A Voz De Alicia

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View A Voz De Alicia as PDF for free.

More details

  • Words: 1,089
  • Pages: 2
Martes, 8 de marzo do 2005

EDITA: Biblioteca do IES As Mariñas – Betanzos

Catro nenas son mutiladas cada minuto no mundo A mutilación xenital feminina (MXF), extirpación parcial ou total dos órganos xenitais femininos, é posiblemente unha das violacións sistemáticas máis estendidas dos dereitos humanos de mulleres y rapazas. No mundo, 135 millóns foron mutiladas xenitalmente e dous millóns máis engádense a esta cifra cada ano. Practicada de forma xeneralizada en máis de 28 países africanos e nalgúns de Oriente Próximo, a mutilación xenital comezou a producirse en comunidades de inmigrantes en países industrializados.

A operación, realizada polo común en grupos de nenas entre os catro e os oito anos, adoita levarse a cabo sen anestesia. Os efectos da mutilación xenital poden ser mortais. Ademais, quen a sufriu arrastran toda a vida secuelas físicas que van desde hemorraxias e infeccións a infertilidade ou quistes. A mutilación pode facer do acto sexual e do parto unha terrible experiencia para as mulleres.

Millóns de mulleres e nenas son vítimas da violencia por razón de sexo. É a violación de dereitos humanos máis estendida, oculta e impune

Protestas de mulleres en Quito coa organización do concurso Miss Mundo Un grupo de mulleres indíxenas botáronse ás rúas de Quito, a capital de Ecuador, para protestaren contra o Goberno, ao que acusan de ocultar os problemas de pobreza que vive o país coa organización do concurso de Miss Mundo, que finalizou en xuño do 2004. Estas mulleres indíxenas manifestáronse carteis alusivos ao concurso de beleza. Din que queren "Miss Auga, Miss Fillos, Miss Terra" e definen a situación do país coa palabra "Misseria"

Condeadas a gg morte dúas lddd nixerianas por h ter sexo fóra do matrimonio Dúas mulleres foron sentenciadas o pasado mes de outubro a ser apedreadas ata a morte por tribunais en Nixeria, acusadas de manteren relacións sexuais con homes que non eran os seus maridos. Estes dous individuos foron absoltos por falta de probas, segundo informaron hoxe fontes oficiais deste país.

Eleccións en hhh Arabia Saudita: as mulleres dd seguen sen dd poder votar

Primeira muller cidade da Coruña 15/02/2005 |

bombeira

da

A Coruña

Unha muller superou, por primeira vez na historia, as oposicións ao Corpo de Bombeiros. Para ben da normalidade, oxalá pronto quede á marxe o sexo do profesional e un bombeiro, sexa home ou muller, non teña máis interese que o que ten que ter.

As mozas gañan un 27% menos, malia estaren máis preparadas As mulleres representan xa o 43 por cento do total de traballadores novos. As españolas de 15 a 29 anos reciben un 27 por cento menos de soldo por termo medio cós varóns, segundo revela o informe “Mocidade en España 2004”, encargado polo Instituto da Xuventude (Injuve).

"Estamos a falar duns 200 euros menos nun salario que rara vez pasa dos 900, e iso que as rapazas presentan un nivel maior de estudos", di Josune Aguinaga, profesora de Socioloxía da UNED e un dos seis expertos que participaron na elaboración do informe.

Pídese a retirada das modelos recollepelotas do Másters de Tenis de Madrid A secretaria de Igualdade do PSOE pediu a retirada das modelos recollepelotas do campionato de tenis que celebra anualmente en Madrid, por considerar que trata as mulleres “como simples obxectos de adorno para divertir os asistentes”.

Muller e mercado global: ¿quen nos roubou os nosos dereitos? A precariedade laboral de millóns de traballadores é consecuencia do modelo de negocio das grandes cadeas de roupa e produtos frescos. Unha fábrica de confección de Tánxer vende por 2€ ás grandes firmas de moda españolas un pantalón que hai tres anos vendía por 3’3 euros. As empresas téxtiles desta cidade do norte de Marrocos ten que entregar os seus pedidos nun prazo de entre 15 e 30 días (en ocasións só cinco), cando hai tres anos facíano en tres meses. A presión das grandes tendas españolas sobre os seus provedores marroquís trasladase ao elo máis vulnerable da cadea de produción: a muller traballadora. Nas fábricas de Tánxer as xornadas son de doce ou trece horas diarias en temporada alta, ás veces ata 16. Unha moza embarazada de sete meses traballa dez horas sen que o patrón a deixara ir ao baño, “unha autentica tortura, pero non se podía permitir o luxo de perder o tempo” explica unha compañeira. As políticas empresariais que esixen entregas máis rápidas e baratas minan os dereitos laborais dos traballadores, que ven pechadas as portas para saíren da pobreza. Os empregos precarios, os soldos insuficientes, as horas extras non remuneradas e obrigatorias, a prohibición de sindicatos e as malas condicións hixiénicas e sanitarias derivan das estratexias globais de supermercados, grandes almacéns e marcas de roupa. Todos os traballadores sofren as consecuencias; pero as mulleres, que representan entre un 60% e un 90% da forza laboral levan a peor parte.

¡Acabemos xa con esta tolemia! Quero berrar, quero denunciar, quero que a xente abra os ollos, quero que esas mozas non sufran máis. Non entendo moitas cousas deste mundo, pero o que máis me custa entender é por que hai un absurdo modelo de beleza na nosa sociedade. Ese modelo que fai tanto dano a tantas e tantas rapazas, rapaces incluídos. Quero que a xente abra os ollos dunha vez, e vexa a realidade, a verdadeira, e sobre todo, triste realidade, que é a morte e o estado vexetal de moitas rapazas, tan só por iso, por ir detrás dese modelo de beleza. Eu persoalmente pasei por este gran problema que aínda non superei. Paseino moi mal, pero grazas á miña familia fun saíndo dese pesadelo no que me metera eu soa empurrada polas críticas crueis da sociedade na que vivimos. (...) Quixera que esas persoas que discriminan ou rexeitan á persoa que non segue ese modelo de beleza que creou a sociedade, sexan castigadas coa mesma dor que sentimos nós, persoas afundidas nun pozo sen fondo, no que caemos grazas a eles. Pasando por ese tormento, sería a única maneira de que estas persoas se deran conta do gran sufrimento que causan e así poder rematar con esta gran tolemia. Estou farta, moi farta, as persoas débense xulgar pola súa beleza interior e non pola exterior. Debido á miña experiencia agora valoro máis ca nunca a beleza interior de todas as persoas, e aínda que non foi moi agradable, serviume para espertar, e voltar á realidade; e, sobre todo, para facerme máis persoa. Poñamos fin á anorexia, que é cousa de todos. Publicado en Betanzos e a súa comarca (febreiro, 2005) Fátima Ríos__1º bch CCSS

Related Documents

A Voz De Alicia
October 2019 8
A Voz De Frian
December 2019 9
Alicia
June 2020 9
Alicia
October 2019 21