A VERDADE DA CENSURA DO PROGRAMA “A CAIXA NEGRA” NA TVG
POR QUE A TVG TRATOU DE PARALIZAR ESTA REPORTAXE?
Na emisión do programa A Caixa Negra, viuse como Antonio Crespo, actual Director Xeral de Desenvolvemento Rural, foi un dos responsables dos enterramentos de Mesía.
POR QUE A TVG TRATOU DE PARALIZAR ESTA REPORTAXE? Os enterramentos fixéronse nunha mina do concello coruñés de Mesía, en condicións de total insalubridade. Estes enterramentos leváronse a cabo con nocturnidade e nunha data tan sinalada como é o día de fin de ano, aproveitando que os veciños pasaban a noite coas súas familias.
POR QUE A TVG TRATOU DE PARALIZAR ESTA REPORTAXE?
Esta reportaxe non fería a sensibilidade dos gandeiros galegos como dixo o Sr. Feijoo para xustificar a censura.
POR QUE A TVG TRATOU DE PARALIZAR ESTA REPORTAXE? A censura veu imposta porque quedaba en evidencia que o actual Director Xeral de Desenvolvemento Rural fora un dos responsables das maiores aberracións cometidas en Galicia.
É DE RIGOR QUE ANTONIO CRESPO OCUPE UN ALTO CARGO NO GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJOO? COMO VAI XESTIONAR ESTA PERSOA A DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL?