REGULAMENTO DE PRÉSTAMOS E ANTICIPOS LABORAIS DE CAIXA GALICIA I. DISPOSICIÓNS XERAIS ARTIGO 1: 1. Os préstamos e anticipos que CAIXA GALICIA deba outorgar ao seu persoal en virtude de disposicións ou convenios de natureza laboral rexeranse polos mesmos, en canto sexan de imperativa observancia e, no demais, polas normas contidas nos artigos seguintes. 2. En todo o non previsto expresamente, os Órganos de Goberno da Caixa competentes determinarán en cada caso as condicións ás que haberá de suxeitarse o préstamo ou anticipo laboral. 3. O presente Regulamento será de aplicación até o 31 de decembro do ano 2007. 4. Corresponde ao Consello de Administración, previa consulta á representación dos traballadores ou seccións sindicais, a interpretación deste Regulamento, sendo inmediatamente executivos os seus acordos, sen prexuízo do dereito dos beneficiarios a obter en vía xurisdicional a declaración que proceda. 5. O incumprimento polo beneficiario das normas establecidas neste Regulamento levará consigo a perda da condición laboral do préstamo ou anticipo, podendo optar a Caixa entre esixir a súa cancelación ou esixir a constitución de garantía hipotecaria, aplicándose neste suposto as condiciones establecidas para os préstamos ordinarios con garantía hipotecaria, reservándose así mesmo o dereito a esixir os avais e garantías complementarias que estime oportunas, con independencia de que o feito sexa ou non motivo de sanción de acordo coa lexislación laboral. ARTIGO 2 Non se considerará comprendido no presente Regulamento o persoal que estea excluído da aplicación do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros, en especial, os empregados adscritos á Fundación Caixa Galicia - Claudio San Martín e á Obra Social de Caixa Galicia, e os empregados que prestan servizos nas Oficinas que a Caixa ten no estranxeiro cando a súa contratación estea regulada pola lexislación laboral propia do país no que estea a Oficina e non foran contratados a tal fin no estado español. II. PRÉSTAMOS LABORAIS PERMANENTE
PARA
ACCESO
Á
PROPIEDADE
DE
VIVENDA
HABITUAL
E
ARTIGO 3: PRÉSTAMO DE VIVENDA EMPREGADOS 1. Beneficiarios e titularidade. Poderán ser beneficiarios do (primeiro) préstamo de vivenda, nas condicións previstas neste Regulamento, os empregados fixos en activo, cun ano de servizo ininterrompido na Caixa. O empregado solicitante será sempre o primeiro titular do préstamo de vivenda, intervindo necesariamente como cotitular o seu cónxuxe no suposto de vínculo matrimonial ou a súa "parella de feito" naquelas comunidades autónomas que recoñezan efectos legais a este tipo de unións. Excepcionalmente, o Comité de Riscos competente para a aprobación do préstamo poderá autorizar, en razón do réxime económico matrimonial e para o suposto de que o cónxuxe non adquira porcentaxe algún da vivenda, a intervención do cónxuxe como avalista solidario en lugar de como titular. 2. Obxecto do préstamo. O importe do préstamo dedicarase exclusivamente a financiar a construción, adquisición, ampliación ou rehabilitación dunha vivenda para residencia habitual e permanente do empregado, a cal deberá estar no termo municipal onde radique o centro de traballo no que o empregado preste os seus servizos, en calquera dos concellos limítrofes ou a unha distancia non superior aos 65 quilómetros do referido termo municipal. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, poderá solicitarse da Dirección de
Recursos Humanos a ampliación dos límites anteriores, e esta, previo informe da representación dos traballadores ou seccións sindicais, someterá a decisión á Dirección Xeral, que resolverá. 3. Valor da vivenda. O valor da vivenda, incrementado no do faiado e/ou garaxe (construído este último na mesma finca ou entorno próximo) no seu caso, será o que conste de forma fidedigna na documentación acreditativa da compra da mesma, incrementado nos gastos inherentes á súa adquisición, que deberán estar suficientemente acreditados, e debidamente constatado (o valor) por perito da Caixa ou da empresa de taxación que a Caixa designe. Nos supostos de construción ou rehabilitación de vivenda estarase ao custe da mesma acreditado de xeito fidedigno, con exclusión do mobiliario, e constatado polo perito taxador conforme ao parágrafo anterior. En todo caso, os gastos derivados da taxación serán con cargo ao empregado. 4. Contía. A contía máxima a conceder será a que resulte do valor da vivenda conforme ao punto anterior deste artigo, non excedendo en ningún caso os límites expostos nas seguintes alternativas: -
Cinco anualidades, considerando estas integradas polos conceptos sinalados no Artigo 40 do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros, e desenvolvidos nos Artigos 41 a 49 da citada norma, que lle podan corresponder ao beneficiario, máis a Axuda Familiar, CPAR e CPAS.
-
No lugar da anterior, e a opción do empregado, 4 anualidades brutas integradas por todos os conceptos salariais fixos, con un límite máximo de 210.000 euros.
Non obstante o exposto en ambas alternativas, a contía que resulte non poderá ser inferior a 135.000 euros, sempre e cando non supere o tope de endebedamento establecido no presente Regulamento, en cuxo caso a contía do préstamo reducirase. Cando dous empregados casados entre si ou en trámite de contraer matrimonio, accedan á propiedade dunha vivenda para residencia común, ambos poderán optar á concesión do préstamo, até o tope do valor da vivenda e co límite máximo que lle corresponda a cada un deles en función de la alternativa escollida, calculada segundo se establece nos parágrafos anteriores. 5. Xuros. Para os préstamos formalizados durante a vixencia do presente Regulamento, o xuro será: Formalizarase a xuro variable, permanecendo fixo durante cada ano natural, e revisándose, en consecuencia, o 1º de xaneiro de cada ano conforme ao Euríbor a un ano correspondente ao mes de novembro e publicado en decembro. O xuro será o 65% do Euríbor a un ano, operando como límites máximo e mínimo o 4,75% e o 1,50%, respectivamente. O xuro para o ano 2004 queda fixado nun 1,566%, aplicable á carteira viva de préstamos laborais de vivenda (antigas modalidades de 4 e 5 anualidades, 2º préstamo vivenda e quinta anualidade), con efectos do 1º de xaneiro de 2004. 6. Prazo de amortización. O prazo de amortización será de 35 anos, non podendo superar aquel que reste até o cumprimento da idade de 65 anos polo empregado, en cuxo caso este será o prazo máximo. 7. Devolución do capital e xuros. A devolución do capital e xuros do préstamo efectuarase mensualmente mediante o sistema de amortización en progresión xeométrica de capital, calculada en función do xuro inicial (A.P.G.). O importe cargarase na conta de haberes do empregado e no caso de non ser atendido un pago ao vencemento durante dous meses consecutivos ou tres alternos, procederase a súa dedución na nómina de haberes a partires da seguinte nómina mensual que se aboe. Para levar adiante a retención en nómina e a súa aplicación ao préstamo sinalada no parágrafo anterior, a Caixa poderá esixir a apertura dunha nova conta asociada ao préstamo, a nome dos titulares do
mesmo, na que se procederá ao abono da retención o día de cobro de haberes e ao cargo do préstamo na data do seu vencemento. Calquera outro movemento na citada conta asociada, salvo os relativos a abonos por xuros da conta, esixirá para a súa realización a autorización expresa da Dirección de Recursos Humanos. 8. Garantías. A devolución do capital e o pago de xuros estarán afianzados polas garantías que a continuación se sinalan, pero tendo en conta que, a petición do empregado, sempre que non exceda da súa capacidade máxima de endebedamento segundo o artigo 8, poderase exercitar a opción de préstamo con garantía persoal. Non obstante, cando o importe total do préstamo solicitado polo empregado para a adquisición da vivenda, máis o importe de outros financiamentos concorrentes para o mesmo fin, fora igual ou superior á cantidade de 210.000 euros, o préstamo/s formalizaranse con garantía hipotecaria, salvo autorización expresa da Caixa. 8.1. Préstamos con garantía persoal. A póliza destes préstamos estará en todo caso intervida por Fedatario Público. 8.2. Préstamos con garantía hipotecaria. Os préstamos formalizaranse mediante constitución de hipoteca, en todos os casos nos que o empregado non exercite opción a favor do préstamo con garantía persoal, sen prexuízo do disposto no artigo 8 deste Regulamento para os supostos nos que se exceda a capacidade de endebedamento, así como o establecido no segundo parágrafo do apartado 8 do presente artigo, para o suposto de que a contía do préstamo, máis outros financiamentos concorrentes, fose igual ou superior a 210.000 euros. 9. Seguro de incendios e amortización. Para a súa formalización será indispensable concertar a través de Bía Galicia de Seguros e Reaseguros, ou de outra aseguradora de solvencia acreditada aceptada pola Caixa, con cargo ao prestatario e a favor da Caixa, pólizas de seguro que garantan o risco de incendio da vivenda, así como a amortización do préstamo nos casos de falecemento e, a opción do empregado, os riscos de invalidez permanente total e/ou absoluta do asegurado. Na póliza de seguro de incendios a suma asegurada cubrirá, como mínimo, o valor de taxación do inmoble para os efectos do seguro. A póliza de seguro de amortización do préstamo deberá cubrir o pago do capital asegurado pendente de amortización en cada momento así como as cotas de amortización e os xuros reportados dende que se produce o falecemento ou, no seu caso, a invalidez, até o momento en que a Compañía de Seguros aboe o sinistro. Ambas pólizas deberán manterse en tanto subsista a vixencia do préstamo e forma de garantía. Producido o falecemento ou, no seu caso, a declaración de invalidez do asegurado, ou o incendio da vivenda, quedará en suspenso a esixencia das cotas futuras de amortización e xuros durante o período de tramitación do sinistro. A Compañía de Seguros ao liquidar o sinistro deberá satisfacer aquelas cos xuros reportados durante o período de suspensión, así como o resto do capital pendente de amortizar. Excepcionalmente, no suposto de que nin Bía Galicia de Seguros e Reaseguros, nin ningunha outra compañía de seguros de solvencia acreditada aceptada pola Caixa, asumisen por razóns de saúde la cobertura da continxencia de amortización, o empregado deberá constituír garantía hipotecaria, non sendo esixible neste caso a formalización do seguro de amortización. 10. Modificación de condicións e resolución. Salvo nos supostos de xubilación anticipada, excedencia forzosa ou invalidez, nos que o préstamo continuará nas mesmas condicións, o cese por calquera causa no servizo activo da Caixa, levará consigo a perda da condición laboral do préstamo, podendo optar a Caixa entre esixir a súa cancelación ou esixir a constitución de garantía hipotecaria, aplicando as condicións establecidas para os préstamos ordinarios con garantía hipotecaria, reservándose o dereito, neste caso, de esixir os avais e garantías complementarias que estime oportunas. Nos casos de excedencia voluntaria solicitada con obxecto de levar a cabo unha actividade laboral remunerada por conta propia ou allea, fixarase o tipo de xuro preferente que a Caixa teña establecido de
préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, sen prexuízo da modificación que igualmente poda establecerse nas garantías e xeitos de amortización. 11. Disposición del importe polo beneficiario. Nos supostos de construción, ampliación ou rehabilitación da vivenda propia habitual e permanente, ben directamente polo empregado ou a través de cooperativas ou comunidades de propietarios, poderá dispoñerse do importe do préstamo a medida que se xustifique a inversión, mediante as correspondentes certificacións de obra realizada, que poderán ser comprobadas por perito taxador da Caixa ou empresa de taxación que esta designe. Nos supostos de adquisición con prezo aprazado, a disposición de fondos estenderase aos pagos efectuados, sempre que, no seu caso, o consinta a integridade da garantía, atendido o grao de construción do inmoble. En calquera dos supostos aos que se refiren os apartados anteriores, o prestatario deberá constituír unha conta de depósito polo importe do préstamo, sen que este depósito poda exceder do prazo máximo de 2 anos, durante cuxa vixencia existirá carencia de capital. 12.Titularidade da vivenda. O beneficiario non poderá ceder, allear, arrendar, nin hipotecar, nin por calquera outro concepto gravar a vivenda adquirida, sen autorización escrita da Caixa. Cando a vivenda teña de ser obxecto de expropiación ou alleamento forzoso e nos casos de sinistro, o prestatario cursará os oportunos avisos á Caixa, que se entenderá subrogada no exercicio do dereito ao cobro do prezo ou indemnización polo só efecto da formalización do contrato de préstamo. 13. Divorcio ou separación. No suposto de divorcio ou separación, cando a vivenda se adxudique ao cónxuxe non empregado da Caixa, o prestatario deberá proceder á cancelación do préstamo de vivenda ou á súa conversión en préstamo hipotecario nas condicións establecidas para los préstamos ordinarios. O empregado terá dereito nestes casos, se o permite o disposto no artigo 8, a un novo préstamo de vivenda, se ben o prazo de amortización será igual a trinta e cinco anos menos o prazo xa transcorrido, cun mínimo de 10 anos. Non obstante o anterior, en ningún caso o prazo poderá exceder aquel que reste até o cumprimento da idade de 65 anos polo empregado, en cuxo caso este será o prazo máximo. Non obstante o anterior, non terá dereito a un novo préstamo de vivenda nas presentes condicións o empregado que formalizara tres préstamos laborais de acceso á propiedade da vivenda, calquera que fora a súa modalidade. Se o divorcio ou separación prodúcese entre cónxuxes que ostentaran os dous a condición de empregados da Caixa, e a vivenda se adxudicase a un deles, o outro poderá solicitar un novo primeiro préstamo de vivenda axustado en todas as súas condicións ao disposto para os mesmos, salvo que disfrutara xa de tres préstamos laborais de acceso á propiedade da vivenda (préstamo máis dúas substitucións). 14. Prazo de resolución sobre préstamos. O prazo de resolución das solicitudes de préstamo de vivenda será de dous meses contados a partires do momento en que o expediente do préstamo, con todos os requisitos esixibles para a súa resolución, teña entrada na Dirección de Recursos Humanos. Se a resolución fora denegatoria, comunicarase sempre por escrito ao empregado, indicando as causas que motivan tal decisión. 15. Prazo de ocupación da vivenda. A vivenda deberá ser ocupada polo beneficiario no prazo de seis meses, contados a partires da data na que se faga efectiva a totalidade del préstamo. No suposto de concorrer circunstancias especiais e plenamente xustificadas que puideran impedir o cumprimento do prazo anteriormente sinalado, o beneficiario deberá solicitar da Dirección de Recursos Humanos a correspondente prórroga.
ARTIGO 4: PRÉSTAMO DE VIVENDA (1ª e 2ª Substitución). 1. Beneficiarios e titularidade. Os empregados que tendo disfrutado do préstamo de vivenda concedido pola Caixa pretendan cambiar de vivenda habitual e permanente, ou ben ampliar ou rehabilitar a actual. Se entenderá xa producida unha primeira substitución do préstamo vivenda para os efectos do presente artigo, naqueles supostos nos que o empregado disfrutase, con anterioridade á entrada en vigor do presente Regulamento, do até agora denominado segundo préstamo vivenda. O número máximo de substitucións a realizar será o de dous. Por cada substitución formalizarase necesariamente un novo préstamo laboral de acceso á propiedade da vivenda, cancelándose o anterior, ou, previa autorización da Caixa, manténdose este nas condicións previstas para os préstamos ordinarios preferentes e outorgándose as garantías que para o efecto esixa a Caixa. Nos supostos de adquisición ou construción de nova vivenda, para acceder á segunda substitución será necesario proceder á venta da vivenda que se pretende substituír, salvo que se vendese xa a vivenda na primeira substitución, en cuxo caso poderá computarse para esta segunda substitución como valor de venta, para os efectos do disposto no punto 3 deste artigo en relación á contía do préstamo a conceder, unicamente o valor de taxación. Nos supostos de rehabilitación, o custe da mesma deberá incrementar en igual ou semellante valor o valor da vivenda respecto a súa situación antes da rehabilitación. En canto a titularidade estarase ao disposto no apartado 1 do artigo 3 do presente Regulamento. 2. Obxecto do préstamo. Financiar a construción, ampliación, adquisición ou rehabilitación de vivenda para residencia habitual e permanente do empregado, por cambio ou modificación ou rehabilitación da mesma respecto a anteriormente adquirida. O empregado estará obrigado, nese caso, a cancelar as cantidades pendentes de amortización do préstamo vivenda anterior. 3. Valores das vivendas. O valor da vivenda anterior será o valor de venta ou o que resulte da taxación da mesma efectuada por perito da Caixa ou empresa de taxación que a Caixa designe (o maior dos dous valores). O valor da nova vivenda calcularase conforme ao establecido no apartado 3 do artigo 3 del presente Regulamento. En todo caso os gastos derivados das taxacións da vivenda antiga e da nova serán por conta do empregado. 4. Contía. A cantidade máxima a conceder será a que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición, fielmente acreditado, da nova vivenda (contrastado pola correspondente taxación) e o valor de taxación ou valor de venta (o maior dos dous) da actual, máis o capital pendente de amortizar no seu caso, incrementado nos gastos inherentes á adquisición da nova, que deberán ser suficientemente xustificados, non excedendo en ningún caso o importe de cinco anualidades, considerando estas integradas polos conceptos sinalados no Artigo 40 do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros que lle poidan corresponder, máis a Axuda Familiar. De ser aplicable este segundo límite, a contía que resulte non poderá ser inferior a 135.000 euros, sempre e cando non supere o tope de endebedamento establecido no presente Regulamento, en cuxo caso o importe do préstamo minorarase até situarse dentro da capacidade de endebedamento. Se a vivenda anterior tivera sido en parte financiada con recursos propios do empregado, o valor da mesma, para os efectos de determinar a contía do préstamo, minorarase na porcentaxe que represente o financiamento propio no valor da vivenda anterior. 5. Tipo de xuro. Para os préstamos formalizados durante a vixencia do presente Regulamento, o tipo de xuro será o seguinte: Formalizarase a tipo de xuro variable, permanecendo fixo durante cada ano natural, e revisándose, en consecuencia, o 1º de xaneiro de cada ano conforme ao Euríbor a un ano correspondente ao mes de
novembro (publicado en decembro). O tipo de xuro será do 65% do Euríbor a un ano, operando como límites máximo e mínimo o 4,75% e o 1,50%, respectivamente. 6. Prazo de amortización. O prazo máximo de amortización dos préstamos de vivenda para substitución formalizados a partires da entrada en vigor do presente acordo será de 35 anos, non podendo superar aquel que reste até o cumprimento da idade de 65 anos polo empregado, en cuxo caso este será o prazo máximo. 7. Serán de aplicación integramente e nos seus mesmos termos o disposto nos apartados 7 a 15 do artigo 3 deste Regulamento para os primeiros préstamos de vivenda.
III. ANTICIPOS SOCIAIS ARTIGO 5 Beneficiarios e obxecto. A Caixa concederá aos seus empregados fixos non excluídos no Artigo 2 do presente Regulamento, anticipos reintegrables sen xuro, nas condiciones previstas neste artigo. Motivos do anticipo. Única e exclusivamente concederanse anticipos sociais polos motivos que a continuación se especifican: 2.1.
Intervencións cirúrxicas e gastos médicos en xeral, tanto dos empregados como dos familiares ao seu cargo.
2.2.
Gastos orixinados con ocasión de contraer matrimonio; o anticipo por este concepto pedirase ao menos con dous meses de antelación á data da voda e aboarase o día primeiro do mes en que esta se celebre.
2.3.
Circunstancias críticas familiares.
2.4.
Gastos ocasionados por traslado forzoso de vivenda.
2.5.
Sinistros tales coma incendio, roubos, etc., que causen dano na vivenda de uso permanente ou nos bens de uso necesario.
2.6.
Calquera outra situación semellante, así como aquelas cuxo obxecto sexa o de atender necesidades perentorias.
2.7.
Gastos normais de materiais e man de obra con ocasión de melloras necesarias e plenamente xustificadas, na residencia habitual e permanente do empregado. Cando se estime preciso requirirase informe do perito taxador da Caixa ou empresa de taxación que a Caixa designe. Neste suposto concreto, e polo mesmo motivo, non poderá solicitarse un novo anticipo até transcorrido un ano a partires da cancelación do anterior.
2.8.
Gastos orixinados e debidamente xustificados por trámites de adopción dun menor.
2.9.
Gastos orixinados e debidamente xustificados con ocasión de estudos universitarios e de posgrao de fillos fóra da localidade onde se atope o enderezo familiar. O presente anticipo concederase por unha soa vez durante a vida laboral do empregado e con independencia do número de fillos que este tivera.
Contía. Con carácter xeral, o importe do anticipo será o do gasto realizado, sen superar o máximo de 6 mensualidades, considerando estas integradas polos conceptos retributivos fixos da mensualidade anterior á da data na que se solicite. Unicamente poderá manterse en vigor un só anticipo dos regulados no presente regulamento, con independencia dos motivos polos cales fose solicitado, salvo os anticipos que teñan a súa causa no motivo 2.1, que poderán ser simultáneos coa existencia doutro anterior, e con suxeición en todo caso ao límite máximo de 6 mensualidades.
O importe polo motivo 2.6, único que non precisa xustificación, ascenderá para todo o período de vixencia do presente Regulamento a 9.000 euros, salvo que o empregado solicite un importe menor. Amortización. A amortización do anticipo efectuarase coincidindo coa data de abono de cada unha das pagas e nun prazo máximo de 6 anos, deducíndose das nóminas de haberes correspondentes, non podendo superar o prazo de amortización a vida laboral do empregado. Xustificación. Todas as solicitudes de anticipo excepto polo motivo 2.6, deberán presentarse acompañadas dos documentos que apoien ou xustifiquen o motivo e contía da petición. Concesión A solicitudes de anticipo presentaranse na Dirección de Recursos Humanos, que asignará ás mesmas un número de entrada, e procederá a súa análise en relación cos motivos alegados, a capacidade máxima de endebedamento do empregado e a existencia ou non de outros anticipos pendentes de cancelar, procedendo á concesión ou denegación do anticipo por orde de recepción da solicitude, salvo para os motivos sinalados no apartado 2.1 e 2.2 deste artigo. Excepcionalmente a Dirección de Recursos Humanos poderá autorizar un exceso sobre o máximo de 6 mensualidades nos supostos do motivo 2.6, reservándose a facultade de esixir a constitución das garantías que considere necesarias en orde a garantir a súa devolución polo interesado. Non se concederá un novo anticipo dos previstos no punto 2.6 deste artigo até transcorridos 2 meses dende a súa cancelación. ARTIGO 6: VENCEMENTO ANTICIPADO O anticipo quedará vencido anticipadamente e deberá, polo tanto, reintegrarse na súa totalidade nos supostos de suspensión voluntaria do contrato de traballo e/ou extinción da relación laboral. Para estes efectos, as contías entonces debidas por razón do anticipo serán inmediatamente compensables con calquera outras que a Caixa puidese adebedarlle por razón da extinción ou suspensión da relación laboral coa mesma.
IV. PRÉSTAMOS SOCIAIS PARA ATENCIÓNS VARIAS ARTIGO 7: 1. Obxecto, beneficiarios e titularidade. Co fin de cubrir outras necesidades non especificadas no presente Regulamento, todos os empregados fixos da Caixa non excluídos no artigo 2 poderán solicitar o préstamo social para atencións varias. O primeiro titular do préstamo social será necesariamente o empregado. Se tivese cónxuxe, este intervirá necesariamente no préstamo, subscribindo ao efecto a correspondente póliza, ben como cotitular, ben como avalista solidario. No exclusivo suposto de que o matrimonio rexese polo réxime económico de separación de bens, poderá substituírse a intervención do cónxuxe pola subscrición do correspondente seguro de amortización con cláusula de dereitos a favor da Caixa. 2. Contía. A contía máxima do préstamo será o 25% da retribución anual que perciba o empregado solicitante, polos conceptos que lle poidan corresponder dos establecidos no Artigo 40 do Convenio, máis a Axuda Familiar.
Malia o anterior, establécense os seguintes importes mínimos, en razón do ano no que se soliciten, que poderán obterse sempre que non se supere o tope do endebedamento máximo establecido no presente Regulamento: Año 2004: Año 2005: Año 2006: Año 2007:
22.000 euros 23.000 euros 24.000 euros 25.000 euros
Para poder solicitar un novo préstamo social tendo outro en vigor deberá transcorrer polo menos a metade do prazo ao que foi concedido ou ter amortizado un saldo do 50% do principal do préstamo social en vigor. Cumpridos os citados requisitos, simultaneamente á concesión do novo préstamo social cancelarase o anterior. 3. Xuro. O tipo de xuro aplicable aos préstamos sociais para atencións varias formalizados trala entrada en vigor do presente acordo será, durante toda a súa vixencia, o 2,75%. 4. Amortización. Realizarase polo sistema de cota fixa, durante un período máximo de 9 anos ou menor a petición do empregado, tendo como límite a idade de 65 anos do empregado solicitante. 5. Reembolso. O reembolso do préstamo social farase en 12 mensualidades ao ano, que se adebedaran na conta de haberes do empregado. 6. Non será obrigatoria a intervención de fedatario público na formalización das pólizas relativas a este tipo de préstamos. Malia iso, en representación da Caixa, deberán sempre asinarse por apoderados, cualidade que en ningún caso poderá coincidir na persoa do prestatario.
V. DISPOSICIÓNS COMÚNS ARTIGO 8: CAPACIDADE MÁXIMA DE ENDEBEDAMENTO A capacidade máxima de endebedamento do empregado queda establecida no 40% da súa anualidade neta, téndose en conta para estes efectos todos os préstamos e anticipos vixentes concertados coa Caixa, tanto como cliente como pola súa condición de empregado, así como os riscos directos concertados con outras entidades e as retencións sobre nómina que, por disposición xudicial ou administrativa, deban practicárselle. Naqueles exclusivos supostos nos que interveña o cónxuxe do empregado, teranse en conta para o cálculo do endebedamento os ingresos netos procedentes do traballo por conta allea do cónxuxe ou polo desenvolvemento da súa actividade industrial ou profesional, tomándose como referencia os datos incluídos na súa última declaración da renda, así como as súas obrigas crediticias que manteña tanto na Caixa como en outras entidades e as retencións xudiciais que puidese ter sobre as súas retribucións. Para os efectos de coñecer e valorar a existencia ou non de riscos directos en outras entidades será necesario aportar ao expediente do préstamo (vivenda, social ou anticipo laboral) a correspondente información C.I.R.B.E. Así mesmo, no preceptivo informe da Oficina farase constar polo responsable da súa tramitación a carga económica mensual ou anual que representan os citados riscos. No suposto de anticipos, o empregado comunicará á Subdirección de Recursos Humanos, baixo a súa responsabilidade, a existencia ou non de riscos directos en outras entidades para os efectos do cálculo do seu endebedamento. A Caixa poderá denegar a concesión dos anticipos e préstamos de calquera clase regulados no presente Regulamento ou, no seu caso, concedelos por menor importe do solicitado, aos empregados que superen a capacidade máxima de endebedamento no momento da solicitude. Igualmente poderá a Caixa esixir do empregado maiores afianzamentos ou garantías para os préstamos xa concedidos, cando durante a vixencia dos mesmos se supere polo beneficiario a capacidade máxima de endebedamento aquí establecida.
ARTIGO 9: COMITÉS DE RISCOS COMPETENTES PARA A APROBACIÓN DOS PRÉSTAMOS VIVENDA (1º E 2º) E SOCIAL Será competente para coñecer a aprobación ou denegación do 1º e 2º préstamo de vivendas o Comité Territorial de Riscos, salvo que o solicitante sexa membro do citado Comité Territorial, en cuxo caso será competente o inmediatamente superior segundo a normativa interna da Caixa en materia de aprobación de riscos. Para coñecer da aprobación ou denegación do préstamo social estarase ao establecido na Norma sobre Comités de Riscos. ARTIGO 10: CONDICIÓNS DOS PRÉSTAMOS ORDINARIOS Nos supostos en que estea previsto no presente Regulamento a aplicación a un préstamo en curso das condicións establecidas para os préstamos ordinarios, tomarase como tipo de xuro nominal anual ordinario o último "TIPO ACTIVO DE REFERENCIA" que para as Caixas de Aforros figure publicado no Boletín Oficial do Estado ou no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil pola Confederación Española de Caixas de Aforro, incrementado nun 0,75% ou, no seu caso, o que a rede comercial estime conveniente ofertar. O novo tipo de xuro aplicarase pola Caixa dende o día no que se producira o feito determinante da aplicación das condicións ordinarias. Sen prexuízo do anterior, si con acordo a este Regulamento puidese a Caixa esixir outras condicións ou garantías complementarias, quedará obrigado o prestatario a cumprimentalas e formalizalas, ante fedatario público se así o esixise a Caixa, no prazo dun mes computado dende que fose requirido para iso. De non facelo, poderá a Caixa optar pola por la resolución do préstamo.
VI. DISPOSICIÓNS ADICIONAL E TRANSITORIA DISPOSICIÓN ADICIONAL Se un empregado ao solicitar un primeiro préstamo vivenda se atopara en trámites de contraer matrimonio recibirá o mesmo tratamento que o previsto para os supostos de existencia de vínculo matrimonial, computándose para os efectos do endebedamento os ingresos e obrigas crediticias dos adquirentes da vivenda. Se no prazo máximo de 2 anos dende a formalización do préstamo non contraesen matrimonio, deberá procederse á cancelación do préstamo ou reducirse na parte proporcional correspondente á participación do empregado no prezo da vivenda, tanto na Caixa como en outras entidades. DISPOSICIÓN TRANSITORIA Os préstamos sociais formalizados con anterioridade á entrada en vigor do presente Regulamento pasarán a liquidarse, con efectos do 1º de xaneiro de 2004, ao 2,75%.
ANEXO CLÁUSULA OBRIGATORIA DE RETRIBUCIÓN EN ESPECIE A cláusula que a continuación se transcribe será de obrigatoria inclusión en todos os préstamos e anticipos regulados no presente Regulamento: “Considerando que conforme á normativa reguladora do I.R.P.F. sobre Retribucións en Especie, o ingreso a conta que debe realizar a Caixa en cumprimento do establecido nos artigos 44.2 da Lei 40/1998 de 9 de decembro do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e 69.2 do R.D. 214/1999, ten o carácter de pago a conta da cota tributaria do prestatario, deducible polo tanto desta, ambas partes conveñen que o importe do ingreso que teña que efectuar a Caixa correspondente á diferenza de xuros de cada mes se desconte na última nómina de haberes do devandito mes”. En A Coruña, a 1 de xuño de 2004.