ACORDO DE CONFIDENCIALIDADE Entre os suscritos, por unha banda ____________, maior de idade, con DNI __________, (en adiante e para efectos do presente acordo, o "DESTINATARIO"), residente __________, __________, e por outra banda __________, maior de idade, identificada co DNI __________, na súa calidade de xerente da sociedade __________. (en adiante é para efectos do presente acordo o “PONENTE”). Conxuntamente o PONENTE e o DESTINATARIO serán nomeados, para efectos do presente acordo coma “ AS PARTES". Dito acorde de confidencialidade será nomeado en diante coma “O ACORDO” e rexírase polas seguintes clausulas: CONSIDERANDO 1.O PONENTE ten unha información segreda que ten valor comercial para o desenrolo empresarial e que quere presentarlla ao DESTINATARIO. 2.Que AS PARTES chegaron ao ACORDO para establecer os termos, condicións e obrigas baixo as casi será manexada a información que o PONENTE transmitirá ao DESTINATARIO. Na vista do anterior, AS PARTES do seguinte ACORDO comprometense ao seguinte: CONDICIÓNS PRIMEIRA: DEFINICIÓNS: Para efectos do presente ACORDO, o seguinte significado será asignado aos termos establecidos a continuación: As informacións confidenciais inclúen, sen limitación, todas as descricións, datos, produtos, procesos e operacións e calquera outra información de natureza técnica, económica, financeira ou calquera outras información oral ou escrita que o PONENTE revele ao DESTINATARIO. Dentro das Informacións Confidenciais non se inclúen: (a) o que é de dominio público (b) a que xa esté en máns do DESTINATARIO antes de ser dada polo PONENTE ou (c) a que por orde da autoridade válida deberá divulgarse para o dominio público. As informacións confidenciais non deixarán de selo no caso de ser reveladas a calquera entidade oficial, nacional ou internacional, por orde válida dunha autoridade competente, sen perder a súa calidade de confidencial e reservadas. SEGUNDO: Por medio do presente acordo o DESTINATARIO obrígase a: a. Manter en segredo as informacións confidenciais e non divulgalas. b. Usar a información confidencial exclusivamente coa finalidade de avaliar a información e non para usar esta información para realizar un proxecto igual ou similar ao do PONENTE. c. O DESTINATARIO acepta non utilizar as informacións confidenciais de calquera xeito que poidan causar danos directos ou indirectos ao PONENTE. TERCEIRO: As informacións confidenciais non serán accedidas, copiadas, reproducidas, distribuidas ou reveladas, na súa totalidade ou en parte, sen o previo consentimento por escrito do PONENTE. Todas as persoas a quen a información sexa comunicada están ligados a este acordo de confidencialidade, como se fosen parte del. CUARTA: Este acordo será válido por un prazo de 1 ano a partir da data en que as partes intercambien a información. QUINTA; O presente acordo e as obrigas recollidas nel estáran rexidos e interpretados de acordo coas leis de España. Polo tanto as partes asinan o presente acordo DESTINATARIO
PONENTE