Conto Triste 2

  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Conto Triste 2 as PDF for free.

More details

  • Words: 329
  • Pages: 1
Un conto triste Hoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda.A morte natural nunca a asustou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal. O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vivea súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.Velaí un breve resume do argumento de “El indulto”, un conto de dona Emilia Pardo azán, publicado en 1883 en “La Revista Ibérica”. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.“El indulto” é literatura aínda viva: nin sequera é preciso contextualizala. Por desgraza, os xornais contan cada día historias moi semellantes. Marcos Valcárcel (baseado nun conto de EmiliaPardo Bazán)

Related Documents

Conto Triste 2
November 2019 5
Triste
October 2019 32
Triste Historia.docx
August 2019 30
Argentina Triste
November 2019 42
Triste Realidad
June 2020 6
Estoy Triste
November 2019 27