvemento local, é dicir na dinamización económica e social do sector pesqueiro de Lira empregando entre outros recursos a cultura pesqueira.

168

32 Agora ou nunca. A talasonimia Xosé Lois Pilar Pedreira

Cando queremos saber dos nomes das rúas dunha cidade acudimos ó mapa de rúas que se vende en quioscos e librerías. Se a nosa viaxe vai alén do territorio que trepamos e percorremos de cote entón mercamos un mapa de estradas no que figuran cidades, vilas, ríos, montañas... cada día máis, mapas e planos e atlas e globos terráqueos van perdendo terreo a prol dos aparellos que nos localizan por G.P.S. (Global Position System) en calquera sitio do mundo. Pero se o que queremos saber non son as rúas de Malpica nin as da Guarda, nin son as estradas de Ortigueira a Oia, senón os nomes da costa e do fondo e da superficie do mar desde o Miño até a praia de Patos, para encher a nosa curiosidade consultamos mapas catastrais e de estradas, cartas náuticas, derroteiros, programas informáticos, aeroguías, libros antigos, etc., etc... Logo de moitas pescudas bibliográficas decatámonos do baleiro informativo das fontes escritas e tivemos que recorrer ó mellor programa informático, á mellor carta náutica, ó mellor derroteiro, tivemos que acudir á experiencia e á memoria das mulleres e homes que levan centos, miles de anos explotando o medio mariño. Xente da Guarda, Oia, Panxón, Baiona e Baredo que pesca, apaña argazo, colle percebes nas pedras da beiramar, nos areais, no fondo do mar, ó redor de illas e illotes. Tivemos que falar con eles para deixar constancia escrita dos topónimos do mar: a talasonimia, a hidrotoponimia. Entramos así no máis “esbrugho” do patrimonio inmaterial que supón un nome, moitas veces xamais escrito, só proferido no aire, só pronunciado e escoitado, sen máis soporte para a súa existencia que o cerebro, a memoria dos nosos mariñeiros, argaceiras e percebeiros. Para recuperar os hidrotopónimos desde a parroquia de Salcidos (A Guarda) até A Area das Canas (Panxón) entrevistamos a medio cento de persoas que nos forneceron uns 1.400 nomes da costa, do río e do mar neste tramo de 70 quilómetros. Entre toda a bibliografía consultada non xuntamos máis ca uns 300 topónimos no espazo no que a transmisión oral nos achegou 1.400. Esta recollida ten en por si a importancia de perpetuar na escrita un tesouro memorístico que á volta de poucos, moi poucos anos, se perdería para sempre. Non recollemos os nomes nunha simple e insípida listaxe senón que a cada nome lle fixemos unha ficha, un diagnóstico e en colaboración co SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia) xeorreferenciamos os nomes que ficaron localizados no lugar exacto sobre fotografía aérea recente.

32 Agora ou nunca. A talasonimia

E como era de lei, a colaboración coa confraría de Baiona deu como froito a publicación dunha aeroguía litoral con tódolos topónimos recollidos até remates do ano 2004. Ademais o traballo de recolleita ten un aproveitamento desde o punto de vista filolóxico, arqueolóxico e patrimonial no que se está a traballar desde o IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) e colaborando con Iván Sestai que comezou a recolleita na ría de Aldán e pensamos en breve xuntarnos nun ou noutro punto do concello de Vigo. Brindamos o noso traballo á ANPA do Colexio da Cruz de Camos (Nigrán) que coa profesora Pilar Barreiro está a traballar no proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor” merecente do 3º premio Antonio Fraguas que concede o padroado homónimo do Museo do Pobo Galego. Eis entón a vertente pedagóxica da hidrotoponimia. Tanto o traballo de campo como o traballo de gabinete son moi gratificantes. A conversa coas xentes que traballaron ou aínda traballan no mar está inzada do sufrimento do traballo, da dureza do medio mariño, as anécdotas e intres de perigo das súas vidas, a narración de afogamentos, naufraxios, embarcacións seladas ou capotes, supersticións... Un senfín de matices no que poder afondar, por exemplo: ❙



170

Hai naufraxios que deixan nome que ás veces son evidentes como O Barco do Sal ou O Conde de Barbate, pero outras sabémolo pola conxunción do traballo de hemeroteca e a recollida oral. Por iso sabemos que na pedra chamada O Cunichán afundiu o Collingham o 25 de xaneiro de 1906 cargado de semente de algodón, ou seis anos antes afundiu o veleiro de Baiona La Regente na enseada do Baleal agora tamén coñecida coma do Peito Ancho, alcuño do armador e dalgúns tripulantes da lancha. En 1917 enxurrou o Cabo Oropesa nos baixos ó sur de Rebel, na Guarda, logo coñecidos como Os Baixos do Oropesa. A hidrotoponimia descubriunos unha radiografía do patrimonio marítimo inmoble que tantas veces ten tratado e defendido Dionisio Pereira e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF). Podemos individualizar diversas categorías como asentamentos protohistóricos ( O Castro) e medievais (A Pescaría), arquitectura popular, muíños de vento (Os Muíños), hidráulicos (O Muíño de Facorro), tendais de redes (O Tendal de Maciel) e de argazo (A Laxe da Felicia) así como instalacións industriais, militares, portuarias, construcións relixiosas, sinais marítimos e monumentos varios.

Manifestacións de PI: a cosmovisión



A constatación dun importante grupo de xenéricos, que veñen ser o nome específico que recibe cada realidade xeográfica ou topográfica nunha determinada zona. Un seco é aquela parte emerxente nun fondo máis ou menos uniforme, e o limpo é unha superficie do fondo do mar cuberta de area, unha allada é unha mancha de area, a beirada é a franxa ou zona de contacto entre o limpo e a superficie rochosa, unha olga é unha laxe que non descobre coa baixamar e que se pode ollar desde a embarcación, e castizal, brugal, porto, serrón, corveiro mesiña, ladeira, banqueta...

Estamos a constatar o tesouro que supón a toponimia, no caso que nos ocupa a TALASONIMIA, só existente na súa inmensa maioría na memoria dos homes e mulleres vinculados vitalmente ó río e ó mar. Estamos a constatar que a principal fonte de información para construír un rexistro toponímico do mar está a desaparecer e estamos a facer pouco por recuperalo. Ou agora ou nunca.

171

33 As embarcacións fluviais como recurso Xosé Manuel Vázquez

A finais dos anos noventa comezamos a interesarnos pola cultura fluvial. De partida o abandono faise notar: estudos incompletos (pechados arredor das arcaicas e veneradas pesquisas de Xaquín Lorenzo) e desprezo polo propio (barcas elaboradas en madeira de castiñeiro podrecendo en Belesar e en Pincelo, acoso legal aos últimos barqueiros e promoción da Ribeira Sacra na rede con imaxes de embarcacións marítimas). O escaso interese que motivaran as ribeiras era para recoller pezas singulares, logo descontextualizadas en locais de hostalería de Lugo e Ourense, decoración de xardíns en Outeiro de Rei e Vila Nova de Cerveira, alén de exemplares gardados no Museo Etnográfico da Limia, no Etnolóxico de Ribadavia e no Municipal de Caminha. Despois dun par de anos de xestación, en 2001 comeza a traballar o colectivo Barcas do Minho. A experiencia a seguir foi a da emerxente Federación Galega pola Cultura Marítima, coa suma de Fluvial desde 2003 para recoller mellor a amplitude do medio acuático, dinamismo asociativo galego que é debedor das agrupacións do norte de Europa e modelo na Península Ibérica.

Bases de partida Sinalemos de entrada que non se pretende sacralizar un aparello, nin esquecemos que o concepto de patrimonio é unha construción cultural, e polo tanto muda coa sociedade. A barca propia pode sumar, entendendo que serve á comunidade no futuro: o legado patrimonial, repetimos, é unha elaboración social, ideado por alguén nun momento histórico concreto, de acordo cos seus intereses e fins (Llorenç Prats, Antropología y patrimonio, Barcelona, 1997). A pregunta inmediata que debemos formularnos é se temos motivos para manter as embarcacións fluviais, dos significados e da utilidade –como símbolos para representar unha identidade– que a súa conservación reporta para o presente e as xeracións vindeiras. As barcas fluviais son elementos patrimonializables pola súa relación coa natureza, a historia e a inspiración colectiva. Pola contra, a nobreza, a perda de funcionalidade e a escaseza non son criterios admisibles hoxe, por moito que sigan aparecendo resaltados cando se difunde o legado cultural. Lembremos que até a segunda metade do século XX o espallamento das barcas de río foi notorio. Pensamos que todas as vías fluviais de certa entidade contaron con embarcacións. Anotamos a presenza de barcas cando menos nos

33 As embarcacións fluviais como recurso

ríos Miño, Anllo, Támoga, Ladra, Parga, Narla, Asma, Avia e Arnoia; no Sil, Bibei e Cabe; no Limia e Támega; no Navia, Eo e Landro; e no Eume, Mandeo, Tambre, Ulla, Umia e Lérez. A diversidade nas tipoloxías fluviais por nós recollidas, unha decena sen considerar as variantes locais, é unha mostra da riqueza do que foi a densa cultura das ribeiras. Como medios de paso, pesca e lecer deron resposta ás necesidades dos ribeiraos. Contextualizadas debidamente, comprenderemos como todas as formas son válidas, axeitadas á zona na que se desenvolven, e froito de anos de experiencia e de evolución propia. Cando propoñemos unha intervención destinada a potenciar a navegación fluvial de recreo, partimos dunha historia e costumes apenas interrompidos na nosa área cultural –moi estendida nos estados do norte de Europa, chegando a xuntar en SulKava (Finlandia) 8.100 participantes nunha proba de remo e 20.000 visitantes, tendo ademais catro artesáns que gañan a vida construíndo embarcacións, nunha zona que soubo aproveitar para este proxecto o programa de desenvolvemento europeo LEADER II–, tradición que se une á crecente demanda de actividades respectuosas coa natureza, de encontro e de interacción social. Unha liña de actuación presente en mesas de traballo onde se están a abordar alternativas para as embarcacións tradicionais (Ontzi tradizionalak milurteko berriaren atarian. Las embarcaciones tradicionales ante el nuevo milenio, Untzi MuseoaMuseo Naval, Donostia, 2000).

Postulados teóricos Dentro das premisas do etno-desenvolvemento, onde non só atendemos ao rescate, protección e difusión de prácticas culturais, senón que buscamos a participación concreta da comunidade en proxectos definidos segundo os propios valores e aspiracións, procuramos acomodo para a cultura das ribeiras. Este punto de vista teórico leva aparellada unha nova noción de patrimonio. Superado o culto polo obxecto illado, as barcas, pasamos a contextualizalo no territorio, onde para comprender é preciso integrar legado cultural e natural. A visión local enriquece se está englobada no seu contexto, sempre que sexa aberta e plural (mais moitas veces é localista, autosuficiente e pechada –guiada por eruditos locais que defenden unha identidade forzada, en ocasións simples comparsas do poder municipal– polo que resulta empobrecedora). De priorizar unha obra material pasamos a interesarnos polas manifestacións culturais variadas (valores, tradicións, costumes) máis próximas aos veciños das ribeiras que a rodean. As embarcacións, máis que como un valor por si mesmas, considerámolas en canto ás posibles utilizacións que estas ofrecen aos ribeiraos. O emerxente asociacionismo que trata de poñer en valor o patrimonio marítimo e fluvial destaca o uso social do herdado entre as súas finalidades. Alleos ao fetichismo formalista dos museos de estilo decimonónico –que anacronicamente persisten e seguen a proxectarse–, apostamos pola socialización e o desfrute dos bens culturais. Máis alá de pedestais, vitrinas e cordas delimitadoras dos visitantes, inserir as embarcacións na dinámica social é democratizar o patrimonio. 174

Manifestacións de PI: a cosmovisión

Sobrepasado o rescate folclórico, de contemplar só ao público visitante pasamos a darlle prioridade á poboación local, así estaremos preparados para recibir o turismo como factor de mellora territorial. Se a comunidade é forte, o intercambio será enriquecedor para ambas partes. As chaves seguen a ser darlle preferencia aos veciños das ribeiras no lugar de dirixirse só aos potenciais turistas, na vivencia –non na impresión, nin en celebrar grandes espectáculos– e na reciprocidade –de suxeito pasivo a participativo, aberto a interactuar– que integre tamén ao visitante.

Realizacións e proxectos Desaparecida a necesidade de comunicación transversal pola proliferación de pasos elevados, e cortada a riqueza natural manifestada na pesca fluvial (salvo o último tramo do Miño, libre de encoros, e os caneiros de Portomarín e da Terra Cha), quedamos coa ocupación do tempo libre como única alternativa de futuro para as barcas de río. Os primeiros pasos, encamiñados á utilización das embarcacións tradicionais como recurso, estanse dando en variadas activacións patrimoniais: desde as lanchas para o propio lecer dos veciños do Barco de Valdeorras –dirixidos por A Figueiriña-Lanchas do Sil–, ás barcas da Ribeira Sacra –en Monforte de Lemos e no río Miño–, abertas a un posible uso de visitantes de fóra da comunidade ribeirá. A proposta de Barcas do Minho foi o Concello de Lugo o primeiro en acoller encontros de embarcacións e mostras da cultura das ribeiras desde 2001, aposta á que en 2005 se incorpora o Concello de Monforte de Lemos baixo a denominación de Festa do Río, acompañada de paseos en barca polo Cabe no verán, e proxectando un centro de interpretación e unha escola-obradoiro de temática fluvial. Nos últimos anos tamén debemos anotar na área ambiental o proxecto de Terras do Miño (INLUDES-Deputación Provincial de Lugo) e de xeito moi especial a realización do Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira. Na liña do uso social do patrimonio ten maior interese a presenza de dúas embarcacións para os hóspedes nunha casa de turismo rural do Corgo. Barcas do Minho encargouse da produción de mostras itinerantes sobre a cultura fluvial –embarcacións tradicionais, rescatando os derradeiros exemplares acompañados de réplicas navegantes, elaborando maquetas e contando coa colección máis completa de artes de pesca–, chegando a máis dun centenar de localidades galegas e do norte de Portugal. A oferta mellorouse con audiovisuais e publicacións propias. No proxecto do grupo está a necesidade de crear un centro estable sobre a cultura das ribeiras, alén de participar en investigacións, asesoramento e coordinación das realizacións xa existentes. Sabido é, finalmente, que un dos elementos máis intimamente relacionados cos sinais de identidade comunitaria é a recuperación patrimonial. Restablecer as barcas de paseo axuda a entender a natureza e a historia dos núcleos da ribeira, posibilita as relacións sociais arredor do río, engade un símbolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xera unha nova memoria colectiva. Apostamos por fomentar a participación dos visitantes e dos veciños das distintas poboacións no restablecemento e conservación –xa sexa con actividades económicas sostibles ou con ocupacións de lecer– do contorno das correntes fluviais. Miramos ao futuro sabendo que nas embarcacións tradicionais temos un potencial que podemos aproveitar.

175

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo Inma Peniza

A razón deste artigo é o intento de divulgar a existencia dun valioso acervo de construcións de arquitectura popular, que aparecen en ámbalas dúas marxes do río Miño e que aínda hoxe en día son utilizadas para a pesca. O estudo, a protección e o respecto deste valioso patrimonio débese afrontar dende agora xa que corre o perigo de desaparecer. O pasado mércores día 21 de decembro deuse un gran paso adiante neste proceso xa que foi aprobada por unanimidade pola comisión de cultura do Parlamento Galego o inicio do expediente de declaración de Ben de interese cultural ás pesqueiras do Miño. A Consellería de Cultura contará a partir de agora con 20 meses para elaborar o informe final necesario para que o Consello da Xunta aprobe a declaración das Pesqueiras como Ben de Interese Cultural na categoría de Lugar de Interese Etnográfico (art. 8.4 f da lei 8/1995), trátase da maior protección prevista pola lei para os bens culturais desta entidade. Existe unha iniciativa similar para presentar ante a goberno portugués. Estamos ante un fito fundamental dun longo e tortuoso camiño que comezou hai máis de vintecinco anos. Este artigo quere render unha homenaxe a todas aquelas persoas que loitaron por salvar un patrimonio e un río en perigo: Eliseo Alonso, César Portela, Antero Leite, Xaquín Lourenzo, Daniel Pino, Manuel Caamaño, Tarrago Cid, Molinero Llorente, Agustín Ferreira, Luis Dorado, Anxo Saborido e tantos outros. Pero sobre todo, o esforzo esquecido dun pescador de Lampreas de Arbo, Ignacio Gago. Grazas ao seu afán e tesón as pesqueiras iniciaron o camiño da protección legal no ano 1979. Co seu empeño conseguiu que se incoase o expediente de declaración das pesqueiras de Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente como “Patrimonio Histórico-Artístico”. A burocracia é tortuosa e o seu expediente nunca se concluíu, e a protección unicamente acadou os pescos localizados no concello de Arbo, que figuran desde entón como “elementos inventariados”, o nivel de protección máis elemental que considera a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza. Vintecinco anos despois creouse a Plataforma Cívica en defensa do Río Miño formada polos Concellos da ribeira galega do río, partidos políticos de ámbito no Condado, agrupacións ecoloxistas (temos que destacar o labor de ADENCO e ANABAM) asociacións veciñais, culturais, deportivas, escolas e institutos de ensino medio, que pretendía por un lado, a protección integral do Miño, a paralización do construción de novos encoros nas dúas marxes do río e instar de novo á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, a declaración das pesqueiras de todos os concellos afectados como Bens de Interese Cultural (BIC). Dende o IES

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

“Pazo da Merced” das Neves e o IES “Pedra da Auga” de Ponteareas un grupo de seis profesores (Carlos Rei, Baltasar Berciano, Miguel Fernández, Álvaro Groba, Rafael Rodríguez Paz, e Inma Peniza) comezaron a desenvolver unha serie de actividades interdisciplinares e intercentros co obxectivo de revalorizar, recuperar e preservar as pesqueiras do río Miño. Estudar as súas peculiaridades e o patrimonio material e inmaterial aportado polos homes e as mulleres adicados á súa explotación económica. O obxectivo esencial é que o alumnado teña un coñecemento da área xeográfica, do ecosistema e das especies animais e vexetais no entorno do río, dos aspectos económicos e sociais e das características construtivas das pesqueiras. As actividades intentan unha implicación de tódolos elementos integrantes no proceso educativo: alumnado, profesorado, pais e nais. Procúrase incidir na realización por parte do alumnado de traballos de campo que recollan a toponimia, as tradicións, costumes, cancións, bailes, usos lingüísticos propios, costumes culinarios, as festas en torno a este patrimonio. Por outra banda estase intentando incidir na dinámica dos Centros educativos da comarca de xeito que o conxunto da comunidade escolar teña en conta este tema nas súas actividades transversais. O mesmo tempo, estase tentando implicar tamén aos centros educativos da outra ribeira do Miño. Este traballo tivo os seus froitos xa que recibiu o Premio Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego na súa cuarta edición.

¿Qué son as pesqueiras? Dende etapas prehistóricas vense aproveitando a riqueza piscícola dos ríos galegos: troitas, anguías, lampreas, sábalos, salmóns... capturáronse dende sempre utilizando variedades de artes de pesca como canas, liñas, fisgas, nasas, redes lampreeiras, bituróns, cabaceiras, etc. En ocasións utilizábanse embarcacións, pero na maior parte dos casos, as pesca fíxose dende a terra. Para facilitar a captura dos peixes necesitouse erixir unha serie de construcións ás beiras dos cursos dos ríos: as pesqueiras ou pescos son un tipo de construción presente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño). Situadas sempre en lugares estratéxicos, onde se producen as correntes e remuíños e que facilitan a captura dos peixes.

As pesqueiras do Miño Levantadas en forma de sólidos bloques graníticos, as pesqueiras do río Miño levan séculos axudando aos pescadores a pescar lampreas, salmóns, sábalos, sollas... Suponse que xa na Prehistoria a pesca era unha actividade esencial nunha economía de recolección e de subsistencia en ambas marxes do río Miño e como tal, aparecen vestixios da práctica desta arte na época Mesolítica e da etapa Castrexa. Así, temos importantes vestixios líticos (poutadas) ou restos de anzois na zona da desembocadura do Miño. Da época romana temos testemuñas das descricións de autores clásicos como Estabón, Plinio, Gracio e Marcial que confirma a explotación da riqueza piscícola do Miño e a exportación de peixes, especialmente a lamprea, ata a cidade de Roma onde era considerada un manxar exquisito. A romanización seguramente puido traer melloras na construción dos pescos que facilitarían as capturas nos ríos. Pero as primeiras referencias documentais precisas sobre o uso de pesqueiras data os séculos IX e X, trátanse de doazóns reais ou privilexios de construción e explotación a mosteiros e o bispado de Tui. A propiedade das pesqueiras durante a Idade Media era esencialmente eclesiástica malia tamén as haber de señorío nobiliar. Ese ben apreciado polos campesiños e campesiñas como complemento esencial da súa precaria economía agraria de subsistencia, era usufrutuada en réxime foral e o seu beneficio pasou durante séculos en herdanza de pais e nais a fillos e fillas, o mesmo que ocorría co réxime foral no usufruto da 178

Manifestacións de PI: a cosmovisión

terra. Así creouse unha rede de multiplicidade de beneficiarios dese usufruto que foi diluíndo o papel dos verdadeiros propietarios que recibían a cambio o pago do foro en especie (lampreas, sábalos). Sobre o usufruto da pesqueira tamén recaía o pago do desmo á Igrexa e o pago de impostos o Rei. A propiedade e o usufruto das pesqueiras creou serios roces e enfrontamentos non so entre señores e campesiños senón tamén entre as poboacións das dúas marxes do río. Logo da independencia do reino de Portugal en 1640, encontramos verdadeiros enfrontamentos entre os dereitos dos propietarios e os usufrutuarios desa pesca que levarán por exemplo a que a única peza teatral da época escura que se conserva sexa unha obra do licenciado Feixoo de Araúxo, suponse que oriúndo da raia do Miño e que debeu vivir entre os séculos XVII e XVIII e que escribiu o “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” a primeira peza coñecida de teatro en lingua galega, que se conserva na Biblioteca Nacional de Madrid. O argumento da peza é sintomático da importancia que o uso e beneficio dos pescos tiña para os pescadores das dúas ribeiras do Miño. Trátase dun episodio de enfrontamento fronteirizo entre os veciños de Caldelas de Tui e os do veciño Portugal acabando o episodio nun trato e unha festa pacífica. É de destacar a linguaxe usada na obra, popular da ribeira do Miño e da que aínda agora se conservan algunhas expresións, ademais as diferenzas entre a lingua das dúas marxes que se recollen son mínimas. Na Idade Moderna o Catastro do Marqués de Ensenada (S. XVIII) fai un inventario deste patrimonio e xa recolle referencias ao número de pesqueiras existentes no Miño, así como aos beneficios que acadaban os seus titulares. Na vila de Arbo existen documentos do século XVIII denominados tabalas (verdadeiras xoias documentais), nos que se fixa o rexistro da propiedade das pesqueiras, os días de pesca, a feitura das redes, como armalas e incluso a técnica de construción dos pescos. A desamortización liberal do século XIX vai a incidir na liberalización do foro eclesiástico e señorial en beneficio dun entramado de múltiples copropietarios en réxime de herdeiros (similar o dos muíños) que perdurou ata fai poucos anos. Actualmente UNIÓN FENOSA, na marxe Galega do río e ELECTRICIDADE DE PORTUGAL por parte da raia Portuguesa, son os propietarios do 90% dos pescos dende Crecente ata Salvaterra. O proxecto de construción de tres minicentrais no tramo libre do río Miño entre Frieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular. Así mesmo é esencial recordar que unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron xa para sempre pola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar. As pesqueiras son construcións ciclópeas feitas a base de grandes cachotes de granito que se chaman poios e que, segundo o tipo de pesqueira poden ser dous, tres ou catro. Arrancan xusto da beira do río e adéntranse diagonalmente nel, no sentido sempre da corrente (ás veces pode ser paralela a ela). O corpo das pesqueiras levántase en cachotería concertada construída a seco, isto é, sen argamasa. Segundo o arquitecto César Portela (1985), nas últimas décadas tense incorporado a argamasa, grampas de ferro e incluso o formigón. Entre os poios fórmanse estreitos canellóns ou rúas, de menos de un metro, entre os que discorre a auga do río e na que se coloca a arte de pesca. Cada poio pode 179

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

medir entre 4 ou 5 metros de longo, dous metros de anchura e de 4 a 6 metros de altura. As pesqueiras fúndense coa paisaxe rochosa das ribeiras do río e confúndense coa natureza nunha fusión de rara beleza na que é difícil distinguir onde empeza a obra do home e onde empezan os elementos da paisaxe natural. A pesqueira é así un compendio de séculos de sabedoría acumulada das persoas que viviron do río e co o río en plena simbiose. Segundo a forza que leve a corrente das augas do río ata a desembocadura podemos atopar tres formas diferentes de pesqueiras: ❙

As que se sitúan nos rápidos dos ríos, onde a corrente é maior, trátase tamén da tipoloxía máis numerosa, está formada por varios muros ou poios. Estes poios dispóñense de maneira graduada desde o punto de vista volumétrico, perdendo altura a medida que penetran no río. Estas construcións aprovéitanse para utilizar a arte de pesca do biturón, trátase dunha rede en forma de funil que se coloca nas rúas contra corrente. ❙ As pesqueiras que se sitúan en augas máis tranquilas, un dos poios adéntrase ata un terzo no río a modo de represa impedindo a subida do peixe río arriba e utilízase tamén o biturón. ❙ Na zona de Arbo, utilízase un único muro ciclópeo de cachotería de granito de forma trapezoidal ou de paralelepípeda, que se ergue á beira do río, ben de forma oblicua ou paralela ao leito, e adéntrase un terzo no río (en ámbalas dúas ribeiras, a galega e a portuguesa) utilizándose aquí unha arte de pesca chamada rede cabaceira, máis grande que o biturón. Actualmente as pesqueiras que se conservan están englobadas nunha zona restrinxida do Baixo Miño, de máis de 30 quilómetros, seguindo o curso do río dende o concello de Crecente, Arbo, Salvaterra, e Caldelas de Tui pola marxe galega e dende Paços ata Lapela pola marxe portuguesa. O número de pesqueiras en produción non fixo senón diminuír progresivamente, pasando dos 700 exemplares útiles no ano 1963 aos 450 do ano 2004 (243 na marxe galega, dos que só se utilizan a metade). O mesmo tempo, o número de capturas descendeu de maneira alarmante nas últimas décadas. A contaminación das augas, a sobrepesca, as areeiras e os encoros son os causantes da perda de vida do río. Para concluír, temos que engadir que a protección das pesqueiras ten un papel esencial na revalorización da paisaxe natural e cultural de ambas ribeiras do Miño. A súa con180

Manifestacións de PI: a cosmovisión

servación e protección son esenciais para dinamizar un desenvolvemento integrado e sostible do curso final do río, a última zona ceibe e con vida natural, que porta unha riqueza material, inmaterial e natural que é propia do noso acervo cultural dende hai séculos e que é deber esencial transmitir ás xeracións futuras. A natureza, a pesca, a paisaxe, as construcións populares, o turismo, o deporte de aventura, a gastronomía teñen que ser vieiros para dinamizar un territorio no futuro. Debemos concienciarnos da necesidade de preservar o noso patrimonio como parte da nosa identidade cultural que está a piques de desaparecer por un proceso atroz de aculturación que nos leva á desaparición como entidade cultural. Polo tanto, cómpre manter na memoria colectiva as nosas raíces e o noso patrimonio.

Bibliografía ANTERO LEITE: As pesqueiras do río Minho. Economía, sociedade e Patrimonio. Caminha 1999. Alberte REBOREDA: “As Pesqueiras do río Miño, Bens de interese cultural”. A Trabe de Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico. Nº 60 Tomo IV ano XV 2004. Xaquín LORENZO: O Mar e os ríos. Editorial Galaxia 1982. Eliseo ALONSO: Pescadores del río Miño. Deputación de Pontevedra 1989. Manuel CAAMAÑO SUÁREZ: As Construccións da arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico de Galicia. Consello Galego do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 2003. Staffan MÖRLING: Las embarcaciones tradicionales en Galicia. Santiago 1989 Ernesto IGLESIAS ALMEIDA: Notas históricas del Bajo Miño, Puertos, Barcas, Pesqueras. Tui 1888. Cadernos Museo do Pobo Galego: As construccións adxectivas. Museo do Pobo Galego. Santiago. Agustín FERREIRA LORENZO: Monografías de la Asociación Naturalista “Baixo Miño” Anabam Nº 9: Guia para andar por el estuario del Miño. Agustín FERREIRA LORENZO e Luis DORADO SENRA, Monografías de la Asociación Naturalista “Baixo Miño” Anabam Nº11: A Costa do Baixo Miño. Olga GALLEGO DOMÍNGUEZ: As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime. Ourense 1999

181

35 38

Manifestacións do PI: o universo artesán

35

A tradición, un patrimonio para o futuro

36

Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

37

As olerías de Sober: unha experiencia

38

Os derradeiros batáns de Galicia

José Antonio González Fernández

Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

Tomás López González

Manuel Suárez Suárez

35 A tradición, un patrimonio para o futuro José Antonio González Fernández, Toño O Cesteiro

Con este lema preséntanseme un grupo de persoas sensibilizadas co deterioro e a decadencia dunha cultura na que nos criamos e que hoxe en día está sendo arrasada por outra allea que destrúe o acadado por séculos de traballos e acumulación de saberes, en prol duns intereses multinacionais que queiman a terra, esgotan o mar e polúen o aire. Síntome fondamente identificado con eles e dende a miña posición intencionada de AldeanoCesteiro tentarei mostrar a miña visión do asunto da Tradición e o medo que teño a vivir nun mundo sen terra, sen mar e sen aire. Un cidadán medio de calquera parte do planeta consome de noventa a cen veces máis enerxía da que realmente precisa, xerando unha destrución do medio ambiente como nunca se producira na historia da humanidade. O aldeán con cultura tradicional, pola contra, mellora o medio que habita, constrúe cos materiais que ten cerca, planta árbores, cultiva a terra de forma biolóxica, etc. A política franquista da segunda metade do século pasado de achegar man de obra aos centros de produción das cidades, situounos aos aldeáns en clara desvantaxe e inferioridade á hora de defender o noso dereito de vivir e crecer nas nosas aldeas, de maneira que hoxe en día xa non emigramos para vivir máis folgados economicamente, senón por pura necesidade, quedando grande parte do país a monte. A transmisión da tradición oral facíase nas aldeas de maneira directa e automática, cada casa e cada porta tiña un portador dalgún saber necesario para o sostemento da vida cotián. Gaiteiros, ferreiros, canteiros, cesteiros, tecedeiras e todos os demais oficios que formaban o tecido vital das aldeas de Galiza raramente eran practicados a tempo completo, senón compartidos co resto dos labores agrarios propios de cada época do ano. Ademais, é moi común o dominio de varios saberes pola mesma persoa. Hoxe en día os centros de produción están illados das persoas, especialmente dos nenos, xa non poden aprender directamente senón a través de terceiros. Incluír a ensinanza da Tradición Oral nos colexios e mesmo na universidade paréceme imprescindible se queremos manter a nosa identidade. Dende hai uns anos adico parte do meu tempo a ensinar cestería en cursos organizados ao tempo que fago exposicións de cestería tradicional de Galiza en colexios e festas culturais. Esta actividade deume a oportunidade de mostrar en público a gran riqueza que rodea a nosa cestería. Aquí, falando de cestos, falo das árbores que empregan os cesteiros, árbo-

35 A tradición, un patrimonio para o futuro

res autóctonas (sanguiño, carballo, castiñeiro, salgueiro, cerdeira brava) que adornan as nosas ribeiras acubillando e alimentando unha gran diversidade de fauna, en contraposición comento os piñeiros e eucaliptos que á parte de non servir para cestear queiman e afean a terra onde son masivamente cultivados. Nomeo e mostro recipientes para o transporte, exposición e almacenamento de produtos cultivados e elaborados no noso país, en contraste co costume actual de abusar dos envoltorios plásticos que os supermercados se encargan de obrigarnos a consumir e que tanto prexudican o medio ambiente. Falo tamén do grande amor e arte con que a nosa xente se adicaba aos labores cotiáns, así di a cantiga: Miren os cestos e mírenos ben que como eles non os fai ninguén. Iste cestiño foi feito con cariño e amor. Non é prata nen ouro máis belo como unha flor O meu cestiño de verga que vai á mesa do rei. Miña alma por ti morre, A túa por min non sei Dado o secular illamento de aldeas e xentes, cada comarca ten os seus propios cestos, distintos materiais, técnicas e formas para os mesmos usos. ❙ ❙ ❙

188

Os grandes culeiros de castiñeiro ou salgueiro teñen con eles a historia dos socalcos da Ribeira Sacra. As esportas, patelas, medidas e lavaxes contan faenas mariñeiras e de regateiras. O paxe das cunchas de Viveiro permítenos lembrar como as algas e as cunchas da beiramar servían para enriquecer as terras de cultivo e endurecer as cascas dos ovos das galiñas.

Manifestacións de PI: o universo artesán

❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

As nasas do Miño deixaron de ser útiles cando os encoros trancaron o río e as anguías xa non puideron traspasar Frieira. O cesto do millo da Baixa Limia permite mostrar o proceso completo do pan dende a leira ao galleiro. A cesta do fuso atesoura riquezas de la e liño, mazarocas e novelos, tesouros femininos. Cacipos que noutrora rebordaban de troitas en calquera regato, o que hoxe é só unha lembranza. Curuchos de palla centea que protexían as colmeas das inclemencias do tempo. Sombreiros e corozas que facían o mesmo con homes e mulleres. O cestín do furón dos Ancares onde se transportaba este bicho e que fala do tempo en que os coellos inzaban o monte ata que unha peste do “progreso” deu cabo deles. A cesta galocheira, forte, rexa, percorrendo camiños coa ferramenta dos moitos oficios ambulantes que se exercían no país: cesteiros, zoqueiros, carpinteiros, etc. Sonoros axóuxeres para arrincar sorrisos da face dos meniños. Grandes canastros de varas que mostran fartura, xa que neles se gardaba o millo cando a colleita non cabía nos cabazos de pedra.

E así un sen número de pexas, cada unha con historias que contar e que convén manter vivas para que un patrimonio tan rico siga formando parte dunha industria ecolóxica, barata, sostible, que aproveita uns recursos que hoxe arden a cotío por mor do descoido do noso agro e que nos identifican como pobo. O fomento da cultura tradicional faranos máis capaces de afrontar o inevitable esgotamento do petróleo e de colaborar activamente na redución da emisión de gases de efecto invernadoiro.

189

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas) Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

X: ¿Por que razón vos adicades a isto? I: Eu creo que unha das razóns que influíu en nós os dous foi o feito de ternos criado no estranxeiro e ter recibido un patrimonio… Eu, no meu caso, nacín aquí, marchei sendo moi nena, e entón isto, para min, era o ideal. E aínda coñecín a vida tradicional. Cando volvín, xa con 17-18 anos, esa vida estaba desaparecendo, e xa foi unha obsesión: aprender as cousas, que non desapareceran, que quedaran, contos, lendas, sistemas de curación, todas estas cousas. R: Eu algo parecido, o que pasa é que creo que tiven a gran sorte de ter un pai que me transmitiu tan forte, tan forte as súas sensacións e as súas vivencias, que eu cada vez que viña tiña ganas de non volver para onde estabamos. X: ¿Poderíase dicir que a emigración, que normalmente se considera negativa, puido ter algún efecto positivo en vós de cara a valorizar a cultura tradicional? R: Eu porque era algo totalmente distinto de onde estaba que me identificaba moito, neste caso cos meus pais, e eu xa dende moi pequeno fun revolvendo en todo o que encontraba vello e con todo o que tivera algo que ver co que me contaba, máis que nada do seu avó. I: Eu, por exemplo, cando volvín, nos anos 70, cando todo se volvía plástico, desprezábase totalmente o antigo, eu reaccionaba ao contrario. Eu, claro, do plástico xa viña. Entón a min o que me gustaba era o antigo, que me contaran os contos de antes, que me falaran desas cousas. No noso caso foi positivo, a ese nivel. X: Describide moi brevemente o contido da vosa actividade. R: O que facemos é unha cousa, o que pretendemos facer é outra. Rexentamos o pequeno museo etnográfico do Castelo de Vilasobroso, a través dun convenio que temos co Concello, que pon o local e nós poñemos o resto, e sentímonos moi contentos e moi felices de saber que todo o que está dentro é noso, por dicilo dalgunha forma. Non porque sexa noso como propiedade, senón porque é noso como traballo. I: O que fixemos foi iso, recuperar todo o proceso do liño e da la, e de confección de cousas, sobre todo das que teñen utilidade para os fogares. R: E despois aínda temos a parte de conservar todo o que temos, e temos feito, tanto a nivel particular como en conxunto, o que son reproducións auténticas feitas por nós dalgunhas das pezas vellas que temos. Sobre todo téxtiles.

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

I: E finalmente, claro, como temos que comer, damos o grande salto, que tivemos que montar tamén unha tenda. Porque só a outra parte non dá. X: ¿E como diciades antes, que é o que vos gustaría poder facer? R: Dedicarnos única e exclusivamente a manter, a conservar e a buscar máis para ensinar, non ter que traballar como tecedor e como bordadora, non ter que vender como tendeiros, vamos, senón á outra parte. I: A recuperación, a transmisión, a conservación. X: ¿E como se podería conseguir iso? I: Con fondos públicos. É imposible facelo só dende unha empresa privada. R: Claro, se nos poñemos alí explicándolle aos nenos, días e días un detrás doutro, e despois queres ir a unha aldea e botar toda unha tarde cun vello de charla e recoller todo iso para transmitilo, entón como comemos? I: A nós o da roupa gústanos moito, e o proceso téxtil gústanos moito, pero temos información sobre curacións, sobre cociña, sobre contos, sobre música, sobre cantares, danzas, traballos da aldea, sobre un montón de cousas. E por outra parte sería marabilloso, pillar unha das moitas aldeas abandonadas que hai e alí montar unha aldea cos traballos que hai e co resultado dos traballos, e tamén como “ecoaldea”, non? X: Cres, entón, que o patrimonio inmaterial incorpora tamén valores de respecto á natureza, ¿ou que? I: Si, Si. Nós cremos nos costumes e nos produtos feitos con materias propias pero tamén valoramos a relación que toda a vida tivemos co campo e coa Natureza, e que era perfecta. Galicia decaeu cando rompemos esa relación. Fíxate, en Galicia, en concreto nas Cortellas (Ponteareas), organizouse a mediados dos oitenta o primeiro curso de “permacultura” que houbo en España, e a mestra que veu, cando mirou como plantabamos, cando mirou unha veiga na cal había viñas, na cal había millo, había nabizas, había feixóns, había xudías e calacús, dixo: isto é permacultura, non tedes que aprender nada dos americanos nin dos australianos, isto é permacultura. X: ¿Como recibistes ese saber, de que forma chegou ata vós? R: Eu no meu caso metérame en cursos de restauración e conservación do téxtil, e unha vez que montamos todo o rollo, entre os dous, pasamos a aprender a tecer, porque tiñamos os traxes, eu tiña unha parte de roupa e ela tiña todos os trebellos do liño. E aprendemos a tecer e a fiar. E unha vez que aprendiches, o mecanismo o máis básico, despois de aí en diante sempre fun autodidacta. I: E eu no meu caso, pois a última muller que había e que aínda traballara no liño, e aínda recordaba todo o proceso, falei con ela para que me ensinara. E logo, gustoume e fun a Madrid a facer un curso xa para aprender outras técnicas, que aquí non se aplicaban pero porque me gustaba tinxir, fun cunha das grandes artesás do téxtil de España, non? E logo, claro, cando se organizou o curso este de animación sociocultural, eu daba este curso, e eu non podo evitar, nos cursos de animación sociocultural sempre falo da cultura popular… E Rafa, que era alumno, e eramos dous chalados, movemos a todos os demais a organizar o Obradoiro de Noutrora, unha iniciativa pioneira nosa para achegar as escolas e a sociedade aos artesáns tradicionais locais e que tivo moita repercusión. 192

Manifestacións de PI: o universo artesán

X: ¿En que consistiu ese Obradoiro? R: Dividiámonos en grupos de traballo, e uns ían buscar os telleiros, outros levaran os cesteiros, outros levaran unha señora que viña tecer, e chegamos a un punto que non tiñamos nin ocos, que estabamos todo o tempo seguido atendendo rapaces das escolas. Que nós pensamos en dous días e ao final quedaron catro, a cousa impresionaba. E entonces a cousa quedou así, acabou o curso, e entón Ilda e eu, nun momento determinado, dixemos: e que imos facer con todo isto que tes ti e que teño eu, parado na casa, alí metido? Sería bo que fixesen algo aquí. E propuxémoslles a idea. Pero houbo que dárllelo todo masticadiño para que despois eles dixeran: Pois bueno, pois si. Botamos tres anos para montar o tinglado. E montado o tinglado, cuns convenios que había, co organismo oficial de turno, botamos tres anos, pero tres anos enteiros, os dous traballando e atendendo ao tinglado. A nosa ilusión era conseguir recuperar o máis que se puidera, expoñelo, conservalo, e divulgar dalgunha forma en todas as áreas que nos fora posible, e facer incluso talleres, que chegamos incluso a levar algún no verán, onde cocéramos o pan, e se fixeran cousas de barro, e fiaran, e teceran, e todo iso, esa era a idea. Ir mostrando todo, aínda que fora por fases, ou por épocas do ano, xa se distribuiría como fora. Pero aquilo era moito. X: ¿E como reaccionaban os artesáns a esa proposta vosa? R: Había de todo. Polo xeral, bastante ben. O que pasa é que tiñan que… a ver, estaban cansos, cansos de traballar. Entón, cando nós chegamos e lles dicimos: por que non vides con nós un día para alí? Mira, levade a quen queirades, a min deixádeme en paz, levo toda a vida de Dios facendo cestos, e agora estou retirado, a min xa me chega ben, non quero facer máis cestos ningúns. Entón, o que pasaba era iso, que eles xa estaban un pouco aburridos, pero despois, tamén tiñan a outra parte, que era como un recoñecemento ao seu traballo, un recoñecemento público, da xente que viña, e entón, a veces, chegamos nalgún punto, por exemplo coa señora que é tecedora, que tivemos que mandala para casa porque ela aínda seguía vindo. Collía o autobús desde alá, de Mondariz, e seguía vindo, xa coa feira desmontada, porque ela quería seguir tecendo. X: ¿Vedes algún futuro para estas actividades? I: A artesanía, como artesanía tradicional, é moi difícil que comercialmente a saques adiante. Vai adiante a artesanía nova, con bixuterías, con non sei que máis, que son os artesáns que hai hoxe en día. Artesáns tradicionais, quedan os catro vellos, que a medida que se van xubilando o deixan. R: A nivel artesáns témonos movido, de feito bastante, non só por aquí, estivemos en Intergift (feira internacional bianual dos agasallos en Madrid), estivemos en Bilbao, en feiras grandes. E entón dáste conta de que a artesanía non ten moi boa… Non caben todas, nin moito menos. Porque na de Intergift, por exemplo, un día chegounos un señor que estaba namoradísimo das alfombras que facemos nós, e preguntoulle a Ilda cántas facíamos ao día. I: “Qué producción tienen diaria?” Diaria… home, ao mes, a veces facemos unha alfombra. A veces. 193

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

X: ¿Pero se houbese unha boa rede de comercialización, o produto en si podería ter un prezo rendible? I: Se realmente houbese un respaldo, real, detrás da artesanía, que a nivel institucional se crearan redes, se crearan marcas, denominacións de… calidade, ou o que fora, e houbese apertura cara mercados que realmente aprecian iso, si. Pero, agora, que tes que comerciar ti co Corte Inglés, que che di que deixes o teu produto, e que tres meses despois de telo vendido cho van pagar, triplicando o prezo eles, ti aí non podes… R: Téñense feito campañas, todos sabemos que se teñen feito campañas de artesanía de Galicia e todo o demais, pero o que pasa é que cremos que non están todo o enfocadas que deberían. A veces temos falado isto entre nós, e parece que hai como a creación dunha imaxe, sen chegar a beneficiar ao produtor. I: E por exemplo, unha idea que temos, a de montar aquí un mercado de principios de século, que hai imaxes, hai memorias, e quen ten memorias dunha feira medieval? E o interesante de organizar esa feira proposta por nós sería que o que fai falta precisamente é xente que veña cos cestos e que venda as cestas, e xente que traballara as cabazas, que precisamente aquí había unha feira das cabazas, etc.. X: Se houbera algún tipo de control da organización desas feiras… I: Iso é o que pedimos os artesáns. É que por exemplo hai unha inxustiza patente, non? Ti, por exemplo, es artesán pero non estás dado de alta, e eu son artesá e estou dada de alta, e resulta que imos a unha feira onde imos pagar 300 euros por posto, ti gastas os teus 300 euros e despois todo o que vendas lévalo para a túa casiña, pero eu pago os meus 300 euros igual ca ti e despois aínda teño que pagar impostos, seguridade social e todo o demais. Non estamos en igualdade de condicións, e iso non se respecta en absoluto. X: Iso podería ser tamén unha reivindicación. I: Home, por favor, é que como mínimo, equipararnos aos campesiños, ao seguro agrario, non? Ou que distingan. Por exemplo, un rapaz que coñecemos de Madrid, que ten un taller de fundición de vidro, artesanal, con 20 empregados, ao mellor pode pagar uns seguros normais. Agora, un tecedor, que ten que pagar tódolos meses trinta e pico mil pelas de seguridade social … Hai que sacar aos artesáns da economía irregular, porque moitos quererían estar dados de alta, xa que o día de mañá tamén aspiras a ter unha pensión e o que sexa. R: Aquí hai algo que eu non sei ben como, pero que habería que buscar unhas condicións específicas e especiais para os que facemos estas actividades artesanais. E despois unha axuda pública para os que fagamos a outra parte, a de divulgación, para a parte cultural. I: E despois, no caso particular daquela artesanía tradicional en vías de desaparición, que aquelas persoas que aínda saben facer eses traballos teñan unha recompensa e un recoñecemento. O que se fai en Xapón. O mestre tal, de tal artesanía, cobra tanto ao ano por ter tantos alumnos, pero ese alumno vai ter que estar con el un ano ou ano e pico ata que demostre que o sabe facer. R: O malo é que hai moitos cartos para moitas historias, pero volvo a dicir o mesmo, estarán mal encamiñados.

194

37 As olerías de Sober: unha experiencia Tomás López González

Aínda que eu empecei en 1998, non sei certo se o meu interese pola olería vén dunha tía avoa, da influencia das telleiras de Canabal ou do propio misterio de facer unha peza de barro de distintos xeitos. Despois de traballar fóra de Galicia, cando regresei, no ano 82, unha das primeiras preocupacións que tiven foi falar cos oleiros e ver como traballaban. Acudín dúas ou tres veces a Gundivós. O meu novo traballo daquela era en Tui e, ben perto, nas Gándaras de Budiño, había unha familia alfareira, os Cortiñas, á que visitei con frecuencia. Eran pai, nai, unha filla e un fillo de quince anos, aínda que o xeito de traballar deles era en roda alta que ten pouco que ver co xeito de traballar a olería coñecida como de Gundivós. Para quen non o saiba, Gundivós é unha parroquia do concello de Sober, en plena Ribeira Sacra. En Sober había varias parroquias onde se traballaba o barro. Ademais de Gundivós estaban Liñarán, Figueiroá, Neiras e algunha outra. Pola metade do século XX fóronse acabando todos os oleiros. Uns emigraron a Asturias, outros a Suíza, Francia e Alemaña. No ano 82 volveu de Europa Obdulia, máis coñecida por Lula, e Alonso volveu de Asturias. Foi por ese tempo cando, entre eles que puxeron os xarros e os viñateiros de Amandi que trouxeron o viño, se montou unha mostra que hoxe é coñecida como a Feira do Viño de Amandi. Iso animou a outros oleiros, como Ventura, Federico e Agapito, a retomar o traballo. O de facer xarros comezaba de novo a dar cartos, recuperando aquel fío que rachara nos 50-60 coa chegada do plástico. No ano 1998, por posibilidades de traballo, puiden achegarme a Gundivós e aprender como traballaban Alonso, Lula e principalmente Agapito. Uns meses despois a Deputación e o Concello promoveron un curso de aprendizaxe desta olería, no que impartiron clases Agapito e Alonso, repartindo os alumnos, unha ducia, entre os dous. O curso foi en dúas etapas. Despois de rematar, no 2000, só seguimos Otilia e máis eu. Neste momento, a situación é a seguinte: Alonso e Federico morreron, Lula e Ventura están moi maiores e non traballan e Agapito xa está canso. Permanecemos activos catro oleiros: Camilo en Monforte, Otilia e máis eu en Proendos e Elías en Gundivós.

A olería en roda baixa A olería de Sober faise distintamente á do resto dos oleiros tradicionais de Galicia. As que máis se coñecen son en roda alta, pero a forma máis primaria de facer barro é en roda baixa que é a que utilizamos nós.

37 As olerías de Sober: unha experiencia

A técnica de facer as pezas é o enrolado con churros ou cerillotes. Sobre a base ou cu da peza aplícase o enrolado. A roda úsase para o centrifugado do barro, con ela dáselle a forma axeitada. O barro que empregamos non é un barro comercial. Témolo que buscar nas parroquias de Bulso, Santa Cruz, Figueiroá e Proendos. Temos dous tipos de barro: o farabullán que se usa para os asadores e cazolas, e o correúdo que serve para olas, xarros e demais pezas. O forno que empregamos correspóndese coa figura dun cono truncado e invertido, de pedra, e aberto por riba. A cocedura, entre a carga e o atizado, vén levando sobre nove horas. Quéimanse toxos, carqueixas e xestas. Esta olería conta con 45 tipos distintos de pezas tradicionais, tales como ámboas, escorrecubas, xarros, olas, meleiras, barreñóns, etc. Non eran decorativas, eran útiles campesiños. Hoxe en día séguense a usar, pero, agora si, con finalidade principalmente decorativa. O color que máis se lle coñece na actualidade é o negro, aínda que tradicionalmente só se facían negras tres pezas: a ámboa, o xarro e algúns escorrecubas. Unha peculiaridade tamén desta olería é a impermeabilización, que se fai con pez (resina de piñeiro). Noutras olerías úsanse esmaltes. Tanto as formas, sobre todo o xarro, como a impermeabilización, son moi pouco frecuentes, se cadra únicas, hoxe en día en Europa.

Pensando no futuro Desde o punto de vista institucional hai que ter en conta que as obras públicas que se fan e as instalacións que se crean (por exemplo no sector turístico, caso de paradores, casas de turismo rural, etc.) están obrigadas por lei a que o 30% do investimento de decoración sexa en artesanía da zona. Mais o certo é que esta norma non se cumpre. As pezas dos paradores son iguais en Monforte que en Sevilla ou en Cataluña. Algo semellante sucede coas caixas de aforros que decoran algunhas das súas instalacións con pezas de importación, traídas non sei se do sueste asiático ou doutros lugares. Hai que ter en conta que o cumprimento da norma anunciada antes sería máis relevante polo seu efecto sobre a divulgación das obras que pola súa propia contía económica. 196

Manifestacións de PI: o universo artesán

Tamén é importante a aprendizaxe na escola e sobre todo a transmisión. É dicir, algo tan doado e elemental como que os rapaces saiban da olería que se fai na súa comarca, case sempre unha vella e bela descoñecida. No meu caso persoal, podo dicir que me gustaría transmitirlles o oficio aos meus fillos. De feito a filla máis nova algo empeza a facer. Mais non me sinto con ánimo para introducila, cando menos coa idea de que sexa o seu medio de vida. Por outra parte, non penso que o camiño que se deba seguir sexa o de converter os artesáns en industriais da olería, unha especie de fabricación que acabaría coa artesanía e que ademais atoparía moita competencia. O traballo dos ferreiros, oleiros, cesteiros e algúns máis debería ser considerado, na miña opinión, máis que artesanía a secas, artesanía etnográfica.

197

38 Os derradeiros batáns de Galicia Manuel Suárez Suárez

No concello de Vimianzo (Terra de Soneira) a Deputación Provincial da Coruña mercou en 1998 os batáns e muíños do Mosquetín coa finalidade de convertelos nun conxunto etnográfico que fose tamén unha homenaxe aos bataneiros e muiñeiros que traballaron durante máis de 250 anos na beira do río Grande. O Mosquetín é o lugar máis pequeno –só dúas casas– e tamén máis solitario de todos os que forman a extensa parroquia de Santa María de Salto que está constituída ademais por estes outros: Cainzadas, Castro, Castromil, O Careixo, Reboredo, Reparada, Señorás e Torelo. Ata 1966 os batáns estiveron funcionando sen interrupcións xa que despois os seus donos lle venderon os dereitos da auga á empresa que instalou alí unha piscifactoría aínda que seguiron abatanando para cumprir con encargos ata 1970. Os históricos batáns do Mosquetín case con certeza foron os últimos que funcionaron en Galicia e a súa ben gañada sona facíalles recibir siareiros das comarcas de Bergantiños, Soneira e Xallas. Nos tempos antigos, cando a industria da lá aínda estaba en mans artesanais, o batán era un elemento imprescindible para complementa-la elaboración dos tecidos. Os tecidos caseiros, feitos con fío fiado na roca e tecido en teares manuais que había nalgunhas casas de cada aldea ou parroquia, presentaba á saída do tear unha contextura frouxa, pouco densa e pouco firme, que se esfiaba doadamente. Requiría unha operación especial de acabado. Os tecidos de la debíanse abatanar, especialmente aqueles destinados a soporta-la chuvia e o frío e particularmente as mantas. Abatana-los tecidos é batelos fortemente en mollado durante bastante tempo, para aperta-la trama e mesmo a tea, amalgamando as fibras, así váiselle quitando o pelo e transformando nunha pasta feltrosa, homoxénea e forte, como un feltro. Ó mesmo tempo, o tecido lávase e desengráxase da sucidade e restos da suarda natural de la ou do aceite e demais produtos con que se prepara antes da fía, con auga e xabón, que ó mesmo tempo os limpa das fibras soltas. O batán –tamén chamado folón ou pisón noutras zonas—é unha máquina movida por forza hidráulica, composta por uns grosos mazos de madeira movidos por un eixe, que serve para bater en mollado o tecido saído do tear, para aperta-lo seu entramado e amalgamalas fibras, ó mesmo tempo que o lava e desengraxa. Tódolos batáns tradicionais son aparellos moi rudos e primitivos, moi pesados, feitos case na súa totalidade en madeira rudamente traballada. Esta madeira é de carballo para

38 Os derradeiros batáns de Galicia

que resista mellor a humidade, unicamente o groso eixe e as paletas do rodicio son de piñeiro. A utilización da madeira case en exclusiva quizais se deba a que o emprego do ferro podería racha-lo pano. O seu principio mecánico é moi simple, constando de tres pezas fundamentais, independentes pero relacionadas entre si e en conexión unhas coas outras: unha caixa, dous mazos e unha roda. Partes do aparello: 1º. A caixa é unha sólida e resistente armazón (a mesa), asentada no chan do edificio, que conta cunha cavidade aberta na parte dianteira (a pía); é aquí onde petan os mazos, sobre o tecido por abatanar. 2º. Os dous voluminosos mazos descansan no interior da pía e van pendurados dunhas bisagras por encima da mesa, cando se poñan en funcionamento vanse erguer alternativamente para petar na pía como martelos e bate-lo tecido alí situado. 3º. A roda, disposta verticalmente é a que vai poñer en marcha o mecanismo ó virar impulsada pola forza continua da auga dun río, que chega ó aparello mediante unha canle artificial aberta no extremo dunha represa, á súa vez, vai facer virar un groso eixe onde se insiren, en puntos diferentes, dous espigóns en posición perpendicular un con relación ó outro, que van se-los que consigan ergue-los pesados mazos. FICHA TÉCNICA. Batáns do Mosquetín [Salto-Vimianzo-A Coruña] Denominación

batán.

Tipoloxía

roda interior, propulsión inferior, manlles de petada horizontal.

Material predominante

madeira de carballo. 1. trabes da mesa 2. pía 3. contrapé A) a mesa do batán

4. postes da mesa 5. tiradores 6. travesas 7. xugos 8. coloucóns 9. cravillas

As partes do aparello

10. manlles B) as manlles: 11. almancas

11a. zapatas das almancas

12. eixe 13. levadoras 14. veos C) o eixe:

15. buxas 16a. cambas 16. rodicio

16b. rellas 16c. penas

* O sistema de abatanamento

200

Manifestacións de PI: o universo artesán

Estrela Lema Andujar é descendente de Antonio de Romar quen en 1753 aparece no Catastro de Ensenada como posuidor dun dos batáns do Mosquetín. Os pais, avós, bisavós e tataravós de Estrela foron bataneiros e ela participou arredor de 1970 nos últimos abatanamentos. Así lle comenta ó prof. Lema Suárez, autor do traballo inédito O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín: “Ós nosos batáns traían mantas para abatanar desde moi lonxe: desde Carballo e mesmo desde a parte de Noia; aquí chegaba xente de Serramo, de Baíñas, da Picota e como é natural de toda a nosa redonda. Antes había moitos rabaños de ovellas; non lonxe de aquí, eu acórdome de Fruitoso, das torres do Apalzaduiro (Nande), que era ovelleiro e vendía moita la. Rapábase a la das ovellas, lavábase e cardábase; despois fiábase no fuso e na roca e preparábase no tear. Pola comarca aínda había uns cantos teares en casas particulares: en Reparada (Salto), en Lamas, Tines, Serramo, Borneiro... As mantas viñan do tear como as redes, cos fíos moi separados entre si, ou aínda peor cás redes, pois cabían cumpridamente os dedos entre os fíos. Cando o cliente nos entregaba as mantas que traía o primeiro que se facía era medilas unha por unha: habíaas de varas, de 16, de 20 varas, etc. Cada vara eran 84 cm. Despois poñíaselle a cada manta uns sinais, uns remendiños nos bordos, para saber de quen eran; algúns xa traían un lote de remendos, de cincuenta colores; tamén se lles podía atar un fiaño distintivo calquera. Na casa tíñamos un libro onde apuntábamos o dono da manta, as varas que medía esta e o sinal que tiña. Nos tempos de miña avoa cobrábase a vara a patacón; despois subiuse a un real e, un pouco máis tarde, a dous reás. Polos anos trinta xa custaba unha peseta a vara e lembro que de ano en ano se ía subindo un pouquiño máis, ata que se chegou a un peso. Cando xa estaban as mantas chegadas, ó cabo das 28 horas, sacábanse, estirábanse e volvíanse á pía para lavar. Unha canaleta –a cana– feita nun longo varal de piñeiro levaba auga corrente desde a canle exterior á pía, na que entraba por un buratiño lateral. Pero aínda lle había que botar varios caldeiros de auga na pía para axudarlle a lavar, pois non daba abasto. E así ata que estivesen lavadas, sen xabón e sen outra cousa. Entre batán e batán había unha pedra longa e lisa moi xeitosiña; había que lava-la ben, pois alí era onde se enrolaban as mantas, apertándoas ben, ó quitalas definitivamente da pía. A continuación poñíanse as mantas unha despois doutra nunha táboa longa que había ó longo da parede sur, desde o medio do edificio á esquina; quedaban alí a escorrer dun día para outro”.

201

39 44

Manifestacións do PI: o universo lúdico-festivo

39

O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

40

O patrimonio lúdico galego

41

Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

42

Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

43

Os músicos da Limia

44

Chegou o Entroido

Antonio Reigosa

Lois Pardo

Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

Nieves Barrera; Marisol González

Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

Xosé Manuel Atanes

39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia Antonio Reigosa

Desde os primeiros días de marzo de 2005 está operativo na rede un proxecto denominado Galicia Encantada, Enciclopedia da fantasía popular de Galicia (www.galicia encantada.com) promovido por quen subscribe e co asesoramento técnico de Manuel Fernández Prado, da empresa Desarrollos Lugonet, S.L. Entre os obxectivos de partida o principal consiste en aproveitar as inmensas posibilidades da internet para achegar a calquera interesado, sexa cal sexa o punto xeográfico onde se atope, a máxima información posible arredor da cultura tradicional galega. Ao mesmo tempo, e á inversa, esta mesma vía permite estar en disposición de incorporar á súa base de datos todos aqueles textos, documentos, lendas e demais manifestacións do tradicional galego que calquera colaborador, desde o recuncho máis insospeitado, teña a ben achegar. Por outra parte, cremos que a nosa cultura tradicional, aínda sendo conscientes do seu progresivo esmorecemento, non é debidamente coñecida. Pretendemos contribuír, xa que logo, a unha maior difusión da nosa lingua e cultura, a unha posta en valor dos nosos referentes culturais tradicionais, non para que pervivan como mostras arqueolóxicas do pasado senón como alicerces do futuro. Sabendo de onde vimos, mellor atinaremos cos camiños que queremos transitar no futuro. Ademais, Galicia Encantada quere atender especialmente ás manifestacións de carácter local. Así as lendas e os seres míticos que habitan castros, mámoas, fontes, penedos, covas, illas... etc. coas súas particularidades locais vannos ir axudando a elaborar o grande corpus da fantasía popular de Galicia. Desde o pequeno, do individual e do local, chegaremos a comprender, cremos nós, o colectivo cultural que representamos dentro dun mundo globalizado e totalizador. Outro dos grandes obxectivos de Galicia Encantada é o de achegarse ás novas xeracións, aos docentes e aos escolares que traballan arredor da literatura e da mitoloxía popular tradicional. Entendemos que merece a pena poñer en valor a literatura de tradición oral, a primeira literatura que existiu, amosar as posibilidades deste patrimonio oral con actividades axeitadas, concienciar os máis novos para que nun futuro tomen interese polo estudo, a investigación e a difusión da literatura oral galega como parte que é dun sistema literario antigo e universal, incentivar o coñecemento do entorno e dos seus habitantes, do valor das tradicións e

39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

das persoas maiores que as coñecen e as transmiten, valorar o papel da conversa e a necesidade de saber contar, integrar os escolares procedentes doutras culturas, compartindo os seus contos e os nosos, que, ao cabo, son os mesmos, transmitir a idea de que se poden divertir contando e escoitando; escribindo coa boca e lendo cos oídos, para, finalmente, integrar as novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no traballo dos escolares, que poderán aprender como dous mundos, aparentemente incompatibles, o da tradición e o da modernidade, se enriquecen mutuamente. É unha obriga tamén dos poderes públicos contribuír a que así sexa, e a que o resto do mundo saiba da nosa existencia Estar na rede é unha das mellores maneiras de estar no mundo. A cultura galega debe aproveitar, non pode deixar de lado este medio, para ocupar o lugar que lle corresponde. Aquí os galegos de Australia e os de Lugo, poño por caso, poden conversar ou relacionarse en tempo real gracias á rede. A web Galicia Encantada organízase en Categorías atendendo aos contidos: a morte, a medicina, os ritos, a fauna ou a flora, a literatura, a mitoloxía relixiosa, o lume, o calendario... etc. E tamén conta con seccións ás que, paseniño, se vai incorporando material de investigación, propostas didácticas, e conta cunha área re-creativa onde se irá dando cabida ás creacións de autor que revisen e actualicen o discurso da tradición. Así mesmo conta con fotos e ilustracións que poñen cara aos mitos da nosa tradición. Por último, lembrámoslle ao viaxeiro polas páxinas de Galicia Encantada que pode contribuír ao seu crecemento a través do formulario “Envía unha lenda”. Dende calquera punto xeográfico de Galicia ou do mundo quen así o desexe pode achegar os seus coñecementos sobre a cultura popular galega a esta “lareira virtual”, ao calor dunha cultura común, sentida e compartida polos galegos do mundo.

208

40 O patrimonio lúdico galego Lois Pardo

Os homes son en realidade deuses que inventaron o mundo como un xogo. Entón, descenderon a el, rematando por se converter en vítimas da súa propia amnesia, até o punto de ficar atrapados no xogo para sempre. (L. Ron Hubbard)

Podemos definir ao xogo tradicional como aquel nacido ou desenvolvido nunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, marcadas polo seu particular xeito de vida. Consideramos de importancia capital o conxunto das nosas prácticas lúdicas tradicionais, sendo varias as razóns que nos levan a esta conclusión. Entre elas podemos enumerar: ❙ Algúns dos xogos tradicionais que integran o Patrimonio Lúdico galego son prácticas culturais máis antigas que moitos dos monumentos arquitectónicos que temos todos na cabeza. ❙ O material preciso para a práctica dos diversos xogos tradicionais acostuma ser de balde ou moi económico, polo que facilita a dinámica social dos xogos e diminúe os límites sociais. ❙ A súa práctica favorece a comunicación interxeracional, tan en desuso nos nosos días, que vén ser o principal xeito de transmisión cultural e afectiva.

Brinquedia. O nacemento dunha Rede Actualmente, os xogos e deportes populares e tradicionais galegos están gozando dun pequeno auxe despois de atravesar unha situación de desaparición progresiva. Podemos constatar nos últimos tempos a continua aparición de colectivos (clubs, asociacións, empresas, centros de ensino, iniciativas particulares...) interesados ben na recuperación das prácticas lúdicas tradicionais en xeral, ben dunha modalidade específica. Podemos salientar as ligas de birlos/bolos do Val Miñor, de Viana do Bolo, de Xove ou da Órrea; as regatas de dornas da Illa de Arousa e de Ribeira; as ligas de chave de Ourense e Ferrol, Santiago e A Coruña; a realización de numerosas actividades no tecido asociativo, o tratamento incipiente dos nosos xogos nos centros de ensino (de salientar aquí o Museo de Xogos Populares do CEIP de Esteiro en Ferrol ou o CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela,

40 O patrimonio lúdico galego

nas terras do Eume, colexio que ademais, proxecta a apertura dun Centro de Interpretación dos Xogos Tradicionais, recuperando espazos do patio escolar e marcando diferentes zonas de xogo con paneis explicativos); a creación de novos espazos e infraestruturas que gardan estreita relación co mundo do xogo (o MUPEGA en Santiago, o Palao en Ourense, o Museo do Xoguete en Allariz...) e multitude de asociacións e centros de ensino que traballan arredor dos xogos tradicionais, ben no día a día, ben na organización de interesantes e frutuosas actividades. Porén, tamén observamos que, malia existir tantas iniciativas, o xogo tradicional non se atopa recoñecido socialmente, véndose relegado habitualmente a unha segunda plana. Con relación a isto, podemos nomear o caso tan curioso de que a Asociación da Chave de Ourense (xogo galego de fondo raizame), para poder desenvolver a súa Liga, teña que estar inscrita na Federación de Petanca (xogo importado da Francia hai apenas un século). Do mesmo xeito, constatamos que ao longo das 3 últimas décadas o xogo tradicional (agás algunhas excepcións) perdeu presenza nomeadamente entre a mocidade, centrándose a súa práctica entre os “vellos”, ou ben en programas culturais que os protexen. Estes argumentos tiveron un peso especial cando a finais maio do 2004, un grupo de persoas e colectivos participantes do I Curso de Xogos e Deportes Tradicionais –celebrado en Ourense– aprobabamos entre as Conclusións do Congreso a necesidade de crear unha entidade que agrupase a todas as manifestacións que arredor dos xogos tradicionais existiran en Galiza e deseñase un proxecto de actuación común. Cumpriu case un ano e diversas reunións en distintos puntos do país para lle dar forma á idea. En Melide redactamos o Documento Fundacional, na Capela xestáronse os I Encontros Escolares de Xogos Tradicionais e finalmente en Riotorto celebramos a Asemblea Fundacional o 27 de marzo de 2005. Entre os obxectivos marcados por Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional, podemos salientar: ❙ ❙ ❙ ❙ ❙



210

Creación dunha Rede de información e comunicación entre todas as iniciativas adicadas aos xogos tradicionais. Deseño dun Plan Galego de Rehabilitación dos Xogos Tradicionais e inclusión do Patrimonio Lúdico na lexislación deportiva e cultural galega. Difusión e promoción do catálogo lúdico tradicional. Contemplar a creación e adaptación de espazos para os nosos xogos ao deseñar as infraestruturas escolares, deportivas e de lecer. Implicación dos medios de comunicación galegos e dos representantes das distintas disciplinas artísticas, recoñecendo ao xogo tradicional como unha parte máis da nosa Cultura. Conservar e promover a cultura popular; a través da promoción do Patrimonio Lúdico, promovemos tamén o coñecemento da lingua e do medio galego, as clases de árbores, de madeiras, pedras, crenzas, oficios, ferramentas e moitos outros apartados do noso Patrimonio Inmaterial.

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo



Ademais disto, desde Brinquedia, impulsamos a organización de distintas actividades, como o I Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que o pasado 21 de maio reuniu no Campo de Bonaval –en Santiago– a máis de 800 nenos/as ou a iniciativa, tamén escolar, Polo San Martiño, peóns ao camiño, que pretendía potenciar o xogo do peón na que tradicionalmente foi a data que marcaba a estacionalidade deste xogo, conseguindo que nesa xornada bailasen ao longo do noso país máis dun milleiro de trompos.

O xogo tradicional O concepto de xogo tradicional quizais teña mudado nos últimos anos grazas á existencia de certos traballos etnográficos, sociolóxicos e antropolóxicos que viñeron a complementar pouco a pouco o punto de vista que se tiña del; posibilitando así que estas prácticas deixasen de ser curiosidades exótico-folclóricas, para as incluír –dun xeito reflexionado e coa importancia que merecen– dentro do Patrimonio Cultural de cada pobo. Así, pois, o proceso de rehabilitación xa non se fai acudindo a unha visión nostálxica ou a unha recuperación museística, senón que pasa por favorecer a súa promoción actual, conscientes da realidade e coñecedores das distintas prácticas lúdicas. Os xogos representan, logo, un adestramento variado do concepto de calidade social e comunitaria, conformando un punto de reunión e de comunicación interxeracional. Son unha fonte de enriquecemento individual e colectivo así como unha experiencia local e territorial. E dado que moitos xogos teñen unha práctica semellante fóra do noso país, levan implícita unha clara dimensión internacional e globalizadora.

211

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

Neste artigo, facemos distintas propostas de accións concretas en relación coa música tradicional, orientadas a unha posíbel dinamización do mundo rural. Entre outras, preténdese a posta en marcha dunha iniciativa que na Bretaña francesa está a dar moi bos resultados, relacionada coa realización de feiras de produtos artesanais de alta calidade e coa organización, subvención e mantemento de xuntanzas semellantes ás antigas reunións, denominadas na Galiza seráns, foliadas, polavilas, etc. Os zoolóxicos están moi ben… pero preferimos a liberdade. Cando os últimos exemplares dunha especie animal están nos zoolóxicos, calquera persoa entenderá que a desaparición da especie terá lugar nun prazo de tempo máis ou menos curto. Tecnicamente falando, cando isto sucede a especie xa non existe, posto que o seu nicho ecolóxico, o lugar onde vive e se relaciona, é unha parte consubstancial das especies. A supervivencia das especies non depende única e exclusivamente da existencia de exemplares; cómpre tamén que existan as condicións naturais para que os animais poidan desenvolver todas e cada unha das súas competencias vitais; as especies precisan un entorno natural ao que pouco e pouco, co paso do tempo se foron adaptando, un espazo que foron penetrando tan intimamente que, ao desaparecer este, desaparecerá a especie tamén. Non basta con que teñamos miles de exemplares dun animal en concreto, se non conservamos o espazo onde vive, a especie está acabada de antemán. Facendo un pequeno exercicio de abstracción, e cunha intención que dista moito de buscar comparacións, apliquemos esta evidencia a calquera manifestación cultural, en particular á música tradicional. A nosa música leva miles de anos vivindo nun espazo natural que actualmente se define como Galiza, adaptándose a este entorno natural e vivindo fundamentalmente no campo, no rural. Para o seu desenvolvemento e pervivencia é necesario algo máis que a existencia de bailadores e músicos coñecedores da nosa tradición (os individuos da especie); cómpre, ademais, que exista o espazo onde se interpretan as melodías e onde se baila, ou que dito espazo teña evolucionado a formas onde a música e o baile tradicionais poidan estar presentes. Sen espazo para a nosa música e o noso baile, ambos morrerán sen lugar a dúbidas. Hoxe por hoxe o seu espazo natural está esmorecendo e con el as nosas manifestacións musicais tradicionais. Os seráns, as malladas, as segas, os fiandóns, os bailes... alí vivía a nosa música tradicional; hoxe faino nos escenarios, xa non forma parte do entorno natural, xa vive nun zoolóxico. Debemos lembrar que unha determi-

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

nada forma de expresión artística pertence normalmente a unha área sociocultural determinada cando ten relevancia social, no sentido de posuír, no grupo ao que nos referimos, significados, usos e funcións. Se lle quitamos á nosa música os seus usos tradicionais (acompañar ao traballo e servir de base para o baile son dúas das máis importantes funcións) estaremos acabando con ela. Hoxe a función e o uso practicamente desapareceron, e se queremos revitalizar o noso patrimonio musical tradicional debemos recuperar a funcionalidade das nosas tradicións, o cal pasa, indefectibelmente, por recuperar o medio rural e por tentar darlle, ás nosas manifestacións culturais tradicionais, un uso e unha función entre os poboadores das cidades, onde hoxe xa se concentra a maior parte da poboación galega. Por suposto, tamén cómpre darlle unha funcionalidade urbana á música e ao baile tradicionais, procurando sempre a antedita relevancia social para eles. Debemos ter en conta que o patrimonio inmaterial non é exclusivo do ámbito rural, se ben as propostas teñen unha compoñente moi forte nesta liña, pois existe un problema real de despoboamento. A súa importancia é a mesma no ámbito rural e no ámbito urbano. Tamén é necesario evitar posíbeis atomizacións do patrimonio, comezando pola división entre material e inmaterial, realizando propostas conxuntas que involucren estas dúas partes indisociábeis. Existen na actualidade un número importante de conceptos previos errados na sociedade galega en relación coa cultura tradicional, de xeito que é necesario realizar bastante traballo de recoñecemento, estudo e transmisión, co obxecto de que a sociedade no seu conxunto chegue a asumir como propios os valores do patrimonio material e inmaterial, saíndo deste xeito dos círculos dos estudosos. Pasaremos de observar o patrimonio unicamente na súa vertente histórica, dándolle unha dimensión de activación e revitalización, en xeral, do patrimonio cultural. Nunha reunión da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, un compañeiro, cunha intencionalidade reducionista, sinalaba: “Se un individuo pertence a un grupo, ou é por diñeiro ou é por sexo. Posto que aquí non hai diñeiro...”. Historicamente a música foi, ademais dun xeito de expresión cultural, unha escusa para favorecer a relación entre mozos e mozas dunha aldea ou de aldeas veciñas, entre veciños en xeral, que entendemos é como interpretar o antedito comentario. Nos últimos cincuenta anos, desde a entrada dun xeito masivo da radio na Galiza, moito teñen cambiado as cousas neste aspecto. Máis aínda nos últimos tempos. Coa chegada da radio, e posteriormente da televisión1, non só a música, senón tamén o baile e, en xeral, unha boa parte das nosas manifestacións culturais pasaron, en terminoloxía televisiva, a un segundo plano. As manifestacións lúdicas tradicionais non tiveron unha continuidade no tempo e, simultaneamente, foron perdendo a súa relevancia social. Pasamos da música participativa social a unha música de virtuosismo, unha música de escenario, sen uso nin utilidade. Mutatis mutandis podemos observar unha situación seme1

214

Esta última é moito máis doada de situar no tempo, tendo en conta que as primeiras emisións de TVE foron realizadas en 1956. En relación coa radio inclúese un pequeno apéndice sobre o tema.

Fernando Paradela Lage e grupo, Sarreaus. Tocando para Franco no ano 1957.

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

llante no baile e en outras moitas manifestacións culturais. Cómpre ter presente en todo momento que a música que temos recibido é o froito do filtro dos nosos devanceiros, quen afirmaban ou negaban certas manifestacións artísticas en virtude da sociedade; nas festas, torreiros, seráns, foliadas e polavilas, os músicos escollían de xeito natural aquelas melodías que tivesen unha mellor aceptación por parte do público que participaba na festa. Non interviña unicamente a calidade dos artistas, senón tamén o que realmente interpretaban. Máis aínda, debemos ter en conta que durante o século XX se produce simultaneamente unha migración desde o rural ás vilas e cidades que contribúe dun xeito excepcional a marxinar e esquecer as nosas manifestacións culturais, incluso en ocasións a ridiculizalas. Nesta liña non podemos deixar de mencionar o traballo contra o patrimonio inmaterial, na súa vertente de ridiculización mediática e a nivel do ensino impartido, que se leva realizado co apoio da Deputación de Ourense nos últimos tempos, á que ultimamente se sumou a Deputación de Pontevedra. Unha posíbel cuestión é como ser quen de que a música contribúa a revitalizar a vida no medio rural. Como poden a música e o baile tradicionais, así como outras manifestacións folclóricas, axudar a dinamizar a cultura no medio rural como un xeito de evitar o seu despoboamento e favorecer o seu desenvolvemento? Unha proposta é a revitalización dos seráns por todo o país, e non só no rural, senón tamén nas cidades. Debemos ofrecer, dun xeito aberto e participativo, a nosa música e o noso baile como vehículos de relación entre as persoas. Vexamos como se podería acadar este obxectivo. En primeiro lugar cómpre adaptarse aos novos tempos en relación cos horarios. Ofrecer á xuventude2 locais nas principais poboacións onde se faga música e baile tradicional ao antigo uso, de xeito participativo e integrado nos tempos actuais é unha prioridade. Estas ofertas poden chegar a ser unha opción moito máis interesantes que o tristemente célebre “botellón”, sempre e cando os horarios destes centros de cultura tradicional teñan en conta tamén os hábitos e costumes tanto da xente máis nova canto de persoas máis adultas. Sen pretensión de sermos demagóxicos, os que redactamos estas liñas teñen participado activamente en moitas “fins de ano” onde a música tradicional constitúe o eixo fundamental da festa. Curiosamente estas iniciativas non son endogámicas, achegándose e gozando delas xentes que pouco ou nada teñen que ver coa música tradicional. Por suposto, a participación dos músicos ten que ser aberta e contar cos representantes locais, quen, con certeza, aínda terán moito que aportar. Este tipo de iniciativas permitirá realizar traballos de recolleita activa, cos músicos dentro do seu espazo natural e coas condicións ideais para que realicen o traballo que levan facendo toda a súa vida. Ademais, a interacción entre músicos curtidos e non tan veteranos dará lugar a un proceso de transmisión que estivo cortado durante moito tempo3, o mesmo sucederá co baile, actividade que xera directamente e promove as relacións interpersoais, ou o canto. Deste xeito as melodías por interpretar retoman o filtro social do cal están a carecer nos últimos tempos, sendo os participantes nas festas os que, dun xeito ou outro, axuden a incorporar novas melodías ao tempo que se deixan de interpretar outras. Evidentemente, a interacción de músicos de fóra da bisbarra terá como consecuencia a superación do ámbito local. Tamén é verdade que hai un certo risco de folclorización, mais consideramos importante levala a cabo polas numerosísimas compoñentes positivas que contén esta proposta. 2 3

E por extensión á toda a sociedade, incluídas as persoas maiores que poden facer bastantes máis actividades que o tai-chi. Se ben é verdade que sempre existiron grupos, colectivos, asociacións e individuos dedicados a recompilacións de campo, non se ten traballado demasiado na proposta de participar activamente nun mesmo acto diferentes xeracións de músicos e bailadores.

215

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

Ademais, este tipo de iniciativas deberan ser coordinadas por todo o país, tendo a debida publicidade. É un dos xeitos de garantir a presenza de participantes e de evitar competencias non procuradas. Non debemos deixar de mencionar a necesidade do recoñecemento aos músicos e aos bailadores. Na actualidade existen experiencias similares nas que de xeito sistemático os membros de grupos tradicionais son “convidados” a participar; a maior parte das veces realízase este tipo de actuacións por militancia, se ben a xente é consciente de que este non é o xeito de que a situación prospere. Ademais, preténdese que esta iniciativa sexa autofinanciábel a medio prazo, sendo fundamental a transmisión á sociedade do valor do noso patrimonio cultural que permitirá, a longo prazo, ser consumidores no lugar de sermos consumidos ou fagocitados. Nunha sociedade onde a utilidade é un dos factores para que calquera produto triúnfe no mercado, unha posíbel opción para transmitir é, por dicilo dalgún xeito, as relacións.

O interese turístico das manifestacións patrimoniais Dende hai séculos a nosa cultura inmaterial e, máis concretamente, a música e o baile tradicional teñen actuado como vehículo de relación e ligazón entre os habitantes do medio rural dun xeito moi notorio. Até os nosos días chegou o costume de facer determinadas labras, aquelas que esixen un grande esforzo, de xeito comunal (sachadas, matanzas, fiadas, segas, etc.). Os veciños axúdanse neste tipo de tarefas, dando lugar a manifestacións de cultura, moitas delas cun grande atractivo cando son realizadas polos métodos tradicionais. Tamén as reunións que antigamente se facían despois do traballo e determinadas manifestacións asociadas ás festas patronais (danzas de procesión, penlas, danzas gremiais, etc.) ou ao ciclo do ano (cantos de Reis, Entroidos moi característicos que aínda sobreviven, Maios, etc.) posúen un grande interese, que se pode traducir directamente como interese turístico. Moitas das manifestacións lúdicas e festivas que aínda perduran entre as nosas xentes teñen un inestimábel valor turístico que achamos está moi infravalorado, sobre todo debido a unha carencia case total de publicidade dos mesmos. Exemplos do ben que poden funcionar a este nivel as nosas manifestacións patrimoniais son os entroidos de Xinzo, Verín ou Vilariño de Conso que atraen a xente de toda Galiza e de fóra do país. Cremos que se estes eventos fosen correctamente publicitados, postos en valor e, sobre todo, se a súa continuidade fose asegurada mediante unha política cultural que permitise a súa correcta subvención4, cantos de Reis, malladas veciñais ao antigo uso, seráns, danzas de todo tipo que sobreviven por toda Galiza, entroidos, etc., poderíanse transformar en actos de grande poder de congregación. Só un exemplo no sentido de que practicamente todo é posíbel na maior parte dos lugares da Galiza: o Entroido da Ribeira Sacra Lucense, sendo un dos máis rechamantes, é practicamente descoñecido no resto da Galiza. A afluencia de público limítase á xente das aldeas implicadas e polo tanto, debido o despoboamento do rural e a perda de interese da xente nova nestas manifestacións (froito dunha política de difusión e valorización cultural nefasta) este Entroido deixouse de celebrar nos últimos anos. Se desde os estamentos políticos se mimaran estas manifestacións poderiamos, neste caso concreto, ofrecer ao público un motivo para visitar a Ribeira Sacra en inverno cando as actividades turísticas da Ribeira Sacra se centran fundamentalmente en actividades estivais. 4

216

Tendo en conta que, por exemplo, algunhas das políticas de subsidio foron encamiñadas a converter o Entroido nun pseudo-carnaval ou en representacións de máscaras, moi lonxe do que deberan ser, ou a promocionar os mal denominados “Día da Muiñeira” que ademais de ser unha lamentábel folclorización consegue desactivar o interese pola música na base do ridículo.

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Como se sinalaba anteriormente, este tipo de manifestacións patrimoniais susceptíbeis de recibir unha grande afluencia de público existen por todas as nosas aldeas. A súa lista sería enorme, pode semellar que son só unhas poucas, mais esta impresión e simplemente o froito do descoñecemento que en xeneral temos delas. Publicitando e organizando estas actividades correctamente potenciaremos o turismo no rural e este é un xeito importantísimo de adaptar as manifestacións patrimoniais do rural aos tempos modernos ao mesmo tempo que se fornece as aldeas dunha fonte de ingresos substancial. Catro liñas claras de actuación deberan ser:

Gaiteiros de Vilar, Calvos de Randín.

1. Estudar e documentar todos os eventos patrimoniais susceptíbeis de ser obxectivo turístico. 2. Unha vez documentados, dar a coñecer estes eventos ao público en xeral mediante campañas publicitarias adecuadas que sobrepasen, a ser posíbel, o nivel da nosa comunidade (pensemos no caso do folclore andaluz). 3. Dotar as aldeas dos medios necesarios para manter vivas estas manifestacións. Urxe unha boa política de planificación. 4. Organizar os eventos desde o punto de vista turístico mantendo inalterada a súa esencia; pensemos por exemplo no éxito que as feiras gastronómicas están tendo e a cantidade de xente que atraen, é dicir, a situación ideal sería aquela na que os turistas poidan participar dun xeito máis ou menos directo na celebración do evento, onde a experiencia indica que pode ser recomendábel a difusión dunhas directrices de conduta.

Calidade dos produtos manufacturados de xeito tradicional Nos últimos tempos observamos unha clara tendencia no mercado a ofrecer produtos manufacturados de moi alta calidade e valor engadido. Este tipo de produtos baseados nunha manufactura feita ao xeito tradicional están a ter unha grande acollida, pensemos no grande éxito acadado por empresas como Prada a Tope, cuxa filosofía de venta é ofrecer ao público produtos fabricados ao xeito tradicional, ou a proliferación de tendas onde se ofrecen este tipo de produtos fundamentalmente orientados ao turismo. Na Galiza gozamos dunha grandísima cantidade de produtos susceptíbeis de seren tratados deste xeito, a fabricación de moitos deles está directamente relacionada con prácticas de produción moi antigas que renden un produto de moi alta calidade. Desde o goberno da autonomía debera terse en conta este factor que pode contribuír tanto ao desenvolvemento da economía rural, como á conservación de procedementos produtivos implantados no noso saber secular. As liñas de actuación para acadar este obxectivo poderían ser as seguintes: 1. Estudar e documentar os procesos tradicionais de obtención de produtos agrícolas e manufacturados producidos no rural. 2. Realizar un estudo económico e de mercado para pescudar: cales destes produtos son ou poden ser demandados pola sociedade, que estratexias de venda son as adecuadas para cada tipo de produto (venda centralizada ou anexada os centros de pro217

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

dución) e cales son susceptíbeis de aportar un beneficio económico substancial aos seus produtores. 3. Revitalizar e publicitar as feiras tradicionais para devolverlles o seu papel como vehículo de relación entre os habitantes do medio rural (e a interacción actual co mundo urbano e rurbano) e como punto de venda deste tipo de produtos. 4. Tentar ofrecer aos turistas a oportunidade de participar directamente nestes procesos de produción tradicional organizando nas diferentes zonas e ao nivel que se elixa (comarcal, municipal ou parroquial) centros de referencia onde se podan aprender diversas técnicas tradicionais. Co obxecto de pór exemplos concretos a cociña tradicional, a olería, os procesos de confección de teceláns, palilleiras, bordadoras, etc., diversos traballos do campo como sachadas, cacheos, segas, vendimas, etc., poden ser dun grande atractivo turístico se son ofertadas do xeito adecuado. 5. Organizar unha rede de distribución dos produtos manufacturados baseada nestes centros de referencia. Con estas actuacións aseguraremos o estudo e a supervivencia dos nosos traballos tradicionais, a súa posta en valor e, ao mesmo tempo, ofreceremos un vehículo de desenvolvemento ao medio rural a través da rendibilización económica destes procesos e os seus produtos resultantes. Deste xeito, se queremos recuperar a funcionalidade e devolver un uso á nosa música tradicional, para que esta continúe a vivir e recupere a súa saúde, deberemos seguir unhas liñas xerais de actuación: 1. Estudar e dar a coñecer as partes esquecidas da nosa cultura no medio rural: a educación infantil é absolutamente prioritaria, sen poder descoidar ao resto da sociedade. 2. Recuperar o espazo natural da nosa cultura: apertura de centros para reunións e subvención de grupos de música e monitores para volver a iniciar a transmisión oral. 3. Revalorizar os antigos oficios para a produción de items tradicionais con valor turístico ou mercantil (cesteiros, zoqueiros, diferentes tipos de comidas e bebidas tradicionais...) centrándose na calidade e non na cantidade. Ofrecer á par do turismo rural un turismo folclórico, sen caer no folclorismo, procurando alternativas de vida á xente do campo para evitar a emigración ás cidades. A integración do exposto é posíbel mediante a realización dos seráns dentro e logo das feiras revitalizadas onde os produtos galegos de calidade teñan un papel prioritario. Deste xeito, a planificación temporal tórnase moito máis doada pois ao longo dos séculos as vilas e aldeas foron variando as datas de celebración evitando as competencias directas entre vilas excesivamente próximas ao tempo que se contribúe á non atomización dos saberes que constitúen o patrimonio cultural inmaterial. Finalmente, sinalar que no presente traballo estamos a reducir dun xeito implícito as posibilidades do mundo rural pois, en certo modo, estamos a dar propostas que van na liña de preconceptos establecidos sobre el, cousa que habitualmente non se fai ao pensar no mundo urbano. Propostas moito máis abertas serán tratadas en futuros traballos.

218

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Apéndice (tomado de Evolución dos recursos interpretativos na gaita galega por Iván Area, Iván Costa e Xesús Vaamonde, en prensa desde o ano 2000 para a colección “Clásicos da Música Galega”)

En relación coa entrada da Radio5 na Galiza convén sinalar que a radio comezou na Galiza a finais dos anos 20 e durante os 30, case dez anos máis tarde da súa aparición en Barcelona e Madrid. Tratábase de iniciativas privadas, moi precarias, promovidas por particulares e con carácter experimental, difíciles de contabilizar, e que só nalgúns casos cristalizaron en emisións regulares. Até 1932, baixo o amparo da lexislación republicana, non se inaugura oficialmente ningunha emisora de radio na Galiza: Radio Galicia en Santiago de Compostela, pertencente á “Sociedad Española de Radiodifusión” (SER). Naquel mesmo ano de 1932, Ramón Puga Noguerol inicia en Ourense unha serie de experiencias radiofónicas desde unha moi pequena e rudimentaria emisora instalada nun cuarto do seu establecemento comercial da rúa das Tendas. En 1935 inaugúrase oficialmente “Radio Orense”. “Radio Pontevedra” inicia as súas emisións regulares en marzo de 1934, da man do avogado Enrique Vázquez Lascaille. Polas mesmas datas comeza a emitir “Radio Coruña” creada por Francisco Hervada García-Sampedro, e un mes despois, “Radio Vigo” fundada por Santiago Montenegro Costas e Emilio Torrado Lima. A partir de 1935, emite “Radio Lugo”, propiedade de Ramón Beberide Ledo, que foi e seu director até 1980. A década dos cincuenta, é a grande década da radio, pese ás limitacións técnicas e de liberdades existentes. É a época dos seriais, concursos, espectáculos, programas e actuacións de cara ao público. A aparición do transistor, masivamente introducido polos emigrantes, multiplica a audiencia, coas repercusións sinaladas para a cultura tradicional. No mesmo artigo de onde se tomaron estes datos tamén se fai unha análise das aparicións das denominadas orquestras e a súa implantación na Galiza.

5

O inventor do sistema de sinais por radio foi Guglielmo Marconi quen fixo a primeira transmisión de sinais sen fíos a través do océano en 1899.

219

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas) Nieves Barrera; Marisol González Entrevista feita por Xabier Prado Orbán a Marisol González (M) e Nieves Barrera (N) en presencia doutras compoñentes do rancho de Reis de Guláns

X: ¿Quen sodes, e cal é a actividade que facedes dentro da cultura tradicional? M: Chámome Marisol, e participo no Rancho de Reis, que é unha cousa tradicional de Guláns, e fágoo porque me encanta, e non me importa perder o tempo nin nada, de verdade que o fago por satisfacción persoal, e gustaríame que isto seguira adiante. N: Eu chámome Nieves, e ao igual que Marisol gústame o rancho porque o desfruto, pásoo ben, sácolle horas ao sono, trato de coordinar co traballo e é algo que nesta época me atrae, igual que che pode atraer calquera outra cousa. X: Explicádeme un pouco en que consiste o rancho de Reis. M: O Rancho de Reis é unha agrupación, que pode ser de 4, de 6, de 8, ata 12 ou 18, pode ser moita xente. Homes e mulleres que se xuntan e que fan unhas danzas, unha con castañetas, outra con arquillos, con distinta música e distintos pasos. É moi brincadeira e moi alegre, tanto a música nun caso como no outro. X: ¿Cando se fai isto? N: Faise durante o Nadal. Antigamente saían durante todo o Nadal e ían de concello en concello. Hoxe en día non, poden actuar nalgún sitio moi concreto que chamen por eles para ir, pero cando se fai fixo é o día de Reis e, en Guláns, o día de San Xulián. É o día 7, ao final de Reis, ao final das vacacións de Nadal e alí é o día que se danza diante de todos. Ademais, primeiro dánzase diante do santo, na procesión, e despois faise unha exhibición pública, claro. A danza diante do santo é moi particular e distinta das outras, porque nela non se pode en ningún momento darlle o cu ao santo. X: ¿Como se organiza, prepara, é dicir: que hai que facer antes? M: Pois sobre 15 días antes, ou así, quedamos e ensaiamos, é dicir, recordamos, porque como non volvemos a bailar esquecémonos xa un pouco, pero bueno, todo o malo é empezar e xa volves a lembrar. Pouco se ensaia, eh? Unha vez que o saibas, porque se non o sabes, ao principio cústache, pero unha vez que o sabes adoitas recordar os pasos da vez anterior. X: ¿Existe unha asociación ou algo así, ou é algo espontáneo? M: É unha cousa bastante espontánea. Hai un rancho eiquí que si, que ten unha cabeza visible que está aí, que podes chamalo por teléfono e ao mellor pódenche dicir que poden ir actuar ou que non, pero así como asociación, non.

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

X: ¿E o material necesario, traxes, elemento, iso todo, de onde sae? M: Iso de casa en casa. As castañetas son antigas, e vanse pedindo á familia tal, que é quen as ten, os gorros tamén, fixéronnos no ano 77, os últimos, despois fíxoos Lino, que é un dos do rancho, volveu a facelos, pero os así … tal, son do ano 77. Que os fixeron Secundino, Anxo, Porto e todos estes, e que quedan moi bonitos. E despois os panos e todo iso é de casa en casa. Os que teñen, que a conservan alí como unha reliquia, e que pasamos pola casa a pedirllas. Non poñen ningún problema, vas alí e dis que o queres e din: podedes vir a buscalo. No ano 77 gravaron un programa, chamábase “Raíces”, da Televisión Española, gravouse en Guláns, primeiro gravouse a parte cos nenos, xogos, e despois na igrexa gravamos varias das danzas. Non recordo exactamente se 3, se 4. Pedíuselle á TVE, hai anos, que nos mandaran un vídeo, e actualmente algúns de nós conservámolo. X: ¿Como aprendestes, como entrantes nisto? N: Desde pequena míralo, porque é unha cousa que tes aí en Reis sempre, entón se che gusta a música, ou che gusta bailar, pois ti bótaslle unha ollada e miras: fan así, fan alá, de pequenos collías unha vimbia e tratabas de facelo, non quere dicir que o fixeras, e menos ti soa, non? Pero despois cando tiñas unha certa idade, a xente íao deixando, outra vai entrando, e pedíronnos, a min polo menos pedíronme para ir, e dixéronme: ti fai o que fan os outros, e entón de vez en cando dicíanche: rapariga, ti por aquí, ti por alá, e así aprendías. M: Eu creo que non recordo ben como empecei, pero fun o primeiro ano, agarrei o pau, porque tamén se baila a danza do pau, e despois o segundo ano creo recordar que Nieves marchara e facía falta unha persoa para o grupo dos maiores, e chamáronme a min. Ensaiei, e ata hoxe. Debía ter sobre 16-17 anos. E agora o que se fai é que a quen queira aprender, dámoslle unhas clases, agora durante os meses de novembro e decembro, e os rapaces que queiran apuntarse poden ir. Ensínaslles os pasos, e despois xa cando veña o gaiteiro e todo iso, coa música faise máis levadeiro. X: ¿E que tal responden? N: Neste momento non responden moi ben. Hai moi poucos nenos e nenas. Danzantes aínda hai, pero xa son todos de vinte e tantos anos, pequenos nestes momentos non hai. Os de vinte anos xa saben, só veñen ensaiar para ir a bailar. A recordar os pasos e bailar como o ano pasado. Pero para aprender de novo xa che digo que, agora mesmo, non hai nenos. Eu creo que agora os nenos, non a xuventude, os nenos, teñen todo. E ir danzar, ao mellor é un esforzo para eles. Nós antes, era para poder saír, ir cos amigos ou coñecer sitios novos, aínda que sexa ir coñecer Redondela ou Vigo, que ao mellor non os coñecías. Pero agora eles, se non van a danzar, van igual. Eu creo que agora, para eles, realmente é un esforzo aprender iso. Salvo, ao mellor, raras excepcións. Si, porque antes, se dicías que ías co rancho, xa non che facían máis preguntas os pais, e ías co rancho todo o día por aí, chegabas a calquera hora, liberdade total, e iso 222

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

era unha novidade, pero hoxe en día non necesitas nada diso para saír. X: ¿E que pensades que lles aporta aos rapaces que están aí? M: Creo que curiosidade, a verdade é que nunca lles preguntamos, e ao mellor non estamos valorando de verdade o que eles queren aprender. O feito de ensinalo, de poñer o traxe, iso tamén inflúe. Non deixa de ser un traxe un pouco pintoresco. Penso que senten que é algo importante por ser de Guláns, aí polos arredores non queda moito. N: A miña filla di que unha das cousas polas que o fai é porque lle gusta, para que non se perda, e creo que no fondo é porque o pasa ben. Coas súas amigas, e tal, e van actuar aquí, e alá, e coñecen xente, e van de acampada, e aproveitan, e esas cousas todas. Pero ao mellor o que necesitaban era un incentivo económico, tamén. Para que elas sigan e animen á xente que vén detrás delas, non? X: ¿Que pensades que se podería facer para que no futuro isto tivera continuidade nas mellores condicións? Pensades que neste momento o rancho de Reis ten forza dabondo para manterse por si mesmo? N: Eu penso que si, que neste momento por unha razón ou por outra estase mantendo por si só, como se estivo mantendo sempre. Quizais onde teñamos un pouco de problema é cos músicos. O problema pode ser que os maiores se fixan tanto, que os novos non queren ir. Porque hai xente que toca a gaita, xente que toca o bombo e xente que toca o tambor, e ao mellor vanche un par de veces e despois xa non volven. Realmente, non sabemos o que pasa. M: A miña opinión persoal é que ao mellor os maiores critican demasiado e despois os músicos xa non queren expoñerse a que os critiquen. N: Normalmente, os músicos son de aquí ou de moi cerquiña, e a música é música do rancho, é moi concreta. Cada peza ten a súa música, non é calquera música. Os músicos aprenden duns a outros, de oído. X: ¿E os gaiteiros tocan só para o rancho, ou participan tamén noutros grupos folclóricos? N: Non, non tocan só para o rancho, e ao mellor era o que necesitabamos: un grupo de músicos específico. Iso pode que si, que fose boa idea, ves? X: ¿E o rancho, na situación actual, mantense por si mesmo, ou tedes necesidades onde podan axudarvos? N: O rancho actualmente deféndese ben, pero temos un problemiña aínda, e ímoscho explicar: os homes, co traxe, van todos igual, pero as mulleres novas van cun traxe, e as de máis idade vamos con outro. A diferenza é que antigamente no rancho, e isto contábannolo todos, había a Madama, levaban a Madama con eles, que normalmente parece ser que pola época, despois da guerra ou algo así, era un neno que vestían de nena, poñíanlle todos os abalorios e todo. Pero os de Guláns, as mulleres nesa época comezaron a vestir o traxe galego, coa saia e os panos en encarnado e negro. Pero antes da guerra parece ser que había un traxe branco, só que non logramos definilo. Entón temos o traxe branco, co sombreiro de flores, o traxe branco clásico da Madama, e tal. Pero pensamos que lle falta algo, por223

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

que para ser de inverno é un pouco fresco demais. E entón aí é algo que non temos, e ao mellor o que necesitamos é alguén que nos axude a investigar un pouco o que pasou ou o que pasa con isto. Porque temos unha persoa que coñecemos que é Anxo Porto que é un gran investigador destas cousas, e el encontrou algo en Tui, no antigo Arquivo Diocesano, do ano mil setecentos e pico ou algo así, que xa nomean o rancho de Reis de Guláns. O que pasa é que non di nada aparte de nomealo, e o que tratamos é de que alguén nos axudara un pouco a buscar o que hai do traxe branco e do traxe encarnado, ou se de verdade é que o traxe encarnado xa viña de atrás. Gustaríanos ter un pouco máis de seguridade no que facemos. Queremos que de verdade sexa algo que reflicte a tradición. Ti coa xente que tes, actualmente, vaslle preguntando. Acórdome de preguntarlle ata á señora Encarnación, e ela dicíame: Eu cando era nova si que ía aos Reis, iamos todos aos Reis e tal. Pero co dos traxes, dicía: non, iamos todos con eles, co que tiñamos, tratabamos de saír… Ou sexa que tampouco tiñan algo definido. E Anxo sempre me di: mira, Nieves, que o traxe é o encarnado. Home, é máis bonito. Carmen (señora maior presente na conversa): para min, é. Eu vexo as levitas que levades e non… Eu son Carmen de Habanero, para sabelo en todo Guláns. E que non me gusta o traxe branco. Cada vez que vos miro con aqueles traxes, digo: eu non digo que son de Guláns. Parece que van sen nada, en camisón. Aí a Florinda ten ela a saia de hai corenta anos, e aínda a mirei eu dentro dunha maleta vella, e había os calcetíns e todo, co conto dos Reis e co conto dos Carnavais desapareceu iso e moitas cousas mais. E non falo mais nada, que despois sae aí todo. X: ¿Alguén máis quere facer algún comentario de algo que non se falara? I: Eu son Isabel González, e o que comentabades antes das subvencións, ou de axudas, eu penso que a veces podía haber unha idea de intercambio de culturas, con outros sitios, que ao mellor podía ser interesante como iniciativa, para que a xente se involucre e sigan as tradicións adiante. Tanto esta de aquí como pode ser doutro sitio cerca. Ou lonxe, dá igual. Como aliciente, algo haberá que facer coas culturas que se están perdendo, non? Movelas dalgunha maneira. Porque por si, todos tan modernos somos que vamos perdendo o que traemos detrás. Que a veces nin nos acordamos. R: Eu son Rosa María González, e tamén quero dicir unha cousa. Eu creo que non se vai perder, porque nós agora estamos tranquilos porque a cousa está en auxe, pero se miramos que se perde eu creo que imos convencer aos nosos fillos para que aprendan, non? Cando teñan idade, claro. Agora estamos tranquilos porque están elas, están os máis novos, pero creo que se miramos que a cousa perde, entón imos intentar convencer máis aos rapaces. Imos ir, se fai falla, á escola. N: Iso xa pasou hai anos. Houbo unha época que non saía o rancho. E foron algúns maiores que estaban aí, que foron buscar aos rapaces, que lles ensinaron, levaron un traballo enorme, porque non a todo o mundo lle gusta bailar, non todo o mundo lle pega a ese ritmo, non? E así volveron outra vez a levantalo. Porque eu me lembro que a primeira 224

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

vez que fun levaba un ano ou dous en que o rancho non saíra. E ese ano as persoas que foron con nós foron os homes, xa os casados, eran Isabel e Pepe da Barxa. E Secundino, xente maior. E Caseira. Estivo alí con nós, na biblioteca, e ensinaba. E Manuel Esperanza, que aínda nos aprendeu a nós. E Secundino tamén axudou, ensinounos, cando levaba ao fillo. Houbo un grupo de xente que loitou para que non se perdera, alá polo ano 74, ou por aí. Hai varios anos tentamos recuperar o grupo de maiores, e xuntamos xente de máis de 40 anos, o máis vello tiña 68. 12 bailaríns, 6 mulleres e 6 homes. Algúns levaban vinte tantos anos sen bailar. NOTA: Os ranchos de Reis, unha manifestación singular da cultura tradicional galega con certas influencias da emigración a Latinoamérica, foron frecuentes en moitas parroquias do país. Consérvanse aínda nalgúns casos, aparte do de Guláns, como poden ser os de Riofrío ou Salceda de Caselas, entre outros. Hai mostras dun grande interese na súa recuperación ou revitalización, como pode ser o caso de Barbadás en Ourense ou Boimorto en Santiago.

225

43 Os músicos da Limia Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

As compilacións de música tradicional son unha realidade na Galiza desde hai xa máis de cento cincuenta anos. Nas primeiras épocas houbo un traballo importante de recompilación de letras e cantigas; máis adiante ampliando os intereses ás melodías. Nesta liña, considérase ao estradense Marcial de Valladares Núñez (1821-1903) o primeiro recompilador musical da Galiza. Ademais, pensamos que aínda outra volta era necesaria: ter en conta as propias vidas dos músicos. Desde hai preto de quince anos, un grupo de investigadores1 da música patrimonial realizamos un rastrexo sistemático dunha bisbarra da xeografía galega na que non se tiña feito un excesivo traballo de campo. En obras cuasi-enciclopédicas anteriores, como pode ser o Cancioneiro de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, o de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, ou mesmo o de Casto Sampedro, as referencias a músicos limiaos son practicamente nulas. Incluso en obras centradas na provincia de Ourense, como pode ser o Cancioneiro de Daniel González Rodríguez, non comparábel aos anteriores, non existe un número apreciábel de melodías ou letras desta bisbarra. Entre todos os cancioneiros publicados apenas se xuntan arredor de vinte referencias. No ano 2003 a agrupación Castro Floxo edita o segundo volume do Cancioneiro popular da provincia de Ourense dedicado á Limia, con 39 cantigas e 48 pezas instrumentais (recollidas pola agrupación e achegas doutros investigadores), que constitúe unha pequena mostra do que é realmente o folclore musical da bisbarra. Sendo honestos, tiñamos un preconcepto previo: non habería un número excesivo de músicos. Se non, como pasou desapercibida esta bisbarra a tantos investigadores anteriores a nós? A nosa sorpresa, a medida que avanzaron os anos foi maiúscula. Pouco a pouco aparecían máis e máis músicos, como unha tea de araña sen fin. Abordamos este traballo desde unha nova perspectiva. Non só procurar músicos, xunto coas letras, cantigas e melodías, senón ademais, prestar especial atención ás vidas destas persoas que contribuíron dun xeito excepcional a manter vivo un dos nosos máis grandes tesouros. Desde o punto de vista musical e vital, os intereses prioritarios foron saber das súas motivacións para aprender a tocar, os distintos e variados ámbitos nos que se movían, as súas relacións con outros músicos da bisbarra ou de fóra dela, nalgúns casos as 1

Cástor Castro, Socorro Rúa, Iván Area, Félix Castro, Pablo Carpintero, Roberto de Andrés, María del Carmen Gil.

43 Os músicos da Limia

razóns e motivos polos que deixaron de tocar, a súa historia laboral, as frecuentes emigracións das persoas desta bisbarra... Ademais, tivemos especial interese en aprender dos portadores os distintos e variados aspectos culturais relacionados coas expresións musicais, amén de numerosas anécdotas que serven para comprender as realidades sociais dos distintos momentos históricos que aparecen reflectidos na obra. Por suposto, as melodías foron tamén aprendidas. Coa finalidade de completar o estudo o máximo posíbel, entrevistamos non só a músicos vivos, senón tamén a familiares e veciños que nos puidesen aportar información daqueles músicos que xa finaran, e que polas referencias obtidas formaban parte substancial da historia da comarca. Neste sentido houbo bastantes referencias a músicos que xa forman parte do acervo cultural limiao. En Setembro de 2004 xurdiu a oportunidade de publicar unha parte moi pequena do traballo de campo recompilado, baixo o nome Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional dentro dunha colección promovida polo Museo da Limia (Concello de Vilar de Santos) e editada por Difusora de Artes, Letras e Ideas, sendo os textos “obra” de Delfín Caseiro e Cástor Castro, facendo unha condensada síntese das transcricións das máis de cen entrevistas (e máis de cento cincuenta horas de gravación) que se fixeran ata aquela data. En certo modo aumentou, dun xeito case exponencial, o traballo de recompilación entre setembro de 2004 e febreiro de 2005, tendo en conta a existencia dunha data para rematar o traballo. Agora continuamos a desenvolver traballo na Limia co incentivo de ter unha parte xa publicada e coa finalidade de publicar unha obra na que sexa posíbel achar a maior parte da información recompilada. Debemos sinalar que froito do intenso traballo o listado final mostra máis de 125 músicos tradicionais (máis de 250 ao contar individualmente os membros de cada grupo –caixa, bombo, etc.) dos que no Catálogo saen referenciados 79. Neste punto foi altamente acertada a solución editorial elixida para o Catálogo, xa que se trata dunha obra de pequeno formato e fácil lectura, coa que se ten acadado a máxima difusión, fronte á complexidade doutro tipo de obras de folclore dirixidas a especialistas. O espazo temporal dos músicos estudados abrangue desde finais do s. XIX até os anos 70, e inclúense tanto gaiteiros solistas, como grupos de gaitas (nas distintas formacións: dúo de gaitas, gaitas e clarinete, acompañados maioritariamente por caixa e bombo), acordeonistas (principalmente de diatónico), e violinistas e acordeonistas cegos, e tamén de modo testemuñal varias cantareiras destacadas. Sorprendeunos especialmente achar un bo número de cegos músicos que acudían ás romarías e celebracións da bisbarra cos seus romances, desafíos e cuartetas, coma foron o Cego de Sas, o da Alberguería, o da Gándara, ou o de Buxán. Tamén foi moi interesante constatar a abondosa presenza de acordeonistas diatónicos, que entraban en competencia cos gaiteiros, cando outros investigadores os ubicaban vinculados a zonas costeiras. A pretensión do noso equipo de traballo foi, en todo momento, unha difusión do patrimonio musical desta bisbarra, que sirva como alicerce do futuro, dándolle todo o protagonismo aos músicos. Nesta liña de pensamento, a presentación oficial do Catálogo, realizada no Museo da Limia co gallo de celebración do Día das Letras Galegas do ano 2005, á que acudiron preto de cincuenta dos músicos e moitos familiares e amigos, foi un acto 228

Ermelinda Seguín Matías, Ermelinda do Muíño. Sas. Sarrreaus. Fotografía de Alba Vázquez Carpentier.

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Francisco Villarino Ojea, Escornabois, Trasmiras. Tocando xunto a peliqueiro en Castro de Laza.

entrañábel no que se recoñeceu a importancia de todas estas persoas que contribuíron e contribúen á transmisión da música tradicional na Limia. Como liña de continuidade organizamos o domingo 25 de setembro, día grande da festa da Saínza, a romaría da Limia, no prado afortunado da maxestosa Carballa da Rocha, o “I Encontro de Músicos da Limia”, depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros, coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados. Por outra banda, nas distintas edicións celebradas do “Día do Orgullo Gaiteiro”, que organizamos desde a Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, rendeuse merecida homenaxe a músicos da Limia. Se no ano pasado se lle fixo a D. Francisco Villarino Ojea, o Sr. Paco de Escornabois, neste ano 2005, o noso especial recoñecemento foi para os Músicos de Vilar (Calvos de Randín). Cómpre sinalar que a data de celebración desta xornada é o 17 de decembro, pois dese mesmo día do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a Asociación toma nome é recibido como veciño da vila de Ourense. Esa data supón a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro na cidade de Ourense e a segunda en toda Galiza, e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arredor da nosa música tradicional. As vivencias, saberes e cariño que nos transmitiron e transmiten todas as persoas coas que contactamos durante este traballo vai moito máis aló do que se pode reflectir nunha gravación de campo ou nun artigo. O feito de que un grupo de investigadores, escritores, fotógrafos e finalmente o editor, se acheguen aos músicos limiaos interesándose polos seus coñecementos e saberes, as súas vidas e as súas ilusións, que finalmente se ven plasmadas nun libro onde se ven reflectidos e se senten identificados, ten elevado a autoestima e a consideración dentro da súa familia e veciños. Ademais, as convocatorias que periodicamente se lles realiza para participar en encontros, mostras, homenaxes, incrementa máis aínda este recoñecemento, entrando no valor emocional do patrimonio. Finalmente queremos facer unha última consideración aplicábel tanto á Limia como ao resto das bisbarras da provincia de Ourense onde a Deputación leva máis de dez anos subvencionando unha estrutura altamente criticada tanto polo colectivo de estudosos da música tradicional como polos propios músicos que aparecen recollidos no Catálogo, con comentarios certamente atinados. Nestas mal denominadas “Escolas de Gaita” ofértase unha formación orientada a crear bandas para competicións, cunhas técnicas que non teñen nada que ver coa nosa tradición musical, sempre de costas aos músicos tradicionais da bisbarra, que foron desprazados do seu ámbito e rompendo a cadea de transmisión do saber. Cumprirá un especial esforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como na de protección, antes de poder abordar de xeito efectivo políticas de recomposición.

229

44 Chegou o Entroido Xosé Manuel Atanes

Chegou o Entroido. Remataba o longo inverno na Limia, e igual có ano pasado, aquel domingo á beira do lume xantabamos o pedro con grelos, cachola e patacas. Inmediatamente despois, xa quedabamos todos os nenos na Aira do Forno. Utilizabamos un cartón con dous buratos para tapar a cara e a roupa de ir ó esterco dos nosos pais. Despois de ensarillar as mans no pote, corriamos polas corredoiras de Soutelo cheas de bulleiro de arriba cara abaixo meténdolles medo ata ós maiores. Parecía que lles divertía pois algún ata nos daba unha galleta, ou unha moeda. Faciámolo simplemente porque tamén o facían os nenos maiores. Ben entrada a noite volviamos a cear o que sobrou do mediodía. Meus pais sempre repetían a mesmo conversa: – Maruja, ¿acórdaste no baile daquel ano, cando levaba aquel bigote e ti vestida de carpinteiro, e ninguén nos coñecía? – Cala, cala, daquela non podiamos tapar a cara, e tiñamos medo... Pero máis me acordo da vergoña que pasei cando o sancristán lía o testamento, repartindo o burro: Á Maruja de Soutelo por ser pastora de ovellas tamén lle daremos algo anque sexan ás orellas. Despois miraban cara nós e dicían: – No Entroido non saiades da aldea. Andan os zarramoncalleiros, as pantallas, e os peliqueiros, que collen os nenos. O do reparto do burro xa non se facía, pero as ameazas daqueles seres… Xa eramos nenos maiores, cando nun Entroido fomos á vila. Mellor me sería facerlle caso á miña nai. Cando na rúa de San Roque, un ruído estremecedor se achegaba cara nós, o xentío recuaba cara as paredes. Eles a min nin me viron, pero eu case me mexo. Aqueles “monstros” corrían polo centro da rúa bourando unhas vexigas enormes no ar. ¡Querían “comer” un home que corría diante deles!. Aquela imaxe quedou gravada na miña cabeza para toda a vida. Eran as Pantallas. Eramos xa mozotes, cando con outros mozos veciños corrín o primeiro Entroido en Xinzo. O Pepe prestoume unha pantalla, e a iso das cinco da tarde puxémonos a correr

44 Chegou o Entroido

polas rúas. Sentíame un pouco ridículo intentando berrar coma eles, e ata me mancaba a careta. Non sei quen dixo non sei que, e todos corremos como tolos detrás dun señor. Cando o collemos, os máis veteranos bouraban a eito abrindo camiño entre a xente, e outros catro metémolo ó colo no Mesón. No momento xa tiñamos sitio naquel bar ateigado de xente. Dentro, todos sacamos as caretas e “o Rizos” abrazouse a el. – ¿Pero home, ti outra vez?. Teremos que mercarche nós un disfrace. – A min ata me gusta que me collan. ¡Pon unha botella!. El bebeu primeiro, e nós, a rolda despois. De repente empezamos todos a bourar coas vexigas, e a xirar a cintura para que os cintos soaran. Berrabamos: – O Entroido de Xinzo que bonito é andar de parranda e durmir de pé. Coido que se oía en toda a Limia. Despedímonos do señor, dándolle todos as grazas. Saímos, puxemos as caretas, e como foguetes dirección á praza. Xa non me mancaba a careta. Xa non me sentía ridículo. Ata me gustaba berrar coma eles. Dábame conta de que a xente nos deixaba paso.Víame a min mesmo en cada neno que fuxía, ou se metía na saia da nai. O ruído dos cintos marcaba o paso da nosa carreira. As vexigas boura que boura. A Rúa de San Roque, A Praza, a Rúa dous de Maio, os Viños... todo era noso. Saudamos a outras pantallas que cruzan. Aínda vai frío, pero a suor corre por dentro da careta. Vemos outro home sen disfrazar, que alguén dos que vai connosco recoñece. Repítese a historia unha e outra vez. Cae a noite, entre o cansazo e o viño ímonos retirando ó parque. Tombados na fría herba contamos as anécdotas da xornada con outras pantallas. – Mira que outra vez o cura, tódolos anos igual. – Pois nós tamén o collemos – ¿Mañá corredes outra vez?. – Pois claro. – Entón non poderedes co corpo o martes. – Si, home si. Sempre se puido. Nós retirámonos a cear o pote de tódolos anos. Caéronme as bágoas cando ó ano seguinte, a miña irmá Raquel me regalou unha pantalla nova. Axudoume a vestila. O cinto era de vintecinco campás, a min non me pesaba nada. Unicamente oía o seu ruxido. A careta, preciosa, mágoa que desde dentro non se vexa. Corría cara onde os outros escoitándome a min mesmo. Paso diante dos veciños e ninguén me recoñece. Invádeme unha sensación de poder e liberdade. Síntome inmune, intocable. Son o rei do mundo. Os demais van disfrazados. Eu son pantalla. A pantalla ten vida propia. O vento da emigración espallounos polo mundo. Pero fieis a nosa cita, cada domingo de Entroido, e ano tras ano, ás catro e media todos estabamos no bar “Fentos” para correr outra vez. Sempre faltaba unha vexiga, unha luva..., sempre había algún veciño sen disfrazar, se non... para pagar un viño valía calquera. Ata nos pediu un forasteiro que bailaramos cara el, e meteramos nun bar ó seu acompañante. 232

Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Os máis vellos ían abandonando a panda, eu fíxeno cando unha señora me dixo: – ¿”Usted” está enseñando a estos niños?. Sigo vivindo o Entroido. Escoito a miña pantalla pedir que a vista. Unha vez que es pantalla, elo para sempre. Aínda corro un anaco do desfile do martes, e tomo unhas cuncas no barrio dos viños. Despois descúbrome e espero que pasen os meus herdeiros para que me collan, e me metan ó colo: – ¡Pon unha botella!

233

45 50

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

45

Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

46

A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

47

Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

48

A regueifa no mundo actual

49

Educación ambiental a través dos contos tradicionais

50

Dinamización cultural na parroquia de Proendos

Anxo Fernández Ocampo

Antonio Reigosa

Hortensia Bautista Fernández

Pinto de Herbón

Papaventos. Escola Ambiental

Alfonso Campos; Manuel Falagueiro

45 Cago na guineta:

da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante Anxo Fernández Ocampo

Velaí algo que expoñemos con decisión: se nesta intervención relativa ao patrimonio textual preferimos desbotar o uso dunha locución como “literatura (popular) de tradición oral”, non é porque tal etiqueta sexa incorrecta, senón porque preferimos incidir nos seguintes aspectos, que por veces tenden a pasan desapercibidos. Por unha banda non habería nada que obxectar respecto do carácter oral da literatura popular, só que a oralidade en si non é enteiramente definitoria das prácticas que se dan nos espazos a estudo neste volume. Por un lado a sociedade rural dende moi antigo e na época moderna soubo compoñer e transmitir o signo gráfico, cando non subverteu ou adoptou signos trazados ou escritos, e por outro a oralidade tamén forma parte da sociedade urbana. Non é logo que a etiqueta de “oral” non sirva, senón máis ben que se tende a limitar ao mundo rural sen que se recoñeza plenamente a importancia da oralidade no conxunto dos espazos sociais. Por outra banda coidamos que cómpre abrir o debate da literatura oral nun cadro máis amplo e revelador dunha diversidade de prácticas: as prácticas textuais. Falar de prácticas lémbranos que a lingua e outras linguaxes constitúen auténticas prácticas sociais, mentres que con “textuais” consideramos o tema dende o punto de vista do produto, sexa cal sexa a canle utilizada (falada, cantada, escrita, berrada, debuxada, xesticulada, etc.) e do seu polimorfismo, cando o texto é practicado como forma sonora, visual ou táctil, como escenificación da paisaxe que compón o universo doméstico e o monte, ou como interpretación do estranxeiro e as formas de viaxar para el. Nos últimos anos as ciencias sociais foron erguendo moitas barreiras que separaban polos aparentemente opostos. Iso lle aconteceu ao paradigma popular/culto e todas as súas declinacións: oral/escrito, rural/urbano, tradicional/moderno, e en definitiva tamén parvo/listo, como Xan e Pedro nos contos, pois xa sabemos que un é parvo e acepta a herdanza da mai e outro é listo e emigra para a cidade. Mais o que é hoxe obvio para os investigadores das ciencias sociais tamén debería selo para calquera que volva a súa mirada sobre as prácticas populares, o seu tratamento e estudo. E sería mágoa que sigamos recreando e asumindo semellante dualidade, que ao cabo desemboca na negación da contemporaneidade das prácticas en cuestión. Aceptar esa polarización significa admitir que o espazo rural practicamente só pode limitarse a recrear for-

45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

mas pasadas. Por esta razón é arriscado querer definir o tradicional por oposición ao non-tradicional. Sabemos ademais que pode existir “tradición” en procesos dos espazos predominantemente urbanos como rurais, e tocante ás prácticas de calquera clase social, non só as populares. O carácter de urxencia tamén condiciona negativamente o discurso sobre o inmaterial e a súa patrimonialización. Xa entre os argumentos dos irmáns Grimm verbo do seu proxecto a comezos do século dezanove facíase referencia á urxencia coa que había que recoller os contos populares. O efecto Grimm designa de feito o clixé polo que se di que “cómpre recoller axiña mostras tradicionais antes de que desaparezan”. Sen negar a fraxilidade da existencia das formas concretas polas que nos interesamos, debemos admitir que o efecto Grimm provén sobre todo do discurso polo que a intelectualidade se reserva o dereito hoxe a sinalar qué se entende por formas tradicionais patrimonializables, é dicir qué formas merecen ser reaproveitadas, e qué partes do patrimonio son as que están ameazadas. Efectivamente, a tradición só é visible cando un determinado tecido de prácticas perde vitalidade, quedando aparente a súa proxección cara ao pasado. É dicir, que a tradicionalidade é unha característica socialmente visible a partir da cal á práctica afectada se lle confiren, entre outras características, certa emotividade e poder de lexitimación identitaria. Dito isto, é doado adiviñar que a patrimonialización é unha operación relativamente laboriosa e que non existen prácticas patrimoniais por definición senón políticas de patrimonialización. Aínda que a cultura oficial vexa nas manifestacións artísticas populares formas empobrecidas da arte, con todo sempre considerou que existían, por cadrar nalgunha categoría definida (poesía, danza, etc.). Pola contra pouca ou ningunha atención se leva prestado a moitas prácticas recorrentes pero non percibidas como formas patrimonializables. Neste caso cómpre deitar unha mirada etnográfica sobre a expresión cotiá das clases populares, tanto urbanas como rurais. Así, moitas prácticas sociais textuais (ou non textuais) presentan aspectos materiais ou inmateriais alleos á consideración institucional pero que son constitutivos da expresión popular. Son prácticas recorrentes pero non adoitan ser percibidas como formas patrimonializables: no rexistro da escritura, os carteis, os grafitos, a correspondencia ou os anuncios de venda de material agrícola desprenden tanto valor patrimonializable como as manifestacións lúdicas máis estéticas. Esa diversidade existe igualmente nos rexistros orais, por exemplo no emprego do teléfono para “meterlle o Entroido” ao interlocutor despistado. A tradición non é logo indiscutible. É máis, o conto, a cántiga ou a fórmula non son só elementos dun repertorio que a clase culta somete a estudo e clasificación, senón que representan a materia coa que se envolve a experiencia tanxible e que permite operar sobre o nome das cousas, da xente e dos lugares. Sen a súa dimensión textual, calquera transformación sería imposible. Véxase se non. Corrían os anos cincuenta para toda a xente e tamén para Alfredo Felipe, portugués da primeira República refuxiado no noso país logo da revolución do 1926. Un día foi serrar unha nogueira que medrara apertada entre dúas paredes. Mais para serrala Alfredo houbo de pronunciar unhas palabras con forma de tirarrollas, unhas verbas para desenroscar a 240

Xosé de Minguxo (co permiso de Victoria Conde Marqués). Fotografía de Anxo Fernández Ocampo.

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

árbore, un resorte que relembraba cara atrás o nacemento da planta, co poder de operar nela ou desprazala. cago na guineta [xeneta] que comeu o rato que tiña que comer a noz que tirou o corvo

O antropónimo Minguxo (casa de Minguxo, Sampaio, A Pontenova) emerxe como escrita vernácula, mentres a microtoponimia estende a trama dos nomes que fan lexible o espazo humano e social. Fotografía de Anxo Fernández Ocampo.

Velaí foi como se evocou a orixe da nogueira encaixada. Polo tanto, en vez de problematizar a salvagarda de prácticas textuais, máis fácil é recoñecer que elas, pola súa maleabilidade, poden servir de instrumento de salvagarda das demais prácticas. Neste aspecto hase ter en conta a veciñanza co patrimonio material que, de mesmo xeito que o textual, se ten concibido como repertorio cerrado de monumentos, provocando a emerxencia de illotes patrimonializados en medio de desfeitas de planificación. En calquera caso e dado que os elementos materiais se volven interpretables á luz das prácticas textuais (e viceversa), sería desexable compartir metodoloxías de salvagarda, nun espírito de superación da oposición artificial entre material e inmaterial. Dito isto, subliñaremos tres das dimensións aproveitables das prácticas textuais nun programa de patrimonialización, unhas dimensións que non sexan obxecto de mecánicas de recolección/repetición e que non contemplen só os textos da literatura popular: a) As posibilidades da lingua popular respecto da introdución do galego nos usos lingüísticos, alimentándoa con recursos estilísticos, fraseolóxicos, terminolóxicos, etc. Entre as variedades menos coñecidas figura o galego practicado na emigración, hoxe tecido vivo con recursos sorprendentes e recorrentes, un medio excelente no que observar as claves do galego sobre a capacidade e a forma de ler e interpretar os sistemas alleos. b) A paisaxe como texto, composto dunha sintaxe de elementos lexibles nunha trama (micro)toponímica, e asociados á lenda ou á historia de vida. c) As propiedades narrativas das artes decorativas (talladas, pintadas, tecidas, cocidas, etc.) que narran e que traducen formas dos nomes de seres e cousas. Para todo isto precisamos confiar na autonomía dos sistemas locais, baseada nunha vontade que pon orde na interdependencia cos demais sistemas veciños. Dentro de cada sistema fíxanse as variantes e constrúese un cosmos a partir da experiencia vital dos seus intérpretes. O sistema confire uns límites teóricos á identidade fronte aos demais. Pode minguar ou estirarse, pode ser o lugar, a parroquia, grupos de parentesco ou calquera outro tipo de unidade no centro do cal se sitúen os axentes que a forman. Mais a identidade local non provén dunha herdanza estática e singular, senón que é responsabilidade constante dos axentes (intérpretes e público) da comunidade, atentos ao que pasa fóra e dentro do seu sistema de vida. Neste senso a etimoloxía da polavila débese precisamente ao acto de narrar o que pasa pola vila, pois idealmente as paraxismas tráense da vila. Daquela a identidade local fúndase e establécese continuamente mediante o ir e vir entre os espazos, e como en calquera sistema, mediante filtros e estratexias de domesticación, a novidade ten que ser desactivada e as novas experiencias irán adecuándose a un repertorio constantemente actualizado. Como mostra de como incidiu a revolución industrial no imaxinario dos intérpretes de enxameadas e contos de esaxero, é tempo de evocarmos a Xosé de Minguxo. 241

45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

Xosé de Minguxo posuía unha axilidade pouco común. O día da festa podía pasar unha perna por riba da muller coa que bailaba, e cando varexaba castiñeiros, sempre en zocas, dicíase que botaba o día enteiro subido a eles e pasaba dun a outro en equilibrio sobre a vara de varexar. Xosé era un excelente narrador de enxameadas e, como no caso do barón de Münchhausen, el mesmo era o protagonista das accións. Así, para aforrar o prezo do billete do tranvía, competía co transporte público correndo en equilibrio sobre a varanda da ponte de Baracaldo mentres o tranvía circulaba pola vía da ponte. Á máquina leváballe trinta minutos cruzar, pero a el só quince. Sendo camareiro, poñíase na cabeza dunha mesa de vintecatro servizos e mandaba os pratos todos á vez polo aire e cada un quedaba no seu sitio. Ademais, de obreiro en Bilbao sacou horas libres para facer a estatua dun homónimo veciño del, un tal Ramiro de Campaña, toda picada ao buril. Non dubidamos agora de que as prácticas textuais son dinámicas e que a partir delas é posible construír xuízos contemporáneos. Agora, canto ás accións propiamente destinadas a salvagardar as prácticas textuais, nos límites deste pequeno artigo cabe adiantar tres iniciativas, entre moitas outras, en termos de investigación, planificación e participación: a) Unha investigación que non se limite á compilación/clasificación nacionalizadora e que basee o seu esforzo no estudo das tensións entre variantes. b) O deseño de estratexias de xeración e aproveitamento sustentable dos recursos textuais, en particular no turismo. As entidades locais hoxe xa se ven concernidas por un traballo de fixación e particularización no campo terminolóxico e social, e compiten polo dereito de usar etiquetas e nomes (propios ou de produtos). c) A capacidade dos axentes sociais locais para controlar a produción e a difusión dos seus produtos e derivados textuais, incluídas a tradución e interpretación que enchan eficazmente o espazo entre o noso sistema cultural e o dos outros. Con todo, é na súa dimensión participativa na que poden xurdir os principais atrancos ás accións de salvagarda das prácticas textuais. Con Bourdieu sabemos que unha das propiedades da sociedade rural é a de cambiar en comunicación e cooperación as relacións de reciprocidade xeradas polo parentesco, pola veciñanza e polo traballo colectivo. Transfórmanse esas obrigas en tarefas de reprodución das relacións establecidas (festas, intercambios de bens, visitas, sinais de boa educación, vodas, etc.). Acontece como se a sociedade “tradicional” teimase en negar a acción económica disfrazándoa de intercambio como único modo de circulación dos bens. As actividades lúdicas fan aparecer as transaccións como actos de xenerosidade, danlle invariablemente ao público a sensación de que o traballo no campo é unha forma de festa colectiva, e alimentan a crenza conforme o rural ten que ser necesariamente un espazo de produción e de lecer (polo tanto non un espazo no que se tomen decisións). Algo semellante acontece canto aos recursos textuais desenvolvidos nun sistema local, cando a patrimonialización (mediante coleccións ou difusión ao público xeral) non coida as condicións de consumo dos propios axentes sociais do lugar. Ábrese nestes casos unha 242

Esluíndose a fronteira entre patrimonio material e inmaterial: un sebeiro galego é interpretado para unha linguaxe plástica de textos e debuxos polos franceses Hervé Bacquet, pintor, e Yves Bergeret, poeta. Difusión e proxección no estranxeiro dos valores estéticos do noso patrimonio. Fotografía de Anxo Fernández Ocampo.

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

Patrimonio e formas da paisaxe: os paxelos que os romeiros atan nas pólas pé da fonte do San Pedro Fiz (Vilarmide, A Pontenova) reproducen o aliñamento e o movemento das cales brancas das casas da aldea no trasfondo. Aquí, o valor patrimonial inmaterial depende da disposición dos panos. Fotografía de Anxo Fernández Ocampo.

fenda entre o valor de intercambio que ten a variante local dentro do circuíto ao que pertence e o valor totalmente diferente que se lle confire ao publicala en circuítos aos que non acceden os axentes sociais. Así, e xogando co binomio etic/emic, diremos que sobre a literatura popular existen compilacións (por exemplo do tipo “contos populares galegos”) destinadas a alimentar proxectos académicos, empresas editoriais ou correntes intelectuais. Son produtos de ámbito nacional ou administrativo dende o noso punto de vista necesarios, mais co inconveniente de que desarticulan as variantes de cada un dos sistemas culturais locais de onde se extraeron as variantes. Pensamos logo que se corre o risco, de seguir entendendo a patrimonialización das prácticas textuais unicamente como recolleita e difusión de formas literarias populares, de estar a valorizar determinadas prácticas estéticas coincidentes co canon para convertelas en subsistema dos modelos chamados cultos. En certa maneira, como viamos, a identidade local é secuestrada para ser convertida en peza doutro sistema, o cal non contribúe a que o habitante perciba as posibilidades interpretativas que lle ofrecen as súas propias prácticas. Nunha época na que o estudo etnográfico abandona o rural ou as selvas do exótico para andar (por fin) a vida cotiá de todos os espazos sociais, agora que sabemos que a etnografía non é un mero pretexto para a constitución de repertorios de recolleita, é cando precisamos que un número suficiente de antropólogos e antropólogas cun manexo rigoroso da disciplina etnográfica sintan como novidade aqueles espazos rurais nos que chorar as risas do tempo presente.

243

46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular Antonio Reigosa

Dende decembro do ano 2004 o Museo Provincial de Lugo, a través do seu Departamento de Didáctica, edita trimestralmente unha revista oral denominada O Pazo das Musas. As funcións teñen lugar no outrora refectorio do convento franciscano, hoxe sé do museo, e adoitan celebrarse o derradeiro xoves do trimestre. Ten unha duración aproximada de noventa minutos e unha programación variada atendendo á actualidade cultural. Ten como obxectivo ser un foro de opinión e de debate no que participan os protagonistas e axentes involucrados na creación e difusión da cultura en xeral. A denominación “Pazo das Musas” fai referencia á morada das musas clásicas, de onde provén o nome dos museos e, ao mesmo tempo, quere ser unha homenaxe a eses personaxes mitolóxicos que aportan a inspiración imprescindible para os creadores de cultura. Todos os números da revista contan con seccións fixas como a música e a poesía; o resto dos contidos varían en función das circunstancias ou se así se considera, como foi o caso hai pouco tempo, dedícase un número monográfico a un tema de grande importancia, de actualidade ou transcendencia social. Referímonos ao número especial do pasado día 29 de setembro de 2005 co que se pretendeu divulgar e apoiar a Candidatura para o recoñecemento por parte da UNESCO da Tradición Oral Galego-Portuguesa como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade. Sumámonos así á vontade das persoas, agrupacións, entidades e institucións que interviñeron e colaboraron con este proxecto para tentar acadar a desexada declaración, co modesto obxectivo de que este patrimonio se difunda, se poña en valor e se salvagarde para o futuro. Xa sabemos que desta vez non foi posible acadar o éxito mais, visto con ollos optimistas, tampouco importa demasiado. A cultura e a tradición seguen vivas, que é o principal; polo tanto, xa virán os recoñecementos. Nese número extraordinario interviñeron, entre outros, portadores coma Elva Requeijo, músicos coma Emilio do Pando, da Fonsagrada, e as mozas de Cantar das Eiras, de Lugo, o antropólogo X. Manuel González Reboredo, os representantes da candidatura Xabier Prado e Mª Lourdes Carita, o investigador Xoán Cuba, a xove aprendiz de contos tradicionais Clara Reigosa, leuse o Manifesto de Apoio á Candidatura elaborado polo Museo Provincial de Lugo, visionouse o filme O carro de Antonio Román e do inesquecible Xaquín Lourenzo, e na parte gráfica gozamos das espléndidas imaxes que captara na zona oriental da provincia de Lugo hai máis de oitenta anos o alemán Walter Ebeling, arquivo agora propiedade da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

A fórmula da revista oral O pazo das Musas revelouse, a pesar da pouca andaina con que conta, moi útil e efectiva para a divulgación cultural. Ademais, trala experiencia do número monográfico dedicado á cultura inmaterial, considerámola singularmente eficaz para a difusión da cultura tradicional. Neste formato teñen cabida todas as manifestacións, desde aquelas que xa esmoreceron pero que se poden relembrar, ata as máis puxantes e vivas. É posible facer demostracións de cultura material e, ao tempo, desfrutar dun espectáculo musical ou poético, narrar un conto ou unha lenda, escoitar aos científicos populares facendo a predición do tempo ou recomendando remedios curativos para os males máis correntes. Acae a intervención do investigador e a do portador, a do creador e a do recreador. Todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar. Por todo o que acabamos de dicir, e por máis razóns que seguramente o lector deducirá, entendemos que a nosa cultura tradicional precisa de imaxinación e de recursos para sobrevivir. Entre todos debemos buscar maneiras de achegala a todos, especialmente aos máis novos, para que se coñeza e para que se valore, e, debemos recoñecelo, non sempre atinamos. Esta só é unha proposta por explorar; os resultados terán que verse co tempo, mais para que se poidan ver, algo haberá que intentar.

246

47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral Hortensia Bautista Fernández

Punto de partida Cómpre sinalar, que esta experiencia xurdiu como resultado da reflexión por parte dun grupo de mestres sobre a evolución do uso do galego desde a aprobación do Estatuto no ano 1981, onde no seu artigo 27 se recoñecen as competencias exclusivas da Comunidade Autónoma na promoción e ensino da lingua galega. Esta data coincidiu co comezo da actividade académica dalgúns de nós como ensinantes de educación pública na comarca do Condado, concretamente no concello de Ponteareas. Se ben é innegable que dende aquela asistimos a un aumento sen precedentes na historia do noso país, no que se refire a publicacións editoriais e a un maior coñecemento e emprego do galego escrito, non acontece o mesmo na lingua falada. Nesta comarca nos últimos vintecinco anos constatouse unha perda real de galegofalantes, pasándose dunha situación de uso maioritario polos escolares de principio dos oitenta á situación actual onde a tendencia é claramente inversa. Esta realidade, levounos a realizar unha pequena análise previa e indagar sobre as posibles razóns do descenso do uso do galego oral no entorno dos escolares de infantil, primaria e secundaria no entorno educativo na nosa Comarca. ❙







Progresivo abandono das actividades agrícolas, a favor da industria e servizos, que se acelerou coa entrada na UE. Isto trouxo como resultado a perda de identidade co grupo da parroquia e o esmorecemento da cultura popular agraria e rural, onde o uso do galego era exclusivo. Percepción do galego como lingua secundaria, de escaso prestixio, asociada a determinadas profesións, apenas usada nas consideradas de alta escala profesional, e reducida en moitos casos a un uso exclusivamente familiar ou anecdótico. Desruralización e forte incremento da poboación en núcleos urbanos: adopción de formas de comportamento urbano que produciu un desapego e mesmo desprezo por xeito de celebracións propias das parroquias, adoptando entre os máis novos modas impostas pola presión dos media. Progresivo aumento do emprego do castelán no entorno familiar tanto no medio urbano coma nos núcleos rurais próximos, como lingua materna exclusiva, para a socialización dos máis pequenos.

47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

Ao anterior habería que engadir unha situación de diglosia do galego tamén no ámbito educativo no que se aprecia: ❙ ❙



Uso maioritario do castelán entre os membros da comunidade educativa. Introdución de formas de cultura alleas que veñen substituír formas autóctonas en celebracións tradicionais cíclicas. Diferente tratamento por parte das editoriais na presentación, ilustracións e deseño dos libros de texto en función da edición, apreciándose un claro interese e esmero nos textos escritos na lingua castelá.

Situación actual Consideramos que polo anteriormente exposto a realidade reflectida podería parecer preocupante e mesmo irreversible, pero os acontecementos tanto políticos coma culturais acaecidos nos últimos anos demostraron que aínda se poder frear ou mesmo mudar esta tendencia polo que é necesario que á institución escolar adopte unha postura de clara vangarda na defensa da lingua e na recuperación de formas de cultura propias. A raíz disto, varios ensinantes de primaria e secundaria, propuxémonos elaborar un proxecto de traballo entre tres centros de ensino do concello de Ponteareas, coa finalidade de introducir a improvisación oral como instrumento de capacitación para un mellor desenvolvemento da linguaxe en distintos contextos. Este proxecto foi presentado e aprobado polo CEFORES de Vigo hai xa tres anos, e nel continuamos a traballar na actualidade.

Resumo da experiencia No primeiro ano (2003-2004) adicámonos a realizar un estudo introdutorio das diferentes manifestacións orais en Galiza, centrándonos máis na nosa comarca, O Condado. Fixemos un percorrido centrándonos en informantes direct@s nas parroquias de Mondariz, Mouriscados, Leirado, Padróns, Fozara, Bugarín, Areas e Ponteareas. As mostras foron realizadas entre persoas maiores de 65 anos que aínda conservan a memoria viva destas manifestacións da oralidade, e entre outras máis xoves interesadas na conservación destas manifestacións culturais. Ademais contamos coas contribucións dos membros do Centro de Recuperación da Cultura Popular de Ponteareas, mediante información recollida sobre as diferentes manifestacións da oralidade. Recollemos coplas, ditos, refráns, cantigas que se cantaban en diferentes acontecementos sociofestivos e actividades relacionadas coas faenas agrícolas: añas, seráns, Nadal, Entroido, cornetadas… Constatamos que existía unha maior valoración e nivel de colaboración entre os portadores máis novos que entre os máis vellos, dándose nestes últimos unha inicial reticencia debido á escasa autovaloración do seu saber. Isto mudaba cando se lles facía ver a importancia da súa achega para poder transmitir esta cultura ás novas xeracións e impedir a súa desaparición definitiva. En segundo lugar tratamos de achegar ás aulas dos centros participantes mostras da improvisación oral aínda viva. Ao traveso da asociación O.R.A.L puxémonos en contacto 248

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cos regueifeiros Luís Caruncho e Pinto de Herbón, organizando unha xornada sobre regueifas con escolares dos centros CEIP Fermín Bouza Brey e IES Val do Tea. Esta experiencia demostrou que a arte de regueifar non lles resultaba allea aos máis novos. Malia non estar acostumados a escoitar nin practicar esta arte, entendían perfectamente a controversia, a ironía dos regueifeiros e participaron animadamente nos xogos de palabras que eles lles propoñían, conseguindo durante a sesión iniciarse na improvisación. No segundo ano (2004-2005) adicámonos ao deseño de actividades para a posta en práctica da improvisación oral na aula, tanto en verso coma en prosa, e a recollida de lendas e relatos tradicionais da zona sobre lugares, aparecidos, estántigas, procesión de Santa Compaña… Empezamos por sesións de relatos orais nas aulas entre os alumnos, contando as lendas, contos, ditos… que os rapaces escoitaran dos seus avós. Paralelamente iniciamos a práctica da improvisación primeiro en verso como as coplas co gallo do Entroido, actividade moi motivadora onde puidemos constatar a presenza de “potenciais improvisadores” entre algúns alumnos que espontaneamente se desafiaban en verso. Posteriormente continuamos con improvisacións en prosa sobre diferentes temas, onde se constataba o diferente grao de fluidez dos rapaces para expresarse en galego, decrecente en función da pertenza a un centro urbano coma o alumnado do C.E.I.P Fermín Bouza Brey, fronte á maior espontaneidade nos rapaces do centro rural, alumnado galegofalante do C.E.I.P. Fraga do Rei, ambos no concello de Ponteareas. No presente ano (2005-2006) intentamos elaborar unha secuenciación de actividades e deseñar unha metodoloxía que permita chegar a formar improvisadores desde a escola. Comprobamos despois da experiencia destes dous últimos anos que do mesmo modo que para a música, a pintura e calquera actividade artística, tamén para a improvisación, é fundamental o talento innato de cada individuo, pero non é menos certo, que cunha metodoloxía axeitada, todos podemos aprender a tocar un instrumento, pintar un cadro ou chegar a ser improvisadores e en calquera caso inculcar a sensibilidade cara á cultura propia e particularmente á arte de improvisar. Apuntar a necesidade fundamental de continuidade neste tipo de actividades, precisa para unha observación sistemática dos progresos acadados tanto no coñecemento das diferentes manifestacións orais tradicionais coma na improvisación oral. De aí que sexa necesario traballar co mesmo grupo de alumnos cos que se comezou a experiencia durante un certo tempo de forma ininterrompida.

Reflexión final Necesidade de recuperar o papel da escola na vangarda de recuperación e difusión da nosa cultura debido o perigo real de desaparición. “Cando un ancián morre, unha biblioteca desaparece” (Hampate Ba, intelectual africano de Mali). Os centros de ensino reúnen unha serie de factores que os fan idóneos para este cometido: ❙ ❙ ❙

Accesibilidade a portadores a través dos seus descendentes. Posibilidade de difusión entre tódolos membros da Comunidade Educativa. Capacidade de intercambiar experiencias e acometer un programa común de actuación entre os diferentes centros dun mesmo concello e /ou da comarca, con exposicións e certames coa participación de todos os escolares.

Estas medidas posibilitarían que nun espazo de tempo relativamente curto, se podería recuperar unha boa parte do noso patrimonio inmaterial e etnográfico que permitiría garantir un futuro esperanzador para a nosa cultura.

249

48 A regueifa no mundo actual Pinto de Herbón Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

– Preséntate cunha copla Voume a presentar amigos con ledicia e emoción. Adícome á regueifa e son o Pinto de Herbón. – Cal é a túa actividade no campo da cultura tradicional e por que o fas? Eu fago regueifa, e fago isto porque me gusta e porque me serve para espremer o siso cada vez que regueifo con outro compañeiro. – Responde cunha copla a esta: Iso de facer regueifa sonche cousas do pasado, demóstrasme que a Galiza aínda é un país atrasado As políticas practicadas leváronnos ao inferno. A Galiza entre todos faremos un país moderno. – Pensas que a improvisación oral pode aportar algo ás novas xeracións? Non é que o pense, é que estou completamente convencido. Por exemplo, a regueifa serve para axilizar o enxeño, para que os nenos na escola, facendo unha tonada, fagan octosílabos por un tubo; atopen nas súas cuartetas as figuras métricas que tanto traballo lles custa atopar, cando os mestres lles ensinan métrica. E ademais, non se pode dicir que o día de mañá non haxa xente que viva da regueifa como forma de espectáculo. – Fai unha copla que inclúa estas palabras: “Cultura, Tradición, Moderno” O mundo da tradición o global xa non atura. O moderno hoxe en día é a defensa da cultura.

48 A regueifa no mundo actual

– Pensas que a cultura tradicional pode ter algún papel no mundo actual? Estou seguro de que si, porque no mundo actual do que din que todos somos iguais, iso de certo ten moi pouco, porque uns son máis iguais ca outros. Non é o mesmo un galego ca un gringo (por sorte), a diferenza é abismal. Nós temos unhas sensibilidades que eles non teñen ou aparentan non ter: como que non miramos para outro lado cando bombardean hospitais, ou por exemplo (aínda que sexa pouco importante para outros pero para min é importantísimo) a matanza do porco e todo o ritual e significado que iso ten para os galegos que o vivimos toda a vida. Pois ese tipo de cousas que ten a nosa cultura tradicional é o que nos fai auténticos como galegos e como cidadáns do mundo. – Fai unha copla que comece por: “Debemos valorar o noso…” Debemos valorar o noso. Digo esto, non me confundo, porque desde hai moito tempo o galego está no mundo. – Que pensas da autoestima e da valoración mutua de galegos e portugueses? Home, é un camiño que está moi pouco andado. Ou moi prexudicado (como diría o outro), debido a tantos séculos escoitando desde a meseta que non tiñamos nada que ver os galegos e os portugueses. Ben, desde a meseta e mais dos nosos veciños de par da casa, pero penso que estamos nun intre doce para trocar esa concepción. – Fai unha copla que remate con este pé forzado: “…desenvolvemento rural”. Estamos traballando arreo dunha forma especial, para que aquí xa haxa desenvolvemento rural. – Cales serían as condicións para unha vida digna no rural? Primeiro, ter un goberno galego que crea no rural. Logo, levar a cabo unha serie de infraestruturas para que os que nos adicamos ao agro ou á gandería ou á explotación de masas forestais teñamos facilidades nas nosas tarefas, como por exemplo: ❙ 252

Sistemas de regadío e acabar co traballoso labor de andar coa bomba de aquí pra alá.

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Concentración parcelaria tanto agrícola como forestal. Buscar un sistema de recollida e reciclaxe do plástico sobrante dos sementoiros (en Herbón tallóns). Atopar unha saída á biomasa que aflora nos nosos montes (antes había vacas e a xente do rural utilizábaa para estra-los animais). Cultiva-los montes de árbores autóctonas para producir madeira ou froitos secos para a industria da transformación. E moitas outras cousas que a política seria, formal e creativa ten o deber de levar adiante.

– Véndeme pementos nunha copla. Se calidá queres comer leva ppementos de Herbón. Unha vez na boca os metas aledarás o corazón. – Cres que a cultura tradicional pode contribuír á valorización dos produtos? Iso non fai falla que o diga eu, iso xa hai tempo que o mercado nolo recoñeceu. Hai que seguir por este camiño: “Calidade, Calidade, Calidade”, este é o nome dos nosos produtos agrícolas. Feito dunha tradición agrícola e cultural. De aquí veñen: viños, lacóns, queixos, pementos, rabizas, etc. – Escribe unha copla libre A regueifa é rebelde Poetisa e divertida. Cásate con ela amigo Que che ha de dá-la vida. – Tes algunha reflexión máis como PORTADOR que consideres interesante para que a teñan en conta os axentes de desenvolvemento á hora de planificar actuacións sobre a cultura tradicional e sobre o desenvolvemento rural? Temos auga, temos vida, temos medios, sabemos traballar. Só falta crer en nós mesmos como país e como cultura. Se chegamos aquí por qué parar agora. – Copla de despedida. Xa me despido agora, digo adeus a todo quisque. Aínda que moitos non queiran a nazón galega existe. – Expresarías algún desexo de cara ao futuro? O primeiro desexo que teño de cara o futuro é que cando me volvas a poñer versos para que eu empece ou remate a cuadra (cuarteta), fainos de oito sílabas porque na regueifa son de oito, os teus son de nove. Se non, observa: - De/be/mos va/lo/rar o no/so/: 9 - De/sen/vol/ve/men/to ru/ral: 8+1 (é agudo) = 9 Non esquezamos que a regueifa é poesía e débese a unhas normas e regras. E o outro desexo é que pensemos no noso como valor engadido e non como unha cousa que non vale e que non ten futuro, porque iso sería mentirnos a nós mesmos. Temos idioma, temos cultura, temos recursos e temos futuro: A traballar, que o futuro empeza hoxe.

253

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais Papaventos. Escola Ambiental

No ano 1990, un grupo de educadoras e educadores vinculados o movemento ecoloxista galego, puxemos en funcionamento un proxecto de educación ambiental na pequena aldea chantadina de Garabelos. Co apoio de etnógrafos e historiadores tentabamos vincular o achegamento ao entorno natural a través da riqueza e a diversidade do acervo cultural e patrimonial do noso contorno. Así nacían as Aulas da Natureza de Papaventos que nunha convivencia quincenal amosaban unha visión diferente, máis próxima, das raíces dos propios participantes con frecuencia ignoradas e practicamente desaparecidas nas propostas educativas “oficiais”. Obradoiros de artesanía popular, roteiros ata igrexas, castros, fervenzas, torres, fragas e montañas, talleres de reciclaxe, e sobre todo, contos, teatro, mímica, o achegamento do propio a través das lendas, das historias, dos protagonistas dun imaxinario rural que se ía perdendo pouco a pouco. Unha vez transcorridos os primeiros campamentos da natureza, Papaventos decidiu ampliar toda esta experiencia ás propias escolas, cando menos para abrir por uns minutos as portas da educación á reivindicación continua e constante do coñecemento do propio como única posibilidade para promover hábitos diarios para o seu coidado e protección. O principio consistía en explicar a través dun conto teatralizado a importancia do bosque e polo tanto a necesidade de iniciativas como a da reciclaxe do papel. Máis tarde foron xurdindo novas propostas que promovendo o conto deron forma a unha experiencia lúdico-pedagóxica na que anualmente participan 13.000 nenas e nenos en máis de 330 sesións nos centros escolares, bibliotecas e aulas de cultura de 250 concellos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal, e que ten merecido recoñecementos como o Premio de Educación Ambiental en Galicia 1990 (convocatoria Xunta-Conxuga) ou o Premio á mellora da calidade de vida “Agronatura 1991” (Convocatoria Inorde-Deputación de Ourense). Non hai dúbida de que hoxe para espertar e sobre todo motivar a atención escolar sobre temas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre a necesidade de mantelos vivos, é preciso e necesario o emprego de metodoloxías que sexan atractivas e sobre todo moi participativas para as/os alumnas/os dos centros escolares. En Papaventos topamos nos contos esa óptima ferramenta de motivación educativa, e con ela desenvolvemos un feixe de proxectos que a continuación relacionamos.

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

1. Embarcaescola: En colaboración coa Asociación Cultural Barcas do Minho, facemos unha “baixada” polas escolas da nosa vía fluvial (de Meira a Caminha) acompañados por unha ducia de maquetas, feitas en madeira, das diferentes tipoloxías que ao longo dos séculos sucaron os ríos galegos e acompañamos todo isto cun feixiño dos chamados “Contos da Xacia Meira” recuperando personaxes fluviais, como os xacios e xacias, que xurdían do río con forma de homes e mulleres peixe. Temos tamén un pallaso malabar de nome Xaciño que se adentra nos contos tentando convencer os nenos para limpar o río cun cepillo de dentes, unha vasoira, ou un plumeiro, e despois converte o lixo en bólas malabares. Todos estes contos conforman un interesante proxecto de contacontos dentro das mesmas barcas tradicionais, mentres imos remando polo río, desenvolvido nos Encontros de Embarcacións Tradicionais do Río Cabe. 2. Ciclo-biblioteca: Un proxecto de achegamento da bibliografía medioambiental a través dunha bicicleta que percorre as escolas cargada de libros medioambientais coa fin de que nos libros as nenas e os nenos descubran toda a riqueza do seu contorno e sobre todo se comprometan a protexelo, levando con ela personaxes coma o lobo Marroxo, a sobreira Suberiña, a Coureliña e o lobo Lor, o paxaro Vicentiño, defensor do río Miño... 3. Os xogos do lixo: Xogos cooperativos baseados en personaxes como trasnos, as fadas, que tentan ensinar os participantes a separación en orixe do lixo a través das tres “erres”. Reducir, Reutilizar e Reciclar. 4. Papainventos: Inventos baseados en xogos populares como poden ser: ❙

Tira-beloteiro-plantabosques: Un tiracoios tradicional feito con galla de maceira, cámara de bicicleta, que dispara belotas repoboando os montes e montañas… cos que contamos as historias da “Casa das landras voadoras”.



Paraugas “Dame-augas”: Un paraugas reciclado coa lenda “dame-augas” e con debuxos para que chova, chova e non pare de chover. Que se abre para contar os contos de “Ogheb, a muller chuvia”.



Árbores “atrapa-contos”: Árbores feitas de cartón reutilizado que teñen na copa un buraco tecido con fíos e agulla para atrapar contos solidarios.

5. Obradoiro-teatro “O bosque desanimado”: Teatro sobre os problemas do bosque autóctono no que as nenas e nenos viaxan nunha bicicleta imaxinaria (facendo curvas, subidas, baixadas…) ata o bosque onde descobren os seus problemas e a través da mímica e dun taller de reciclaxe de papel tentan axudalo. 6. Abraza-contos: Recuperamos a historia certa dunha curandeira de Sober que recomendaba aos doentes que abrazaran as árbores como xeito de recibir a súa enerxía. A través dun taller de “afectividade” nenas e nenos interpretan a árbores e doentes que se abrazan e despois eles mesmos abrazan as árbores e coa súa imaxinación contan todo o que lles dixeron, inventando conversas neno-árbore. 7. Contos reciclados: Contos tradicionais de recolleitas feitas en Galiza que se reciclan para comprometer as nenas e nenos co coidado do seu contorno. Exemplos: ❙ “O trasno do lixo”: “O trasno do lixo vai polo bosque tirando no lixo cando esvara nun verquedoiro incontrolado, emporcállase todo e quere que o limpen a el, así que vai onde unha herba (interpretada por unha nena): – Herba, limpa o trasno do lixo que vai polo bosque tirando no lixo. 256

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

¿Que dixo a nena? (e responden todos os nenos): – ¡Non tires máis lixo! Despois o trasno vai onde a vaca e dille: – Vaca, come a herba, que non quere limpar o trasno do lixo que vai polo bosque tirando no lixo. ¿Que dixo a vaca? (e responden todos os nenos): – ¡Non tires máis lixo! Así sucesivamente con paus, lume, auga, burros, … Ata que os nenos e nenas ao remate saen pola escola, polo aldea, pola vila, dicíndolle a todo o mundo – ¡Non tires máis lixo! ❙

“O Casamento do Sil e o Miño” O Sil e o Miño querían casar e non tiñan pan para festexar, saíu a carballa da súa carballeira: ¡Mandaime recado que son panadeira! Miña vidiña, panciño xa o temos, fáltanos vestido, onde o atoparemos? Do seu sobreiral saíu a sobreira: ¡Mandaime recado que eu son tecedeira! Así van aparecendo castiñeiras, aciñeiras, érbedos, acivros, teixos… ata conformar un casamento, ao mesmo tempo que nenos e nenas coñecen o patrimonio.

8. Roteiros pequeneiros “un paseo pola historia”: Rutas de interpretación ambiental e do patrimonio, no que mentres camiñamos descubrimos con contos o propio patrimonio cultural. ❙

Exemplo: para explicar as orixes das sepulturas antropomórficas de Fornas (Chantada) contamos a xeito de lenda medieval poética a historia do namoro entre un labrego e unha doncela.

10. “ContoSolidarios”. En colaboración coa ONG “Bicis Pola Paz”, son proxectos de contacontos para falar das desigualdades sociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a través de personaxes doutras culturas. ❙ Juja, o trasno do deserto saharauí, as bonecas quitapenas de Guatemala… fusionados con personaxes propios da nosa cultura. 11. “Ceiba-contos”. Consiste en ceibar contos propios para que a xente os recicle, os adapte, os adopte, os mellore, os empeore, os conte, os manteña vivos. Non cremos na propiedade intelectual do conto (como noutras propiedades), tal como fixeron os nosos devanceiros que crearon contos sen “copy-right”.

Avaliación A nosa experiencia de 16 anos polas escolas fai que teñamos absolutamente claro que o conto é un xeito claro de achegar problemas, que vive o noso patrimonio natural e cultural, e sobre todo o conto pode crear hábitos de que sexan os propios participantes os que manteñan viva a imaxinación dun pobo creador de historias grazas ao seu contorno máxico que hoxe lamentablemente entre tanto incendio, lixo, contaminación, pode desaparecer. O conto educativo baseado na recuperación da tradición oral galega debe manterse vivo polo que o obxectivo fundamental das nosas propostas, que pouco a pouco se van plasmando na realidade –como por exemplo vimos de facer no concello de Toén (Ourense) coa primeira Escola de Contacontos, dentro dun proxecto de interculturalidade e que pronto dará os seus froitos en forma dun libro de contos do/as propios alumnos/as– é que sexan as nenas e os nenos galegos quen sigan a cadea para darlle continuidade á riqueza 257

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

do seu patrimonio adaptado aos novos tempos. Eles serán a nosa esperanza na educación ambiental e na defensa do patrimonio cultural. Papaventos forma parte da iniciativa da creación da Universidade Rural Galega como ese referente integrador necesario para a universalización e sobre todo para manter vivo o patrimonio cultural galego. Máis información: Papaventos Escola Ambiental Garabelos-Mariz 27518 Chantada-Galiza e-mail:[email protected] web: www.contosolidarios.org

258

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos Alfonso Campos; Manuel Falagueiro Diálogo entre Alfonso Campos (A) e Manuel Falagueiro (M), da parroquia de Proendos (Sober) sobre as actividades de dinamización parroquial. Gravación: Xabier Prado Orbán (X).

X: Gustaríame que falasedes entre vós sobre as actividades que fixestes durante todos estes anos para contribuír a dinamizar a vida cultural e social na vosa parroquia. A: Ben, cando nos propuxemos traballar dende a Asociación de Veciños “PROENCIA” da parroquia de Proendos en Sober (Lugo), tiñamos en mente a recuperación da tradición, principalmente oral, que existía aínda viva na súa xente. Así o fomos plasmando nunha serie de boletíns que para o noso gusto tiveron moitísimo éxito e que a xente se implicou, non só a xente que vivía na parroquia, senón que nos gustou que esa xente tamén que estaba fóra, na emigración ou xa asentada en Vigo, Barcelona, en fin, iso interesáballes moitísimo porque era un punto de contacto coa súa terra. M: É que a parroquia, a principios do século pasado, tivera unha actividade cultural bastante ampla. Era famoso en todo o contorno o Entroido de Proendos. Era unha tradición que xa viña de moi atrás e que perdurou especificamente en Proendos. Conta a miña nai que na súa época xente de Pinol, de Gundivós, Anllo, de todas as parroquias ao redor, chegaban o día do Entroido a Proendos e era unha inmensidade de xente a que se xuntaba. A xente preparaba as súas obras de teatro e tiñan un deus, Momo (igual que no Brasil). Publicábanse e editábanse coplas, moitas veces satíricas. Había unha inquietude cultural bastante grande. Iso por un lado. Por outro lado tamén que na parroquia (isto era terra de músicos) había tamén moito músico. Entón tentamos recoller un pouquiño toda esa tradición de anos atrás cando as parroquias vivían e tiñan un montón de xente nova, cousa que agora xa non sucede porque quedan os que quedan e están todos de 70 para riba practicamente. Pois esas cousas que eles valoraron tanto, que tiveron tanta importancia, pois que non se perdan. Polo menos que queden recollidas en papel para que se vén alguén posteriormente pois que non se esquezan. X: ¿E como enfocastes o traballo? ¿Foi pouco a pouco, ou …? M: Non, en principio partimos do traballo da Asociación de Veciños, que xa debe levar unha andaina de máis de 15 anos. Pensamos en sacar en principio unha revista, e démoslle máis que nada importancia á tradición cultural e tamén á etnografía. Un pouco recollendo as cousas doutras épocas anteriores. Eiquí estivera Mini, na súa primeira andaina de mestre estivera co colexio de Sober, se cadra hai xa 30 anos. Entón il, que xa daquela tiña moitas inquedanzas, dedicárase a andalas recollendo e claro, atopou moitísimo material parte do cal publicouno en dous dos seus libros de cantares de cego, coplas e por aí.

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O que intentamos na parroquia tamén, pois anque o Entroido foi moi importante, procuramos darlle uso por exemplo á reitoral. Proendos é moi rico. Pode ser que noutras zonas ocorra algo parecido, pero temos eiquí un asentamento castrexo, romano, e iso da pé a cincuenta mil historias e a certo orgullo, tamén. Por exemplo, é unha zona onde aras e encontras unha pía, ou calquera desas cousas. Tamén é unha zona bastante dinámica, incluso un coro que facía o cura ían cantar por aí, non? E facían os bailes istes das cintas, recordan ir a Cadeiras. Resultounos bastante fácil porque colaboraban, estaban desexando. Recordo unha señora que lle fun facer unha trasnada e ateille un cancelo, isto fai anos, non? E dixo Home! Se digo a verdade era a do Tarabela, a señora Asunción, non? E dixo “Xa era hora de que volveran as trasnadas!” E era unha trasnada, pero ela quería que volveran. M: A parroquia, como todas as do interior de Galicia, sufriu unha despoboación terrible aí polos anos 55 a 65-70, marchou a xente máis ou menos nova daquela época. Entón a parroquia fervía de xente, era un maremagnum de xente nova, e xente con ganas de divertirse, porque non había o tipo de diversións que hai hoxe en día e a xente buscaba outro tipo de diversións. Montaban farras e parrandas en calquera monte. A: O Mini sempre dicía que quedou sorprendido cando estivo aquí porque claro, ían cara a Pena, estaba o Marcelino, estaba o Bautista, e claro, cantaban xa espontaneamente a tres voces. Cando non eran catro. Porque ningún quería facer a mesma. Eu inda me acordo xuntarnos en certa zona a cantar. Practicamente afinado. Aínda na nosa época. E os de atrás máis. M: Debido a que a poboación foi quedando tan escasa e tan mermada na parroquia, sobre todo a xente nova, pois era máis que nada recoller para que non se perdera, polo menos xa non só saber que existiu, polo menos que quedase plasmado de que algo había ou algo houbo. A: E intentar conectar dalgún xeito un pouco coa xeración nova, inda que é complicado. M: Si, si, moi difícil. A. É dicir, que unha das funcións, se un pensa que a súa parroquia, por pensar nun ámbito no que un ás veces se circunscribe e se identifica, e por extensión seguir ampliando o territorio, non? Se pensamos na parroquia, interesa que teña futuro, e para iso pois tes que, a xente ten que sentirse identificada e saber que pode haber unha forma de… Ao mellor non a curto prazo, pero si ao mellor a máis longo prazo, pero para iso necesitas toda esa xente, que algunha a veces estivo vinculada, dalgunha forma que se siga sentindo vinculada e que se sinta que aí hai vida e houbo vida, non? Porque agora os rapaces, moitas cousas destas que hai por aí, e que conste que consultan tamén, nos traballiños das clases, os nosos boletíns que se lles puxeron aí na biblioteca, pero están completamente desvinculados, non saben. Por exemplo, os petroglifos, algún día teremos que levar aos rapaces a ver os petroglifos, de, en fin, 7 ou 8 puntos perfectamente accesibles. Ser son 16, pero… X: E entón, esa experiencia que presentastes en San Tirso de Abres… A: ¿O Trícole? Iso é un curso de adultos, que se fixo aquí na Escola de Música de Sober, que por certo durante moitos anos a maioría dos músicos da banda eran de Proendos. En Sober hai unha tradición musical moi estendida, o que dicíamos antes de xente capaz de 260

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cantar en voces dunha forma case espontánea porque a música está metida en todas as familias. Entón o que lles demos foi ese curso de adultos, como o solfexo adoita ser moi aburrido, pois á parte de solfexo démoslles unha idea: recoller a tradición oral, como por exemplo o que hai nestes cadernos: un pouquiño de tradición oral do concello de Sober. Esto son transcricións de cintas. E loxicamente, claro, eu por exemplo son de Proendos, pero unha vez alá en Pinol, falo doutra parroquia, chovía e tiña bastante présa. E había uns vellos metidos nun couso deses dos pequenos que lle poñen, non? Entón xa pasei e cheguei á estrada. E dixen: Carallo, están aquí istes, o señor Manuel, que eu aínda non o coñecía, e o do Noguedo, que teñen noventa e pico de anos todos… Vou parar. Entón, claro, empezamos a falar: e logo usté de onde é? Son de Proendos. E… tal, tal. De Proendos cal? De Francos… Bueno, cando me vin, vaia, como un animal, que digo o abren e souberon todas as tripas, a partir de aí xa puiden empezar a preguntar, non? E foi impresionante o que aquil día saquei desa xente. Dende un castro con cousas que romperan e que apareceran, ata cousas de bruxas, de lendas, il era un canteiro que foi capaz de levar dúas pedras de muíño que lle facían… unha delas anda por eiquí, que facían no monte e que baixou, fixéranlle unha aposta, e todo iso, ou sexa, aquilo deume para volver cincuenta… Realmente, o que sabe calquera paisano… porque hoxe non sabemos nada. Un paisano facía de carpinteiro, se facía falta ata de electricista, non era cuestión só de cousas pasadas, aprendía todo. M: O contacto da xente, a pesar de que ás veces te coñecen, é bastante difícil. Porque a xente cóntache as historias cando está realmente convencida de que aquilo vai ter algunha importancia. Déuseme, por exemplo, un caso dunha lenda. Contactando con este señor, que estaba fóra, pero bueno, vén á súa casa, está só practicamente, que xa non ten familia eiquí, familia achegada, pero bueno, lle apetece sentarse no seu corredor e estar alí, e un día, pois recorrendo a parroquia fomos por alí e atopámolo. Máis ou menos sacámoslle a lenda porque tiñamos referencias de que no sitio deles había a lenda esa. E preguntámoslle, e tal, e dixo que aquilo era unha tontería, que nin se podía contar, a ver se iamos pensar que era unha chorrada aquilo que nos ía contar, e non nolo contou. Pero bueno, hai que insistir, e hai que traballar coa xente, e hai que falar, falar se cadra doutras cousas menos importantes ata que realmente chega o momento e contan o que realmente estás buscando, o que estás esperando. A: Pero podiamos mellorar, aproveitar iso e evolucionar, por suposto. Pero hoxe por exemplo non sabemos nada de plantas. E a miña nai é capaz de dicirme: isto, a xarxa, é para tal, a miña avoa acórdome que facía mexunxes de tal. E todo iso, que lle transmitiron as nais, é froito de que vivían dunha forma que hoxe non existe. M: Somos testemuñas da ruptura que houbo no campo, onde a xente nova abandonou totalmente o campo, poucos quedamos e os que quedamos non traballamos nel, e é unha pena, vivimos cando eramos pequenos o traballo do campo, ir coas vacas, axudar na casa, e todo tipo de traballos, e claro, iso agora xa non se dá. Porque pasou de ser unha poboación rural a unha poboación que vive das pensiós. Trabállase unha horta e practicamente non se fai outra cousa. Se a entrada na Comunidade Económica Europea sucedese hai 50 anos, cando había un montón de xente nova aínda que podía vivir nas aldeas, pois si, pero é que agora case non hai ninguén con quen falar na parroquia. E entón vaise un pouco perdendo todo e vai un pouco decaendo. Eu non lle vexo futuro, véxollo totalmente negro. Eiquí non houbo axudas cando realmente tivo que habelas, pró campo… Entón a xente tratou de buscar a vida, o mellor que puido, por outro lado. Porque había que traballar. Na miña casa, por exemplo, había cinco persoas maiores que traballaban arreo, un montón, e chegar a fin de mes e estar practicamente como o primeiro día, é dicir, que no campo non vivías nin miserablemente. 261

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O xeito de vida acabouse e, como din algúns, ao transformarse a economía tamén se transforma a sociedade. O cambio no xeito de vida é total. Eu aínda fun coas vacas, fun ao abono, fun aínda algo á cava, é dicir, participei na vida labrega, pero é que istes xa non. X: Estades caendo nun pesimismo moi grande, e vou tentar ser algo optimista. A: Non, somos realistas. M: É distinto de ver unha parroquia que estea perto dunha cidade. Non ten por que estar mesmo pegada, pero bueno, a unha distancia prudencial onde pode haber novas segundas residencias de xente que xa non era da parroquia pero que se asenten alí, e bueno, que pode haber unha actividade cultural porque hai xente nova. Pero estas parroquias que estamos tan deixadas da mao de Deus, tan afastados, eu vexo realmente difícil que esto volva outra vez a rexurdir, porque é que non sei por onde se podía coller. Eu nese aspecto son totalmente negativo, si, si. De ver as leiras e lameiros todo traballado, pero ben traballado, e ves que agora vai quedando a monte, van saíndo xestas, van saíndo toxos, empezan a aparecer carballos, e dis: bueno, esto é o bosque autóctono de Galicia pero tal e como era fai dous mil ou tres mil anos. Igual, igual.

262

51 58

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

51

As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

52

Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

53

A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

54

A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

55

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

56

A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

57

Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

58

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

Xosé Manuel Souto González

Ramón López Rodríguez

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

Xosé Mª Tobío Iglesias

Ramiro Martínez Carballosa

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade Xosé Manuel Souto González

O ser humano percibe o territorio a partir de filtros culturais e sensoriais. Sen dúbida, o gusto, tacto, ouvido, vista e olfacto teñen unha importancia grande na creación dun imaxinario territorial, pero sobre todo son os referentes culturais que chegan a través das imaxes visuais dos estímulos publicitarios os que deciden o noso comportamento espacial e que serven de guieiro nos desprazamentos cotiáns sobre a cidade ou na contemplación das paisaxes nos campos, montes e praias (C. de Castro, 1997). A manipulación das imaxes territoriais incide nas expectativas dos veciños e sobre todo dos actores sociais que realizan investimentos para cambiar a escena da paisaxe. Nuns casos uns convértense en turistas ávidos dunha “paisaxe natural”, aínda que se teña consciencia de que é artificial, noutros os promotores das urbanizacións “venden” un espazo construído como se fora un paraíso natural. Pero ao mesmo tempo, a fixación desta imaxe no inconsciente persoal fai que perdan valor aspectos que existen realmente no territorio, pero que pasan desapercibidos aos cidadáns, sobre todo cando non poden establecer comparacións con outros lugares. As paisaxes sintetizan a visión persoal do territorio e as dinámicas ambientais e sociais deste, polo que é preciso descubrir os factores ocultos que explican a súa formación (Souto, 2000). No caso do conxunto político denominado Eixo Atlántico temos unha oportunidade de analizar as transformacións e os proxectos de identidade territorial, que se difunden a partir das técnicas de mercadoloxía. O Eixo é unha iniciativa que xorde en 1992 a partir do liderado do Porto, cidade que aparece nos documentos do Comisión Europea de 1995 como o gran núcleo urbano existente entre a área de Lisboa e o triángulo asturiano no denominado Arco Atlántico, un dos dez bloques suprarrexionais que utilizou a antedita Comisión para planificar o futuro territorial da Unión. Isto significa que existe un intento de transformar desde o global (as estratexias rexionais da UE) o local (a eurorrexión do noroeste ibérico) contando co protagonismo das cidades e dos poderes locais. En consecuencia, as imaxes que se van difundir desde o Eixo estarán moi relacionadas cos proxectos políticos que teñen os alcaldes, concelleiros, poderes económicos, culturais e sociais das dezaoito cidades do Eixo respecto do conxunto territorial, onde a paisaxe ten un valor incuestionable. Isto non podía ser doutra maneira, en tanto que o proxecto do Eixo aparece como unha consigna da Europa dos cidadáns fronte ás ideas da Europa das rexións. Poboación e territorio outra vez elementos fundamentais dun proxecto de identidade territorial.

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

O cambio de escala de Arco Atlántico a Eixo Atlántico non é algo fútil. Presupón unha toma de posición das autonomías locais fronte ao poder das autoridades estatais e das Autonomías españolas ou das Comissões da Coordenação Regional de Portugal. Non obstante, esta opción supón a existencia de novos retos: relacións políticas entre o Eixo e a Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal, relacións técnicas e de promoción territorial entre os 18 municipios que no ano 2000 configuran o Eixo Atlántico. E aquí reside o cerne da nosa argumentación: poden as cidades e a cultura urbana, caso de que a poidamos definir como tal, ser quen de impulsar unha política de mercadoloxía territorial que poña en valor crecente a paisaxe, os aspectos inmateriais, as percepcións e os sentimentos do conxunto eurorrexional? Pode a cultura da poboación máis densa, dinámica e accesible ser quen de definir un proxecto cultural que saiba redefinir desde unha simbiose os conceptos de rural e urbano, espallado e concentrado, tradición e modernidade? Hoxe a poboación da eurorrexión do noroeste peninsular está concentrada fundamentalmente nas cidades e áreas de influencia inmediata. A organización municipal do século XIX ten pouco sentido dous séculos máis tarde, cando os problemas aparecen nas áreas metropolitanas nas que se integran as cidades principais, como no caso do pacto intermunicipal das 18 cidades que constitúen o Eixo. Por iso os conceptos urbano/rural perden o significado de oposición estrutural que antano posuían. O espazo urbano coincide cun proceso de transformación da natureza que se espalla desde unha cidade, a través da mobilidade da poboación, das mercadorías e das informacións. Nesta dinámica absorbe a paisaxe rural, escenario de actividades agrarias, comerciais, forestais, turísticas e artesanais. Un medio rural que xa dispón dunhas características de vida material que son semellantes ás das cidades: ciclo da auga en todas as vivendas, rede eléctrica, telefonía, internet... aínda que con problemas de accesibilidade aos grandes centros de servizos: teatros, universidades, cines, comercios especializados... E isto xera unha demanda de infraestruturas e novos servizos para un espazo que chamamos periurbano (Boira e Souto, 1995) En efecto, o crecemento inmobiliario e demográfico, que desbordou os límites municipais, provocou importantes problemas ambientais (contaminación do manto freático, lixeiras incontroladas, ausencia de xerarquía viaria) que non son aceptables nunha proposta de desenvolvemento sustentable, tal como se recomenda desde as máis importantes institucións mundiais (ONU e Unión Europea). Unha crise ambiental á que nos anos de cambio de milenio se une a fin dun ciclo económico das economías de escala industrial, que en gran medida se correspondía cos alicerces económicos de Vigo e O Ferrol dos anos sesenta e que provocou o enorme crecemento demográfico e do parque inmobiliario entre 1960 e 1980. A posterior crise do téxtil incidiu no devecer dos vales do Ave e Cávado, así como a continua perda da rendibilidade agropecuaria fai minguar a poboación que se localiza nas bisbarras de Bragança, Chaves, Lugo ou Monforte. Os procesos económicos mostran que as cidades, vilas e aldeas teñen ciclos de vida, moitas veces ignorados cando só explicamos o presente desde unha perspectiva temporal moi curta. 268

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Os ciclos de vida das cidades tamén inciden no devecer do rural, que estaba ensarillado na súa dinámica desigual (Veltz, 1995). Pero o rural é algo máis que unha actividade económica, unhas infraestruturas viarias e un hábitat, cunha elevada calidade de vida se está próximo a unha gran cidade. Tamén é o que levan nos seus miolos as persoas que aló viven, ou ben que o visitan depositando unha serie de valores polos que senten saudade. A paisaxe rural é percibida como unha identidade territorial para moitas persoas, aínda para moitos é unha idealización bucólica de fins de semana ou vacacións estivais. E isto tamén é o rural. Por iso desde as cidades cómpre analizar, dar pulo ao medio rural, facilitar proxectos que favorezan a biodiversidade non só botánica ou faunística, senón tamén antrópica. Un pobo que esquece os seus sinais de identidade é un pobo amnésico, é un pobo con alzheimer. Pero sobre todo un pobo que estraga o seu medio comete un atentado mortal contra si mesmo: un suicidio colectivo. Un estudo sobre a mercadotecnia territorial quere mostrar un camiño de reflexión e acción sobre a toma de decisións que implica unha modificación no desenvolvemento económico, social e xeográfico. Para isto pretendemos escolmar aqueles recursos potenciais que poden facilitar o dinamismo económico, social e cultural e que, polo mesmo, teñan incidencia sobre o territorio do noroeste peninsular. Referímonos aos produtos territoriais específicos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou potencialidades de localización de actividades que permitan ensarillar ás áreas urbanas e aos medios rurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización. Un proxecto de mercadoloxía permite situar un espazo local no planeta global, para isto facilita a creación de marcas de identidade. A mercadoloxía territorial é un conxunto de coñecementos que se aplica no planeamento estratéxico, para conseguir a emancipación política e económica, pois considérase que non só os recursos produtivos e a oferta de traballo provocan o desenvolvemento, senón tamén a imaxe que proxecta o territorio sobre o exterior. Neste senso, o Eixo Atlántico ten que mostrar que é capaz de xerar unha imaxe territorial cuns recursos produtivos (a auga, a paisaxe, a cualificación laboral, a cultura inmaterial, o ambiente urbano entre outros) que xere expectativas de investimentos exteriores e que mellore a calidade de vida dos veciños de seu. Trátase de valorar as identidades locais para promover dinámicas territoriais de desenvolvemento. Procúranse definir os puntos fortes do desenvolvemento de cada área local, subliñando os cambios económicos que se teñen producido e definindo as tendencias futuras. Preténdese utilizar o patrimonio arquitectónico e paisaxístico como elemento de reforzo da dinámica cultural, ensarillando as pequenas cidades no sistema urbano do Eixo e este no conxunto de relacións europeas. Un esforzo polo desenvolvemento dos recursos institucionais co gallo de alcanzar propostas de colaboración transfronteiriza en materias de planeamento, de tal xeito que se poidan albiscar os alicerces dun crecemento das áreas periurbanas no contexto do desenvolvemento sustentable. Trátase de promover unha defensa do patrimonio ambiental, pero que non sexa gravoso para a poboación que viva nestes lugares e vai soportar a presión dos habitantes das cidades, o que significa aumentar as condicións de vida e rendas da poboación de espazos lonxe das cidades, pero que determinará en gran medida o ocio e lecer dos cidadáns. Neste senso entendemos que a mellor definición para o conxunto do Eixo Atlántico, e así o propuxemos para as dezaoito cidades-municipios, é o de “os territorios da pedra, da auga e da saudade”. As pedras de cantería están presentes en case todas as edificacións, aínda que na zona oriental aparezan as lousas nas casas máis vellas e en todas as cidades poidamos observar o ladrillo e o formigón como símbolo da modernidade arquitectónica. A auga mariña, fluvial, da chuvia, aparece por todos os lugares. As cidades simbolizan unha 269

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

espesa néboa, gotas de condensación de milleiros de recordos históricos, de fitos do pasado que veñen onda nós; no medio rural a auga transforma nun mosaico polícromo as paisaxes agropecuarias, forestais, para lembrarnos o que continuamente quixo e continúa a ser. E por último as cidades e aldeas da morriña e da hospitalidade, un sentimento que abrangue por igual aos cidadáns de Galiza ca do norte de Portugal. Se nun caso os indianos ou americanos regresaban de Arxentina ou Venezuela, noutra beira do Miño viñan de Brasil e nos dous casos a súa incidencia sobre a promoción inmobiliaria e o desenvolvemento de servizos urbanos (educativos, culturais) foi semellante. Era o seu amor á terra nai, a onde volvían para morrer, o que lles facía investir neste solares, sen desprezar a propia actividade empresarial. Un continuo tecer e destecer de tramas urbanas parcelarias e de construír e reconstruír volumes pétreos. Por iso pretendemos valorar os recursos materiais e humanos que podan dar lugar a un desenvolvemento integrado, un desenvolvemento sustentable para as xeracións vindeiras. En consecuencia, non só estudamos os centros históricos das 18 cidades, senón tamén espazos próximos que manteñen unha estreita relación coas principais cidades. Porque entendemos que as áreas de influencia urbana das cidades do Eixo abranguen practicamente a totalidade da antiga Gallaecia e, polo mesmo, as decisións que teñan unha orixe nas cidades van chegar ata as últimas aldeas que reciben a visita ou o investimento dos axentes sociais urbanos. Pero isto significa definir a cultura urbana en Galiza e norte de Portugal desde unha perspectiva de achegamento dialéctico entre o local e o global (Borja e Castells, 1997). Significa facer visible, colocar no mapa do mundo a presenza cultura da eurorrexión desde os seus valores e patrimonios, materiais e inmateriais. Sen dúbida, os recursos patrimoniais, construídos polo home ou baixo o determinante das forzas da natureza, permiten mellorar a calidade de vida ambiental e social dos cidadáns a través das medidas anteriores, pois é factible crear un programa de actuación que poda ser xestionado polas autoridades locais. Un programa que reforce a especificidade de cada cidade, pero ao mesmo tempo que procure crear unha marca, un símbolo cultural que identifique ás cidades do Eixo no conxunto europeo. Pero as marcas non teñen sentido se non van acompañadas dun proceso de participación cidadá e de creación de sinais de identidade coas anteditas marcas. E para isto é preciso un proxecto de gobernanza local, onde os concellos son os fulcros do proceso político e social. Nos concellos é o lugar onde con máis facilidade é posible chegar a un acordo entre as iniciativas sociais e culturais dos colectivos e persoas e as forzas institucionais do poder político. Por iso un proxecto de mercadoloxía territorial debe conceder un gran peso específico ao tecido asociativo, pois entendemos que o movemento cidadán, artellado en asociacións veciñais, culturais ou laborais, é o gromo dunha nova cultura territorial, pois como dixemos a identidade territorial, así como o consenso e participación dos axentes sociais na promoción das cidades e da eurorrexión é fundamental para o éxito do planeamento. Neste senso temos que celebrar a presencia de federacións veciñais, agrupacións culturais e unha coordinación das principais forzas políticas e sindicais nos debates dos planes territoriais nas cidades do Eixo, como sucedeu no caso do Congreso do Segundo Plano Estratéxico do Eixo Atlántico celebrado os días 30 e 31 de marzo de 2005 en Ourense. En calquera caso aínda falta camiño por percorrer. 270

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Neste guieiro é preciso contar cun proxecto de márketing ou mercadotecnia territorial. Un proceso de definición dos puntos fortes do territorio que poida ser avaliada polos cidadáns, un proceso que implique a participación dos axentes sociais organizados en colectivos. Unha participación dos axentes institucionais, das empresas privadas, dos poderes políticos públicos que sexan capaces de crear as condicións dunha nova xeira de crecemento, que teña os seus alicerces nas novas tecnoloxías, na economía da información e no papel rector das cidades. Finalmente queremos subliñar que un proxecto de márketing territorial non é un de definición de produtos turísticos, aínda que estes poden aproveitar os resultados da avaliación dos recursos territoriais e sociais que se fai nel. A mercadotecnia territorial procura ofrecer aos diferentes grupos que teñen intereses sobre o territorio (investidores, axentes de turismo, políticos, dirixentes veciñais, empresarios...) unha descrición da potencialidade do territorio, dentro dunhas coordenadas que nós tipificamos como desenvolvemento sustentable. Por iso escolmamos as pedras, as augas e a morriña pola terra de seu como identidades creadas no proceso histórico. Pero a Historia non é un conxunto de feitos do pasado que se contan dunha maneira estática e pasiva. Antes ben, o coñecemento histórico debe servir para situar o porvir, para comprender criticamente o presente a través da explicación do pasado, dos ciclos históricos que unha vez pechados poden ser analizados con rigor. Neste proxecto de explicación científica cobra sentido a análise que facemos dos proxectos inconclusos de innovación, pois sabemos que nestas innovacións está agochado o gromo do futuro. Unha innovación que utiliza o pasado (as pedras), o presente (a potencialidade do recurso da auga) e o futuro (a formación da poboación que se sente identificada co territorio).

Referencias bibliográficas BOIRA, J.V.; SOUTO, X.M. Percepción del medio y planificación del territorio: el caso de Vigo, Boletín de la A.G.E., nº 20, 1995, pp. 67-80 BORJA, Jordi, CASTELLS, Manuel. Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información, Madrid, Taurus, 1997 CASTRO, Constancio de. La geografía en la vida cotidiana, Barcelona, Serbal, 1997 FERRÁS SEXTO, Carlos. Contraurbanización, suburbanización y cambio social en la Europa Atlántica: estudio comparado de Galiza e Irlanda c. 1970-1990, Universidade de Santiago de Compostela, Tese de Doutoramento, inédita, 1995. SOUTO GONZÁLEZ, Xosé Manuel. Cambios culturais, globalización e periurbanización. Paisaxe, poboamento e ordenamento territorial. Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, Santiago: Museo do Pobo Galego, 2000; páxinas 61-103 VELTZ, Pierre. Mundialización, ciudades y territorios, Barcelona, Ariel, 1999

Bibliografía do Eixo Atlántico relacionada coa mercadoloxía territorial FIGUEIREDO, António Manuel et alli. Proposta de Estudo estratégico das cidades do Eixo Atlântico, Planum Lda., Porto, 1993. Material xerocopiado. 271

51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

— Estudo estratégico do E.A. Vol. 1: As formas do terciàrio superior, Cámara Municipal do Porto, 1995. — Estudo estratégico do E.A. Vol. 2: Anàlise dos centros históricos, Cámara Municipal do Porto, 1995. — Estudo estratégico do E.A. Vol. 3: Novas dinâmicas urbanas, Cámara Municipal do Porto, 1995. HIDALGO CUÑARRO, José Manuel et al. Rutas arqueológicas. Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2005. NOGUEIRA, Mario e HIDALGO, J.M. (coord.) Museos do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2004. PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Plan de Infraestructuras do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e Deputación de Pontevedra, 2000. PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Abordagem á actividade turística nas cidades do Eixo Atlântico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2002. SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Xeografía do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 1999. SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) A Historia no Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 1999. SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Planeamento estratéxico e mercadotecnia territorial, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2001. SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. e MARQUES, Raul Jorge (coord.) Participación cidadá e desenvolvemento local no Eixo Atlántico: Monforte e Chaves, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2003.

272

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable Ramón López Rodríguez

É evidente que a situación actual de moitas rexións e zonas do noso planeta se mostra claramente como insustentable, con case dúas terceiras partes da poboación total carecendo do básico; e cun panorama onde as agresións ao medio ambiente, o desperdicio de recursos naturais e os desequilibrios sociais constituíronse en condicionamentos que se adoitan asumir como irremediables dentro dos modelos de funcionamento vixentes. Resulta evidente a necesidade dun xiro efectivo cara a un futuro distinto, que aporte novos valores e principios que poidan proporcionar posibilidades dun cambio e posterior estabilización que moita xente desexa. Nesa liña, e como alternativa, a finais do pasado século XX emerxe un novo concepto: o do desenvolvemento sustentable. A expresión desenvolvemento sustentable fíxose popular desde que foi adoptada como proposta de futuro no Cume de Río, converténdose progresivamente nun novo talismán que usan cada vez máis persoas ou grupos e nun indispensable aval de numerosos proxectos e realizacións. Con todo, en moitas ocasións estas palabras non sempre teñen detrás sequera unha idea; de forma que a miúdo é complicado saber de que se está falando cando se fala de sustentabilidade. Por iso, primeiro de nada parece conveniente deterse na propia definición, buscando cando menos unha posible aproximación ao concepto nela implícito. A Comisión Brundtland definiu o desenvolvemento sustentable como aquel capaz de satisfacer as necesidades da xeración presente, pero sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades (‘O noso Foro Común’, 1989). E o certo é que en si mesma non é unha verdadeira definición, senón máis ben unha declaración de intencións, de forma que a vaguidade a caracteriza: ¿cales son as necesidades que sería preciso satisfacer? ¿de que grao de satisfacción falamos? ¿cantas xeracións futuras e de que dimensións? ¿que cabería entender por desenvolvemento? etc.; son preguntas sen resposta explícita que se poden suscitar deseguida. En realidade posiblemente esta vaguidade poida explicar o seu éxito como cita, porque permite que poida ser usada indistintamente por partidarios e adversarios do crecemento económico. En calquera caso, a propia definición de desenvolvemento sustentable parece encerrar ou conter tres conceptos fundamentais: o de necesidades o de limitacións e o de futuro: 1. O de necesidades, porque así se manifesta explicitamente na propia definición; e neste sentido evolucionar cara a un desenvolvemento sustentable tería necesariamente que supoñer

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

intentar satisfacer as necesidades básicas de todos, e xa que logo en particular as necesidades esenciais dos que actualmente non as teñen cubertas, que aínda son maioría en moitas zonas do planeta. E esta cobertura de necesidades que poida estender e incrementar o benestar a todos os habitantes do planeta, parece levar consigo a aceptación dalgúns principios: Por exemplo o principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, que implica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insustentables das sociedades avanzadas. Del tamén se deriva a necesaria evolución cara modelos e políticas de auténtico desenvolvemento que busquen transformar o exclusivo benestar material en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éticas, culturais e espirituais. E sobre todo o principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benestar e desenvolvemento aqueles que agora non o teñen. Equidade, tanto intraxeracional: os beneficios, as oportunidades e en xeral a cobertura de necesidades hanse de compartir equitativamente entre todos os pobos e persoas; como interxeracional, xa que esta consecución se ha de garantir non só para o presente senón así mesmo para xeracións futuras. 2. O de limitacións, porque esa satisfacción de necesidades para as xeracións actuais e futuras está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera. Límites establecidos polos recursos naturais existentes, e aínda dunha forma máis importante pola capacidade de asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría e máis graves problemas ambientais coñecidos. De feito, e en canto a este concepto de limitación, esencial en calquera formulación de sustentabilidade, existen hoxe en día diferentes interpretacións, que fundamentalmente se poderían concretar nas dúas seguintes: a que deriva os seus argumentos e principios basicamente da ecoloxía, e a que os deriva basicamente da economía. A primeira parte da existencia dunha limitación física inescusable, marcada por unha biosfera finita (tanto en recursos, como en canto á asimilación de residuos), que condiciona tamén a existencia de límites claros ao crecemento económico continuado, que nunca podería exceder esas limitacións ecolóxicas. Pola súa banda, a posición economicista suscita as posibilidades de substitución que crea a propia economía xunto co progreso tecnolóxico, que podería permitir superar os límites naturais; obviando xa que logo calquera posibilidade de freo á expansión económica. De todos os xeitos, a existencia de límites medioambientais parece que dificilmente pode poñerse en dúbida desde a óptica que representa a crise ambiental actual. De feito hoxe o coñecemento científico permite establecer con bastante aproximación cales son estes, de forma que o problema non está en que non os coñezamos, senón que, coñecéndoos, os excedemos. Esta situación colócanos baixo dun modelo que se caracteriza pola súa evidente insustentabilidade. A existencia deses límites, que se pode observar na degradación de determinados sistemas sustentadores da vida, como a atmosfera, o chan, a auga ou a perda de diversidade biolóxica, debe estar presente no deseño das políticas do século XXI co obxectivo de reducirmos a insustentabilidade actual. A aceptación da existencia de límites medioambientais, e dos topes que estes impoñen ás actividades humanas, supón tamén a aceptación de varios principios: ❙

274

Como o principio de eficiencia, cuxa aplicación resulta especialmente importante nos sistemas de produción, mediante a urxente orientación da tecnoloxía cara a unha eficiencia específica para a sustentabilidade, e non soamente en producir máis como xenericamente se ten feito ata agora. O significado da eficiencia ao servizo da sustentabilidade poderíase resumir no seguinte lema: producir máis con menos (usando menos recursos e xerando menos contaminación).

Territorio, patrimonio e desenvolvemento





Outro principio que ten que ver cos límites é o indispensable principio de suficiencia, que dirixe a súa mirada sobre todo ao cidadán e as súas necesidades e a organización da sociedade, suscitando o sentido dos límites e xa que logo a necesidade de complementar eficiencia con suficiencia: pouco se solucionaría facendo coches coa metade de recursos, que consuman e que contaminen a metade (eficiencia), se multiplicamos sucesivamente o parque automobilístico. Ou en última instancia o principio de compensación, que se fundamenta nun necesario e drástico axuste das cargas fiscais en función da incidencia dos proxectos e procesos sobre o medio ambiente e a sostibilidade en xeral. Este principio podemos entendelo como aquel no que ‘quen máis recursos consuma e máis contamine máis terá que pagar; e, sobre todo, quen menos o faga máis deberá de gañar fiscalmente’. En todo caso, é necesario facer mención a que a transformación do dano, do deterioro ambiental en carga fiscal non garante, por si só, a corrección dos problemas ambientais.

3. E o de futuro, porque a cobertura de necesidades das xeracións actuais non pode comprometer a capacidade das xeracións futuras de cubrir as súas propias necesidades. E aínda que é certo que a este respecto se poderían suscitar reflexións relevantes como que ambas xeracións non van participar de mercados idénticos, nin dos mesmos coñecementos e avances tecnolóxicos, nin sequera de valores ou patróns necesariamente similares, e polo tanto non podemos enfocar o futuro cos ollos do presente; con todo, desde un punto de vista pragmático, a cuestión poderíase resumir finalmente nunha idea simple: o desenvolvemento poderá ser máis compatible con sostibilidade se as xeracións futuras herdan un medio similar ou mellor que o que recibiron as xeracións presentes. E o modelo de desenvolvemento que supón esta idea parece implicar tamén a aceptación polo menos de tres principios importantes: ❙





O principio de precaución, que propugna unha visión e unhas formulacións preventivas que supoñen valorar as consecuencias e anticiparse aos problemas, buscando en definitiva xestionar o futuro en lugar de xestionar as crises como moitas veces facemos actualmente. O principio de participación de todos os compoñentes da sociedade nos mecanismos de toma de decisións; resultando neste sentido fundamental a máxima participación e consenso para decidir os usos do medio que afectarán ao futuro. E o xa citado principio de equidade, neste caso entre as xeracións actuais e futuras.

Deste xeito, a evolución ou transición cara a un novo modelo sustentable, que poida ofrecer garantías de compatibilizar adecuadamente a cobertura de necesidades coas limitacións ecolóxicas, suscita a necesidade de profundos cambios estruturais no modelo actual, que supoñen e requiren así mesmo cambios fundamentais nos valores, nas formas de pensamento e nas actuacións, dentro do entramado social que sostén e soporta devandito modelo. A recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial que atesouramos as culturas máis ancestrais, como a nosa, tan cargado de valores ambientais, de valores cooperativos e outros, ha de xogar un papel significativo á hora de avanzar na senda da sustentabilidade. Así, e desde a certeza de que a natureza da crise social e ambiental existente se enmarca en gran medida nas relacións entre modos de desenvolvemento vixentes e o medio ambiente, calquera proposta dun modelo alternativo, como é a do desenvolvemento sustentable, ten que suscitar e asumir a necesidade non só dun cambio xenérico nas relacións entre modelo social e medio ambiente, senón especificamente nas relacións entre os propios individuos e destes co medio. En síntese, a sostibilidade require un equilibrio dinámico entre moitos factores. O que se busca é un modelo de desenvolvemento compatible co medio ambiente, que permita 275

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

alcanzar a todos os seres humanos a verdadeira condición humana. E isto só poderá lograrse como resultado dun proceso de cambio gradual, que permita ás sociedades, especialmente ás menos avanzadas, mellorar as súas condicións de vida e ambientais, mellorando as súas capacidades científicas, tecnolóxicas, organizativas e económicas; e dentro dun sistema de valores distinto compatible coas condicións de todo tipo que lle son propias. Isto quere dicir, en definitiva, que un verdadeiro desenvolvemento sustentable non é desde logo compatible co deterioro do medio ambiente; pero tampouco coa pobreza e a fame, nin coa carencia de dereitos humanos, de paz e liberdade; nin coa ignorancia ou a discriminación de calquera tipo, nin cos conflitos ou as guerras. Non se trata tampouco dun asunto meramente económico, científico, tecnolóxico, ou de lexislación; senón que demanda cuestións conxuntas e globais que impliquen verdadeiros cambios nos modelos e formas de vida imperantes, e nese sentido require do apoio e participación de todos os grupos sociais, económicos e políticos da sociedade, e de todos os cidadáns comprometidos nesa liña. E, precisamente por iso, a educación ambiental atópase no centro de todo este complicado panorama, e considérase un dos medios fundamentais para fomentar a conciencia e sobre todo a capacitación cidadá, que axuden a promover e executar as necesarias accións sociais, económicas, científicas, técnicas e de valores, que poidan significar a transición cara a un desenvolvemento realmente sustentable. Nese proceso, como diciamos, o noso patrimonio inmaterial debe ser un elemento presente e activo.

276

53 A cultura da auga:

balnearios e mares interiores

na comarca do Ribeiro Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

Introdución

Río Avia ao seu paso por Leiro. Fotografía de J. Salgado.

Dando un paseo ao longo dos tempos descubrimos o papel destacado que a auga tivo no decorrer da historia. Nas civilizacións máis remotas existiron mitos relacionados coa auga; fontes, ríos, lagos ou estanques estaban en posesión dunha divindade ou dunha grande variedade de xenios acuáticos. A mitoloxía está chea de exemplos nos que a auga cura, embelece, crea, limpa e purifica. Gregos e romanos coñecían e aproveitaban as virtudes terapéuticas das augas a través das fontes e da súa afección aos baños. Esas augas curativas considerábanse unha expresión do poder sobrenatural dos deuses e os lugares nos que elas se atopaban chegaban a ser centros de culto, as máis das veces, de grandiosidade arquitectónica. A auga era un don dos deuses que nun diálogo íntimo co home deu orixe a moitas manifestacións tradicionais. En estado sólido, líquido ou gasoso é un elemento esencial da vida, relacionado coa saúde e a fertilidade e tamén co mundo funerario sendo, nalgunhas culturas, o elemento que permite o tránsito ao máis alá. En Galicia hai unha tradición prerromana de adoración das fontes e mananciais que continuou ata os nosos días aínda que perdeu ese carácter místico-relixioso en favor das súas virtudes terapéuticas. Pero a auga segue sendo un tesouro, un recurso natural de primeira orde para contribuír ao desenvolvemento dun territorio, inserto na tradición, na cultura popular, nas formas de vida, na sociedade en suma: ir buscar auga á fonte, lavar ao lavadeiro, regar aos prados e ás terras, moer aos muíños movidos pola súa forza motriz, ir tomar as augas…, son actividades habituais na nosa cultura. Foi, desde os inicios dos tempos, un medio de produción que desenvolveu unha arquitectura específica (muíños, batáns, ferrerías…) e con múltiples vertentes desde o punto de vista etnográfico (folclore, toponimia, organización social…). Pero foi tamén un elemento de socialización que favorecía o encontro social e o xurdir de novas relacións sociais. As fontes con propiedades minero-medicinais deron pé, nos séculos XVII e XVIII, ao nacemento de balnearios, cuxa orixe atopámola nos baños romanos. O balneario era un espazo de curación, tanto física como espiritual, de intensa vida social, que trocaba a vida cotiá do contorno no que estaba –xeralmente ligada á actividade agraria–, e permitía un certo progreso dese espazo respecto ao medio rural circundante. A poboación dese contorno

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

pasaba da actividade agrícola-gandeira habitual a adicarse, nos meses do estío, ao traballo no balneario, ao servizo dos clientes e visitantes. No século XIX é cando a actividade balnearia adquire maior relevo, e o ritual termal, que se inicia coa viaxe, favorece que bosques, parques e xardíns do contorno das instalacións balnearias se revaloricen e se enchan dun certo aire cosmopolita e intelectual. A Carta Europea da Auga recoñece tamén o seu valor estratéxico e sinala que “non hai vida sen auga. Ela é un estimado ben, indispensable para tódalas actividades humanas”. “A auga é sabia e sabe onde nacer” di o refrán e certamente parece ser así porque os lugares onde mana acostuman amosar unha beleza singular. A auga como recurso achéganos a unha mellor calidade de vida: no económico, no aspecto social, no ámbito sanitario, no tempo de lecer e de ocio. É necesario recoñecer os valores sociais, culturais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidas e, baixo criterios de sostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte do noso patrimonio material e inmaterial. No marco do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, estamos a traballar por definir produtos turísticos “xenuínos” nas comarcas do Eume, A Ulloa e O Ribeiro. Imos achegarnos a esta última comarca, a do Ribeiro, para descubrir como a auga é un recurso estratéxico que está xerando crecemento económico e desenvolvemento social desde os seus valores salutíferos, a través das fontes e balnearios e mediante as actividades de ocio que permite realizar. Nesta Galicia dos mil ríos, aínda que Ourense é a única provincia totalmente interior, nas súas comarcas atópase unha gran variedade de fontes e balnearios, de ríos e mares interiores –naturais e resultado da man do home–, que ademais da práctica de actividades deportivas e de ocio, abastecen os nosos fogares grazas á produción hidroeléctrica, sendo polo tanto elemento esencial no benestar individual e social.

O Ribeiro, un mundo de auga e viño A comarca do Ribeiro atópase no extremo occidental da provincia de Ourense e comprende dez concellos: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia –verdadeiro centro histórico da comarca–. A súa morfoloxía é moi variada, e vai dende os penedos das alturas de Avión, nas serras do Suído e Faro de Avión ata os fértiles vales do río Miño e dos seus afluentes Arnoia e Avia, configurando paisaxes moi compartimentadas e de gran beleza. Estes ríos forman unha tipoloxía paisaxística moi característica: os “ribeiros”, que dan nome á comarca. Por outra parte, as especiais características xeolóxicas outorgan a esta comarca unha peculiaridade, que é o fenómeno do termalismo, coñecido xa na época romana e empregado asiduamente pola poboación ao longo da historia. Esta comarca é unha das mellor definidas de Galicia pola súa longa historia, pola súa relación co mundo da auga e polo cultivo da vide, moi relacionado co río Miño. Nas súas 278

Vista de Ribadavia. Fotografía de J. Salgado.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

ribeiras e na dos seus ríos tributarios concéntrase este cultivo, que marcou ao longo do tempo o seu carácter e ten marcado moi claramente a súa paisaxe, moi humanizada e transformada polo cultivo da vide, que tivo que adaptarse aos vales dos ríos –os socalcos. Tamén o clima fai a súa contribución, pois proporciona temperaturas suaves e a humidade precisa para este cultivo milenario. Auga corrente –ríos e encoros–, auga termal –balnearios e fontes– e viño son os principais elementos configuradores da rica e longa historia do Ribeiro.

A historia da comarca

Muralla de Ribadavia. Fotografía de J. Salgado.

A comarca do Ribeiro faise presente na historia moi cedo, non faltando referencias misteriosas á fundación de Ribadavia, presentes na primeira historiografía, que atribúe diversas orixes –gregos, cartaxineses e mesmo fenicios– á toponimia e aos nomes dos ríos. Non hai dúbida de que estamos ante un territorio poboado dende moi antigo, feito corroborado polos achados arqueolóxicos. Xa o xeógrafo romano Estrabón fala de que estas terras eran moi activas na época romana, e que tiñan interese económico para a metrópole. Máis tarde, nos séculos IX e X, na época da repoboación de Galicia, aparecen as primeiras referencias documentais acerca das terras do Avia e do Miño e do seu viño. Tamén se fala destas terras como a “Castela de Ourense”, a causa das numerosas fortificacións que se localizaban na comarca. O interese amosado polas ordes relixiosas –xa dende a primeira Idade Media– por instalar mosteiros nestas terras –San Clodio, Melón, o Convento de Santo Domingo, etc.– fala tamén da importancia estratéxica e económica do Ribeiro. No século XI O Ribeiro adquire importancia porque o rei Afonso IX outorgou un privilexio polo que Ribadavia se convertía en Vila Regis. Máis tarde, en 1065, o rei García I de Galicia elixe a Ribadavia como capital do seu reino. O tempo que transcorre entre os séculos X e XVI é moi movido polas continuas loitas e a acumulación de poder e terras da nobreza galega, ordes militares e os relixiosos. Os restos da fortaleza dos Sarmiento, en Ribadavia, son testemuño do feudalismo na comarca, que detentaba poder e privilexios. Cómpre destacar o mosteiro de San Clodio, beneditino no principio, cisterciense despois e beneditino outra vez ao final; fundado a principios do século X e mantivo a súa importancia ata o ano 1779. A súa contribución á comarca foi o impulso ao cultivo da vide, que transformou o tecido social e ata a paisaxe do Ribeiro. O viño adquiriu importancia comercial a finais da Idade Media coa apertura de fronteiras, que permitiu o comercio internacional e que iniciou unha etapa de florecemento económico para o Ribeiro. Nesta época de prosperidade foi cando se asentou en Ribadavia unha importante colonia xudía, da que na actualidade se conserva o chamado “Barrio Xudeu”. A partir do século XVII iniciouse un paulatino declive destas terras ao entrar en competencia o viño do Ribeiro cos viños portugueses e do resto de España, e isto a pesar de que aumentou moito o cultivo da vide, o que favoreceu, nun primeiro momento, un forte aumento da poboación, feito que non fixo senón aumentar a presión sobre a terra e que, en épocas de malas ou escasas colleitas, se deran na comarca situacións de fame e miseria. 279

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Os séculos seguintes transcorren ligados ás vicisitudes do cultivo da vide e á elaboración do viño, e non hai máis feitos dignos de mención que a Guerra da Independencia, que castigou varias veces a comarca. No século XIX constituíronse os novos concellos, e a comarca sufriu unha reorganización territorial, á custa das xurisdicións dos mosteiros, especialmente o de San Clodio.

O termalismo O termalismo está relacionado dende as súas orixes coa saúde. O descubrimento das virtudes medicinais das augas minerais dátase no século V (a. C.) e destaca a contribución dos romanos, que difundiron por todo o mundo coñecido o uso social deste tipo de augas. Ante a demostrada eficacia das augas con fins curativas, as xeracións posteriores non só asumiron a crenza nas mesmas, senón que seguiron investigando neste campo coa fin de determinar a causa-efecto das augas minerais, así como outros métodos de aplicación, á parte dos tradicionalmente empregados na época. Na actualidade este fenómeno mestúrase tamén co turismo e co desenvolvemento endóxeno dos territorios onde aparece. O turismo de saúde ofrece unha alternativa ao concepto tradicional de turismo ao conxugar o seu carácter de centro de saúde coas posibilidades turísticas e de lecer que presentan os contornos naturais nos que se enclavan. A procedencia das augas minerais e termais é, na gran maioría dos casos, meteórica. Este mesmo proceso dáse en ocasións a maior profundidade grazas a fracturas de gran desenvolvemento vertical, o que ocasiona un progresivo quentamento da auga debido ao gradiente xeotérmico, o calor xerado polas propias tensións da fractura ou a procesos de desintegración radioactiva de minerais presentes nas rochas graníticas polas que circula. Nestes casos os mecanismos de afloramento son os constituídos pola carga hidrostática do circuíto ou pola presión de vapor acadada, dando lugar desde xeito a mananciais de augas termais. A temperatura de afloramento destes mananciais depende da profundidade á que circula a auga, da temperatura máxima acadada no almacén subterráneo, da velocidade de ascenso e das posibles mesturas con augas superficiais nos últimos tramos do circuíto, o que incide directamente no seu arrefriamento. As profundidades e as temperaturas medias de almacéns relacionados coas augas termais galegas son da orde de 2.500 m e 100ºC respectivamente. En canto á tipoloxía e composición química das augas minerais, dependen en gran medida da composición da auga que se infiltra, da natureza dos terreos polos que discorre e dos procesos bioquímicos da zona non saturada e, finalmente, do tipo de minerais das rochas que están en contacto coa auga que as atravesa. Debido a estes condicionamentos e á diversidade do substrato xeolóxico de Galicia, as augas minerais teñen unha importante variedade de sales minerais disoltas. O emprego das augas termais en Galicia remóntase polo menos á época romana, como o demostran os achados arqueolóxicos de Lugo, Caldas de Reis, etc., xerándose unha arraigada tradición hidrotermal na poboación galega, que fai que este recurso siga a empregarse de moitos xeitos. Efectivamente, a auga é, seguramente, o medio de tratamento máis antigo. A orixe da cura balnearia confúndese cos tempos remotos da orixe da medicina, 280

Balneario de Laias. Fotografías de S. A. Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

que nos seus principios empregou medios físicos, e entre eles, a auga. Tras un longo período de decadencia, o emprego deste tipo de augas mineromedicinais foi rexurdindo paulatinamente. Nos últimos tempos o concepto de augas minerais sufriu profundos cambios, feito ao que ten contribuído o seu significativo aumento de produción, aplicación e consumo. Actualmente, as augas minerais son explotadas por sociedades ou por particulares, e tamén por asociacións veciñais ou concellos, pero a maior significación económica provén do ámbito das augas minerais envasadas e polos balnearios, responsables estes últimos da espectacular modernización recente do sector. Mención á parte merece o gran número de fontes e mananciais de uso tradicional espalladas por toda Galicia, que a pesar de non teren infraestruturas de aproveitamento e non sendo explotadas con fins económicas, son empregadas polos veciños das poboacións circundantes. Detalle da Vila Termal da Arnoia.

Balnearios e mananciais na comarca do Ribeiro

Fotografías de S. A. Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Sen lugar a dúbidas, a comarca do Ribeiro constitúe, xunto coas veciñas comarcas de Ourense e O Carballiño, un dos paraísos do termalismo en Galicia. O Ribeiro conta con cinco balnearios activos, aos que se suman outras fontes e mananciais empregados tradicionalmente pola poboación. Estes balnearios son un dos motores da economía da comarca, poñendo en valor os recursos naturais desde un prisma de respecto ao medio ambiente.

Vila Termal da Arnoia O actual balneario, inaugurado en 1995, localízase na marxe esquerda do río Miño, preto das localidades de Reza e San Mauro. As súas augas saen a 22ºC sendo indicadas para estrés, afeccións dermatolóxicas e respiratorias, reumatismos, procesos posquirúrxicos e postraumáticos.

Balneario de Berán. (Leiro) O balneario de Berán, na parroquia do mesmo nome, consta dunha pequena casa de baños e unha piscina termal con augas a 28ºC e de forte forte cheiro a sulfhídrico. As primeiras referencias históricas aparecen no ano 1619. Hoxe está próximo a entrar en funcionamento un novo balneario, nun moderno edificio situado a carón do vello.

Vila Termal de Laias (Cenlle) O emprego das augas termais deste balneario data da época romana, como o demostran os vestixios duns baños romanos, con inscricións latinas que fan referencia a Aquae Leae e continuou na Idade Media e chega ata a actualidade. Ao longo do século XIX construíronse varios pilóns de pedra sobre as antigas termas romanas. O balneario primitivo atópase hoxe medio asolagado polas augas do encoro de Castrelo de Miño. As actuais instalacións empregan o mesmo manancial. O balneario de Laias, situado en Santa Olaia de Laias consiste nun moderno establecemento, inaugurado no ano 2001 e dotado dun gran número de programas e actividades, posúe unhas augas bicarbonatadas sódicas, alcalinas e hipertermais, que saen a 51ºC, indicadas para afeccións respiratorias, gástricas e reumatolóxicas. 281

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Balneario de Cortegada (Cortegada) Non se coñece a data do descubrimento do manancial, pero pénsase que a súa orixe é moi remota. As augas termais de Cortegada xorden en tres fontes principais: chamadas Baños da Pedra, do Campo e do Monte, que contaban con pilóns ao aire libre e con algunhas casetas de madeira, que se montaban ao inicio da temporada de baños. A pesar de ter estas augas grande sona en toda Galicia, destaca a precariedade das súas instalacións a causa da proximidade do río Miño, que coas súas crecidas estragaba as infraestruturas, e pola falla de recursos. A construción do encoro de Frieira fixo que o antigo edificio e os mananciais quedaran baixo das augas. O balneario de Cortegada sitúase na marxe esquerda do río Miño; foi restaurado recentemente e posto de novo en actividade. As súas augas xorden a 26ºC. Os Baños do Monte están nunha pequena casa de baños, con auga procedente dun manancial que mana de catro fontes con temperaturas de 16ºC; son oligometálicas, cluoruradas, bicarbonatadas sódicas e cálcicas, sulfatadas e ferruxinosas.

Termas de Prexigueiro (Melón) Os Baños de Prexigueiro estiveron inactivos bastantes anos, pero a súa recente modernización permitiu de novo a entrada en funcionamento deste tradicional establecemento termal. Os baños están na beira do río Cerves, de cuxo leito xorden as augas, hipertermais, de natureza sulfurosa, bicarbonatadas sódicas e de boas propiedades terapéuticas.

Castrelo de Miño Do antigo balneario, empregado xa en época da dominación romana, non queda ningún vestixio, ao ser toda a zona asolagada polo encoro de Castrelo de Miño. Na actualidade, o tradicional costume de “ir tomar as augas” mantense na nosa sociedade aínda que a renovación das instalacións balnearias permitiu abrir estas a un turismo de saúde, de descanso e de ocio. As augas termais están presentes na oferta que a comarca do Ribeiro achega aos visitantes e aos propios do lugar. Un aspecto importante aínda pendente de resolución na actividade balnearia é a forte estacionalidade que acusa, agás no caso dos grandes complexos (Vilas Termais de Arnoia e Laias).

Os ríos e os mares interiores A comarca do Ribeiro está fortemente vencellada ao río Miño e a un dos seus principais tributarios, o Avia, que dá nome a Ribadavia (Ribeira do Avia), centro histórico da comarca e antiga capital de Galicia (S.XI). A hidrografía da comarca está actualmente moi condicionada pola existencia de tres encoros: Albarellos no río Avia, e os encoros de Castrelo de Miño e da Frieira, ámbolos dous no Miño. O encoro de Castrelo é de 1960 e o da Frieira entrou en funcionamento en 1970. O aproveitamento de ámbolos dous encoros é hidroeléctrico e constitúen tamén un espazo de lecer. Pola súa parte, o río Avia está represado en Boborás, na veciña comarca do 282

Encoro de Albarellos.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Carballiño, no encoro de Albarellos, inaugurado en 1972. Estes encoros son mares interiores que permiten a realización de actividades turísticas e de ocio. O Club Náutico Castrelo de Miño oferta unha ampla variedade de actividades de deporte náutico: vela, remo, piragüismo, windsurf, caiac, pedaleta. Así mesmo, desenvólvese no encoro de Castrelo de Miño un notable programa de competicións náuticas, que abarca regatas nacionais, trofeos e campionatos galegos. O río Miño achéganos a unha paisaxe de augas e permítenos ir descubrindo as entrañas desta comarca, a súa razón básica, xeoloxía, hidrografía..., a súa natureza telúrica. O río Miño entra na comarca en Barbantes (Cenlle), xa encorado na presa de Castrelo, e sae desta á altura da desembocadura do río Deva, onde se inicia o encoro da Frieira. Recibe numerosos regueiros no seu percorrido destacando, pola marxe esquerda, o Arnoia á altura do concello do mesmo nome. O río Arnoia nace na serra de San Mamede e percorre as terras da veciña comarca de Celanova; o seu tramo final, que é o tramo do Ribeiro, é de forte pendente a causa do importante desnivel que ten que salvar dende a superficie aplanada de Celanova ata o curso do Miño. Pero é sen dúbida a marxe dereita do Miño, co río Avia drenando a súa superficie, moito máis interesante dende o punto de vista hidrográfico. O Avia nace en Fonte Avia, na Serra do Suído a uns 1.000 m. de altitude, no concello de Avión. Recolle as augas de diversos regos para verter no encoro de Albarellos. Augas abaixo do encoro recibe un importante afluente, o Arenteiro, e entra plenamente na comarca, ata desembocar no Miño en Ribadavia. Posteriormente, o Miño recibe o Brul e o Cerves, procedentes das ladeiras orientais do Faro de Avión. No río Cerves existen numerosas cachoeiras ou fervenzas, entre as que destacan as de Melón e as de Tourón, orixinadas pola erosión diferencial dos materiais que vai cortando o río –xistos e granitos. Nesta zona, o Miño está fortemente encaixado, sendo nas zonas de substrato granítico, por ser rochas máis duras, onde o val se encaixa e afonda, entre Castrelo e Ribadavia, abrindo o seu val nas zonas metasedimentarias de tipo xistoso (concello de Castrelo de Miño). Por outra parte, a forte tectónica á que se viu sometida toda a área produto da existencia de fallas de dirección NE/SW e NNW/SSW tivo como resultados unha serie de foxas tectónicas, con diversos bloques levantados e outros afundidos, dando unha estrutura xeolóxica de enorme complexidade. O río Miño aproveita parte destas fracturas para acomodar a súa conca. Outra característica xeomorfolóxica é a presenza de depósitos aluviais e de terrazas fluviais a diferentes alturas, terreos importantes na produción agrícola, fundamentalmente vitícola da comarca. Os depósitos aluviais aparecen nas canles dos principais ríos, destacando na actualidade os do río Avia, dende Beade ata Leiro, dando lugar a unha pequena veiga aluvial. A extensión deste tipo de depósitos foi moi superior á actual, pero a construción dos diversos encoros provocou o seu asolagamento. En canto ás terrazas fluviais localízanse no val do río Miño, na vertente de Cenlle e en Castrelo, e no val do Avia, na zona de Beade. Como se pode apreciar ao longo deste artigo, a auga é un elemento identificativo da comarca do Ribeiro. Un recurso natural totalmente imbricado na vida da comarca, augas quedas e tranquilas e augas que corren, brincadeiras, augas que dan saúde, augas que dan vida e que abren camiños á diversificación da economía comarcal e inciden na calidade de vida e benestar da poboación que vive e visita este territorio. “As augas encerran tódolos remedios, lavan os pecados e curan a enfermidade, van cheas de vida ó home que reclama os seus socorros vixiando a súa casa e benestar” Libro de Hiranyakecin 283

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Bibliografía AA.VV. Plan de Desenvolvemento Comarcal do Ribeiro. 1995. Xunta de Galicia, DE JUANA, J. (Dir.). O Ribeiro (a terra que regou o viño). Ir Indo Eds. Vigo, 1993. LUIS RODRIGUEZ MÍGUEZ: Ourense Termal. Alva Gráfica Edcs.2001. MAITE SUÁREZ SANTOS: “Auga Fonte de Saúde” en Natureza Galega, rev. bimestral. 1994. MARIA A. LEBOREIRO: A vida nos balnearios de Galicia. Ir Indo Edcs.1996. CONSELLO DA CULTURA GALEGA: “As augas de Galicia”. Ponencia de Patrimonio natural. 1996.

284

54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

Parque eólico. Fotografías de S. A. Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

O recurso enerxético é susceptible de ser aproveitado para o feito turístico; é un recurso propio, vencellado á cultura galega e que tenta ser posto en valor a través de iniciativas específicas e do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, integrándoo na oferta comarcal de produtos turísticos. Non se trata só dunha arquitectura específica senón que, en torno á enerxía, aproveitada para distintas utilidades, xira todo un mundo de tradicións culturais, de costumes e de modos de vida, que hoxe manteñen un carácter testemuñal pero que están nas raíces do noso pobo e que non deben esquecerse na memoria. Este “mundo” constitúe, sen dúbida, un elemento de interese no proceso de desenvolvemento do territorio. O home, o longo da súa historia, ten precisado sempre da enerxía para a súa subsistencia. Ao principio era un simple lume para cociñar os alimentos e quentarse. Máis tarde, utilizou a tracción animal para o transporte, e a auga e o vento, que se empregaban na obtención de enerxía que abondaba para a industria do momento. Non será ata o inicio da Revolución Industrial cando se inicie o uso dos combustíbeis fósiles, como o carbón nunha primeira fase, e o petróleo máis tarde. É dicir, a grandes trazos, o emprego da enerxía polo home pode dividirse en dúas fases: a primeira vai dende os albores da historia ata a Revolución Industrial, e caracterízase pola utilización de enerxías renovables (o sol, a auga e o vento). A segunda fase vai dende a Revolución Industrial ata a actualidade, e está caracterizada polo emprego de combustibles non renovables, ademais do uso da enerxía electrohidráulica. Desta segunda fase cómpre destacar que nas últimas décadas aumentou o interese pola obtención de enerxías alternativas, interese que ten favorecido o desenvolvemento da enerxía eléctrica obtida a través das placas fotovoltaicas ou das turbinas eólicas. En Galicia as dúas fases mencionadas están perfectamente representadas aínda que os métodos tradicionais de obtención de enerxía persistiron ata datas ben recentes, en que foron caendo en desuso a causa da progresiva xeneralización das fontes masivas de enerxía, nomeadamente a termoeléctrica e a electrohidráulica. Galicia posúe moi boas condicións naturais para a obtención de enerxía a partir de recursos naturais e renovábeis: a climatoloxía proporciona auga en abundancia e vento. En efecto, a auga foi unha das principais fontes de enerxía ao longo da historia. Así, o mapa hidrográfico de Galicia está cheo de muíños, principalmente nos pequenos ríos e regatos e normalmente afastados das aldeas, que eran empregados basicamente para moer cereais, aínda que tamén eran empregados en batáns e outras industrias. Estes muíños foron moi

54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

importantes para a economía do país e incluso conformaron parte da etnografía e do folclore dos últimos séculos. Outro importante recurso proporciónao o mar, que coas súas variacións periódicas de nivel facilita a instalación de muíños de marés e aceas, moi presentes ao longo da costa galega –principalmente nos fondos das rías–, e que serviron tamén para moer o gran e para a industria. Outro recurso natural é o vento, que foi empregado e desenvolvido xa polas primeiras civilizacións. En Galicia este recurso preséntase en forma de ventos abondo constantes e fortes, como é o caso do sector comprendido entre a Estaca de Bares e Fisterra. Cómpre dicir que os muíños de vento tiveron aquí menos importancia que noutros lugares a causa precisamente da abundancia de cursos de auga. Por esa mesma razón, os muíños de vento situáronse en zonas de boas condicións de vento e que sufrían secas periódicas no verán. Por iso, na Galicia interior a súa presencia é practicamente testemuñal. Muíños de auga nos ríos e regatos de toda Galicia, muíños de marés nas rías e muíños de vento en diversos puntos da costa son as principais fontes de enerxía tradicional de Galicia, elementos presentes aínda hoxe en día na paisaxe galega e que forman parte do patrimonio etnográfico galego. Os muíños –especialmente os muíños de auga–, ademais da función produtiva, tiveron na cultura galega unha función social relevante; constituían un elemento de relacións entre veciños, homes e mulleres, mozos e mozas, coñecidos e foráneos. Eran lugares e pretextos para a festa, para as relacións, para mocear, para a cultura popular..., feitos que queda claramente resumidos nas lendas, contos, cancións e nas numerosas cantigas que teñen como tema central o muíño: Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, iso si que é muiñada Ou aquela outra de carácter amoroso que di: Na porta daquel muíño hai dúas pedras d’asento unha é para namorar e outra pra pasa-lo tempo Nos anos centrais do pasado século iniciouse a construción de encoros e presas hidroeléctricas nos principais ríos, feito que fixo de Galicia un importante produtor de electricidade. Un pouco máis tarde instaláronse –en Meirama e nas Pontes– dúas centrais térmicas alimentadas por dous importantes xacementos de lignitos, que situaron a Galicia un pouco máis arriba no ranking da produción de enerxía eléctrica, aínda que como factor en contra teñen o consumo de recursos non renovábeis e a contaminación atmosférica que producen ámbalas dúas centrais. Nos últimos anos a enerxía eólica experimentou un espectacular desenvolvemento en Galicia, sendo xa importante a súa produción eléctrica en termos porcentuais. Así, os principais cumios e serras galegas, tanto da costa como no interior, están poboados de modernos muíños de vento. Estes muíños teñen ao seu favor a nula contaminación e o aproveitamento de enerxía renovable, e, en contra, fálase do seu impacto visual, aínda que pola dispersión que presentan os parques eólicos non teñen producido unha transformación severa da paisaxe. 286

Muíño de auga. Fotografías de S. A. Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Muíños sobre un regato. Fotografías de S. A. Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Cómpre tamén falar doutras formas de produción de enerxía, aínda que a súa importancia é moito menor –normalmente, a súa escala é a local–. Exemplos destas instalacións son as minicentrais hidroeléctricas, as centrais de ciclo combinado e as de coxeración, que aproveitan refugallos e residuos forestais na produción de enerxía. Por outra parte, atópase en fase avanzada de investigación a produción de biocombustibles, destinados principalmente á automoción e o transporte e á produción de electricidade. Na vila das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) iniciouse, en 1972, a construción dunha central térmica para aproveitar o xacemento de lignito atopado nas proximidades, central que foi inaugurada no ano 1976. O longo destes anos, a mina de lignito foi chegando progresivamente o seu límite de rendibilidade –ademais de que os niveis de contaminación que xeraba a queima de lignito eran xa insostíbeis-– polo que a finais do século XX comezou a queimar carbón importado a través do porto de Ferrol, que construíu un peirao especializado na descarga de grandes volumes de carbón. Por outra parte, esta cuestión ten contribuído –como factor colateral– a dotar o concello das Pontes dunha boa accesibilidade. Esta central ten hoxe data de caducidade, e a mina está xa fóra de servicio –existe un proxecto de converter o burato nun lago. Desde a Asociación EuroEume, xestora do programa PRODER, elaborouse un Plan de Desenvolvemento Turístico baseado na combinación do turismo rural e do turismo industrial, dado o importante papel que a actividade industrial xoga nesta comarca; este último centrado en visitas a empresas, arqueoloxía e patrimonio industrial e museos científicos e técnicos. A enerxía é o fío condutor desta proposta. Neste contexto insírese o proxecto da Casa da Enerxía, eixo dun parque temático da enerxía, da que o complexo mineiro-industrial das Pontes é un compoñente básico. A Casa da Enerxía é un museo técnico e centro de interpretación para acoller e introducir na realidade local os visitantes. O parque temático complétase con visitas a empresas da zona e ao complexo mineiro-eléctrico das Pontes, así como a outros exemplos de aparellos hidráulicos, forxas antigas, etc. integrados en Rutas da enerxía. O proxecto Cantata, apoia este traballo e considera que a enerxía, e o contorno relacionado, é un elemento vivo nesta comarca, ligado a súa historia e que constitúe, por si mesmo e/ou en combinación con outros, un produto turístico xenuíno de grande atractivo no mercado actual. Nas mans do empresariado comarcal e das organizacións comarcais de desenvolvemento está o traballar e potenciar os recursos do seu territorio.

Bibliografía ANDRÉS SAMPEDRO: “Tódolos muíños da Terra Galega”. Colección Etnografía Galega, T.II. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Eds. Cardeñoso, Vigo, 1990. BEGOÑA BAS: Muíños de Marés e de Vento en Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1991. GESTENGA: As enerxías renovables e Galicia. 1991. ASOCIACIÓN EUROEUME: Plan de Desarrollo Turístico del Eume. Parque temático de la Energía.

287

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

Os pobos do Mediterráneo comezaron a saír do barbarismo cando aprenderon a cultivar o viño. TUCÍDIDES s.V a.C.

O viño, ofrenda sagrada, herdado dos gregos foi globalizado polos romanos que o popularizaron e expandiron co seu imperio, en ritos estritamente regulamentados. Este estreito vínculo entre viño e relixión remóntase á noite dos tempos e sublímase no cristianismo, sendo a Igrexa a través dos mosteiros e conventos quen elevou o seu cultivo a nivel universal. Unido tamén á adiviñación e á maxia, o cultivo dos viñedos imprime carácter nos pobos e nas paisaxes. A solemnidade dos viñedos outonais, a súa serenidade chea de colorido, impregna tamén os caldos resultantes. A lentitude do proceso, no silencio e na penumbra, chega á súa plenitude no viño, enchendo os sentidos e o padal de sensacións. O cultivo da vide, a viña, a elaboración do viño e os seus derivados, a súa promoción é indubidable que teñen unha vocación social e unha dimensión cultural mesturada coa ciencia, coa economía, coa literatura e tradición popular, co patrimonio. En moitas zonas rurais a produción vitivinícola vertebra a sociedade e incide na súa calidade de vida. O viticultor, o bodegueiro, as cooperativas vinícolas recollen unha tradición e, desde ese saber facer tradicional, proxéctanse ao mundo e ábrense a el. Non é de estrañar porque desde a antigüidade o viño foi un factor civilizador e cultural; considerado polos comerciantes fenicios tan valioso como o metal precioso, foi unha bebida digna de deuses que circulaba entre os homes e que requiría un marco adecuado para ser degustado. As faenas agrícolas ligadas ao cultivo dos viñedos e a produción de viño foron sempre unha ocasión de compartir cos veciños: as vendimas, o traballo no lagar e nas adegas... non se entenden sen o bulicio e a alegría da xente que participa nelas. Ademais dos numerosos aparellos utilizados na produción vitivinícola, existe tamén unha arquitectura ligada ao viño. Arquitectura, etnografía, costumes, folclore... constitúen unha riqueza e diversidade patrimonial que merece ser coñecida e que pode aportar novos vieiros ao desenvolvemento local partindo do seu coñecemento e valorización. Nota: Agradecemos a colaboración na documentación sobre ruta de Antonio Amil, técnico en turismo do Concello de Ribadavia.

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

Esta é a contribución que o proxecto Cantata, cofinanciado por INTERREG III B Espazo Atlántico, espera lograr: crear un produto turístico singular e viable que promocione a cultura do viño, no máis amplo sentido, como parte esencial da historia da comarca, reforce o desenvolvemento económico do medio rural e valorice o patrimonio histórico-etnográfico e a natureza. O viño está tan presente en toda a historia do Ribeiro que até se pode dicir que é o verdadeiro elemento conformador da mesma historia e da paisaxe ribeirá desta comarca ourensá bañada polas augas do Miño, do Avia e do Arnoia. Os viñedos, nos vales ou en socalcos nas ladeiras, impregnan de singularidade esta terra. Se nun primeiro momento é a auga o factor de atracción, coas augas termais, descubertas polos romanos, e a navegabilidade do Miño para a saída dos produtos das minas, cedo será a dispoñibilidade de viño –en cantidade e calidade– o que faga que monxes –os grandes impulsores do cultivo da vide en Galicia– e señores –grandes propietarios– se instalen nestas terras. Esta conxunción de intensidade no cultivo da vide e o predominio dos grandes propietarios da terra en detrimento dos pequenos fixo que a paisaxe cambiara moi rapidamente, adquirindo unha forma semellante á disposición actual do territorio. Cómpre recordar que a importancia do viño nestas datas vén dada da consideración de alimento que tiña para a poboación xeral, mentres que para o clero era un elemento litúrxico. Ademais, o viño era elemento fiscal, co que se pagaban as numerosas exaccións da época. Incluso o viño formaba parte dos ingredientes empregados nas boticas. Pola propia documentación monástica sabemos hoxe que a ocupación da vide foi intensa xa no século XI e XII, e que xa se comerciaba co viño, o que indica que, unha vez pagados foros, impostos, dereitos e portaxes, aínda quedaban excedentes para comerciar coas principais vilas galegas e mesmo co estranxeiro, de xeito que no século XIV o viño, xunto co peixe, era o principal produto galego de exportación. Así as cousas, compréndese a radical importancia que ten o viño para o Ribeiro: social pola gran masa de asalariados que empregaba, e económica polos rendementos que proporcionaba o seu comercio. Este último extremo tiña a vantaxe –e o inconveniente, segundo os casos– de inserir plenamente o Ribeiro nos circuítos comerciais, polo que as crises de prezos, as regulacións dos mercados ou unha simple sucesión de malas colleitas tiña graves repercusións en toda a poboación. Os xudeus asentados en Ribadavia especializáronse no comercio do viño. Non menos perigoso era o ano de abundancia para o colleiteiro; non podendo conserva-los viños máis aló do seguinte verán, tiña que malvendelos aos arrieiros, perdendo así o froito do seu traballo. A época de esplendor do Ribeiro chega ata as postrimerías do século XVII, cando a competencia doutros viños amosa os perigos dunha excesiva especialización –neste caso, de ter unha agricultura moi pouco diversificada-. Neste século iniciase un período de dificultades, que aínda tardaron en superarse. Por outra parte, as fallas de innovacións e o atraso imperante no que atinxe á elaboración do viño na comarca prolongou o período de decadencia que sufriu o Ribeiro pola incapacidade de facer fronte á competencia dos viños doutras rexións. Á crise recorrente engádese, a finais do século XIX, a aparición de pragas que trouxeron a necesidade de renovar tanto as prácticas do cultivo como as de vinificación, que permanecían case inalteradas dende a Idade Media. A filoxera, que apareceu no Ribeiro a principios do século XX, supuxo a fin do predominio das castes autóctonas e a introdución doutras variedades máis resistentes, como o palomino e a garnacha, distribución varietal que permanece na actualidade. En 1957 a zona de produción obtivo a Denominación de Orixe que hoxe abarca 13 concellos ourensáns do Ribeiro e da comarca do Carballiño. Os traballos da viña ocupaban todo o ano, e só se daba unha pausa ao chegar o verán, e retomábanse coa vendima, a finais de agosto ou setembro. O resto do ano pasábase en 290

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

podas, bimas, estercados e rodrigados. A chegada das pragas complicou o cultivo da vide coa aparición de novas técnicas como o enxofrado, o sulfatado, ou o esfollado das cepas, que encarecía o cultivo, o ter que mercar produtos químicos ou pagar máis xornais. O reemprazo de vides aproveitouse para introducir o aramado, ou ordenación dos pés tal como se coñece hoxe, o que permitía un considerable aforro en xornais. Se os cambios no cultivo foron moi rápidos, nas adegas non pasou o mesmo e seguíronse as técnicas antigas, o que se reflectía na calidade do viño. Só nos primeiros anos do século XX se introduciron innovacións no prensado da uva, como a chegada da chamada prensa francesa, que homoxeneizaba a produción de mostos e permitía controlar mellor a fermentación do viño. Tamén se coñeceu o fenómeno do “matute”, viños foráneos e de peor calidade, que se vendían como viños do Ribeiro, feito que causou grave dano –que se está reparando– á comarca polos abusos e irregularidades cometidas tanto na elaboración como na comercialización dos viños. Nos anos 60 do pasado século iniciouse o embotellado da man do cooperativismo, o que permitiu un mellor control da calidade dos viños, que contaban xa cun Consello Regulador que verificaba a calidade da materia prima. Nos últimos tempos, todo o sector vitivinícola do Ribeiro, grandes cooperativas e pequenos colleiteiros, está coñecendo unha importante renovación e modernización onde teñen cabida innovación e investigación, recuperando variedades tradicionais. As adegas do Ribeiro adaptáronse á mudanza nos gustos dos consumidores, producindo viños limpos e afroitados que pouco a pouco van restituíndo a fama que tiña en séculos pretéritos e que constitúen, xunto con toda a cultura que os rodea, un atractivo turístico interesante.

Ruta das aldeas vitivinícolas medievais A viticultura, que conta cunha tradición de séculos nestas terras, deixou entre outros vestixios un número importante de aldeas que se remontan á Idade Media, caracterizadas por unha especialización produtiva centrada no viño. No marco do proxecto Cantata, que está a financiar a Iniciativa Comunitaria INTERREG IIIB, Espazo Atlántico, trátase de valorizar este patrimonio arquitectónico, cultural e etnográfico mediante a promoción dunha Ruta de Aldeas Vitivinícolas Medievais do Ribeiro que, na 291

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

súa concepción inicial, foi un deseño conxunto da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Ribeiro e da Oficina de Turismo do Concello de Ribadavia. Trátase dun percorrido de aproximadamente 30 km., que, saíndo de Ribadavia en dirección ao Carballiño, transcorre por unha serie de aldeas e enclaves historicamente ligados á produción de viño e á cultura que esta actividade xera. A vila medieval de Ribadavia, declarada Conxunto Histórico Artístico, é a sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. O seu entramado de rúas, restos dun rico pasado e o barrio xudeu, integrado na rede de xuderías de España, somérxennos noutro tempo e achégannos unha variada oferta de actividades: visitas guiadas e interpretadas, catas, museos, servizos de restauración e aloxamento, etc. Seguindo a estrada OUR-210 en dirección a Carballiño, á altura de San Cristovo, cóllese a man esquerda unha estrada local que nos introduce nunha paisaxe de viñedos para chegar, ao cabo de dous quilómetros, á igrexa da Misericordia. Por pleno val do Avia, entre extensos terreos de viñedo en dirección a Beade, chégase á Encomenda de Beade, unha das máis importantes de Galicia. A súa igrexa, con fachada de estilo barroco e cun esvelto campanario, contén restos arquitectónicos desde o románico ata os nosos días; ante ela érguese un cruceiro. Garda no seu interior interesantes retablos e un impresionante viacrucis, ao que xa facía referencia Castelao no libro “As cruces na pedra”; trátase de cruces patibularias ás que os ladróns están amarrados con grosas cordas. O viacrucis comeza no adro da igrexa e termina na inmediata capela de San Roque, onde se sitúa o Calvario. Neste punto do percorrido hai dúas opcións: continuar en dirección a Beade ou ben desviarnos por un sendeiro para facer unha ruta a pé, duns trinta minutos de duración, que sae por detrás do viacrucis e que transcorre por Redimoas e Regadas –núcleo tradicional con construcións típicas do Ribeiro vitivinícola–, para acabar en Beade, onde podemos visitar as adegas Eladio Rodríguez ou A Portela, que foi unha das primeiras adegas en elaborar o afamado “tostado” do Ribeiro. Retomando a ruta inicial desde Beade, cóllese dirección a Berán. No transcurso deste tramo do percorrido, encravado nunha paisaxe idílica, atopamos a man dereita o Hotel Balneario de Berán que conta con tódolos avances técnicos para o desfrute das súas augas termais en tratamentos médicos ou simplemente de ocio. Preto de aquí avistaremos a aldea de Berán, o noso próximo destino. Berán é un conxunto histórico singular que conta cun entramado urbano medieval con construcións típicas da zona e rodeado de viñedos. No núcleo existen varias adegas visitables, adscritas á D.O. Ribeiro, como a de Avelino Lorenzo, en pleno casco histórico, á que se accede baixando polas rúas medievais á vez que se desfruta da arquitectura tradicional e das estreitas rúas de pedra que lle confiren ao conxunto un encanto especial. Berán disporá en breve dun hotel rural. Durante o paseo pola aldea pódense atopar con frecuencia diferentes ferramentas utilizadas no cultivo e proceso de elaboración do viño, como presas e estacas utilizadas na “rodriga”, en definitiva, materiais e elementos etnográficos que impregnan de identidade 292

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

cultural estas terras do Ribeiro na súa relación histórica co cultivo dos viñedos. A igrexa barroca de San Breixo de Berán será un bo remate a esta visita. Restos do renacemento e o escudo dos Sarmiento comparten fachada coas esculturas dos santos Verísimo, Bárbara e Margarita. No seu interior destacan unha Virxe co Neno de estilo gótico e o retablo maior, de finais do XVIII. De Berán dirixímonos a Leiro, unha vez alí tómase o camiño que vai dar á aldea de Barzamedelle, cuxas rúas e camiños empedrados nos permitirán retroceder no tempo, axudados pola paisaxe, os olores e o doce son das augas do río Avia. De aquí, cruzando o río pola ponte gótica, marabillosa obra arquitectónica do século XIV, chégase á aldea de San Clodio, onde se pode visitar a adega Viña Meín, ubicada nunha singular paraxe de viñedos en terrazas de granito. Nesta adega, orixinaria do século XII e recuperada recentemente polos seus propietarios, conxúgase á perfección tradición e modernidade. Dispón de aloxamento para doce persoas, degustación e venda de viños. O conxunto San Clodio-A Ponte-Barzamedelle, declarado Conxunto Histórico Artístico, localízase nun ámbito natural de moito interese, atravesado polo camiño da ruta do Avia que vén de Pazos de Arenteiro e vai a Ribadavia. O mosteiro de San Clodio, do século XV, con dous magníficos claustros –renacentista e barroco–, pertenceu aos monxes cistercienses e posteriormente aos beneditinos. Hoxe é un hotel-monumento de catro estrelas –o primeiro en Galicia no seu día– e mantén a beleza e a estrutura orixinal. En San Clodio atópase tamén a case de turismo rural Doña Blanca, con spa propio. Baixo os soportais dun edificio de pedra os restaurantes típicos, como O Mosteiro permitiran ao visitante alimentar o corpo coa boa mesa e a alma coa serenidade da paisaxe. Cerquiña de San Clodio pódese visitar a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, que nos achegará máis polo miúdo á cultura do viño. De volta a Ribadavia varias adegas invitan a deterse: a cooperativa San Roque, inaugurada no 2005 e sita no km 4 da estrada Carballiño-Ribadavia, cunha produción de máis dun millón de litros; a adega Casal de Armán, con establecemento de turismo rural; a adega Sameirás e a adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, unha das de maior produción de viño de Galicia. Ao longo de toda a ruta, sexa a pé, en bicicleta ou coche, carballos, freixos, castiñeiros, cipreses e outra vexetación autóctona acompañan o camiñante mesturados con especies foráneas, pero son os viñedos os que enchen tódolos espazos dominando a paisaxe.

Bibliografía AA.VV. O Ribeiro, o viño da cultura, a cultura do viño. Mirabel, S.L. Vigo, 2001.

293

56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

O nome da Ulloa está vencellado á literatura. Emilia Pardo Bazán na súa obra Os Pazos da Ulloa, inmortalizou esta comarca debuxando, con gran realismo, a sociedade rural deminonónica, a precaria existencia das xentes, os costumes, a economía, as condicións ecolóxicas, as paisaxes. Estas altas terras de “lugares montuosos”, como as cualifica o Códice Calixtino, sitúanse na zona central de Galicia, na provincia de Lugo, ocupando unha superficie de 417,6 km2. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, dan vida á comarca da Ulloa, na que o relevo asemella un anfiteatro aberto cara ao oeste e que arrola o río Ulla no seu nacemento, definido por suaves cordais montañosos (Sª do Careón, O Farelo e os Montes da Vacaloura) e con calmos e altivos vales. A xeografía desta comarca foi testemuña no discorrer do tempo, das formas de vida, dos traballos labregos, do rico folclore, dos recursos que a foron achegando ao desenvolvemento. Castelos, pazos, mosteiros e igrexas, balnearios e ríos, señores, labregos e peregrinos falan dun camiño percorrido na historia cara ao presente. A Ulloa aínda conserva moitas tradicións propias e moitas outras daquelas que caracterizan o rural galego de interior. Desde esa tradición, cada vez son máis as iniciativas que conseguen darlle un carácter modernizado á economía desta comarca que ten no campo e nas materias primas que del se derivan a súa principal fonte de riqueza. Nunha economía agraria, o autoconsumo e a pequena venda de excedentes na agricultura e na gandería foron as características que definiron a economía da Ulloa ata os últimos anos de finais do século XX. Este estilo de vida tradicional veuse na obriga de evolucionar cara a novas formas de explotación dos recursos para facer fronte, no posible, ao despoboamento da comarca, dándolle un impulso a súa economía. A pesar de que se segue mantendo certo tradicionalismo, as novas xeracións, que buscan o seu futuro na Ulloa, estanse a decantar pola implantación de novos proxectos que potencien o rural desde a sostibilidade dos recursos propios. A actividade gandeira foi o xerme da reactivación económica e a que primeiro empezou a súa modernización. Os beneficios obtidos da produción de leite e de carne permitiron que as explotacións medrasen en número de cabezas de gando e se modernizaran, tanto en instalacións como en maquinaria. Así mesmo, asistiuse a unha progresiva roturación dos montes para convertelos en pastos. A actividade agraria quedou supeditada aos usos gandeiros, aínda que no concello de Antas de Ulla son importantes as plantacións de trigo, que é a base para a ela-

56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

boración do famoso pan de Antas e que nos últimos anos mellorou da man da investigación. Sen dúbida o recurso económico que mellor define A Ulloa é a produción de queixo. A base da calidade deste produto está na materia prima empregada, leite de vaca pasteurizado, e nun coidado proceso de elaboración. Esta actividade pasou de ser totalmente artesanal, feita de xeito individual nas casas particulares e sen ningún tipo de control, a converterse no produto estrela da comarca. A pesar de que o proceso de fabricación segue mantendo o seu carácter tradicional, a produción realízase de maneira industrial nas queixerías locais, sometida a ríxidos controis de calidade. A súa dignificación dentro da denominación de orixe Arzúa-Ulloa dotouno de fama e renome, por iso toda a comarca lle rende culto na súa feira de exaltación que ten lugar tódolos anos, de modo rotativo, entre os tres concellos que conforman estas terras. A avicultura tamén é outro valor en alza na cadea produtiva da Ulloa. Na actualidade hai instaladas dúas granxas avícolas a pleno rendemento que, aínda seguindo filosofías de empresa distintas, constitúen un piar importante na economía desta zona. Unha das iniciativas cría galiñas en semiliberdade apostando por unha produción ecolóxica de calidade, mentres a outra optou por conseguir a máxima produción tendo como ferramentas indispensables os últimos avances en tecnoloxía e mecanización. A explotación innovadora de produtos tradicionais estase convertendo nunha vía de futuro importante. Unha empresa agroalimentaria –Arotz S.A.– instalada en Monterroso impulsou as plantacións de framboesas e amorodos silvestres para sometelos a un proceso de envase e conxelación que os prepara para seren distribuídos nos mercados. Estes cultivos lévanse a cabo de maneira controlada e con coñecementos biolóxicos para garantir as mellores condicións de calidade. Nesta iniciativa foi importante acadar a participación da poboación e a súa implicación directa e indirecta. Outra das materias primas empregadas é a castaña. Os abundantes soutos que se conservan son a base para este tipo de cultivo; porén, estase a estudar o proxecto de facer plantacións que melloren en calidade e en cantidade os índices de produción rexistrados na actualidade. Destacan tamén os cogomelos e os espárragos trigueiros, estes últimos cunha extensa plantación que se está desenvolvendo nos últimos anos. Unha iniciativa pioneira que se está abrindo paso en Palas de Rei ten como protagonistas a tres mozos emprendedores. Trátase dunha cooperativa na que se producen plantas medicinais e aromáticas coas que se fabrican infusións, aceites aromatizados e sales de baño. Ademais cultivan plantas de viveiro e sementes. A característica que diferencia o traballo destes mozos é a comercialización de froitas e hortalizas deshidratadas a través dun proceso que conserva tódalas súas propiedades nutritivas. O complemento perfecto a estas novas formas de economía produtiva reside no sector turístico. As iniciativas de turismo rural levadas a cabo durante os últimos anos dotaron A Ulloa dunha rede de aloxamentos dedicados a esta actividade que ofrecen unha oferta variada aos visitantes. Esta modalidade de turismo permitiu non só a rehabilitación de antigas edificacións que seguen a conservar o estilo propio da arquitectura popular da comarca, senón tamén a potenciación dos seus recursos naturais e do seu patrimonio. A filosofía deste sector tamén contribúe activamente a conservar e poñer en alza a cultura propia, os costumes e as tradicións. A identidade e a idea de unidade dun pobo baséanse na cultura e nas tradicións que lle son propias, por iso, cada zona intenta manter vivas as mensaxes e formas de vida herda296

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

das dos seus antergos. O rural galego caracterizouse durante séculos por estar poboado con familias numerosas que convivían en aldeas de moitos veciños. A maioría destes núcleos poboacionais atopábanse illados e a súa única maneira de pasar o tempo de ocio era xuntándose nas casas ou organizando bailes e festas. Neste contexto nacen multitude de manifestacións literarias populares que conseguiron chegar aos nosos días grazas á tradición oral. A vida cotiá das comunidades rurais é reflectida nas cantigas que se interpretaban nos bailes que conmemoraban as colleitas e as distintas actividades agrarias. Tamén son moi coñecidas as “regueifas”, coplas espontáneas nas que dúas persoas se dan a réplica nun desafío cuxa temática pode ser moi variada e que normalmente son improvisadas segundo se van cantando. Outra manifestación moi coñecida son as lendas ou contos que recrean historias fantásticas con personaxes ficticios e que normalmente teñen como escenario algunha paraxe concreta. Entre as fadas e mouros que protagonizaban as historias contadas ao redor da lareira, na Ulloa son famosos os nubeiros, homiños de dous palmos de altura co corpo cuberto de pelo e cun rabo retorcido, que son os responsables de que se desaten as treboadas. Un dos mellores exemplos da pervivencia dunha tradición é a Feira de Santos de Monterroso, que ten as súas raíces en séculos pasados –s. XV–. As transaccións económicas levadas a cabo nesta feira convertéronse nun acontecemento social na comarca e teñen moita sona incluso no resto da comunidade galega. Ademais disto son moitas as festividades que se manteñen ao longo de toda A Ulloa e que veñen de antano, sobre todo, aquelas que veneran santos como o Santo Cristo en Antas de Ulla, o San Miguel en Monterroso ou o Ecce Homo en Palas de Rei. Esta riqueza cultural intenta manterse viva no paso do tempo a través de distintos grupos de baile, teatro ou corais que recuperan e transmiten dita herdanza. Tamén hai publicacións que recompilan as mostras orais para que quede constancia escrita das mesmas e a súa conservación sexa máis doada. Riqueza natural nas súas paisaxes montesías e de ribeira; singular legado monumental cun románico rural ben conservado, unha arquitectura popular resultado da relación do home co medio natural e numerosas mostras de arquitectura civil e militar resaltada nos pazos e no Castelo de Pambre –un dos máis interesantes e mellor conservados de Galicia–; rutas e camiños de peregrinación cara a Santiago de Compostela; diversidade económica e gastronómica asentada nos recursos tradicionais.... en definitiva, A Ulloa: unha comarca de interior que intenta recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adaptalos ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar ao futuro, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental para manter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega. Todas estas iniciativas e os produtos que as sustentan contribúen a manter viva a identidade desta comarca e xeran dinamismo económico, xeran riqueza. O empresariado local quere abrirse a novos mercados organizando os seus produtos nunha oferta turística rica e diversa que achegue ao visitante a autenticidade destas xentes e da comarca na que viven, e moito máis, da comarca que senten e que lles permite manter viva a súa razón de ser. O proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, é un instrumento posto ao servizo dos empresarios e as xentes con vontade da comarca, para abrir unha porta cara á ilusión e ao futuro cun traballo conxunto e imaxinativo, incrementando así o valor engadido do seu territorio.

297

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA Xosé Mª Tobío Iglesias

A Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA é un proxecto estratéxico de cooperación dentro da iniciativa comunitaria LEADER+ que ten como obxectivo crear unha etiqueta de calidade, a nivel europeo, que contribúa ao desenvolvemento sostible do territorio Ulla-Umia. A súa orixe remóntase ao deseño do plan estratéxico de desenvolvemento do territorio Ulla-Umia (concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga), e xorde ante a necesidade de estabiliza-la súa poboación, de mellora-la súa renda e emprego e en definitiva de revitalizala económica e socialmente ante uns mercados cada vez máis abertos e globalizados. Este proxecto de calidade caracterízase ademais, por perseguir os seguintes obxectivos específicos: ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Valorizar o patrimonio natural e cultural como panca de desenvolvemento económico. Contribuír ao desenvolvemento de estratexias dos sectores empresariais baixo o prisma da durabilidade e globalidade do enfoque “calidade UllaUmia”. Impulsar a interacción dos sectores entre si. Ir creando solidariedades e sinerxías entre os axentes, grazas aos valores comúns compartidos. Centrar ao empresario/a no seu territorio para que asuma o papel e a responsabilidade que lle corresponde no desenvolvemento do territorio onde vive e exerce a súa actividade. Acurtar as redes de distribución entre os axentes comprometidos no enfoque de calidade, favorecendo unha produción e unha distribución máis racional e solidaria. Construír unha identidade colectiva, asentada en valores comúns. Compartir os valores fundamentais, mellorando a cohesión social. Sen solidariedade non hai calidade territorial. Defender os valores ambientais como indispensables para a calidade dos produtos e servizos. A introdución tecnolóxica nos produtos e servizos do territorio como ferramenta indispensable para afrontar o mercado global e compatible co “saber facer” tradicional. Definir unha imaxe acorde coa identidade compartida. Provocar accións de comunicación e promoción intersectoriais.

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

❙ ❙



Informar aos consumidores non só da dimensión cualitativa de cada produto, senón tamén do compromiso polo desenvolvemento sostible do seu territorio. Constituír unha rede de territorios comprometidos cun proceso de desenvolvemento e de valorización de seus produtos e servizos, creando as condicións para a súa experimentación e difusión. Conseguir o recoñecemento a nivel europeo da Marca de Calidade Territorial e o seu dispositivo de xestión.

Un modelo de calidade: a calidade territorial Trátase dun novo concepto de calidade, máis aló dos valores normativos e das denominacións de orixe, que consiste en crear un produto-territorio competitivo no mercado baseado na asociación de dous elementos clave: territorio e sostibilidade. ❙ Territorio, referido a súa identidade, é dicir, ao conxunto de elementos materiais e inmateriais que contén e que poden diferencialo e actuar como forza de cohesión interna, reforzando a implicación de todos os actores locais, nos ámbitos económico, social e cultural. ❙ Sostibilidade, a través da aceptación dun compromiso para mellorar a calidade de vida das persoas, satisfacendo as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas, nun equilibrio harmonioso entre medio ambiente, sociedade e economía.

MARCA DE CALIDADE TERRITORIAL Ferramenta e método de XESTIÓN COMPROMETIDO co territorio, co seu presente e futuro

TERRITORIO

SOSTIBILIDADE

➡ Identidade-cohesión social: favorecedor das relacións entre poboación, comarca, produtos e servizos. ➡ Aposta polo potencial endóxeno.

➡ Mellora da calidade de vida da poboación satisfacendo as necesidades presentes e sen comprometer as futuras. ➡ Equilibrio medioambiental, social e económico.

Referímonos, polo tanto, á Marca de Calidade ULLAUMIA, como algo máis ca unha simple marca comercial; como un motor de desenvolvemento rural, a través dun proxecto de Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comarca e que se fundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respecto medioambiental das empresas ou entidades que os producen ou realizan.

Características ❙ ❙ 300

Adhesión voluntaria e aberta para empresas, entidades e organizacións do territorio. Complementariedade: a marca é compatible con outros procesos ou sistemas de calidade.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

❙ ❙ ❙

Identidade territorial: a marca caracteriza a empresas, produtos, servizos, eventos, etc. do territorio, proporcionándolles un carácter de exclusividade. Garantía/autenticidade: a marca como garantía para o/a consumidor/a das características, trazabilidade, orixe, etc. dos produtos/servizos. Cultura de responsabilidade social: Establecemento dun código ético ou de conduta, para empresas ou organizacións, respectuoso cos dereitos fundamentais, a igualdade de oportunidades, a protección do medio ambiente, etc.

A Calidade territorial como estratexia de cooperación: a masa crítica necesaria O territorio Ulla-Umia é, de momento, a única comarca de Galicia que forma parte desta iniciativa pioneira en Europa. Agora ben, unha marca comarcal non é suficiente para garantir a sustentabilidade a medio e longo prazo. É preciso, polo tanto, aglutinar esforzos nun marco de cooperación entre territorios, para que esa marca comarcal, en alianza con outras marcas similares, alcance unha razoable masa crítica. A imaxe da marca ULLAUMIA adquire así un segundo “apelido” común (Calidade Rural) que actúa de marca paraugas para acceder ao mercado. Na actualidade son 10 as comarcas rurais españolas que forman parte da rede Calidade Rural, agrupando a 138 concellos e 440.935 cidadáns de sete comunidades autónomas. Se ademais ampliamos esta cooperación a nivel europeo, a capacidade de éxito da marca é maior, ao mellorar as sinerxías e economías de escala, e garantir unha maior presenza e forza nos mercados, facilitando ao consumidor a súa identificación. Actualmente, o proxecto vén de iniciar a súa andaina transnacional, coa incorporación de nove zonas rurais de Francia, Italia e Grecia, quedando integrada a rede “Calidade Rural” por un total de 586 concellos e 1.024.398 habitantes.

301

58 O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares” Ramiro Martínez Carballosa

1. A historia do Centro de Desenvolvemento Rural Ancares A historia do C.D.R. “Ancares” naceu no ano 1.986, malia non nos rexistrarmos legalmente ata febreiro de 1992 Traballamos no concello de Cervantes que é un concello da montaña luguesa de 276 Km.2 nos que están esparexidos 132 núcleos de poboación con 1973 persoas. Os membros do centro foron variando ó longo destes anos pero unha constante mantense: a incorporación de xente da zona. Na actualidade somos 9 socios máis 19 voluntarios que colaboran activamente nunha parte importante das accións; todos residimos en Cervantes. O funcionamento do equipo ten catro fontes básicas de financiamento: subvencións, donativos, fondos propios, contribucións en traballo, material, locais, etc. por parte do equipo e do grupo de voluntarios/as.

2. Metodoloxicamente teñen importancia básica tres elementos a) Ser ou estar na zona: coñecemento e trato veciñal; coñecemento da problemática, dos recursos e doutros proxectos da zona; empatía, valoración positiva e ganas de colaborar no desenrolo propio e no das persoas coas que se vai actuar. b) Moverse: como a dispersión da poboación é moi grande e as dificultades para comunicarse e xuntarse tamén se fai necesario que os animadores e os propios veciños viaxen constantemente pola zona para visitar, aprender, animar, apoiar, asesorar, coordinar, acompañar… c) Formación: tanto do propio equipo da asociación como das persoas pertencentes ós colectivos beneficiarios do programa.

3. Programas a) Programa económico: ❙

Xuntanzas polos núcleos para: organización de comunidades de montes, de veciños, realizacións de pastizais, etc.

58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

❙ ❙ ❙

Visitas ás explotacións agrarias para promover melloras técnicas. Preparación de sesións de formación e charlas informativas dirixidas a toda a poboación. Colaboración coa cooperativa “A Carqueixa” na xestión de vendas (vacún de carne, castañas, mazás) e compras (gasóleo, penso, abonos…).

Temos a convicción de que sen melloras no sistema da produción non vai haber melloras sociais e por iso adoptamos este programa como o prioritario. A Cooperativa naceu do empeño de 27 persoas que en contra da opinión dos “técnicos” decidiron montala; o tempo veu darlles a razón pois foi un acicate que animou a toda a zona e aumentou a autoestima; hoxe son 243 socios. Fomos aprendendo que o déficit de capital e de nivel nos criterios de rendibilidade marcados pola P.A.C hai que superalos con xenerosidade e creatividade; se non tivesen custeado e buscado novas fórmulas de venda, se non tivesen mandado becerros sen saber certamente se ían cobrar ou non... a cooperativa non sería posible. Tamén aprendemos que os cambios de verdade e duradeiros non empezan pola terra senón polas cabezas e polo tanto progresar significa un traballo educativo a partir de experiencias concretas. Fixéronse bastantes melloras técnicas e multiplicouse o número de cabezas de gando pero moito queda por facer para acadar niveis de vida dignos e isto pasa por ser capaces de buscar fórmulas económicas que complementen a gandería, a construción e o turismo rural. Temos cocendo un proxecto a partir do coidado dos vellos... volvemos a estar moi ilusionados.

b) Programa de maiores ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Pequenos arranxos nas vivendas. Percorrido diario de visitas ós/ás vellos/as. Colaboración con Cáritas na realización do programa “Vivir na Casa”. Realización de xestións e visitas ós hospitais. Visitas de acompañamento ó médico, órganos de xestión.

Dos 1873 habitantes de Cervantes 714 son maiores de 65 anos e destes 284 viven sen ningunha persoa menor de 65 anos na casa. Desde hai 18 anos marcharon, que nosoutros controlemos, para a cidade ou para residencias 83 vellos/as (algunhas aínda hoxe nos doen). Como non hai transporte público os gastos para ir ó médico ou facer xestións necesarias ascenden de xeito considerable e discriminante respecto dos/das vellos/as das cidades ou das vilas grandes. Ó longo destes anos fomos aprendendo 1) que non queremos que se nos vaian máis vellos/as e que temos que buscar fórmulas para que poidan quedar na casa de xeito digno. Por digno entendemos: que cada vello/a poida decidir, en diálogo coa coordinadora do programa, cando, quen e que axuda necesita; alguén achegado que poida levalo/a rapidamente ó medico en caso de urxencia; uns mínimos de hixiene, alimentación, vivenda; veciñanza... e 2) que os vellos son un excelente recurso humano, cultural e económico. A propósito, estamos rematando un proxecto de “vellos/as” co que estamos moi ilusionados e que vai pasar a ser a prioridade do CDR durante 3 anos. 304

Territorio, patrimonio e desenvolvemento

c) Promoción da muller ❙ ❙ ❙ ❙ ❙

Visitas á maioría das mulleres de concello para falar dos seus problemas e a súa dispoñibilidade. Algunhas xuntanzas esporádicas para tratar temas que lles preocupen. Organizacións de cursos de formación escollidos por elas. Visitas para acompañar algunhas mulleres ó médico ou facer algunha xestión Visitas de asesoramento e acompañamento persoal.

En Cervantes hai 883 mulleres das que 353 son menores de 65 anos. Se nos poñemos a escribir a riqueza e a problemática de todas estas mulleres seguro que enchemos un dos libros máis bonitos e tenros e ó mesmo tempo máis duros da actualidade. Como este non é nin o contexto nin o obxectivo destas liñas só diremos que nosoutros nos limitamos a 1) visitar e acompañalas todo o que podemos; 2)poñer por escrito e transformar en proxecto presentable as inquedanzas que lles imos escoitando e 3) artellar na medida en que podemos xuntoiros, obradoiros, cursos, ceas e farras. Do máis visible que fixemos ultimamente foi artellar dúas tandadas de clases aquí en Cervantes para obter o carné de conducir un total de 28 mulleres: hai que dicilo: un éxito, todas teñen hoxe o prezado carné e a algunhas “cambioulles a vida”. Agora andamos preparando outros cursos de informática e mulleres son a meirande parte (2 homes) das voluntarias que levan adiante o programa de nenos/as. No día a día quedan moitas mulleres ás que chegar, moitos estereotipos que romper e moitos empregos que crear e moitas... pero cando vemos algunhas das farras ou a evolución dalgunha delas reafirmámonos en que merece a pena e que hai que seguir.

d) Programa de nenos/as ❙ ❙

❙ ❙ ❙

Visitas personalizadas a cada unha das familias que presentan situacións problemáticas. Reunións semanais encol de actividades de lecer e tempo libre. • Formación de equipos de fútbol. • Sesións de autoestima e valoración da zona. • Sesións de xogos didácticos. • Sesións de manualidades. Reunións semanais para realizar actividades de apoio escolar. Apoio económico e de asesoramento a algunhas familias. Varias viaxes para leva-los/as nenos/as ó cine…

En Cervantes temos 114 nenos/as en idade escolar. Presentan, ó noso entender, tres problemas particularmente preocupantes: A dispersión e o illamento. Hai bastantes nenos/as que, agás nun contexto tan regulado como é o colexio, pasan o día con persoas adultas ou como moito teñen na veciñanza outro ou dous nenos/as e probablemente de idades moi dispares. Entendemos que isto é un problemón por canto carecen dos “feed-back” axeitados que lles permita ir elaborando unha imaxe correcta de si mesmos así como ir elaborando mecanismos de defensa fronte ás agresións ou as normais frustracións. Sen entrar en máis matizacións, fronte a este fenómeno nosoutros pretendemos reforzar ou organizar o meirande número posible de tempos e espazos para que os/as nenos/as convivan e xoguen coa maior liberdade posible. Moi baixa autoestima e negativa valoración do seu entorno. Fronte a isto organizamos actividades lúdicas e formativas que volteen esta dinámica. Por razóns que non procede aquí analizar temos un elevado fracaso escolar. Fronte a isto organizamos grupos de apoio escolar, totalmente insuficientes porque non dispoñe305

58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

mos de moitos medios e sobre todo falta xente con formación académica suficiente (sobre todo para ESO) que poida e queira meterse nesta historia. Neste traballo temos unha estreita colaboración cos colexios.

4. De cara ó futuro Estamos bastante animados aínda que ás veces nos poida tanta xente que se nos vai, tanta cheminea que para de fumear, tanta “polavila” esmorecida, tanto suspenso nos/as nenos/as... Será por iso polo que ás veces botamos de menos grupos doutras zonas de Galicia parecidas á nosa e con formas parecidas de traballar cos que compartir, xente con teimas parecidas para animarnos, plataformas que permitan xestionar cartos e organizarnos os que pelexamos por un modelo de desenvolvemento dalgún xeito alternativo... Por iso apoiamos e estamos ilusionados na posta en marcha da Universidade Rural Galega.

306

59 62

Transmisión e difusión do PI

59

Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense

60

O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

61

Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

62

Estiño: un pouco de historia

Xerardo Feijoo; Lois Pardo

Loli Gutiérrez

Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

Ana Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro; Mari Carmen Seijar

59 Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense Xerardo Feijoo; Lois Pardo

Cando, rematando o mes de maio do ano 2005, presentabamos en París os derradeiros documentos que compuñan o Dossier solicitado pola UNESCO para participar na terceira proclamación de Obras Mestras da Humanidade de Patrimonio Inmaterial, dentro da comisión promotora naceu a necesidade de facer visíbel diante da sociedade galega e portuguesa a realidade de que tal candidatura existía e que o conxunto social fose consciente de que, como portadores ou receptores desa cultura, todos estabamos a ser, dun xeito ou doutro, avaliados pola UNESCO en París. Para conseguir esta fin trazamos un calendario de festas e celebracións con renome e transcendencia dentro do eido no que nos moviamos, ou sexa, tradicións culturais de carácter inmaterial. Así, percorremos o país como queda demostrado no feixe de actividades, que se describen nesta publicación, e noutras máis que por diversas razóns non teñen cabida neste traballo. Cando pensamos cal sería a época máis acaída para facer a presentación diante da sociedade ourensá, non nos coubo dúbida ningunha, as festas do outono: as cabazas e mailo magosto. Tendo claro o cando, comezamos a matinar no como. O primeiro paso foi pornos en contacto co concello de Ourense, na persoa do Concelleiro de Cultura que nos deu luz verde e respaldo institucional para levar adiante o noso proxecto. Con esta seguridade comezamos a traballar. Outra das nosas teimas era o noso desexo, que considerabamos vital, de contar coas escolas; que os centros educativos, os rapaces, as rapazas os profesores e as profesoras, coñecesen primeiro este proxecto e que, dentro do posíbel, o fixesen seu participando nas actividades que queriamos propor. Con este obxectivo, propuxémoslle á Concelleira de Educación do Concello de Ourense que convocara unha xuntanza de directores de tódolos centros escolares da capital, convocatoria que fixo, e na que, diante de máis de cincuenta representantes dos centros escolares, expuxemos o proxecto, lles repartimos diversos materiais e tivemos un intercambio de opinións con eles para acto seguido xuntarnos coa representación das ANPAs da capital para facer tamén estes colectivos partícipes das actividades. E tendo cumprida a primeira parte do noso plan puxémonos a traballar na organización das actividades.

59 Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense

Dende algún tempo atrás víñase celebrando en Ourense o Halloween en distintos centros de ensino e locais de hostalería, polo que este ano queriamos reconducir este costume exótico e darlle a dimensión de ser unha festa de fonda raíz galega e, ao mesmo tempo, formar parte dun proxecto máis transcendente como era o feito de formaren parte da candidatura. Para conseguir esta fin tratamos de implicar a certos sectores comerciais, nomeadamente a Asociación de Artesáns de Ourense e o día 31 de outubro convocamos nunha praza do casco vello a todas as persoas que desexaran participar e máis de 150 cabazas foron talladas neste acto, aparte das que se tallaron nas escolas. Con todo ese material percorremos, nunha fantasmal procesión, as rúas do casco vello das que previamente foran apagadas as luces. O día do San Martiño, patrón católico da cidade, é o día no que tradicionalmente e dende tempo inmemorial as xentes da cidade do Miño se achegan ás abas dos montes que rodean a capital co obxectivo de acender as fogueiras rituais nas que asar as castañas, e así dende primeiras horas da tarde columnas de fume mesto coroan as alturas que rodean a vila. Esta data pensamos que sería a máis acaída para facer a presentación da Candidatura de Patrimonio Oral e Inmaterial na cidade das Burgas, pero unha dúbida sobrevoaba a nosa intención posto que sería incongruente que no día en que se celebra unha festa tradicional, nós propuxeramos rachar esta tradición e mudar os costumes para introducir unha presentación. Tratamos de evitar tal cousa e deixamos libre o espazo de tempo que normalmente se adica á festa concentrando as actividades nos momentos nos que quer a festa non comezara quer xa rematara. Pola mañá celebramos un Desfile-Mostra do Patrimonio coa intención de chamar á festa e de representar unha das expresións máis enxebres do calendario tradicional da provincia ourensá como é o Entroido. Neste desfile participaron representantes de varias máscaras da provincia como son: os boteiros de Viana, as mázcaras de Manzaneda, cigarróns de Verín e as pitas das Eiroás así como folións de Viana do Bolo e de Manzaneda. Tamén participaron neste lúdico desfile representantes dunha asociación cultural da cidade que portaban un maio, agrupacións de gaiteiros tradicionais, representación de traballos comunitarios. Os ecos dos bombos e o resoar das gaitas por toda a rúa do Paseo atraeron a atención de gran cantidade de xente espertando viva expectación sobre o que estaba a pasar na cidade. Ao remate do percorrido tivo lugar a presentación institucional no salón de plenos do Concello onde tomaron a palabra representantes dalgúns dos grupos invitados ao desfile, o representante da coordinadora da Candidatura, o Delegado da Consellería de Cultura na provincia e o Alcalde do Concello de Ourense. A Asociación Brinquedia, Rede de Xogo Tradicional, unha das entidades promotoras da Candidatura, propuxera a actividade “Polo San Martiño... peóns ao camiño”. A proposta foi recollida pola nosa Asociación e démoslle a difusión precisa para que ese día se xogara ao peón nos nosos colexios e institutos. Esta actividade tivo repercusión tamén no torreiro onde se celebraba o magosto popular da cidade, onde novos e vellos se xuntaron para desfrutar co vello e tradicional xogo. As bocas dos máis novos abríanse de par en par cando vían algúns dos seus avós lanzar o peón, algúns tamén bailaban de cu, e recollelo coa palma da man despois de lanzalos ao ar, e mesmo facelos bailar na unlla. Unha vez rematada a hora na que se celebran os magostos, e xa as primeiras sombras da noite tomaban o relevo da luz do sol, que se retiraba por detrás dos montes do 312

Transmisión e difusión do PI

Seminario, deu comezo a Mostra Festival da Oralidade. Tres obxectivos nos propuxemos dende o inicio da organización da actividade: ❙ Que fose moi oral, que a verba tivera preponderancia, toda a velada. ❙ Que fose moi “ourensá”, é dicir, que a meirande parte das actividades tivesen como orixe a provincia onde faciamos a presentación. ❙ Que fose unha mostra representativa do calendario lúdico-festivo anual. A presentación do acontecemento correu a cargo de dous regueifeiros, Luís Correa “Caruncho” e Pinto de Herbón, que ao tempo que informaban aos presentes da presentación da Candidatura, facían escachar coa risa co seu enxeño e malicia. O percorrido polo ciclo anual comezou cos cantos de Reis cantados pola Sra. Hermelinda. Seguiu Matías de Sarreaus, que no medio do frío da noite outoniza que case pode con el, nos deleitou con tres cantos de Reis dos moitos que sabe, e unha vez entrado en calor sóubolle a pouco a súa actuación. A continuación a gran festa invernal por excelencia: o Entroido. Manuel Quintas “Dopa”, testamenteiro de Laza, vestido cunha rechamante coroza tradicional, leunos un extracto dun “Testamento do burro”. Rematado o inverno achégase a primavera e nas terras ourensás queda intacto a costume de, nenos e vellos agasallar a recén entrada estación cos monumentos florais e vexetais que chamamos maios, ao tempo que un grupo de mozos e mozas recitaban algunhas das tradicionais coplas. Chega o verán e con el o San Xoán, festa de música e troula na que os mozos saen a roubar carros e cancelas das portas para deixalos no adro das igrexas. Para lembrar esta festa a Aula Gomes Mouro interpretounos algunhas pezas musicais do seu repertorio, que animaron a bailar porque xa o frío comezaba a facer fraquear Quixemos representar a continuación os traballos comunitarios que se realizaban nas épocas do verán e para iso un grupo de mulleres pertencentes ao CDR Eirada de Parada do Outeiro, concello de Vilar de Santos, representaron uns momentos do traballo do liño, acompañadas coas cantigas dunhas pandereteiras. Outra celebración desta estación son as festas arredor das celebracións das Virxes do verán. Para representar estes acontecementos, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense interpretou unha danza procesional. E volvemos ao principio para fechar o ciclo festivo anual no punto onde comezamos: as festas outonais. Para representalas introducíronse varias cabazas talladas e con candeeiros acesos no seu interior, mentres que tódolos participantes mailo público en xeral cantaba a cantiga “Non chas quero....”. Ao mesmo tempo que se desenvolvía o Festival, nunha pantalla situada no escenario proxectábanse diversas imaxes de diferentes manifestacións do Patrimonio Inmaterial. Esta grande mostra rematou cun concerto musical levado a cabo polos grupos Aula de Música Tradicional Gomes Mouro e Os Cempés do Ferrol. Rematada a festa queda o pouso da reflexión e da inquedanza de pensares se o que se fixo tivo algunha transcendencia ou se foi como unha faísca que sae do lume e vai esmorecendo no ar. Este pensamento non tarda en abandonarnos cando lembramos a cara dos pícaros, e a dos avós, xogando ao peón ou os folgos dos “folioneiros” petando nos seus bombos, do pórse ao noso dispor das xentes para vir cos seus vestidos de Entroido a pesares de ser día laborábel, do frío da señora Hermelinda que pasou axiña que comezou a cantar, do repenicar das pandeiretas das mozas novas mentres as súas avoas ripaban e espadelaban no liño, e cómo todos e todas bailamos as muiñeiras e as xotas dos gaiteiros da Gomes Mouro. Todo iso foi a demostración de que o noso patrimonio existe, está moi vivo e de que para nós…. É OBRA MESTRA DA HUMANIDADE. 313

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres Loli Gutiérrez

A realidade San Tirso de Abres é unha poboación situada no extremo máis occidental de Asturias, eminentemente rural. Nos anos 70 rondaba os 1.300 habitantes, hoxe, apenas pasa dos 600 dos que un 60% son maiores de 65 anos. Probablemente cada un de vós só teñades que modificar o nome e a situación xeográfica para pensar que estou a falar desa aldea da vosa infancia, e sentirvos identificados co tema que nos ocupa. Buscar culpables desta situación non é o que nos interesa senón buscar solucións, e se é ben seguro que parte da culpa a ten a administración tamén é certo que a solución pasa polas súas mans. Poderiamos escribir páxinas e páxinas falando do que podería ser e non é, pero a miña análise ten que ser por forza positiva e construtiva, así que o que chama a atención aos meus ollos é o que, grazas a esta situación, se gañou. Estamos a falar de lugares onde aínda hoxe, se nos afastamos un pouco da poboación, podemos camiñar durante horas sen atopar ningún coche, onde podemos observar o voo dun azor, onde se cadra, nos pode saír ao paso un raposo que foxe asustado ao nos ver. Fontes nas que o cano é unha pedra que a auga debuxou ao seu antollo. Se paras na beira do río podes escoitar a auga que trae no seu pasar contos de San Andrés, de Eilale ou da Pontenova. Se queres ver garzas, tes que achegarte na primavera e se queres ver patos, no inverno. Porque estes ríos non están civilizados e as aves se déixanse ver cando o tempo as trae e hai que ir velas antes de que marchen cara a outras latitudes. Camiñamos e atopamos casas con cans na porta, con cabozos (hórreos) que se utilizan aínda para a súa fin primaria. Podemos ter que apartar do camiño para deixar pasar unhas vacas rubias, cansas, que no único que se diferencian das que recordamos da infancia é no seu DNI pendurado da orella. Falando coa xente dáste conta de que todos coñecen cesteiros ou zoqueiros, que podes botar horas falando de mallas de trigo, de esfollas, de sementeiras e de romarías, das tardes nas que se ía lavar a roupa no río… Estas xentes viviron unha infancia diferente á nosa: os seus xoguetes non eran electrónicos, as bonecas non andaban soas. Os seus xoguetes, nos máis dos casos, eran fabricados por

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

eles mesmos con paus, latas, ou pedras. Os seus contos non tiñan ilustracións chamativas nin pestanas para tirar delas: os contos eran os que escoitaban ao pé do lume nas tardes de inverno cando os avós tiñan a ben contar. Non tiñan mp3, nin discman: para a música había que esperar a que houbese romaría ou aos seráns das mallas, aínda que tamén as nais e as avoas sabían cantigas fermosas que lles aprenderan as súas nais e avoas. En resumo, estamos a falar de lugares onde, aínda hoxe pervive a cultura tradicional e os saberes de transmisión oral. De lugares que, por desgraza están abocados a desaparecer e con eles os seus saberes.

Como valorizar esta cultura A Asociación Cultural San Tirso de Eo leva traballando en actividades encamiñadas á posta en valor da cultura tradicional dende hai xa varios anos. Comezamos a facer a Festa da Malla hai 3 anos. A idea partiu dun veciño que se ofreceu a labrar o trigo. Con isto puxémonos en marcha, comezamos a organizar a festa. Queriamos que fose como eran antes as mallas: a sega co atado dos mollos, a meda, a malla, limpar o grao e facer o palleiro, comer todos xuntos como se facía antes, alí no campo, e para despois de comer buscar algún gaiteiro que nos fixera bailar ata a noitiña. Falamos cos veciños e toda a xente se apuntou: uns para segar, outros para atar mollos, outros para axudar a facer a meda, para poñer a punto o motor da malladora, para dar mollos á máquina, recoller o grao ou para facer a comida. Tamén houbo quen se apuntou para contarnos un conto na hora do café. E fixemos a Festa e pasámolo moi ben. Cando rematou, a xente comezou a falar do que se podía facer para mellorala o ano seguinte. Así que xa empezamos a falar da II Festa da Malla. E fixemos a II Festa da Malla, e pasámolo moi ben, e cando rematou, comezamos a falar da III Festa da Malla. E aí coñecemos a Ponte… nas Ondas!, e a súa candidatura á UNESCO. E pensamos que tiñamos que participar e apoiar esta candidatura. E decidimos facer, xunto coa III Festa da Malla, o I Encontro de Portadores da Tradición Oral do Occidente Asturiano. O que fixemos foi sinxelo: falar coa xente. Falamos cun ferreiro de garfelos, cun zoqueiro que había 15 anos que non facía unhas zocas, cos veciños de Meredo que se xuntan aos domingos a botar a partida de patefa, cuns malladores que sabían mallar con mallos, cunhas mulleres que sabían fiar, cuns teitadores, cunha muller que facía encaixe, co museo de Grandas de Salime, cun cesteiro, cun artesán da madeira. E ningún deles dubidou en dicir que si, que contasemos con eles para o que fixera falta. Falamos con algún alcalde para que nos enviase o seu grupo de gaitas municipal. Ponte… nas Ondas! e a candidatura trouxéronnos un rancho portugués e xogos tradicionais. E falamos coas institucións para buscar financiamento: con Caja Rural, Cajastur, Ayuntamiento de San Tirso de Abres, Ceder Oscos-Eo e a Consejería de Cultura, Comunicación Social y Turismo do Principado de Asturias. Caja Rural prometeunos 100 €, o Ceder 1000 € e a Consejería de Cultura 600 €, que aínda hoxe non cobramos. 316

Transmisión e difusión do PI

Pero a III Festa da Malla de San Tirso de Abres foi un éxito rotundo. Nunca tanta xente se xuntou alí en ningunha festa: había máis de 1.000 persoas que desfrutaron, uns de rememorar saberes, e outros de velos por primeira vez. Toda a xente participou dalgunha maneira e todos se sentiron protagonistas, porque falaban de se na súa aldea se facía aquela cousa da mesma forma ou se había algunha variación. Isto animounos a preparar a esfolla do millo. E o proceso foi igual: falar coa xente. Buscamos o millo, e buscamos as persoas para facer as distintas labores relacionadas: escanalo, esfollalo, debullalo, moelo. Veu tamén un artesán de gaitas e un cesteiro e uns serranchíns. Viñeron pandereteiras e gaiteiros, regueifeiros e cantores de música tradicional. E volvemos a pasalo ben así que xa estamos pensando que facer para a primavera. Porque nós tamén nos movemos cos ciclos agrarios (será herdanza xenética). Con isto demóstrase que non é necesario un grande investimento económico para realizar actividades de promoción da cultura tradicional, senón ilusión, traballo e tempo para falar coa xente.

Como evitar a súa desaparición Nas formas de vida tradicionais son fundamentais as relacións entre as persoas, o que contribúe a unha maior riqueza cultural. Fronte ao individualismo e a competitividade que rexen a vida de hoxe, atopamos os traballos comunitarios e o colaboracionismo indispensables para o entendemento entre as persoas. Evitar a desaparición da cultura tradicional, tanto material como inmaterial, é o que nos preocupa, por iso fixemos o Plan de Promoción e Salvagarda da Cultura Tradicional do Eo-Navia. Non se trata de industrializar o medio rural, senón de conservar estas manifestacións culturais para, desta maneira, garantir o desenvolvemento sustentable destas comunidades que, co seu modo de vida tradicional, son a base da supervivencia desta cultura. Dentro deste plan contémplanse tanto os labores de investigación, documentación e arquivo como labores de promoción, transmisión e divulgación. Crearíanse dous centros claves: un Centro de Estudos da Cultura Tradicional Eo-Navia en San Tirso de Abres que incluiría no seu seo un Centro de Formación Profesional Rural, e un Centro de Estudos de Música e Danza na Caridá. É importante tamén a introdución da cultura tradicional en todos os ámbitos do ensino, por iso propoñemos a súa incorporación no ensino infantil, na educación primaria e na ESO a través das materias de plástica, música e tecnoloxía, ademais da súa inclusión no programa de garantía social. Na universidade é necesaria a creación dunha materia sobre cultura tradicional que sirva de base a todos aqueles que dediquen a súa vida profesional á actuación sobre o medio (Xeografía, Arquitectura, Enxeñerías, Turismo...) Consideramos fundamental o recoñecemento dos portadores deste patrimonio e, para evitar a súa desaparición é imprescindible a formación de formadores, orientada a crear especialistas en cultura tradicional. Que os maiores se sintan útiles transmitindo os seus saberes aos máis novos contribuiría a un maior entendemento das nosas raíces e iso conseguiríase organizando encontros entre eles a través dos centros de estudos e os centros da terceira idade. Esta sería a parte institucional. Pero hai outra parte, a da promoción, na que intervirían activamente as asociacións civís: organizando festas, feiras, romarías e encontros de portadores que ofrecerían un atractivo turístico de calidade. A teatralización das lendas e histo317

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

rias tradicionais por parte das compañías teatrais contribuirían a que eses saberes de transmisión oral sigan influíndo nas novas xeracións para que valoren e aprecien as súas raíces. Coa realización deste plan crearíase un gran parque temático respectuoso co medio. Pensamos que con este plan se conseguiría: ❙ Non só evitar o despoboamento senón promover o aumento de poboación a través do desenvolvemento sustentable do medio rural. ❙ Evitar a perda dos saberes tradicionais. ❙ Impulsar a relación entre comunidades a través da cultura.

318

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

¿Pode un atoparse diante de mairande fazaña que pasar de boca en boca, as creaciois e sabiduría populares que compoin os contos, as lendas, refrais, remedios meciñeiros ou conocementos sobre o tempo, e mantelos sen máis instrumentos que a memoria ó longo de tanto tempo? A un antóxaselle empresa ben pouco doada, máis inda logo de comprobar que quen vos fala tuvo que valerse en máis dunha ocasión, véndose sen papel e bolígrafo, dunhos pedazos de lousa pra rexistrar por escrito nomes ou expresiois co medo do que miña memoria non pudera manter durante unhas horas algo que non conviña esquecer. Todo este cachón cultural colectivo vai desaparecendo porque a terra abonada na que nacían e medraban as creaciois populares quedou a poulo. Touvos falando do fiandón, fiandeiro ou serao, mairande acto social de xuntanza ou reunión no Bierzo, que foi coiñeiro de tradiciois no pasado pero que quedou achicado pra sempre polos modernos medios de comunicación ou polos tempos que nos toca vivir. Polo tanto, toda esa sabiduría popular que, mal que ben, foi resistindo deica astora, leva camiño de cochar pra sempre. Estas son palabras de Aquilino Poncelas, recompilador da tradición oral na comarca, palabras que daban inicio a unha xornada en Vilafranca do Bierzo, a un emotivo día, o 17 de setembro, escollido para apoiar desde O Bierzo (León) conxuntamente coas Portelas (Zamora), eses territorios controvertidos onde hai lingua e cultura galegas da Comunidade de Castela e León, á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO. A idea de apoiar esta Candidatura nacera tras do contacto cos seus promotores oficiais de Galicia e Portugal que tivo lugar no pasado mes de xuño en Melgaço (Portugal) no Encontro de Portadores da Tradición no que estivemos presentes coa ancestral Festa do Maio de Vilafranca, ocasión na que ata a Ministra de Cultura portuguesa se interesou pola peculiaridade deste costume no Bierzo. Baixo o lema UN PATRIMONIO PARA O FUTURO a Comisión Cultural Martín Sarmiento e a Asociación Cultural Escola de Gaitas, ambas de Vilafranca, xunto coa Asociación Cultural Xente Nova das Portelas, co apoio institucional da Concellería de Cultura do Concello de Vilafranca configuraron un denso programa de actos. Na sesión matinal, no Teatro Vilafranquino, tras das palabras de benvida dos convocantes do acto e de Concepción López, Concelleira de Cultura do Concello de Vilafranca e tras

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

da presentación da Candidatura por parte de Xerardo Feijoo, houbo dúas intervencións do movemento asociativo que apoiaba a Candidatura: a Asociación da Lingua Xarmenta, A Morteira e Fala Ceibe do Bierzo e a ADISAC de Sanabria e Carballeda. Logo deuse paso a intervención de Aquilino Poncelas, un relatorio sobre a tradición oral no Bierzo. A continuación, tras unhas palabras da súa coordinadora, Marisa Cela, inaugurouse a Exposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que ocupaban diversas ubicacións. Na entrada do teatro unha sección adicada ao tear e os tecidos. A señora Manuela co seu tear traído desde Vilarubín e as tecedeiras a señora Remedios de Ribón, Isabel das Veigas do Seo e de Santalla Guti con rocas e fusos. Había tamén dúas palilleiras, Pilar e Dina, de Vilafranca e Parandois. No exterior do teatro, a mesma Praza Maior centro neurálxico da vila, foi o espazo escollido para esta mostra. Á beira dos soportais un cesteiro de Dragonte, Domingo Gómez, traballaba afanosamente para amosar o seu labor artesán herdado dos seus maiores. Outro artesán cesteiro de Burbia, Lorenzo González, preparaba ao seu carón as vimbias. Bernardino Poncelas, galocheiro, veu dende Porcarizas, unha aldea da montaña da Somoza, e rematou ante o público, que se congregaba curioso, unhas galochas. Alí estaban traballando a madeira Domingo Gómez, a carón de Mila Suárez. De Domingo, tallador de recoñecido prestixio, é a figura que aparece no cartaz que se editou para esta xornada. Este cartaz foi un deseño de Oswaldo Pereira que utilizou unha fermosísima foto de Luisma Gaztelu sacada para a ocasión na ferrería de Pereda de Ancares. Precisamente os ferreiros de Penacaira e de Parada de Souto José Moral, ao non poder desprazar a fragua, amosaron na praza a súa ferramenta. O mesmo que lle ocorreu ao canteiro de Vilar de Aceiro Fernando Alba e Alejandro, sobrín de Domingo González de Canteixeira, que esta aprendendo a tallar a madeira como o seu tío. Para desfrute dos máis pequenos estaba tamén o ceramista Felipe Hoyos de Iglesia de Campo, co que moitos nenos e nenas tiveron un primeiro contacto coa artesanía do barro. Pero dúas cousas chamaron especialmente a atención da exposición. Por un lado, a mostra do rabel, un conxunto de tres destes instrumentos tradicionais feitos por Amador Bruña de Porto (Zamora) e, o que resultou máis espectacular, o traballo en vivo dos teitadores Juan González de Chan de Vilar e Manuel Santín de Burbia que cos “vincallos de palla na mao” e sobre unha estrutura de madeira que simulaba un lateral dunha palloza, apoiada na fachada da Casa Consistorial, fixeron unha demostración completa de como se teita esta construción tradicional típica da Somoza e Ancares. A primeira hora da tarde na Alameda, para mozos e non tan mozos, tivo lugar outra demostración da presenza do Patrimonio Inmaterial común no Bierzo a través dos xogos tradicionais. A billarda da que se encargou, entre outros, Constento Ortega e dos bolos de Teixeira, dos que se ocupou de explicar Elpidio Alba, un verdadeiro especialista e entusiasta xogador. Houbo tamén outros xogos que trouxeron dende Ourense os amigos de Brinquedia, asociación pola recuperación dos xogos tradicionais. Tamén dende Ourense desprazouse unha representación do mundo editorial e libreiro, a Libraría Torga, que organizou un posto con unha moi abondosa bibliografía sobre o patrimonio cultural e a literatura de tradición oral na Praza Maior a carón da Exposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que estivo activa tamén pola tarde ata pouco antes de dar comezo os actos de clausura. A clausura do acto tentou ser unha mostra entre teórico, lírico e musical do que o Bierzo e as Portelas aportan ao conxunto do Patrimonio Inmaterial galego-portugués, quixo tamén divulgar os obxectivos que levaron a Ponte… nas Ondas! a presentar esta Candidatura e á vez ser un acto público de apoio institucional de diversas autoridades de Castela e León á Candidatura. Tras da presentación do audiovisual da Candidatura e as palabras de Xerardo Feijoo ante un teatro abarrotado de público viñeron as intervencións institucionais de Vicente 320

Transmisión e difusión do PI

Cela, Alcalde de Vilafranca do Bierzo patrocinador destes actos, Ricardo González Saavedra, Presidente do Consello Comarcal do Bierzo que no galego da zona argumentou as “razois” polas que o organismo que preside acordou asumir un compromiso coa posta en valor do patrimonio inmaterial común que teñen o Bierzo, Galicia e o norte de Portugal. Logo foi Felipe Lubián que en calidade de Procurador por Zamora nas Cortes de Castela e León fixo unha reivindicación dos valores da cultura tradicional e da lingua galega nos territorios que están fóra da Galicia administrativa, pero que son galegofalantes. Rematou este apartado Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, quen compartiu con nós toda a xornada, sinalou a transcendencia da realización deste acto no Bierzo e subliñou o compromiso que dende a súa responsabilidade debe haber dende o goberno galego co estudo, coa revitalización e a posta en valor de todo o patrimonio cultural galego no Bierzo e nas Portelas. A continuación proxectouse un pequeno audiovisual realizado por Héctor Silveiro, coordinador desta xornada, titulado Vilafranca e o Bierzo, portadores da Tradición, no que se pon en evidencia o conxunto de manifestacións patrimoniais que a comarca e, en especial, a vila onde naceu o ilustrado Martín Sarmiento conservan e deben ser consideradas parte fundamental do nosos valores patrimoniais á vez que son a esencia da nosa identidade cultural. Tomou logo a palabra o escritor Anxo Angueira para recitar unha selección de versos do poeta do Rexurdimento berciano Antonio Fernández y Morales que este compuxera baseándose na fala do Bierzo e na tradición oral. Angueira, estudoso do poemario Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) fixo un recitado cargado de expresividade e emotividade que sorprendeu a todos os presentes e foi correspondido con fortes aplausos. Houbo no acto de clausura tamén un espazo para evidenciar os lazos que Valdeorras e o Bierzo teñen de vello, lazos históricos, sociais e culturais. Encargouse de sinalalos Angel Fernández, Presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, quen aproveitou a ocasión para manifestar tamén o seu apoio á Candidatura. Tras das súas palabras actuou o grupo de música e baile tradicional da Rúa de Valdeorras ABERTAL, un dos máis prestixiosos grupos da comarca veciña. Tras dun segundo recitado de Anxo Angueira cos versos adicados a Vilafranca de Fernández y Morales que no galego da zona din: 321

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

Tornemos a nosa villa franca, garrida, sencilla, cos honores de ciudá, que de dous ríos na orilla e nun val clavada está.

Cual tesoro q´a codicia de dous avaros escolta con xusticia, ou sin xusticia, tira por ela Galicia, máis Castilla non a solta.

Comezou a derradeira actuación musical, a da Escola de Gaitas de Vilafranca, que entrou no escenario cantando as coplas tradicionais do Maio de Vilafranca, unha das pezas máis singulares do noso patrimonio inmaterial, rematando coa interpretación da Danza de xigantes e cabezudos que desfilan nas festas patronais polas rúas da vila. Foi unha xornada inesquecible que sería imposible realizar se non fose por un grupo de persoas que anonimamente sumaron ilusións, esforzos e interese para que todo saíse ben. Houbo quen colaborou na montaxe da exposición, a preparación da estrutura do teito para os teitadores ou nos contactos coas persoas precisas en cada aldea, mesmo procurou que houbese paus para os xogos da billarda. Houbo pois moitos implicados e de distintas maneiras na posta a punto dos diversos apartados do programa, membros das asociacións Escola de Gaitas ou da Morteira ou persoas que espontaneamente se sentiron motivados polos obxectivos da xornada. E houbo finalmente un xeito importante de participar do evento como é formar parte do público entre entusiasta e curioso, emocionado ou comprometido, como os membros do goberno municipal e da oposición do Concello de Vilafranca, tamén algún dirixente destacado da UPL e deputado nas Cortes de Castela e León, xente coñecida ou membros menos coñecidos da comunidade académica da Universidade de Vigo como Xosé M. Cid, vicedecano da Facultade de Humanidades do Campus de Ourense, entre outros e un longo etcétera de bercianos asistentes aos actos. As razóns que nos moveron a apoiar a Candidatura están en que no rico conxunto patrimonial do Bierzo (León) e As Portelas (Zamora), un dos elementos que se está poñendo en valor é ese patrimonio da tradición oral, da fala e o patrimonio inmaterial que constitúen un universo relacionado coas actividades agrarias, as artesanías e o ciclo festivo. Precisamente un primeiro argumento que avala a nosa contribución ao patrimonio galaico é o feito de que as autoridades autónomas de “Castilla y León” e o propio Parlamento Español recoñezan no Bierzo unha comarca con carácter peculiar e a existencia da lingua galega nos seus territorios. O Bierzo é unha comunidade bilingüe como tantas outras hai no mundo, este debe ser un elemento que nos enriqueza. A nosa contribución ao patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, é significativa e relevante. Chegamos ao século XXI conservando unha boa parte das diversas manifestaciois da nosa forma de vivir e ver o mundo, vellos oficios, costumes, lendas e festas que son hoxe símbolo do que fomos onte. Debemos estar orgullosos dese conxunto de persoas que foron e son aínda os verdadeiros transmisores a día de hoxe deste legado cultural que, como tamén é sabido, está ameazada pola configuración dun mundo globalizado e polo declive das sociedades agrarias. A presente Candidatura do patrimonio inmaterial do galego-portugués á UNESCO foi, sen dúbida, unha oportunidade irrepetible de defender o noso patrimonio e de coñecer máis a fondo a nosa identidade, por iso a apoiamos sabendo que así apoiamos un patrimonio para o futuro.

322

62 Estiño: un pouco de historia Ana Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro; Mari Carmen Seijas

Polos anos setenta un grupo de mestras e mestres de escolas unitarias da provincia de Lugo empezamos a reunirnos para intercambiar experiencias, compartir recursos e buscar resposta á problemática escolar rural daquel momento. Co paso do tempo viuse a necesidade de dar amparo legal a este grupo. Así nace o Colectivo Pedagóxico Estiño no ano 1983.

Obxectivos Aqueles primeiros obxectivos de postas en común, comentarios de experiencias, traballos... vense ampliados e concretados nos estatutos: “Este colectivo ten por finalidade promover toda clase de estudos e actividades sociais e pedagóxicas sobre a escola rural galega e o seu medio. ❙ ❙ ❙ ❙

Potenciará a recollida da cultura galega e o seu espallamento. Promoverá a publicación de traballos escolares. Tratará de dignificar a Escola Rural en tódolos seus aspectos. Potenciará todo o que axude a facer da escola de hoxe unha escola galega”.

Na actualidade Na actualidade mantemos os mesmos obxectivos aínda que houbo cambios nos centros, no profesorado e na dinámica de traballo. O noso traballo pedagóxico persegue que toda a comunidade educativa se implique no estudo dos distintos aspectos da cultura galega, a valore e axude a mantela viva. Outra das nosas metas é conseguir sentirnos orgullosos do noso pobo, para mellorar a autoestima e contribuír á mellora do mundo rural. Na medida das nosas posibilidades tamén estamos colaborando coa Universidade Rural Galega.

O póster-calendario Un dos nosos traballos é un póster-calendario (imos no número 27).

62 Estiño: un pouco de historia

Calendario de Estiño Coma tódolos anos, desde 1980, o Colectivo Pedagóxico Estiño elabora o seu calendario-póster. Participaron na súa elaboración os/as nenos/as de: A Ponte, Casás, Lousada, Mosteiro, IES de Meira, Bretoña, San Román de Cervantes, Chao de Pousadoiro, Xoán de Requeixo (Chantada) e Oleiros (Vilalba) da provincia de Lugo, e A Veiga, Viana e IES de Allariz da provincia de Ourense. O calendario do 2006 trata dos animais do monte Nas viñetas hai debuxos dos seguintes: a garduña, a donicela, o furón, o esquío, o gato bravo, o armiño, a xineta, o morcego, a lebre, o coello, o raposo, o xabarín, o corzo, o cervo, o lobo, o porco teixo, o rato, a teipa, a perdiz, o ourizo, o oso, a pita do monte, a lontra, a serpe, a píntega, o lagarto, a ra e o sapo. Ademais hai pegadas pola marxe e pódense ler textos referidos ós animais: Que fina é a xente, come o do meu cu deixa o do meu dente. Se te morde unha donicela busca lus e busca vela que mañá irás para a terra. Ora velaí vai a raposa polo prado, Ora velaí vai co seu rabo recachado. Ora velaí vai a raposa polo trigo, Ora velaí vai co seu rabo retorcido. Etc. O calendario véndese a 1,5 € e o recadado emprégase para pagar o calendario, a revista Miuzallas, e para colaborar en proxectos educativos en Nicaragua. Os temas de anos anteriores foron: 1. Os traballos 1980 2. Cousas de nenos 1981 3. Ditos 1982 4. As estacións 1983 5. A nosa memoria colectiva 1984 6. Rosalía 1985 7. Castelao 1986 8. Xogo dos cogumelos 1987 9. Tempo libre 1988 10. Árbores 1989 11. Música 1990 12. A natureza é vida 1991 13. ¿Xogas? 1991 14. Festas 1993 15. Dereitos dos nenos e nenas 1994 16. Herbas máxicas 1995 17. De pedra 1996 324

Transmisión e difusión do PI

18. Os oficios 19. Enredos 20. Lendas 21. Roupa 22. Herbas medicinais 23. De madeira 24. Máquinas 25. 25 anos de ESTIÑO 26. Os animais da casa 27. Os animais do monte

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

A exposición dos 27 calendarios está a disposición dos interesados.

O proceso de elaboración do calendario 1. As nenas e os nenos dos colexios con profesorado do colectivo ESTIÑO propoñen temas e fan unha relación dos máis votados. 2. Os mestres e mestras escollemos un tema valorando a súa relación coa CULTURA GALEGA. 3. O alumnado fai deseños para plasmar o tema. 4. Os profes escollemos o deseño que nos parece máis axeitado, ampliámolo e repartímolo en viñetas para os distintos colexios. 5. Cada colexio estuda e investiga sobre o tema seleccionado, profundando especialmente na parte que lle tocou debuxar. Normalmente é neste momento, no primeiro trimestre do curso, cando se poden ver nos colexios exposicións relacionadas co tema elixido (plantas medicinais, mobles, traxes tradicionais, enredos...). 6. Fanse os debuxos procurando que sexan significativos e que vaian ben coloreados. Nos colexios faise a primeira selección dos debuxos. 7. Montamos os debuxos seleccionados sobre unha cartolina coma se fora un quebracabezas e lévase á imprenta. Cando os nenos e nenas ven o resultado do seu traballo unido ó dos outros centros sorpréndense gratamente e séntense satisfeitos.

325

Relación de autoras e autores

[O1, 53, 54, 55, 56]

Álvarez Cao, Rosario Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Xunta de Galicia)

[36]

Amoedo Amoedo, Ilda CRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[08, 41, 43]

Area Carracedo, Iván. Universidade de Vigo

[44]

Atanes, Xosé Manuel

[42]

Barrera, Nieves Veciña de Guláns (Ponteareas)

[47]

Bautista Fernández, Hortensia Coordinadora do Seminario Permanente sobre Improvisación na Aula

[62]

Besteiro, Aurora Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[20]

Blanco Torrado, Alfonso Xermolos. Guitiriz

[22]

Briset, Xavier Los Ocho Mares

[02]

Campelo, Alvaro Centro de Antropologia Cultural, Porto

[50]

Campos, Alfonso Veciño de Proendos

[04]

Cao Fernández, Manuel Coordinador Técnico da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

[41]

Carpintero Arias, Pablo

[26]

Carreira Pérez, Xan Carlos Escola Politécnica de Lugo. USC

[43]

Castro Vicente, Cástor

[61]

Cela López, Marisa Seminario de Estudios Bercianos

[55]

Cohen Bossié, Luis Proxecto CANTATA, I.C. Interreg III B Espazo Atlántico. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[27]

Davila González, Eloi Labrego. URG. Labregos Deiquí

[29]

Díaz Saavedra, Xan Ramón Secretario da Fundación ACIVEGA 327

Relación de autoras e autores

[18]

Estevez, Ana Museo do Pobo Galego

[05]

F. Santomé, Xerardo Asociación de Gaiteiros da Xistra

[50]

Falagueiro, Manuel Veciño de Proendos

[59]

Feijoo, Xerardo Directivo de Ponte... nas Ondas!

[56]

Fernández Bouza, Guadalupe Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Ulloa

[08, 45]

Fernández Ocampo, Anxo Universidade de Vigo

[03]

Fernández Rei, Francisco Federación Galega pola Cultura Marítimo-fluvial

[62]

Fernández, Luis Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[21, 24]

García, Secundino Director do CEIP “Mosteiro de Caaveiro”, A Capela. URG

[23]

García, Xosé Lois Emigrante en Barcelona. Director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu de la Barca

[35]

González Fernández, José Antonio “Toño O Cesteiro”, de Lobeira (Entrimo)

[36]

González Goyanes, Rafa CRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[17]

González Reboredo, X.M. Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega

[42]

González, Marisol Veciña de Guláns (Ponteareas)

[60]

Gutiérrez, Loli Asociación Cultural San Tirso de Eo. Asturias

[37]

López González, Tomás Oleiro de Gundivós

[52]

López Rodríguez, Ramón Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo. USC

[62]

López, Natalia Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[31]

Louro Lamela, Emilio “Milucho” Xerente da Confraría de Pescadores de Lira

[15]

Márquez, Luisa Coordenadora das Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia

328

Cultura tradicional e desenvolvemento rural

[58]

Martínez Carballosa, Ramiro CDR Ancares

[12]

Méndez Ferrín, X.L. Escritor e Ensaísta

[49] [40, 59]

Papaventos. Escola Ambiental Pardo, Lois Presidente de Brinquedia-Rede Galega de Xogo Tradicional

[25]

Pascual Abal, Rosa. IES de Beade. Vigo

[06]

Patiño, Antón Pintor galego e Vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid

[27]

Penín Penín, Pilar Labrega. URG. Labregos Deiquí

[34]

Peniza, Inma IES Pedra da Auga. Ponteareas

[25]

Pérez Leirós, Puri IES 1º de Marzo. Baiona

[32]

Pilar Pedreira, Xosé Lois Membro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

[48]

Pinto de Herbón Regueifeiro galego. Herbón (Padrón)

[08, 11, 13]

Prado, Xabier IES Pedra da Auga. Ponteareas

[39, 46]

Reigosa Carreiras, Antonio Membro do Grupo Chaira. Coordinador da Revista Oral O Pazo das Musas

[30]

Represas Giraldez, Xosé Directivo da CMVMC de Xinzo (Ponteareas)

[53, 54, 55]

Revilla Bonnin, Arturo Proxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[16]

Rodrigues Gomes, Jorge IES Pedra da Auga. Ponteareas

[62]

Seijas, Mari Carmen Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[07]

Sierra Rodríguez, Xosé C. Museo Etnolóxico de Ribadavia

[11]

Silva, Jorge S.

[61]

Silveiro Fernández, Héctor M. Seminario de Estudios Bercianos

[08, 09]

Simón Fernández, Xavier Universidade de Vigo

329

Relación de autoras e autores

[51]

Souto González, Xosé Manuel Sociedade Galega de Xeografía

[55]

Suárez Samaniego, Ana Proxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[38]

Suárez Súarez, Manuel Secretario do Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do patrimonio cultural da Costa da Morte

[22]

Teixido Sotelo, Miguel Asociación EuroEume

[57]

Tobío Iglesias, Xosé Mª Coordinador da A.D.R. Ulla-Umia

[10]

Toro, Suso de Escritor e Ensaísta

[28]

Vaz Fernández, José Luis Xerente de Verín Biocoop SCG

[33]

Vázquez, Xosé Manuel Asociación Barcas do Minho

[14]

Veloso Troncoso, Santiago Presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!

[19]

Veloso, Abraão Museu Agrícola de Entre Douro e Minho

[62]

Vila, Ana Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

330

Cultura tradicional e desenvolvemento rural

Cultura tradicional

e desenvolvemento

rural

Edición co Patrocinio de

Coa participación da UNIÓN EUROPEA

Proxecto cofinanciado polo FEDER

Xavier Simón Fernández

e

Xabier Prado Orbán (eds.)

Related Documents