Os animais vertebrados Os vertebrados son un grupo de animais cun esqueleto interno articulado, que actúa como soporte do corpo e permite o seu movemento. Teñen as seguintes características: Teñen columna vertebral, formada por un serie de pezas articuladas ou vértebras, que permiten algúns movementos e lles dan certa flexibilidade. O corpo está dividido na cabeza, madeiro e extremidades. Hai individuos machos e individuos femias, é dicir, o sexo está diferenciado. Os vertebrados clasifícanse en cinco grupos: Mamíferos
Aves
Anfibios
Peixes
Réptiles
MAMÍFEROS:
Son vivíparos (os embrións desenvólvense dentro da nai).
Aliméntanse de leite materno cando acaban de nacer.
Respiran por pulmóns e poden vivir na terra e na auga.
Son os únicos animais que teñen pelo aínda que algúns mamíferos acuáticos non o teñen.
A maioría son terrestres. Hai tamén mamíferos acuáticos que son o que viven sempre na auga. Aínda que non poden respirar debaixo da auga e teñen que saír á superficie para coller aire. Deste grupo son por exemplo o home, o can, a balea e moitos máis.
AVES:
Son ovíparos, terrestres e respiran por pulmóns.
Teñen 4 extremidades e 2 delas son ás.
A maioría voan. A súa pel está recuberta de plumas.
Hai diferentes grupos: paxaros, galináceas, palmípedes, zancudas, rapaces e corredoras. De sangue quente (regulan a temperatura do seu corpo).
PEIXES:
Son ovíparos, é dicir, que nacen de ovos.
Respiran por branquias e teñen o corpo cuberto de escamas.
De sangue frío, é dicir, non regulan a temperatura do seu corpo. A temperatura do corpo é variable segundo o ambiente.
ANFIBIOS:
Son ovíparos e teñen a pel núa e ten que estar húmida.
Teñen 4 extremidades e algúns deles cola.
Teñen que vivir preto da auga.
De sangue frío. Por exemplo: as ras, sapos, píntegas.
RÉPTILES:
Respiran por pulmóns.
Son ovíparos.
A pel está recuberta de escamas.
Algúns desprázanse reptando e outros teñen patas.
De sangue frío. Son por exemplo as tartarugas de mar, serpes, crocodilos, lagartos etc.
http://acolmeadepetra.blogspot.com/