Opinion

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Opinion as PDF for free.

More details

  • Words: 486
  • Pages: 5
O Concello de Pontedeume concedeu no ano 2002 licenzas de obra en Centroña e Boebre a pesar de que o informe xurídico era desfavorábel. Tal e como recolle a Lei de ordenación Urbanística para o outorgamento das licenzas son preceptivos os correspondentes informes técbicos e xurídicos sobre a súa conformidade coa legalidade urbanística. Se ben o informe técnico era favorábel non así o xurídico asinado pola secretaria do Concello. A finais de 2001 diversos promotores solicitaron licenza para poder construir 8 edificacións en zona rural de Centroña e Boebre, algunhas en primeira liña de costa. A motivación do Concello residía na aplicación das Normas Subsidiarias que permitirían o uso do solo como urbanizábel se ben estas mesmas normas exixirían a aprobación do correspondente plano parcial, algo que non se realizou. Pero amais disto o informe da Secretaria alega razóns moi convincentes para non permitir a concesión das licenzas: os artigos das Normas Subsidiarias que xustificaban estes permisos quedaban derogados pola posterior Lei do Solo de Galiza e pola LRSV de ámbito estatal dos anos 1997 e 1998. Por se non abondase, a Secretaria recorda que o futuro PXOM que o Concello xa tiña aprobado inicialmente consideraba estes terreos como zona de alto valor paisaxístico de especial protección. Por todo isto, a Secretaria conclúe que “non procede a concesión das licenzas urbanísticas solicitadas, toda vez que os proxectos presentados correspóndense a vivendas unifamiliares illadas sen vinculación á explotacións agropecuarias de ningún tipo, polo que se informa DESFAVORABLEMENTE as solicitudes enumeradas no punto primeiro do presente informe” A concesión das licenzas foi outorgada poa comisión municipal de goberno sobre a que estaban delegadas as competencias urbanísticas. Dita comisión estaba formada, amais do alcalde, por Manuel Allegue, Agustín Vilariño e Manuel Rei, estes dous últimos cabezas de lista nas vindeiras eleccións municipais polo PSdeG e BNG respectivamente. Cabe lembrar que nesas mesmas datas foron concedidas outras licenzas en Nogueirosa en zona de protección costeira. A raíz destes permisos a CPTOPT denunciou ao Concello de Pontedeume ante o Xulgado do Contencioso, que xa dictaminou a anulacióin de dúas destas licenzas e está a dilucidar o destino doutras seis. Esta dilixencia en permitir construcións en zonas de especial protección paisaxística amosan a escasa sensibilidade do goberno local á hora de preservar o noso patrimonio natural máis valioso: a paisaxe. Ademais demostran a xa habitual práctica de conceder licenzas á marxe da legalidade, carecendo do máis elemental pudor á hora de asegurar publicamente que as concesións axústanse á lei, ignorando os dictames da Secretaria, da CPTOPT e dos mesmos xuices. Dende o Colectivo Fusquenlla imos exixir á Consellaría de Política Territorial que interveña do mesmo xeito que o fixo en Nogueirosa e poña estes feitos en coñecemento do poder xudicial. As accións irresponsabeis do goberno local, máis que favorecer a particulares, están a devastar un territorio do que nos sentimos moi orgullosos e que nos gustaría poidese ser disfrutado polas xeracións vindeiras.

Related Documents

Opinion
June 2020 22
Opinion.
April 2020 25
Opinion
May 2020 15
Opinion
October 2019 39
Opinion
May 2020 22
Opinion Perak
December 2019 11