Folleto Gallego

  • Uploaded by: Proyecto Agrega
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Folleto Gallego as PDF for free.

More details

  • Words: 735
  • Pages: 12
É un proxecto desenvolvido dentro do marco do Plan Avanza financiado mediante o Programa Internet na Aula, e impulsado a través dun convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial red.es, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, e as Comunidades Autónomas. O proxecto nace para ofrecer e difundir contidos dixitais educativos de calidade, que atenden ás necesidades didácticas e pedagóxicas que o profesorado require. Ademais están organizados de acordo co currículo oficial, de forma que poidan ser utilizados con facilidade pola comunidade educativa.

Agrega é unha federación de depósitos de contidos educativos dixitais onde docentes, alumnado ou familias poden buscar, visualizar e descargar material educativo dixital. O obxectivo de Agrega é facilitar á comunidade educativa unha ferramenta útil para integrar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula. Poderase acceder a calquera contido, desde calquera lugar, utilizando distintos criterios de busca.

Esquemas rítmicos Esta secuencia didáctica pretende que o usuario manipule ou interactúe co concepto rítmico tanto de xeito individual como en grupo.

Discriminación de sons: Educación Primaria/Primeiro ciclo/Educación Artística.

En Agrega encontramos un potente buscador que nos permite o acceso aos contidos educativos de forma fácil y rápida. Poderanse rastrear contidos educativos de calquera Comunidade Autónoma, en distintas linguas, descargalos e utilizalos na aula sen complicados procesos de instalación.

contidos educativos

accesibilidade

Na elaboración dos contidos utilízase un modelo de produción no que participa activamente a comunidade educativa. O material que se pode encontrar en Agrega está organizado de modo curricular, de forma que poida ser utilizado no ensino regrado non universitario, permitindo, á súa vez, ser utilizados e adaptados nos termos da licenza Reconocimiento-No comercial - CompartirIgual España de Creative Commons por calquera persoa de calquera Comunidade Autónoma, pois están editados en castelán, catalán, éuscaro, galego, valenciano e inglés. Os contidos axústanse ás directrices de accesibilidade da iniciativa W3C cun grao de compatibilidade “Doble A”, primando a incorporación de solucións que melloran a atención ás necesidades específicas de apoio educativo, así como todas as consideracións que permiten a consecución dos obxectivos educativos.

Cada depósito da federación Agrega dispón dun portal web e un xestor de contidos. Estas ferramentas están dispoñibles en rede e de modo local, posibilitando a creación de contidos educativos dixitais conforme a estándares de catalogación (LOM-ES, perfil en español da norma internacional LOM) e empaquetados para que se poidan compartir entre a comunidade educativa, usando ferramentas sinxelas. A plataforma tecnolóxica Agrega está dispoñible con licenza de software de fontes abertas, GNU-GPL, estando dispoñible á participación de administracións públicas, empresas, universidades, grupos de I+D+i e usuarios e desenvolvedores de este tipo de tecnoloxías. Agrega adáptase ás necesidades educativas.

ferramentas de busca

Río cos chistes: ESO/Segundo ciclo/ Educación para a cidadanía.

Todos os contidos dixitais educativos de Agrega están organizados de modo curricular, segundo os bloques de contidos establecidos para cada materia e curso pola Lei Orgánica de Educación. Cóbrense así as etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, a Formación Profesional, as Ensinanzas Artísticas y as Ensinanzas Oficiais de Idiomas.

Tecnoloxías Comunidade da Información e a + Educativa Comunicación

=

Comeza a experiencia…

aporta á educación localizar e visualizar

beneficios para o docente

beneficios para a educación

Resulta sinxelo localizar e visualizar material adaptado ao currículo educativo. Permite realizar unha adaptación de material ao posibilitar a creación, modificación e reutilización dos obxectos de aprendizaxe, facilitando a atención á diversidade dos nosos alumnos e alumnas.

A comunidade educativa pode compartir contidos de maneira sinxela e de acordo con estándares recoñecidos e integrarse en redes de coñecemento internacionais, o que permitirá enriquecer a labor docente.

contexto educativo

beneficios para o alumnado

comunidade educativa

Os contidos dixitais educativos poden experimentarse na aula introducindo ferramentas de comunicación e soportes atractivos, que aumentan a súa motivación. Tamén poden utilizarse fóra da aula, converténdose nunha ferramenta de axuda ás tarefas escolares e adecuada para o apoio do alumnado con diferente ritmo de aprendizaxe.

Os fonemas do francés: Ensino Oficial de Idiomas/Francés/Nivel básico

Os textos instrutivos: Educación Primaria/ Primeiro ciclo/Lingua castelá e Literatura

O traballo: Educación Primaria/Terceiro ciclo/ Educación para a cidadanía.

Busca, comparte e participa en www.proyectoagrega.es

é un proxecto desenvolvido dentro do marco do Plan Avanza financiado mediante o Programa Internet na Aula, e impulsado a través dun convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial red.es, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, e as Comunidades Autónomas.

Related Documents

Folleto Gallego
May 2020 6
Gallego
May 2020 11
Traballo Gallego
November 2019 16
Laura Gallego
May 2020 12
Parlamento Gallego
May 2020 9
Laura Gallego
May 2020 23

More Documents from ""

May 2020 8
May 2020 10
June 2020 11
Folleto Gallego
May 2020 6