Salinger

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Salinger as PDF for free.

More details

  • Words: 527
  • Pages: 3
“What really knocks me out is a book that, when you’re all done reading it, you wish the author that wrote it was a terrific friend of yours and you could call him up on the phone whenever you felt like it. That doesn’t happen much, though.” Holden Caulfield en The Catcher in the Rye

“O que de verdade me deixa fóra de xogo é un libro que, cando o tes rematado, gustaríache que o autor que o escribiu fose un dos teus mellores amigos e que puideses chamalo polo teléfono sempre que te apetecese. Aínda que iso non pasa moito.” Holden Caulfield en O vixía no centeo

J. D. Salinger Nace o 1 de xaneiro de 1919 en New York. Pertence a unha familia de moi boa situación económica, o que lle permite viaxar por Europa no 1937. Namorouse de Oona O’Neill, filla do dramaturgo, e escribiu para ela moitas cartas de amor. Sufriu unha grande impresión cando ela casou con Charles Chaplin. Pouco é o que sabemos da súa vida; aínda que é coñecido que participou no desembarco de Normandía durante a Segunda Guerra Mundial e segundo os seus compañeiros, comportouse como un heroe na guerra. A súa primeira novela é The Catcher in the Rye que narra a fin de semana do rapaz Holden Caulfield de 16 anos en New York unha vez que é expulsado da súa escola. A historia é un monólogo escrito con vocabulario da rúa que causou escándalo cando foi publicada no 1951. É autor doutros relatos, pero parou de publicar no 1965. Comparte con outros escritores da “Xeración Beat” o desgusto coa sociedade na que viven, e a rebeldía que amosa tanto no seu xeito de escribir como no de vivir. Salinger ten un carácter moi especial e foxe do contacto coa xente. Nunca concedeu unha entrevista nin permitiu ser fotografado. De cando en vez, hai rumores de que ten escrito outra novela, pronta para publicar, pero eses rumores esvaecen despois dun tempo. Nos seguintes enlaces poderedes saber máis sobre este autor: http://en.wikiquote.org/wiki/J._D._Salinger (Inglés) wikipedia: citas de Salinger. http://www.socsdteachers.org/tzenglish/literature_timeline.htm (Inglés) sitúa a Salinger (e a moitos outros) no seu momento histórico. http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2261 (Castelán) estupendo portal de literatura universal.

Obras dispoñíbeis:

El guardián entre el centeno Trece rexistros en castelán CDU 821-3

SAL gua

O vixía no centeo CDU 821.1-4

Un chico va a ser expulsado del colegio por malas notas, pero antes de que llegue la notificación a casa, se escapa. Durante ese tiempo hizo una vida independiente, le ocurrieron cosas que nunca pensó antes que le podrían pasar. Su único sueño era irse de la ciudad para siempre, ya que nada le retenía en su casa excepto su hermana más pequeña por la que al final decide volver. Susana Pérez Otero (1º. Bach. Sociais)

SAL vix

Nueve cuentos CDU 821-3

SAL nue

Publicado no ano 1953 está considerado un dos mellores libros de relatos da literatura norteamericana. Quizais o máis famoso sexa “Un día perfecto para el pez banana” e tamén “Para Esmé, con amor y sordidez”, “Antes de la guerra con los esquimales” ou “Teddy”.

Catálogo da biblioteca

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Bitácora da biblioteca http://www.biblioweb.blogspot.com/

do IES As Mariñas

Related Documents

Salinger
December 2019 16
Salinger
October 2019 15