1
H
abía unha vez catro amigos que vivían nun pobo que tiña un monte moi grande onde podías atopar de todo.
Os amigos chamábanse Christian, Sandra, Álvaro e Pablo. Christian era simpático, aínda que un pouco tímido, e fisicamente, baixo e un pouco gordiño. Gustáballe investigar cada día cousas distintas. Álvaro era alto e gordecho, moi ordenado, amable e xoguetón. Gustáballe comer moito, moito! Pablo era alto, delgado, moreno e moi tranquilo. Gustáballe moito aprender, por iso lía e lía… Sandra era alta, loura, recheíña e moi impaciente. Gustáballe mercar e mercar. 2
O
s catro amigos gozaban xogando no monte: á pita, ás agachadas, ao pateiro, ao fútbol…, e facían excursións,
xa que sabían que alí había cabalos, coellos, esquíos, xabarís e outros moitos animais; tamén había covas, regatos con pequenas fervenzas, árbores estrañas e moitas, moitas cousas máis. Tantas cousas coma todos e todas poidamos imaxinar… 3
U
n día, os catro amigos foron xogar ao monte. Entre os arbustos atoparon un estraño animaliño, era un osiño.
Sandra, que era moi impaciente, decontado dixo: - Quero collelo, podiamos quedar con el! Pero Pablo, que sabía de todo porque lía moitos libros, contestoulle: - Os osos son animais salvaxes e non poden vivir nas casas coas persoas. Deberiamos buscar á súa nai! 4
N
ese intre oíuse unha voceciña:
-Un cazador furtivo levou á miña nai… Era o osiño que podía falar. - Un osiño falador!! -exclamaron todos. -Xa que sabes falar, poderás dicirnos onde podemos atopar á túa familia- dixo Pablo. O osiño explicoulles cómo podían chegar até a súa cova e os catro amigos decidiron poñerse en camiño. Despois dun par de horas de camiño polo corazón do bosque, por fin atoparon a cova. Cando entraron, quedaron abraiados porque as paredes estaban cubertas de diamantes e pedras preciosas. Adentráronse nela e, enriba dunha iluminada polo reflexo da luz dos diamantes, atoparon un mapa e unha brúxula. Desplegaron o mapa, nel indicábase o camiño ata un lugar chamado “VAL DOS OSOS FALADORES”…
5
S
aíron da cova e Pablo colleu o mapa, pero foron polo camiño equivocado polo que deron a volta, mais como estaban
cansos, decidiron descansar un pouquiño; aínda que Sandra, como era tan impaciente, quixo seguir camiñando e así o fixeron. Atoparon tres camiños e decidiron utilizar á brúxula e seguir polo norte.
6
C
amiñaron e camiñaron, mais fíxose de
noite e entraron nunha cova para durmir alí. - Podemos pór unhas follas e durmir enriba delas – dixo Pablo. Aos amigos pareceulles unha magnífica idea. Cando amenceu levantáronse e seguiron o seu camiño. Atopáronse cun esquío e preguntáronlle por onde tiñan que ir para chegar ao val. - Polo norte, todo recto –contestou o esquío. A continuación atopáronse cun morcego e díxollles que tiñan que ir por outro camiño que era máis curto.
7
O
s nenos fixéronlle caso ao morcego e continuaron por aquel camiño. Xa levaban bastante tempo andando
cando Christian dixo que deberían descansar para merendar e beber algo. Todos opinaron o mesmo. Sentaron nunhas rochas rodeados de frondosos castiñeiros e… a sorpresa foi enorme ao decatárense de que diante deles estaba o VAL DOS OSOS FALADORES!! Alí todos os osos corrían, xogaban e falaban,e todos eran… exactamente iguais!! 8
O
osiño foi correndo e díxolle: “Estes nenos son os meus amigos, axudáronme a atopar este val, porque un
cazador levou á miña nai”. Os osos déronlles as grazas por axudalo, e Pablo preguntou: - Imos en busca do cazador? -Siiii….-contestaron todos. 9
S
andra preguntoulle a Pablo: “ Pablo, ti que eres tan listo, non tes algunha idea?”
E Pablo tivo unha idea: “Seguro que a queren para o circo, porque é unha osa faladora. Que vos parece que vaiamos ao circo? Iremos buscar aos miserables dos cazadores que cazaron á túa nai. Faremos unha trampa: poñeremos un cartel para que vaian por un camiño, colgaremos unha pedra dunha corda e poñeremos un tronco sobre a auga. Cando estén no medio do tronco lanzaremos a pedra, romperá o tronco, caerán a auga que os arrastrará ata a fervenza e caerán sobre as pedras afiladas… Todos dixeron que estaban de acordo, e Álvaro comentou: “Rápido aproveitemos o bo día.” 10
E
ntón Sandra dixo que cada un fora por un camiño.
– Tranquilidade, pensade un pouquiño, onde se poden reunir os cazadores? -comentou Christian E Álvaro respondeu: “Eu coñezo un bar de cazadores chamado “Cazarrancho” no corazón do bosque”. Pero, de súpeto, viron unha sombra ao norte, era un home, levaba escopeta, sombreiro e unhas botas de caza… De repende, soou algo. “Paréceme que é un disparo” - dixo Pablo asustado. -Oh non, imos, corre, corre -dixo o osiño mentres tremía de medo… Chrsithian pensou: “ Esta aventura empeza a ser perigosa”. 11
Ch
ristian, vencendo a súa timidez, avanzou cara o cazador e díxolle:
- Señor, deixe de cazar osos, é moi cruel! - Eu non os mato, só os vendo porque son osos faladores e danme moitos cartos por eles. Ademais sabemos que algúns viven nunca cova chea de pedras preciosas e gustaríamos atopala, por iso andamos tras eles –comentou o cazador. Ao oír isto, Sandra, que dende había un tempo cambiara de actitude, afirmou: - A min antes gustábame mercar e mercar cousas, ás veces, innecesarias; pero aquí no medio da natureza decateime de que ter cartos non é o máis importante. - Non se dá conta de que teñen sentimentos coma nós? – preguntoulle Pablo. - O certo é que hai un tempo un amigo meu colleu a unha osa que de seguro tiña crías, a osa non deixaba de laiarse –contestou o cazador. - Era a miña nai, era a miña nai!!! – berrou o osiño que estaba agochado nun arbusto. Levareivos até Cazarrancho, alí falaremos co meu amigo- dixo o cazador apiadándose do animaliño.
12
E
así o fixo. Puxéronse en marcha e non pararon ata chegar ao Cazarrancho. Alí atoparon a outro cazador
que escoitara que a osiña estaba ferida nun circo río abaixo. Deseguida, Pablo propuxo buscar unha barca e, sen perder tempo, continuaron a busca. Ao día seguinte chegaron ao circo. “Mamá, mamá !” , berrou o osiño correndo ao ver á súa nai. E foi entón, mentres nai e fillo choraban de ledicia, cando os catro amigos souberon que a osiña só podería curarse cunha planta milagrosa que eles terían que atopar. Comezaron a súa noa aventura atravesando a ponte que conducía a … 13
Á
fraga das flores que plantara o compositor Tchaikvsky para adquirir máis inspiración.
Cando pasaron por diante dunha árbore, viron unha fermosa planta enriba dela. Subiron para collela e por máis que escalasen, nunca chegaban. Era unha árbore interminable. Entón Pablo chamou ao seu tío, que era piloto das forzas armadas. Este veu nun burro con ás e montaron todos nel para chegar até a planta misteriosa. 14
G
razas ao burro voador pudieron chegar ata ela. Pablo, con moito
coidado, arrincou varias follas. Cada vez que arrincaba unha, saía un líquido laranxa. De súpeto, comezou a facer un forte vento e o tío de Pablo de que tiñan que marchar, xa que se achegaba unha gran treboada. Entre fortes rachas de vento chegaron ao circo onde estaba a nai do osiño. Entón Pablo díxolles aos seus amigos: - Temos que preparar rápido a apócema coas follas e o líquido laranxa que recollimos para curar a ferida da osa.
15
F
ixeron a apócema con
cebola e allo para darlle sabor. Déronlla á osa, pero non apreciaron ningunha mellora. Os cazadores chegaron alí cunha boa noticia: nunca máis volverían cazar nin utilizar armas!! Tamén sabían que facía falla engadirlle á apócema sangue de morcego, dixérallo un vello amigo científico. Foron á cova dos morcegos, non moi lonxe de alí; os morcegos dixéronlle que podían coller todo o sangue que quixesen, así que colleron un cuarto de litro. Volveron ao circo e fixeron a nova apócema.
A
osa bebeuna e mellorou deseguida. Os nenos marcharon de alí, e cova dos diamantes quedou en segredo para
sempre. 16
CONTO
VIAXEIRO
(CURSO 2008-2009)
REALIZADO POLO C.E.I.P. MESTRE MARTÍNEZ ALONSO E O C.E.I.P. CARBALLAL 17