Programa Electoral Lugo

  • August 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Programa Electoral Lugo as PDF for free.

More details

  • Words: 730
  • Pages: 2
A nosa candidatura

1. 2. 3. 4. 5.

Jaime Ríos Rodríguez - zona de Becerreá Ana Mª Taboada García - zona de Lugo María Pilar Aira López - zona de Becerreá Miguel Ángel Pisón Villapol - zona de Vilalba Jesús Miguel Ares Fraga - zona de Mondoñedo

Data de Votación: 31 de maio de 2007 Horario: de 08,30 a 10,00 horas de 17,00 a 20,00 horas Lugar de votación: Rúa Salmón, 8-10, 3ª porta - Lugo

Eleccións Sindicais 2007

Eixos do traballo sindical da CIG en Tragsega Estabilidade laboral. Segundo a U.E. considérase que existe precariedade laboral cando unha empresa ten menos dun 65% do seu cadro de persoal con contrato indefinido. Este é o caso de TRAGSEGA, que non chega nin ao 40%, polo que reivindicamos: Aumento da contratación indefinida, até chegar como mínimo ao 65%. Debería terse en conta a antigüidade na empresa, e outras circunstancias particulares dos/as traballadores/as. Transparencia na contratación e nas rescisións dos contratos con presenza dos comités de empresa. Crear unha bolsa de emprego, na que teña preferencia de contratación aquel persoal que tivo contratos anteriores na empresa. Aumento do período das campañas de saneamento, que deberían pasar dos 9 meses actuais a 12 meses. Alternativamente á contratación indefinida estúdase a posibilidade de crear contratos fixos descontinuos. Fomentar o diálogo coa Administración autonómica. Que as Consellerías que lle fan os “encargos” a TRAGSEGA nos consideren como colectivo indirectamente ao seu servizo e se comprometan cos nosos dereitos laborais cando contratan traballos a TRAGSEGA. Outras melloras das condicións laborais que reivindicamos: Cambio de convenio, posto que non se adapta á realidade da nosa empresa. Conciliación da vida laboral e a vida familiar. Ampliación de licenzas e permisos retribuídos. Equiparación co convenio de TRAGSA, que inclúe melloras de tipo laboral, vantaxes sociais e de conciliación coa vida familiar. Negociación da suba salarial por riba do IPC anual. Dous días de descanso cando se traballe en domingo ou festivo. Dous días de licenza ao ano por asuntos propios. Suba do valor das axudas de custo (dietas e medias dietas).

Tragsega - Lugo

Compañeira, compañeiro: O próximo día 31 de maio tes unha cita coa democracia. Despois das eleccións municipais, as traballadoras e traballadores de TRAGSEGA na provincia de Lugo temos a ocasión de elixir 4 representantes máis para o noso Comité de Empresa. É unha boa ocasión para decidir colectivamente como se vai orientar o traballo sindical en TRAGSEGA nos próximos anos e quen o vai levar adiante. As eleccións sindicais nunca son un trámite. Das persoas que escollamos como representantes dependerán as negociacións futuras coa empresa e coa Administración e, como consecuencia, o cumprimento e mellora do convenio, a estabilidade do emprego, as condicións sociais, os horarios e descansos, etc., en definitiva, a defensa dos nosos dereitos e intereses colectivos. O Comité de Empresa tamén ten unha serie de dereitos como ser informado pola empresa dos novos contratos, dos plans de formación, do sistema de incentivos, sobre sancións disciplinarias, balances económicos... e a emitir informes sobre estas cuestións que deberán ser tidos en conta pola empresa, e mesmo nalgún caso serán vinculantes. Outro capítulo importante do traballo sindical tamén é todo o referido á prevención de riscos laborais, xa que a partir do Comité de Empresa haberá que elixir os/as Delegados/as de Prevención que, xunto cos representantes nomeados pola empresa, deberán constituír o Comité de Seguridade e Saúde con carácter paritario e competencias reguladas na lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e en varios Reais Decretos que a desenvolven. As persoas que conformamos esta candidatura e que agora che pedimos o voto decidimos presentarnos pola CIG para que tamén en Lugo exista pluralidade sindical e para sumar o noso esforzo ao traballo reivindicativo que xa está a facer en TRAGSEGA a Sección Sindical da CIG, nos comités de A Coruña e de Pontevedra. A CIG é o sindicato de maior representatividade de Galiza na nosa empresa, pola maioritaria presenza nos restantes comités. Actualmente a CIG ten 7 representantes, UGT conta con 6 e CCOO ten 2. As eleccións agora convocadas en Lugo para o día 31 deste mes son eleccións parciais para cubrir 4 postos do comité, que pasará de 5 membros a 9 por aumento do cadro de persoal ao superar este as 101 persoas. Xa que logo, está en cuestión que a CIG poida seguir sendo o PRIMEIRO SINDICATO DE GALIZA EN TRAGSEGA.

Related Documents