Xornal Rular
Ecosistemas Autora: Elena Peña Novás C.E.I.P. de Arzúa Nivel: 1º nivel do 2º Ciclo de Primaria. Materia: coñecemento do medio natural Temática: Os ecosistemas.
Descripción da experiencia: Nesta unidade estamos a estudia-los seres vivos, hábitat onde viven e as distint as relacións que se est ablecen entre eles. Para que os nenos chegasen a adquirir,de forma máis sinxela, os conceptos de hábitat, poboación, comunidade, ecosistema dos seres vivos que habitan nunha mesma zona, ocorréusenos decorar e distribuila clase cos diferentes ecosistem as, concret amente: o Polo Norte, o deserto, a selva, o mar e o campo. Cada neno aportou, da súa casa, os diferentes tipos de animais, plantas e seres humanos para despois clasificalos e situalos no seu hábitat correspondente. Mentres faciamos a clasificación íamos valorando e comentando os factores referidos á auga, temperatura, luz, rochas, aire e solo característicos de cada zona representada e que determinan o seu hábitat. Falabamos das distintas poboacións de seres vivos (animais, plantas e seres humanos) que vivían nesa zona concreta e que xuntos constituían unha comunidade. Deste xeito tan sinxelo chegaron ao coñecemento de que un ecosistema é unha comunidade de seres vivos e o hábitat onde se atopan. Falamos tamén das cadeas alimentarias e os mesmos nenos eran capaces de construír unha cos diferentes seres vivos e finalmente clasificámolos tamén en función de cómo conseguen o seu alimento: productores, consumidores (carnívoros, herbívoros) e descompoñedores. O que nun principio parecía un tema difícil de comprender pola gran variedade de conceptos novos que nel se traballaban, resultou ser unha experiencia divertida, entretida e moi útil para chegar a un mellor coñecemento dos seres vivos e as súas condicións e circunstancias.
colorea
Xornal Rular
ANIMAIS DE GALICIA Os tritóns como o resto dos anfibios son animais cunha beleza digamos que especial. Habituais en charcas de augas transparentes, torrentes pequenos, estanques e covas de augas limpas. Tamaño: Teñen unha lonxitude duns 10 cm. Aínda que soen ser máis pequenos. As femias son algo máis gordas. Na época de celo a femia aproveita a cor laranxa do seu ventre para atraer ó macho. A súa distribución xeográfica colle case a metade do oeste da Península Ibérica.
O raposo é un mamífero carnívoro salvaxe. Vive no monte e baixa as aldeas para comer as nosas galiñas. Caracterízase pola súa longa cola e tamén pola súa astucia para a caza e o engano. Noutros paises é moi apreciado pola súa pel e críase en granxas..
Mamífero roedor cun rabo longo e peludo. Vive nos bosques e é moi axil subindo polas pólas das árbores. Aliméntase principalmente de froitos dos bosques: castañas, noces, landras...etc. O seu enimigo natural é a marta. O niño faino nas copas das árbores sobre todo dos pinos.
Porco Teixo (Meles meles) De aspecto pesado e forte. O seu habitar case sempre é nas raíces das árbores sobre todo carballos. Fai vida nocturna. Come sobre todo vexetais pero tamén insectos, miñocas, caracois... É presa do lobo e o raposo. Fai hibernación.
Xornal Rular
Lince ibérico (lynx pardina). Mamífero carnívoro felino, forte e axíl, semellante ó gato, pero máis grande. Ten dúas orellas aguzadas que acaban en dúas guedellas de pelo negro. Destaca pola súa voa vista. Vive no bosque e nalgúns lugares está en perigo de extinción.
O lobo común (canis lupus) Mamífero carnívoro salvaxe semellante a un can, pero máis grande e máis fero. Ten o pelo pardo, as orellas aguzadas e o fociño acabado en punta. É un animal de vida nocturna e a súa presa máis frecuente é o gando lanar. Vive nos montes altos aínda que baixa cando ten fame. Lebre (Lepus Capensis) Mamífero semellante ó coello pero máis grande e coas patas de atrás longas e fortes. O alimento preferido son os vexetais. Dormen en camadas onde as matas e alí crían as súas crías.
Víbora común (Vipera berus) Vive en toda Europa. Serpiente venenosa de cabeza triangular. É un reptíl vipérido e aliméntase depequenos animais. A súa mordedura é grave para o home. Sae do seu letargo en marzo e volve a hibernar en outubro.
Xabarín ou Porco bravo (Sus Scrofa) Mamífero salvaxe semellante ó porco, pero máis grande e estreito. Cor parda e pelo forte e mesto. Os seus coiros superiores son grandes e saenlle da boca. Aliméntase de todo pero gústanlle máis os vexetais da estación. Poden ter ata 12 crías.
Xornal Rular
ALUMNOS DE 5º A Cabra do monte. Mamífero rumiante con cornos curvados cara atrás, pelo áspero, rabo curto e corpo áxil. Capaz de subir por sitios empinados. O seu macho chamase castrón,
A pita do monte ou urogallo (Tetrao urogallus) É unha ave en perigo de extinción. Mide entre 62 e 90 cm., Trátase dunha ave moi grande.Pode pesar ata 6 kg. O macho ten a plumaxe negra cicenta e pencas brancas espalladas polo rabo e ventre. As cellas tenas vermellas. A femia ten as partes superiores castañas. Viven nos piornedos e fragas de montañas onde hai acivro. Comen todo tipo de gromos e bagas de silveiras e tamén animais pequenos.
Vaca do país. Mamífero rumiante femia do boi ou touro. O home aproveitaa para carne e leite. Anteriormente tamén para o traballo na agricultura. A raza de Galicia chámase rubia e ten un cor marrón claro. Pode ter unha cría o ano. Aliméntase fundamentalmente de vexetais.
Coello de monte (Orytologus cuniculus) Trátase dun animal típico de Galicia nos nosos montes. Mamífero roedor, coas orellas grandes, rabo curto, patas de atrás longas, pelo moi suave e que corre moi rápido. Pelaxe gris. Aprovéitase a súa carne. O coello silvestre pode alcanzar de 40 a 50 cm de lonxitude e de 2 a 2,5 kg de peso. Aliméntanse de plantas herbáceas. De día pode estar escondido no seu burato.
Xornal Rular
OS OFICIOS ARTESÁNS DA NOSA COMARCA Na nosa comarca existeu e existe moita xente que tiña oficios artesáns. Nós entrevistamos a algúns deles, ou ós seus familiares, porque algúns xa morreron.Algúns deles incluso son antepasados nosos. Velaquí algunhas das entrevistas. ENTREVISTA A UN XASTRE 1- ¿ Cantos anos leva traballando de xastre? -40 anos 2-¿A que anos empezou a traballar? -Os 20 anos 3-¿ Que é o que máis che gusta do que fas ? -facer pantalóns 4-¿ Que elementos utilizas a pra facer roupa ? -necesítase unha máquina, tixeiras e tiza. ENTREVISTA A UN ZOQUEIRO 1-¿ Cantos anos tiña vostede cando empezou a fabricar zocos? -Tiña 24 anos. 2-¿ Quen lle ensinou a facelo ? - Meu pai 3- ¿Aínda segue facendo hoxe zocos? -Si, aínda os fago. 4- ¿Que materiais necesita para construilos? -Cravos, martelo, galga de madeira e coiro. 5-¿ Canto tempo lle leva fabricar unar p de zocos? - Unha hora, aproximadamente. 6-¿Pode explicar cales son os pasos para fabricar os zocos? PRIMER PASO: TER AS DUAS PLACAS DE MADEIRA, FORROS DE BOTAS. SEGUNDO PASO: E POÑER A PLANTILLA E FORRO DE BOTA. TERCER PASO: COLLER O MARTELO E OS CRA VOS E ESPETA-LOS CRAVOS. CUARTO PASO: E FINALMENTE, COLOCAR OS CRAVOS, FORROS DE BOTAS E ¡POÑELOS! ENTREVISTA A FILLA DO CARPINTEIRO 1-¿Que facía o avó sendo carpinteiro? -Ia facendo os traballos que necesit aba á xente. 2- ¿Cantos anos botou na súa materia? -44 anos. 3- ¿Gustáballe complacer á xente realizando o traballo de carpinteiro? -Si 4-¿ Estaba contento co seu traballo? -Si 5-¿ Pasaba moito tempo traballando ? -Máis ou menos. 6-¿ Axúdaballe alguén a facer o traballo de carpinteiro? -Un vello amigo 7-¿ Resultáballe difícil facer o seu traballo? -Non
Xornal Rular
ENTREVISTA A UN CESTEIRO 1-¿A que se dedica? -A facer cestos. 2-¿Que obxectos necesita? -Vimbios, serrucho e latas de carballos. 3-¿Como se fan os cestos? -Primeiro poñense as latas de carballo, por abaixo e despois vas tecendo os vimbios. 4-¿Que utilidade se lle da ós cestos despois de construílos? -Para gardar patacas, millo, etc. 5-¿Levávalle moito tempo construílos? -Case tres horas. 6-¿Era un traballo dificultoso? -O primeiro si, pero despois collíaslle práctica. ENTREVISTA A UNHA CESTEIRA 1-¿En que consiste o que vostede fai? -Consiste no reciclaxe de plástico, para facer diversas cousas coma: sombreiros, moedeiros e cestas. 2-¿Canto tempo fai que comezou? -Fai catro anos, aproximadamente. 3-¿Que materiais usa? -Uso bolsas da compra e cintas de embalaxe. 4-¿Canto tempo lle leva a construcción de cada un? -As cestas pequenas lévame tres horas e as grandes seis horas. 5-¿Como se lle ocorreu facer isto? -Empecei a facer isto porque dábame pena tirar o material, busquei a maneira de non tiralo e de paso coido o medio ambiente. 6-¿Que sensación lle produce o traballo final? -Unha satisfacción enorme, porque coido o medio ambiente e o traballo quédame bonito. -UNHA COUSA: TAMÉN FACÍA DISFRACES CON BOLSAS DO ABONO. ENTREVISTA A MULLER DO FERREIRO 1-¿Desde cando traballou nese oficio? - Desde os trinta anos. 2-¿Gustáballe ese oficio? - Si,moito. 3-¿Que facía? - Facia fouciños, trepias, coitelos, sachas, etc. 4-¿Como os facía? - Tiña unha forxa á que lle metia carbón; quentábao e despois metía alí o ferro ata que estaba roxo, logo moldeábao na zafra cun coitelo. 5-¿A que anos deixou de facelos? -Cando se xubilou.
Xornal Rular
ENTREVISTA A UNHA QUEIXEIRA 1-¿A que anos empezaches a facer queixo? -Os 15 anos 2- ¿A que anos os deixaches de facer? -Os 69 anos 3-¿Quen che ensinou a facer o queixo? -Miña nai 4-¿Como se fai? -Primeiro cóllese o leite recén ordeñado, vótaselle o cuaxo e déixase que calle durante 2 horas. Despois revólvese e vótaselle o sal; logo ponse á veira do lume e vaiselle escorrendo o soro. Entonces cun cazo, vaiselle dando a forma pouco a pouco. 5-¿De que clase de vaca é mellor o leiteara p facer os queixos? _Das vacas do país, que ten máis graxa. 6-Á vaca da que se obtén o leite p ara facer o queixo, ¿dáselle de comer os mesmos alimentos cás outras? -Pódese,pero é mellor que coma herba seca e millo ca silo, por exemplo. ENTREVISTA A UNHA COSTUREIRA: 1-¿Canto tempo hai que deixou o traballo de costureira? -Hai 27 anos. 2-¿Como empezou a coser? -Con unha costureira que me ensinaba pero despois tiven que ir a Santiago aprender o corte. 3-¿Canto tempo había que vostede empezara o traballo? -Había 7 anos. 4-¿En que consistía o traballo? -En ir polas casas cosendo coa máquina na cabeza. 5-¿Cantos anos tiña cando empezou a traballar? -Tiña 16 anos. ENTREVISTA A UN XASTRE: 1-¿Cantos anos tiña cando deixou de traballar? -Tiña 46 anos. 2-¿Cosía tódolos días? -Cosía tódolos días menos algúns domingos. 3-¿Pareceulle un traballo moi difícil? -Bastante porque había que est ar todo o día sentado. 4-¿Gustábanlle as persoas que traballaban con vostede? -Si, porque eran amables. 5-¿Pagábanlle todo o que vostede lles pedía ou decíanlle que era moi caro? -Si todo o que eu lles pedía. 6-¿Gustaríalle volver a traballar neso se puidera? -Si, cobraba bastante pouco porque non tiña moito traballo pero gust aríame volver a traballar. 7-¿Gastaba moito en fíos e en materiais? -Non porque o fío comprábao o señor o que lle ía coser .
Xornal Rular
ENTREVISTA A UN PANADEIRO 1 -¿Cantos anos traballou no oficio? -Cincuenta 2 -¿Vendía os productos que elaboraba? -Si 3-¿Gustáballe o traballo? -Si, moito 4-¿Traballaba noutro traballo artesán? -Non 5 -¿Que precisaba para elaboralo? -As mans 6 - ¿Quen lle ensinou? -Miña nai 7 -¿Que é o que máis lle gustaba do traballo? -Ve - lo producto obtido e saborea - lo pan ben feito 8- ¿Poderíanos dar unha lixeira idea de como se fai o pan? - Si: INGREDINTES: Fariña de trigo Sal Auga Levadura ELABORACION: Amásase todo. Déixase repousar a lo menos 2 horas e 15 minutos e cócese nun forno a 200º . 9 -¿Que diferencia hai entre face-lo pan fai cincuenta anos e agora? -Que antes saía e sabía mellor porque se cocía nun forno de leña e agora non e ademais era máis natural porque se utilizaba só fariña do país e agora vén toda de fora.Así é o traballo dun artesán.
ALUMNOS DE 5º B
O CAMIÑO DE SANTIAGO Camiño de Santiago, ruta de peregrinación surxida na idade Media tamén coñecida como “Ruta Xacobea”. O obxectivo do camiño era chegar ata Compostela, donde presuntamente se encontran os restos do Apostolo Santiago o Maior. Seún o relato lexendario, foi a comezos do século IX cando o bispo Teodomiro, de a deócese de Iria Flavia (Padrón), descubríu os restos do apostolo. No lugaro do encontro, o monarca asturiano Alfonso II o Casto ordenou erixir unha igrexa, orixe da actual catrederal compostelana. A nova rapidamenteeespallada por toda a cristiandadeconvirtiu a Santiago no obxectivo das perigrinacións cristiáns. Alfonso II de Asturias, que nesecitaba dun elemento aglutinador para o seu reino, convirtíu ó Apostolo nun símbolo do combate contra o Islam, nacendo así a imaxe de “Santiago matamoros”, que se prodixou ó largo da rota. Meirande o século X as condicións para o desenrolo da peregrinación a Compostela foron pouco favorables,por mor a inseguridade no camiño.Foi a partir do século XI cando consolidouse a peregrinación desta rota. A infraestructura do camiño asentábase sobre unha vía de época romanacoincidindo coa época de maior esplendor da rota Xabvobea. CONTESTA: ¿Que é o Camiño de Santiago?................................................................................................ .................................................................................................................................................. .................................................................................................................................................. ¿Cal era o obxectivo do Camiño de Santiago?........................................................................ .................................................................................................................................................. .................................................................................................................................................. ¿Quén descubreu os restos do Apóstolo?................................................................................ ¿Quén mandou construir a catedral de Compostela?..............................................................
Álvaro Pimentel 6ºC