Romeo E Xulieta

  • July 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Romeo E Xulieta as PDF for free.

More details

  • Words: 722
  • Pages: 5
ROMEU E XULIETA Fai moitos, moitíííísimos anos, vivía en Verona un mozo chamado Romeu. Romeu estaba namorado do amor, tan namorado que sufría día e noite por ese amor que nuuuuuunca chegaba. Sae Romeu a escea con música de fondo. -

Romeu: Ai de min, as horas tristes parecen tán longas! Por que será o amor tan doce a simple vista e tan duro e amargo cando se proba? O meu corazón cheo de pena pésame coma un chumbo!

Romeu a miúdo pasaba longas horas buscando a soidade para poder pensar tranquilamente na súa amada. O seu curmán Benvolio estaba moi preocupado. Sae Benvolio a escea. Diríxese a Romeu. -Benvolio: Dime curmán Romeu, que tristura alonga as túas horas? Estás namorado? -Romeo: Si, curmán si. Pero ela, Rosalina, a bela Rosalina, non quere saber nada de mozos. Ai de mín!! shhhh! Aí a vén. Entra Rosalina en escea dando un paseo. Romeu corre a axeonllarse aos seus pes e cóllea da man.

-Romeu: Rosalina, eres a luz dos meus ollos.

Rosalina mírao con desprezo e segue o seu camiño. Sae da escea. -Romeu: O meu querido curmán! Que tristura teño no meu corazón! Sinto que morro! -Benvolio: Vouche dicir unha cousa. Esquécete dela!!! -Romeu. Pero non podo!! -Benvolio: Que te esquezas dela!!! -Romeu: Non podo!!

Foi así que o curmán Benvolio empezou a idear un plan para facer que Romeu deixara de sufrir.

Convénceo para ir a unha festa, onde, ademais de estar Rosalina, van ir moitas mozas guapas. Levántase o telón e aparecen sentadas varias mozas e mozos, todos moi engalanados e engalanadas. Entra Romeu con Benvolio e dan una volta pola festa. De repente, Romeu ve a Xulieta e queda prendado dela. -Romeu: Quen é esa muller tan fermosa?

-Benvolio: É Xulieta, a filla dos Capuleto!

Xulieta era una moza moi romántica e pasaba longas horas pensando no que sería o amor da súa vida. Xulieta levántase da festa e acércase ao xardín ou ventá ela soa. Música de fondo. Mirando ao ceo.

-Xulieta: Eu soño con atopar algún día o amor da miña vida, un mozo guapo e cariñoso, que saiba traballar e lle guste troulear. Oh meu amor ,cando vas a vir? O meu corazón latexa por ti. Pero…. quen é ese que vén por alí? Aparece Romeu en escena e axeónllase aos pés de Xulieta. -Romeu: Xulieta, os teus ollos parecen soles e os teus dentes diamantes, dime Xulieta, queres casar comigo? Nese momento entra achegándose a eles .

Rosalina

en

escea

-Rosalina: Romeo, quen é esa muller? -Romeu: É Xulieta, a luz dos meus ollos!! -Rosalina: Oh meu Deus!!! O meu corazón rompeu.

Rosalina vai saíndo da escea e xusto antes de saír cae o chan esvaecida coa man no peito. -Romeu: Xulieta, queres casar comigo? -Xulieta: Oh Romeo!! O meu corazón latexa por ti pero temos un problema, os meus páis endexamais consentirán que case cun Montesco.

Romeu e Xulieta pertencían a dúas familias moi importantes da cidade: os Montesco e os Capuleto.

Dende sempre estas familias odiábanse entre elas e vellos rencores asolaban os seus corazóns.

Non era a primeira vez que corría sangue polas rúas de Verona debido as frecuentes pelexas entre Montescos e Capuletos.

De esta maneira cando o curmán de Xulieta, Tibalt, viu como Rumeo lle declaraba o amor á sua curmá, montou en cólera e retouno a un dó a morte.

Sae Tibalt e ataca a Romeu. Pelexan coas espadas dando unha volta completa e finalmente Romeo mata a Tibalt. Cae o chan.

-Xulieta: Oh meu querido curmán! Oh meu Deus que desgraza tan grande! Como pode brotar ou nacer o amor da tumba do meu curmán! Oh meu Deus, que desgraza! Pero Romeu, como puideches matar ao meu primo Tibalt? -Romeu: Antes prefiro morrer que perder este amor. Calquera cousa faría por ti. Pero non podo vivir sen ti. -Xulieta: Eu tampouco pouco podo vivir sen ti Romeu, que podemos facer?

Romeo e Xulieta quedaron prendados do seu amor sen saber que facer, pero……..

-Xulieta: Teño un plan Romeu. Ven comigo. -Xulieta: Bebámos pois este veleno para que nada nin ninguén poida nunca máis separarnos. Beben o veleno e caen xuntos ao chan. Foi así que deste xeito tráxico rematou a fermosa e triste historia de amor de Romeo e Xulieta. Érguese a música e finaliza a obra. FIN

Related Documents

Romeo E Xulieta
July 2020 0
Romeo
November 2019 34
Romeo
April 2020 25
Noi E La Romeo 3
June 2020 0
Alfa Romeo
November 2019 30
Romeo-s.docx
November 2019 18