Carolina Gómez Pouso. CELGA 4
CAT STEVENS: Biografía
Yusuf Islam, nado como Stephen Demetre Georgiou o 21 de xullo de 1948 en Londres, é un músico e cantautor británico máis coñecido como Cat Stevens, fillo de nai sueca e pai grego-chipriota. Cat Stevens estivo desde pequeno moi involucrado na música, xa que á idade de 12 anos, tocaba o piano, a guitarra e escribía as súas propias cancións. Aos 16, tras terminar a escola, é aceptado no Instituto de Arte Hammersmith en Suecia. Paralelamente, comeza a tocar en cafetarías e pubs locais, a partir do cal se da conta de que o seu nome (de ascendencia grega) non resulta moi comercial, polo que decide cambialo polo de Cat Stevens. En 1966, á idade de 18 anos, coñece ao produtor Mike Hurst, quen lle axuda a conseguir un contrato discográfico. É así como aparecen os seus primeiros temas, “I Love My Dog” e “Matthew and Son”, que forman parte do seu álbum debut do mesmo nome que este último tema, “Matthew and Son”, lanzado en 1967 e que pronto logra situarse dentro do Top 10 das listas de éxito. Nese mesmo ano aparece unha nova produción, baixo o título de “New Masters”, do que se extrae o tema “The Fist Cut Is the Deepest”. Este convértese nun éxito internacional, aínda que non logra ingresar nas principais listas de ventas. Os dous anos que seguen, Cat Stevens pasa o tempo compoñendo novos temas e facendo xiras para promovelos. Para entón, Cat era considerado unha nova sensación do pop que se mantiña ben situado nas listas inglesas. En 1968 enferma de tuberculose, o que o leva a permanecer no hospital durante varios meses. Nese tempo dedícase a reflexionar sobre a súa vida persoal, polo que toma a meditación como unha forma de vida, le moitos libros de relixión e vólvese vexetariano. Para entón, escribira xa cerca de 40 cancións, moito máis introspectivas cós seus traballos anteriores. Xa recuperado, toma unha nova perspectiva do mundo e da música. Aparece así “Mona Bone Jackon” , un disco folk que contiña cancións como “Lady D’Arbanville”, “Pop Star”, e “Katmandu”. No mesmo ano presenta o que sería o paso final á fama, o álbum “Tea for the Tillerman”, que da como resultado grandes éxitos, como “Wild World”, “Hard-headed Woman” e “Father and Son”. Outros grandes éxitos da súa obra foron “Teaser and the Firecat” (1971) e “Catch Bull at Four” (1972). O primeiro é considerado anos despois un dos seus mellores traballos grazas a temas como “Peace Train”, “Morning Has Broken” e “Moonshadow”; mentres que o segundo foi o que consegui máis méritos en menos tempo. Ao longo da década dos setenta, Stevens presentou outros discos como "Foreigner" (1973), “Buddha and the Chocolate Box” (1974), o directo “Saturnight (Live in Tokyo)” (1974), “Numbers”(1975), “Izitso” (1977) e “Back to Earth” (1978). En 1977, Cat convértese ao Islam e posteriormente muda o seu nome a Yusuf Islam. Por mor dun accidente, Cat comeza a analizar as indagar nas diferentes relixións existentes, ata que un día, o seu irmán David entrégalle unha copia do Corán e, tras lela, Cat atopa a paz que anda a buscar.
Carolina Gómez Pouso. CELGA 4
Ao ano seguinte, fai a súa última presentación pública no concerto “The Year of The Child” en Wembley. Desta forma, Yusuf abandona a súa carreira como estrela do pop e dedícase obras filantrópicas e educativas en colexios musulmáns. Un dos máis escuros episodios da súa vida ten relación coa visita que fixo en 1989 á Universidade de Kingston en Londres. Ao responder unha pregunta sobre a fatua en contra do autor Salman Rushdie é malinterpretado, tendo que desmentir en posteriores ocasións que estivera a favor da morte do autor Rushdie.
En 1995 retorna á música non comercial para promover a súa relixión. Nesta liña, saca discos como “The Life of the Last Prophet”, “Prayers of the Last Prophet”, “A is for Allah”, “I Look I See”, “Indian Ocean” e “Footsteps In the Light”. Recentemente, no 2006, saca un disco que supón un certo retorno á música da súa época como Cat Stevens. Tras 28 anos, “An Other Cup” de Yusuf sae á venta como un agasallo para todos os afeccionados á música do “artista anteriormente coñecido como Cat Stevens”, como indica a inscrición na cuberta do disco.