A INEFICIENCIA DOS GOBERNOS DO PP EN MATERIA DE MEDIO RURAL
DURANTE OS GOBERNOS DO PP… • O asesoramento dado aos gandeiros e gandeiras foi pésimo. A recomendación de non declarar parte do leite que producían, conseguiu un 20% menos de cota asignada no momento que se implantaron as cotas. • Permitir que se especulara coa cota, mentres en Bruxelas negociaban a libre cota para o 2015, trouxo consigo que os gandeiros se hipotecaran e impediu a modernización das explotacións e o aumento da súa base territorial para facelas máis competitivas.
• Así, no ano 2003, coincidindo en Galicia coa venda da cota por parte dos produtores que deixaban a actividade arredor de 1€/l, o goberno de Aznar negociaba e apoiaba na UE a liberalización do sector para o 2015. • Todo isto a sabendas de que os gandeiros/as galegas estaban a facer un gran esforzo que ía ser inútil e que condicionou o futuro das explotacións galegas.
O RESULTADO DUNHA XESTION NEFASTA TROUXO CONSIGO... • O fomento do abandono, o peche de explotacións, a especulación coas cotas deixando en mans do libre mercado a estruturación do sector... • Así, nos últimos cinco anos pasouse de algo máis de 26 000 explotacións ás 13 000 que existen hoxe en Galicia.
AS MELLORAS DO SECTOR DURANTE OS TRES ÚLTIMOS ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA EN GALICIA
NOVAS POLÍTICAS QUE CONTRIBUIRON A… • Redimensionar as explotacións. • Mellorar en competitividade e produtividade das explotacións. • Fomentar o asociacionismo. • Fusionar explotacións en sociedades, diminuíndo o número pero aumentando a súa capacidade produtiva.
FIN DA POLÍTICA DE ESPECULACIÓN COAS COTAS E DEFENSA NA UE DUNHA PAC BENEFICIOSA PARA GALICIA • No 2005 repartíronse 160 000 toneladas de cota a 7000 explotacións galegas, o que supoñía o 60% do total da cota asignada para o conxunto de España. Con isto conseguiuse incrementar a cota total de Galicia en 270 000, o que supuxo o 38% da total do estado, fronte ó 31% de 2001. • A media de cota por explotación é hoxe en día de 163 530 Kg cando en 2001 apenas sobrepasaba os 50.000 kg.
APOSTA POLA MODERNIZACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS • Introducción das novas tecnoloxías.
AS MENTIRAS DO ACTUAL GOBERNO DA XUNTA EN CANTO AO SECTOR LÁCTEO
ONDE ESTÁ O PLAN EXTRATÉXICO QUE ANUNCIABAN NO SEU PROGRAMA ELECTORAL??? • Era só propaganda barata sen ningún contido e sen ningunha proposta para resolver o problema do sector? • Que plan ten pensado despois para evitar o abandono, o despoboamento e a desestruturación do rural e do agro galego? • Pretenden pechar as 13 591 explotacións que quedan hoxe en Galicia?
ANTE A GRAVE CRISE QUE ATRAVESA O SECTOR LÁCTEO E NA QUE.. • 5.000 explotacións leiteiras están ó borde do peche e 6.000 traballadores do campo teñen en perigo o seu emprego. • As granxas están a sufrir un problema de liquidez debido a que o prezo do leite leva meses moi por debaixo dos costos de produción e non lles permite facer fronte ós créditos contraídos fundamentalmente pola compra de cota láctea.
...O CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL MIRA CARA OUTRO LADO... • Tan só deu a coñecer unha medida. Foi o 11 de maio cando prometeu ós sindicatos agrarios o adianto ós gandeiros de 70 millóns de Euros da PAC. • Tratase esta dunha medida improvisada co único fin de vender un titular. • Esta medida é pan para hoxe e fame para maña.
... Todo isto non é máis que un insulto aos gandeiros/as que traballan nas 13 000 explotacións galegas, que teñen vocación de permanencia e que pese a grave situación que está a padecer o sector loitan, como loitaron sempre, para manter as súas explotacións, para defender a produción de leite como un xeito de vida contribuíndo así á supervivencia do Agro Galego...
AS MEDIDAS DOS SOCIALISTAS PARA FACER FRONTE Á CRISE
CREACIÓN DUN GRAN GRUPO LÁCTEO GALEGO • Isto conseguiría incentivar e promover as industrias galegas, fomentando non só a produción e comercialización de leite crú, senón tamén de outros derivados, conseguindo así pechar o ciclo produtivo, e conseguindo que o valor engadido quede en Galicia.
APOSTA POR UN RURAL VIVO E DINÁMICO • Para iso habería que impulsar unha economía rural multifuncional e plurisectorial, mais diversificada, na que as actividades gandeiras e agrarias segan a ser un activo moi importante. • Así mesmo, esta aposta debería facerse desde o punto de vista do desenvolvemento sostible.
PROMOVER UN PACTO POLÍTICO PARA FORMALIZAR UN COMPROMISO CO RURAL • O plan incluiría estratexias para atender situacións especiais de dificultades e caída de rendas que poña en perigo o peche das explotacións.
INCENTIVAR AS RELACIÓNS DA INTERPROFESIONAL ENTRE PRODUTORES E INDUSTRIAS
• O obxectivo desta medida sería promover un acordo de comercialización dos produtos. Lograr que na nosa terra se comercialicen os lácteos e tódolos seus derivados, e que todo ese valor engadido quede en Galicia
OUTRAS MEDIDAS • Acordar cos gandeiros un prezo de mercado que cubra os custes de produción e apostar polo cumprimento do contrato homologado. • Incentivar as explotacións para lograr que sexan mais competitivas e modernas. • Apoiar unha PAC dotada con fondos suficientes caracterizados pola utilización de criterios de cohesión social e territorial.
• Adecuar os procesos de concentración parcelaria priorizando zonas, e impulsar os procesos de concentración privadas. • Mellorar a comercialización e gañar presenza nos mercados • Fomentar o asociacionismo rural, así como a formación de sociedades e o cooperativismo. Lograr, polo tanto, a fusión de explotacións, diminuíndo o seu número pero aumentado a súa capacidade produtiva.