EXIT xornal de galicia Suplemento de lecer 27 de febreiro de 2009 Número 12
santos morcegos batman! esquecidos nestes tempos de historias escuras, os ‘sidekicks’, os axudantes xuvenis dos heroes, reclaman o seu espazo
2 exit
P PORTADA
A viaxe ficticia
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 10 de abril
SPRINgFIELD
MAPA INTERACTIVO Podemos ver un mapa interactivo de Springfield ao xeito de Google Maps en http://adn.blam.be/springfield/
de 2009
crea un á túa imaxe
ser parte de southpark
Na web www.sp-studio.de podemos ser coma un habitante máis de South Park, facendo un personaxe ao estilo da serie
exit 3
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 10 de abril de 2009
TWIN PEAKS
o peor xogo de 1991
OS LUGARES REAIS
a galicia de ficción
O DVD da edición dourada de Twin Peaks conta cun mapa interactivo do lugar, no que se pode saber como atopar as localizacións reais da serie
A nosa terra tamén ten lugares ficticios, como Portozás, de Mareas Vivas; Auria, n’A esmorga; a selva de Esmelle, onde vivía Merlín ou Viana del Prior na obra de Valle-Inclán
4 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 10 de abril de 2009
P PANTALLAS
Cine
AMIGOS PARA SEMPRE
SECUELA
DEPP BURTON
REGRESO AO LESTE
O director convertirá en longametraxe a súa curta animada Frankenweenie, con Depp participando nela
Viggo Mortensen porase de novo ás ordes de David Cronenberg nunha segunda parte de Promesas del este
Este é o aspecto de Bulma e Son Gokü na versión cinematográfica. Parecido no branco dos ollos.
DAS VIÑETAS Á PANTALLA A ADAPTACIÓN DE ‘DRAGON BALL’ SOFRE DUNHA INFAME UNIÓN DO PEOR DE ORIENTE E OCCIDENTE VÍCTOR PAZ MORANDEIRA. A CORUÑA
[email protected]
O manga máis popular da historia, coñecido a nivel internacional polas emisións do anime (a variante animada dos cómics xaponeses) que pasaron nas televisións de todo o mundo, xa ten adaptación ao cinema. Bóla de dragón, como se di en Galicia grazas aos programadores do Xabarín Club, une a varias xeracións ao redor da mesma historia. Un neno chegado do espacio, con cola de mono, comechón e vivaz, ten a tarefa de buscar polo mundo as sete bólas de dragón, que convocan ao becho fantástico, capaz de conceder calquera desexo. De primeiras, con-
taría coa axuda de Bulma, humana aventureira, e os adestramentos do mestre Mutenroi, un vello verde que ía montado nunha tartaruga. Conforme a acción ía avanzando, dábase a coñecer que ese neno, Son Gokü, era un guerreiro saiyajin, e que o cometido de atopar os artefactos máxicos era moi importante, pois outros da súa caste, pero con intencións destrutoras, andaban na procura
das bólas. A serie tería unha infinitude de incontábeis tempadas, con Gokü medrandro e tendo fillos que seguirían os seus pasos. O asunto convertiuse ao final nunha truculenta saga familiar sen fin nin xeito, pero polo camiño deixou moitas historias para a imaxinería colectiva dos que medraron
Chow Yun-Fat dá vida a un irrecoñecíbel mestre Mutenroi
nos noventa. Unha delas é a aparición de de Piccolo, aliado verde de Gokü, que no filme se converte no malo da función. PASTICHE INSUFRÍBEL Quen podería unir o peor cine fantástico, con pegotes de efectos xerados por ordenador, as artes marciais máis rancias e unha estética manga que daña á vista? O alquimista do enxendro é James Wong, autor de bodrios como El único. Un presuposto de 100 millóns de dólares para xuntar o peor de Occidente co de Oriente. Sen palabras.
DRAGONBALL EVOLUTION James Wong JUSTIN CHATWIN, CHOW YUN-FAT, EMMY ROSSUM, JAMES MARSTERS
Adaptación da célebre serie anime, na que un neno chegado do espazo ten que buscar as bólas de dragón, que dan un abraiante poder.
OUTRAS ESTREAS PARÍS, PARÍS
SEÑALES DEL FUTURO
ESPÍAS EN LA SOMBRA
Director
Director
Director
CHRISTOPHE BARRATIER
ÁLEX PROYAS
JEAN-PAUL SALOMÉ
NICOLAS CAGE, ROSE BYRNE, CHANDLER CANTERBURY, BEN MENDELSOHN
SOPHIE MARCEAU, JULIE DEPARDIEU, MARIE GILLAIN, DÉBORAH FRANÇOIS
John Koestler (Cage) recibe un código numérico que estivera pechado nunha cápsula do tempo. A mensaxe do pasado predice o funesto futuro próximo, contra o que John loitará.
Ambientada durante a Segunda Guerra Mundial, a película narra a historia dun grupo de mulleres da Resistencia francesa. Conta cun grande reparto e boa factura técnica.
Actores
GÉRARD JUGNOT, CLOVIS CORNILLAC, KAD MERAD, NORA ARNEZEDER
Cando o teatro Chansonio pecha, os seus responsábeis, coa axuda do barrio, deciden montar un musical para recadar os cartos suficientes para a súa supervivenza.
Actores
Actores
exit 5
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 10 de abril de 2009
m música
Ao vivo
o barco de valdeorras
O GROVE
MEU
the blows
A sala Baranda acollerá o venres ás 23 horas o directo no que os da Coruña presentarán o seu último traballo
Os vigueses tocan o sábado na sala El Náutico á unha da madrugada polo módico prezo de tres euros
pantagruélico andrés calamaro o músico bonaerense presenta ‘obras incompletas’, un magno percorrido pola súa carreira musical que achega novo material daniel prieto. A coruña
[email protected]
“Presumo de versátil, de vanguardista, de vintage, de experimental y de recorrer géneros, si quiero”, dicía o inclasificable Calamaro nunha entrevista con motivo do seu anterior álbum, La lengua popular. Unha afirmación que, se cabe, cobra máis sentido aínda á vista deste magno recopilatorio, que tamén, como non, ofrece material novo. E é que o arxentino percorre nesta peculiar antoloxía a súa discografía desde o elegante Alta Suciedad ata a actualidade, case nada. Unha mestura de estilos que, ao atravesar o maxín do músico, quedan convertidos en música. En arte que non entende de cualificativos nin de modas. O grandes éxitos recolle varias versións e a maxia dalgunhas das composicións máis sublimes do músico, intercaladas coa súa faceta máis experimental e arriscada, aquela que o levara a editar El Salmón, loubado e censurado a partes iguais. E é que, ao igual que Prince, Calamaro sempre fixo gala dunha incontinencia creativa e ofreceu vía Internet moito material, como rebeldía ante a negativa da súa discográfica a publicar as súas cancións. Grazas a isto puidemos desfrutar no seu momento de Las caras B de Alta Suciedad, unha pequena mostra do seu monstroso talento e dos temas que quedaban, con cada disco, na
«ANDRéS»
Andrés Calamaro Warner Music, 2009
A obra inclúe 6 CD cun total de 109 cancións, 54 delas inéditas. Ademais, dous DVD amosan casi catro horas de imaxes de directo, vídeos i entrevistas, que farán as delicias dos seguidores da filosofía calamariana. E, por se fora pouco, un suxestivo libro de 184 páxinas completa a edición, coas letras das cancións, textos escritos polo propio músico e os seus amigos, ilustracións e fotografías. Unha xoia para coleccionistas, ideal para os que se inicien no macrocosmos do creador arxentino, e obrigado para todos os seus cómplices.
recámara. Agora temos unha oportunidade de recuperar ese torrente creativo, xestado en todo tipo de locais e estados. Calamaro cumple así unha das súas aspiracións de hai anos, e con Andrés bota fóra ese novo caudal musical coas súas composicións clásicas como Flaca, El día de la mujer mundial, Todo lo demás, Media Verónica ou Me arde, aderezado con versións de The Beatles, Helter Skelter, ou Carlos Gardel, El día que me quieras. Moitos dos sons inéditos, que foron definidos polo bonaerense coma “ineditóxicos”, compuxéronse durante a etapa denominada “Deep Camboya”, que fixo acadar ao cantante estados de iluminación musical extraordinarios. Nese período de éxtase e alquimia, Andrés Calamaro compuña en estado febril durante xornadas de máis de 24 horas. “Para hacer un greatest hits hay que tenerlos, por eso es algo bellísimo poder hacer un disco solo con los temas que te han llevado al éxito”, indica o bonaerense, que se considera un músico “incompleto”, unha modestia -sincera- que o levou a arrodearse ao longo da súa carreira de “auténticos genios”. A ración máis xenerosa de Calamaro xa está aquí, parte dos seus arquivos ocultos, os eslabóns perdidos, as ideas desbotadas do músico renacentista, a máquina de facer cancións de amor, de amor pola música,
O artista arxentino
sen máis. O cantante en castelán máis carismático dos últimos tempos, o melómano por excelencia, o artesán rockeiro, o último poeta, a flor no labirinto, contraataca. “El rock soy yo”, afirmou o bonaerense nunha ocasión. Que siga sendo así por moitos anos.
“es algo bellísimo poder hacer un disco solo con los temas que te han llevado al éxito”
propostas para a fin de semana venres 10
sábado 11
venres 10
FRANC3S
Sala Run Rum. 22.30 horas. 5 euros Ferrol
LOS ETERNOS
Jazz Vides. 23.00 horas. 5 euros A Coruña
dekamal
A banda carballesa, englobada no movemento Galician Bizarre, amosará en terras ferrolás a súa peculiar maneira de facer música. Cunha promoción feita a traveso de Internet, a banda conta xa con dúas maketas.
A banda creada en Cedeira no 2003 amosaralle ao público coruñés o seu directo, onde verque o seu verdadeiro potencial, que vai dende o máis clásico do Rock&Roll ata o máis duro do Power Rock. Tamén se animan co Country.
Dende a súa creación no ano 2006, a banda da vila luguesa de Sarria non deixou de percorrer as salas da xeografía galega. Cun estilo clásico que soubo adaptarse á óptica actual, ofrece un potente directo cunhas letras persoais.
Sala Zona Zero. 22.00 horas Caldas de Reis
6 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 10 de abril de 2009
B BARRA E MESA
Comer
NOVO PROXECTO
MENÚS ESPECIAIS
CAMPING
VIXILIA
A restauradora galega Toñi Vicente rexentará un camping no Barbanza tras pechar o seu estrela Michelín
O bacallau e as legumes convértense nos pratos estrela dos menús de vixilia que ofertan os restaurantes
RICO, SINXELO...E BARATO! A CRISE DEIXA ATRÁS AS DELICATESSEN E DA PASO Á VOLTA DE CLÁSICOS DE APROVEITAMENTO
CROQUETAS, TORRIXAS, CHULAS E PASTEIS ANA CAMIÑO. A CORUÑA cociña son as croquetas. Pasaron CONVÉRTENSE NOS
[email protected] de ser un primeiro prato dignísimo a protagonizar as cartas de ta- PRATOS ESTRELAS Os anos do desfalco na cociña pa- pas e racións en centos de bares. A PARA AFORRAR EN recen quedar atrás. Rematou aqui- croqueta non ten segredo algún. A TEMPOS DE CRISE lo de tirar ao lixo os restos da carne asada do xantar ou ese anaco de pescada que ninguén comeu. As contas domésticas sofren a crise económica coma calquer gran empresa e tiran de inxenio para aforrar en calquer detalle. Se ademáis de baratas, as cousas son ricas e sinxelas, pouco máis se lle pode pedir a unha comida. Os tempos de crise que semella nos acompañarán un tempo devolven á mesa algúns dos mellores manxares, moitas veces denostados por excesivamente baratos. Son o que se deu en chamar receitas de aproveitamento e que algún famoso cociñeiro televisivo inclúe xa na súa receita diaria. Véxase, prato de pementos como principal e prato de aproveitamento cos mesmos ingresidientes para aportar ideas de qué facer con aquel pouquiño que sempre sobra na cociña. A receita por excelencia deste tipo de
base, común a todas as do mundo, faise con manteiga, leite, fariña e un chisco de sal. Pouco gasto para un prato que gusta a todos. O que se lle engada a esta masa base, unha bechamel sinxela, varía en función do gusto do cociñeiro e do que che teña sobrado da comida. Os restos dunha tenreira asada, ben desmigados e misturados coa bechamel rematarán, tras rebozalas e fritilas, nunhas croquetas de campeonato. Peixe, verduras e mesmo arroz combinan á perfección para facer unha boa ración deste baratísimo prato. Para darlle un toque distinto, as croquetas de carne, e mesmo as de verduras mari-
dan á perfección con queixo raiado na masa. Cando se fríen, o queixo –a gusto do consumidor– fúndese, facendo da croqueta un prato máis delicado. Compiten con este clásico do aproveitamento as chulas, moi típicas dalgunhas zonas de Galicia, feitas con restos de pan vello. Moi similares son as míticas torrixas, feitas tamén con pan de días anteriores. Os pasteis salgados, cunha base de masa de pan e recheos de peixe sobrante de calquer comida, verdura e unha mistura de nata e ovo son tamén unha excelente opción para aforrar na economía diaria sen deixar de desfrutar ante un bo prato á hora do almorzo. So hai que votarlle inxenio, non caer no erro de tirar ningún alimento que teña sobrado e darlle unha nova forma á hora de cear.
T
TOMA NOTA
Chulas ‘Josefa’ O QUE NECESITAS Pan (mellor se é de varios días) 250 gramos de azucre 2 ou 3 ovos Leite Raiadura dun limón Un pouco de fariña Aceite de oliva
CÓMO FACELO
Verter o leite nun recipiente e despois introducir a cantidade que se queira de pan (non máis de media barra para estas cantidades). O leite pódese ir engadindo pouco a pouco sempre que o final quede unha masa pastosa pero non demasiado líquida. Unha vez que se reblandeceu o pan, debemos engadirlle o azucre, a raiadura dun limón e os ovos. Cando estea todo mixturado, engadímoslle un pouco de fariña para que ligue ben a masa de pan, máis ou menos catro ou cinco culleradas. Para finalizar, ir vertendo a masa, cazo a cazo, nunha tíxola cunha boa cantidade de aceite de oliva moi quente, e deixalas freir ata que queden ben feitas. O rematar, pódeselles engadir azúcre por enriba. Ricas, ricas!
UNA OPCIÓN
La Bodeguilla de San Roque A BODEGUILLA É UN SITIO DE SEMPRE EN COMPOSTELA, UN LOCAL ANTIGO E BEN COIDADO QUE FORMA PARTE XA DA HISTORIA CULINARIA DA CIDADE. NO BARRIO DE SAN LÁZARO MODERNIZOUSE EN CANTO A DECORACIÓN, PERO OFRECE OS MESMOS PRATOS E TAPAS.
Pasar por Santiago e non parar na Bodeguilla debería ser pecado. Un local de sempre, cun servicio inmellorable e unha das mellores cartas de viños da cidade, fan deste restaurante un dos sitios máis afamados da cidade para unha boa cea a base de racións. Se serve de algo unha opinión, que ninguén marche
sen probar o seu pan con tomate, que vai á perfección cunha boa ración de xamón e unha copa de viño. Tamén excepcionais as ensaladas da casa e as excelentes tixolas, entre os pratos que fixeron a este local merecedor dunha recomendación na afamada Guía Michelín, referencia gastronómica en todo o mundo.
Especialidades recomendadas TIXOLA DE PULPO CON LANGOSTINOS 14 euros
PARRILLADA DE IBÉRICOS 15 euros
EXIT 7
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 10 de abril de 2009
L LER OU NON
Cómic
O ADEUS DUN XENIO DO HUMOR
CADA VEZ MENOS CÓMICS NA PRENSA
QUINO DEIXA DE DEBUXAR
PECHA ‘EL PEQUEÑO PAÍS’
O vindeiro domingo, o autor de Mafalda explicará nunha carta no diario ‘Clarín’ as razóns do abandono
O xornal ‘El País’ anunciou a suspensión durante un tempo do seu suplemento infantil, ‘El Pequeño País”, a causa da crise
AS DORES DE CABEZA DE SPIEGELMAN
L
A NENA AMARELA
Esperar demasiado CLAUDIA NEIRA. XORNALISTA
BREAKDOWNS RECOMPILA AS IMPORTANTES OBRAS EXPERIMENTAIS DO AUTOR DE MAUS P. VILASOA. A CORUÑA
[email protected]
Breakdowns comeza cunha afirmación falsa por parte de Art Spiegelman, a de que “ninguén demandaba unha recompilación” como a que temos nas mans salvo el. Nada máis lonxe da realidade ao falar desta obra imprescindible para o cómic. Parece que Spiegelman se esgota con Maus, o cómic gañador dun Pulitzer, pero a súa importancia para o medio vai moito máis alá deste feito. Breakdowns, Retrato del artista como un joven %@&*! recompila as historietas experimentais e autobiográficas que o autor fixera dende o 72 e que xa foran recollidas nun álbum en 1978 e engade unha introdución en cómic feita polo propio Spiegelman nas que relata o seu camiño e influencias no mundo do cómic. Ningunha páxina desta magnífica edición de luxo ten desperdicio. Entre elas, unha primitiva versión de Maus e a coñecida Prisionero en el planeta infierno, de estilo expresionista, xa incluída en Maus. Relato dun supervivente. O volume enga-
de, ademais, as súas pequenas peza de metacómic nas que analiza as capacidades formais e narrativas do medio, onde solapa diversas capas de significados e significantes para crear un novo sentido ao que conta, ao modo dun Brian Eno e o seu Before and After Science do cómic, virando dun estilo artístico a outro, segundo a súa adecuación á historia en cuestión. Chega así a pezas de gran complexidade, como Pequeñas señales de pasión, mestura de imaxes pornográficas con viñetas e textos que non paran de dar voltas sobre o mesmo dende diferentes enfoques e intercalados cunha cita do novelista pulp Jack Woodford; ou Negligencia Suite, onde descontextualiza viñetas de cómics románticos a través de novos entornos creados por el. Entre as máis coñecidas desta etapa está Ace Hole, detective enano, cómic negro con lugar para Picasso e a súa Muller chorando como femme fatale ou Mr. Potato coma a mente criminal. Este camiño de experimentación do cómic que Spiegelman desprega ao longo da s súa s obr a s de xuventude
O autor xoga cunha constante mestura de estilos narrativos e artísticos
será o que logo use, xa dun xeito máis depurado, na súa coñecida Maus. E, ao mesmo tempo, abrirá novos camiños dentro do cómic alternativo estadounidense de cara a unha maior complexidade, logo pulida polos seus sucesores, como Daniel Clowes no ámbito narrativo (con obras como David Boring ou Ice Haven) e Chris Ware no ámbito formal (na súa Acme Novelty Library). Hai dores de cabeza que pagan a pena, como é o caso dos de Art Spiegelman. E ao artista parece que para liberarse deles valeulle máis o cómic que a terapia, e é moito máis barato.
Breakdowns
Art Spiegelman, guión e debuxo EDITORIAL: MONDADORI PÁXINAS: 272 B/N PREZO: 20€
A máxima ambición dos personaxes nunha serie coral é ser protagonistas. Jack Horner (o das fabas máxicas) conseguiuno: ten o un cómic propio. Bill Willingham, creador de Fábulas, e Matthew Sturges volven escribir xuntos para facerlle a vida imposible ao autoproclamado personaxe de conto máis famoso. Ambicioso, moceiro e ególatra, Jack só quere ser rico e famoso. Pero o universo, e un estraño grupo de bibliotecarios, queren pararlle os pés. Ao longo de tres tomos (La (casi) gran evasión, Jack de Corazones e El Príncipe malo) Jack será secuestrado, moído a paus, asasinado e ensartado por unha espada lendaria, todo para saír indemne. O interesante do cómic non é, con todo, a súa figura principal. Tampouco o debuxo de Tony Akins. O seu estilo histriónico encaixa co ton bizarro do cómic, pero igual que as continuas barrabasadas de Jack, chega a aburrir. Son os secundarios, os que fan que non me arrepentise de ter gastado os cartos no segundo número. Porque a historia (e o espectáculo) deben continuar.
BREVEMENTE ZOT! 1987-1991 Scott McCloud EDITORIAL
ASTIBERRI PÁXINAS
280 BN PREZO
20¤
Unha exploración das posibilidades da linguaxe do cómic, onde Scott McCloud sentou as bases para o seu posterior traballo teórico
El curioso caso de Benjamin Button Varios autores EDITORIAL
GADIR PÁXINAS
123 COR PREZO
14¤
Adaptación ao cómic da historia de F. Scott Fitzgerald sobre un home que nace vello e vai rexuvenecendo cos anos
Malos tiempos 4 Carlos Giménez EDITORIAL
GLÉNAT PÁGINAS
64 BN PRECIO
15¤
Último tomo da obra definitiva de Carlos Giménez, onde mostra a síntese do mellor que deu un dos autores máis relevantes do país
AXENDA Fin de semana
VENRES 10 DVD
EXPOSICIÓN
TEATRO
Tras a Primeira Guerra Mundial, unha muller segue a buscar ao seu home, un militar desaparecido. Desplazada ao lugar do combate, coñece ao comandante Dellaplane, responsable da búsca das vítimas. Drama asinado por Tavernier. La vida y nada más. Edición 20 aniversario. Notro Films. 12,34 euros
O taller de Antón Puga presenta no Meliá Araguaney unha exposición de antigüidades composta por mobles, porcelana, pintura e xoias francesas, alemás, indo-portuguesas e galegas dos séculos XVII, XVIII e XIX. Hotel Meliá Araguaney. Rúa Alfredo Brañas, 5. De 10.30 a 14 e de 17 a 22 horas. Compostela
Animales Artificiales é unha peza que non deixará indiferente ao espectador. Un estilo narrativo fora dos cánones estereotipados, no que Ana Vallés propón un retrato coral de personaxes que se presentan facendo uso da metáfora. Teatro RosalíadeCastro.Rúa Riego del Agua, 37. Ás 20.30. De 7 a 9 euros.A Coruña
TAVERNIER DE ANIVERSARIO
PEQUENAS PEZAS CON HISTORIA
UN RETRATO CORAL
CONCERTO
KIPPEL +6 PM EN VIGO
6 PM volven co seu dinámico directo, logo de percorrer a xeografía española con Far From Perfect (Junk Records, 2006). Agora presentan os 5 temas do EP Tape Worms (In Silence, 2009). Sala Ensanche. Rúa Travesía de Santiago de Vigo, 1. Ás 23.00 horas. Vigo
SÁBADO 11 DE TAPAS
CÓMIC
CINE
Unha vintena de bares e restaurantes de Monforte elaborarán tapas e menús especiais con motivo da Feira Medieval. Haberá medio centenar de postos nas rúas, xogos malabares, talleres ou mostras de cacería e unha pancetada. En Monforte de Lemos
Breakdowns é obra máis persoal do creador de Maus, Art Spiegelman, o único autor de cómic galardoado cun premio Pulitzer. Trátase dunha colección de tiras que foron publicadas en distintas revistas underground nos Estados Unidos. Breakdowns. Mondadori. 21,90
Cinemas dixitais proxecta dous filmes árabes: Máis alá do muro, de MarieFrance Barrier, e Aos mozos non lles gustan as vacas , deLilit Ardroumian. Centro Cultural Monterporreiro Rúa Alemania, s/n. Ás 19.00 horas. Pontevedra
FEIRA MEDIEVAL
O SPIELGMAN MÁIS PERSOAL
UNHA SESIÓN DE ÁRABE
MÚSICA
NIÑO Y PISRTOLA SEGUEN XIRANDO
Niño y Pistola están a piques de cerrar a xira do seu su segundo traballo Culebra (Astro, 2008), unha aposta máis psicodélica que vén de confirmalos como banda. Sala Clandestino. A Ramallosa. Ás 22.00 horas. Vigo
DOMINGO 12 DVD
TEATRO PARA NENOS
O filme triunfador nos Goya, Camino, de Javier Fesser, chega ás tendas en DVD. A historia dunha nena de 11 anos, filla dunha familia do Opus, enfróntase a unha enfermidade terminal con serenidade inhumana. Camino. Mediapro. 9,95 euros
Iago ten que entregar unha pizza nun enderezo, e atopa dous vendedores do top-manta que en realidade son unhas bruxas no paro e que van ao mesmo sitio, a un castelo onde agarda un monstro. Fórum metropolitano. Río Monelos, s/n. 17.30h. 3 euros. A Coruña
CAMINO, UNHA NENA CONTRA A MORTE
O CASTELO DO MONSTRO
MÚSICA
ATENCIÓN TSUNAMI, EN BUEU
Os antigos membros de Heathcontrol pásanse ao rock en castelán con esta nova banda, que ven de autoeditar o seu primeiro disco, El lejano oyente, un traballo cheo de matices, entre doméstico e salvaxe. Sala Aturuxo. Rúa de Pazos Fontenla, 59. Ás 21.00 horas. 6 euros. Bueu (Pontevedra)
CINEMA
AL FINAL DEL CAMINO
Nacho (Fernando Tejero), fotógrafo, e Pilar (Malena Alterio), xornalista, fanse pasar por unha parella para facer unha reportaxe sobre o gurú Olmo (Diego Peretti), que resolve problemas facendo o Camiño de Santiago. Nas salas de cinema. Consultar carteleira.