Consello Contas Concello Pontedeume

  • August 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Consello Contas Concello Pontedeume as PDF for free.

More details

  • Words: 10,038
  • Pages: 46
CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE PONTEDEUME

EXERCICIOS 2003-2004

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ÍNDICE

I.

INTRODUCIÓN....................................................................................................................... 1 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE.............................................................................................1 I.2. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................2 I.3. NORMATIVA REGULADORA..........................................................................................2

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ................................................................................... 4 II.1. ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS ................................................................................4 II.2. COMPOSICIÓN DA CORPORACIÓN .............................................................................4 III. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL ................................................................ 5 III.1. ORZAMENTO ..................................................................................................................5 III.2. LIQUIDACIÓN ..................................................................................................................5 III.3. CONTA XERAL ................................................................................................................7 IV. CONTABILIDADE, CONTROL INTERNO E XESTIÓN ORZAMENTARIA .......................... 8 IV.1. CONTABILIDADE ............................................................................................................8 IV.2. CONTROL INTERNO.......................................................................................................8 IV.3. XESTIÓN ORZAMENTARIA ............................................................................................9 IV.3.1. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS .......................................... 9 IV.3.2. TRANSFERENCIAS RECIBIDAS............................................................................ 10 IV.3.3. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS ............................................................................ 11 IV.3.4. CARGOS ELECTOS................................................................................................ 13 IV.3.5. PERSOAL ................................................................................................................ 13 IV.3.6. CONTRATACIÓN .................................................................................................... 16 IV.3.7. URBANISMO ........................................................................................................... 17 V. MAGNITUDES DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO. EXERCICIO 2004......................... 19 V.1. RESULTADO ORZAMENTARIO ...................................................................................19 V.2. AFORRO NETO .............................................................................................................19 V.3. SALDO NON FINANCEIRO ...........................................................................................20 V.4. REMANENTE DE TESOURERÍA ..................................................................................20 VI. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................... 25 VII. RECOMENDACIÓNS ........................................................................................................... 27 ANEXO I: XUSTIFICACIÓN DO ALCALDE............................................................................... 31 ANEXO II: ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ............................................. 35 ANEXO III: RÉPLICA AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS ...................................................... 41

_____________________________________________________________________________________ 1

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 2

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

I.

INTRODUCIÓN

I.1.

OBXECTIVOS E ALCANCE

De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2005, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2006, a realización dunha fiscalización selectiva das contas dos exercicios 2003 e 2004 do Concello de Pontedeume. Os obxectivos contidos no programa de fiscalización consistiron en:

− Analizar as causas que expliquen o incumprimento da obriga de render contas, en forma e prazo, ao Consello de Contas de Galicia.

− Avaliar as posibles incidencias que afecten á correcta actuación da actividade económico-financeira, orzamentaria e contable do Concello.

− Avaliar a razoabilidade e consistencia das seguintes magnitudes do exercicio 2004: •

Resultado orzamentario e resultado axustado.



Aforro neto.



Saldo non financeiro.



Remanente de tesourería.



Recoñecementos extraxudiciais de crédito.

Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:

− Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria realízase de conformidade coa normativa de aplicación.

− Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas de contabilidade establecidos na ICAL.

− Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria. O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

_______________________________________________________________________________________ 1

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

I.2.

LIMITACIÓNS

O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo establecido polo Consello de Contas de Galicia. Non obstante, as comprobacións realizadas víronse condicionadas polas seguintes limitacións:

− O Concello non elaborou o libro obrigatorio de Inventarios e Balances, e non dispón dun inventario de bens completo e actualizado. Ademais, os libros de contabilidade obrigatorios non están impresos en soporte papel. Porén, facilitáronse os maiores de contabilidade solicitados no transcurso da fiscalización.

− O Concello non realiza un seguimento e control de gastos con financiamento afectado de acordo co establecido na regra 381 da ICAL. Este feito, limitou a comprobación do cálculo das desviacións de financiamento rexistradas no resultado orzamentario e remanente de tesourería aprobados.

− A falta de resposta dunha entidade bancaria (Banco Gallego), á confirmación de saldos solicitada, supuxo unha limitación a efectos de contrastar a información facilitada polo Concello.

I.3.

NORMATIVA REGULADORA

A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

− Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP).

− Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL). − Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL). − Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

− Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas. − Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia. − Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia (LFPG). − Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG). − Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

_______________________________________________________________________________________ 2

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

− Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de Administración Local.

− Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das entidades locais.

− Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF).

− Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional (RFHN).

− Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). − Real Decreto Lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral Orzamentaria (TRLXO).

− Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria (LXO). − Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

− Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

− Real Decreto 1328/1997, do 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ós investimentos das Entidades Locais.

− Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

− Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

− Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

− Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

− Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos orzamentos das Entidades Locais.

− Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

_______________________________________________________________________________________ 3

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO II.1. ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS O municipio de Pontedeume (A Coruña), ten unha extensión de 29,3 Km2 e unha poboación de dereito de 8.694 habitantes en 2004. No período 1991-2004 o municipio perdeu 123 habitantes, o que representa unha redución do 1,4% nestes anos. As cifras do cadro xunto mostran un municipio con taxa de envellecemento inferior á media galega, con poboación ocupada basicamente no sector servizos e na industria, e cunha taxa de paro do 6,9% en 2005. A súa renda dispoñible per cápita en 2004 é de 10.868 euros por habitante, segundo o Atlas Socioeconómico de Galicia 2006, publicado por Caixanova. A renda dispoñible per cápita galega é de 10.784 euros en 2004, equivalente ao 85,9% da renda media española (12.560 euros). Indicadores socioeconómicos 1. Poboación (2004) Menores 16 anos Entre 16 e 64 anos Máis de 64 anos 2. Ocupados (Censo 2001) S. Primario Construción Industria Servizos 3. Nº Desempregados/Taxa de Paro (2005)

8.694 1.089 5.881 1.724 3.039 127 365 696 1.851 528

4. Renda dispoñible por hab. (2004)

100 12,5 67,7 19,8 100 4,2 12,0 22,9 60,9 6,9 (*) 10.868 euros

Fontes: INE, IXE e Atlas Socioeconómico de Galicia 2005 e 2006, Caixanova. (*) Taxa de paro: número parados rexistrados no INEM dividido entre a poboación maior de 15 anos.

II.2. COMPOSICIÓN DA CORPORACIÓN A Corporación Municipal resultante dos procesos electorais celebrados durante o período fiscalizado, presenta a seguinte composición: Grupos políticos PSdG-PSOE PP BNG COE (*) EG-OV (**) IEP (***) (*) Círculo de Opinión Eumés (**) Esquerda Galega-Os Verdes (***) Independentes en Pontedeume

Mandato 1999-2003 4 4 2 –

Mandato 2003-2007 3 3 3 3

1



2

1

_______________________________________________________________________________________ 4

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

III. ORZAMENTO, LIQUIDACIÓN E CONTA XERAL III.1. ORZAMENTO Examináronse os expedientes de tramitación do Orzamento correspondentes aos exercicios 2000 a 2004, coa finalidade de verificar a súa aprobación en prazo (31 de decembro), segundo o establecido nos artigos 149 e seguintes da LRFL (artigo 168 e seguintes do TRLRFL). Os resultados da análise móstranse no seguinte cadro: EXERCICIO

APROBACIÓN ORZAMENTO INICIAL ENTRADA EN VIGOR

INCIDENCIAS

2000

16/12/99

14/02/00

Incumprimento prazo (artigo 150.2 LRFL)

2001

12/02/01

02/04/01

Incumprimento prazo (artigo 150.2 LRFL)

2002

21/12/01

05/02/02

Incumprimento prazo (artigo 150.2 LRFL)

2003

13/02/03

15/03/03

Incumprimento prazo (artigo 150.2 LRFL)

2004

03/02/04

15/03/04

Incumprimento prazo (artigo 169.2 TRLRFL)

A aprobación definitiva do orzamento destes exercicios, efectuouse despois do período establecido legalmente, incumprindo o disposto no artigo 150 LRFL (actualmente, artigo 169 do TRLRFL). Este feito, provocou que entraran en vigor entre febreiro e abril do exercicio, desvirtuando a función programadora do orzamento e afectando á execución de investimentos, subvencións e, en xeral, ao conxunto da actividade económico-financeira da Entidade. Ademais, non consta a realización dos axustes por prórroga establecidos no artigo 21 do RD 500/1990.

III.2. LIQUIDACIÓN Analizáronse expedientes de aprobación das liquidacións orzamentarias correspondentes aos exercicios 2000 a 2004, co fin de verificar o cumprimento das disposicións recollidas nos artigos 172 e seguintes da LRFL, actualmente 191 e seguintes do TRLRFL (confección da liquidación antes do 1 de marzo, aprobación e remisión de copia á Administración do Estado e Comunidade Autónoma). As incidencias detectadas reflíctense no seguinte cadro: INCIDENCIAS

EXERCICIO

APROBACIÓN

2000

21/06/01

Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL)

2001

18/06/02

Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL)

2002

06/05/03

Incumprimento prazo (artigo 172 LRFL)

2003

27/05/04

Incumprimento prazo (artigo 191 TRLRFL)

2004

19/05/05

Incumprimento prazo (artigo 191 TRLRFL)

_______________________________________________________________________________________ 5

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

A información orzamentaria agregada de dereitos e obrigas que figura na liquidación dos exercicios 2003 e 2004, preséntase no cadro seguinte:

INGRESOS MUNICIPAIS 2003-2004 CONCEPTO

(dereitos recoñecidos netos) 2003 %

GASTOS MUNICIPAIS 2003-2004 (obrigas recoñecidas netas)

2004

%

Tributos

2.537.617,35

53,4 2.541.597,25

51,7

Imp. directos

1.351.066,32

28,4 1.208.623,15

24,6

Imp. Indirectos

178.338,02

3,8

196.464,30

4,0

CONCEPTO

2003

%

2004

%

Consumo público

3.478.545,11

76,7

3.703.657,28

76,9

Persoal

1.983.345,25

43,7

2.031.471,01

42,2

Bs. corrtes. e serv.

1.495.199,86

33,0

1.672.186,27

34,7

104.375,61

2,3

88.575,54

1,9 1,9

Taxas e outros ingresos

1.008.213,01

21,2 1.136.509,80

23,1

Transferencias

2.195.838,65

46,2 2.336.091,70

47,5

Correntes

82.175,90

1,8

88.575,54

Correntes

1.820.678,73

38,3 1.986.495,21

40,4

Capital

22.199,71

0,5

0

Carga financeira

308.999,74

6,8

274.265,52

5,7

Investimentos reais

631.970,45

13,9

738.666,12

15,3

Capital

375.159,92

Pasivos financeiros

7,9

349.596,49

0

Outros dereitos

21.070,99

TOTAL

4.754.526,99

7,1

0 0,4

Transferencias

40.654,08

0,8

Outros

100 4.918.343,03

100

TOTAL

100

100

90

90

80

80

70

70

60

13.830,99

0,3

10.743,04

0,2

4.537.721,90

100

4.815.907,50

100

77

77

60

53

52 48

46

50

50

40

40

30

30

20

20

10

10

15

14

0

0 1

Tributos propios

2003

1

2

Transferencias

Consumo público

2004

2003

2

Investimentos reais

2004

Os tributos propios representaron, respectivamente, o 53% e 52% do total dos ingresos. En 2003 e 2004, estes tributos equivalen a 290,1 euros por habitante e 292,3 euros por habitante, respectivamente. No 2004 alcanzan o 139% da presión fiscal media dos municipios galegos deste tramo poboacional e o 66,3% da presión fiscal media dos municipios españois. As transferencias recibidas nos exercicios 2003 e 2004 supoñen, respectivamente, o 46% e 48% do total dos dereitos recoñecidos netos.

_______________________________________________________________________________________ 6

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

III.3. CONTA XERAL A conta xeral correspondente ao exercicio 2003 aprobouse en prazo o día 30 de setembro de 2004, rendéndose ao Consello de Contas, fóra de prazo, o día 26 de xaneiro de 2005. A conta xeral de 2004, aprobouse fóra de prazo o 7 de novembro de 2006, e rendeuse ao Consello de Contas o día 23 de febreiro de 2006, con máis de catro meses de atraso respecto do prazo legal establecido. A conta xeral de 2001 foi rendida o 15 de outubro de 2002 e a conta de 2002 foi rendida fóra de prazo o 10 de febreiro de 2004. As causas alegadas polo Alcalde, para explicar o atraso no envío das contas dos anos 2003 e 2004, contéñense en escrito incluído como anexo a este Informe, no que se indica, como xustificación, a limitación de medios, tanto persoais como materiais, para subministración da información. Na actualidade, a rendición de contas regúlase nos artigos 212 e 223 do TRLRFL, nos artigos 25 a 28 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, no artigo 48 do seu Regulamento de Réxime interior e no artigo 42.3 da Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

_______________________________________________________________________________________ 7

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

IV. CONTABILIDADE, ORZAMENTARIA

CONTROL

INTERNO

E

XESTIÓN

IV.1. CONTABILIDADE O Concello ten implantada a Instrución de Contabilidade para Administración Local (ICAL), aprobada pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de xullo de 1990. Porén, na súa aplicación efectiva detectáronse as seguintes debilidades:

− No Balance de situación non se rexistraron amortizacións por depreciación de elementos do inmobilizado material (regra 212 ICAL) e inmaterial (216 ICAL) e non se dotaron tódalas provisións esixidas na ICAL.

− O Concello non dispón do libro de Inventarios e Balances, polo que se incumpre o disposto nas regras 60 e 64 da ICAL. Os demais libros obrigatorios (principais e auxiliares) dos anos obxecto de fiscalización non están impresos en soporte papel. Porén, proporcionáronse, sen encadernar e foliar, os maiores de contabilidade orzamentaria e financeira solicitados para esta fiscalización, nos que non consta dilixencia acreditativa da súa natureza e número de folios asinada polo interventor, incumprindo o disposto na regra 61 da ICAL.

− O Concello non realizou o seguimento e control de gastos con financiamento afectado de acordo co establecido na regra 381 da ICAL. Non obstante, achegouse documentación xustificativa das desviacións de financiamento rexistradas no resultado orzamentario e remanente de tesourería aprobados. A través da realización de probas substantivas, comprobouse a coherencia interna da información contable rexistrada nos estados, libros e documentos de contabilidade solicitados, aínda que se detectaron as debilidades que figuran como incidencias nos distintos epígrafes deste Informe.

IV.2. CONTROL INTERNO − Durante os anos 2003 e 2004 formuláronse oito reparos de legalidade, sobre determinados aspectos da actividade económico-financeira municipal, que se sintetizan en insuficiencia de crédito, falta de expediente administrativo e non retención de IRPF en diversas facturas presentadas ao Concello. Tódolos reparos suspensivos foron resoltos polo Pleno, de acordo co preceptuado no artigo 198.2.a) da LRFL (artigo 217.2.a) do TRLRFL).

− As dilixencias de apertura e peche dos libros de actas da Comisión de Goberno (Xunta de Goberno Local) e de Pleno, correspondentes ao período fiscalizado, non están asinadas polo responsable de Secretaría. Esta incidencia, tamén se produce no libro de Resolucións _______________________________________________________________________________________ 8

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

do Alcalde. En consecuencia, infrinxíronse as esixencias reguladas nos artigos 198 a 200 do ROF.

IV.3. XESTIÓN ORZAMENTARIA Neste epígrafe detállanse as deficiencias e irregularidades detectadas con carácter xeral, así como debilidades e incumprimentos nas diferentes áreas examinadas e que se concretan no seguinte:

− Non se dispón, no período fiscalizado, dun inventario de bens completo e actualizado, polo que se incumpre o disposto no artigo 86 do TRRL e 17 e seguintes concordantes do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por RD 1372/1986, do 13 de xuño.

− A Base número 25 de execución do orzamento dos exercicios 2003 e 2004, que regula as ordes de pago a xustificar, non establece límites cuantitativos, aspecto que se debería determinar necesariamente para dar cumprimento ao apartado e) do artigo 72.2 do RD 500/1990. Tampouco se especifican os conceptos orzamentarios de aplicación, como esixe o artigo 72.2.f) do RD 500/1990, ao establecer que se limitarán aos diversos conceptos do capítulo 2º da clasificación económica do orzamento de gastos. Ademais, non existe o libro ou rexistro de mandamentos de pago a xustificar, previsto na regra 362 da ICAL. A continuación descríbense as incidencias máis significativas detectadas nas áreas analizadas.

IV.3.1. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS O Pleno do Concello aprobou tres expedientes de recoñecemento extraxudicial de créditos no ano 2003 (por facturas que totalizan 56.479,20 euros), outros tres expedientes en 2004 (por importe de 84.050,27 euros), e dous no ano 2005 (71.433,82 euros). Trátase, en xeral, de gastos correntes sen suficiente consignación orzamentaria, pero existen tamén gastos de capital nos que a execución do gasto non seguiu o procedemento legalmente establecido. Verificouse a existencia, nos ditos expedientes, de informe de Intervención e de Secretaría, ditame da Comisión de Contas, así como acordo de aprobación polo Pleno. Non obstante, o Concello utiliza de forma reiterada (non con carácter excepcional) o recoñecemento extraxudicial de créditos previsto nos artigos 60.2 e 26.2,c) do RD 500/1990, por conseguinte, quebrase do principio de especialidade (cuantitativa e temporal) recollido nos artigos 154.5 e 157.1 da LRFL (artigos 173.5 e 176.1 do TRLRFL), ao realizar gastos sen crédito nin procedemento e convalidalos e imputalos ao exercicio seguinte. Deste comportamento poderíanse derivar responsabilidades. Verificouse que o expediente número 1/2005, por importe de 55.315,90 euros, conten na súa totalidade facturas do ano 2004. De aplicar adecuadamente os Principios Contables _______________________________________________________________________________________ 9

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Públicos, estes gastos deberíanse rexistrar como obrigas recoñecidas dese exercicio e, polo tanto, afectarían ao cálculo teórico do resultado orzamentario e remanente de tesourería nesa cantidade.

IV.3.2. TRANSFERENCIAS RECIBIDAS Analizouse a contabilización da transferencia do Estado e do Fondo de Cooperación Local do exercicio 2004. Tamén se analizaron os dereitos recoñecidos pendentes de cobro por transferencias que figuran na contabilidade municipal a fin de exercicio 2004. Transferencia do Estado

O Concello rexistrou no concepto 42000 Participación tributos do Estado, dereitos recoñecidos por importe de 1.194.161.95 euros. A contabilización da participación nos tributos do Estado dos meses de xaneiro a novembro de 2004, adecuouse ao previsto no artigo 144.a) da LRFL (artigo 163.a) do TRLRFL). A liquidación do mes de decembro, por importe de 92.168,83 euros, así como a liquidación definitiva do exercicio 2003, por importe de 88.135,98 euros, contabilizáronse correctamente no exercicio 2004, cando se produce o ingreso. Fondo de Cooperación Local

Non se detectaron incidencias significativas na contabilización da participación do Concello neste Fondo. Contabilización dos dereitos pendentes de cobro a fin de exercicio 2004 por transferencias recibidas

O Concello rexistrou compromisos de ingreso concertados nos capítulos 4 e 7 (transferencias correntes e de capital) como dereitos recoñecidos. En concreto, os dereitos por subvencións correntes incorrectamente contabilizados suman 121.943,36 euros (38.291,19 euros, de achegas da Xunta; e 83.652,17 euros, da Deputación). Así mesmo, verificouse que os dereitos recoñecidos da obra Beirarrúas na avenida Ricardo Sánchez (transferencias de capital), por importe de 100.113,47 euros, rexistráronse con carácter previo ao envío da documentación xustificativa á Deputación. Desta forma, as transferencias recibidas figuran sobrevaloradas en 222.056,83 euros. Non obstante, o Concello rexistrou desviacións de financiamento positivas por importe de 80.531,46 euros, no resultado orzamentario e no remanente de tesourería de 2004. Desta cantidade, 4.429,44 euros proceden dunha subvención da Deputación por gastos da contratación dun animador deportivo; e o resto, por importe de 76.102,02 euros, da obra Beirarrúas na avenida Ricardo Sánchez.

_______________________________________________________________________________________ 10

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Si se exclúen estas desviacións de financiamento (80.531,46 euros) dos importes incorrectamente rexistrados como dereitos recoñecidos (222.056,83 euros), xa que figuran entre os axustes do resultado orzamentario e remanente de tesourería de 2004, o importe que procedería reducir nos dereitos recoñecidos das ditas magnitudes, para cinguirse aos criterios contables da ICAL, totalizaría 141.525,37 euros.

IV.3.3. SUBVENCIÓNS OUTORGADAS O Concello non aprobou bases de concesión de subvencións nos exercicios 2003 e 2004. Pero regulouse no Título V das Bases de execución do orzamento, entre outros aspectos, o procedemento para a concesión de axudas e subvencións, forma e prazos de presentación de solicitudes e modo de xustificación. Analizáronse as subvencións concedidas no exercicio 2004 ao Club Náutico Firrete, por importe de 2.163,60 euros, e á Sociedade Deportiva Eumesa, por 2.500,00 euros. Ademais, revisouse a xustificación da dotación económica achegada en 2004 aos grupos políticos con representación municipal. Como resultado do traballo efectuado sobre as dúas subvencións sinaladas (cuxa xustificación da aplicación de fondos a súa finalidade figura no expediente), detectáronse as seguintes incidencias:

− Estas subvencións concedéronse sen que se acredite no expediente o cumprimento dos principios de publicidade, obxectividade e concorrencia. Neste sentido, consta informe de Secretaría e Intervención advertindo ao órgano de concesión, con carácter previo á adopción do acordo, sobre a necesidade de outorgar subvencións de conformidade cos ditos principios.

− Segundo o disposto na Base número 47 de execución do orzamento de 2004, o órgano competente para outorgar subvencións que non superen a cantidade de 2.404,05 euros é o Alcalde. Pero a subvención ao Club Náutico Firrete (por un importe inferior), concedeuse pola Xunta de Goberno Local sen que exista acto expreso de delegación. Sen prexuízo do anterior, o acordo de concesión destas dúas subvencións vulnera o artigo 54.1.f) da LRXAP e PAC, por canto non se motivou suficientemente.

− Non consta o cumprimento das esixencias establecidas nos apartados 4 e 5 da Base número 47 de execución do orzamento de 2004, nos expedientes facilitados. Así, non se acredita estar ao corrente de obrigas tributarias e que non existen subvencións recibidas do Concello pendentes de xustificar. Tampouco consta a comunicación da obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedente, no seu caso, doutras Administracións.

_______________________________________________________________________________________ 11

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

− Nos expedientes revisados non figura a seguinte documentación esixida na Base número 54 de execución do orzamento de 2004: a) memoria explicativa das actividades realizadas durante o último ano ou tempada; b) memoria explicativa das actividades a realizar; c) orzamento de ingresos e gastos da actividade con expresión do financiamento previsto; e d) certificación dos cargos representativos e domicilio social, con fotocopia compulsada do DNI ou CIF.

− En relación ás achegas a grupos políticos municipais, aprobadas en sesión plenaria do 28 de outubro de 2004, verificouse o cumprimento do disposto no parágrafo segundo do artigo 73.3 da LRBRL. Porén, a interventora emitiu informe, de data 26 de decembro de 2005, respecto á xustificación destas cantidades, no que se advirte o seguinte: • Que o grupo Independentes por Pontedeume acompañou recibos pero non acreditou o seu pago, polo tanto, non se xustificou a aplicación de fondos á súa finalidade. Ao termo dos traballos de campo desta auditoría (novembro, 2006), non consta a xustificación do pago. Por esta circunstancia, en caso de non xustificar adecuadamente a aplicación dos fondos recibidos, procedería o reintegro das cantidades entregadas e a esixencia dos xuros de demora correspondentes, como establece o artigo 37 da LXS. • Advírtese tamén, respecto á memoria que presenta o grupo político do Círculo Opinión Eumés, que a achega concedida por este grupo ao Club Náutico Firrete como subvención ao deporte local, por importe de 300 euros; así como a subvención para axuda á conservación do patrimonio local, concedida ao párroco da igrexa de Santiago (Pontedeume), por importe de 500,00 euros, se ben non contradín o disposto na normativa (que impide o pago de remuneracións ao persoal ou que se adquiran activos fixos de carácter patrimonial con cargo á subvención), non se poden considerar actividades de funcionamento do grupo político municipal, que atendendo a unha interpretación finalista da Lei serían as únicas actuacións a financiar.

− Por último, en relación coa memoria presentada polo Bloque Nacionalista Galego, sobre traballos realizados en 2004 para distintas campañas electorais do BNG, informa a interventora que a xustificación do gasto realizado debería corresponder a actividades do grupo político municipal, para dar cumprimento á finalidade da norma.

− Ademais do anterior, comprobouse na documentación facilitada que non se xustificou o cumprimento do apartado quinto da Base de execución do orzamento número 69 de 2004 por ningún grupo político con representación municipal. En concreto, non se acredita estar ao corrente de obrigas tributarias co Concello, e que non quedou pendente de xustificar ningunha dotación económica desta natureza.

_______________________________________________________________________________________ 12

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

IV.3.4. CARGOS ELECTOS − O artigo 75.4 da LRBRL determina que os membros das Corporacións Locais percibirán indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio do seu cargo. Verificouse que o alcalde e un concelleiro percibiron axudas de custo, no exercicio 2004, sen que conste xustificación suficiente que acredite o gasto realizado. Así, nos expedientes analizados figuran propostas indicando a identificación do comisionado, o seu cargo, o obxecto do desprazamento, días con especificación de horas de saída e regreso, medio de locomoción e punto de destino. Consta tamén documento de liquidación de axudas de custo e indemnización por quilometraxe, así como resolución de aprobación do gasto e orde de pago. Porén, á dita proposta non se xuntan facturas ou xustificantes dos gastos ocasionados, polo que non se considera suficiente documentación para acreditar a efectividade do gasto realizado.

IV.3.5. PERSOAL O capítulo I do estado de gastos da liquidación do orzamento de 2004, presenta obrigas recoñecidas por importe de 2.031.471,01 euros. En termos porcentuais supón o 53% dos gastos correntes e o 42% dos gastos totais contabilizados. Persoal funcionario

Como resultado das revisións efectuadas detectáronse as seguintes ausencias de documentación que, de acordo coa normativa aplicable, debería ter elaborado o Concello:

− Non existe Rexistro de Persoal, previsto no artigo 13 LMRFP e esixido no artigo 90.3 da LRBRL.

− O Concello non elaborou a relación de postos de traballo que establece o artigo 16 da LMRFP, 90.2 da LRBRL e 126.4 do TRRL.

− Respecto á Oferta de Emprego Público (OEP) de 2003, única existente no período fiscalizado, comprobouse que se aprobou (Decreto de Alcaldía do 6 de xuño de 2003) e publicou (BOE do 27 de agosto de 2003), incumprindo o previsto no artigo 128.1 do TRRL, ao superar o prazo dun mes dende a aprobación definitiva do orzamento (10 de marzo de 2003). Esta OEP ampliouse, por Resolución de Alcaldía do 11 de decembro de 2003, con dúas novas prazas de persoal funcionario e unha de laboral. A súa publicación efectuouse o 15 de xaneiro de 2004 no BOE.

− Na plantilla aprobada para o exercicio 2004, existen vinteseis postos de traballo suxeitos a estatuto funcionarial, dos cales sete, procedentes da OEP de 2003, figuran como vacantes sen que se realizasen, ata a finalización dos traballos de campo desta fiscalización (novembro, 2006), os correspondentes procesos selectivos. Incumpriuse, desta forma, o _______________________________________________________________________________________ 13

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

disposto no artigo 5 do RD 896/1991, respecto á obrigatoriedade de convocar polo Presidente da Corporación, no prazo legalmente establecido, as probas selectivas de tódalas prazas incluídas na oferta de emprego público. O artigo 29 da LFPG establece, neste sentido, que dentro do primeiro trimestre seguinte á aprobación da oferta, procederase a convocar as probas selectivas de acceso ás prazas vacantes.

− Solicitouse ao Concello certificación sobre a forma de acceso do persoal á función pública local. De acordo coas comprobacións efectuadas, verificouse que o sistema utilizado no caso de catro funcionarios, que tomaron posesión o 4 de outubro de 2001, foi o concurso-oposición por promoción interna. Segundo o disposto no artigo 2 do RD 896/1991, o ingreso na función pública local realizarase con carácter xeral a través de oposición, agás naqueles casos nos que pola natureza das prazas ou funcións a desempeñar sexa máis adecuado o concurso-oposición. O Concello non motiva a elección deste sistema e, polas características destes postos de traballo (administrativos de administración xeral), non se producen circunstancias que indiquen que sexa máis conveniente esta forma de ingreso, que o de oposición. Verificouse tamén que o programa de materias, que figura como Anexo ás bases da convocatoria, conten tan só vinte temas cando, de conformidade co determinado no artigo 8.3 do RD 896/1991, o número mínimo é de corenta para o ingreso en subescalas do grupo C.

− En relación co réxime retributivo constatouse, a través da información contida no Anexo de persoal incluído no orzamento de 2004, que o importe consignado en concepto de complemento de produtividade ascende a 56.098,64 euros, e representa o 37,68% da masa retributiva global presupostada, excedendo o límite do 30% establecido para este complemento no artigo 7.2.b) do RD 861/1986, do 25 de abril.

− Ademais do anterior, verificouse que o persoal funcionario percibiu unha cantidade fixa mensual en concepto de complemento de produtividade. Este feito, vulnera a natureza do dito complemento, previsto nos artigos 23.3.c) da Lei 30/1984 e 5 do RD 861/1986, xa que non se retribúe o especial rendemento, actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeña o seu traballo, senón que se estableceu unha retribución complementaria fixa e periódica, sen a oportuna valoración obxectiva da actividade realizada por cada traballador.

− Así mesmo, nos meses de xuño e decembro de 2004, os funcionarios cobraron un complemento denominado produtividade extra, establecido no artigo 38 do Acordo regulador das condicións de traballo, pero non contemplado no artigo 23 da LMRFP, que é a suma do complemento de destino e específico de cada posto. En consecuencia, estanse percibindo pagas extraordinarias que inclúen o importe de retribucións complementarias, en contra do disposto no artigo 2.2 do RD 861/1986.

_______________________________________________________________________________________ 14

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

− Por último, resaltar que nos supostos de licenzas, vacacións ou permisos dos titulares da Secretaría, Intervención e Tesourería, retribúese aos substitutos a través de complementos non incluídos no artigo 23 da LMRFP. Estas substitucións, que recaen sempre nos mesmos traballadores, páganse a través dun concepto denominado mellora de complementos, que consiste na diferenza entre os complementos de destino e específico dos titulares destes postos e o importe que corresponde aos substitutos. Pero ademais se paga a diferenza do complemento de produtividade a través doutro concepto denominado mellora produtividade. Co pago destes complementos vulnérase o réxime de retribucións previsto no RD 861/1986. Realizouse unha análise dos anticipos reintegrables pagados no ano 2004 a persoal do Concello. A normativa vixente, contida no Real Decreto Lei 2608/1929, do 16 de decembro, establece que a contía dos anticipos será do importe dunha ou dúas pagas do haber líquido, cando se necesiten para necesidades urxentes (artigo 1), e non comprenderá retribucións complementarias (artigo 2.1). O reintegro, sen xuros, débese producir nos dez meses seguintes si se trata dunha paga, ou de catorce cando sexan dúas mensualidades (artigo 2.3).

− Como resultado das probas efectuadas, evidenciouse o incumprimento da contía e do prazo de reintegro en tres expedientes revisados. En dous casos concedéronse por importe de 3.000,00 euros, e noutro por 1.803,04 euros, sen respectar os límites cuantitativos previstos normativamente. O prazo de reintegro tamén se infrinxiu, ao fixar a súa devolución en corenta e oito e vintecatro mensualidades, respectivamente.

− En tódolos expedientes consta informe de Intervención indicando que estes anticipos se axustan ás Bases de execución do orzamento, e ao Acordo regulador das condicións de traballo do persoal. Pero non se advirte do incumprimento das prescricións contidas no Real Decreto Lei 2608/1929.

− Con respecto á percepción de axudas de custo por funcionarios, o Concello regula as indemnizacións por razón de servizo na Base número 42.4 de execución do orzamento de 2004. Establécese que os funcionarios de nivel oito ou superior (independentemente do grupo de titulación ao que se pertenza), se asimilen ao Grupo 2 do Anexo I do RD 462/2002, do 24 de maio. Por este motivo, funcionarios que non pertencen aos grupos A ou B percibiron axudas de custo de grupo superior, feito prohibido polo artigo 13 deste Real Decreto. Nos expedientes revisados non consta informe de Intervención advertindo esta irregularidade.

_______________________________________________________________________________________ 15

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Persoal laboral

O Anexo de Persoal, que se une ao Orzamento de 2004, presenta corenta e un postos de traballo suxeitos a lexislación laboral de actividade permanente, dos que catorce figuran como ocupados temporalmente. Tamén constan vinte e oito prazas de persoal laboral de actividade temporal, sen que se consignen vacantes.

− Respecto ao persoal laboral fixo a 31 de decembro de 2004, certificouse que o sistema de acceso en tódolos postos foi o concurso-oposición. Como resultado da análise de dous expedientes (auxiliares administrativos), constatouse que figuran contratos laborais temporais anteriores e sucesivos, dende os anos 1992 e 1994, respectivamente, ata a súa contratación indefinida no ano 1997, con interrupcións de poucos días entre a finalización dun contrato e a formalización do seguinte a favor do mesmo traballador. Non consta documentación acreditativa da superación de procesos selectivos con carácter previo á adquisición da condición de persoal laboral fixo. E, aínda que existen, nestes expedientes, ofertas xenéricas de emprego remitidas ao INEM, non se acredita suficientemente a realización de actuacións necesarias que garanten o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, desenvolvidos nos artigos 91 e 103 da LRBRL e 177 do TRRL, que deben presidir a selección de todo o persoal ao servizo da Entidade.

− Analizáronse catro expedientes de traballadores que ocupaban postos de actividade temporal a 31 de decembro de 2004 (auxiliar administrativo de servizos sociais, auxiliar da área de formación, normalizadora lingüista e educadora social), verificando que foron contratados inicialmente nos anos 1990, 1992, 1994 e 1995, respectivamente, utilizando a modalidade de obra ou servizo determinado. Dende esas datas e ata a actualidade (novembro de 2006), permanecen contratados polo Concello na mesma situación de provisionalidade. Polo conseguinte, incúmprese o disposto no artigo 4 do RD 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, ao cubrir necesidades de persoal de carácter permanente con este tipo de contratos. Así mesmo, evidénciase, desta forma, que na práctica a Administración está convertendo o contrato temporal en indefinido, feito prohibido expresamente no artigo 9.3 da Lei 4/1988, da Función Pública de Galicia.

IV.3.6. CONTRATACIÓN O Concello certificou que durante o exercicio 2004, ademais de contratos menores, formalizáronse catro expedientes de contratación de obras e dous de subministración. Dos catro expedientes de obras, tres adxudicáronse por procedemento negociado sen publicidade (por razón de contía), o outro por poxa. Os dous expedientes de subministración adxudicáronse por concurso. _______________________________________________________________________________________ 16

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Como resultado das comprobacións efectuadas no expediente de Pavimentación de camiños de Vizús a Castrelo, destácanse as seguintes incidencias:

− No acordo de incoación do expediente xustifícase o procedemento negociado por razón da contía da obra (orzamento de licitación inferior a 60.101,21 euros), e pola concreción do seu obxecto, que admite pola súa sinxeleza o prezo máis baixo como criterio de selección. Non obstante, de conformidade co artigo 75 TRLCAP, a poxa ou o concurso son as formas normais de adxudicación dos contratos.

− Remitiuse invitación a tres empresas, concedendo un prazo de 8 días naturais para presentar a documentación. O prazo venceu o día 28 de maio de 2004, data na que se presentaron as tres ofertas. A máis vantaxosa, en termos económicos, foi a da empresa Concifa, SL, a quen se adxudicou o contrato polo prezo de 32.306,97 euros (baixa de 300,00 euros), o día 1 de xuño de 2004.

− A empresa adxudicataria recibiu a notificación da resolución do expediente o día 30 de xuño de 2004. Con esta mesma data asinouse o contrato administrativo da obra, e constituíuse, ese mesmo día tamén, a fianza definitiva. Segundo consta na certificación número un e final, expedida o día 15 de xullo de 2004, as obras foron realizadas polo contratista durante o período comprendido entre o 29 de xuño de 2004 e o 15 de xullo de 2004, evidenciándose, desta forma, o inicio das obras con anterioridade á notificación da adxudicación e sinatura do contrato.

− O pago da certificación de obra realizouse o día 8 de novembro de 2004, superando o prazo previsto no artigo 99.4 do TRLCAP. Este feito, podería supoñer un prexuízo económico ao Concello, no caso de ter que aboar ao contratista os xuros legais do diñeiro incrementado en 1,5 puntos, das cantidades adebedadas.

− Non consta no expediente de contratación a acta de comprobación do planeamento da obra, esixida no artigo 142 do TRLCAP 1 . Tampouco figura resolución do órgano de contratación aprobatoria da liquidación da obra (artigo 110 TRLCAP), nin a acreditación da devolución da fianza, incumprindo o disposto no artigo 47.4 do TRLCAP.

IV.3.7. URBANISMO − O Concello non dispón, no período fiscalizado, de Plan Xeral de Ordenación Municipal que defina os elementos de ordenación do territorio e clasifique o solo delimitando o réxime xurídico aplicable. En ausencia de Plan Xeral, a ordenación urbanística realizouse a través de Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 12 de xuño de 1986. 1

Parágrafo modificado como consecuencia das alegacións formuladas polo Concello.

_______________________________________________________________________________________ 17

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

− Comprobouse, en catro expedientes, o control urbanístico efectuado polo Concello a través da licenza, que comprende tres aspectos regulados nos artigos 194.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 9 do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia, aprobado por Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro: a) a adecuación do que se solicita coa ordenación urbanística aplicable (neste caso, Normas Subsidiarias de Planeamento); b) que o aproveitamento proxectado axústase ao aproveitamento susceptible de apropiación; e c) que a obra ou uso proxectado reúnen as condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, e demais condicións técnicas da edificación.

− En tódolos expedientes revisados xustifícase a adecuación formal da concesión de licenzas aos tres aspectos anteriormente sinalados. Porén, non consta a pertinente comprobación administrativa, unha vez finalizada a construción, que permita practicar a correspondente liquidación definitiva do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras en función do custo real e efectivo da obra, a que obriga o artigo 104 LRFL (artigo 103 do TRLRFL). A infracción desta disposición sobre liquidación e administración de recursos públicos, podería dar lugar, de existir prexuízo para as arcas municipais, á esixencia de responsabilidade contable.

− Ademais do anterior, segundo se acredita en certificación expedida polo Concello, outorgáronse sete licenzas de primeira ocupación en 2003 e catro no ano 2004. Certificouse, a existencia de catorce expedientes de reposición de legalidade urbanística incoados en 2003 e de oito en 2004. Revisáronse catro dos oito expedientes de 2004, verificando que se referían a obras sen a preceptiva licenza municipal. Non consta nos expedientes documentación que permita determinar se estas obras son legalizables e si se realizaron actuacións para o cobro do ICIO e da taxa correspondente. Circunstancias das que se poderían xerar responsabilidades. Así mesmo, o Concello certificou que nestes exercicios non se iniciou ningún expediente sancionador asociado por infracción urbanística.

_______________________________________________________________________________________ 18

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

V. MAGNITUDES EXERCICIO 2004

DA

LIQUIDACIÓN

DO

ORZAMENTO.

V.1. RESULTADO ORZAMENTARIO Segundo a contabilidade municipal, os dereitos recoñecidos netos do exercicio 2004 ascenderon a 4.918.343,03 euros. As obrigas recoñecidas netas foron 4.815.907,50 euros. Polo tanto, aprobouse un resultado orzamentario con superávit de 102.435,53 euros. O resultado orzamentario axustado, consecuencia das desviacións de financiamento e dos gastos financiados con remanente líquido de tesourería, cifrouse en 280.645,16 euros.

− De acordo coas incidencias contables sinaladas no epígrafe IV.3.I. Recoñecemento extraxudicial de créditos (55.315,90 euros) e de ter en conta o exceso de recoñecemento de dereitos por subvencións (141.525,37 euros), que se deberían rexistrar no exercicio seguinte (epígrafe IV.3.2 Transferencias recibidas), xeraríase un resultado orzamentario menor, que se situaría en 83.803,89 euros.

V.2. AFORRO NETO Sen prexuízo do establecido no artigo 54 da LRFL (artigo 53 TRLRFL), e segundo os datos da contabilidade municipal, neste epígrafe determinouse o aforro neto do exercicio, calculado como diferenza entre dereitos e obrigas recoñecidas netas por operacións correntes menos as obrigas recoñecidas de pasivos financeiros. O seu detalle preséntase no cadro seguinte: Descrición

Importe (2004)

a) Dereitos recoñecidos (capítulos 1 a 5)

4.556.225,99

b) Obrigas recoñecidas (capítulos 1, 2, 3 e 4)

3.814.847,31

AFORRO BRUTO (a – b)

741.378,68

c) Obrigas recoñecidas (capítulo 9)

251.651,03

AFORRO NETO (a – b – c)

489.727,65

O aforro neto, sen ter en conta os defectos de cuantificación detectados, cifrouse en 489.727,65 euros e representa a capacidade para acometer investimentos sen acudir a financiamento alleo.

_______________________________________________________________________________________ 19

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

V.3. SALDO NON FINANCEIRO Aforro bruto, saldo non financeiro e necesidade de endebedamento do exercicio 2004 1. Ingresos correntes

4.556.225,99

2. Gastos correntes

3.814.847,31

3. Aforro bruto (1-2)

741.378,68

3. Aforro bruto

741.378,68

4. Ingresos de capital

349.602,43

5. Gastos de capital

738.666,12

6. Saldo non financeiro (3+4-5)

352.314,99

6. Saldo non financeiro

352.314,99

7. Saldo activos financeiros

1.771,57

8. Pasivos financeiros

251.651,03

9. Capacidade de endebedamento (6+7-8)

102.435,53

Segundo a liquidación do orzamento aprobado, o saldo non financeiro positivo revela a capacidade de financiar o esforzo inversor da Entidade con aforro corrente e ingresos de capital. A capacidade de endebedamento expresa que existen recursos suficientes no exercicio para sufragar o conxunto de gastos orzamentarios.

V.4. REMANENTE DE TESOURERÍA O estado de remanente de tesourería aprobado presenta a seguinte información: ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERÍA

IMPORTES (2004)

2.807.193,88

1. (+) DEBEDORES PENDENTES DE COBRO NO FIN DO EXERCICIO De Orzamento de ingresos. Orzamento Corrente De Orzamentos de ingresos. Orzamentos Pechados Doutras operacións non orzamentarias Saldos de dubidoso cobro (-) Ingresos realizados pendentes de aplicación (-)

1.249.953,42 2.270.309,28 9.427,95 696.964,65 25.532,12

2.765.461,39

2. (-) ACREDORES PENDENTES DE PAGO NO FIN DO EXERCICIO De Orzamento de gastos. Orzamento corrente De Orzamento de gastos. Orzamentos pechados

1.176.107,78 1.409.897,66

De Orzamento de Ingresos Doutras operacións non orzamentarias Pagos realizados pendentes de aplicación definitiva (-) 3. (+) FONDOS LÍQUIDOS EN TESOURERÍA NO FIN DO EXERCICIO

2.165,87 177.290,08 0,00

732.056,91 773.789,40

REMANENTE DE TESOURERÍA TOTAL 4. REMAN. DE TESOURERÍA AFECTADO A GASTOS CON FINAN. AFECTADO 5. REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS (1-2+3-4)

80.531,46 693.257,94

_______________________________________________________________________________________ 20

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Os resultados da análise sobre a composición dos conceptos máis relevantes, en termos cuantitativos, que integran o remanente de tesourería detállanse a continuación: 1. Debedores pendentes de cobro

A fin de exercicio, os dereitos recoñecidos pendentes de cobro por operacións orzamentarias, rexistrados nos distintos estados contables, ascenderon a 3.520.262,70 euros. Corresponderon a exercicio corrente 1.249.953,42 euros e a pechados 2.270.309,28 euros. a) De orzamento corrente

O saldo de debedores de exercicio corrente (1.249.953,42 euros) coincide coa información que figura no balance de situación e na liquidación do orzamento. O seu detalle preséntase no cadro seguinte: Capítulo

Descrición

Pendente de cobro a 31/12/2004

1

Impostos directos

39.580,07

2

Impostos indirectos

44.650,31

3

Taxas e outros ingresos

705.308,40

4

Transferencias correntes

321.735,02

5

Ingresos patrimoniais

6

Alleamento de investimentos reais

7

Transferencias de capital

8

Activos financeiros

0,00

9

Pasivos financeiros

0,00

15.024,92 0,00 123.654,70

Total

1.249.953,42

Efectuáronse probas sobre os saldos de impostos (directos e indirectos), sen que se detectasen incidencias significativas na súa contabilización. Non ocorreu o mesmo nos saldos de transferencias (correntes e de capital), cuxas debilidades contables se especifican no epígrafe IV.3.2 Transferencias recibidas. b) De orzamentos pechados

O saldo de debedores de pechados que figura no estado de remanente de tesourería (2.270.309,28 euros), coincide coa información do balance de situación e da liquidación do orzamento. No cadro seguinte preséntase a evolución dos dereitos pendentes de cobro procedentes de exercicios anteriores a 2004:

_______________________________________________________________________________________ 21

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia Exercicios

Dereitos pendentes de cobro

1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 TOTAL

3,13 11,78 32,15 93,46 575,45 1.371,65 2.661,97 5.658,04 5.787,64 8.439,36 8.805,97 95.656,60 50.892,03 16.275,45 71.572,39 32.316,72 97.083,39 97.831,17 23.728,81 7.567,13 21.950,81 36.928,66 35.498,34 23.871,53 30.717,31 99.864,66 115.834,94 361.113,67 506.654,04 1.096.218,32 2.855.016,57

Dereitos cancelados 2004

0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 5.166,74 254,14 0,00 203,99 354,57 26.681,71 552.046,14 584.707,29

Dereitos pendentes de cobro a 31-12-04

3,13 11,78 32,15 93,46 575,45 1.371,65 2.661,97 5.658,04 5.787,64 8.439,36 8.805,97 95.656,60 50.892,03 16.275,45 71.572,39 32.316,72 97.083,39 97.831,17 23.728,81 7.567,13 21.950,81 36.928,66 35.498,34 18.704,79 30.463,17 99.864,66 115.630,95 360.759,10 479.972,33 544.172,18 2.270.309,28

O Concello non recadou dereitos de exercicios anteriores a 1997. Analizouse a composición destes saldos, verificando que os dereitos pendentes de cobro do período 1974 a 1989 son todos de natureza tributaria, pero os correspondentes ao período 1990 a 1996 conteñen ademais dereitos por transferencias.

− Respecto aos saldos pendentes de cobro por tributos, a antigüidade das débedas e a inexistencia de recadación poñen de manifesto a necesidade de melloras na recadación executiva, sen prexuízo das responsabilidades derivadas da prescrición, de conformidade co artigo 141 do TRLXO. Con relación aos dereitos de natureza non tributaria (transferencias), o Concello debe analizalos individualmente para, no seu caso, e previa realización dos oportunos trámites, proceder a súa depuración. Dotación de saldos de dubidoso cobro O Concello establece, na Base de execución número 33.3 do orzamento de 2004, como criterio para considerar dereitos de difícil ou imposible recadación, o 10% das débedas dun _______________________________________________________________________________________ 22

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

a dous anos de antigüidade; do 25% para as débedas de tres a catro anos de antigüidade; e un 100% para as de cinco ou máis anos. Segundo este criterio, o importe de saldos de dubidoso cobro ascende a 991.286,68 euros.

− Esta cifra debería figurar no estado de remanente de tesourería como saldos de dubidoso cobro. Porén, como se especifica no informe de Intervención, que acompaña á liquidación do orzamento de 2004, esta contía diminuíuse estimativamente en 294.322,03 euros, seguindo o mesmo razoamento de exercicios anteriores, por considerar que existen obrigas recoñecidas na relación de acredores de orzamentos pechados dos anos 1991 a 1995 que, probablemente, responden ao cambio no criterio de contabilización e a cantidades pendentes de depurar que, en todo caso, están prescritas. Este é o motivo polo que figuran rexistrados 696.964,65 euros como provisións por difícil cobro no estado de remanente de tesourería de 2004.

− O procedemento anterior non se contempla na ICAL, polo que o Concello debería rexistrar como saldos de dubidoso cobro, a cantidade obtida de acordo co criterio establecido en bases de execución e, polo outro lado, realizar as actuacións precisas para depurar as obrigas de exercicios pechados que figuran incorrectamente recoñecidas en contabilidade.

2. Acredores pendentes de pago

As obrigas recoñecidas pendentes de pago a fin de exercicio por operacións orzamentarias ascenderon, segundo o estado de remanente de tesourería, a 2.586.005,44 euros, das que 1.176.107,78 euros corresponderon a exercicio corrente e 1.409.897,66 euros a orzamentos pechados. Verificouse a coherencia interna destas cifras coa información que presenta o balance de situación e a liquidación orzamentaria. a) De orzamento corrente

− Respecto á fiabilidade deste saldo, comprobouse que, de aplicar correctamente os principios de Contabilidade Pública, deberíase incrementar, ao menos, en 55.315,90 euros, debido a gastos do ano 2004 imputados ao exercicio 2005, detalle que se presenta no epígrafe IV.3.1. Recoñecemento extraxudicial de créditos. b) De orzamentos pechados

− En canto ao saldo de acredores de exercicios pechados (1.409.897,66 euros), a Intervención informou que existen débedas dos anos 1991 a 1995, cuxa contía se estimou en 294.322,03 euros, e que, probablemente –indica a interventora– responden a cambios no criterio contable e a obrigas prescritas, como xa se resaltou no apartado de Dotación de saldos de dubidoso cobro. Por conseguinte, o Concello deberá analizar a relación nominal _______________________________________________________________________________________ 23

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

de acredores para, no seu caso e previo oportuno expediente, proceder á depuración destas obrigas, co obxecto de non distorsionar a realidade da situación financeira municipal. 3. Fondos líquidos en tesourería

A cifra que figura como fondos líquidos no remanente (732.056,91 euros) coincide co saldo das contas do subgrupo 57 do balance de situación e coa segunda parte do estado de tesourería. Non existen diferenzas entre esta información e a facilitada por entidades financeiras en resposta de circularización bancaria. A comprobación do saldo da entidade que non respondeu á carta de confirmación (Banco Gallego), efectuouse a través de certificacións e extractos bancarios facilitados polo Concello no transcurso dos traballos de campo desta fiscalización. Resumo de incidencias contables que afectan ao cálculo teórico do remanente de tesourería

A liquidación do orzamento de 2004 aprobouse con remanente de tesourería para gastos xerais positivo por importe de 693.257,94 euros. De ter en conta os defectos de cuantificación reseñados neste Informe, o remanente tesourería teórico para gastos xerais situaríase en 496.416,67 euros. Cifra que procede do exceso de recoñecemento de dereitos do epígrafe IV.3.2 Transferencias recibidas (141.525,37 euros), e de acredores orzamentarios non imputados ao exercicio corrente que se indica no epígrafe IV.3.1 Recoñecemento extraxudicial de créditos (55.315,90 euros).

_______________________________________________________________________________________ 24

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

VI. CONCLUSIÓNS − As contas xerais dos exercicios 2001 e 2002 foron remitidas ao Consello de Contas fóra de prazo. A correspondente a 2003, aprobouse en prazo, e enviouse a esta Institución o día 26 de xaneiro de 2005, con posterioridade ao prazo regulado no artigo 204 da LRFL (artigo 223 do TRLRFL). A conta xeral de 2004, aprobouse fóra de prazo e foi rendida o día 23 de febreiro de 2006, vulnerando o disposto no artigo 204 da LRFL (artigo 223 do TRLRFL). O Alcalde xustifica o atraso no envío de contas por limitación de medios, tanto persoais como materiais, para subministración da información. Non obstante, a aprobación fóra de prazo dos orzamentos dos exercicios 2000 ao 2004, así como a aprobación tardía da súa liquidación, unido ás debilidades, incumprimentos e incidencias detectadas na fiscalización, poderían explicar mellor estes incumprimentos na rendición de contas que afectan, en canto a responsabilidades, á Intervención e ao Alcalde como contadante (artigo 193 da LRFL e 212 do vixente TRLRFL).

− O Concello non dispón dun inventario de bens completo e actualizado e, no balance de situación, non se rexistraron amortizacións por depreciación de elementos de inmobilizado e non se dotaron tódalas provisións esixidas na ICAL. Incumpríronse os principios de devengo e anualidade orzamentaria ao non contabilizar no exercicio correspondente gastos efectivamente realizados.

− A utilización reiterada do recoñecemento extraxudicial de créditos denota unha deficiente xestión do gasto público que e preciso corrixir, sen prexuízo das responsabilidades que se poidan xerar por comprometer gastos sen crédito suficiente.

− O Concello non dispón de Rexistro de persoal e relación de postos de traballo. O complemento de produtividade supera o límite do 30% da masa retributiva global presupostada en 2004, infrinxindo o disposto no artigo 7.2.b) do RD 861/1986. Así mesmo, asignouse unha cantidade fixa mensual, en concepto de produtividade, que vulnera a natureza deste complemento previsto no artigo 5 do RD 861/1986. Ademais, pagouse nos meses de xuño e decembro unha produtividade extra, que é a suma do complemento de destino e específico de cada posto de traballo, polo que se perciben pagas extraordinarias que inclúen o importe de retribucións complementarias, en contra do disposto no artigo 2.2 do RD 861/1986. Respecto ás axudas de custo, comprobouse que os funcionarios percibiron cantidades superiores ao grupo correspondente, vulnerando o preceptuado no artigo 13 do RD 462/2002.

− O Concello utilizou o procedemento negociado sen publicidade en tres dos catro expedientes de obra formalizados en 2004. No expediente fiscalizado, verificouse o incumprimento do prazo previsto no artigo 99.4 do TRLCAP, respecto ao pago da certificación de obra. Non consta a acta de comprobación do planeamento, a factura que _______________________________________________________________________________________ 25

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

acompañará á certificación de obra, a resolución do órgano de contratación aprobando a liquidación da obra, e non se acreditou a devolución da fianza.

− O resultado orzamentario aprobouse con superávit de 280.645,16 euros. Non obstante, de ter en conta as incidencias contables sinaladas neste Informe, o resultado orzamentario axustado cifraríase en 83.803,89 euros. O remanente de tesourería para gastos xerais, que tamén foi positivo por importe de 693.257,94 euros, veríase reducido, en caso de contabilizar os defectos de cuantificación reseñados no Informe, situándose en 496.416,67 euros.

_______________________________________________________________________________________ 26

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

VII. RECOMENDACIÓNS − O Concello de Pontedeume deberá arbitrar tódalas medidas necesarias para o correcto cumprimento da obriga de render os estados e contas da Entidade que lle impón o artigo 193 da LRFL (artigo 212 do actualmente vixente TRLRFL). No caso contrario, o Consello de Contas de Galicia adoptará as medidas oportunas para evitar que se reitere este grave incumprimento.

− Tamén debe elaborar, tramitar e aprobar os seus orzamentos no prazo legalmente establecido. En caso de prórroga, deberase respectar o disposto no artigo 21 do RD 500/1990. Deberá, así mesmo, aprobar a liquidación do orzamento no prazo establecido ao efecto.

− O Concello deberá aprobar, no marco das bases de execución do orzamento, a través de ordenanza xeral ou por medio de ordenanzas específicas, bases reguladoras para conceder subvencións. Deberá esixir tamén aos beneficiarios que xustifiquen os fondos recibidos ou, no seu defecto, iniciar o procedemento de reintegro de subvencións.

− Na xestión de persoal, deberase elaborar a relación de postos de traballo e establecer un Rexistro de persoal. Adecuar as retribucións ao réxime previsto no RD 861/1986. E cubrir as necesidades de persoal, a través dos oportunos procesos selectivos, dando cumprimento aos principios de igualdade, mérito e capacidade, con funcionarios ou, no seu caso, persoal laboral.

− A contratación administrativa deberase axustar, estritamente, ás prescricións do Texto Refundido da Lei de Contratos e ao seu Regulamento.

− Deberanse adoptar tamén as medidas necesarias para que o balance presente a situación real da actividade económico-financeira da Entidade, así como respectar as regras da ICAL e Principios Contables Públicos no rexistro de transaccións con repercusión económica, para que os estados e contas anuais reflicten a xestión realizada nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario. Santiago de Compostela Xaneiro 2007

_______________________________________________________________________________________ 27

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 28

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

_______________________________________________________________________________________ 29

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 30

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO I: XUSTIFICACIÓN DO ALCALDE

_______________________________________________________________________________________ 31

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 32

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO II ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE PONTEDEUME

_______________________________________________________________________________________ 33

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 34

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO II: ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO

_______________________________________________________________________________________ 35

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 36

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 37

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 38

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO III RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO DE PONTEDEUME

_______________________________________________________________________________________ 39

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

_______________________________________________________________________________________ 40

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

ANEXO III: RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ao Alcalde do Concello de Pontedeume, en escrito do 8 de febreiro de 2007 (RS núm. 71), concedéndolle un prazo de 20 días hábiles para que presentase as alegacións, documentación e xustificantes que considerase oportunos ao Proxecto de Informe de Fiscalización. As alegacións, que se achegan como anexo ao informe, presentáronse o día 5 de marzo de 2007 no Consello de Contas de Galicia (RE núm. 260), con data de rexistro de correo do 2 de marzo de 2007. En relación ao contido e con independencia das aclaracións e puntualizacións que figuran na réplica, é necesario sinalar con carácter xeral o seguinte: a) Se como consecuencia das alegacións se modificase total ou parcialmente o contido do Proxecto de Informe, esta modificación sinalarase en nota a pé de páxina. b) Agás en casos concretos que así o requiran, o Consello de Contas non valorará as alegacións que: •

Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no Proxecto de Informe.



Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo.

• Non rebaten o contido do Proxecto de Informe, proporcionando só explicacións ou xustificacións da actividade municipal. 1. Anticipos ao persoal

O Convenio Colectivo (...) establece anticipos de ata catro mensualidades, cun tope máximo de 500.000 pesetas para todos os empregados (...). A este respecto ou Secretario informou que existen diversas regulacións que non a entenden correctamente reguladas ou teñen irregularidades(...). (...) OU estado de todos os anticipos ou persoal concedidos por este Concello durante os exercicios 2003-2004 amosa que estes están cancelados nunha alta porcentaxe e os restantes se veñen reintegrando con normalidade, segundo a relación que se detalla a continuación (este detalle non se reproduce pola súa extensión). (...) Non Orzamento do exercicio 2007 recolleuse nas Bases de execución unha modificación na concesión de anticipos de nómina, que se adapta á normativa vixente (...).

_______________________________________________________________________________________ 41

Informe de fiscalización do Concello de Pontedeume. Exercicios 2003-2004 Consello de Contas de Galicia

Polo tanto, a día de hoxe, e logo dá modificación dás Bases de execución, a regulación dous anticipos adáptase á lexislación aplicable nesta materia. Acéptase parcialmente esta alegación e modifícase o contido do Informe, en concreto, o parágrafo seguinte que se redacta nestes termos: En tódolos expedientes consta informe de Intervención indicando que estes anticipos se axustan ás Bases de execución do orzamento, e ao Acordo regulador das condicións de traballo do persoal. Pero non se advirte do incumprimento das prescricións contidas no Real Decreto Lei 2608/1929. 2. Expediente de contratación "Pavimentación de camiños de Vizús a Castrelo"

Consta a factura que debe acompañar á certificación de obra, unida ou documento contable, emitida por Construcións Concifa SL, nº 262/04, de 15/07/04, importe total 32.306,97 euros, (se adxunta fotocopia). Ás obras foron realizadas polo contratista durante ou período comprendido entre ou 30 de xuño de 2004 e 15 de xullo de 2004, conténdose un erro na relación valorada dá certificación única ou facer constar que ás obras comezaron ou 29 de xuño de 2004. Respecto ao primeiro apartado, sinalar que, no período de alegacións, o Concello achegou fotocopia compulsada da devandita factura, en consecuencia, elimínase do informe o contido sobre esta incidencia. En canto á data de inicio desta obra, non se xustifica documentalmente que comezase o día 30 de xuño de 2004. Por conseguinte, non se acepta esta parte da alegación.

_______________________________________________________________________________________ 42

Related Documents

Pontedeume
May 2020 6
Factura Concello
June 2020 5
01 Concello
November 2019 9
Contas Iva
June 2020 13
Contas Pagar
December 2019 21