1
O relevo
TEMA: O relevo Vocabulario Placa Tectónica: Son casquetes de esfera, ríxidos , que se despraza achegándose ou afastándose, chegando a situarse uns debaixo dos outros. Estes movementos son os responsables da formación das cordilleiras, das fosas tectónicas, etc.. Deriva Continental: Teoría fundamentada nos estudos de Wegener (c. S. XX) e afirma que as placas continentais, que flotan sobre o SIMA, se desprazan ou desprazaron. Neste desprazamento a parte frontal dos continentes sufriría unha compresión que daría lugar aos sistemas montañosos, mentres que na parte posterior se irían desprendendo anacos que darían lugar a formación de illas. Pódese considerar o precedente da teoría de placas. Magma: Masa de rochas afundidas que se atopan no interior da Terra, e que está sometida a unha presión e temperaturas elevadas. Cando se achega á superficie e se arrefría forma as rochas eruptivas. Litoloxía: Ciencia que estuda as rochas, as súas propiedades físicas, químicas e a súa estrutura. Rocha Ígnea: Rocha formada tras o proceso de solidificación dun magma. Divídense en rochas plutónicas e volcánicas. Se clasifican segundo a súa textura, composición química e o seu contido en sílice. Rocha sedimentaria: Rochas formadas pola acumulación de material procedente de rochas preexistentes ou de seres vivos. En Galicia as rochas sedimentarias localízanse preferentemente no E. e nalgunhas depresións occidentais. Rocha metamórfica: Rocha orixinada polo metamorfismo doutra rocha primitiva. Soen ser máis fortes que as precedentes. As máis frecuentes son as derivadas das sedimentarias: lousas e xistos, gneis, etc. En Galicia as rochas metamórficas máis importantes son os xistos e os gneis “ollos de sapo”, moi presentes na Galicia central. Estrato sedimentario: Cada unha das capas de características uniformes e diferenciadas das outras capas. Os trazos distintivos dos estratos son: composición, disposición, espesor, cor, textura dos materiais. Rocha silícea: Rochas que conteñen abundante sílice. O sílice permite diferenciar rochas ácidas, intermedias e básicas. Rocha arxilosa: Rocha sedimentaria detrítica, non compacta, formada por graos de diámetro inferior a 2 micras. Ten unha grande capacidade para absorber auga que a converte nunha rocha en estado plástico.. Rocha calcaria: Rocha sedimentaria formada por carbonato cálcico. Existe unha grande variedade de rochas calcarias que se poden clasificar atendendo a súa orixe, idade textura, composición mineral. Na Galicia hai poucas rochas calcarias e localízanse na parte oriental da provincia de Lugo. Falla: Fractura de orixe tectónico que se producen cando as rochas da cortiza terrestre se atopan sometidas a forzas verticais ou radiais que superan o límite da súa resistencia, producíndose a súa ruptura acompañada ou non do desprazamento dos bloques. Fractura: Ruptura producida no terreo debido acción das forzas tectónicas. Se con as fracturas se produce un desprazamento dos bloques chámase FALLA e no caso contrario fálase de DIACLASAS. Fosa tectónica: Depresión de forma alargada coincidente cun bloque afundido, limitada por fallas, máis ou menos paralelas e bloques levantados. Pregamento: Flexión producida nos estratos baixo a acción das forzas e impulsos oroxénicos laterais. Pregue: Deformación das capas xeolóxicas en forma de ondulacións de maior ou menor radio de curvatura, resultante da presión tectónica. Sinclinal: Parte do pregue que se afunde e en xeral presenta unha forma de cunca (cóncava) Anticlinal: O contrario de sinclinal. Pregue convexo orixinado polas forzas tectónicas compresivas. Oroxénia herciniana: Período de formación de montañas durante el período Carbonífero (fai uns 350 millóns de años), pertencente á era Primaria.
1
2
O relevo
Oroxénia alpina: Movementos oroxénicos que tiveron lugar a mediados do Terciario (uns 35 millóns de anos) e que deron lugar á formación das cordilleiras alpinas. Xeosinclinal: Parte da cortiza terrestre afundida como resultado dunha epiroxénese e cun fondo móbil que serve de sedimentación para o material erosionado dos xeoanticlinais que o rodean. A evolución do xeosinclinal remata nunha fase da oroxenía que prega os depósitos sedimentarios orixinando unha cordilleira. Transgresión mariña: Movemento de ascenso (invasión) do nivel do mar sobre o continente debido a o aumento do nivel das augas. Regresión mariña: Retroceso de mares pouco profundos respecto á terra. Unha regresión mariña conduce á formación de praia levantadas. Isohipsa: Liña que une os puntos da coriza terrestre que teñen o nivel freático á mesma profundidade. Perfil topográfico: Liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas nun mapa topográfico. Zócalo: Conxunto de materiais antigos, e moi duros. Actualmente se presenta como unha superficie de erosión que pode estar cuberta por materiais sedimentarios. Macizo: Relevo montañoso compacto, uniforme nas características e con límites ben definidos. Penichaira : Superficie de erosión sen grandes desniveis con clara tendencia á planitude. Meseta: Superficie cha de grande extensión, horizontal o lixeiramente inclinada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. Cordilleira: Serie de montañas formada polos movementos oroxénicos que dobraron ou fracturaron os materiais que a compoñen. A súa formación é lenta, pero existe unha fase de maior intensidade que corresponde coa idade do relevo. Serra: Termo que se utiliza para designar una liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de crestas dentadas, orixinadas por un pregamento. Páramo: Popularmente se coñece como un lugar alto e frío. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude, con tendencia á planitude e amosa solos rochosos ou pedregosos, con escasa vexetación., con escasa vegetación. Cerro Testigo: Montículo aillado sobre una zona tabular (plana). A súa orixe débese a varias causas: a existencia na súa cume de rochas duras e resistentes á erosión e á localización nunha zona interfluvial. Campiña: Espazo de terreo agrario amplo, que ten como característica fundamental a súa planitude. Costa: Forma do relevo con débil inclinación dos estratos que se asentan sobre rochas de litoloxía diferente. Erosión: Conxunto de procesos que actúan sobre unha superficie terrestre e que modifican as formas creadas pola Oroxénia e a tectónica, tendendo a igualar o terreo. A erosicón pode ser debida a procesos físicos (vento, auga), químicios ou biolóxicos. Sedimentación: Acumulación de material producido pola erosión nun medio mariño, continental ou lacustre. Glaciar: Masa de xeo formado durante os períodos glaciares (cuaternario). Morrena: Forma de acumulación glaciar, caracterizada porque os seus depósitos non están estratificados (mestúranse gravas, limos, arxilas), non teñen tamaños homoxéneos e presentan formas angulosas. Poden ser morrenas laterais, centrais, de fondo, frontais ou terminais. Glaciación: Período da Idade da Terra na que motivado polo descenso das temperaturas descendeu o límite das neves ata os 1.000 mtros aproximadamente, orixinado glaciares. As máis importantes tiveron lugar no cuaternario. Eólico: Termo relativo ao vento; de aí que os materiais transportados ou depositados polo vento se lles chame eólicos. Os procesos eólicos son máis frecuentes en medios áridos e nas costas desprotexidas. Aluvión: Depósitos sedimentarios resultantes da acción dos ríos. Algúns incluen neste termo os materiais non consolidados: gravas, cantos, areas, etc e outros so consideran aluvión os los lodos e os cienos máis finos. Duna: Montículo ou aliñación de area transportada polo vento. As dunas do deserto, xeralmente non teñen vexetación, mentres que as costeiras si. A formación dunha duna
2
3
O relevo
require un aporte continuo de area, un vento constante e forte, e un obstáculo ou serie de obstáculos que suxeiten a area.
3