"Todo o que unha persoa pode imaxinar, outras poderán facelo realidade."
Jules Verne (1828-1905) Naceu o 8 de febreiro de 1828 en Nantes (Francia). Foi un rapaz rebelde e aventureiro. Aos 11 anos escapou da casa e tentou fuxir á India, pero foi detido no barco e severamente castigado. O seu pai era un famoso avogado e para que seguise os seus pasos enviouno a París a estudar Dereito. O contacto co ambiente cultural da capital marcou a súa vocación literaria en contra das aspiracións paternas. O primeiro éxito conseguino con Cinco semanas en globo (1863). O editor Hetzel propúxolle daquela un espléndido contrato que lle garantía a cantidade anual de vinte mil francos durante os seguintes vinte anos a cambio de escribir dúas novelas dese novo estilo cada ano. Cumpriu e aínda renovou o contrato xa co fillo do editor. Durante corenta anos os Voyages extraordinaires apareceron en capítulos mensuais dentro da revista “Magasin d’education et de recreation”. Verne documentaba as súas aventuras e prediciu con acerto moitos dos logros científicos e tecnolóxicos que el non chegaría ver no século XX. Escribiu sobre foguetes espaciais, submarinos, helicópteros, aire acondicionado, mísiles dirixidos moito antes de que aparecesen. Entre as máis das oitenta novelas, cómpre salientar Voyage au centre de la Terre, De la Terre à la
Lune, Vingt mille lieues sous les mers, Michel Strogoff , Le Tour du monde en quatrevingts jours, L’École des Robinsons. Este ano conmemórase o centenario do seu pasamento o 24 de marzo de 1905.
Obras dispoñibles El Chancellor CDU: 82.3 / VER / cha
Viaje al centro de la Tierra CDU: 82.3 / VER / vía
Viaxe ó centro da Terra CDU: 869.3 / VER / vía Tres exemplares
A volta ó mundo en 80 días CDU: 869.3 / VER / vol. Catro exemplares
Cuando los pasajeros del Chancellor descubren que su barco está ardiendo, aún no son capaces de imaginar los horrores que les aguardan. Con el estilo cortado propio de un diario, uno de los náufragos va contando las torturas que padecen en una balsa perdida en el océano. Pero, como es habitual en Verne, siempre hay personajes cuya abnegación, inocencia y heroísmo alcanzan límites insospechados.
A historia acontece durante 109 días que van do vintecatro de maio, cando bate o profesor Lindenbrock cun misterioso pergamiño en Hamburgo, ó nove de setembro, cando chegan á casa o profesor e mailo seu sobriño Axel de volta da viaxe motivada polo pergamiño, pasando 62 deses días no interior do planeta Terra.
Phileas Fogg, un frío gentleman inglés, acompañado de Passepartout, o seu fiel criado francés, e seguido polo axente de policía Fix, que acarreira tras del para prendelo... defróntase coa aposta de da-la volta arredor da Terra nun prazo de oitenta días, valéndose dos facareños medios de locomoción de hai máis de cen anos.
Catálogo da biblioteca do IES As Mariñas http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Bitácora
http://biblioteca.acelblog.com