CLUB DE LECTURA “ O club dos poetas vivos”
O pasado venres 20 de novembro tivemos un clube de lectura no que participaron alumnos e alumnas de 4º de ESO (B e C) para comentar a obra de Agustín Fernández Paz, Noite de Voraces sombras: “Esta é a historia dunha rapaza chamada Sara que ten 16 anos. Sara vive na Coruña pero durante a temporada de verán trasládase a Viveiro, á casa da súa aboa. Na casa familiar asígnanlle o cuarto do seu tío Ramón e alí descobre cousa da vida del que descoñecía, como por exemplo a vinculación deste coas Irmandades da Fala e todo o que seu tío loitara para que as xeracións galegas vindeiras poidesen disfrutar dunha Galicia mellor. A trama da novela está organizada en base ao misterio e o autor válese das crenzas e supersticións presentes na nosa terra, de como os mortos regresan do máis alá porque certos problemas que tiveran en vida quedaran sen resolver. Gracias a Sara, aos seus desexos de coñecer todo o que acontecera e ao seu esforzo, consegue cumprir a última vontade do seu familiar para que este poida descansar en paz”. “Esta novela de Fernández Paz ten todos os ingredentes necesarios para engancharnos coa lectura: amor, misterio, intriga, divulgación... Está escrita cun léxico fácil, os personaxes están ben construídos e a historia está moi ben construída. Gústanos aos adolescentes porque a protagonista é unha adolescente. Ademáis sorpréndenos cun desenlace inesperado”