Competencias_dixitais

  • Uploaded by: Paz
  • 0
  • 0
  • November 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Competencias_dixitais as PDF for free.

More details

  • Words: 1,871
  • Pages: 27
MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

MIN

SEG

Comezam os?

comp eten cia dixi ta l

vs alfabetización para os medios

Educación para os Medios Pedagoxía dos medios

Pedagoxía con medios

Alfabetización Alumnado Profesorado

Diapositiva 16



Os contidos da alfabetización informacional a incluír no curriculum da formación do profesorado e do alumnado deberán contemplar o desenvolvemento dunha serie de capacidades englobadas en tres categorías:   

Diapositiva 17

Alfabetización en información. Aprendizaxe independente. Responsabilidade social



O Estudiante con alfabetización en información: 





Accede á información con eficiencia e efectividade Avalía a información de forma crítica e competente Usa a información de xeito correcto e creativo

Diapositiva 18



O Estudiante que é quen de realizar aprendizaxes independentes e está alfebetizado en información: 





Busca información referente a intereses persoais. Aprecia e disfruta a literatura e outras expresións creativas de información. Esfórzase ao máximo pola excelencia na procura de información e na xeración de coñecemento.

Diapositiva 19



O Estudiante que contribúe positivamente á comunidade de aprendizaxe e á sociedade está alfabetizado en información: 



Recoñece a importancia da información nunha sociedade democrática. Practica un comportamento ético respecto á información e á tecnoloxía da información.

Diapositiva 20



Persoa crítica frente aos medios e frente á súa propia realidade.



Receptora participativa capaz de dar resposta ás mensaxes que recibe.



Creadora e emisora das súas propias mensaxes audiovisuais.

Diapositiva 21



Unha mellor comunicación con outras persoas.



Coñecer con maior profundidade o seu contorno.



Adaptarse mellor á unha sociedade cambiante

Diapositiva 22



O bloque 6, Máquinas, aparellos e tecnoloxías, inclúe os contidos que se refiren á alfabetización nas tecnoloxías a través do traballo con máquinas e aparellos relacionados coa vida doméstica e cotiá, así como coas TIC (tecnoloxías da información e da comunicación). Este bloque desenvolverá a participación igualitaria de nenas e nenos na utilización de aparellos, máquinas e tecnoloxías coa finalidade última de formar unha cidadanía activa e unhas persoas participativas, críticas, responsables e intelixentes no seu uso.

4. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse. Está asociada coa procura, selección, rexistro e tratamento ou análise da información, utilizando técnicas e estratexias diversas para acceder a ela segundo a fonte á que se acuda e o soporte que se utilice (oral, impreso, audiovisual, digital ou multimedia). Require o dominio de linguaxes específicas básicos (textual, numérico, icónico, visual, gráfico e sonoro) e dos seus pautas de decodificación e transferencia, así como aplicar en distintas situacións e contextos o coñecemento dos diferentes tipos de información, as súas fontes, as súas posibilidades e a súa localización, así como as linguaxes e soportes máis frecuentes nos que esta adoita expresarse. Dispoñer de información non produce de forma automática coñecemento. Transformar a información en coñecemento esixe de destrezas de razonamiento para organizala, relacionala, analizala, sintetizarla e facer inferencias e deducións de distinto nivel de complejidad; en definitiva, comprendela e integrala nos esquemas previos de coñecemento. Significa, así mesmo, comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando recursos expresivos que incorporen, non só diferentes linguaxes e técnicas específicas, senón tamén as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación. Ser competente na utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como instrumento de traballo intelectual inclúe utilizalas na súa dobre función de transmisoras e xeradoras de información e coñecemento. Utilizaranse na súa función xeradora ao empregalas, por exemplo, como ferramenta no uso de modelos de procesos matemáticos, físicos, sociais, económicos ou artísticos. Así mesmo, esta competencia permite procesar e gestionar adecuadamente información abundante e complexa, resolver problemas reais, tomar decisións, traballar en contornas colaborativos ampliando as contornas de comunicación para participar en comunidades de aprendizaxe formais e informales, e xerar producións responsables e creativas. A competencia digital inclúe utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación extraendo o seu máximo rendemento a partir da comprensión da natureza e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto que eses cambios teñen no mundo persoal e sociolaboral. Así mesmo supón manexar estratexias para identificar e resolver os problemas habituais de software e hardware que vaian xurdindo. Igualmente permite aproveitar a información que proporcionan e analizala de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica, coñecendo e relacionándose con contornas físicas e sociais cada vez máis amplos. Ademais de utilizalas como ferramenta para organizar a información, procesala e orientala para conseguir obxectivos e fins de aprendizaxe, traballo e lecer previamente establecidos. En definitiva, a competencia digital comporta facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para resolver problemas reais de modo eficiente. Ao mesmo tempo, posibilita evaluar e seleccionar novas fontes de información e innovacións tecnolóxicas a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para acometer tarefas ou obxectivos específicos. En síntese, o tratamento da información e a competencia digital implican ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñible, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información e as súas fontes nos distintos soportes.

Anexo V: Plan TIC Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seus Proxectos Educativos de Centro plans de integración das tecnoloxías da información e da comunicación que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento do uso activo destas e á adquisición das competencias básicas. O Plan TIC de Centro será un documento deseñado para desenvolver a medio prazo en que, a partir da análise do contexto, se articulen todas as intervencións que se realizarán no centro en relación coa aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ao traballo da aula, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e ciclos, de xeito que se convertan nunha peza crave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos diferentes contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Ser competente na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como instrumento de traballo intelectual implica utilizalas na súa dobre función de transmisoras e xeradoras de información e coñecemento. Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de coherencia, resulta necesaria a creación dun plan de traballo sobre a implantación do uso das tecnoloxías da información e da comunicación no centro e na aula que, unha vez aprobado, se incorpore á Programación Xeral Anual de Centro e a súa avaliación, á memoria do mesmo. Cada proxecto será único atendendo ás características e ás posibilidades que se poden acadar tendo en conta a situación xeográfica, o tipo de alumnado – aproveitando os coñecementos que xa posúe e procurando ampliar progresivamente as súas capacidades de uso das TIC-, a formación do profesorado e as infraestruturas dispoñibles. O seu deseño e posta en marcha son competencia de todo o equipo docente e estarán coordinados preferentemente pola persoa responsable das TIC no centro escolar. O Plan TIC garantirá a paulatina capacitación do alumnado nas competencias básicas que se pretenden, de cara á súa formación como cidadáns activos e solidarios. Con esta finalidade, empregaranse cun enfoque funcional as distintas tecnoloxías da comunicación e da información ao alcance do alumnado, para incidir en aspectos específicos destes soportes de cara a unha utilización eficaz, comprensiva e ética dos mesmos. O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirá nas súas programacións as actividades previstas no proxecto segundo a temporalización que neste se acorde. Como marco para a elaboración deste Plan de traballo, xúntanse as características que deben terse en conta para a súa elaboración: 1. Estudo inicial tendo en conta as características de toda a comunidade, as iniciativas xa realizadas neste campo así como as expectativas e os intereses de cara ao futuro. 2. Iniciativas pedagóxicas innovadoras consensuadas, que inclúan todas as áreas e/ou materias do currículo. Deberán incluírse os obxectivos que, a curto e longo prazo, se pretende alcanzar. 3. O tratamento da diversidade, a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, así como as medidas para promover a utilización das TIC en igualdade de condicións rexeitando toda actuación discriminatoria; o fomento dos valores democráticos e a potenciación do uso da biblioteca escolar como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe.

Anexo V: Plan TIC 4. A utilización dos recursos TIC existentes no centro e a organización dos espazos en beneficio do plan. 5. Plan de avaliación. 6. As necesidades de formación do profesorado para a súa óptima execución. 7. Medidas que se pensan tomar para difundir o proxecto entre o alumnado, as familias e a comunidade, para fomentar a súa participación e o aproveitamento das TIC. Cada plan deberá contemplar ademais, como mínimo, os seguintes Obxectivos Xerais: •Conseguir que o alumnado acceda ás TIC en xeral, e ao mundo de Internet en particular, con capacidade de procura de información e de tratamento crítico da mesma. •Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e doutras formas de vida. •Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa nas diferentes actividades do centro: páxina web, xornal escolar, actividades culturais, etc. •Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas. •Utilizar programas e contornos que faciliten a aprendizaxe das diferentes áreas do currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades e de destrezas. •Empregar as TIC para o traballo cotián e para as actividades da aula: programacións, actividades, controis, fichas... •Saber consultar e sacar información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente. •Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en foros, chats... e diversas redes de colaboración como Internet. •Procurar a inclusión de toda a comunidade educativa a través das TIC. Seguimento e avaliación Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do plan. Será necesario deseñar unhas pautas para o seguimento e avaliación, polo menos trimestral, do plan de integración das tecnoloxías da información e da comunicación polos coordinadores de ciclo e – en caso de existir- o coordinador do plan, que determinarán, cando corresponda, aspectos de mellora.

rematamos ?

More Documents from "Paz"