N.7 - decembro 2008
Urbanización de Xian, outro pesadelo máis para o Sr. Alcalde OUTROS TEMAS: O Consello de Contas de Galicia analiza o Concello de Vedra
O alcalde non atende ós veciños de Xian (Trobe)
Mercavedra: o Concello debe dar exemplo
Intento de chapuza económico-financeira do goberno de Vedra
Tractores e talleres
Mocións presentadas
Parques infantís: ARRANXO XA
Subvencións, demandas…
O Concello de Vedra analizado polo Consello de Contas de Galicia
Casi 40 ayuntamientos gallegos están en peligro de insolvencia financiera Miércoles 30 de julio de 2008
Boletín informativo do PP de Vedra
2
¿Por qué dende o Concello se fan compras en empresas de fora de Vedra, si nos están pedindo a todos que acudamos ás empresas de Mercavedra? Todos coñecemos a guía Mercavedra, que inclue unha amplia variedade de establecementos e empresas con sede no noso Concello na cal se nos invita a mercar néstes e non en empresas de fora. Unha boa iniciativa que este partido sempre apoiou porque cremos que se debe apoiar as empresas do territorio municipal porque axudan a crear emprego e riqueza, o que contribúe ó benestar dos nosos veciños. Pois ben, o Sr. Alcalde e demais membros do grupo de goberno non deben pensar igual pois frecuentemente gastan os cartos de todos en empresas alleas a Mercavedra.
QUEREMOS QUE SE SOLICITEN AS AXUDAS QUE DÁ A DEPUTACIÓN PARA O ARRANXO DE PARQUES INFANTÍS En reiteradas ocasións denunciamos o mal estado dos parques infantís existentes no noso concello, pero dende a alcaldía non se fixo nada para melloralos. Agora a Deputación da Coruña convoca unhas axudas para que os concellos menores de 20.000 habitantes poidan arranxar e mellorar os seus parques infantís. Agardamos que o goberno de Vedra se poña a traballar e intente arranxalos, que vergoña lles debería dar telos no estado lamentable no que se atopan. Asimesmo reiteramos as nosas peticións para que se fagan novos parques infantís nas mellores ubicacións posibles. Gracias
3 Boletín informativo do PP de Vedra
O NOSO CONCELLO NON DÁ EXEMPLO
Un alcalde que xa non atende ós veciños O Concello dálle licencia de primeira ocupación ós chalets de Trobe a pesar de non ter un servicio de auga e saneamento acordes ó esixido pola lei e agora non atende os problemas dos veciños Remitido polos veciños de Xian (Trobe)
E
stimados veciños, o PP de Vedra nos brindou a oportunidade de utilizar este boletín para explicarvos en primeira persoa o que nos está a pasar ás familias que comprarmos os 12 chalets de Xián - Trobe, e con gratitude aceptamos esta oportunidade única. En primeiro lugar queremos dar as gracias aos nosos veciños de Xián polo ben que nos acolleron. Algúns deles levan loitando polo mesmo ca nós dende moito antes de que se venderan as casas, e iso tamén é de agradecer e demostra que realmente “esto se vía vir”. Na nosa humilde opinión, temos 3 problemas básicos que evidentemente descoñecíamos cando compramos as casas, a saber:
Boletín informativo do PP de Vedra
4
1.- ABASTECEMENTO DE AUGA. As 12 casas se abastecen unicamente dun pozo de barrena, polo que non entendemos como se concedeu a primeira ocupación sen ter vías alternativas de abastecemento, que garantizasen que non nos imos quedar sen auga.
o SEPRONA nos denuncia por vertidos á vía pública. O chiste oscila entre os 6.000€ e os 30.000€. Dende entón, movemos Roma con Santiago ata dispoñer da información e documentación que nos permitise negociar a través dos avogados con Promociones Vengalicia, sempre de cara a solucionar as 3 cuestións básicas. Meses despois conseguimos que a empresa admita que hai problemas, e que son eles os que os teñen que solucionar, aínda que despois lle pidan responsabilidades ao constructor ou a quen corresponda. E aínda que con moita calma, e con moita protesta, o certo e que de momento os únicos que están a facer algo (aínda que sexan parches) son os desta empresa. Agora solo falta que sexan serios, solucionen os 3 problemas canto antes e así acabemos con este pesadelo.
2.- INSEGURIDADE. Por detrás das casas hai un muro vello, que actúa como contención do terreo, pero está tan deteriorado que o propio director da obra nos certificou que existe perigo de derrube. Non entendemos porque cando se revisaron as casas o concello ou a Promotora non obrigaron ao constructor a rehabilitar e asegurar todo o muro antes de conceder ningunha licencia, ou vender as vivendas. 3.- SANEAMENTO. A día de hoxe, o saneamento de 10 chalets (2 teñen fosa) depende dunha Estación Depuradora que debería tratar os residuos, depuralos e despois infiltrar a auga limpa ao terreo. Para a nosa desgracia a debandita depuradora nin trata, nin depura, nin infiltra, nin é suficiente para o caudal de residuos que xeran as casas. E así o pon de manifesto a empresa Aquagest. Por darlles mais datos desta cuestión, unha vez vendidas as 12 casas, se nos pasa a titularidade destas instalacións á comunidade, é dicir, dende o 28 de Abril os veciños somos responsables da Depuradora. En mala hora!, pois a penas 15 días despois
O muro que contén os terreos atópase en moi mal estado Seguro que algún de vostedes está a pensar “pero se Vengalicia di que vai arreglar todo, porque lle protestan ao alcalde?”, pois simplemente porque nós creemos que esto non tiña que ter pasado, e por suposto, tampouco lle pode volver pasar a ninguén. Se o Sr. Odón Cobas e o seu equipo se molestaran en supervisar as obras, en revisar que se axustaban ás
licencias e á lei vixente, con Augas de Galicia, con en comprobar si estas Aquagest, ou co propio Se o Sr. Odón Cobas e o seu equipo casas tiñan garantidos os arquitecto municipal para se molestaran en supervisar as obras servicios ou non.... hoxe que supervise as obras da e revisar que se axustasen á lei, eses non teríamos problemas, depuradora, e certifique probablemente porque cando acaben que está chalets non poderían ter licencia de non seríamos veciños de en perfecto estado. Ou a primeira ocupación Vedra, porque seguro que outra opción posible, que non había licencia nin de a depuradora sexa de construcción nin de primeira ocupación. E o alcalde tamén titularidade municipal, ata que PORFÍN teñamos os servizos o sabe, porque dende que comezamos a “facer ruído” municipais de auga e saneamento, tal e como recolle a freou a concesión da primeira ocupación das 4 primeiras Constitución Española. vivendas. Outro sen-sentido, pois estas 4 son as que mais tempo levan vivindo e as únicas que poderían prescindir Como xa se imaxinan, ningunha das nosas peticións tivo resposta, pois o alcalde sigue dando as costas aos dos servicios comúns. veciños. Esa é a razón de que nos sintamos abandonados, Pero o feito, feito está. Así que acudimos aos dous últimos de que asistamos aos plenos, de que busquemos axuda plenos para pedirlle ao alcalde que nos axude, que se poña entre os veciños e entre os grupos da oposición. Porque do noso lado, e o que o control que non fixo no pasado, unha cousa está clara, non imos deixar que se nos tome que o faga agora. Pedímoslle cousas básicas, sinxelas, mais o pelo. razoables: A pesar de todo, - Tendo en conta que dende o mes de maio, levamos 7 baldeirados da Depuradora (cando supostamente so teríamos que facer 1 cada ano e medio!), e sendo conscientes de que noutra urbanización o concello está asumindo esta cuestión. Pedímoslle ao Sr. Cobas, que tamén a nós se nos preste o servizo de tractor-cisterna de balde, polo menos ata que se arranxe a depuradora.
Bo Nadal a todos e todas!.
- No concello hai un arquitecto e un avogado que pagamos todos. Nós coidamos que é lóxico pedir que sexa o arquitecto municipal o que supervise as obras que Vengalicia entende como “rehabilitación do muro”, e que sexa este técnico o que indique onde hai que reforzar, ou refacer. Despois que non nos digan aos veciños que temos que perder 3 metros de xardín porque caeu o muro. O mesmo co avogado municipal, que debería reunirse con nós e asesorarnos sobre as mellores saídas. Pois para a nosa sorpresa, non só non se reuniu con nós como prometera Odón, se non que se reuniu dúas veces con Vengalicia. Sen comentarios!.
Vista xeral do recinto no que se atopa a Estación Depuradora obxecto da denuncia
O PP ao servizo dos veciños: Poñemos todos os nosos medios a disposición dos vedrenses. Hoxe publicamos este artigo enviado polos veciños de Trobe, pero na próxima podemos publicar o seu. Se ten algunha demanda que facer, fale connosco.
[email protected]
Boletín informativo do PP de Vedra
- A promotora con moi bo talante contratou os servizos dun enxeñeiro que informará sobre os problemas que ten a Depuradora, e polo tanto as obras que se han facer. Pero vostedes saben ben que “o que paga, manda”, así que nós lle pedimos ao alcalde que nos apoie, que nos axude e fale
5
As contas deficitarias do Concello de Vedra: Plan económico-financeiro, peor non se pode facer
O
s orzamentos do Concello de Vedra para o ano 2008 foron aprobados, tras algunhas peripecias truculentas como a de convocar a toda presa un pleno, que non se axustaba a dereito ao non respectar os prazos legais para convocalo, a sabendas de que dous concelleiros do PP atopábanse de viaxe na Arxentina visitando aos residentes de Vedra nese país. Impugnado o pleno, finalmente foi aprobado a finais do 2007 co voto de calidade do alcalde ao producirse un empate na votación, con 6 votos a favor do grupo de goberno do PSOE e 5 votos en contra do PP máis 1 voto tamén en contra do BNG e a abstención do único concelleiro do TEGA, que coa mesma permitiu que co empate se resolvese a favor do grupo de goberno coa aprobación do orzamento. Se o noso grupo do PP votou en contra do orzamento de 2008 foi porque presentábansenos unhas contas coas que non podiamos tragar polo ben dos veciños de Vedra, con un déficit arrastrado do ano 2007 de case 600.000 , e dicir case 100 millóns das antigas pesetas. Ademais as contas que traían para 2008 volvían a ser “máis do mesmo”, con unha diminución importante no capítulo de obras e investimentos e co gasto corrente disparado e sen ningunha medida correctora.
Boletín informativo do PP de Vedra
6
A mediados de 2008 o PSOE tentou facer un Plan económico-financiero recortando nas obras e inversións e mantendo o gasto corrente, a conta de subir os impostos sobre os coches, a contribución, as taxas do pabellón, etc. ------------------------------------------------------Obrigados pola normativa de facendas locais, a mediados do 2008 levaron ao pleno, con escasa información e nula negociación, un suposto Plan Económico-Financieiro que carecía do mínimo detalle necesario nas partidas orzamentarias, o que nos pareceu moi pouco serio. Pero no debate do mesmo vimos que insistíase en recortar nas inversións e nas obras e mantíñase o gasto corrente nuns niveis intolerables sen quitarlle un euro; pero a guinda do tal Plan EconómicoFinancieiro era que os cartos que faltaban propoñían sacalos de subir os impostos sobre os coches, sobre a contribución urbana coas novas calificacións do PXOM, as taxas de uso do pabellón, etc. Ante este panorama o Grupo Municipal do PP
así como o resto dos grupos da oposición negámonos a apoiar tan insensato Plan polos perxuicios que lle iba a ocasionar aos veciños. Este Plan é a historia de pagar para nada. Nós mostramos a nosa disposición a arrimar o ombro polo ben de Vedra, pero non somos o grupo de goberno nin temos esa responsabilidade e tampouco se nos pode pedir que sexamos cómplices do despilfarro a conta de subirlle os impostos aos veciños. Dixemos non, e seguirémosllo dicindo mentres non nos presenten unhas contas nas que se eliminen os gastos innecesarios e se deixe de irlle ao bolsillo aos contribuíntes.
Pedímoslle ó equipo de goberno que solicite todas as axudas que vai a dar o estado para combatelo paro e se usen para realizar obras de urxente necesidade para os veciños O relato destes desastres non solo o dicimos nós, fai un par de meses saíu publicado un artigo no xornal “El Correo Gallego” titulado “alcaldes al margen de la ley” no que puidemos ver que o Concello de Vedra se atopaba entre un reducido grupo de concellos galegos que tiñan problemas coas súas contas. Non queremos deixar pasar esta ocasión para reclamar do grupo municipal socialista os proxectos de obras que teñen que pedir, e téñense que facer cos cartos que vai destinar o goberno para combatelo paro (cartos que por certo van a crédito de deuda pública e polo tanto nos sacarán a todos do lombo en impostos nos próximos anos e cos seus correspondentes intereses, pero non debemos perder agora o que nos toque para Vedra polo reparto que se vai facer polo número de habitantes de cada concello). Temos moitas necesidades básicas importantes por cubrir como é o abastecemento de auga potable e o saneamento das augas residuais, na que está case todo por facer, e que está ocasionando conflitos como os que teñen os veciños de Trobe e de San Xulián e que impide a valorización e desenrolo residencial do concello. Xa o dixemos no seu día, no tema do PXOM púxose antes o carro que os bois, e así pasa o que esta a pasar. O dito, peor non se pode facer.
Mocións presentadas: oposición Moción para a ampliación da gardería. É un feito constatado o aumento da poboación infantil no noso concello nos últimos anos e que o servizo de gardería, sen ter carácter obrigatorio, ten unha grande demanda, sendo elevado o número de nenos/as que quedaron en lista de espera na convocatoria deste ano, e cuxa parte dispositiva, informada favorablemente pola Comisión de Economía e Especial de Contas, di: 1º.- Ampliar a gardería municipal para dotala de dúas unidades máis (de 1-2 e de 2-3 anos) 2º.- Solicitarlle á Xunta de Galicia as axudas e autorizacións oportunas. O Pleno, por unanimidade, aproba a moción.
constructiva
igualdade e equidade, e para acadar o peso político e institucional que corresponde ós Entes Locais como administración mais cercana. O Pleno, por unanimidade, aproba a moción. Moción relativa á Lei 9/2008, de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns. Proponse instar á Xunta de Galicia para que se ampllíen as exencións no pago do imposto sobre sucesións e doazóns ata lograr na práctica, a supresión total deste gravame, como xa fixeron outras Comunidades Autónomas de España. A moción rexeítase cos votos en contra de PSOE e BNG, e a favor do PP e TEGA
Moción sobre a comarcalización do Parque de Bombeiros de Santiago
A moción é aprobada por unanimidade. Moción sobre do financiamento local 1º.- O compromiso que se acade debe garantir un modelo que permita dotar ós gobernos locais dun financiamento axeitado e suficiente, 2º.- Instar a que na reforma do modelo de financiamento local, para a distribución da participación nos ingresos do Estado, se teñan en conta os criterios de número de entidades de poboación, extensión territorial e avellentamento. 3º.- Pechado o ámbito de negociación no nivel estatal, debe formularse a súa continuidade nos ámbitos territoriais entre os Gobernos das CC.AA. e os partidos políticos para determinar a participación das Entidades Locais nos ingresos das CC.AA. para avanzar no proceso da 2ª descentralización. 4º.- Instar a que o Goberno do Estado incremente a proposta recollida no proxecto de orzamentos de 2009 para o financiamento local. 5º.- Solicitarlle ós Presidentes da FEMP e FEGAMP a celebración dunhas Asambleas Extraordinarias que reivindiquen a reforma do financiamento local, a súa estabilidade orzamentaria e o saneamento das facendas locais, de forma que os Entes Locais poidan garantir ós cidadáns os servizos que necesitan en condicións de
A Carpa Municipal solicitada polo PP e aprobada polo Pleno,
¿para cando? Subvencións do Concello: Pedímoslle ó grupo de goberno que na concesión das subvencións aos clubs deportivos e outras asociacións, non desvista un santo para vestir outro. Queremos que incremente o capítulo destinado a subvencións neste sentido, e que incremente as dos que ata agora recibían menos facendo ademáis un traballo impagable; pero non queremos que para elo desvista a outros clubes e se lles baixe a subvención que ata o de agora viñan recibindo. Señor Alcalde, o que hai que facer é subir a partida e igualar a todos por arriba, non por abaixo.
“Quítolle a este e doulle ó outro” ASÍ NON
7 Boletín informativo do PP de Vedra
Proponse o seguinte: 1º.- Axilizar as negociacións coa Deputación da Coruña en relación ó proxecto do Parque Comarcal de Bombeiros e dar satisfacción ás nosas necesidades de seguridade. 2º.- Instar á Xunta de Galicia a axilizar a posta en marcha do novo Parque Comarcal de Bombeiros coa sinatura dun novo Convenio Marco.
Rogos e preguntas:
xulguen vostedes mesmos Pleno xuño: RESPOSTAS A PREGUNTAS REALIZADAS NO PLENO DE ABRIL Cando se van a facer as obras da entrada á igrexa de San Xulián, prometidas por vostede en campaña electoral? Estase á espera de que chegue o material. Cómo está a situación dos parques infantís? Solicitouse subvención á Xunta e se está á espera da contestación.
Boletín informativo do PP de Vedra
7.- Vaise poder instalar a antena de telefonía móbil no monte entre San Fins e San Xulián? Resposta Pleno setembro: estaba incumplindo o regulamento urbanístico e requiriuselle que presentasen proxecto e que cumplisen os retranqueos.
PREGUNTAS
ROGOS
1.- Que medidas se tomaron a día de hoxe dende o concello para evitar e previr os incendios forestais, así como para darlle unha pronta resposta cando se produzca algún? Resposta Pleno xullo: Dende principios de maio están avisados os propietarios das cisternas por se fóse necesario.
1.- Rogamos que de forma urxente se limpen as cunetas e pistas na aldea de Galegos en Sta. Cruz de Ribadulla, dado o perigoso que se está a convertir alí a circulación, sobre todo, na parte que linda co ferrocarril.
2.- Existe algún motivo para que se estean producindo retrasos nos pagos do concello? Resposta Pleno xullo: É por falla de liquidez nalgún momento por ter que adiantar cartos para o Obradoiro de Emprego e tamén pola baixa do tesoureiro.
8
Deputación, vai lento xa que na 1ª fase queren recuperar as barcas no Río Ulla que aínda hoxe está sen adxudicar polo que a 2ª fase nin se sabe. Descoñecemos o motivo da lentitude.
3.- Como está o tema do saneamento de San Xulián? Ten feito o grupo de goberno algunha planificación de obras, enganches, ampliacións? En caso afirmativo rógase que se lle dea conta ó resto dos grupos. Resposta Pleno xullo: despois da sesión reunirase cos voceiros para tratar este tema e outros de cara á súa inclusión nun plan da Deputación
2.- Igualmente rogamos se apure todo o que se poida na limpeza do resto das pistas no resto das parroquias de Vedra. 3.- Rogamos que se arranxe o alumeado público que decorre pola N-525, dende a droguería, dirección Santiago, ata Vilanova, dado que leva 10 días sen funcionar. 4.- Rogamos se arranxe e se fixe unha arqueta que se sitúa no vial público diante da casa de Mari Pereiras e Manolo Álvarez, no lugar de Sol, en Sta. Cruz, dado que ó paso continuo dos vehículos sobre a mesma provoca un ruido insoportable. 5.- Rogamos que de maneira uxente se limpe a casa cultural de Merín.
4.- Están funcionando todas as desbrozadotas do concello? De non ser así prégase que poña a funcionar este servizo na súa totalidade xa que nesta época faise moi necesario. Resposta Pleno setembro: funcionan todo o ano as dúas salvo que un dos traballadores teña que usar a retroexcavadora ou estén avariadas.
6.- Insistimos no feito de que dado que moitas das pistas do concello se están empezando a deshacer, rógase que se proceda a un plan de bacheo por todo o termo municipal.
5.- Fixéronse algunhas xestións para mercar a carpa? Cales?. Cando a poderán utilizar os nosos veciños? Resposta Pleno setembro: se espera comprala a finais de ano ou principios do próximo e que para as próximas festas xa estará operativa.
Pleno xullo:
6.- Cómo está o tema das obras do campo da festa de San Miguel? Resposta Pleno setembro: é un proxecto de
7.- Rogamos se revise a antena externa de Internet en Santa Cruz, porque volve a fallar.
ROGOS E PREGUNTAS 1.-Por qué o concello de Vedra saiu do GDR 24? Resposta Pleno setembro: aínda estamos no grupo e a concelleira que está asistindo ás reunións e Ana Belén Picón Cotos.
3.- Solicitamos o arranxo da pista de A Torre en San Xulián Resposta Pleno outubro: o martes na comisión informativa propúxose incluila nun plan. 4.- Solicitamos, tamén, o bacheo da pista de Cibrán (frente á casa de turismo rural) cara Illobre, en San Xulián, que está moi desfeita 5.- Solucionáronse xa os problemas para a instalación do subministro eléctrico á EDAR de San Xulián? Resposta Pleno outubro: só falta o trámite para a autorización de Industria 6.- Como se xestiona o camión cisterna: persoal, horarios, base, saídas…? Resposta Pleno outubro: o xestiona Protección Civil, a sede está en Vilanova e as saídas que fai son as necesarias 7.- Ante a situación na que se atopa na actualidade o Parque Comarcal de Bombeiros o PP mostra a súa preocupación pola seguridade dos veciños de Vedra, polo que formula as seguintes preguntas: - Que iniciativas tanto de índole administrativa como legal tomou xa o alcalde e o grupo de goberno do Concello de Vedra para defender os intereses dos veciños en relación ó Parque Comarcal de Bombeiros? - Hai algún tipo de actuacións en curso ou en vindeiras datas para conquerir satisfactoriamente para Vedra este Servizo do Parque Comarcal de Bombeiros? - Dispón na actualidade o Concello de Vedra dos equipamentos e recursos necesarios para afrontar unha situación de risco de incendio no término municipal? - Existe deseñado algún Plan de incendios forestais por parte do Concello de Vedra de cara a este ano 2008? - Existe algunha mellora prioritaria que se precise facer por parte do Concello en recursos antiincendios no térmo municipal de Vedra? Resposta Pleno outubro: xa foi tratado nesta sesión na moción presentada polo PP. 8.- Rogamos unha vez mais que se axilicen e se realicen o máis pronto posible as labores de limpeza das cunetas das pistas municipais de todas as parroquias de Vedra,
priorizando as que poidan entrañar mais perigo e as de mais tránsito. 9.- Rogamos que na parroquia de Trobe: - No lavadoiro e fonte de Bazar se valle, xa que está perigoso, ten xa os postes pero falta a tea para cerrar. - Igualmente no lavadoiro e fonte de Xián - Que se valle tamén pola súa perigosidade o pozo de auga de Vilarpiñeiro - Que se corrixa a sinalización da estrada na entrada ó campo da festa xa que está en raia continua. - Que se instale o alumeado no campo de fútbol - Que se instalen colectores de recollida de plástico en Xián - Que se poña un taboleir o de información en Gatente - Que se realice a recollida de vidro e papel xa que todos os colectores están cheos - Tamén poñemops en coñecemento do Concello, para que tome as medidas oportunas, a existencia dun basureiro incontrolado na pista que vai de Bazar á granxa de polos “Yema de Oro”.
Agora vostedes poden xulgar se os seus rogos son cumplidos e tamén, como e cando o Sr. Alcalde resposta ás súas preguntas
10 10.- En San Miguel de Sarandón: - Rogamos que se arranxe a pista de acceso a Canicova, xunto á casa de Fidel, xa que está chea de baches dende o paso do Rally 2007 - Igualmente, na pista seguinte da entrada á aldea de Canicova na zona de San Mamede, non se pode saíar da aldea cara Sarandón por liña continua na estrada principal. Rogamos se arranxe dito problema. 11.- Rogamos que na aldea de Xian, en San Pedro de Sarandón, se coloque un taboleiro de información. 12.- Rogamos se revise o funcionamento do alumeado público municipal, dado que en numerosos sitios as farolas non funcionan. 13.- Rogamos que se prolongue dous postes mais de luz o alumeado que se está a poñer en Santa Cruz dende o lugar de Agrelo a Tomonde. 14.- Rogamos se asfalte e se poñan puntos de luz no camiño público situado na aldea de Caldelas e que dá servizo á casa de dona Concepción Quinteiro Núñez.
9 Boletín informativo do PP de Vedra
2.- Solicitamos que a través dos técnicos municipais e/ou Aquagest se faga un estudo do saneamento en San Xulián de Sales dende o campo da festa (Cibrán) ata Paradela a fin de que á hora de executar as obras da estrada Vedra- Santa Lucía, xa contratada, queden as traídas correspondentes e logo non se teña que desfacer a vía para instalar as redes de saneamento e auga. Rogamos ademais que se tomen as medidas necesarias para levar a cabo estas obras. Resposta Pleno setembro: hai un proxecto da Deputación e non sei si se contempla pero penso que non.
Pleno setembro: ROGOS E PREGUNTAS 1.- En qué situación está o proxecto ou macroproxecto que se ía facer no campo da festa de San Miguel? Resposta Pleno outubro: xá está contestada 2.- Cal é exactamente a situación da casa do río, a ponte colgante e toda esa zona de Ximonde? Resposta Pleno outubro: xá está contestada 3.- Vaise acondicionar a área recreativa ao lado do río Ulla en Ximonde? Resposta Pleno outubro: sí, pero xá está contestada 4.- Por qué marcaron uns topógrafos a pista de acceso ao campo da festa de San Miguel? Vaise ampliar? Si se lle colle terreo aos veciños e afectados vaiselles compensar? Resposta Pleno outubro: algunhas marcas topográficas corresponde á ampliación da pista e outras descoñécese para que son. 5.- Por qué motivo as farolas na pista que baixa a Caxaraville son especiais? Resposta Pleno outubro: foron aprobadas no pleno do ano pasado 6.- Que pasa co asfaltado da pista dende os Sordoños á Besada (300m. en Civadevila) prometida fai anos? Resposta Pleno outubro: esa pista vai polo medio de prados, non existen casa e polo tanto non é prioritaria.
Boletín informativo do PP de Vedra
10
7.- O acondicionamento da fonte de Cimadevila xa queda así? Que pasará cando alguén se vaia polo barranco sen protexer? Resposta Pleno outubro: a única solución é vaiala. 8.- Cando se van a asfaltar as pistas de Cimadevila e da Pedreira? Resposta Pleno outubro: xa está contestada 9.- Onde están as beirarrúas que prometeron en Sarandón durante as eleccións? Resposta Pleno outubro: estase a redactar o proxecto pola Deputación Provincial. 10.- Existe algún proxecto presupostado para arranxar o tramo de estrada entre Bograo e a Ponte de Sarandón? Resposta Pleno outubro: existe un proxecto de fai anos e tratase de incluir nun plan. 11.- En relación coas obras que se están a facer xunto á Igresa de Vedra, cal vai a ser o destino delas? Resposta Pleno outubro: en principio se destinarán a museo, tal e como figura no proxecto do obradoiro de emprego. 12.- En relación coa promoción feita por VENGALICIA no lugar de Xian en Trobe:
- Por qué se concedeu a licenza de primeira ocupación cando parte da obra non está axustada nin á legalidade nin ao proxecto?. Por exemplo, o sistema de evacuación de augas fecais e residuais. - Rogamos que, mentres non se solucione o dito problema, o Concello se faga cargo do vaciado e tratamento de ditas augas fecais e residuais cada mes, tal e como se está a facer noutros lugares de Vedra, como en San Xulián. - Por qué se autorizou o proxecto construtivo para 12 vivendas unifamiliares cos seus respectivos xardíns e sistemas de rego, e actualmente 3 licenzas de piscina, donde para o abastecemento de auga de todo iso só se prevé un pozo de barrena? - Garantirá o Concello o subministro de auga potable si ese pozo non é suficiente para abastecer as vivendas e demais elementos das parcelas? - Cando ten previsto o Concello que chegue a rede de abastecemento de auga municipal á parroquia de Trobe? - Por qué se concedeu a licenza de primeira ocupación cando a empresa promotora non rehabilitou o muro que linda co camiño conforme o proxecto e a lexislación vixente, correndo agora a poucos meses de conceder a dita licenza perigo de derrube en varias zonas, sendo un grave problema de seguridade? - Vai facer algo o concello ao respecto? Resposta Pleno outubro: a presidencia da unha contestación segundo os informes técnicos. Hai un proxecto e unha licenza concedida. En canto ás augas residuais con data 29/11/06 Vengalicia remite copia de proposta de resolución en relación coa solicitude de autorización de verquidos de augas residuais domésticas por infiltración no terreo procedentes de 12 vivendas unifamiliares. Con data 11/01/07 Augas de Galicia outorga a Promociones Vengalicia a autorización do verquido solicitado, polo tanto cando se outoga licenza de primeira ocupación dalgunha delas o concello ten coñecemento da instalación dunha depuradora para dar servizo a vivendas debidamente autorizada por Augas de Galicia. Dende o concello solicitouse a Augas de Galicia a remisión dos proxectos presentados por Promociones Vengalicia para a autorización emitida, dos que se remitiron parte. Non se concedeu licenza para 12 vivendas unifamiliares senón que se concederon 12 licenzas para outras tantas vivendas solicitadas de forma individual. Con data 28/06/07 os propietarios constitúense en complexo inmobiliario privado, e no documento
En canto á procedencia de augas das piscinas das tres licenzas concedidas nas solicitudes non se especifica a procedencia da auga coa que se vai encher, non tendo necesariamente que proceder dos pozos. En canto ó muro decir que se concedeu licenza para construcción de muro de contención e cerramento sen que se teña constancia nas dependencias municipais de que tales obras non se executaron correctamente. 13.- Rogamos que na medida do posible se arranxen as pistas de Caldelas en Ponte Ulla. 14.- Rogamos que cando por parte do concello se desbrocen as pistas, se limpen tamén de residuos as evacuacións pluviais dado que as herbas e ramas cortadas taponan as ditas canalizacións, inutilizándoas. 15.- Permítasenos dar grazas ao concello de que, despois de moitos plenos sendo reclamado por esta parte, por fin se arranxou a marquesiña de Pousada, pero ¿a de Rozadela, para cando? 16.- Quén está utilizando a casa de cultura de San Xulián? En qué días e con qué horarios? Cándo e por qué se cambiaron as chaves desa cas? Está xa arrancado o tema da auga nos servizos? De qué xeito? 17.- Rogamos que se limpen as silvas da pista polideportiva de Paradela e se retiren as follas. 18.- Rogamos que se abran coa pala os camiños solicitados polos veciños e pola Asociación parroquial de San Xulián, xa reclamados en varias ocasións. 19.- Rogamos que se fagan as xestións oportunas para que as beirarrúas que se constrúan en San Xulián coas obras de ampliación da estrada 8203, cheguen polo menos, a toda a zona urbana. 20.- Solicitamos o encintado do muro do contorno da igrexa de San Xulián, xa iniciado en lexislaturas anteriores. 21.- Solicitamos a colocación dun contenedor grande ao lado do portal do cemiterio de San Xulián. 22.- Solicitamos a colocación dun contenedor amarelo en Romarís, tal e como demandan os veciños dese lugar.
Pleno outubro PREGUNTAS 1.- O pasado 4/10/08 no diario “El Correo Gallego” publicouse unha noticia titulada “Alcaldes al margen de la Ley”; nela facíase eco de que segundo o Consello de Contas de Galicia, medio centenar de concellos galegos saltábanse todas as normas á hora de contratar e remunerar ós seus empregados, ó igual de que estaban na fronteira da insolvencia, expresamente citaban ó Concello de Vedra; por todo iso preguntamos si ¿é certo que o Concello de Vedra está sendo investigado polo consello de Contas de Galicia en virtude dos motivos antes mencionados?. Achegamos copia da noticia do xornal. 2.- Cómo está o tema do aranxo da entrada ó campo de fútbol de Trobe?
Estamos a disposición dos veciños para que nos transmitan as súas inquedanzas, que faremos chegar ó Pleno do Concello
ROGOS 1.- Rogamos se limpen todolos camiños situados ó longo do trazado da autoestrada AP-53 e lindantes coa mesma. A presidencia di que segundo Autopistas eses camiños son da súa propiedade, manifestando o Sr. Carlos Martínez que entón se lle exisa a limpeza e arranxo dos mesmos. 2.- Rogamos se arranxe e limpe a pista que se sinala no plano que se achega en Santa Cruz de Rivadulla. 3.- O feito de implantar o sistema TES+BUS para levar os pacientes dende a zona de San Xulián ó Centro Médico de Vedra, parece cando menos tremendamente incómodo (largas esperas para volver, xa que se vai as 9 e non se volve ata as 3 da tarde), e dende logo, entre outras cousas, nada sano para os rapaces, dado que estamos a mezclara rapaces sanos con xente que indo a un centro médico, algún seguro que vai enfermo (gripe, etc), poñendo en risco de contaxio ós usuarios. Igualmente tampouco entendemos a postura discriminatoria do Concello para poñer taxi a uns usuarios (zona de Santa Cruz) e bus a outros ( xona de San Xulián). Por iso rogamos se implante o servizo de taxi tamén en San Xulián, e que este servizo, tanto en San Xulián como en Santa Cruz, poida ser reaxustado coas suxerencias dos usuarios en canto a horas (reducindo o tempo de espera) e paradas.
11 Boletín informativo do PP de Vedra
figura que as vivendas dispoñen dunha rede de abastecemento de auga corrente comunitaria procedente de pozo de barrena, estación de bombeo, equipo de cloración e depósito de acumulación de auga. Tense constancia de que se solicitara autorización a Augas de Galicia para abastecemento de auga.
Carretera Vedra-Santa Lucía: SÍ e XA pero sen perxudicar ós veciños
Foto denuncia
Cuneta desbordada que invade a pista en San Mamede de Ribadulla
Envía a túa foto-denuncia a
[email protected] “Felicidades á Requinta da Laxeira pola sua exitosa xira por Bos Aires”
p
e l a d a Bo N 9 0 0 2 o n a o r e rósp
2009