Lalin No Centro

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Lalin No Centro as PDF for free.

More details

  • Words: 1,676
  • Pages: 6
Lalín no Centro Congreso Local do Partido Popular de Lalín 6/09/2009

Autores

Manolo Gomez Ramiro Ruibal Nuria Rodríguez Antonio González Pablo Ferradás

LALIN NO CENTRO. Manolo Gomez Ramiro Ruibal Nuria Rodríguez Antonio González Pablo Ferradás

Todos temos claro que estamos en Lalín. Imos recurrir ao diccionario da Real Academia Española da Lingua, para saber que é o centro e entender mellor porque esta ponencia se denomina “Lalín no Centro”; esta consulta serviranos de fío argumental para reflexionar sobre unha serie de caracteres diferenciadores de Lalín e dos lalinenses. Se tomamos a primeira acepción de Centro segundo o dicionario da Real Academia Española da Lingua “Punto interior que aproximadamente equidista dos límites dunha figura, superficie, territorio, etc.”, claramente a nivel xeográfico somos o KM 0 de Galicia, estamos practicamente equidistantes das principais cidades de Galicia: Santiago a 48 Km, Ourense 56 Km., Lugo 71 Km., Pontevedra 75 Km. e A Coruña e Vigo a menos dunha hora por autopista. Lalín tradicionalmente sempre foi un cruce de camiños o que marcou o carácter das nosas xentes e a percepción que se ten da nosa ubicación. É normal escoitar que pertencemos a Ourense, Lugo ou A Coruña en función de cal fose o destino ou a ruta que seguía o noso interlocutor. Somos o concello máis extenso da provincia con 327 km. cadrados; o décimo en poboación con 21.130 habitantes e somos cabeceira da comarca coa taxa de paro máis baixa da provincia, estando os seis concellos por debaixo do 4%, gracias á importancia do sector agropecuario, industrial e comercial. Cada día máis de 5.000 persoas acércanse a Lalín tanto para realizar as súas compras como para traballar ou estudar. Segundo significado, “Lugar de onde parten ou a onde converxen accións particulares coordinadas”. Probablemente este sexa un dos segredos do crecemento de Lalín nos últimos 30 anos, a coordinación entre os diferentes axentes sociais e a clase política, a converxencia de intereses, o realizar un tránsito dunha economía baseada no sector agropecuario a unha economía moderna con un equilibrio entre os tres sectores,

agropecuario, industrial e de servizos. Esta transición levouse a cabo sen crise, sen traumas, ó estilo Lalín, traballando paso a paso, gracias ó esforzo da nosa man de obra, a un importante grupo de emprendedores e tamén porque non dicilo, gracias á labor do Partido Popular de Lalín e de Galicia e á súa aposta decidida por xerar solo industrial. Cando se iniciaron os trámites para a creación do Polígono Industrial Lalín 2000, os socialistas e os do “non” opúñanse á construción do mesmo chegando a dicir que ”iso só vai servir para dar toxos”. Lalín pasou de ter 205.800 m² no Polígono de Botos a ter 742.738 m² e están tramitándose a 4ª fase do Polígono Lalín 2000 con 328.928 m² e un terceiro polígono na parroquia de Catasós cunha fase inicial de 610.000 m². Isto deixará a Lalín “no centro “ de tres saídas de autopista con un Polígono industrial en cada unha, comunicados por vías de alta capacidade. Se revisamos o décimo significado de Centro “Lugar no que se desenvolve máis intensamente unha actividade determinada” atopamos o motivo do título desta ponencia; porque en Lalín son moitas as actividades que se desenvolven de forma “máis intensa”. 1º. Somos terra de grandes Pintores e Escultores, que non vou a nomear para non alongarme en demasía e ante o risco de deixarme algún no tinteiro. 2º. Pero é que ademáis gracias á aposta decidida do Partido Popular e ó apoio que sempre demos ó conservatorio de música hoxe temos unha das mellores bandas non só de Galicia senón de España, (espero que o presidente provincial non me expulse do partido por dicir isto, a Municipal de Ribadumia tamén é das boas) como quedou demostrado ó gañar o certame internacional de Altea no ano 2002 ou este mesmo verán no certame internacional de Kerkrade onde quedamos 4º. Ademáis dos 90 integrantes da Banda Municipal de Lalín, tamén temos a Banda de Vilatuxe con 50 compoñentes e a de Muimenta con 45 e en ambas parroquias construíronse auditorios para poder levar a cabo tanto representacións como ensaios. Estas dúas novas instalacións complementan a este auditorio onde nos atopamos e ó seu anexo onde se leva a cabo a labor formativa do Conservatorio de Música con 220 alumnos, onde tamén ensaia a Banda Xuvenil de Lalín con 50 compoñentes e a escola da Banda con outros 42 compoñentes. En total

tendo en conta a escola de Vilatuxe con 45 e a escola de Gaitas da Deputación, estamos falando de 185 músicos e máis de 400 nenos, o q ue supón case un 3% da poboación total de Lalín. 3º. En Lalín tamén facemos deporte e de qué xeito. Estamos construíndo un Multiusos, o Lalín Arena, porque os clubes non dispoñían de horas suficientes para levar a cabo os seus entrenamentos e fomentar o deporte de Base. Ata aquí nada fora do normal, pero e que en Lalín dispoñemos de 4 pavillóns cubertos no Casco urbano, máis dous en Prado e Vilatuxe, 2 campos de fútbol de herba natural, 2 de herba artificial (un deles de fútbol 7), piscina climatizada, circuíto de motocrós, 4 pistas de tenis, centro de equitación, todo para unha poboación de 21.130 habitantes e non son suficientes, ¿como é iso posible?. “Porque facemos deporte de forma mais intensa” temos máis de 30 clubes federados en modalidades que abarcan dende o fútbol ó Horseball, onde por certo destacamos, aportamos xogadores á selección española e é habitual que se entrenen nas nosas instalacións de Mouriscade. As diferentes escolas deportivas municipais aglutinan a 180 nenos cada mes, se lle sumamos os 190 da escola de Fútbol, os 170 da escola de balonmán e os 50 da escola de Rugby temos un total de 590 xóvenes practicando deporte. O 15% da poboación menor de 18 anos está federado ou nalgunha escola deportiva. 4º. En Lalín tamén se desenvolve de forma intensa a actividade comercial. Sempre fomos unha encrucillada de estradas; esa herdanza deixounos máis de 200 establecementos de hostalería e restauración, ocupamos o quinto lugar provincial, 611 comercios minoristas que ocupan 120.000 m² (4º provincial) e só Vigo nos supera en M² destinados a Centros Comerciais. Ademáis nos últimos anos o Concello de Lalín fixo unha forte aposta por difundir “O Cocido de Lalín” que cada ano atrae a un maior número de visitantes non só a comer o prato rei da gastronomía galega senón que tamén frecuentan os nosos comercios. 5º. A actividade agropecuaria. Lalín levou a cabo unha transformación profunda, a súa economía

pasou de ter unha dependencia do sector primario a acadar un

equilibrio entre os tres sectores. O secundario e servizos absorberon a man de obra

sobrante no campo e isto posibilitou unha profunda transformación a uns niveis de paro equiparables ós dos países máis desenvoltos de Europa 3%. Estas serían as 5 actividades máis intensas sobre os que gravita a centralidade de Lalín: Industria, comercio e agricultura que nos proporcionan unha das mellores taxas de emprego para dedicarnos á cultura, ao deporte e ocio. Pero non nos enganemos, Lalín

non forma parte dun universo paralelo e

vémonos afectados coma todos polo noso entorno económico e polas inexistentes primeiro e logo erradas políticas económicas do goberno socialista. As nosas empresas tamén se viron afectadas pola crise financeira, sí, digo “crise” esa que en España non existiu ata agosto do 2008 porque en marzo había eleccións, esa mesma crise que os axentes económicos xa detectaban no terceiro trimestre do 2007 e que o partido socialista negou en marzo, en xuño era desaceleración, e que non recoñeceu ata agosto. O retraso na toma de medidas eficaces `por parte do partido socialista provocou unha crise a nivel nacional maior que no resto de países europeos e a súa peor consecuencia foi que o paro subiu nun ano un 46.3%, o que significa que en España temos 1.117.179 parados máis que fai un ano. Sufrimos o peche dalgunhas empresas, as siglas E.R.E. noutrora descoñecidas forman parte da linguaxe popular e vimos como algunhas das nosas empresas máis punteiras precisaban axudas para refinanciar as súas inversións e garantir a súa viabilidade. O noso sector primario está a sufrir por culpa do abandono e despreocupación do PSOE polo sector lácteo, permitindo a entrada de leite a prezos inferiores ao custo e que está causando graves perxuizos ás nosas explotacións. Con este panorama, é evidente que o sector comercial tamén viu mermadas as súas vendas, o consumo reduciuse como no resto de España e algúns comercios e establecementos de Hostalería que pecharon as súas portas neste último ano. Pero ademáis no seu decimoterceiro significado, centro esconde un dos segredos mellor gardados de Lalín “Fin ou obxecto principal a que se aspira ou do que se sinte atracción”.

Está claro que Lalín exerce unha atracción que está moi por riba das cifras, ten que ver coas persoas con ese carácter afable, con un toque brabucón que sempre nos levou a dicir “viva Lalín con razón ou sen ela, quen me dea un pau doulle un peso e se é de carballo 20 reais”, somos traballadores, responsables e orgullosos de pertencer a unha pequena vila de interior que pouco a pouco se converteu na cidade que aspira a ser a oitava de Galicia no ano 2025. Para corroborar esta última afirmación e como colofón voulles contar unha anécdota que tivo lugar en Santiago León de Caracas: O seu alcalde Fredy Bernal pretendía irmandar a súa cidade que ten máis de 3 millóns de habitantes con Lalín, cando lle brindamos a posibilidade de irmandarse coa Deputación de Pontevedra ao eu xefe de Gabinete a contestación foi a seguinte “ Que no huevón que no, que ya sé que sólo son 20.000 en Lalín pero si siendo tan pequeños hacen tanto ruido mucho tenemos que aprender de ellos, quiero hermanarme con ellos”. Todas estas razóns son as que levaron ao noso presidente fundador D. Manuel Fraga Iribarne a proclamar ” hagamos de Galicia un gran Lalín” y a nosa dicir con orgullo “VIVA LALIN CON RAZON”.

Related Documents

Lalin No Centro
May 2020 6
Lalin En El Centro
May 2020 14
Lalin Satu.docx
May 2020 7
Centro
May 2020 22