Follas

  • Uploaded by: Ramón Torrado
  • 0
  • 0
  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Follas as PDF for free.

More details

  • Words: 620
  • Pages: 3
Follas (o desasosego) (para cantar coa melodía de “A Rianxeira”) Folliñas veñen, folliñas veñen Folliñas veñen e van Non pasees polo mon-te-e Que te vas a marear Nas revistas de benestar e autoaxuda, o outono é un tempo de serenidade, unha ocasión para poñerse un contemplativo vendo como caen as follas. Os corpos espidos do verán comezan a cubrirse mentres que as árbores van quedando núas. As cores rechamantes deixan paso aos tons discretos e calmados. Pero o outono é en realidade o preludio do inferno que o período invernal representa para moita xente. Hai quen deixa os ánimos e di adeus á vida por sentirse sen forzas para pasar unha vez máis esa escuridade, o frío e a chuvia, os días sen luz e sen sol, a negrura vital que causa suicidios en países lonxanos. Entra un certo desasosego. Chega un vento áspero ata os ósos. E un desamparo vital profundo. Amiga ou amigo de Certo (como tod@s levamos un neno dentro, fálote de ti): se tes agora mesmo a alma sensible, ou se é así a todas horas, non leas o que queda de texto. Xa chega ben con tódalas traxedias e vergonzas que veñen a diario nos medios de comunicación e na rede para sufrir. A información con frecuencia non é algo positivo para o espírito. A min obsesióname tanto o tema do

lado escuro - que as enciclopedias non contan – dos ídolos e dos mitos que escribín unha novela, O esqueletonista, sobre o tema. De que vale saber que Audrey Hepburn era unha amarrada cos cartos? Que Mel Gibson é machista e homófobo? Entereime o pasado sábado, 3 de setembro, polo escritor arxentino Alberto Manguel (nun artigo sobre o Nobel de Literatura V.S. Naipaul, de Trinidade e Tobago – un mal bicho como persoa, ao parecer) que o admiradísimo William Shakespeare era pouco menos que un desalmado usureiro e que o delicado poeta Paul Verlaine mallaba a paos á súa muller preñada. Xa hai anos que escoitei que algúns sagrados autores do Século de Ouro español falaban moi mal dos galegos. Sei por información privilexiada (o meu amigo mindoniense, o gardián do Códice Calixtino José María Díaz Fernández atopou un manuscrito inédito no forro dun libro na cidade de A Coruña) que o gran Quevedo era un furibundo antisemita. No texto aconsella que pasen polo coitelo aos xudeos de Madrid. Documentos desclasificados en Rusia amosan que o meu escritor masculino favorito Anton Chéghov estivo con unhas 500 prostitutas, o cal non é nada comparado co creador belga do Inspector Maigret, Georges Simenon, que tivo relacións con 10,000, segundo propia confesión. Como é cada persoa por dentro? Nun anuncio da televisión, dentro dun ascensor, un neno pequeniño pregúntalle á súa nai en voz alta sobre o home que está tamén dentro con eles dous: “Mamá: iste é o señor que sempre dis que está coma un tren?”

A fraxilidade humana, estamos feitos de lama e de soños. E estamos rodeados. Claustrofobia e agorafobia dentro de nós. Non leas o que ven a continuación, por favor, se es de natureza hipersensible. Temos millóns de ácaros no noso corpo. Unha compañeira, profesora de Bioloxía, contou un día que tamén temos moitos nas perfebas. Nas perfebas! Vendo como cada semana se van persoas famosas ou coñecidas, como xente de tódalas razas e tendencias sofre desgrazas e devastación, como é que o seres humanos non nos axudamos máis, non nos queremos máis? Cando hai poucos días lle comentei o pasamento do amable dono do restaurante Casa Pachín de Taragoña a un operario da estación de servizo de Boiro, iste díxome: “Así nos pasará a todos. E, na vida, sempre a loitar os uns cos outros. E para que? Para nada”.

Related Documents

Follas
June 2020 1

More Documents from ""

Bb-02b_02_mapa_riesgo
June 2020 11
Convertidor Dcdc.docx
December 2019 15