○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
2º ciclo de ESO
ies de melide
departamento de grego
Curso 2008-09
ALUMN@:
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
teatro grego
Teatro de Dioniso, Atenas
Vista aérea do teatro de Epidauro
Santuario de Asclepio, en Epidauro
Capsa con volumes de papiro
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA
O teatro grego ten o seu máximo esplendor na Atenas democrática do s. V a. C, no chamado século de Pericles.A representación teatral é un acto: ‐ Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel tena a súa orixe. As súas festas anuais eran no mes de xaneiro as Leneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias . ‐ Social: é un espectáculo popular, de goce do ocio de forma colectiva. Implica a participación do espectador, a súa reflexión sobre problemas humanos e temas políticos. A representación teatral está organizada pola polis ou Estado en forma de concurso, cun premio para o mellor poeta tráxico e outro para o mellor poeta cómico. Os cidadáns ricos costeaban as representacións co pago de impostos e recibían honores se a obra era premiada. Estes ʺpatrocinadoresʺ denominábanse coregos.
2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS
Tódolos compoñentes da obra teatral levaban máscara e disfrace. ‐ Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, máscaras de expresión tráxica e o coturno, un calzado de madeira con sola bastante grosa. Este calzado especial aumentaba a altura dos actores conferíndolles unha ʺelevación moralʺ. ‐ Na comedia: disfraces de animais, mulleres e grotescos en xeral e máscaras cómicas. En cada representación teatral interviñan: ‐ Actores: ata un máximo de tres, polo que cada un debía representar varios papeis: Protagonista: actor principal Antagonista: segundo actor Terceiro actor: facía todos os demais papeis Os actores eran sempre homes e desempeñaban papeis femininos cando era necesario. Ás veces podían intervir nenos e personaxes mudos, que non eran actores profesionais. Os actores recitaban e cantaban na escena. ‐ O coro: era fundamental na traxedia. Facía a función dun personaxe máis que dialogaba cos actores sobre o que estaba acontecendo. Os seu compoñentes denominábanse coreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que é quen toma a palabra cando había que recitar. O coro cantaba e danzaba na orquestra. En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de máxima tensión ou clímax que se sucede dun anticlímax. No clímax soe producirse a morte tráxica do protagonista ou algún outro personaxe. A representación da morte era tabú no drama grego, polo que este momento non podía ser posto en escena e debía ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro. Un dos recursos para aumentar a tensión dramática é a chamada ironía tráxica, utilizada principalmente por Sófocles. Prodúcese cando un personaxe é víctima dun discurso de dobre sentido, que coñecen os espectadores, pero el non. Nas pezas teatrais había unidade espacial e temporal: a acción desenvolvíase nun escenario único (un so lugar) e nunha xornada (un so día)
Teatro grego. Páx. 1
3. OS XÉNEROS TEATRAIS
Temas Tratamento Personaxes
Traxedia heroicos ou lendarios (mitolóxicos) tono solemne e grandioso heroes ou heroínas
Comedia ficción tono desenfadado personaxes populares, animais, deuses ou heroes ridiculizados...
Na traxedia grega exprésase claramente o sentimento tráxico da vida: céntrase no dolor humano. Todo xira en torno ó heroe tráxico. Nas traxedias de Sófocles, o heroe é un personaxe que, a pesares de ser moralmente superior ós demais, non pode evitar cometer unha falta (hybris, en grego) que altera a orde moral establecida ou aceptada pola sociedade. O destino, que está por riba de deuses e humanos, equilibrará de novo a balanza. O heroe pasa por unha situación de angustia que é compartida polo público, espertando nel paixón e compaixón. Ó final o heroe acepta o destino e a xustiza divina que o liberan da súa angustia. A función da traxedia era a de formar o pobo, darlle unha lección de temperanza e moderación. O público nas representacións liberaba as súas paixóns, producíndose nel unha liberación (catarse, en grego). A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia: liberar ó home das súas angustias e opresións. O heroe cómico por medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seus males: a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos poetas... chegando a un estado de felicidade. Na comedia hai unha ensinanza máis directa, amósanos unha situación menos distante que na traxedia. É dicir, o espectador atópase máis cerca do heroe cómico, que vive unha situación cotiá, que do heroe tráxico que vive unha situación extraordinaria.
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS Tráxicos: ‐ Esquilo (525‐428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias. ‐ Sófocles (496‐406 a. C.) 7 traxedias ‐ Eurípides (480‐406 a. C.) 18 traxedias Cómicos: ‐ Aristófanes (445‐385 a. C.) 11 comedias (Comedia Vella ou política) ‐ Menandro (342‐294 a. C.) 1 comedia e fragmentos (Comedia Nova)
Teatro grego. Páx. 2
CRONOLOXÍA 490‐479 a. C. Guerras Médicas: Os gregos vencen ós persas (Batallas de Maratón, Termópilas, Salamina, Platea...) 477 Confederación Délica: alianza militar para controlar o perigo persa liderada polos atenienses, con base na illa de Delos Ö Talasocracia ateniense 462 a. C. Reformas democráticas de Pericles y Efialtes que aumentan competencias da asemblea 431‐ 404 a. C. Guerra do Peloponeso: Esparta enfróntase a Atenas para tentar frear a súa política imperialista. 429 Peste de Atenas: morre Pericles. 421 Paz de Nicias: tratado por 50 anos. 415 Expedición a Sicilia: o belicista Alcibíades consegue permiso da Asemblea para axudar a colonias atenienses. contra Siracusa. Alcibíades, desterrado por acusación de sacrilexio, abandona a expedición e refuxiase en Esparta. Esparta acude en axuda de Siracusa. Fracasa a expedición. 413 reanúdase a guerra. Esparta pide axuda a Persia e equipa a súa flota. Na batalla de Decelia Esparta cerca a Atenas por terra. 411 Triunfo da oligarquía, réxime non democrático, en Atenas. Sublevación do exército e proclamación de Alcibíades como xefe supremo. ‐ 405 Batalla de Egospótamos: derrota definitiva de Atenas. ‐ 404 Atenas derriba os muros longos e entrega a súa flota. Tiranía dos Trinta: réxime de terror cun goberno oligárquico proespartano. ‐ 403 restablecemento da democracia en Atenas. Crises económicas e sociais.
5. EURÍPIDES (480‐406 a. C.) A súa vida transcorre no s. V a. C. Vivía retirado na illa de Salamina e posuía unha boa biblioteca, feito excepcional na Atenas desta época. A diferenza doutros literatos da súa época, non participou activamente na política. Eurípides é o poeta tráxico de quen conservamos máis obras (19); sen embargo en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sófocles.
Trazos da súa obra: Eurípides é o representante dunha época en cambio porque: ‐ Racionaliza os mitos e os humaniza, concedendo unha maior importancia ás accións humanas. O home non está sometido ao destino, é o responsable da súas accións. Ex.: ‐ Trata os temas do seu tempo con claridade: problemas matrimoniais, a humillante situación da muller, as relacións sexuais, o enorme poder do amor, o mundo dos escravos, os horrores da guerra... ‐ Cuestiónase o papel dos deuses: a xustiza de Zeus, a validez dos oráculos de Apolo...Critica a uns deuses que actúan levados por vinganzas persoais. Ex: a vinganza de Dionisio contra os habitantes de Tebas, que non o recoñecían como deus, é excesiva. ‐ Humanización os personaxes e trata dos mitos de forma innovadora: ofrece novas versión de mitos e presenta personaxes moi achegados aos homes do seu tempo, coas súas dúbidas e medos, máis apartados do heroe tráxico que está por riba dos demais humanos. Trata os mitos dende un punto de vista tamén máis humano, o home é responsable dos seus actos, dubida do papel dos deuses. Ex: Penteo, aínda que peca de soberbia e comete unha falta ou hybris, era un ser querido para Cadmo e protexía ao seu avó na súa vellez. Estilo de Eurípides: ‐ Resta importancia ó coro, que non comenta a acción da obra, senón que trata temas cotiáns próximos aos espectadores: a situación da muller, os problemas do matrimonio, as penas dos humanos, os desastres da guerra, a loanza da natureza... Os coros, aínda que non teñan peso no argumento, son dunha gran beleza lírica. ‐ Emprega ás veces o “deus ex maquina”, é dicir, unha figura divina que aparecía no escenario suspendida dunha especie de grúa no final dalgunhas obras, aportando unha solución ao conflicto creado. As Bacantes Foi a última traxedia escrita por Eurípides, representada no 406 a. C. Está dedicada ao culto de Dioniso e nela se nos describen os seu ritos mistéricos. Dioniso era considerado coma un deus importado de Oriente, procedente de Asia (Lidia e Frixia) e o seu culto estendeuse rapidamente por Grecia. Dioniso ou Baco era o deus do teatro, do viño, da paixón e do exceso e os seus ritos eran secretos, solo os coñecían os iniciados, que celebran no seu honor orxías (Grecia) ou bacanais (Roma). O deus solía representarse acompañado do tíaso (a súa compañía) formado polas ménades ou bacantes, as súas sacerdotisas, sátiros, silenos, príapos.. Nas nosa traxedia, o deus Dioniso acompañado das bacantes chega a Tebas procedente de Asia, para establecer en Grecia o seu culto. Penteo, tirano de Tebas e neto de Cadmo, négase a recoñecelo como deus e pretende prohibir o seu culto, que altera a orde da polis e fai que se lle unan mulleres que viven salvaxemente no monte Citerón, entregadas aos ritos orxiásticos. Penteo decide espiar ás bacantes, pero é descuberto por elas que, instigadas por Dioniso, acaban despezándoo. A súa propia nai Ágave, en pleno éxtase dionisíaco, é a autora da súa morte ao confundilo cun león. Teatro grego. Páx. 3
Recibe así Penteo o castigo pola súa falta ou hybris, pola súa soberbia ao non querer recoñecer ao deus e desoír os consellos dos máis anciáns e sabios, Cadmo e Tiresias, que lle aconsellaban prudencia, moderación e humildade ante a divindade. Dioniso preséntasenos coma un deus estraño e ambiguo: por un lado é o que da a alegría, a felicidade, a vida, a liberdade..., pero é tamén o deus da éxtase, do exceso, do delirio e da morte.
Xenealoxía da estirpe de Cadmo, fundador de Tebas
Glosario das Bacantes Acteón: neto de Cadmo que viu espida a Artemisa e por elo morreu despezado polos seus propios cans de caza. Aqueloo: deus río de Etolia (noroeste de Grecia), pai da ninfa Dirce Axio: río de Macedonia (norte de Grecia), que desemboca no mar Exeo, perto de Salónica. Bromio: sobrenome de Dioniso, que significa “o que brama ou berra” Cíbele, Cibeles: deusa frixia da “Nai Terra”, equivalente a Xea ou a Rea. Citerón: monte próximo a Tebas. coribantes: bailaríns con casco que celebraban o culto a Cibeles. Córico: promontorio de Cilicia (sur da actual Turquía) Chipre: illa na que, segundo os mitógrafos, naceu Afrodita Dirce: ninfa, filla do deus río Aqueloo, que foi sacerdotisa de Dioniso que foi convertida en manancial. ditirambo: composición poética interpretada por un coro en honor a Dioniso, antecedente da traxedia. Equión: un dos “espartos”, homes que naceron de dentes de dragón sementados por Cadmo. Destes dentes xurdiran xigantes que ameazaban a Cadmo, quen guindou unha pedra entre eles e provocou unha pelexa. Equión sobreviviu e casou con Ágave, con quen tivo a Penteo. Evohé!, evoé!: berro das Bacantes para invocar a Dioniso. Febo: sobrenome de Apolo, que significa “o luminoso” Frixia: rexión de Asia Menor (actual noroeste de Turquía) Lidia, Lidios: rexión de Asia Menor (actual sudoeste de Turquía) Lidias: río de Macedonia (norte de Grecia) que desembocaba no río Axio Moiras: as tres deusas que tecían o destino dos homes, as Parcas romanas. Nisa: lugar ou monte de Tracia onde se supón que naceu e se criou Dioniso Rea: titánide, filla de Xea, irmá e esposa de Cronos, nai de Zeus. Ás veces se identifica con Cibeles ou Cíbele. Pafos: cidade de Chipre na que naceu Afrodita Pieria: rexión de Macedonia, nas ladeiras do Olimpo. Unha das sedes das musas. tíaso: compañía de Dioniso, composta polas Ménades ou Bacantes, sátiros, silenos, príapos... tirso: vara á que se ataba piñas e follas de hedra ou vide, cetro simbólico nos ritos de Dioniso. Tmolo: monte de Lidia.
Teatro grego. Páx. 4
CUESTIONARIO SOBRE AS BACANTES DE EURÍPIDES (Cuestións posibles a desenvolver no comentario de texto)
1. Función do prólogo. 2. Fai un cadro xenealóxico sobre a estirpe de Cadmo 3. Quen era Tiresias? Investiga algunha das súas características e en que outras traxedias aparece? 5. Explica as diferenzas entre as distintas xeracións a cerca do culto a Dioniso: a postura dos máis vellos (Cadmo e Tiresias) fronte a do máis novo (Penteo) respecto ao culto aos deuses e coméntaa. 6. Penteo é un nome parlante, xa que a palabra grega “penthos” significa “dolor”. Explícao. 7. Explica a falta ou hybris que comete Penteo e que castigo recibe. 8. Explica cal é a función do mensaxeiro. 9. Dioniso é o deus do viño, da liberdade, da vida na natureza salvaxe. Explica cal é a súa función liberadora con respecto ás mulleres. Que vida levan servindo a Dioniso e que vida e tarefas farían nas súas casas? Explica a declaración de Ágave na páx.73, cando volve orgullosa da “cacería”. 10. Comenta a ironía tráxica presente na obra, centrándote nas alusións a Acteón e nas palabras de Ágave do final 11. Busca e comenta trazos de Eurípides presentes na obra: humanización dos personaxes e mitos, cuestionamento do papel do deuses... 13. Explica que era o deus ex machina e como aparece este recurso na obra. 12. Sitúa nun mapa da Grecia antiga os seguintes lugares: Tebas, monte Citerón, Lidia, Frixia, Tracia, monte Olimpo.
Teatro grego. Páx. 5
6. ARISTÓFANES (445‐385 a. C.) Ateniense e posiblemente procedente dunha familia de autores cómicos, Aristófanes vive un dos acontecementos de maior importancia e repercusión na historia de Grecia: a Guerra do Peloponeso. Na súa obra estará sempre presente a situación política do momento: os enfrontamentos de Atenas con Esparta e as propias crises internas de Atenas. Por tratar os problemas da polis ou estado esta comedia denomínase comedia política. Conservamos 11 obras del. A primeira etapa é a das comedias autenticamente políticas. Lisístrata pertence á segunda etapa, nela trata tamén os problemas da polis pero a través da evasión e propón situacións e solucións utópicas (ideais e irrealizables)
Estilo de Aristófanes ‐ A linguaxe de Aristófanes é a lingua viva do pobo: directa, pero moi rica e imaxinativa. Recorre constantemente ós xogos de palabras, ó equívoco e ó dobre sentido. Gústalle parodiar a traxedia, utilizando o ton tráxico para asuntos cómicos, e sorprender o espectador con frases finais non esperadas. ‐ En Lisístrata e recorre a tópicos como a loita de sexos, o mundo do revés, as mulleres facendo de homes e viceversa, e temas escatolóxicos. Son frecuentes as escenas típicas onde se poñen de manifesto os defectos de ambos sexos: homes inútiles e miñaxoias, mulleres borrachas e obsesionadas polo sexo...etc. ‐ O seu humor basease na parodia, na sátira e ataque contra os novos movementos intelectuais e os homes destacados no campo da política e da cultura (Cleón, Pericles, Eurípides...). As súas comedias son unha importante fonte para coñecer o ambiente ateniense do s. V. a. C. ‐ Critica a tódalas clases sociais, pero escolle como protagonistas da súas obras ós personaxes do pobo chan que queren vivir tranquilos e sen guerras.
Lisístrata Lisístrata foi estreada no 411 a. C, en plena guerra do Peloponeso (ver cadro cronolóx.) Nesta comedia cuestiónase de novo a paz como obxectivo primordial e para elo Aristófanes busca unha situación utópica: xa que os homes non chegan a ningunha solución satisfactoria, unha muller, Lisístrata, idea un plan para ʺsalvar a toda Greciaʺ. A estratexia das mulleres consiste en dúas accións: tomar a Acrópole e apoderarse do tesouro da cidade, e poñerse ʺen folgaʺ cos maridos, negándose a ter ningunha relación carnal con eles. O plan comeza a dar resultado cando os homes de ambos bandos, ao non soportar a situación, acceden a facer as paces. Así podemos entender o nome de Lisístrata en grego, ʺa que disolve os exércitosʺ.
Teatro grego. Páx. 6
CUESTIONARIO SOBRE LISÍSTRATA DE ARISTÓFANES (Cuestións posibles a desenvolver no comentario de texto)
1. Explica como usa Aristófanes a utopía en Lisístrata. Ten en conta a situación real da muller en Atenas e explica si o plan de Lisístrata resultaba posible na sociedade de aquel momento. 2. Busca trazos do humor de Aristófanes presentes na obra: o uso dos tópicos, escenas típicas... 3. Busca na obra alusións ás diferentes formas de vida en Esparta e Atenas: a educación das mulleres, a organización política... 4. Busca exemplos da linguaxe viva do pobo: xogos de palabras e dobres sentidos (case sempre en clave erótica), metáforas fora de contexto (Ex: a do campo ben abonado e traballado e sementado, a arma desenfundada...) 5. Buscar exemplos de humor sutil e humor máis fácil: humor de tortas e bastonadas, humor escatolóxico. 6. Comentar a utilización da técnica da sorpresa: frecuentemente acaba parlamentos e escenas con frases ou actitudes non esperadas. Tamén nos prólogos procura introducir a acción de forma misteriosa para causar expectación no público. 7. ¿En que lugares de que cidade se desenvolve a acción? ¿Que se facía na Acrópole? ¿Porque é importante para as mulleres tomala? Menciónase “o tesouro de deusa”. Onde estaba? de onde proviña? que lle proporcionou a Atenas?. Consulta este artigo si tes dúbidas: http://es.wikipedia.org/wiki/Confederaci%C3%B3n_de_Delos 8. Explica quen era o Alcibíades que sae mencionado na obra. 9. ¿Cal é a situación de Atenas, dende o punto de vista histórico? Poderías explicar a partir de aquí por que as mulleres deciden actuar? 10. Sitúa no mapa dos bandos belixerantes na guerra do Peloponeso os seguintes lugares que aparecen mencionados na comedia: Atenas, Esparta, Beocia, Peloponeso, Salamina, Tracia, Corinto, Mileto, Samos, Mesenia, Pilos, monte Taixeto e río Eúrotas.
Teatro grego. Páx. 7
MAPA DA GRECIA CLÁSICA
MAPA BANDOS BELIXERANTES NA GUERRA DO PELOPONESO
Teatro grego. Páx. 8
Versión de Lisístrata en cómic, por König
Representación de Lisístrata polo grupo Hypnos
Representación de Bacantes polo grupo Hypnos
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA 2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS 3. OS XÉNEROS TEATRAIS 4. PRINCIAPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS 5. EURÍPIDES. 6. ARISTÓFANES
BIBLIOGRAFÍA - Introduccións das obras - Diccionario de mitología griega y romana. P. Grimal. Ed. Paidós - Diccionarios de mitoloxía (signatura 292) - Diccionario de la Literatura Clásica. Hotwatson, Alianza Editorial. (En «Diccionarios» 03) - Historia de la literatura griega. López Férez, J. A. (Ed.), ed. Cátedra (En lit. grega 875, na biblioteca) - « El mensaje liberador de Dioniso en las Bacantes de Eurípides», López Puertas, G. (http://www.ucm.es/info/especulo/numero28/dioniso.html) - Webs da Wikipedia eGallipedia - Imaxes da representación: Grupo Hypnos (IES Francisco Ríos, Córdoba): http:/ /www.grupohypnos.com/site/
○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○