ESTUDO SOBRE AS ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA NAS BIBLIOTECAS DE GALICIA
ESTUDO SOBRE AS ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA NAS BIBLIOTECAS DE GALICIA
ÍNDICE
PRESENTACIÓN
2
1. OBXECTIVOS
3
2. ANÁLISE DA REALIDADE
4
3. PROPOSTAS DE ACCIÓN
11
ANEXOS I. ENQUISA
12 13
II. RESPOSTAS DE GALICIA ESPECIFICADAS POR PROVINCIA 17
2
PRESENTACIÓN No 2º encontro de traballadoras e traballadores das bibliotecas municipais celebrado en Santiago de Compostela o 28 de outubro de 2006 acordouse a creación de varios grupos de traballo para analizar a situación das bibliotecas galegas: formación do persoal, perfil profesional e extensión bibliotecaria. O grupo de traballo sobre Extensión Bibliotecaria quedou conformado polas seguintes persoas: Coordinador: Anxo Alberte Gil (Biblioteca de Baiona) Mónica Carballo (Biblioteca do Saviñao) Josefa Fernández (Biblioteca de Muros) Anayansi Expósito (Biblioteca de Rois) Sofía Carou (Biblioteca de Rianxo) Chus Teijo (Biblioteca de Montealto, A Coruña) Este grupo elaborou un modelo de enquisa que foi enviado a tódalas bibliotecas das que se posuían datos de contacto (ver Anexo I). Por provincias recibíronse: -A Coruña: -Lugo: -Ourense: -Pontevedra:
18 enquisas 13 enquisas 4 enquisas 13 enquisas
Do total de enquisas enviadas, foron 48 as enquisas cumplimentadas, o que supón máis de 50 bibliotecas e axencias de lectura.
3
1. OBXECTIVOS Os obxectivos da enquisa eran: - Obter información do maior número posible de bibliotecas, posto que se detectou que a guía de bibliotecas contén datos de bibliotecas que non están en funcionamento. - Analizar as diferenzas entre as bibliotecas en función do número de horas que abren ó público e as actividades que se realizan. - Determinar o estado actual do traballo de animación que se está a desenvolver nas bibliotecas galegas - Establecer uns perfís-tipo de usuarios participantes e ver se hai algún sector poboacional que queda á marxe na programación das bibliotecas. - Establecer un listado de actividades que se están a desenvolver nas bibliotecas. - Establecer un listado de actividades que se consideran de interese para as bibliotecas. - Determinar se as bibliotecas dispoñen de espazos propios para a realización das actividades e a que espazos fóra da biblioteca acoden para facer as actividades. - Determinar os criterios que inciden na oferta de actividades das bibliotecas. - Analizar necesidades/deficiencias que detectan os profesionais das bibliotecas para o desenvolvemento das actividades de extensión bibliotecaria. - Facilitarlle á administración unha ferramenta de traballo para a programación de actividades que sexan consideradas de utilidade polos profesionais das bibliotecas.
4
2. ANÁLISE DA REALIDADE Tal e como se amosa no anexo 1 do informe, o primeiro apartado refírese aos datos de identificación, no cal todas as bibliotecas responderon ás cuestións realizadas. Hai tal heteroxeneidade en canto a número de horas semanais de apertura, horarios e días de apertura ó público das bibliotecas, que non podemos establecer un patrón máis alá de que: a maior parte delas abren de luns a venres as que abren o fin de semana maiormente abren só o sábado pola mañá non todas teñen un horario diferente no verán o número de horas de apertura vai desde 10 ata 65 horas semanais nº de bibliotecas segundo horas de apertura 9
Pontevedra 2
Ourense
1 2 1
2 0 5
Lugo
6
1 2
11
A Coruña
6
6
2
0
25 A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
sen datos
2
2
0
1
ata 20 horas
6
1
0
2
ata 30 horas
6
6
2
1
máis de 30 horas
11
5
2
9
A maioría das Bibliotecas que responderon ao apartado 2 da enquisa realizan actividades de extensión bibliotecaria. Destaca o carácter puntual das mesmas, así como a falta de contabilización dos usuarios que participan. As actividades, maioritariamente, execútanas ou desenvólvenas os propios bibliotecarios, os responsables da biblioteca, xa que en escasas ocasións se contrata monitoraxe específico (apartado 2.9).
5
PREVISION ACTIVIDADES 25
20
15 PREVISION ACTIVIDADES 10
5
0 anual
sem
trim
estiv
punt.
outros
Achacamos esta situación aos escasos recursos económicos e materiais que reflicten as respostas do apartado 2.16, e supón que tamén exista a queixa xeneralizada da falta de tempo material tamén presente en dita cuestión.
No tocante ao perfil de usuarios e usuarias que participan nestas actividades (apartado 2.4), pódese establecer que: o colectivo infantil e xuvenil son os que contan con maior oferta e demanda de actividades colectivos como adultos ou persoas maiores se deixan en segundo plano. As actividades-tipo máis contabilizadas (apartado 2.5) son: os contacontos (principalmente infantís), os clubes de lectura, a presentación de libros e as charlas e conferencias (nestes tres últimos casos máis para persoas adultas que para a infancia).
6
AC T IV ID AD E S D E P R OM OC IÓN A L E C T U R A
OU TR OS 18%
C ON TA-C ON TOS 25%
CLUB DE L EC TU R A 6%
C H AR L AS E C ON FE R E N C IAS 26%
P R ES E N TAC IÓN D E L IBR OS 25%
CLUB DE LECTURA CONTA-CONTOS
Clubes de lectura Infantil e xuvenil 14%
Contacontos adultos 3%
Contacontos Infantil e xuvenil 97%
Clubes de lectura adultos 86%
PRESENTACIÓN DE LIBROS Presentacio n de libros Infantil e xuvenil 39%
Presentacio n de libros adultos 61%
C H A R L A S E C O N F E R E N C IA S
C h a r la s e c o n fe r e n c i a s a d u lto s 61%
C h a r la s e c o n fe r e n c i a s In fa n til e X u v e n il 39%
7
OUTRAS ACTIVIDADES
Conta-contos en inglés 2%
Hora de lectura 2%
Bibliopiscina 2%
Colaboración con centros de ensino 4%
Títeres e teatro 4%
Cursos 2%
Visitas ás bibliotecas 7%
Exposicións 11%
Diplomas 2% Concursos 9% Proxeccións de cine 9%
Encontros con escritores 2%
Obradoiros sobre entroido, nadal... 33% Certames de postais, debuxo, poesía e narración 9%
Trípticos e guías de lectura sobre personaxe de importancia ou eventos 2%
Os espazos utilizados para desenvolver ditas accións de extensión bibliotecaria (apartado 2.6 e 2.7) son a propia biblioteca en primeiro lugar, seguida doutros espazos próximos á mesma (no mesmo edificio, nas inmediacións), como poden ser auditorios, salas de lectura, locais das casas de cultura... CELEBRACIÓ N DE ACTIVIDADES
NINGUNHA 15%
ACTIVIDADES DENTRO E FORA DA BIBLIOTECA 43%
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA 36%
ACTIVIDADES FORA BIBLIOTECA 6%
Os criterios de selección que decantan a oferta das actividades (apartado 2.8), redúcense a dous: a propia demanda das actividades e o propio criterio profesional dos bibliotecarios e bibliotecarias. 8
CRITERIO S DE SELECCIÓ N DE ACTIVIDADES
O UTR OS 13%
D EM AND AS D O S U SU AR IOS 40%
PR O FESIO N AL 39%
PO LÍTIC O 8%
Na pregunta referida ós recursos para a realización das actividades (apartado 2.9) refírese que en escasas ocasións se contrata monitoraxe (para sesións puntuais de contacontos, obradoiros de manualidades...) sendo en moitos casos o propio bibliotecario o que tén que desenvolver as actividades. Ás veces conta coa colaboración de compañeiros municipais para a execución das mesmas (animador/a xuvenil, asistente social...), e en moi contadas ocasións contan coa axuda de voluntarios ou persoal en prácticas. En relación cos recursos, está tamén a pregunta do apartado 2.16, referida ós inconvenientes para a organización das actividades, respostas reflectidas no seguinte cadro:
Inconvenientes para a realización de actividades
tempo 20%
persoal 20% formación 17%
recursos económicos 23%
recursos materiais 20%
Cando se lles pregunta por se comparten actividades con outras entidades (apartado 2.11 e 2.12), a respostas positivas (a metade dos casos) destacan os centros educativos (na súa labor conxunta de traballo coa poboación infantil en actividades como clubes de lectura, contacontos, teatro...), as casas de cultura... a colaboración, en actividades como os obradoiros, baséase no intercambio de materiais, bibliografía, mentres que no caso de contacontos, tamén se refire ao propio cese dos libros traballados. 9
Finalmente, unha actividade concreta como son os clubes de lectura (apartados 2.5 e 2.15), están presentes en 7 das bibliotecas. Do total de bibliotecas que responden á pregunta 2.15, 33 din que estarían interesadas en potenciar este tipo de acción, e só 2 din que non (probablemente porque supón un incremento da carga de traballo que xa soportan), mentras que 9 non responderon. Cando se pregunta por outras cuestións (apartado 3) non incluídas en apartados anteriores, moi poucas bibliotecas contestan. Na pregunta referida ás suxerencias de actividades, remiten ó respondido no apartado 2.10.
Concluíndo: De tódalas enquisas recibidas, destaca a escasísima participación das bibliotecas da provincia de Ourense. É destacable o feito de que moitas bibliotecas contestaran que non facían extensión bibliotecaria e nas preguntas específicas de actividades indicaran que sí se fan actividades, do cal se deduce que: non se valoran as actividades que se realizan como actividades de extensión bibliotecaria e nalgúns casos non se comprendeu o concepto de “extensión bibliotecaria”. A heteroxeneidade de horarios, horas semanais e días de apertura, é tal, que se fai difícil establecer uns patróns comúns que faciliten o desenvolvemento de iniciativas axeitadas para a totalidade das bibliotecas. O cal unido ó escaso apoio por parte dos concellos fai que o persoal bibliotecario se sinta un pouco illado, mal valorado como profesional, e desmotivado á hora de introducir novidades ou planificar actividades, posto que moitas veces isto se fai a costa dun inmenso traballo e sacrificio persoal (incluso fóra do horario laboral) do que non ven un recoñecemento. O feito de que a maioría das actividades de extensión bibliotecaria as realice o propio persoal bibliotecario, implica que ás tarefas propias do seu posto hai que engadirlle as de programar, organizar e incluso executar as actividades de animación; e todo iso dentro do propio horario, moitas veces reducido, que tén establecido para a atención da biblioteca. Esto incide negativamente: - Na sobrecarga do persoal, e no seu sentimento de ser ‘persoal multifunción’ e recibir pouco recoñecemento da súa labor e da súa profesionalidade. - Na correcta posta ao día e na resposta ás outras necesidades da biblioteca. - Na propia realización das actividades, ás que se lles restan medios de adicación e tempo. Esta situación pódese relacionar cos escasos recursos económicos e materiais que reflicten as respostas do apartado 2.16, e que supón ademais que exista a queixa xeneralizada da falta de tempo material (presente tamén nese punto).
10
No referido ós recursos para a realización das actividades (apartado 2.9) existe unha crítica xeneralizada nas respostas, como se comentaba anteriormente, pois en escasas ocasións se contrata monitoraxe (sesións puntuais de contacontos, obradoiros de manualidades...) sendo en moitos casos o propio bibliotecario o que tén que desenvolver as actividades (desde a planificación, á organización e á súa execución). Nalgúns casos conta coa colaboración de compañeiros municipais para a execución (animador/a xuvenil, asistente social...) aínda que ningún deles teña nas súas funcións contractuais o desempeño desta labor, nin a formación en moitos casos (a autodidáctica é un ben empregado). É tamén recalcable que se conte moi poucas veces con persoal voluntario ou en prácticas. Relacionado con este aspecto, no apartado 2.16 queda de manifesto que nas bibliotecas existe unha carencia xeralizada de todo tipo de recursos. Quizais sexa a falta de recursos económicos a máis relevante das carencias porque repercute en tódolos demais: na falta de recursos materiais (se non hai cartos non se pode comprar) na falta de tempo (non se amplía o horario ó persoal que traballa a media xornada nin se lle recoñecen horas extras para a realización de actividades) na falta de persoal (nin se amplía a xornada ó persoal que traballa a media xornada nin se contrata a máis xente, aínda que sexa exclusivamente para a realización das actividades) Non se pode esquecer tampouco a falta de formación específica do persoal para a realización das actividades, algo lóxico se temos en conta que non é unha das funcións propias do posto de traballo. No tocante ás suxerencias de actividades feitas polas bibliotecas, estas pódense clasificar en: Actividades relacionadas cos usuarios: Contacontos Charlas e conferencias Exposicións conmemorativas Representacións teatrais Internet Actividades relacionadas cos libros e a lectura: Obradoiros de creación literaria (narración, poesía, teatro, ilustración...), lectura e redacción. Encontros con autores, ilustradores, periodistas...; presentación de libros nas bibliotecas Clubs de lectura Exposicións de libros Feiras do libro Concursos e certames literarios Sacar os libros fóra das bibliotecas; crear e difundir outros espazos de lectura (bibliopraias, biblioprazas, bibliopiscinas, bibliobus,...)
11
Actividades relacionadas coas bibliotecas: Alfabetización informacional Formación de usuarios e visitas guiadas Moitas bibliotecas insisten en que as actividades as realice persoal capacitado e formado para iso. Constátase: A escaseza de oferta dirixida ao público da terceira idade e a necesidade de atraer a dito público. A dificultade de captar á xente moza, o que, entre máis razóns, pode deberse ao feito de que nas bibliotecas se lles ofreza un fondo anticuado.
3. PROPOSTAS DE ACCIÓN - Profesionalización do perfil profesional do bibliotecario e definición de funcións. - Fomentar a formación profesional: •
Co obxectivo de acadar unha mellor capacitación profesional.
•
Como vía de intercambio de experiencias entre profesionais: a.- A través xornadas,...).
de
encontros
formativos
(cursos,
congresos,
b.- A través de intercambio de profesionais (como se fai por exemplo na comunidade andaluza, do que resulta un importante crecemento da valoración da función dos bibliotecarios, e da súa experiencia e satisfacción personal). Para todo isto se podería contar coa colaboración non só de Universidades, senon tamén doutras entidades como fundacións (Caixanova, Caixa Galicia, Fundación Barrié...), Confederación de Municipios e Provincias, ... - Contratación de profesionais especializados na realización de actividades de extensión bibliotecaria. - Cursos de formación específica con profesionais especializados na materia, no caso de que os bibliotecarios teñan que realizar este tipo de actividades. - Concienciación políticas interbibliotecarios...).
dos
gastos
xerados
na
biblioteca
(préstamos
- Subvencións para o transporte de fondos para os clubes de lectura –creación dalgunha liña de convenio con empresas de mensaxería–. - Fomento de liñas de acción de extensión bibliotecaria nas actividades máis demandadas, a saber:
12
o Clubes de lectura (principalmente xuvenís porque é un sector poboacional moi difícil de “enganchar”). o Contacontos (centrados en nenos a partir dos 7/8 anos, pois aos menores xa se lles ofrecen máis a cotío). o Encontros con autores /ilustradores. o Presentacións de libros. o Exposicións e obradoiros. o Concursos e certames. - Estas actividades deberían ser ofertadas para os diversos colectivos, facendo fincapé na xuventude, adultos e terceira idade (necesidade de fomentar accións interxeracionais).
13
ANEXOS I. Enquisa II. Reconto de respostas a nivel de Galicia, especificando por provincias
14
ANEXO I ENQUISA DE EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA PARA OS RESPONSABLES DAS BIBLIOTECAS/ PUNTOS DE LECTURA MUNICIPAIS Estimado/a compañeiro/a: A Comisión de Extensión Bibliotecaria integrada no Grupo de Traballo de Bibliotecas Municipais de Anabad-Galicia desexa elaborar unha análise das necesidades de actividades de animación das bibliotecas municipais para o que se elaborou este modelo de enquisa. Esta enquisa ten por obxecto concretar as actividades que realizan as bibliotecas coa finalidade de comprobar as necesidades e poder compartir recursos entre todas. É por iso que solicitamos que respondas con total sinceridade ás cuestións aquí recollidas, de cara a poder analisar a situación real que estamos a vivir nas bibliotecas Gracias de antemán pola túa colaboración.
1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN 1.1.- Nome da Biblioteca Pública Municipal: 1.2.- Nome da persoa responsable: 1.3.- Datos de contacto: - Enderezos da biblioteca e/ou dos puntos de lectura - Teléfonos e Fax - E-mail: * En caso de non dispor de correo electrónico na biblioteca indica por favor un email de contacto
15
1.4.- Días e Horas de apertura: 2. EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA 2.1.-Realízanse na túa biblioteca actividades de extensión bibliotecaria? SI □ NON □ 2.2. A previsión destas actividades en forma de planificación ten un carácter: □ Anual □ Semestral □ trimestral □ Estival □ Puntual □ Outro (indícao) 2.3.- Contas con usuarios/as animados a participar nas actividades? SI □ NON □ 2.4. En caso afirmativo, cal é o perfil destes usuarios/as? □ Infancia □ Xuventude □ Adultos/as □ Persoas maiores □ Outros colectivos (mulleres, emigrantes, ...). Indícao:
2.5.-Enumera actividades de promoción á lectura que se están a realizar: □ Contacontos □ Infantil e xuvel □ Adultos □ Clubes de lectura □ Infantil e xuvel □ Adultos □ Presentación de libros
□ Infantil e xuvel □ Adultos □ Charlas e conferencias □ Infantil e xuvel □ Adultos □ Outros (indícao)
2.6.-Cal das indicadas realizas na biblioteca? □ Todas: □ Só determinadas (indícao):
16
2.7. En caso de utilizar outros espazos fora da biblioteca, de cales se tratan? Descríbeos brevemente.
2.8. Cal é o teu criterio de selección de ditas actividades? □ Demanda dos/as usuarios/as □ Político □ Criterio profesional □ Outros (indícao) 2.9.- Con que recursos humanos contas para a súa realización? □ Monitoraxe contratado □ Compañeiros da biblioteca □ Eu mesmo/a □ Voluntariado □ Persoas en períodos de prácticas □ Outros (indícao) 2.10.- Como profesional, que actividades che gustaría realizar de extensión bibliotecaria?
2.11.-Compartes actividades e/ou recursos con outras entidades (bibliotecas, asociacións...)? SI □ NON □ 2.12.- En caso afirmativo, podería indicar que tipo de actividades e con que entidades?
2.13.- Poderías compartir algunha das actividades ou experiencias realizadas na túa biblioteca? SI □ NON □ 2.14.- Se é afirmativo por favor especifica cales.
17
2.15.- En caso de non existir, estarías interesado en formar clubes de lectura para intercambio de libros? SI □ NON □ 2.16. Que inconvenientes atopas no teu labor de organización das actividades? □ Escasos recursos económicos □ Escasos recursos materiais □ Falta de formación especializada □ Falta de persoal □ Falta de tempo □ Outros (indícao)
3. OUTRAS CUESTIÓNS 3.1.-Suxerencias de actividades de extensión bibliotecaria
3.2.-Recursos bibliográficos ou web de extensión bibliotecaria
Por favor envía a enquisa cumprimentada aos seguintes enderezos: Grupo de Traballo de Extensión Bibliotecaria: • Coordenador: Anxo Alberte Gil (Biblioteca de Baiona): 986356878, e-mail:
[email protected] • Mónica Carballo (Biblioteca do Saviñao): 982452324, e-mail:
[email protected] • Josefa Fernández Fernández (Biblioteca de Muros): 981762313, e-mail:
[email protected] • Anayansi Expósito Singh (Biblioteca de Rois): 676445811, e-mail:
[email protected] • Sofía Carou Ces (Biblioteca de Rianxo): 981860272, e-mail:
[email protected]
18
ANEXO II RESPOSTAS – GALICIA1 1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN [Omítense os datos deste apartado, por ser excesivamente extenso, e non permitir reconto] 2. EXTENSIÓN BIBLIOTECARIA 2.1.-Realízanse na túa biblioteca actividades de extensión bibliotecaria? 16+10+3+12 SI □ 1+3+1+1 NON □ 0+0+0+0 N/C□
2.2. A previsión destas actividades en forma de planificación ten un carácter: 9+2+0+3 □ Anual 0+1+1+0 □ Semestral 1+1+0+4 □ trimestral 2+1+1+1 □ Estival 7+8+1+5 □ Puntual 3+2+0+0 □ Outro (respostas indicadas): - Non especifica - Mensual, - Non solemos ter, pero si as tivesemos virian impostas por un administrativo de cultura - En épocas de vacacións, mes de maio e días sinalados. (Marca tamén puntual.) - En función da saturación de traballo, a maior parte das actividades organízanse en datas sinaladas, pero preparadas dentro do último mes previo á data. 2+3+1+2 N/C□
2.3.- Contas con usuarios/as animados a participar nas actividades? 12+10+3+10 SI □ 4+1+1+2 NON □ 2+2+0+1 N/C□
1
NOTA: As respostas contabilízanse A Coruña+Lugo+Ourense+Pontevedra
19
2.4. En caso afirmativo, cal é o perfil destes usuarios/as? 13+10+3+10 □ Infancia 2+8+3+4 □ Xuventude 5+2+0+4 □ Adultos/as 1+1+0+1 □ Persoas maiores 2+0+0+0 □ Outros colectivos (mulleres, emigrantes, ...). Respostas indicadas: - Puntualmente dirixense a colectivos concretos - Mulleres. Para xóvenes organizamos a través dos institutos 5+0+0+0 N/C□
2.5.-Enumera actividades de promoción á lectura que se están a realizar: 11+8+3+11 □ Contacontos 10+6+3+11 □ Infantil e xuvel 1+0+0+0 □ Adultos 0+2+0+0□ Non especifica 5+1+0+ 2 □ Clubes de lectura 1+0+0+0 □ Infantil e xuvel 2+0+0+2 □ Adultos 2+1+0+0 □ Non especifica 11+6+1+14 □ Presentación de libros 3+2+0+6 □ Infantil e xuvel 7+2+0+8 □ Adultos 1+2+1+0 □ Non especifica 14+9+ 0+ 9 □ Charlas e conferencias 5+3+0+2 □ Infantil e xuvel 9+3+0+6 □ Adultos 0+3+0+1 □ Non especifica
6+5+2+9 □ Outros (Respostas indicadas): - Bibliopiscinas, antroido e nadal con desfiles e actividades relacionadas. Visitas ás bibliotecas, exposicións e visitas polo concello cos coles e adultos (clubes lectura), proxeccións de cine - Campañas de animación á lectura para Educación Infantil e Primaria, encontros con escritores, realización de trípticos e guías de lectura sobre personaxes de importancia ou eventos (nadal, día da ciencia, mundiales de fútbol...) - Neste intre estamos a promover unha ludoteca para o Nadal que funcionará ós sábados - Encontros-taller de ilustración, enmarcados en exposicións de ilustración infantil e xuvenil. Trátase de chegar á lectura a través da ilustración. Teñen periodicidade anual, desenvólvense cada mes de abril, dentro das actividades do mes do libro. - Diplomas SUPERMOUCHO e lotes de libros. Entréganse a finais de xuño, a aqueles lectores e lectoras, de calquer idade, que máis libros levaron en préstamo ao longo dun ano. O de Supermoucho é porque a nosa “mascota” chámase MOUCHO LEROUCHO. Pasa as noites a ler nas bibliotecas de Cambre, porque os mouchos pola noite están espertos; ten como lema “Un libro sempre comigo”. - Cuenta - cuentos en inglés, Visitas escolares - Nos meses de veran animacion a lectura infantil e xuvenil - Talleres de ilustración, exposicións bibliográficas, actividades plásticas e manuais, campañas de animación á lectura, etc. - Cursos de mecanografía por ordenador
20
- Hora de lectura, (donde un adolescente lee un libro a un niño pequeño - Visitas escolares periódicas con actividades puntuais - Teatro, manualidades, audicións, proxección de películas, pintura - Visitas guiadas - Obradoiros de debuxo de contos, manualidades relacionadas, certames de narración, debuxo e poesía, ... - Obradoiros de lectura e debuxo en datas concretas : Letras Galegas, Día do Libro... - Xogos, manualidades, documentales e películas, concurso de contos e debuxos para o nadal (infantil e xuvel) - Exposición libros, pintura mural, pintura, talleres infantiles - Visitas organizadas polos colexios non so de Baiona senón da comarca. Certames de postais e de contos. - Películas, talleres de escritura creativa para nenos levados a cabo polo persoal da biblioteca, concursos, exposicións - Concurso de debuxo (infantil); Obradoiro de máscaras de entroido; Obradoiro de postais de Nadal; Proxección de Cinema - Cine adultos e infantil en vacacions - Títeres, teatro, certame de novela curta “Manuel Lueiro Rey”, Certame infantil de poesía, concursos... - Colaboración cos centros de ensino - Obradoiros varios - Obradoiros diversos - Obradoiros e actividades como murais, marcapáxinas... 0+3+2+0 N/C□
2.6.-Cal das indicadas realizas na biblioteca? 8+6+3+7 □ Todas: 5+2+1+2 □ Só determinadas (indícao): 3+2+1+0 N/C□
2.7. En caso de utilizar outros espazos fora da biblioteca, de cales se tratan? Descríbeos brevemente. - Todas as actividades se realizan na biblioteca, escolas unitarias, garderías, locais sociais e no verán nas piscinas e áreas recreativas do concello. - Traballamos cos colexios do Concello. - No ximnasio vaise a instalar a ludoteca. - Fronte á Biblioteca Central temos unha Sala de Exposicións que utilizamos para aquelas actividades que non podemos facer na sala de lectura. - Fanse tódalas actividades desde hai un tempo, na ludoteca e biblioteca infantil, así como tamén no Pazo da Cultura que é o que está agora de moda: presentación de libros, contacontos, talleres, etc... Mesmo as campañas de animación á lectura da Xunta se facian ultimamente na ludoteca. - No mes de xuño-uns días – faise a Biblioplaza nun parque preto da biblioteca.
21
- Salón de actos da Casa da Cultura situado na planta baixa do edificio no que se atopa a biblioteca. - Local anexo por dispor de maior espazo. - Auditorio, situado na parte baixa do mesmo edificio. - Tratase das tres escolas unitarias de nenos de 3 a 5 anos de idade en Covas, Aro e Pesadoira a donte cada quince dias nos meses lectivos lles levo un lote de contos e outra literatura axeitada a súa idade asi como DVD infantis que distan da Biblioteca 3, 7 e 15 quilometros, respectivamente. Tamen no Nadal a unha escola proxectamoslle unha pelicula no Auditorio da Casa da Cultura cunha pequena merendola tanto á mestra como as nais dos rapaces, O ultimo dia de escola nas vacacions de Nadal contribuimos con representacións dos Reis Magos en ditas escolas. - Un Teatro anexo a unha biblioteca. - Unha aula que está nos baixos da Biblioteca. As veces tamen o salópn de actos que está na casa de cultura. - Salas dentro del recinto de la Asociac. Recreativa y Cultural donde está ubicada la Biblioteca. - unha sala que o Concello cede para pintura no verán - salón de actos - salón de actos - Algunhas veces exposicións no hall do centro sobre todo o día das letras galegas - salón de actos casa da cultura - Centro sociocultural - auditorios da Casa da Cultura - Son na casa de Cultura ou no concello, ou a pintura mural ó aire libre, as exposicións, presentación libros, talleres - Exposicións no auditorio onde tamén se realizaron outras actividades por cuestións de capacidade. - Algúns concursos leváronse aos centros de ensino. - Unha vez ao ano a biblioteca instalase no mercado (bibliomercado) - En distintas épocas do ano, poñemos un posto con libros na sala de espera de pediatra no centro de saúde. - No verán, as actividades con nenos fanse no xardín. - As escolas (fixemos unha actividade polo día do libro en colaboración cos Centros de Ensino da localidade). - O auditorio do Edificio Multiusos (onde tamén está a Biblioteca) - A aula de cerámica do Edificio Multiusos - Auditorio no mesmo edificio da biblioteca e nas aulas do colexio de Covelo. - Ao aire libre - Casa do Concello - Museo da Salgazón - Centros de Ensino - Salón de Actos de Centro Cultural - Auditorio que pertenece as “Esclavas da Virxe Dolorosa”. Esta pretiño da Biblioteca - Auditorio - Sala de ordenadores e unha sala de usos múltiples, bastante amplia - Unida la casa de Cultura
22
- No mesmo edificio onde está a Biblioteca hai outros espazos a empregar: teatro, salas de xuntas, salon de actos, sala exposicións, etc
2.8. Cal é o teu criterio de selección de ditas actividades? 10+7+3+6 □ Demanda dos/as usuarios/as 2+3+0+2 □ Político 9+5+2+10 □ Criterio profesional 5+2+0+1 □ Outros (indícao) _ Informar aos usuarios de cousas puntuais, manter unha relación continua especialmente có usuario infantil - As actividades veñenme impostas desde cultura por persoas que deben saber moito mais ca min o que necesitan os usuarios da biblioteca xa que eu propoño e eles mandan o que lles da a gana - Persoal co que contamos, económico - Ven preparadas por algún organismo público - Acordos con editoriais - Iniciativa propia - Organizámolas dacordo cos gustos dos usuarios e tendo en conta a disponibilidade de espazo co que contamos. Hai outras actividades que nos gustaría realizar pero contamos con poucos recursos. Non especifica 1+2+0+1 N/C□
2.9.- Con que recursos humanos contas para a súa realización? 6+3+0+6 □ Monitoraxe contratado 7+1+1+7 □ Compañeiros da biblioteca 12+12+3+13 □ Eu mesmo/a 2+2+1+1 □ Voluntariado 2+0+0+0□ Persoas en períodos de prácticas 4+3+1+2 □ Outros (indícao) - Resposta: usuarios das bibliotecas - Resposta: O monitor que traballa na biblioteca, so atende ó público. Os demáis monitores do concello, non pisan a biblioteca. - Resposta: unha compañeira que e psicóloga - Resposta: Asociacions culturais desta Vila - Resposta: Compañeiros que traballan na Casa da Cultura e que se prestan a participar nas actividades posto que o seu traballo permítelles dispoñer de tempo para colaborar nas actividades da biblioteca. - Resposta: encargada oficina xuvenil - Resposta:. algunhas veces nos obradoiros para os máis pequenos colaboran excepcionalmente os pais/nais que o pasan mellor cós fillos - Resposta: persoal da casa de Cultura - Resposta: Persoas contratadas no plan cooperación
23
- Resposta: nalgunhas ocasións axúdame unha traballadora do concello, concretamente dos Servizos Sociais 1+1+0+0 N/C□
2.10.- Como profesional, que actividades che gustaría realizar de extensión bibliotecaria? Resposta: - Actividades relacionadas coa difusión da información; boletins de novidades, boletins de materias/temáticas, guías de lectura, difusión selectiva da información. - Actividades relacionadas co multiculturalismo e a integración de colectivos desfavorecidos; aproximación a lecturas dos países dos usuarios, bebeteca, escola de pais e nais, clubes de lectura xuvenil, obradoiros de lectoescritura infantil e xuvenil... Resposta: - Clubes de lectura, animación para adultos Resposta: - Contacontos e obradoiros orientados ós mais novos, con persoal formado e capacitado para dinamizar. - Representacións teatrais - Internet para a terceira idade Resposta: Na actualidade non podería realizar ningunha máis, debido ao pouco persoal. No punto 2.5: - Encontros-taller de ilustración, enmarcados en exposicións de ilustración infantil e xuvenil. Trátase de chegar á lectura a través da ilustración. Teñen periodicidade anual, deenvólvense cada mes de abril, dentro das actividades do mes do libro. - Diplomas SUPERMOUCHO e lotes de libros. Entréganse a finais de xuño, a aqueles lectores e lectoras, de calquer idade, que máis libros levaron en préstamo ao longo dun ano. Resposta: - Xa intentei facer un Clube de lectura e mandáronmo parar, agora parece ser que podo volver a intentalo. - Por ex.contacontos pero no trae 1 compañia que eu non noto para nada que se incremente o interes por ler. O que pasa que tal como é o espacio da biblioteca non é osible dado que a xente protesta. - Tamen me gustaría facer exposicións de libros se fixeron algunhas veces pero non eño espacio fixo Resposta: - contacontos Resposta: - Clubes de lectura, - encontros con autores e ilustradores, - exposicións conmemorativas, - feiras do libro, - colaboración con outras entidades, - obradoiros de creación literaria... Resposta: Calquera que trouxera á xuventude e adultos á biblioteca : - talleres,
24
- cursos de informática básica para manexar os equipos, - grupos de axuda para facer traballos, - manexo da información de internet, búsquedas en internet e nas fontes de información, - concursos de comic, - visitas guiadas e - cursiños nos centros escolares sobre como utilizala biblioteca, .... Resposta: Primeiro dispor de tempo. Ademais do adicado as tarefas propias da biblioteca para as actividades requirese tempo e adicacion e su soa non podo con todo. Resposta: - Club de lectura Resposta: Contribuir a dota-los locais sociais e teleclubs das parroquias cunha pequena biblioteca, de feito xa se pensou hai anos, pero tiña que facelo unha persoa soa e iso leva moito tempo para levar e recoller libros como nas escolas unitarias e levar un control xunto cos responsables deses centros e non habia nin xente nin colaboración, asi como tampouco algo de diñeiro para os gastos . Resposta: - Alfabetización informacional Resposta: - Clubes de lectura, - encontros con autores e ilustradores, - exposicións conmemorativas, - feiras do libro, - colaboración con outras entidades, - obradoiros de creación literaria... Resposta: - Clubes de lectura. - Animación a lectura con contacontos profesionais. - Presentación de libros polos propios autores para nenos, xuvenis, adultos e maiores - Visitas de escritores, debuxantes, periodistas... Resposta: - Club de lectura e - contacontos Resposta: - Animación a lectura; - contacontos; - charlas coloquio con persoas maiores Resposta: - Lecturas o aire libre, comentario de libros en espacios fora da biblioteca - Levar a lectura a centros de terceira idade o centros médicos, etc.. Resposta: - Conta-contos, - Talleres literarios, - exposicións Resposta: - Gustaríame dispoñer de máis presuposto para traer de vez en cando grupos de teatro.
25
- Poder programar actividades para xoves e adultos, como por exemplo clubes de lectura. Para isto tamén precisaría comprar máis libros dacordo cos gustos dos usuarios Resposta: - Máis actividades de animación á lectura Resposta: - Todas as que poida Resposta: - Penso que son moi necesarios os clubes de lectura entre a xente nova. Resposta: - Concursos de contos con premios Resposta: - Sesións de contacontos tanto infantís coma para adultos con certa periodicidade. - Presentacións de libros. - Visitas de escritores, ilustradores e recolectores de historias de tradición oral. - Obradoiro de redacción, narración e/ou poesía. - Clubes de lectura. - Grupo de teatro. - Grupos de “axudantes de bibliotecario” cos nenos, que así aprenderían a manexarse mellor na biblioteca, fomentaría a colaboración dos nenos no mantemento das instalacións, e a vontade de axudar aos demais. - Pasaporte de lectura, e moitas das que atopei na web www.planlectura.es. - Unha “pequeteca”, unha área onde os nenos máis pequenos e os de Preescolar na casa xoguen cos libros nun tapiz e coxíns con libros de tela e plástico (dos que non temos nin un exemlar). Resposta: - Exposicións bibliográficas, - visitas guiadas e tamén - visitas de escritores e ilustradores Resposta: - Contacontos, talleres de teatro, etc... Lobios: - Actividades coas persoas maiores Resposta: - So teño 17 horas semanais, é decir, as actividades son en horas extras, non remuneradas, si me aumentan horas e salarios, faria de todo Resposta: - Club de lectura (programación para este ano) - Actividades de animación a lectura mensuais - Guía de lectura Resposta: - Gustaríame enfocar actividades cara persoas maiores, - colectivos específicos (persoas que non poden achegarse ao centro, inmigrantes...) - público adolescente, - actividades con pais/nais Resposta: - Clube de lectura infantil e de adultos - Presentación de libros e conferencias de escritores / ilustradores
26
Resposta: - Contacontos. Aulas de Manualidades para infantis Resposta: - Máis actividades de dinamización lectora cos nenos e a xuventude Resposta: - As que teño indicado pero on máis frecuencia e atendendo a diferentes grupos de idade. O problema é estou eu soa atendendo a tódolos servicios da biblioteca en un horario ridículo Resposta: - Clubes de lectura. Resposta: - Conferencia, charlas... Resposta: - Clube de lectura Resposta: - Imos iniciar un Club de Lectura de adultos que quereríamos ampliar a mozos e nenos. - Programar anualmente un ciclo de contacontos
.
2.11.-Compartes actividades e/ou recursos con outras entidades (bibliotecas, asociacións...)? 10+5+0+7 SI □ 8+3+4+6 NON □ 0+5+0+0 N/C□
2.12.- En caso afirmativo, podería indicar que tipo de actividades e con que entidades? Resposta: - Coas seguintes bibliotecas participamos (de momento só como demandantes) do seu fondo de libros para o clube de lectura: Oleiros, Municipais da Coruña, Deputación da coruña e Nodal da Coruña. - Materiais e aportacións sobre contacontos coas Muncipais de Coruña. - A experiencia da bibliopiscina foi exposta en congresos por medio de conferencias e paneis. Resposta: - Cos colexios do Concello Resposta: - Visitas escolares de institutos e CEIPS - Garderia, na que se conta un conto ( a verdade é que fan casi todo as da garderia) - Este ano incluso contamos con ASPABER, unha asociación de disminuidos Resposta:
27
- Colexios públicos e instituto. Resposta: - Club de lectura. Biblioteca Pública Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Oleiros. - Có Centro Cívico donde se atopa a biblioteca, centros escolares, Asociación de veciños Resposta: - coas escolas unitarias. Resposta: - Coas 9 bibliotecas que forman o Sistema e con todos os centros de ensino público existentes no Concello (escolas infantís, colexios e institutos). Actividades: Contacontos, Campaña de animación á lectura, encontros con escritores, Talleres de ilustracións, etc. Resposta: - Se se pode chamar compatir o que a Xunta ou a Deputación organiza de vez en cando - E as visitas das diferentes escolas do concello e a promoción mutua e reciproca das bibliotecas. Bibliotecas Municipal e escolar Resposta: - Actividades relacionadas coa historia local de Sada Resposta: - Con la Asoc.Recreativa y Cultural Os Tilos, las monitoras de la ludoteca realizan actividades de animación a la lectura con los niños, también se realizan actividades puntuales para el Dia del Libro, Letras Gallegas, etc. Resposta: - Representacións do noso grupo de teatro noutras bibliotecas, préstamo de material do grupo de teatro, das composicons populares recollidas, dos xogos da hora do conto, etc. Resposta: - biblioteca provincial de Lugo e a Consellería de Cultura Resposta: - Coa Biblioteca Nodal de Lugo e a oficina Xuvenil: Certamen poesía, postais, letras galegas, exposicións, presentación libros, cine, biblioplaza.. Resposta: - Os certames e concursos realízanse conxuntamente coa axencia de lectura (na pregunta 2.16 especifica que os certames os organiza a Biblioteca Nodal de Lugo. As visitas dos colexios fanse á axencia ou á biblioteca en función da proximidade do centro (o de Currelos á axencia, e o de Escairón á biblioteca). Nas instalacións da biblioteca teñen lugar as reunións do programa “Preescolar na casa” e utilizan ás veces libros da biblioteca. Utilízase tamén a aula da biblioteca para cursos diversos organizados ás veces polo concello e ás veces por asociacións de mulleres, de agricultores,... (manualidades –ás veces usan libros de decoración para obter ideas–, informática –non piden libros porque o fondo nesta materia está máis que desfasado–, auxiliar de axuda a domicilio/auxiliar de xeriatría (piden moito os libros de primeiros auxilios, libros de medicina e enfermería). Resposta: - Certames de poesía e debuxo coa Biblioteca Nodal (Lugo) Resposta: - Presentación de libros e animación cos colexios da zona
28
Resposta: Préstamo interbibliotecario para o clube de lectura (bibliotecas municipais da provincia de A Coruña) - Préstamo interbibliotecario coa Universidade de Vigo para unha mostra de libros. - Exposición sobre a lectura con material da Fundación Germán Sánchez Ruipérez - Recitais de poesía e sesións de contacontos (aficionados) con asociacións de mulleres e de maiores. - Exposicións coa axuda do IES Aquis Celenis. Resposta: - Visitas guiadas dos nenos do colexio e colaboracion coa ANPA con agasallos de material da biblioteca nos festivais do colexio. Resposta: - Contacontos, títeres, certame de poesía, charlas e conferencias etc cos Centros de Ensino da vila e coas bibliotecas dos centros de ensino - Outras actividades coas Asociacións culturais da vila Resposta: - Comparto recursos cos centros de ensino da localidad que o demandan Resposta: - Cos colexios - contacontos Resposta: - Outros departamentos do concello, Servicios Sociais, Normalización linguística
2.13.- Poderías compartir algunha das actividades ou experiencias realizadas na túa biblioteca? 9+5+2+9 SI □ 1+2+2+1 NON □ 8+6+0+3 N/C□
2.14.- Se é afirmativo por favor especifica cales. Resposta: - Guía da rota rosaliana realizada cos clubes de lectura - Fichas de escritores/libros utilizados nos clubes de lectura - Libros para os clubes de lectura ( a aprtir de Xaneiro 2007) - Experiencias de actividades de animación - Memorias e avaliación de algunhas das actividades de animación realizadas (non temos todas por escrito) Resposta: - Temos realizado, con moito esforzo pola miña parte por carecer de apoio económico e humano, actividades de animación á lectura no colexio (neste intre non se realizan pola mala sintonía entre o goberno do concello e a dirección do colexio feito que nos impide realizar actividade algunha en colaboración)
29
- Obradoiros de manualidades para celebrar determinadas datas (antroido. Nadal..) nos centros socioculturais pero a iniciativa da bibliotecaria e, por suposto, impartido por min. - Exposición en homenaxe a Gregorio Ferro (pintor boqueixanés do século XIX contemporáneo de Goya) a realizamos nunha Igresa que foi acondicionada para a ocasión gracias á colaboración dunha entidade financieira galega (logo de percorrer e mendigar por moitos despachos), a Xunta de Galicia, a Diputación e o Concello colaboraron económicamente nesta ocasión. Con este motivo, dous profesores de Historia da Arte da Universidade de Santiago, realizaron un libro sobre a vida e a obra do homenaxeado, que foi publicado e difundido con motivo da exposición. E a primeira vez en Galicia que varios museos permitiron que as súas obra viaxaran para una exposición nunha aldea. Foi un éxito de público e de critica. Foi un traballo arduo de dous anos de preparación e dedicación pero que mereceu a pena. - Charlas e conferencias puntuais, aproveintadno a campaña da Conselleria de Cultura na que envía algun autor/a, traductor/a... Resposta: non especifica. Resposta: contesta que non na anterior e di aquí “agora non fago ningunha” Resposta -A Coruña: - En principio, non habería problema para compartir todas Resposta: - O contacontos e as actividades que realizamos o día que o facemos Resposta: - As que fose necesario Resposta: - Realizamos sesións de contacontos e obradoiros de manualidades - Resposta Visitas organizadas para coñecer o ediflilcio e o funcionamento da biblioteca para as escolas do concello. - Visitas organizadas que visitan o concello e queren coñocer tamen o edificio e de paso a biblioteca que está dentro. - Exposicións puntuais de libros, qeu temos na biblioteca, relacionados con un tema ou suceso determinado (conmimoración da marea negra, dia internacional para eliminacion da violencia contra as mulleres, enercías renovables, reciclaxe, comics... - Reviso os libros que temos na biblioteca e fai anos que non se prestan sacos das estanterías e poños encima dunha mesa para que os vexan, curioseen e os leven en prestamo. As veces organizo por temas medievo, ciencas, lendas, adolescencia, ... Resposta: - A única experiencia que podo aportar ós meus compañeiros é a recopilación, xestión e promoción da historia local que no e estrictamente extensión bibliotecaria Resposta: - As de visitas escolares; A hora do conto con xente maior do concello (moi interesante e que xa levo anos traballando nelo) representación de cuentos dos nosos actores e actrices, etc. Resposta: - Teatro Resposta: - As que dependan soamente de min
30
Resposta: - Na axencia de Lectura Municipal de Muras non temos programa de actividades simplemente a xente ven coller libros ou ler o xornal Resposta: - Os obradoiros de manualidades “O raticonto”, “A caixa dos contos”, e os relatos “Lecturas para matar o rato”. Tamén a revista unha vez a teña rematada. Resposta: - Manualidades, xogos Resposta: - As que me demandasen dentro do que fago, sin o personal laboral contratado, non hai liberdade para facer por min mesma sen pasar pola concelleria de cultura Resposta: - Todas as realizadas Resposta: - Dentro das nosas posibilidades, poderiamos compartir a nosa experiencia con que fose. Resposta: - Obradoiros de postais de nadal ou máscaras de entroido / Contacontos / Concurso de debuxo. Resposta: - Non se me decato de ningunha Resposta: - Calquera delas Resposta: - Si, en función do tempo e o fin da actividade Resposta: - Realizo todolos xoves a hora do conto, na que lle leemos contos os nenos Resposta: - Todas Resposta: non especifica Resposta: non especifica
2.15.- En caso de non existir, estarías interesado en formar clubes de lectura para intercambio de libros? 8+9+4+12 SI □ 2+0+0+0NON □ 5+3+0+1 N/C□ 3+1+0+3 XA TEN:
2.16. Que inconvenientes atopas no teu labor de organización das actividades? 10+9+4+10 □ Escasos recursos económicos 8+8+3+11 □ Escasos recursos materiais 9+7+1+8 □ Falta de formación especializada 12+4+3+9 □ Falta de persoal 15+6+4+6 □ Falta de tempo
31
5+1+0+2 □ Outros (indícao) - Resposta: Dificultades á hora do achegamento para traballar cos adolescentes. Falta de vontade politica por mellorar a calidade educativa do servicio - Resposta: o feito de ter que ocuparte de dous servicios simultaneamente a biblioteca e o arquivo municipal, impídete atender debidamente calquera deles e para canto mais desenvolver outras actividades.Escaso interés por parte dos políticos, priorizan outros servizos - Resposta: Todos os indicados mais o xa comentado de non ser escoitada polos políticos cando pido presuposto aparte para actividades exclusivas da biblioteca nas que eu decida que se fai e con que grupos. Temos unha “cabeza pensante” que decide cales son as actividades da biblioteca sin consultar o técnico - Resposta: Necesitaráimos máis recursos económicos e materiais, pero eso non significa que teñamos escasos recursos. Tamén necesitaríamos máis persoal e eu necesitaría máis tempo para a planificación ou unha persoa que me axudara. - Resposta: Os usuarios habituais non son partidarios de que a Biblioteca faga outras actividades, que non sexan a de préstamo de libros e a de servir de sala de estudio. - Resposta: falta de implicación da administración local á hora de organizar actividades e á hora de solicitar actividades culturais para o concello (por exemplo cando se organizan cursos, aínda que pregunte periódicamente se hai algún previsto, non me entero, e así non lle podo ofrecer esa información á xente que me pregunta). De feito non hai partida presupostaria destinada ás actividades na biblioteca. Do concello só veñen á entrega de premios dos certames (que por certo non organizamos nós senon a Biblioteca Nodal de Lugo, aínda que os premios si que adoita pagalos o concello, aínda que ás veces se fai con libros duplicados, material gratuíto,...). Últimamente cando se realiza algunha actividade xa avisan desde o concello ós medios de comunicación locais, porque a min eses nin caso me facían. - Resposta: Salvo no caso de rapaces pequenos (ata 12 anos como moito) é difícil implicar ao público adolescente ou adulto) - Resposta: o maior inconveniente é a falta de persoal xa que somos dúas persoas para biblioteca, arquivo e actividades culturais do Concello. Ademais da falta de colaboración dos outros departamentos do Concello. Tampouco temos cualificación como bibliotecarios xa que somos administrativo e auxiliar administrativo e os soldos son de grupo C e D 0+3+0+0 N/C□ 3. OUTRAS CUESTIÓNS 3.1.-Suxerencias de actividades de extensión bibliotecaria Resposta: - Traballo en rede: compartir experiencias con outras bibliotecas - Imposibilidad de contar con escritores interesantes para poder realizar presentación de libros (dificil para realizar cos medios de unha única biblioteca: interesante a proposta da Xunta de rede desde tipo de actividades).
32
- Existencia dalgun medio de intercambio de experiencias de animación: web, boletin, revista... - Formación especifica neste campo - Captación do pùblico xuvenil através de algún “famoso” que lle sexa atractivo e que sirva como enganche para que se introduzcas na lectura. Resposta: - Contacontos e obradoiros orientados ós mais novos, con persoal formado e capacitado para dinamizar - Representacións teatrais - Internet para a terceira idade. - O que sería necesario é implicar ás diferentes administracións na necesidade de afondar nun programa colectivo de dinamización e o que es´ta claro e que sen medios económicos e humanos é imposible. Resposta: - Recomendaríavos os Talleres de Ilustración, sempre programados desde a bilioteca pero coa colaboración dos centros de ensino, en horario lectivo. Grupos do mesmo nivel, da mesma idade e proporcionando previamente aos centros libros dos ilustradores que van facer os talleres, para que os vaian coñecendo. Resposta: - Clubes de lectura - encontros con autores e ilustradores - exposicións conmemorativas - feiras do libro - colaboración con outras entidades - obradoiros de creación literaria... Resposta: - talleres - cursos de informática básica para manexar os equipos - grupos de axuda para facer traballos - manexo da información de internet - búsquedas en internet e nas fontes de información - concursos de comic - visitas guiadas e cursiños nos centros escolares sobre como utilizala biblioteca, ... Resposta: - Alfabetización informacional - Formación de usuarios, - Cursos e talleres para pais/nais, etc. Resposta: - Clubes de lectura - encontros con autores e ilustradores - exposicións conmemorativas - feiras do libro - colaboración con outras entidades - obradoiros de creación literaria... Resposta: As mesmas que na pregunta 2.10 - Clubes de lectura. - Animación a lectura con contacontos profesionais. - Presentación de libros polos propios autores para nenos, xuvenis, adultos e maiores
33
- Visitas de escritores, debuxantes, periodistas... Resposta: - As actividades de promoción á lectura aunque as programe persoal da biblioteca deberían levalas a cabo monitores ou personas contratadas para tal efecto. Resposta: - Primeiro é fundamental o traballo con nenos a través do colexio Resposta: Visitas escolares; hora do conto; que a bilioteca esté presente nos medios de comunicación e en internet; actividades cos libros fóra da biblioteca, como son as bibliopiscinas, na sala de espera da pediatra, do dentista; diálogo co lector para poder satisfacer as demandas dos lectores; clubes de lectura; presentacións de libros; guías de lectura; exposicións bibliográficas; visitas de autores e ilustradores; talleres de creación literaria, de expresión plástica, de expresión dramática, científicos, de encuadernación, de cine... Resposta: - máis actividades de animación á lectura. Resposta: - Mais actividades en xeneral. Resposta: - Agora mesmo estou preparando unha revista na que incluirei pasatempos para tódalas idades pero sobre todo para os máis pequenos (atopar as diferencias, unir puntos, xeroglificos, refráns, adiviñar libros,...). - Coas visitas organizadas dos colexios procuro falarlles de distintas cousas: partes dun libro (elementos físicos que o compoñen, e partes internas -índice, capítulos, introducción,...- e a utilidade de cada unha), estructura dos diccionarios e enciclopedias e como usalos (por suposto con probas prácticas por equipos ó estilo dun concurso), un pouco da historia do libro e da imprenta, e algunha que outra anécdota curiosa. Ó rematar a visita fan un debuxo ou unha redacción sobre a súa visita á biblioteca. - Ó rematar de ler un libro pregúntolles se lles gustou e se queren deixar un comentario sobre el para recomendarllo a outras persoas na páxina www.cajamagica.net no apartado "nuestros libros favoritos" (o de internet anímaos máis á hora de facer comentarios). Nesa páxina hai tamén outras moitas cousas interesantes. - Para que pasen o rato mentras esperan a que os veñan recoller os pais, teño un "Rincón do pequeno artista" no que teño folios e láminas para colorear, descargadas de páxinas de internet gratuitas (ou que polo menos din que o son) por exemplo:
http://www.escolar.com/pintar http://www.educima.com http://www.dibujosparapintar.com/dibujos_para_pintar.html http://www.pekegifs.com/pekemundo/menucolorear.htm http://www.free-printables.com/archive/index.shtml http://www.bbc.co.uk/cbeebies/printables/printcolour http://www.indicedepaginas.com/dibujos.html http://garfield7770.tripod.com/index.html eu sempre lles imprimo a dirección da páxina da que se descargou, por iso do
34
Copyright: (na "configuración da páxina" para imprimir, pós no encabezado de páxina "&w" para imprimir o nome da páxina web e no pé de páxina "&u&b&d" para imprimir a dirección web e a data). NON TEÑO SÓ DEBUXOS, teño tamén láminas cun marco impreso, preparada para que poñan o seu nome no espazo reservado para iso e escriban o seu conto ou historia. - Tamén para pasar o rato mentras esperan (esta vez os pais a que os fillos rematen nos ordenadores) teño as “Lecturas para matar o rato”. Son pequenos relatos que se len en menos de 5 minutos uns, e de 10 outros. Teño tanto para adultos como para nenos. Están plastificados, teñen ilustracións en color e están accesibles. - No día do libro infantil, fálolles sobre Andersen e cóntolles algún dos seus contos, nas versións orixinais e comentándolles algunhas das adaptacións que se fixeron despois, invitándoos a cambialos eles tamén. (O feito de que antes eses contos resultaran ata sanguentos gústalles moito moito). - Certames varios. Na provincia de Lugo levan anos celebrándose un Certame de Poesía Infantil de Nadal e un Certame de Narración e Debuxo Infantil "Día das Letras Galegas" organizados pola Biblioteca Nodal, nos que adoitamos participar (non sei se noutras provincias se fai algo parecido). Algún ano fíxose un certame de postais de Nadal. - Teño pendente de facer un obradoiro para fabricar unha “máquina dispensadora de contos ó chou”, na que se gardarán contos dun folio enrolados (www.librototal.net abrir a sección www.librototal.net/tienda/catalogo.htm na que se atopa “manualidades”). Resposta: - Exposicións bibliográficas - Formación de usuarios - Visitas guiadas Resposta: - Charlas - Debate - Exposición de libros - Actividades con persoas da terceira idade Resposta: - Obradoiros de lectura, redacción - Actividades de acercamento cultural aos sectores sociais máis desfavorecidos da zona. - Creación e difusión de bibliopraia e bibliopraza - Bibliobus Resposta: - - Curso de Internet para adultos. - - Concurso de relatos para adultos. Resposta: - Contacontos - Talleres referentes a lectura e os libros Resposta: - Non vou suxerir activiades de extensión bibliotecaria porque despois do dito é evidente que o primeiro que deberiamos resolver é a situación dos profesionales de bibliotecas é as súas condicións de traballo. Esta biblioteca conta con moi variados recursos ademáis dos libros pero unha soa persoa non pode facer miragres en tres horas. As actividades que se fan nesta biblioteca son posibles
35
porque eu poño o meu tempo e recursos para que sexan posibles na meirande parte dos casos. Resposta: - exposciones, - conferencias, - poner en marcha el bilbiobús, etc Resposta: www.centroculturalporrino.com Resposta: - Falta de presuposto Resposta: - Sería bo contar cunha bolsa de ofertas de actividades, de animadores, contacontos, etc. Pois aforraría traballo e xestións.
3.2.-Recursos bibliográficos ou web de extensión bibliotecaria Resposta: - Contamos con páxina web dentro da xeral do concello (pero é unha páxina estática que non nos permite relizar nen informar facilmente desde ela:
http://www.concelloames.org/anosavida/n2ficha.php?estxt=fichas_edu_bibli o&lg=gal) - Utilizamos ademais a web meiga para incluir as nosas actividades no portal das nosas bibliotecas Resposta: - Unha publicación de literatura infantil e xuvenil, só en formato dixital, que me parece de moita calidade é a Revista Babar (www.revistababar.com). - Outra publicación que me parece tamén moi interesante é a revista Peonza, en formato papel. Resposta: - www.planlectura.es - Na páxina de Edelvives (www.edelvives.es) entre as publicacións dixitais, da revista El patio pódense extraer ideas interesantes (hoxe intentei abrir o enlace pero parece que está inoperativo, non sei se é temporal ou é que o quitaron). - www.indexnet.santillana.es/rcs/_archivos/Primaria/Taller/Masrecursos/a nimalect/libro1b1.doc hai un manual de animación á lectura (que teño en formato editado para imprimir en menos papel).
-
www.cajamagica.net
- www.librototal.net Resposta: - Só o de opacmeiga Resposta: - Páxina web do concello - Opac meiga - www.doslourdes.net Resposta:
36
- A biblioteca de A Guarda ten o seu catálogo colgado no enderezo web opacmeiga.rbgalicia.org. Ademáis, ó non ter páxina propia, remite inforamción puntual ó enderezo web galicia-suroeste.com
37